Alejandro Magno

32

description

Vida e conquistas de Alexandre Magno.

Transcript of Alejandro Magno

Page 1: Alejandro Magno
Page 2: Alejandro Magno

O REINO DE MACEDONIANo século IV a.C. o reino de Macedonia constituía

unha pequena pero ambiciosa potencia. Os seus monarcas guerreiros soñaban con estender o seu territorio e obter un recoñecemento que non posuían.

Macedonia e Tracia formaban reinos que os civilizados gregos do sur consideraban primitivos e analfabetos.

O rei Amintas III, pai de Filipo II,

reinou en Macedonia entre os anos

389 a 369 a.C. Trasladou a capital a

Pella e unificou o reino.A súa morte herdou o trono Filipo II.

Page 3: Alejandro Magno

O REINO DE MACEDONIADespois de consolidarse no trono en 358 a.C. Filipo

iniciou unhas astutas campañas diplomáticas e militares que o levaron a unha posición de hexemonía sobre toda Grecia.

Filipo II

Page 4: Alejandro Magno

O REINO DE MACEDONIAA ambición de Filipo de posuír a hexemonía en

Grecia pareceu consolidarse na batalla de Queronea (338 a.C.), na que o rei e o seu xeneral Alexandre derrotaron a alianza de Atenas e Tebas.

Mentres o rei Filipo preparaba o exército para marchar sobre Persia, foi asasinado misteriosamente, no ano 336 a.C., por un membro da súa garda persoal.As polis gregas que estaban baixo a dominación

macedónica se rebelaron pero fracasaron. Alexandre, con gran habilidade, impúxose como novo monarca e eliminou ós posibles rivais.

Page 5: Alejandro Magno

Fillo de Filipo II, rei de Macedonia, e de Olimpia. Naceu o 20 ou 21 de xullo de 356 a.C. en Pella e morreu o 10 ou 13 de xuño do 323 a.C. en Babilonia. Segundo Plutarco, o día do seu nacemento tívose noticia na capital de tres triunfos.

ALEXANDRE MAGNONacemento e infancia

Alexandre era fisicamente de baixa estatura, con cutis branco, cabelo ondulado de cor castaño claro e ollos heterócromos (un marrón —o esquerdo— e outro gris).

Page 6: Alejandro Magno

Adolescencia Moi cedo (340 a. C.) o seu pai o

asociou a tarefas do goberno nomeándoo rexente

No 338 a. C. dirixiu a cabalería macedónica na batalla de Queronea, sendo nomeado gobernador de Tracia ese mesmo año.

Dende pequeno, Alexandre demostrou as características máis destacadas da súa personalidade: activo, enérxico, sensible e ambicioso. É por iso que, a pesar de ter apenas 16 años, se viu obrigado a repeler unha insurrección armada.

Colin Farrell como Alexandrede mozo

Page 7: Alejandro Magno

Ascenso ao poderDespois do asasinato de Filipo no ano 336 a. C. Alexandre

tomaria as rendas de Macedonia á idade de 20 anos.Tras suceder ao seu pai, Alexandro atopouse con que debía

gobernar un país radicalmente distinto daquel que herdou Filipo, xa que Macedonia pasara de ser un reino fronteirizo, pobre e desdeñado polos gregos, a un poderoso Estado militar de fronteiras consolidadas cun exército experimentado que dominaba indirectamente a Grecia a través da liga de Corinto.

A morte do gran Filipo supuxo que algunhas polis gregas sometidas por el se alzasen en armas. Alexandre demostrou rapidamente a súa destreza militar atravesando Tesalia para sometela novamente, e acto seguido venceu aos gregos tomando e destruíndo Tebas e obrigando a Atenas a recoñecer a súa supremacía facéndose nomear Hegemon, título que xa ostentara o seu pai e que o situaba como gobernante de toda Grecia, tras o cal se dispuxo a cumprir o seu seguinte proxecto: conquistar o Imperio Persa.

Page 8: Alejandro Magno
Page 9: Alejandro Magno

Asia Menor

Page 10: Alejandro Magno

Alexandre cruzou o Helesponto cara a Asia Menor. Fixo unha breve parada en Troia, onde honrou a tumba do seu heroe Aquiles. Na primeira contenda que se librou en territorio asiático, a batalla do Gránico, os sátrapas fixéronlle fronte cun exército de 40.000 homes comandado polo astuto Memnón de Rodas e composto no seu maior parte por gregos mercenarios, pero o exército persa ofreceu unha débil resistencia e foi vencido. Neste combate Alejandro estivo preto da morte, pois un persa tratou de asasinalo por detrás.

Page 11: Alejandro Magno

As cidades gregas das costas entregáronse, xa sexa por medo ou por querer ser liberadas.

A finais de 334 a. C. decidiu pasar o inverno en Gordión, antiga capital de Frixia. Alí atopábase un famoso carro real, suxeito a un nó moi complicado de desfacer. Segundo o oráculo de Gordión, quen soubese desfacelo conquistaría Asia. Alexandre partiu o nó coa súa espada. A tormenta que seguiu ao feito interpretouse como un claro signo de que Zeus daba a súa aprobación.

Page 12: Alejandro Magno
Page 13: Alejandro Magno

Alexandre foi ben recibido polos exipcios, quenes lle apoiaban pola súa loita contra os persas, cuxos reis dominaran Exipto en dúas ocasións. Como o seu salvador e liberador concedéuselle a coroa dos dous reinos, sendo nomeado faraón en novembro de 332 a. C. en Menfis.

En xaneiro do 331 a. C. Alexandre fundou a cidade de Alexandría nunha parte moi fértil do delta do Nilo. Os motivos da fundación eran tanto económicos (a apertura dunha ruta comercial no mar Exeo) como culturais (a creación dunha cidade ao estilo grego en Exipto, cuxa planificación se deixou en mans do arquitecto Dinócrates).

Page 14: Alejandro Magno

Posteriormente, tras unha dificultosa viaxe polo deserto, chegou ao oasis de Siwa, onde o profeta do deus Amón anuncioulle que lle saudaba tanto de parte do deus como do seu pai. Alexandre preguntou se quedara sen castigo algún dos asasinos do seu pai Filipo. Dándolle o deus favorable resposta e asegurándolle que Filipo estaba vingado, Alexandre fíxolle magníficas ofrendas pola resposta positiva.

Restos do oráculo de Amón

Page 15: Alejandro Magno

A cultura do Antigo Exipto impresionou a Alexandre dende os primeiros días da súa estancia neste país. Os exipcios deixáronnos testemuño, gravado en pedra, destes feitos e apetencias. En Karnak existe un baixorreleve onde se representa a Alexandre facendo ofrendas ao deus Amón, como o fai un converso. Nel, viste a indumentaria de faraón.

Page 16: Alejandro Magno
Page 17: Alejandro Magno

Alexandre controlou a situación de rebeldía en Anatolia e o Exeo, de tal modo que na primavera do 331 a. C., dende Tiro, organizou os territorios conquistados. Darío, cun exército máis numeroso, decidiu facerlle fronte a beiras do Tigris, pero apenas logrou salvar a súa vida, xa que a pesar da superioridade numérica viuse derrotado polo xenio militar do novo rei macedonio. Así, Alexandre co seu exército logrou entrar en Babilonia.

Page 18: Alejandro Magno
Page 19: Alejandro Magno

No ano 331 a. C., o exército macedonio invadiu Persia entrando doadamente en Susa, mentres que o vencido monarca persa Darío III fuxía cara ao interior do territorio persa en busca de forzas leais para enfrontar novamente a Alexandre.

Dende Susa pasou a Persépolis, capital cerimonial do Imperio Aqueménida, onde incendiaron o palacio da cidade durante unha festa. Despois dirixíronse cara a Ecbatana para perseguir a Darío , pero o atoparon asasinado polos seus nobres. Alexandre honrou ao seu rival e inimigo e prometeu perseguir aos seus asasinos.

Page 20: Alejandro Magno

Os estranxeiros que vivían en Persia se sentiron identificados con Alexandre e comprometéronse con el para veneralo como novo gobernante. A maioría dos sátrapas foron deixados no seu posto, aínda que supervisados por un oficial macedonio que controlaba o exército.

Page 21: Alejandro Magno
Page 22: Alejandro Magno

Tras moitas peripecias e conquistas, Alexandre invadira a Sogdiana e a Bactriana, casouse coa princesa Roxana, e levaría ao seu exército a atravesar o Hindu Kush e a dominar o val do Indo.

Aos seus 32 anos, o seu imperio estendíase ata o val do Indo polo leste e ata Exipto polo oeste. Das 70 cidades que fundou, 50 delas levaban o seu nome.

Page 23: Alejandro Magno

A India

Page 24: Alejandro Magno

Alexandre puxo toda a súa atención no subcontinente indio e convidou a todos os xefes tribais da anterior satrapía de Gandhara para que viñesen a el e se sometesen á súa autoridade. Algúns aceptaron, pero os rajás dalgúns clans das montañas negáronse.

Alexandre conduciu aos seus homes a loitar contra a tribo dos kamboja e despois se enzarzou nunha feroz contenda contra os aspasioi na que o feriron no ombreiro cun dardo aínda que gañou a batalla.

Os assakenoi foron ao encontro de Alexandre loitando valentemente e opoñendo unha tenaz resistencia ao invasor. Ao final, foron masacrados.

Alexandre cruzou o Indo e gañou unha batalla épica contra o gobernador local, Poros, que controlaba a rexión de Punyab, na batalla do Hidaspes do 326 a. C.

Page 25: Alejandro Magno

Trala batalla, Alexandre quedou tan impresionado pola valentía de Poros que fixo unha alianza con el e nomeoulle sátrapa do seu propio reino. Alexandre chamou Bucéfala a unha das dúas cidades que fundara, en honra ao cabalo que lle trouxo á India e que morrería durante a contenda do Hidaspes.

Charles Le Brun – Alexandre Magno e Poros

Page 26: Alejandro Magno

Dirixindose ao sur o exército macedonio atopouse cos malios. A batalla contra esta tribo os conduciu ata a ciudadela de Malia en cuxo asalto Alexandre foi ferido gravemente por unha frecha no pulmón. Grazas ao esforzo do seu ciruxano, Critodemo de Cos, sobreviviu a esa ferida.

Os Malios foron masacrados. Non se perdoou a vida a ningún home, muller ou neno.

Alexandre pensou en continuar dirixíndose ao Ganxes, pero o exército, canso tras oito anos fora da casa, negouse a ir máis aló. Ante unha posible rebelión ordenou o regreso a Babilonia dividindo o exército en tres corpos: un iria a Carmania baixo o mando do xeneral Crátero; outro enviouno por mar para explorar o Golfo Pérsico baixo o mando de Nearco, e el conduciría ao resto de volta a Persia pola ruta do sur a través do deserto de Gedrosia.

Page 27: Alejandro Magno

ConspiraciónsNo 330 a. C., Filotas, fillo de Parmenión, foi

acusado de conspirar contra Alexandre e asasinado xunto co seu pai por temor a que este se rebelase ao enterarse da noticia. Así mesmo, o primo de Alexandre, Amintas, foi executado por tentar pactar cos persas para ser o novo rei. Tempo despois houbo unha nova conxura ideada polos seus paxes, a cal tampouco logrou o seu obxectivo. Calístenes (historiador das travesías de Alexandre e sobriño de Aristóteles), considerado como impulsor deste complot, foi condenado a morte.

Page 28: Alejandro Magno

A morte de AlexandreO 10 de xuño do 323 a. C. Alexandre morreu no palacio de

Nabucodonosor II de Babilonia. Faltáballe pouco máis dun mes para cumprir os 33. Existen varias teorías sobre a causa da súa morte, que inclúen envelenamento por parte dos fillos de Antípatro (Casandro e Yolas) ou outros, enfermidade (suxírese que puido ser a febre do Nilo), ou unha recaída da malaria que contraeu no 336 a. C.

Alexandro non tiña ningún herdeiro lexítimo e obvio. O seu medio irmán Filipo Arrideo era deficiente, o seu fillo Alexandre nacería tras a súa morte, e o seu outro fillo Heracles era dunha concubina.

O imperio se dividiu entre os seus sucesores (diádocos).Todos os seus familiares e herdeiros, tanto a súa nai Olimpia,

a súa esposa Roxana, o seu fillo Alexandre, a súa amante Barsine e o seu fillo Heracles, foron mandados asasinar por Casandro, o que levou á extinción da dinastía Argéada.

Page 29: Alejandro Magno

As guerras dos DiádocosA pesar dos intentos de manter unificado o Imperio

macedónico, este acabaría por dividirse en varios reinos independentes que fundaron as súas dinastías:

Dinastía Tolemaica: Tolomeo converteuse desde un primeiro momento en gobernante de Exipto.

Dinastía Antigónida: con centro en Macedonia e co fillo de Antígono, Demetrio, como rei, esta dinastía conquistou o seu reino a Casandro e ocupou tamén Grecia.

Dinastía Seléucida: Con base en Mesopotamia e Siria, Seleuco dominou despois un territorio máis amplo, xa que se apropiou de Asia que estaba en poder de Antígono.

Lisímaco obtivo Tracia e Asia Menor pero non logrou fundar unha dinastía nin consolidar os seus dominios.

Page 30: Alejandro Magno

1ª partición do imperio

Page 31: Alejandro Magno

Os reinos dos Diádocos, Roma e Cartago

Page 32: Alejandro Magno

Fin