Antropoloxía e as súas ramas

12

Transcript of Antropoloxía e as súas ramas

Page 1: Antropoloxía e as súas ramas
Page 2: Antropoloxía e as súas ramas

A palabra antropoloxía provén do grego anthropos (“home” ou

“humano”) e logos (“coñecemento”). Xa que

logo, a antropoloxía é a ciencia que estuda ao ser humano.

Page 3: Antropoloxía e as súas ramas

AS RAMAS DA ANTROPOLOXÍA

ANTROPOLOXÍA

ANTROPOLOXÍA FÍSICA

ANTROPOLOXÍA CULTURAL

ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA

Page 4: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍA FÍSICA

Ocúpase principalmente:

- da evolución humana,

- do estudo comparado da bioloxía humana coa doutros primates, e

- do estudo dos patróns da xenética humana e a súa interacción e

adaptación cos fenómenos fisiolóxicos e culturais.

Page 5: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍA FÍSICA

Algunhas das cuestións ás que tenta dar resposta son: cal foi a liña evolutiva que levou ata o ser humano?, que cambios fisiolóxicos foron necesarios para o desenvolvemento da intelixencia humana?, que diferenzas existen entre as distintas razas humanas?, son os homes superiores ás mulleres?...

Page 6: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍA FÍSICA

PALEOANTROPOLOXÍAEstudo da evolución humana e os seus antepasados,

os homínidos

ANTROPOLOXÍA XENÉTICATenta entender a evolución do ser humano

comparándoo con outras especies a través de técnicas de análise molecular

ONTOXENIAEstuda os cambios físicos e neurolóxicos que experimenta o organismo ao longo da súa vida

SOMATOLOXÍAEstudo das relacións entre o corpo humano e o seu

medio ambiente físico e cultural

ANTROPOLOXÍA FORENSEAplicación dos demais estudos de antropoloxía física

á investigación policial e xudicial. Céntrase na identificación dos cadáveres e a reconstrucción das

circunstancias da morte e mesmo a biografía biológica antemorten do individuo

PALEOPATOLOXÍAEstuda as enfermedades padecidas por persoas ou

animais na antigüidade, a través dos seus restos óseos

Page 7: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍA CULTURAL

Ocúpase das formas de vida e de relación das persoas. Boa parte do traballo dos antropólogos culturais consiste en rexistrar os diferentes estilos de vida, describindo a organización social, a produción de alimentos, a linguaxe e os demais aspectos culturais.

Page 8: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍA CULTURAL

Algunhas das cuestións que abarca a antropoloxía cultural son: como se relacionan os diferentes ritos coas estruturas sociais?, cales son os fundamentos dos hábitos alimentarios?, como condiciona a linguaxe a representación do mundo?, como condiciona o hábitat natural a creación da linguaxe?...

Page 9: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍACULTURAL

ETNOLOXÍA ETNOGRAFÍA

ETNOLOXÍA: Rama da antropoloxía cultural que se dedica ao estudo comparado de diferentes culturas, explicando as súas semellanzas e diferenzas e establecendo marcos teóricos que sirvan para explicar as relacións entre o ser humano e a cultura. Algunha das cuestións que trata son: por que existen as relixións?, cales son as normas que regulan as relacións de parentesco?, cal é a orixe da guerra?, como xorden as organizacións sociais?...ETNOGRAFÍA: Estuda, mediante a recollida de datos, unha cultura determinada. Os datos recompilados consisten na descrición detallada dos seus costumes, crenzas, mitos, xenealoxías e historia, e constitúen a base da investigación en antropoloxía cultural, porque a partir deles elabórase a comparación entre culturas e extráense os patróns culturais.

Page 10: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA

A antropoloxía filosófica é unha reflexión sobre o que é o ser humano desde todas as perspectivas: biolóxica, cultural, histórica... Toma en conta os resultados da antropoloxía biolóxica e cultural para buscar o que é esencial no ser humano, o especificamente humano.

Polo tanto, a antropoloxía filosófica pregúntase polo que fai ao ser humano diferente dos demais seres (mentres a antropoloxía biolóxica e cultural presupoñen unha definición de ser humano e investigan só os seus caracteres exteriores ou as súas producións culturais).

Page 11: Antropoloxía e as súas ramas

ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA

Algunhas das cuestións que preocupan aos filósofos respecto da natureza humana son:

- Cal é a orixe do ser humano?

- Cal é o lugar do ser humano no Cosmos?

- Que nos diferencia dos animais?

- Somos libres?- Cal é o sentido da

existencia humana?- Cal é a relación do ser

humano coa tecnoloxía?- Que nos diferencia das

máquinas?- Somos algo máis ca

materia?

Page 12: Antropoloxía e as súas ramas