Animais dos ríos galegos

10

Click here to load reader

Transcript of Animais dos ríos galegos

Page 1: Animais dos ríos galegos

Ainara Vila Xaneiro 2013

Page 2: Animais dos ríos galegos

É a raíña dos peixes de Galicia: o peixe máis fermoso de todos, un peixe que merece honores e máis, e que temos que conservar a toda costa.

Hoxe en día ten moitos inimigos de todo tipo, a contaminación, os incendios, os aproveitamentos indebidos de ríos, os que envelenan os ríos, a pesca intensiva, entre outros.

A Troita común

Page 3: Animais dos ríos galegos

O Salmón foi, o rei dos ríos galegos, xunto as troitas. Hoxe é un rei sen coroa. Unha auténtica desfeita estase a producir en Galicia con este peixe que, nace e vive no río, logo vive no mar e ven a desovar e morrer onde naceu. Algúns voltan o mar por segunda vez, pero son os menos. Dende fai 50 anos, están rematando co salmón en Galicia, pola contaminación dos ríos. O río Miño, quizais sexa o mellor río salmoeiro do mundo.

O Salmón

Page 4: Animais dos ríos galegos

Este peixe loitador abundaba en algúns ríos da Provincia de Ourense, concretamente no río Limia en Aceredo. Había moitísimos, e aínda quedan algúns, poucos, pola zona da Herdadiña.

O Barbo

Page 5: Animais dos ríos galegos

Pode medir por riba dos 60 cm e pesar 10 kg. É un peixe moi escaso en Galicia, tende a desaparecer.

A súa carne é graxa, tenra e gustosa, en toda Europa hai moitos pero non se sabe porque en Galicia non hai tantos.

A Tenca

Page 6: Animais dos ríos galegos

Gastronomicamente é moi apreciada por moita xente, como un manxar dos deuses e penso que teñen razón. A Lamprea aliméntase de peixes.

É un peixe con o corpo cilíndrico e alongado.

Era moi abondosa ata hoxe en día que xa non hai tantas.

A Lamprea

Page 7: Animais dos ríos galegos

Estana recollendo é botando nalguns regatos; o anguieiro é famoso en Ourense, pero non se fai ben.

Había moita anguía en Galicia...pero xa fai anos. Collíanse anguías de entre 5 a 10 kg de peso, pero non é o normal.

A Anguía

Page 8: Animais dos ríos galegos

O Escalo ou Cacho era moi abundante nos ríos de Ourense e nos ríos galegos en xeral, hoxe é totalmente vulnerable.

Ten moitísima espiña e non é de moita calidade.

O seu tamaño medio anda por 25 cm.

O escalo ou o Cacho

Page 9: Animais dos ríos galegos

http://www.rios-galegos.com/vidario1.htm

Webgrafia

Page 10: Animais dos ríos galegos

Fin