ANDAINA AO MONTE LOBEIRA · monte Castrove, Sálvora, a península de O Grove e Rianxo. Cada unha...

2
BARDOS 77 40 Abel Barreiro, Antonio Señoráns e Pablo García, 1º ESO-A Este curso o alumnado de 1º da ESO chegamos ao instituto emocionados por unha novidade: o TEI. Estas siglas significan Titoría Entre Iguais. O proxecto do TEI axúdanos bastante (polo menos a nós e aos nosos amigos) a coñecer o instituto e arranxar varios problemas de convivencia. Realizamos 4 actividades dentro deste proxecto. A primeira actividade realizada foi a de coñecer aos nosos titores e titoras e 3º ESO-A e B. Esta foi unha das mellores. Estabamos todos emocionados por descubrir quen ía ser o noso titor ou titora. Ao principio ninguén atopaba o seu, pero logo xa se encontraron. O certo é que houbo moita xente, coma nós, que quedou moi contenta co que lle tocou. A segunda actividade foi unha saída ao monte Lobeira. No monte tivemos que pescudar unhas balizas que estaban agochadas en distintos lugares dun percorrido que nos deron nun mapa. Había que seguir pistas por distintos camiños e chegar ao cumio do monte. A terceira actividade non foi moi fácil pero, ao final, sacámola adiante. Algúns non somos moi hábiles e a actividade consistía en construír unha figura a base de gomas e paus. A última actividade foi moi divertida. Consistía nun almorzo saudábel. Algúns titores e titoras esforzáronse moito. Foron amábeis e atentos. Outros, a verdade, non se esforzaron moito. No menú do almorzo había torradas, xamón, cacao, melón, tomate, zume de laranxa... Ensináronnos moitas cousas sobre alimentación e como comer ben e saudábel. Sen dúbida, non quedamos con fame. O TEI parécenos moi interesante e tamén grazas a iso aprendemos a convivir con xente maior, que non coñeciamos e é xenial cando che gusta moito a túa titora ou titor. TITORÍA ENTRE IGUAIS

Transcript of ANDAINA AO MONTE LOBEIRA · monte Castrove, Sálvora, a península de O Grove e Rianxo. Cada unha...

Page 1: ANDAINA AO MONTE LOBEIRA · monte Castrove, Sálvora, a península de O Grove e Rianxo. Cada unha correspondía a un poema. Logo os grupos comezamos unha actividade de orientación

BARD

OS

77

40

Abel Barreiro, Antonio Señoráns e Pablo García, 1º ESO-A

Este curso o alumnado de 1º da ESO chegamos ao instituto emocionados por unha novidade: o TEI. Estas siglas signifi can Titoría Entre Iguais. O proxecto do TEI axúdanos bastante (polo menos a nós e aos nosos amigos) a coñecer o instituto e arranxar varios problemas de convivencia. Realizamos 4 actividades dentro deste proxecto.

A primeira actividade realizada foi a de coñecer aos nosos titores e titoras e 3º ESO-A e B. Esta foi unha das mellores. Estabamos todos emocionados por descubrir quen ía ser o noso titor ou titora. Ao principio ninguén atopaba o seu, pero logo xa se encontraron. O certo é que houbo moita xente, coma nós, que quedou moi contenta co que lle tocou.

A segunda actividade foi unha saída ao monte Lobeira. No monte tivemos que pescudar unhas balizas que estaban agochadas en distintos lugares dun percorrido que nos deron nun mapa. Había que seguir pistas por distintos camiños e chegar ao cumio do monte.

A terceira actividade non foi moi fácil pero, ao fi nal, sacámola adiante. Algúns non somos moi hábiles e a actividade consistía en construír unha fi gura a base de gomas e paus.

A última actividade foi moi divertida. Consistía nun almorzo saudábel. Algúns titores e titoras esforzáronse moito. Foron amábeis e atentos. Outros, a verdade, non se esforzaron moito. No menú do almorzo había torradas, xamón, cacao, melón, tomate, zume de laranxa... Ensináronnos moitas cousas sobre alimentación e como comer ben e saudábel. Sen dúbida, non quedamos con fame.

O TEI parécenos moi interesante e tamén grazas a iso aprendemos a convivir con xente maior, que non coñeciamos e é xenial cando che gusta moito a túa titora ou titor.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

Page 2: ANDAINA AO MONTE LOBEIRA · monte Castrove, Sálvora, a península de O Grove e Rianxo. Cada unha correspondía a un poema. Logo os grupos comezamos unha actividade de orientación

BA

RDO

S 77

41

Manuel Busto e Kauán Velasco, 1ºESO-BHai moitos días, concretamente o 13 de febreiro realizamos unha saída dentro das actividades do TEI (Titoría entre Iguais), que consistiu en subir ao monte Lobeira.

Tivemos que agardar a estarmos emparellados coas nosas titoras e titores de 3º da ESO e logo a que parase de chover, porque unha saída así non a poderíamos gozar se non tiñamos un día bo. Por fi n, o martes día 12 de febreiro puidemos levar a cabo a actividade.

Ao saír do instituto ás nove da mañá, emparellámonos coas nosas titoras e titores (nalgúns casos formamos tríos, no lugar de parellas, porque hai xente de 3º que ten máis dun titorando). Cando saïamos, colliamos un fragmento dun poema que ía servir para que formásemos grupos máis grandes ao chegar a Renza.

No campo de fútbol tivemos que xuntarnos completando os poemas. Algúns resultaron difíciles e iso que as imaxes que facían de fondo dos textos nos axudaban algo. Os poemas tiñan relación coa paisaxe, por iso a actividade tiña como título: Convivencia, poesía e paisaxe.

Os poemas eran Si miña señor a i alba de Arousa bailar, de Álvaro Cunqueiro; un fragmento de O bendito San Amaroe Na Calzada de Cambados de Ramón Cabanillas; Unha gamela nova, de Aquilino Iglesia Alvariño; Nao senlleira, de Fermín Bouza Brey; Ceibamos un can, de Antón Blanco Casás; Adolescencia, de Mónica Góñez e Os peixes rexeneran escamas, de Noelia Calvo. As paisaxes eran o con de Noro, a illa de Cortegada, a illa de Arousa, as illas Malveiras, o monte Castrove, Sálvora, a península de O Grove e Rianxo. Cada unha correspondía a un poema.

Logo os grupos comezamos unha actividade de orientación , algo parecido a unha xincana, na que tiñamos que pescudar máis de 10 balizas e realizar unha serie de probas, entre as que había un cuestionario para facer entre os grupos de titoría para coñecernos mellor. Foi un camiño longo pero divertido. Un dos lugares por onde pasamos foi o Faro das Lúas, en András. Algunhas das pistas consistían e facernos unha foto nun lugar ou cunha paisaxe de fondo.

A actividade gustounos moito, sobre todo pola xincana, por estar cos titores e polas vistas da paisaxe. Tamén disfrutamos moito por poder estar na compañía dos nosos amigos.

ANDAINA AO MONTE LOBEIRA