Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

7

Click here to load reader

Transcript of Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

Page 1: Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

Nome completo: Amaya Valdemoro

Fecha de nacimiento:

18/Agosto/1976 Lugar de nacimiento:

Alcobendas (Madrid)

Estado civil: Soltera/o

Signo do zodiaco: LEO

Altura: 1,82 m

Tamaño de calzado: 45

Ollos: marrón

Irmáns: 1, Virginia

Profesión: Xogadora de baloncesto

Amaya Valdemoro Madariaga foi a estrela da Selección Feminina de Baloncesto durante o Mundial de Brasil. Aínda que o equipo estivo a piques de facer historia, clasificándose para cuartos de final, no último momento perdeu ante Rusia. Recoñece que sente unha envexa sa polo ouro dos mozos, pero asegura que o principal é intentalo e deixarse a pel na cancha. Chámana a "Pau Gasol do baloncesto feminino", algo que non lle disgusta aínda que sabe que lles falta moito para chegar ao nivel da Selección de Balocesto Masculino. Amaya admira a Gasol, sobre todo o modo en que soubo aunar con intelixencia e de forma tranquila a avalancha

Page 2: Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

de popularidade na que se viu envolto. Malia ser a favorita da Selección, cre que o importante, en todo momento, non é o seu lucimiento persoal senón traballar para crear un equipo que juege como un único bloque: "Cada xogadora ten a súa rol e o importante é cumprilo". As súas armas son o tiro de longa e media distancia e a súa mentalidad ganadora. Sabe manter a intensidade no xogo.

¿Algunha xogadora estivo nas ligas de baloncesto que vostede xogou? Non, ninguén. xoguei en España, Brasil, EE UU e actualmente en Rusia.

As outras ligas nas que xogou, ¿están á altura da

WNBA? Son totalmente diferentes. Agora mesmo a rusa é a máis forte de Europa porque están as mellores estranxeiras e tamén polas condicións tan duras en que se xoga: preparación, desprazamentos? Logo da rusa, a liga española está subindo máis de nivel, e iso é importantísimo.

¿España quedábaselle pequena? ¿Que lle convenceu para irse a Samara? Para nada. Boto muchísimo de menos España. Teño unhas metas e a vida dunha deportista é

Page 3: Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

curta. Quero gañar a Copa de Europa, e aínda que estea mal dicilo non podía descartar a oferta. Oxalá tivese o proxecto actual do Ros Casares. Non me moveu de alí. Nin tola. De gañar unha Copa de Europa, quixese gañala cun equipo español. Cando tomei esa decisión non había este proxecto.

¿Descarta volver a España? Espero volver a España.

¿En breve? Teño contrato este ano e o seguinte.

¿Aínda haberá Amaya para intre?

Oxalá. Teño 30 anos pero espero seguir dando cana. Polo menos cinco máis (risas).

¿Cando empezou?

Aos 15 en Primeira División. Xogando levo desde os 13.

¿Atopou dificultades ou lle veu todo rodado polo seu físico?

Medía entón 1,72 m (agora 1,82 m), físicamente era boa. Chegoume todo rápido pero isto abriume os ollos para saber o que quería nun futuro.

¿Nótase moi distinta dentro e fóra da cancha?

A verdade é que me transformo un poquito na

Page 4: Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

cancha. Non o podo evitar. E agora non tanto como antes, que tiña un xenio tremendo. Agora contrólome máis. Nunha cancha hai que ter carácter.

¿Competir é unha cuestión a reivindicar pola muller?

Estaa reivindicando, pero teriamos que reivindicala máis, e temos que seguir así para que haxa unha maior igualdade. Pero tamén hai que ser intelixentes. Cando moitas veces dinme que é inxusto que Gasol cobre máis? Pero é que eu non xero o que xera el e pedir o mesmo diñeiro sería estúpido.

¿notou máis seguimiento, máis calor do público, dos medios, no último Mundial?

A verdade é que co ouro dos mozos gañamos moito máis, e aí nós temos que ser listas e estas cousas aproveitalas. Quedamos oitavas pero demos unha boa imaxe. Tivemos mala sorte e non saíron as cousas. Cando chegabamos a España había moita xente na rúa. Eu estaba sorprendida.

¿Que obxectivos ten marcados a curto prazo?

Intentar gañar a Copa de Europa este ano co meu equipo, que está difícil e coa selección intentar conseguir unha praza para as Olimpiadas.

¿Aínda lle toca seguir tirando do carro?

Repartirémosnos esa tarefa. Todas tiraremos?

Page 5: Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

¿Non lle toca a vostede máis?

Bo, eu son a máis maior.

¿Que cousas quédanlle por facer neste deporte?

Gozar. Mentres xogues hai que seguir gozando. Os títulos xa chegarán.

¿Que fará cando deixe o baloncesto activo?

Eu que sé, supoño que algo ligado ao mundo do deporte, do baloncesto.

¿Como adestradora, talvez?

Non me vexo. Nada, nada.

estudou para iso ¿non? Si, se cadra con xente pequena? Nun equipo profesional non. Ser boa xogadora non implica que sexas boa adestrando. Podo ensinar cousas, pero un partido profesional é diferente. Aínda vexo as cousas como xogadora.

Page 6: Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

PREGUNTAS….1.Onde naceu Amaya Valdemoro?

2.Onde a nomearon estrela do Baloncesto feminino?

3.Cal é o seu ídolo?

4.Cales son as súas armas xogando?

5.Estivo alguna xogadora nas ligas que ela xogou?

6.Con cantos anos comezou a xogar o baloncesto?

7.Qué obxetivos ten marcados agora?

8.Qué fará cando deixe o baloncesto activo?

9.Qué pensa de España, pensa volver?

10..Qué opina de ser adestradora, estudou para iso?

Page 7: Amaya Valdemoro Y Preguntas. Marta Lema

PREGUNTAS….1.Onde naceu Amaya Valdemoro?

2.Onde a nomearon estrela do Baloncesto feminino?

3.Cal é o seu ídolo?

4.Cales son as súas armas xogando?

5.Estivo alguna xogadora nas ligas que ela xogou?

6.Con cantos anos comezou a xogar o baloncesto?

7.Qué obxetivos ten marcados agora?

8.Qué fará cando deixe o baloncesto activo?

9.Qué pensa de España, pensa volver?

10..Qué opina de ser adestradora, estudou para iso?