AMPLIACIÓN CAROLINA

5
Carolina Muñiz Calvo 3º ESO A Curso 2011/12 Comentario [m1]: TRABALLO MOI COMPLETO. NOTA: 10

description

TRABALLO DE AMPLIACIÓN DAS REVOLTAS IRMANDIÑAS. 3º DE ESO. CAROLINA MUÑIZ.

Transcript of AMPLIACIÓN CAROLINA

Page 1: AMPLIACIÓN CAROLINA

Carolina Muñiz Calvo

3º ESO A

Curso 2011/12

Comentario [m1]: TRABALLO MOI COMPLETO. NOTA: 10

Page 2: AMPLIACIÓN CAROLINA

INDICE

1. Introdución

2. A primeira revolta irmandiña

3. A segunda revolta irmandiña

4. Actualidade

5. Bibliografía

Page 3: AMPLIACIÓN CAROLINA

1. Introdución

Galicia no século XV, sufría unha época de caos señorial e crise do feudalismo,

onde os señores feudais campaban ás súas anchas. A antiga Gallaecia dos

romanos e o despois reino suevo independente dúbida entre se seguir con

Portugal ou unirse ao que entón era

Castela.

Entre ao redor de 1430 e 1470

producíronse en Galicia dúas guerras

ou revoltas coñecidas como revoltas

irmandiñas. A palabra irmandiño fai

referencia aos campesiños, artesáns,

mercadores, clérigos, fidalgos e

pescadores que tiveron que ver nestas

loitas.

2. A primeira revolta irmandiña

Esta revolta irmandiña coñécese co nome de “irmandade fusquenlla”. Esta foi

creada en 1431 en terras do señor Andrade, debido á dureza coa que Nuño

Freire de Andrade, coñecido como o Malo, trataba aos seus vasalos. A revolta

iniciouse en Pontedeume e Betanzos e pronto se estendeu aos bispados de

Mondoñedo e Lugo , destruíndo castelos e fortalezas da nobreza como o castelo

dos Andrade en Betanzos. Mais os desacordos internos acabaron coa

irmandade. Desde un primeiro momento os irmandiños ou rebeldes foron

dirixidos por Roi Xordo, un fidalgo da Coruña, que morreu na represión

posterior á derrota.

Page 4: AMPLIACIÓN CAROLINA

3. A segunda revolta irmandiña

A segunda guerra irmandiña ou tamén coñecida como “a gran guerra

irmandiña” tivo lugar entre os anos 1467 e 1469, aínda que os preparativos

habíanse ido preparando desde facía bastante tempo xa. Esta pódese considerar

coma unha auténtica guerra civil pola participación social que tivo.

As malas colleitas, a peste, a fame e as epidemias fixeron estalar a revolta. Tres

grandes líderes dirixiron a guerra: Diego de Lemos, nas actuais provincias de

Lugo e Ourense; Pedro de Osorio; era o xefe no centro de Galicia e pola

contorna de Compostela e Alonso de Lanzós, que dirixía aos do norte.

Os irmandiños loitaban contra os nobres laicos e señores feudais, propietarios

de castelos e fortalezas; aínda que os tres brancos preferidos foron a dinastía

dos Lemos, Moscoso e Andrade mais non atacaron aos eclesiásticos. Os

irmandiños destruíron ao redor de 130 castelos e torres. Nun principio moitos

deles escaparon, escondéndose ou ben en Portugal ou ben en Castela.

Aínda que máis para o ano 1469 conseguen reporse e volver. O contraataque

feudal iníciao Pedro Madruga, vindo desde Portugal con modernas armas,

armamento e numerosos homes. A este uníuselle o arcebispo compostelán e

algúns outros nobres. Todos estes, xuntos, foron capaces de derrotar

rapidamente aos exércitos irmandiños, arrestando ou matando os seus líderes.

4. Actualidade

Na actualidade, no castelo de Monterrei,

celébrase un xogo de rol que vai

acompañado dunha gran festa

conmemorando as revoltas irmandiñas.

Este é coñecido como “Irmandiños: a

revolta”. E permíteche meterte na pel dun

irmandiño ou un soldado da nobreza,

loitando para decidir sobre o destino do

Page 5: AMPLIACIÓN CAROLINA

reino galego.

É o xogo de rol en vivo mais grande do mundo, financiado pola Dirección Xeral

da Xuventude e Solidarizade.

5. Bibliografía

http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/revuelta.htm

http://sobregalicia.com/2009/10/22/las-guerras-irmandinas/

http://ejercitonegro.blogspot.com/2008/07/las-revueltas-

irmandias-siglo-xv.html

http://homepage.mac.com/julifos/literatura/ensayo/historia

2.html

http://www.ourense.com/iii-edicion-de-irmandinos-a-

revolta/