Aneurismas e varices

25
APARATO CIRCULATORIO ENFERMIDADES : --ANEURISMAS --VARICES LAURA CHAVES FALCÓN 3º E.S.O. B CURSO 2012-2013

Transcript of Aneurismas e varices

Page 1: Aneurismas e varices

APARATO CIRCULATORIO ENFERMIDADES :

--ANEURISMAS

--VARICES

LAURA CHAVES FALCÓN 3º E.S.O. B CURSO 2012-2013

Page 2: Aneurismas e varices

A circulación menor parte do ventrículo dereito e vai aos pulmóns, transportando sangue rico en dióxido de carbono a través das arterias pulmonares. Cando o sangue chega aos pulmóns, prodúcese o intercambio de gases, onde se libera o dióxido de carbono e se colle osíxeno. O sangue osixenado, volve á aurícula esquerda a través das veas pulmonares.A circulación maior, parte do ventrículo esquerdo, sigue pola arteria aorta, que leva o sangue a todas as partes do corpo. O sangue venoso, volve ao corazón a través da vea cava superior e inferior, que recollen o sangue rico en dióxido de carbono dos distintos órganos do corpo, desembocando na aurícula dereita e logo van ao ventrículo dereito, onde se volve a producir a circulación menor.

CIRCULACIÓN SANGUÍNEA

Page 3: Aneurismas e varices

DIFERENCIAS ENTRE VEAS E ARTERIAS

Sección dunha vea

Sección dunha arteria

Arterias Veas

Saen do corazón Chegan ao corazón

Paredes máis grosas

Paredes menos grosas

Non teñen válvulas Teñen válvulas

As arterias son as encargadas de transportar o sangue dende o corazón a todas as partes do noso corpo, transportando sangue osixenado (a excepción da arteria pulmonar); mentres que as veas levan o sangue dende distintos órganos do noso corpo ao corazón (a excepción da vena pulmonar) transportando CO2

Page 4: Aneurismas e varices

O sangue circula polas veas, e na maioría dos casos, en contra da gravidade, polo tanto, teñen unhas válvulas que fan que o sangue só vaia nunha dirección, as arterias en cambio, non poseen válvulas, pois móvense grazas a presión exercida polos latidos do corazón.

Page 5: Aneurismas e varices

ANEURISMASUn aneurisma é unha dilatación das paredes dunha arteria producida pola debilitación destas. Poden ocurrir en calquera lugar onde se localice unha arteria.Son crónicas e aumentan de forma progresiva e irreversible.

Page 6: Aneurismas e varices

-ANEURISMA SACULAR: Só está comprometido unha parte do perímetro da arteria. A maioría non se consideran conxénitos, non se presentan ao nacer, se non que se desenvolven durante a vida.

TIPOS DE ANEURISMAS :

Page 7: Aneurismas e varices

-ANEURISMA FUSIFORME: Afecta a todo o perímetro da arteria. Adoitan ser alongados, dilatados e tortuosos

Page 8: Aneurismas e varices

-ANEURISMA DISECANTE: Prodúcese na aorta, por un desgarro ao longo da parede da arteria. O sangue penetra pola ruptura e forza unha separación, de maneira que o vaso presenta dúas paredes, e acaba creando unha falsa canle que adoita afectar a unha parte da parede arterial, pero non a todo o seu perímetro. Pode afectar a distintas partes do arco aórtico e aorta ascendente ou descendente.

ARCO AORTICO

AORTA ASCENDENTE

AORTA DESCENDENTE

Page 9: Aneurismas e varices

1. A disección abrangue toda a aorta ascendente e o arco aórtico, e exténdese polo descendente.

2. A disección só se produce na aorta ascendente.

3. A disección orixínase na aorta descendente.

Page 10: Aneurismas e varices

SÍNTOMAS:

Xeralmente, a menos que se rompan e ocasionen un sangrado, non causan síntomas. Se o aneurisma se presenta preto da superficie corporal, frecuentemente obsérvase dor e inchazón. O risco de morte despois dunha ruptura é alto, xa que se produce unha hemorraxia interna de maior ou menor importancia, segundo a localización do aneurisma. Os síntomas, cando aparecen, dependen da localización do aneurisma. Entre outros pode presentarse:

•Dor nos ollos.•Dor no pescozo.•Unha dor de cabeza intensa.•Párpado caído.•Debilidade muscular ou dificultade para mover calquera parte do corpo.•Entumecemento ou diminución da sensibilidade en calquera parte do corpo.•Problemas del fala.•Cambios na visión (visión doble ou perda da mesma).

Page 11: Aneurismas e varices

CÓMO SE DETECTAN

O aneurisma pode detectase durante unha exploración física, con radiografías básicas de tórax ou abdome, ou utilizando ultrasons.

•Tomografía computarizada: Técnica radiolóxica, que consiste na obtención dunha imaxe que representa en detalle a sección dunha estructura ou órgano, e grazas á imaxe permite determinar as enfermidades que afectan aos órganos internos.

•Ecografía: Técnica de diagnóstico por imaxes baseada na utilización de ultrasóns que se aplican sobre un organismo e permite confeccionar unha imaxe de estructuras e dos tecidos nos que incide.

Page 12: Aneurismas e varices

Reparación mediante ciruxía aberta:O ciruxán fai un corte grande, ou incisión, no seu abdome, onde está o aneurisma. A área danada polo aneurisma sepárase cirúrxicamente da parte principal da aorta e remplázase cun tubo sintético (coñecido como enxerto aórtico), que se sutura no seu lugar.

TRATAMENTO

Page 13: Aneurismas e varices

Reparación endovascular:A endoprótese, un dispositivo especial, colócase dentro da área danada da aorta, para separar o aneurisma do fluxo sanguíneo normal. Está deseñado para colocarse sin abrir cirúrxicamente a aorta.

Page 14: Aneurismas e varices

PREVENCIÓN

-Control da hipertensión arterial, reducindo o consumo de sal. Así evítase someter ás arterias a unha sobrepresión que aumentaría o risco de rotura.-Seguir unha dieta sana e variada.-Facer exercicio de maneira regular para manter un bo ton no sistema vascular.-Manter o colesterol nun nivel saudable, evitando así a formación de placas ateromatosas que poderían lesionar as paredes e favorecer a aparición do aneurisma.-Non abusar do tabaco, ou directamente, non fumar.

Page 15: Aneurismas e varices

VARICESAs varices son dilatacións das paredes das veas, que traen como consecuencia, que éstas non poidan realizar o adecuado retorno do sangue ao corazón.

Page 16: Aneurismas e varices

Cando estas válvulas das veas non pechan ben, ou teñen algún mal funcionamento, as veas ensánchanse, dilátanse, debilítanse e, como consecuencia, o sangue non regresa ao corazón adecuadamente, estancándose nas veas e facéndoas gordas e tortuosas.

vea normal vea varicosa

Page 17: Aneurismas e varices

TIPOS DE VARICES:

-Varices tronculares:Están situadas enriba do músculo e discorren pola súa envoltura. Comprenden as dúas veas das extremidades inferiores e as súas ramificacións. O tamaño é dende 4mm, ata 2cm, e normalmente producen relieve sobre a pel.

Page 18: Aneurismas e varices

-Veas reticulares:

Sitúanse na dermis reticular, a nivel máis superficial da pel que a anterior. Cando se dilatan, adquiren unha cor azulada-verdosa, e o tamaño é entre 3-5mm.

Page 19: Aneurismas e varices

-Varices Telanxiectasias:Son moi superficiais, de 0.1 a 1mm de tamaño. Adoitan ser vermellas de distinto tono.As máis grosas poden adquirir unha tonalidade moi oscura.

Page 20: Aneurismas e varices

SÍNTOMAS:Son debido ao mal drenaxe da sangre que tende a acumularse naspartes inferiores das pernas:

- Pesadez de pernas

--Cansanzo.

--Calambres.

-- Picores e incluso fortes dores.

-- Inchazón de nocellos e pés.

-- Preséntanse úlceras na pel dos nocellos debido ao defecto na circulación sanguínea.

Page 21: Aneurismas e varices

TRATAMIENTO:

1. Febloesclerosis con microespuma:Permite tratar unha vea de gran tamaño. Inxéctase a microespuma mediante unha punción na vea defectuosa, que se secará e desaparecerá.

Page 22: Aneurismas e varices

2. Láser:É un tratamento aplicado para as veas grandes e de mediano tamaño. Unha febra láser moi fina é introducida na vea afectada facendo que esta se destrúa.

Febra láser

Vea varicosa

Vea reducida despois de aplicar láser

Introdución da febra láser

Page 23: Aneurismas e varices

3. Ciruxía: Neste proceso faise un pequeno corte na pel, e extírpase a vea máis grande coas súas ramificacións.

Page 24: Aneurismas e varices

•Levar roupa ou calzado moi axustado.•Unha dieta pouco axeitada. •O embarazo. •A falta de exercicio. •A obesidade. •O estreñemento. •As lesións nas pernas. •O envellecemento. •Unha vida sedentaria. •Pasar moito tempo de pé ou sentado. •OAcalor directo nas pernas.

CAUSAS

Page 25: Aneurismas e varices

Andar e mover as pernas e os nocellos de forma moderada.Alternar duchas de auga fría e quente. Activa a circulación das pernas. Ao sentarse, ter as pernas lixeiramente elevadas. Ter unha dieta sana e equilibrada, moderando o consumo de sal e tomar moita fruta e verduras.Aplicar lixeiros masaxes empezando polos pes ata chegar aos muslos para estimular a circulación.

PREVENCIÓN