Alxeria

6
ALXERIA Bandeira Escudo DATOS: Nome Oficial: República Democrática e Popular de Alxeria Capital: Alxer Xefe de Estado: Abdelaziz Bouteflika Primeiro Ministro: Ahmed Ouyahia Tipo de Goberno: República Cidades Importantes: Oran, Tindouf, Adrar, Constantina, Annaba, Batina, Sétif, Blida, Biskra, In Guezzam, Sidi Bel Abbès, Béchar. Festa Nacional: 5 de maio (Día da Liberación) Idioma Oficial: Árabe. En Alxeria fálase o árabe e o francés, aínda que hai unha minoría que aínda falan bereber. O español é utilizado en Tindouf como segunda língua polos refuxiados saharauis. Situación Xeográfica: Situado ao Norte de África. Limita ao Norte co Mar Mediterráneo e Marrocos, ao Sur con Malí e Nixeria, ao Leste con Túnez e Libia, e ao Oeste con Mauritania e o Sahara. Superficie Total: 2.381.740 Km2. Segundo país máis grande de África (despois de Sudán) Litoral: 998 kilometros Clima: Chuvias de decembro a marzo. Invernos suaves e húmidos con veráns calorosos e secos ao longo da costa, máis seco, con invernos fríos e veráns calorosos na meseta alta; siroco é un vento quente cargado de area especialmente frecuente en verán. Recursos Naturais: Petróleo, gas natural, ferro, fosfatos, uranio, cinc.

description

Información de Alxeria

Transcript of Alxeria

ALXERIA

Bandeira Escudo

DATOS: Nome Oficial: República Democrática e Popular de Alxeria Capital: Alxer Xefe de Estado: Abdelaziz Bouteflika Primeiro Ministro: Ahmed Ouyahia Tipo de Goberno: República Cidades Importantes: Oran, Tindouf, Adrar, Constantina, Annaba, Batina, Sétif, Blida, Biskra, In Guezzam, Sidi Bel Abbès, Béchar. Festa Nacional: 5 de maio (Día da Liberación) Idioma Oficial: Árabe. En Alxeria fálase o árabe e o francés, aínda que hai unha minoría que aínda falan bereber. O español é utilizado en Tindouf como segunda língua polos refuxiados saharauis.

Situación Xeográfica: Situado ao Norte de África. Limita ao Norte co Mar Mediterráneo e Marrocos, ao Sur con Malí e Nixeria, ao Leste con Túnez e Libia, e ao Oeste con Mauritania e o Sahara. Superficie Total: 2.381.740 Km2. Segundo país máis grande de África (despois de Sudán) Litoral: 998 kilometros Clima: Chuvias de decembro a marzo. Invernos suaves e húmidos con veráns calorosos e secos ao longo da costa, máis seco, con invernos fríos e veráns calorosos na meseta alta; siroco é un vento quente cargado de area especialmente frecuente en verán. Recursos Naturais: Petróleo, gas natural, ferro, fosfatos, uranio, cinc.

POBOACIÓN: 33.739.635 habitantes (2008) MOEDA: dinar

Mapa de Alxeria

PRINCIPAIS CIDADES:

ALXER é a capital e a maior cidade de Alxeria e a segunda cidade máis populosa do Magreb (tras Casablanca). Segundo o censo de 2005, a poboación da cidade era de 1.519.570 persoas, a área urbana sumaba 2.135.630 habitantes e todo a área metropolitana estaba habitada por 3.518.083 persoas. Está situada no litoral mediterráneo e é o principal porto do noroeste de África. Coñecida como "Alxer a branca" polo branco brillante dos seus edificios vistos dende dende o mar, no seu día foi considerada como unha das cidades árabes máis románticas. Actualmente é unha cidade moderna, dividida en dúas zonas diferenciadas: a zona nova, de estilo europeo francés con museos, avenidas, ópera, teatros e cafés; e a fortaleza

(casbah), a cidade vella, coas súas rúas labirínticas, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1992.

Basílica Notre Dame Afrique Bahía de Arxel

CONSTANTINA (chamada Constantine y Qusantīna - نة ي نط س en francés قe árabe, respectivamente).

Escudo de Constantina

Situada no noroeste de Alxeria, cunha poboación de máis de 2.000.000 de habitantes e a terceira cidade do país (por detrás de Alxer e Orán). Debe o seu nome ao emperador Constantino. A cidade está rodeada por un profundo barranco de aparencia espectacular. Tamén é coñecida polas

súas universidades (Mentouri, Zerzara, e a Universidade Islámica Del amir Abdelkader), deseñada polo arquitecto Brasileño Oscar Niemeyer.

ORÁN (árabe: [Wahrn] ) é unha cidade do noroeste de Alxeria, situada na costa do mar Mediterráneo. É un importante porto e centro comercial, e ten unha universidade. O barrio antigo da cidade posúe unha fortaleza e unha mezquita do século XVIII. A poboación da cidade é de 1 millón de persoas, e a urbana de 2 millóns. Hai que destacar os lazos culturais que unen a cidade de Orán, coa cidade española de Alacante, coa cal está irmandada. Na época colonial, mesmo consta que se chegaron a celebrar en Orán as Fogueras de San Xoan. A

música folk coñecida como Raï tivo a súa orixe en Orán.

Ruinas romanas de Timgad Pinturas rupestres de Tassili n’Ajjer,

HISTORIA

En Alxeria os primeiros habitantes foron os bérberes. Máis tarde foi habitada por cartaxineses, árabes e yturcos. Dende 1830 e ata 1962, ano que se independizou de francia, Alxeria foi unha colonia francesa . Despois de máis dun século de goberno de Francia, os alxerianos lograron a independencia en 1962. O Partido político de Alxeria, a Fronte de Liberación Nacional (FLN), dominou a política dende entón.

GASTRONOMÍA A comida típica de Alxeria esta influenciada pola cociña árabe, turca e francesa. A gastronomía alxeriana ten moito sabor e pode ser moi picante. Úsanse moito as especias como o azafrán, o xenxíbre, o allo, o comino, a canela, a menta e o perexil. A maioría dos restaurantes de Alxeria son de cociña francesa e italiana, aínda que tamén preparan comida típica de Alxeria. Os pratos alxerianos máis típicos son o cus-cús, as sopas, os kebabs e o arroz. A bebida típica de Alxeria é o té con menta. A cociña tradicional é moi semellante á do resto do Magreb (Túnez e Marrocos). Non obstante, en cada un destes países encóntranse varios pratos típicos. No mundo árabe, o prato nacional é o cuscús, un prato a base de polenta, carne e vexetais (a carne utilizada pode ser cordeiro ou polo). Adoita acompañarse de soro ou leven.

Entre as especialidades alxerianas están o burek, un follado recheo de carne, cebola e ovos fritos; o cordeiro constitúe tamén un dos pratos típicos na cociña alxeriana, pódese servir acompañado de ameixas secas e aromatizado con canela e azar ou asado enteiro, ensartado nun pincho (mechoui).

As verduras tamén entran dentro da gastronomía alxeriana: o kemia é un prato a base de tomates, cenorias, feixóns pintas e sardiñas, todo sazonado con picante; o dolma, prato con tomates e pementos que varía na súa preparación segundo as rexións.

Existe un prato que adoita tomarse pola noite durante o mes do Ramadán, trátase dunha sopa preparada con verduras como tomates, cebolas, cenorias e cabaciñas, todo iso moi picado, e carne de cordeiro, polo ou tenreira. Esta sopa, chorba, sazónase con sal, pementa, canela e perexil. Pode levar, ademais, garavanzos e pementos vermellos. A cociña alxeriana conta con distintos tipos de pastelitos que adoitan servirse acompañados por un té á menta fresca, a bebida máis consumida, que se prepara de distintas formas. Estes pastelitos prepáranse con sémola, améndoas, dátiles ou mel; entre eles pódense citar os makrout, samsa, etc.