Alegación contra a canteira de Cotodeira

15
1 ASUNTO: ALEGACIÓN CONTRA O P.I. CLOE nº 3007.1 PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA CANTEIRA NO MONTE COMUNAL DA PARROQUIA DE VENTÍN (FORNELOS DE MONTES) PROMOVIDO POLA EMPRESA MINOR GALICIA S.L. NOME E APELIDOS:........................................................................................................ con DNI ...................................................., en representación de .................................................................................e enderezo a efectos de notificación en....................................................................................................................................... enterado de que no Concello de Fornelos de Montes figura a exposición pública1 o Estudo de Impacto Ambiental (en diante EIA) e o Proxecto para construír unha canteira no Monte Comunal da parroquia de Ventín promovido pola empresa Minor Granitos S.L., formula as seguintes ALEGACIÓNS: 1.- DESDE O PUNTO DE VISTA NATURAL E PAISAXÍSTICO. 1.1 A autorización da explotación afectaría á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 (VER ANEXO 1) presentada pola Xunta (Consellaría de Medio Ambiente) en 2008 e coordenada polo IBADER, USC, particularmente á área de ampliación do LIC Río Tea, ES1140006, alongado en 1.697,81 Ha. Este espazo –un humidal ou braña- atópase na cabeceira da bacía fluvial que nos ocupa, precisamente nos planaltos nos que estará localizada a explotación que agora se solicita , cuestión esta que o EIA omite por completo . Con esta ampliación trátase de aumentar a representatividade das áreas de matogueiras atlánticas ácidas nas serras litorais (hábitats *4040 e 4030, o primeiro deles considerado prioritario segundo a Directiva 92/43CEE e presente na área de estudo, contrariamente ao indicado no EIA), así como garantir a boa calidade hídrica e biodiversidade do alto Tea. O Monte Maior é un espazo coroado polo outeiro que recibe o nome de Coto de Eira ou Cotodeira, é un único espazo natural integrado na Serra do Suído que, desde o punto de vista administrativo, é compartido polos concellos de Fornelos de Montes e Mondariz. 1 Ver resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 12 de xaneiro de 2010 (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2010).

description

Alegación a presentar contra a solicitude de explotación dunha canteira de granito e Cotodeira, Ventín, Fornelos, moi próximo ao foxo do lobo dobre e nunha zona de interese medioambiental.

Transcript of Alegación contra a canteira de Cotodeira

Page 1: Alegación contra a canteira de Cotodeira

1

ASUNTO: ALEGACIÓN CONTRA O P.I. CLOE nº 3007.1 PARA A

CONSTRUCIÓN DUNHA CANTEIRA NO MONTE COMUNAL DA

PARROQUIA DE VENTÍN (FORNELOS DE MONTES) PROMOVIDO POLA

EMPRESA MINOR GALICIA S.L.

NOME E APELIDOS:........................................................................................................

con DNI nº ...................................................., en representación de

.................................................................................e enderezo a efectos de notificación

en.......................................................................................................................................

enterado de que no Concello de Fornelos de Montes figura a exposición pública1 o

Estudo de Impacto Ambiental (en diante EIA) e o Proxecto para construír unha

canteira no Monte Comunal da parroquia de Ventín promovido pola empresa Minor

Granitos S.L., formula as seguintes ALEGACIÓNS:

1.- DESDE O PUNTO DE VISTA NATURAL E PAISAXÍSTICO. 1.1 A autorización da explotación afectaría á proposta de ampliación da Rede

Natura 2000 (VER ANEXO 1) presentada pola Xunta (Consellaría de Medio Ambiente)

en 2008 e coordenada polo IBADER, USC, particularmente á área de ampliación do

LIC Río Tea, ES1140006, alongado en 1.697,81 Ha. Este espazo –un humidal ou

braña- atópase na cabeceira da bacía fluvial que nos ocupa, precisamente nos

planaltos nos que estará localizada a explotación que agora se solicita, cuestión esta

que o EIA omite por completo. Con esta ampliación trátase de aumentar a

representatividade das áreas de matogueiras atlánticas ácidas nas serras litorais

(hábitats *4040 e 4030, o primeiro deles considerado prioritario segundo a Directiva

92/43CEE e presente na área de estudo, contrariamente ao indicado no EIA), así

como garantir a boa calidade hídrica e biodiversidade do alto Tea.

O Monte Maior é un espazo coroado polo outeiro que recibe o nome de Coto de Eira

ou Cotodeira, é un único espazo natural integrado na Serra do Suído que, desde o

punto de vista administrativo, é compartido polos concellos de Fornelos de Montes e

Mondariz.

1 Ver resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 12 de xaneiro de 2010 (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2010).

Page 2: Alegación contra a canteira de Cotodeira

2

A canteira proxectada preténdese situar xusto dentro da braña –coñecida co nome de Prado de

Arriba- que ilustra esta fotografía, un espazo de enorme valor paisaxístico e natural

En relación á necesidade de protexer o Monte Maior e Cotodeira, o 23 de marzo de

2008 o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade de todos os partidos

políticos (PP, BNG e PSOE) solicitar á Consellería de Medio Ambiente a inclusión

deste espazo natural na Rede Natura 2000 da Unión Europea. A este respecto é

preciso aclarar que, malia que a canteira en cuestión non se explotará dentro do termo

municipal de Mondariz, o espazo natural que o pleno da Corporación pretende dotar

de protección é, como apuntamos, un só.

Así mesmo o 19 de novembro de 2009 a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio,

dependente da Consellería de Política Territorial, Medio Ambiente e Infraestruturas,

emitiu un informe2 no que establece a necesidade de clasificar (punto II.2.d) o Monte

Maior e Cotodeira no PXOM de Mondariz en fase de tramitación como Solo Rústico de

Especial Protección de Espazos Naturais.

1.2. O ámbito atinxido polo proxecto localízase xusto na depresión N do Coto

de Eira (884 msnm), un espazo de extraordinario interese natural e paisaxístico que

debería ser preservado de calquera tipo de explotación mineira, xa que esta

2http://www.cmati.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxu/RESOLUCIONS%20PLANS%20URBANISMO/20091120/MONDARIZ-SX%20IPAI%20PXOM.pdf

Page 3: Alegación contra a canteira de Cotodeira

3

prexudicaría os seus valores ambientais (flora, fauna, hábitats) e paisaxísticos de

forma irreparable. A este respecto compre recordar que o monte coñecido como Monte

Maior ou Cotodeira sufre xa o impacto de dúas explotacións mineiras a ceo aberto

situadas na súa ladeira W, concretamente en Traspielas e Freaza, polo que a posta en

explotación dunha nova canteira neste humidal situado á beira desta coroa montañosa

tería un impacto irreversible sobre este prezado espazo natural.

1.3. A explotación desta canteira provocaría unha serie de impactos directos

sobre a poboación máis próxima (Ventín de Arriba, Ventín de Abaixo, Bustelos,

Traspielas, Piñeiro e A Cachela) nomeadamente ruídos (explosións, voladuras e

circulación de camións, palas cargadoras e retroescavadoras) que, sumados aos que

xa xeran as canteiras de Traspielas e Freaza, provocarían un notable aumento da

contaminación acústica sobre toda a veciñanza, especialmente sobre a máis

avellentada (segundo o IGE a poboación actual de Fornelos de Montes de máis de 65

anos supera o 27% do padrón).

1.4. A canteira tamén tería unha afección considerable sobre a cabeceira dos

mananciais de dous dos principais afluentes do río Tea polo N (incluído na Rede

Natura 2000 da UE), os ríos Furafolla e Alén, que tamén teñen a consideración de

LIC. A este respecto é necesario recordar que o proxecto ao que nos referimos prevé

Prado de Arriba, humidal protexido

sobre o que se pretende abrir a

canteira proxectada

Coto de Eira (884 msnm)

Page 4: Alegación contra a canteira de Cotodeira

4

a apertura de 3 zonas de explotación3 todas elas situadas nunha cubeta natural ou

braña, isto é, nunha zona húmida que constitúe unha zona de recarga fundamental

para os mananciais subterráneos. A este respecto é capital coñecer que dentro da

cuadrícula mineira na que se prevé poñer en explotación esta canteira nacen (ver

Plano nº 7 do EIA) o Regato de Matacán (que desauga en sentido NW-SE pola

ladeira de Mondariz en dirección ao río Tea) e tamén o Río de Ventín (que desauga

en sentido SE-NW pola ladeira de Fornelos de Montes en dirección ao río Oitavén-

Verdugo4), cuestión esta que non é obxecto de consideración ou valoración algunha

no EIA, salvo o recoñecemento da súa existencia.

Neste sentido cómpre lembrar que o ano 1971 tivo lugar a sinatura da Convención

Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán). Este documento pretende pór de

manifesto a importancia das zonas húmidas do Planeta para facer fronte aos efectos

da mudanza climática. En Galicia a lexislación ambiental que protexe estes humidais

son a Directiva Hábitats 92/43/CEE, a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da

Biodiversidade e o Decreto 127/2008 dos Humidais Protexidos de Galicia (DOG nº

122 do 25 de xuño de 2008). Precisamente o punto 2.6 do Inventario anexo a este

Decreto protexe os Ecosistemas hidrófilos, concretamente os Humidais de Montaña

(2.6.1.1). O art. 8 deste texto legal prohibe:

b.- As actividades que directa ou indirectamente poidan producir o desecamento ou a alteración hidrolóxica do humidal.

e) As modificacións da cubeta e das características morfolóxicas do humidal, o recheo do humidal con calquera tipo de material, así como a alteración topográfica da súa zona periférica de protección. f) As explotacións mineiras e extractivas, agás aquelas con dereitos outorgados con anterioridade ao 8 de xuño de 2004.

1.5. Ademais, desde o punto de vista estritamente paisaxístico, o EIA ignora

que o alto de Cotodeira é o único punto da Serra do Suído, e consecuentemente dos

concellos de Mondariz e Fornelos de Montes, desde o que é posible ver o mar,

concretamente a ría de Vigo.

3 - Oco nº 1: ocupará 1,74 Ha, e del prevén extraer 124.900 m3 de granito ao longo de 9 anos. - Oco nº 2: ocupará 1,5 Ha, e del prevén extraer 77.080 m3 de granito ao longo de 5 anos. - Oco nº 3: ocupará 2,74 Ha, e del prevén extraer 246.750 m3 de granito ao longo de 17 anos. A maiores o proxecto prevé crear unha entulleira asociada ao Oco nº 1 que se encherá en 5 anos, mais a empresa non adianta onde irán parar os entullos que se produzan entón.

4 LIC proposto en fase de tramitación admnistrativa.

Page 5: Alegación contra a canteira de Cotodeira

5

2.- DESDE O PUNTO DE VISTA SOCIO-ECONÓMICO. 2.1. O proxecto establece o perigo potencial que esta canteira supón para os

mananciais da empresa Augas de Mondariz (pax. 41 do EIA):

“Otro acuífero que aparece y quizá sea el más importante de la zona, se localiza en los aluviones, fundamentalmente del río Tea, que recoge las aguas de escorrentía de una gran área. Además dicho acuífero detrítico debe estar favorecido por otro acuífero infrayacente, ligado a fracturas de gran envergadura en dirección N-S. La acusada fracturación y alteración del substrato, junto a la acumulación de materiales aluviales y las excelentes condiciones de recarga, unido a la elevada pluviometría y la frecuencia de las precipitaciones (que permiten la recuperación rápida de los niveles piezométricos) hacen de este aluvial el lugar más idóneo para la captación de augas subterráneas. Los acuíferos ligados a las fracturas N-S mencionados anteriormente son importantes desde un punto de vista químico de las aguas, ya que a ellos pertenecen las surgencias de aguas minero-medicinales existentes en la zona, algunas explotadas en Mondariz (Gándara, Troncoso y Fuente del Val)”.

En 2008, a cifra de negocio de Aguas de Mondariz superou os 20 millóns de euros

entre o mercado nacional, internacional e as vendas a empresas vencelladas.

Actualmente, é a empresa líder do sector no noroeste de España e móvese nas

primeiras posicións do ránking nacional. Cada ano, Aguas de Mondariz envasa máis de 98 millóns de litros de auga mineral natural, que comercializa por todo o mundo en forma de 140 millóns de botellas. Aguas de Mondariz conta cun persoal

medio de 112 empregados con carácter permanente. Debido á estacionalidade do

sector, o número de postos de traballo directos oscila segundo a época do ano,

chegando a alcanzar, nos meses de verán, ata 160 empregados. Máis do 85% dos

traballadores da compañía proceden dos concellos de Mondariz e Mondariz-Balneario,

na liña ao compromiso que a empresa mantén dende as súas orixes co entorno que a

rodea e as persoas que forman parte do mesmo. De xeito adicional, a actividade da

compañía permite xerar máis de 200 postos de traballo indirectos.

2.2. A execución deste proxecto tamén poría en perigo os mananciais veciñais

para uso doméstico das parroquias de Gargamala e Sabaxáns (Mondariz), así como

Traspielas e Ventín (Fornelos de Montes), que teñen na paraxe coñecida como Prado

de Arriba -microtopónimo real no que se prevé instalar a canteira promovida por

MINOR GALICIA S.L.- a súa cubeta de recarga natural, tal e como recoñece o EIA. A

este respecto é necesario recordar que todas as captacións dos devanditos acuíferos

sitúanse na ladeira do Monte Maior ou Cotodeira, tanto na súa vertente N coma S.

2.3. A maiores o proxecto ao que nos referimos prevé situar as súas tres (3)

zonas de explotación nunha cubeta natural que conforma unha braña, isto é, nun

Page 6: Alegación contra a canteira de Cotodeira

6

húmidal de solos fértiles moi profundos, especialmente aptos para o pasto de gando

ceibe propiedade dos veciños das parroquias de Gargamala, Sabaxáns (Mondariz) e

Ventín e Traspielas (Fornelos de Montes), polo que a posta en marcha da canteira

suporía a erradicación das ducias de explotacións gandeiras de carácter extensivo

(vacas e cabalos) en todo o Monte Maior. Neste sentido é procedente subliñar que en

Monte Maior e Cotodeira pastan dous rabaños de vacas de raza Cachena integrados no programa de recuperación de razas autóctonas galegas en perigo de

extinción dirixido dende a Consellaría do medio Rural5 a través do Centro de Recursos

Zooxenéticos de Fontefiz (Coles), que no ano 2006 estableceu un acordo de

colaboración con gandeiros da zona para introducir esta raza no monte.

No caso das reses equinas existentes na zona, un número considerable delas están

inscritas dentro do Libro Xenealóxico de Cabalo de Pura Raza Galega, neste caso o

centro director do programa é tamén a Consellería do Medio Rural6 a través do Centro

de Razas Equinas Autóctonas de Galicia en Sergude (Boqueixón).

A maior abundamento incluímos no ANEXO 2 o censo gandeiro oficial (vacas e

cabalos, tanto os de razas alóctonas como os autóctonos) neste ámbito a data de

marzo de 2010, aos efectos de probar o negativo impacto económico que esta

explotación tería sobre a economía dunha boa parte das familias das catro parroquias

citadas.

Sobre estas liñas cachenas e becerros pastando no Prado de Arriba, o humidal no que se

pretende abrir a canteira

2.4. Nos últimos lustros a Consellería de Medio Rural ten realizado, ben de forma

directa, ben indirectamente a través das Comunidades de Montes, unha serie de

investimentos en favor da economía silvo-pastoril que ten lugar en Monte Maior e

5 Este programa está auxiliado con fondos europeos. 6 Este programa está auxiliado con fondos europeos.

Page 7: Alegación contra a canteira de Cotodeira

7

Cotodeira: peches, repoboacións, desbroces, cerramentos, instalación de pasos

canadianos ou tornavacas, mangas de saneamento gandeiro, etc... A posta en

explotación desta canteira convirtiría en inútiles boa parte destes investimentos

realizados con fondos públicos que, neste momento, se atopan en bo estado de

conservación e en perfectas condicións de uso. De analizarmos estes datos por

parroquias os resultados son:

- Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Gargamala, parroquia

lindante polo S co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa,

no período 2001-2009 ascende a 148.032 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Ventín, parroquia na

que se pretende poñer en explotación a canteira que nos ocupa, no período

2001-2009 ascende a 104.311 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Traspielas, parroquia

que linda polo W co lugar no que se pretende poñer en explotación a canteira

que nos ocupa, no período 2001-2009 ascende a 154.171 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Sabaxáns, parroquia

lindante polo SE co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa,

no período 1998-2010 ascende a 584.071 €.

Na imaxe un dos pasos canadianos que dá acceso á braña coñecida como Prado de Arriba, onde se pretende poñer en explotación a canteira. O paso, que é un dos accesos a unha zona

de pasto perfectamente valada grazas ao apoio económico da Xunta de Galicia , localízase nas coordenadas 547177, 4683260

Page 8: Alegación contra a canteira de Cotodeira

8

3.- DESDE O PUNTO DE VISTA CULTURAL. 3.1. O ámbito no que se pretende poñer en explotación esta canteira pertence

ao campo de acoso dos Foxos da Chan da Anduriña, un conxunto de dous (2) foxos

que supoñen un exemplo único en Galicia7 de dispositivo tradicional para a captura do

lobo e outros animais salvaxes polo método de acoso. Deste complexo etnográfico, de

altísimo valor patrimonial e cultural, tense constancia escrita, cando menos, desde o

ano 16648, o que dá idea da súa antigüidade e valor patrimonial. A conservación,

restauración e posta en valor deste tipo de bens é obxectivo prioritario do Decreto

297/2008 do 30 de decembro polo que se aproba o Plan de Xestión do Lobo en Galicia

(DOG Nº 13, do 20 de xaneiro de 2009) que promove a Consellería de Medio

Ambiente, obxectivo este incompatible coa construción da canteira pola profunda

alteración morfolóxica do contorno deste extraordinario ben cultural. Tanto Decreto

297/2008 do 30 de decembro como a Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia

esixen a protección non só das estruturas cinexéticas propiamente ditas, senón do

seu campo de acoso, isto é, do seu contorno9 ou zona de influencia, por ser esta

indisociable do ben cultural obxecto de protección. A este respecto, aínda que a

cuadrícula mineira se atope a 923 m exactamente do conxunto de foxos ao que nos

referimos, non é posible comprender as batidas comunais de lobos sen a súa

persecución previa ao longo de varios quilómetros a cargo de ducias de persoas, de aí

que a cuadrícula mineira aludida se localice dentro do campo de acoso do foxo.

3.2. Pódese dicir, sen dúbida, que os traballos de extracción nesta zona

danarán o seu patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural, empobrecendo e

alterando morfoloxicamente, de xeito negativo, o contorno paisaxístico no que se

asenta, polo que a administración debe informar desfavorablemente este proxecto de

explotación, como xa fixo en 2008 nun caso semellante –tamén noutro foxo do lobo-

na parroquia de Gargamala10. O lugar no que se pretende poñer en explotación o P.I.

7 No conxunto da península Ibérica e no continente europeo este conxunto non ten, que coñezamos, ningún paralelo, agás o portugués Fojo de Gondomar (Flower; 1971) e o burgalés Lobera de Santiago127 (Grande del Brío; 1984). 8 Nesta data os veciños das parroquias de Sabaxáns e Gargamala, ambas freguesías do concello de Mondariz, mantiveron un preito contra o Conde de Salvaterra. No texto no que se describen os límites de ambas parroquias consta literalmente o seguinte texto: “(...) Monte de la/ Forcadelas: El de Saramagos: El del Prado de Oveja: El del/ Puerto Amurgo: El del Rosario de abajo y de arriba: Chan/ de Anduriña a donde están dos fosos compuestos de piedra/ de cantería donde se corre la montería de Lobos y otros vena/dos (...)”. 9 A este respecto véxase o sinalado polo art. 14, 18 e 19 da Lei do Patrimonio Histórico Español. En relación co concepto «zona de respeto» (como espacio máis exterior do contorno de protección dun ben cultural), véxase a Sentencia do 29 de maio de 1989, da Sección 1ª, da Sala do Contencioso–Administrativo do Tribunal Supremo (RJ 1989\4000). 10 Referímonos ao foxo localizado na Chan do Foxo ou Foxo da Rega. O propósito de abrir unha canteira no seu campo de acoso (Proxecto Gateira 2941) foi desestimado pola Xunta de Galicia.

Page 9: Alegación contra a canteira de Cotodeira

9

CLOE 3007.1 fai as veces de contraforte natural (polo W) da Serra do Suído, paisaxe

cultural sementada de numerosas estruturas de carácter etnográfico relacionadas coa

actividade gandeira e pastoril que desde época medieval se vén practicando na serra

(chouzos e parideiras, cabañas de pastores, sesteiros…) que non figuran no

Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o EIA do proxecto e que,

sen dúbida, constitúe un dos elementos que lle confiren maior singularidade a esta

serra.

3.3. A maiores este espazo, na medida en que supón o límite natural das

parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) e Ventín e Traspielas (Fornelos de

Montes) conta cun bo número de cruces baixas e gravados de termo, que teñen a consideración legal de Ben de Interese Cultural (BIC) por aplicación do Decreto

571/1963 (sobre protección de escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de

xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico artístico (BOE nº 77,

do 30 de marzo) -caso do petróglifo de Seixiños Brancos ou dos gravados da Fonte

Santa- que non figuran no Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o

EIA do proxecto.

Instantánea dun dos petróglifos de termo que ignora o EIA do proxecto, que ten a

consideración legal de BIC

Page 10: Alegación contra a canteira de Cotodeira

10

3.4. Ademais no EIA non se cita o paso do GR-58 ou Sendeiro das Greas11 pola

canteira en proxecto; tampouco que, de executarse a explotación proxectada, o

sendeiro desaparecería por completo, xa que a canteira prevé abrise xusto sobre a

súa traza. Ademais, segundo o proxecto “P.I. CLOE 3007.1”, o sendeiro será utilizado

polos camións da empresa para acceder á canteira desde a estrada local que une o

núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocaría unha desfeita deste sendeiro natural

de uso peonil.

Sobre estas liñas sinaléctica do Sendeiro das Greas (GR-58) ao seu paso por Cotodeira

11 http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=32111&crec=33749&cidi=G. Este sendeiro denomínase así en razón das greas de cabalos e vacas que en lugares como este (Monte Maior e Cotodeira) pastan ás ceibas.

Page 11: Alegación contra a canteira de Cotodeira

11

Sobre estas liñas, en amarelo, localización do proxecto CLOE 3007.112 ; en vermello itinerario

do Sendeiro das Greas (GR-58) da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo.

3.5. Por último no EIA non se cita a anual Romaría de Cotodeira, unha ascensión a

pé que ten lugar o día 1º de maio desde tempo inmemorial partindo das distintas

parroquias da contorna. Tralo inverno e as chuvias de abril, a climatoloxía do novo

mes permite empezar cos traballos agrarios, que cómpre realizar con premura para a

sementeira (de aí as expresións estar amaiado ou andar co maio ao lombo cando un

está canso e baldado). Xa que logo as celebracións populares do 1º de maio -entre

elas esta de Cotodeira que referimos- explícanse por ser esta data un punto de

inflexión no tempus agrario tradicional no que teñen lugar boa parte das romarías do

noso país. No outeiro de Cotodeira, malia non existir capela nin construción relixiosa

algunha, si existiu unha cruz baixa sen figuración que veu sancionar unha tradición

romeira que quizais teña orixes pagás. A ascensión a Cotodeira do 1º de maio ten

lugar a través da pista forestal que, segundo o proxecto da canteira que nos ocupa,

tamén será utilizado polos camións da empresa para acceder á canteira desde a

estrada que une o núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocará un deterioro

considerable desta vía de comunicación tradicional.

12 Coordenadas dos vértices da cuadrícula: 546702, 4684558 / 547160, 4684561 / 547169, 4683327 / 546711, 4683324.

Prado de Arriba, humidal protexido

sobre o que se pretende abrir a

canteira proxectada

Coto de Eira (884 msnm)

Page 12: Alegación contra a canteira de Cotodeira

12

Por todo isto SOLICITO:

1.- Que non se autorice a construción desta canteira a fin preservar as calidades

ambientais, paisaxísticas e culturais do espazo definido polo proxecto, por supoñer un

impacto ambiental CRÍTICO e IRREVERSIBLE sobre a paisaxe e o patrimonio natural

e cultural deste ámbito, sendo totalmente contraditorio cos valores que persigue

conservar a Lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 16/1985 do Patrimonio

Histórico Español, Lei 9/2001 de Conservación da Natureza e Lei 7/2008 de

Protección da Paisaxe de Galicia.

En........................................, a..........de marzo de 2010

Asdo:

DIRECCIÓN XERAL DE MINAS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XUNTA DE GALICIA

Page 13: Alegación contra a canteira de Cotodeira

13

ANEXO 1: Cartografía na que se superpón a localización do proxecto (círculo e recadro vermellos) e a Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 que tramita a Consellería de Medio Ambiente denominado SERRA DO SUÍDO.

Page 14: Alegación contra a canteira de Cotodeira

14

ANEXO 2: Censo gandeiro actualizado elaborado pola Consellería e Medio Rural localizado no Monte Maior e Cotodeira.

Parroquia Total 

explotacións bovinas 

Explotacións bovinas activas 

Explotacións bovinas activas no monte 

Total reses bovinas 

Reses bovinas no monte 

Ventín  19  16  5  74  41 Traspielas  26  21  1  76  61 Gargamala  24  19  9  215  192 Sabaxáns  24  17  8  109  88 TOTAIS  93  73  23  474  382 

Parroquia  Total explotacións equinasNº de cabalos de Pura 

Raza Galega 

Ventín  3  ‐ Traspielas  2  ‐ Gargamala  4  15 Sabaxáns  2  ‐ TOTAIS  11  15 

Page 15: Alegación contra a canteira de Cotodeira

15

ANEXO 3: Conxunto de Foxos do lobo da Chan da Anduriña, o único exemplar de foxo duplo de Galicia. A canteira prevé abrirse dentro do seu campo de acoso.

BIBLIOGRAFÍA CITADA:

- Flower, E.: Lobos em Portugal (1933–1957). Publicação da Direcção Geral dos Serviços; Florestais e Aquícolas, Lisboa. 1971

- Grande del Brío, R.: El lobo ibérico. Biología y mitología. Serie Ciencias de la naturaleza. Ed. Hermann Blumme. Madrid. 1984