Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía,...

60
Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16

Transcript of Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía,...

Page 1: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16

Page 2: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Día das Letras Galegas O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e

promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas.

Page 3: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Día das Letras Galegas Para conmemorar o primeiro día

das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.

Page 4: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Homenaxeados 1963, 1964, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969,

1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011,

2012, 2013, 2014, 2015

Moderador
Notas de la presentación
Facer clic na data para ir directamente ao homenaxeado de ese ano.
Page 5: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Rosalía de Castro Nada en Santiago de Compostela o

24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegos celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.

Moderador
Notas de la presentación
Facer clic na banda que está na esquina inferior dereita para volver á lista de anos
Page 6: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Alfonso Rodríguez Castelao Nado en Rianxo o 30 de xaneiro de

1886 e finado no exilio, en Buenos Aires, o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

Page 7: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Eduardo González-Pondal Abente

Nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego. Os Pinos é o himno galego, un texto poético seu do poemario Queixumes dos pinos. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Page 8: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Francisco Añón Paz Nado en Boel o 9 de outubro de

1812 e finado en Madrid o 20 de abril de 1878, foi un poeta galego precursor do Rexurdimento. Añón escribiu na súa vida poesía en galego, castelán e portugués.

Page 9: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Manuel Curros Enríquez Nado en Celanova o 15 de setembro

de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, é un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega.

• Cartas del norte (1875-1876) • A Virxe do Cristal (1877) • Aires da miña terra (1880) • O divino sainete (1888)

Page 10: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Florentino López Cuevillas Nado en Ourense o 14 de novembro

de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958. Está considerado o Pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu á Xeración Nós, ao Seminario de Estudos Galegos e as Irmandades da Fala, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo. Continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario.

Page 11: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947) Foi

un xornalista e poeta español en lingua galega, encadrado na literatura galega como un dos representantes poéticos das Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista-paisaxista, que tivo posteriores imitadores como Díaz Castro, Crecente Vega, Aquilino Igrexa, Alvariño e, posteriormente, mesmo Uxío Novoneyra.

Page 12: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Marcial Valladares Núñez (Vilancosta, 14 de xuño de 1821 - ide.,

20 de maio de 1903). Erudito, lexicógrafo, xornalista e escritor español en lingua galega. É autor da primeira novela moderna en lingua galega, Maxina ou a filla espuria. Cursou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1844, aínda que se dedicou simultaneamente ao periodismo, a política e a literatura. Retirouse en 1866 ao seu lugar natal para consagrarse ás letras. Abandonou tamén as actividades políticas, ás que dedicara parte das súas enerxías durante algún tempo e no curso das cales chegou a ser deputado.

Page 13: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Gonzalo Francisco López Abente Nado en Muxía o 24 de marzo de

1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra.

Page 14: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Valentín Lamas Carvajal Nado en Ourense o 1 de novembro de

1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego.

Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tío Marcos da Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Page 15: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Manuel Lago González Nado en Tui o 25 de outubro de 1865 e

finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico e poeta galego. Publicou unha chea de poesías. Unha escolma delas figura na edición d' Os estudantes ao arcebispo de Santiago datada en 1924. Dez anos despois apareceron tamén composicións da súa autoría no Homenaxe ao arcebispo Lago González, Fror Nova e O neno Xesús, saídos da súa pluma, púxolles música o compositor Torres Creo.

Page 16: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Johán Vicente Viqueira Cortón (Madrid, 22 de outubro de 1886 - Bergondo, A

Coruña, 29 de agosto de 1924) foi un escritor español en galego e castelán. En 1911 licenciouse en filosofía pola Universidade de Madrid e ampliou estudos en Alemaña ata 1914. Despois de dar clase na Institución Libre de Ensino aprobou por oposición en abril de 1917 a cátedra de psicoloxía do Instituto de Santiago de Compostela. Trasladouse ao Instituto da Coruña. Alí ingresou nas Irmandades da Fala, chegando mesmo a ser o presidente das Irmandades da Coruña, e colaborou coa Nosa Terra.

Page 17: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xoán Manuel Pintos Villar Nado no Burgo o 16 de decembro de

1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego.

Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario galego. A súa obra está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega, a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno.

Page 18: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Ramón Cabanillas Enríquez Chamado O Poeta da Raza, nado en

Cambados o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Admirado, mesmo idolatrado, polos principais dirixentes das Irmandades da Fala, é en relación con ese movemento onde debemos situar o seu labor. Se ben que para algúns críticos forma parte da Xeración de entre dous séculos xunto con Antonio Noriega Varela, o certo é que Cabanillas tamén pode ser considerado plenamente como "o poeta de Nós".

Page 19: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Antón Vilar Ponte Nado en Viveiro o 2 de outubro de

1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado. Moitas das súas propostas (inseridas no traballo das primeiras Irmandades da Fala), foran posteriormente asumidas por símbolos do galeguismo como Daniel Castelao.

Page 20: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Antonio López Ferreiro Nado en Santiago de Compostela o 9

de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. Foi presidente da sección arqueolóxica da Exposición Rexional de 1909.

Cultivou a novela histórica, xénero de enorme vixencia no Romanticismo que ata o momento non fora tratado na literatura galega. En 1905 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega.

Page 21: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Manuel Antonio Pérez Sánchez Nado en Rianxo o 12 de xullo de

1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego. A produción poética de Manuel Antonio é breve, arredor de 120 poesías.

Page 22: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Afonso X o Sabio Nado en Toledo o 23 de novembro de

1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León. Foi alcuñado "o Sabio" pola súa cultura e a potenciación cultural que mantivo, entre a que podemos salientar a creación da Escola de Tradutores de Toledo e a produción de moitas obras: Las Siete Partidas (recompilación xurídica e principios de dereito), tratados de xadrez e poesía en galego como as Cantigas de Santa María e mesmo poemas trobadorescos.

Page 23: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Vicente Martínez Risco Nado en Ourense o 1 de outubro de

1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.

Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun grande nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Page 24: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Luis Amado Carballo (Pontevedra, 1901 - ide., 1927) foi un

escritor español en lingua galega. En 1920 trasladouse a Madrid coa idea de dedicarse ao periodismo, cousa que só consegue parcialmente. Leva unha vida bohemia e asiste a algunhas faladoiros literarios. De volta a Pontevedra, en 1922 fundou xunto con Xoán Vidal Martínez a revista Alborada. En 1924, despois de exercer de mestre con carácter interino, ingresou como redactor de La Concordia en Vigo. Morreu en Pontevedra aos vinte e sete anos, a consecuencia da tuberculose.

Page 25: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Manuel Leiras Pulpeiro Nado en Mondoñedo o 25 de outubro de

1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento. Estudou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid. Foi republicano, e chegou a ser Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal. Anticlerical. Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo, pero doou a esta Institución importante material etnográfico e léxico. Escribiu un só libro, Cantares Gallegos.

Page 26: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Armando Cotarelo Valledor Nado na Veiga o 22 de decembro de

1879 e finado en Madrid o 8 de decembro do ano 1950, foi un escritor galego. Participou no movemento galeguista e foi membro activo das Irmandades da Fala. Foi membro fundador, primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos e a persoa quen lle deu nome ao seminario.

Page 27: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Antón Losada Diéguez Nado en Moldes o 22 de decembro de

1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un escritor galego. O ano 1917 vai ser fundamental na traxectoria política de Losada xa que ingresa nas Irmandades da Fala. En novembro de 1918 presidiu a I Asemblea Nacionalista de Lugo. Con Risco e Noguerol, fundou en 1920 a revista "Nós". En 1924 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

Page 28: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Aquilino Iglesia Alvariño Nado en Seivane de Vilarente o 11 de

xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un poeta en lingua galega. Foi colaborador de A Nosa Terra e militante do Partido Galeguista.

Page 29: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Francisca Herrera Garrido Nada na Coruña o 6 de marzo de

1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. Foi sempre fondamente relixiosa e conservadora, destacando nos seus ataques ás mulleres feministas que loitaban por conseguir o sufraxio feminino.

Page 30: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Ramón Otero Pedrayo Nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e

finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego, membro da Xeración Nós. Foi un dos fundadores da revista Nós. Colaborou de forma activa co Seminario de Estudos Galegos. Fundou o Partido Nazonalista Repubricán, sendo elixido deputado nas Cortes da Segunda República Española. En decembro dese ano o partido unificouse xunto con outras frontes nacionalistas no Partido Galeguista. Foi dos fundadores da Editorial Galaxia.

Page 31: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Celso Emilio Ferreiro Míguez Nado en Celanova o 4 de xaneiro de

1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista.Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Emilio Ferreiro consagra a recuperación do realismo social na poesía galega.

Page 32: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Luís Pimentel Nado como Luís Benigno Vázquez

Fernández en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado en Lugo o 13 de febreiro de 1958, foi un escritor galego. Foi un destacado poeta relacionado coa xeración do 27. Na súa obra apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra da Galiza. Na súa poesía observamos influencias do modernismo, de ismos vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. Canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas.

Page 33: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Álvaro Cunqueiro Mora Nado en Mondoñedo o 22 de

decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega. En 1991 foille dedicado o Día das Letras Galegas. Foi membro de primeira hora do Partido Galeguista.O 23 de abril de 1961 a Real Academia Galega elixiuno como académico.

Page 34: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Fermín Bouza-Brey Trillo Nado en Ponteareas o 31 de marzo de

1901 e finado en Santiago de Compostela o 11 de xuño de 1973, foi un escritor galego. Como poeta destaca por ser o iniciador do neotrobadorismo.

Page 35: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Eduardo Modesto Blanco Amor Nado en Ourense o 14 de setembro

de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego. En Buenos Aires fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego.

Page 36: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Luís Seoane López Nado en Buenos Aires o 1 de xuño

de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego. Foi membro do Partido Galeguista.

Page 37: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Rafael Dieste Nado en Rianxo o 29 de xaneiro de

1899 e finado en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1981, foi un escritor galego que pertenceu á chamada Xeración de 1925. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos do Trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el atribúeselle en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.

Page 38: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xesús Ferro Couselo Nado en Cordeiro (Valga) o 30 de

xullo de 1906 e finado en Ourense o 23 de abril de 1975, foi un historiador e investigador galego. En 1951 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega.

Page 39: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Ánxel Fole Nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e

finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios. A lingua dos seus relatos recolle a fala popular e inclúe abundantes vulgarismos, hipergaleguismos e dialectalismos, peculiares das zonas onde sitúa os feitos que conta.

Page 40: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Tres homenaxeados • Martín Codax ou Codaz foi un poeta

galego, posiblemente un xograr que viviu entre o século XIII e o século XIV.

• Johan de Cangas foi un trobador galego do século XIV, probablemente procedente da zona do Morrazo. Consérvanse tres cantigas de amigo, do subxénero de romaría, sobre o Santuario de San Mamede. As súas composicións teñen como elemento importante o mar. Empregaba mozas namoradas como narradoras.

• Meendinho foi un trobador galego medieval, que viviu entre o século XIII e o XIV.

Page 41: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Roberto Blanco Torres Nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e

finado en Entrimo o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra.

Evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo.

Page 42: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Manuel Antonio Martínez Murguía Nado no Froxel (Arteixo), o 17 de

maio de 1833 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 1923, foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría ata á súa morte.

Page 43: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Eladio Rodríguez González Nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e

finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario moi valorado polo seu contido etnográfico. Participou na fundación da Irmandade dos Amigos da Fala (Irmandades da Fala), foi nomeado académico correspondente da Sección Gallega da Real Academia Española e membro do Instituto Histórico do Minho. Tamén ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

Page 44: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xosé García Balboa Máis coñecido como Frei Martín Sarmiento, nado en

Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso e escritor galego.

Page 45: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xosé Antón Avilés Vinagre Coñecido como Avilés de

Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992, foi un escritor galego. Presidiu a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Foi elixido concelleiro en Noia polo BNG, polo que ocupou o posto de concelleiro de cultura.

Page 46: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xaquín Lorenzo Fernández Nado en Ourense o 23 de xuño de

1907 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas.

A Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo. Tamén recibiu o Premio Trasalba en 1983.

Page 47: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xesús Lorenzo Varela Vázquez Nado na Habana o 10 de agosto de 1916

e finado en Madrid o 25 de novembro de 1978, foi un escritor e poeta galego que viviu a meirande parte da súa vida no exilio. Participou na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas e afiliouse a Izquierda Comunista. Incorpórase as Misións Pedagóxicas, asiste ós faladoiros que presiden os irmáns Eduardo e Rafael Dieste. Traballa como crítico literario no xornal El Sol. Colabora activamente na Alianza de Intelectuales Antifascistas.

Page 48: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Manuel Lugrís Freire Nado en Sada o 11 de febreiro de

1863 e finado na Coruña o 15 de febreiro de 1940, foi un escritor galeguista, director ou cofundador, entre outras moitas, da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, das Irmandades da Fala ou do Partido Galeguista.

Page 49: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

María Mariño Carou Nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e

finada en Seoane do Courel o 19 de maio de 1967, foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX. Comezou a escribir poemas, primeiro en castelán e logo en galego. Os poetas Uxío Novoneyra e Avilés de Taramancos promoveron unha edición dos seus últimos poemas. O volume, titulado Verba que comeza, foi publicado polo concello de Noia e rematado pola poeta en marzo de 1967. A súa poética é radicalmente intimista, cunha linguaxe rupturista.

Page 50: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xosé María Álvarez Blázquez Nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e

finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa.

Page 51: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Ramón Piñeiro López Nado en Armea de Abaixo o 31 de

maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Participou na fundación das Mocidades do Partido Galeguista. Resultou elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, organizado polo Partido Galeguista.

Page 52: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Uxío Novoneyra Nado como Eugenio Novo Neira en

Parada (Seoane do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega.

Page 53: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Luis Ángel Sánchez Pereiro Máis coñecido como Lois Pereiro,

nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego.

Page 54: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Valentín Paz-Andrade Nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e

falecido en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. Presidiu en Vigo o Grupo Autonomista Gallego e militou no Partido Galeguista.

Page 55: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Roberto Vidal Bolaño Nado en Vista Alegre o 31 de xullo de

1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego. Cultivou o audiovisual, realizando guións e dobraxe para Televisión de Galicia e a Televisión Española. Participou como actor en películas como Sempre Xonxa ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.

Page 56: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xosé María Díaz Castro Nado en Vilariño (Guitiriz) o 19 de

febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 16 de agosto de 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos. Está considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos, editado en Vigo por Galaxia.

Page 57: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Xosé Fernando Filgueira Valverde Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma cidade en

1996, foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, na democracia, conselleiro de Cultura. Súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade de temas, entre os que salientan as súas achegas á nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval. Firmemente comprometido na defensa e promoción da nosa cultura, o seu legado intelectual constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX.

Page 58: Anaí Zugazagoitia Pérez 4ºC nº16...Irmandades da Fala. Comezou o camiño dunha poesía, denominada franciscanista, neovirxilianista ou humanista -paisaxista, que tivo posteriores

Algunhas obras en galego • Poesía 6 canciones de mar "in modo antico" (1941) • Ensaio O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco (1930). Da épica na Galicia medieval, discurso de ingreso en la RAG en 1941. A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980). Historias de Compostela (1982) Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992 • Narrativa Os nenos (1925) O vigairo (1927) Quintana viva(1971)