“A GALICIA INTERIOR QUERE GAÑAR A...de traballadores, o tres de marzo de 1.976, na cidade vasca...

24
XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL ANO 9 - Nº 123 Setembro 2020 (1ª Ed.) - 2€ 3 e 9 ESCOLA MUNICIPAL DE ATLETISMO GUSTAVO DACAL DE PONTE CALDELAS 6 ENTREVISTA: JORGE CANDA, ALCALDE DE A LAMA 13 - 14 A BANDA DE GAITAS DE FORCAREI 17 - 18 REPORTAXE FÚTBOL: PONTE CALDELAS 7 - 8 A LAMA 11 - 12 FORCAREI 19 - 20 REPORTAXE: O NACIONALISMO GALEGO EN: FORCAREI 16 CERDEDO- COTOBADE 23 REPORTAXE: CERDEDO- COTOBADE 21 - 22 ADEMÁIS “A GALICIA INTERIOR QUERE GAÑAR A CARREIRA” JEMAL MASCHANKA , ATLETA DE PONTE CALDELAS “A GALICIA INTERIOR QUERE GAÑAR A CARREIRA”

Transcript of “A GALICIA INTERIOR QUERE GAÑAR A...de traballadores, o tres de marzo de 1.976, na cidade vasca...

  • XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERALANO 9 - Nº 123 Setembro 2020 (1ª Ed.) - 2€

    3 e 9

    ESCOLA MUNICIPALDE ATLETISMOGUSTAVO DACAL DEPONTE CALDELAS

    6

    ENTREVISTA:

    JORGE CANDA,ALCALDE DE ALAMA

    13 - 14

    A BANDA DEGAITAS DEFORCAREI

    17 - 18

    REPORTAXE FÚTBOL:

    PONTE CALDELAS7 - 8

    A LAMA11 - 12

    FORCAREI19 - 20

    REPORTAXE:

    O NACIONALISMOGALEGO EN:FORCAREI

    16CERDEDO-COTOBADE

    23

    REPORTAXE:

    CERDEDO-COTOBADE

    21 - 22

    ADEMÁIS

    “A GALICIAINTERIOR QUEREGAÑAR ACARREIRA”JEMAL MASCHANKA ,ATLETA DE PONTE CALDELAS

    “A GALICIAINTERIOR QUEREGAÑAR ACARREIRA”

  • Pedro Martínez, Francisco Aznar,Romualdo Barroso, José Castillo eBienvenido Pereda foron asasinadospola policía española nunha asembleade traballadores, o tres de marzo de1.976, na cidade vasca de Gasteiz. Pedrotiña 37 anos, Francisco 17, Romualdo19, José 32 e Bienvenido 30.Naquel mo-mento o máximo responsable políticoda policía era Manuel Fraga Iribarne. Elocupaba o cargo de ministro da gober-nación que sería equivalente ao actualministerio do interior, e cando sucedeuo episodio descrito estaba fisicamenteen Alemaña. Alén das cinco persoasasasinadas máis de 100 resultaron fe-ridas de diversa consideración entre asque 26 sufriron balazos. Unha comisióndo parlamento vasco considerou res-ponsables políticos deste suceso aos ti-tulares dos ministerios actuantes; omencionado Manuel Fraga, AlfonsoOsorio ministro da presidencia, e RodolfoMartín Villa ministro de relacións sin-dicais.

    De volta da súa viaxe a Alemaña,Fraga fixo unha visita a algún dos feridose foi fortemente apupado polos seusfamiliares, incluso algún lle preguntouse estaba alí para rematalos. Para ahistoria quedan as arrepiantes trans-cricións das conversas entre algúns dosfuncionarios policiais que participaronnese, como tantos outros, exemploconcreto da natureza criminal do fran-quismo: ”después de tirar más de miltiros te puedes imaginar como está la

    calle” “ hemos contribuído a la palizamás grande de la historia” “aquí hahabido una masacre”.... No ano 2.011unha proposición non de lei que tratabade que se lle recoñecera aos cinco tra-balladores asasinados a condición devítimas do terrorismo foi rexeitada cosvotos de UPyD, PP e, para vergonzados milleiros de homes e mulleres dignosque militan no partido socialista, doPSOE tamén. Un suceso deste caladonun estado construído sobre bases xu-rídicas que se asenten sobre postuladoséticos non pode esvaecerse nas brétemasda historia sen que os seus responsablesintelectuais, políticos e físicos sexanxulgados e as vítimas recoñecidas comotales por todos os poderes públicos. Nocaso contrario, no suposto de que semirase para outro lado, o estado queasí o fixese tería un problema estruturalrealmente serio. En España, as conse-cuencias para quen ordenou, quen am-parou e quen executou o asasinatodestas cinco persoas foron ningunha.Tivo que ser unha xuíza arxentina,Maria Servini, quen trate de dilucidaras presuntas responsabilidades penaisde quen tivo, directa ou indirectamente,participación política nese asasinatomúltiple. Manuel Fraga morreu no ano2.012.

    Alfonso Osorio faleceu en 2.018.Catroanos antes, a devandita xuíza cursouunha orde internacional de detencióncontra a súa persoa, e o resultado foiningún, porque a colaboración do go-

    berno español foi inexistente. MartínVilla aínda vive, e nos pasados días foiinterrogado vía telemática por MaríaServini sobre estes feitos. E agora axuíza, en función do resultado dese in-terrogatorio e das probas que ela con-sidere, terá que decidir o camiño pro-cesual a seguir. Poucos días antes dointerrogatorio fixéronse públicas variasmostras de apoio á figura do interrogado.En concreto foron as dos ex presidentesAznar, Rajoy, González e Zapatero e osex SX de CCOO Antonio Gutiérrez eJose María Fidalgo e de UGT CándidoMéndez. O de González, Aznar e Rajoynin me sorprende nin me decepcionaos tres son socioloxicamente franquistase episodios como as guerras de Irak,Libia os bombardeos na antiga Iugoslaviaos GAL ou o M.Rajoy amosan a falta deescrúpulos de todos e como os interesesxeopolíticos poden estar, desde a súaperspectiva, por riba da vida das persoas.

    O dos 3 supostos sindicalistas queexerceron a secretaría xeral das dúascentrais sindicais máis grandes do estadoé gravísimo, pois supón o seu aval ex-plícito a que non se investigue o asasi-nato de traballadores que participabannunha asemblea na procura de mellorescondicións laborais. Non abonda conque as actuais direccións de CCOO eUGT se desmarquen das posicións dosseus antigos líderes, como creo que xafixeron.

    Deberían ser expulsados de contadoda súa militancia sindical. Sempre que

    en UGT e en CCOO quede algo de signi-ficado e non sexan só significantes ba-leiros, pois a dirección dun sindicatoque permita que un afiliado avale coasúa sinatura, que non se investigue oasasinato de traballadores, é unha di-rección indigna. E por último quero re-matar coa decepción máis profunda, ade Zapatero. Aínda que non é a primeira,a súa posición política sobre o Sahara,ou o seu aval á “socialista” Susana Díazson feitos que fan difícil manter empatíaafectiva coa súa persoa, sigo a consi-deralo o único inquilino da Moncloa( avolubilidade do actual fai que non meatreva a opinar aínda) que, con certadignidade, tratou de procurar, desdeunha posición próxima á socialdemo-cracia algúns avances sociais que me-lloren as condicións de vida.

    O apoio explícito a soterrar nonlimbo da historia un asasinato masivo,amosa unha vez máis as profundas de-ficiencias do período histórico deno-minado transición e de novo exemplificacomo non parece un pacto no que ven-cedores e vencidos decidan esquecer,darse fraternalmente a man e comezarde 0. Non, máis ben semella un trágala,un pacto coa pistola na cabeza, un si,democracia si pero só ata aquí: a ar-quitectura do estado non se toca e im-punidade para todos aqueles que par-ticiparon das estruturas represivas dopoder. As familias dos cinco asasinadosforon preguntados sobre se queren mirarpara outro lado?

    TINO LAGO Director de A Nova Peneira SOBRE PACTOS COA PISTOLA NA CABEZA

    [2] Setembro (1ª Ed.)

    opinión

    XOÁN ALONSOCorresponsal en Euskadi de A Nova Peneira NON VES, MEU AMOR?

    Xa che dixen que ninguén ía levarnada desta terra sen pedir permisoa quen fixera falla.

    A xente perdeu o costume de gardarno peto as cousas que atopa no chan,porque a xente, xa non mira para ochan nin para lembrar o camiño devolta.

    As luces do paseo da praia apáganseás once da noite e de non ser polorecendo a mar e ameixa un poderíapensar que está metido nunha cova ondeo horizonte non é máis que unha paredede silencio escuro.

    Dende que chegamos de León nondeixou de chover. A nós tanto nos ten achoiva pero os cativos viñan ca idea deir ó río de Soutomaior a se bañar naspozas de Redobargo, como faciamos to-dos os anos por estas datas.

    Ainda así, non perdemos o tempochorimicando polas rúas desertas damemoria.

    Hai dous días a miña nai contoumeque tiña un irmán enterrado en Fontao.O cativo morrera no colo da súa nai,Marcelina, cando só tiña tres meses devida, de súpeto. Segundo me contounon fora o único irmán que lle morrera,o outro, tamén de moi neno, morreullesdunha infección de ouvidos que o médiconon fora quen de atallar.

    O meu avó, Julio, foi garda civil eestivo destinado en Fontao durante unano, cando as minas de Walframio ali-mentaban o monstro da guerra.

    Pois había máis de sesenta anos quea miña nai non pisaba aquelas terraspero lembrábase de todos os camiños, ocuartel, a igrexa e o camposanto onde

    fora enterrrado o seu irmán, o pé da ca-pela nun día gris de choiva eterna.

    Agora xa non queda resto algún dasúa lápida máis cas súas lembranzas denena.

    As silveiras foron comendo pouco apouco os camiños, as leiras, as casas depedra, os tellados, o cuartel, o sangue.Só quedan en pé os pavillóns onde habitao silencio e o vento.

    Non ves, meu amor?O mar segue ahí. Vai e ven cando lle

    peta, cando lle toca. Somos nós os queadoitamos a perder o norte na procurada eterna xuventude, fuxindo polas au-toestradas, sobrepasando os límites develocidade permitidos. Soñando por en-riba das nosas posibiliades ca concienciatranquila.

    Leveite mollar os pés ó mar para

    que viras que é certo todo o que checontei sobre a ardora e o poder curativoda flora mariña.

    Non lle fagas moito caso á xente quefunga porque as praias estean cheas dealgas e restos de naufraxios. Son osmesmos que ano tras ano fungan polachoiva, polo vento, polo outono, polavida mesma dende os miradores dassúas casas de pedra construidas á beirado mar sen permiso algún.

    Amanece un novo día sobre os tella-dos irregulares, abaixo as estradas aindaestán baleiras.

    Hai tempo que xa non veñen trenscargados de gloria.

    Non ves, meu amor? Todo o que checonto é certo, ainda que penses quetodo o que fago e digo sexa para quenon vaias durmir á túa casa.

    opinión

  • XOAN CARLOS CABALLERO ALONSOMestre no Ceip de Salvaterra

    Nunha farmacia, despois de facer variosminutos de cola, entra un educadoatracador a cara descuberta.

    —Déame tódolos cartos que teña nacaixa —murmuroulle á farmacéutica.

    —De ningunha das maneiras, peroaquen se lle ocorre facer un atraco senmascariña.

    —Déixese de bromas señora que euxa bastante fixen con respetar a cola.

    —Ante todo hai que ser profesional,mire os camareiros nos bares...

    —Estame dicindo que non fago beno meu traballo?…

    —Pois claro. Vostede non ve a todoo mundo coa cara tapada?

    —Si, pero e que eles non son osatracadores.

    —Sabe que lle digo? Que mentresnon se poña a mascariña non o atendo—insistiu a dona da farmacia.

    O asaltante comezaba a alporizarsee díxolle á señora.

    —Mire, estamos en fase dúas…—Como que en fase dúas! Vostede

    non se entera, actualícese por favor!—Señora, a miña paciencia ten un

    límite, estoume fartando…—Repítollo, se non se cubre non o

    atendo.—De acordo, vostede gaña. Deme o

    dichoso bozo!—De que tipo —contéstalle a far-

    macéutica?

    —Como que de que tipo!—Temos estes tres modelos FFP2,

    FFP3, N95.Un home, que estaba á cola dirixiuse

    ao atracador:—A ver si vamos acabando que non

    temos todo o día!A farmacéutica, como o home estaba

    lonxe, e como apenas se lle entendíacoa boca tapada, pensou que era o sociodo asaltador e dirixíndose a el díxolle:

    —Achéguese que entre a gripe queteño e a mampara anticontaxio de me-tacrilato, non o escoito.

    —Non podo, estaría pasando poralto a normativa que regula a distanciade seguridade.

    Sorprendida pola sensatez da respostae do cumprimento inquebrantable dasmedidas hixiénico-sanitarias das quefixo gala esta persoa, a farmacéuticaaproveitou unha vez máis para arremetercontra o desenmascarado:

    —Ve? Aí o ten, fíxese como o seucompañeiro pensa na saúde das súasvítimas.

    —Pero que compañeiro si eu sonautónomo non asintomático!

    —Ben, pois entón non se queixe queseguro que está a cobrar un ERTE.

    Nese intre achegouse o auxiliar co

    cóbado en alto e o caco púxose á defen-siva.

    —Tranquilo, só quero saudalo e ani-malo a cubrirse a cara —dille o auxiliar.

    —E certo, que se me esquecera, ta-mén as temos reutilizables e con deseñosorixinais —engadiu a farmacéutica.

    —Cumpren coa norma UNE 0065?—preguntou outro cliente.

    —Por suposto, estas veñen de Wu-han, zona cero e con certificación ISO!—respondeu esta ofendida pola pre-gunta.

    O atracador fora de si levantou oxersei e amosando un revolver ameazoua boticaria:

    —Non llo repito máis, non me fagasacar o ferro.

    —Non me diga que tamén trae unarma alma cándida!

    —Pois menos mal porque se nontraio unha, faría de novo alusión a miñafalta de profesionalidade.

    —Xa, pero non sabe canto temposobrevive a Covid nos metais? Queropensar que estará desinfectada con xelhidroalcóholico.

    —Mire señora, non a aguanto máis!—Negacioncista, Miguel Bosé, Bol-

    sonaro —espetoulle esta a modo de in-sultos.

    —Estame poñendo dos nervios epadezo de ansiedade, déame un cigarroelectrónico xa, ou líome a tiros aquímesmo.

    —Eu doullo pero recorde que agorahai unha nova normativa para os fu-madores.

    —Feis nius señora, iso non son máisque feis nius!

    —Bótelle unha ollada ao DOG do 12de agosto se non o cre.

    O atracador exasperado abandonouo establecemento cagándose na Covid eantes de saír berrou:

    —Que ben se vivía con Franco e coSARS-CoV!

    Mentres, na cola, unha persoa coxornal na man comentáballe a outraque durante a pandemia descendera adelincuencia. O interpelado respondeu:

    —A verdade e que tal como están ascousas faise difícil ata delinquir. A xenteé cada vez máis tiquismiquis.

    Poucos días despois o atracador acudiua manifestación da Praza de Colón con-vencido de que estabamos ante unha plan-demia. Acabou contraendo o virus. Ingresouno hospital e negouse a recibir o tratamentopor medo a que lle colocaran un microchip.Aos médicos non lle quedou máis remedioque conectalo a unha máquina de osixe-nación por membrana extracorpórea(ECMO) pero aínda así nada se puido facerpor salvarlle a vida. Descanse en paz.

    NOVA ANORMALIDADE

    ACOVID provocou que moitas olladasse volvesen cara ao rural en buscadun acubillo co que fuxir da masifica-ción das cidades. Porén, o que a crisesanitaria evidenciou, máis unha vez,foi o papel fundamental do agro, e ta-mén do mar, como subministradoresde produtos básicos e non como merodestino de lecer. Para un país é fun-damental garantir alimentos e Galiza,malia súa capacidade de producilos,segue a importar algo tan esencialcomo as hortalizas, a froita ou a agri-cultura ecolóxica.

    A razón non é outra que unha polí-tica de abandono do campo que conducea un imparábel despoboamento que,se ben non é exclusivo de Galiza –aíestá a España baleirada-, ten a súaorixe na falta de traballo e de servizostan básicos como a atención á infancia,o ensino ou o equipamento sanitario,co engadido do hándicap que supón afenda dixital.

    O goberno de Núñez Feijóo anun-ciou que a pasada lexislatura sería ado rural, pero a realidade é teimosa eamosa que as políticas que levou acabo non fixeron máis que favorecer oabandono e a desertización do campoa base de depredar e espoliar os re-cursos. Como exemplo, as políticas fo-restal e enerxética, pensadas para fa-vorecer grandes intereses económicos,nomeadamente foráneos, a costa dedegradar territorios que poderían termoito máis rendemento social. Comosucedía no franquismo, cando os en-coros nin sequera supuñan dotar deluz ás aldeas que padecían o inmensoimpacto das obras, non existe na Galizaactual un plan eólico que contribúa aodesenvolvemento das comunidadesque sofren o impacto ambiental.

    E o mesmo pasa no eido forestal,onde o único plan é beneficiar a mul-tinacionais como ENCE a costa de per-der terreos con potencialidade agraria

    ou gandeira. O eucalipto degrada ochan, incrementa o risco de lumes edesvincula ao pobo do territorio, poisben se pode explotar un eucaliptal evivir na cidade, a moitos quilómetrosda zona arbórea, cousa que non pasacun terreo agrícola.

    E que dicir da megaminería? Galizaten unha enorme riqueza en mineraisestratéxicos para a tecnoloxía, comoo litio, pero ao contrario do queocorre en Bolivia, non é necesariodar un golpe de Estado para que ogoberno permita o esquilme. Non haimáis que ver o proxecto da mina detantalio que afectaría aos concellosde A Lama, Cerdedo, Forcarei, Avióne Beariz. Desde a administración es-tanse minimizando todos os requi-sitos da avaliación de impacto am-biental, mesmo a través da fragmen-tación do macroproxecto, para po-ñerlle alfombra vermella á empresae, porén, non se pensa que necesitan

    as comarcas afectadas ou como sepode beneficiar o pobo deses recursos.Os únicos intereses que se defendendesde a Xunta son os das grandesempresas mineiras.

    Para salvar o rural precísase ter unplan global de desenvolvemento queprotexa aquelas áreas de maior valorambiental, como poden ser o Suído oua serra da Groba, e inclúa a recupera-ción dos terreos xa degradados. Docontrario avanzaremos no declive queamosan as cifras tras tres lexislaturasdo goberno popular: En dez anos, osda última década, Galiza perdeu máisde 150.000 hectáreas con potencialidadeagrícola e agrogandeira ata quedar conapenas un 23 por cento de superficieagraria útil cando a media europeados países máis avanzados supera o40 por cento. E isto só vai mudar sedeixamos de tragar, entre outros, ocaramelo do eucalipto que nos vendeo Partido Popular.

    Caramelo de eucaliptoMONTSE FAJARDO Xornalista“MILANA BONITA”

    Setembro (1ª Ed.) [3]

    opinión

  • [4] Setembro (1ª Ed.)

    ,

    PONTE CALDELAS

    PONTE CALDELAS

    PONTE CALDELAS

    O Concello de Ponte Caldelassegue traballando para ponẽr fer-mosa Ponte Caldelas e nos uĺti-mos diás prepararon unha zonaaxardinada a caroń da Praza Clo-tilde Fernańdez Orge ‘MamáClotilde’, que se inaugurou opasado 6 de marzo nos actos or-ganizados con motivo do 8 demarzo, Diá Internacional da Mu-ller. O alcalde de Ponte Caldelasvisitou a praza para comprobaro resultado dos traballos.

    Unha muller emprendedora,moderna e visionaria de princi-pios do sećulo XX. Asi ́era Clo-tilde Fernańdez Orge, maísconẽcida en Ponte Caldelas como‘Mama ́Clotilde’, a muller que,en 1907, trouxo a luz elećtrica aPonte Caldelas. Casou co med́ico

    Jose ́Estev́ez e tivo con el dezfillos. Do seu home precisaba asinatura para poder sacar adiantetodos os negocios que ela em-prendiá e dirixiá nunha eṕocana que as mulleres tampoucotinãn dereito ao voto. Clotildeherdou do seu avo ́sete muinõsa caroń do rió Verdugo e puxoen marcha un auteńtico complexoindustrial neles: polo diá apro-veitaban a forza da auga paraque o aserradeiro traballase amadeira e de noite funcionabancomo turbina para dotar de luzelećtrica a ́vila. Mama ́Clotildefoi toda unha matriarca: granpersonalidade, moderna, moiadiantada ao tempo no que viviúe cun gusto exquisito que aińdahoxe segue visible na Casa In-diana.

    Flores para Mamá Clotilde

    PONTE CALDELAS

    O Concello de PonteCaldelas contratara ́ duáspersoas para levar a cabo adesinfeccioń dos centrosescolares. Nun momentocomo o actual, a limpeza edesinfeccioń dos centrosescolares son unha priori-dade e por iso o Concellovai contratar duás persoaspara que realicen esta tarefanos colexios de A Reigosae Manuel Cordo Boullosae na Escola Infantil A GalinãAzul.

    O alcalde de Ponte Cal-delas, preocupado pola fal-ta de resposta da Xunta

    de Galicia neste sentido,dara ́ solucioń oś centroseducativos, ao mesmo tem-po que “esixiremos a ́Xun-ta de Galicia o abono docusto deste servizo que écompetencia autonoḿica,pois dos 20 millońs de eu-ros que a Xunta de Galiciarecibiu do Fondo SocialExtraordinario en marzonon miramos nin un sóeuro. Tameń pediremos oque nos corresponde dos100 millońs de euros paragastos educativos extraor-dinarios que vai recibir aXunta de Galicia do Go-berno de Espanã.

    Contratarase dúas persoaspara a desinfecciBón doscentros escolares

  • Setembro (1ª Ed.) [5]

    O mellor ambienteda Comarca

    Ponte Caldelas

    La Parada

    TAPERÍA VICTORIAPONTE CALDELAS

    A firma punteira Setga instalaraseno Polígono Industrial de A ReigosaPONTE CALDELAS

    O Concello de Ponte Caldelas seguea traballar para atraer empresas o ́PoliǵonoIndustrial de A Reigosa. A uĺtima firmaconfirmada e ́Setga, empresa punteira einternacional que se instalara ́ na aŕeaempresarial de Ponte Caldelas nos vin-deiros meses. A empresa xa conta co in-forme favorable para a execucioń deobras de construccioń dunha nave in-dustrial para o desenõ, montaxe e alma-cenaxe de equipos de iluminacioń.

    A nave instalarase na parcela 6A, quedispoń de 15.000 metros cadrados, econtara ́ cunha superficie construid́a de7.265,59 metros cadrados distribuida ensemisoto, planta baixa, primeira planta esegunda planta. Esta ́previso que as obrascomecen nun prazo de seis meses e unhavez que se inicie a actividades, dendePonte Caldelas partirań luminarias paradiferentes paiśes do mundo. E e ́ queSetga e ́unha empresa galega adicada ódesenõ e fabricacioń de iluminacioń in-

    terior e exterior, mobiliario urbano e si-nalizacioń que traballa a nivel internacionale que aposta pola innovacioń tecnolox́ica,o desenõ, a calidade e os materiais na-cionais. companĩá gallega dedicada aldisenõ y fabricacioń de iluminacioń parael exterior e interior, y de mobiliariourbano y senãlizacioń.

    “Seguimos traballando para atraerempresas o ́noso poliǵono empresarial,porque significa traballo e futuro para osnosos vecinõs”, indica Andreś Diáz, al-calde de Ponte Caldelas.

    PONTE CALDELAS

    O alcalde de Ponte Caldelas, AndrésDíaz, visitou os traballos previos á obrada Senda de Parada con técnicos da De-putación de Pontevedra e da empresa ad-xudicataria das obras. A visita serviu paraultimar detalles sobre o inminente iniciodos traballos.

    Esta vía peonil conectará a actualSenda de Cuñas co núcleo de Parada eterá dous pasos de peóns elevados, un

    onda a rotonda de Cuñas (onde se unenas dúas sendas) e outro no estreitamentoque existe no centro do lugar de Parada evarios reductores de velocidade. Será re-matada con formigón colorado, terárexillas de recollida de pluviais a todo olargo e contará cunhas 50 luces públicas.

    Inícianse os traballosda Senda de Parada

    ponte caldelas

  • [6] Setembro (1ª Ed.)

    entrevista

    De onde es ti?Eu son de Marín, pero levo 40 anos vi-vindo en Pontevedra.

    Como comezou a túa vinculación coatletismo?

    Polo meu pai Manuel Méndez, quenos anos 40 do século pasado era undos mellores atletas de España.

    Que disciplina practicaba o teu pai?El practicaba velocidade. En 1959 foio impulsor dun club de atletismo enMarín; o San Miguel.

    Nesas datas non debeu de ser nadafácil para o teu pai?

    Si, a verdade é que o tivo moi difícil.Imaxínate un equipo con mulleres, enpantalón corto, na Galicia dos anos50.O meu pai tivo moitos problemaspara levalo a cabo, pero conseguiuno,e daqueles anos ven a miña paixón ecariño polo atletismo.

    Ti segues practicándoo en veteranose tamén competiches profesionalmen-te.

    Imos ver, eu practícoo e practiqueinosi, pero en España, profesionalmenteé case imposible practicalo. Só un nú-mero reducidísimo de persoas podenfacer do atletismo a súa profesión.

    Vaia, nin sequera os atletas de elitepoden facer deste deporte a súa pro-fesión?

    Só os que son medallistas olímpicos.Que disciplina practicabas ti?

    En principio velocidade. Nos anos 70fun campión galego de 100 e de 200metros, pero o que máis fixen foi mediofondo.

    Cando nace a escola de atletismo Gus-tavo Dacal?

    Naceu en outubro do 2018.Gustavo,que como sabes é natural de PonteCaldelas en concreto do lugar de Xustánstiña moitas gañas de facer algo rela-cionado co atletismo, en particular re-lacionado coa formación de nenos enenas no seu pobo.

    Para quen non o saiba cóntanos quené Gustavo Dacal?

    Gustavo é un magnífico atleta naturalde Ponte Caldelas que durante 10 anosfoi récord de España de lanzamento dexavelina.

    Supoño que cando montastes a escolainiciastes unha campaña de capta-ción?

    Efectivamente, fomos polos centros deensino de Ponte Caldelas e comezarona apuntarse esencialmente nenas. Defeito chegamos a ter máis de 20 nenas.

    E a que achacas que fosen funda-mentalmente nenas as interesadas?

    Supoño que os nenos estaban máisafeitos a practicar fútbol e as nenaspois tiñan menos alternativas.

    As nenas son todas de Ponte Calde-las?

    Algunha é de A Lama, pero a inmensamaioría si son de Ponte Caldelas.

    Supoño que a situación sanitaria te-ravos un pouco parados?

    Si claro, agora está todo un poucono aire. Nós seguimos traballando,pero o grupo é un pouco máis redu-cido. Porén nós estamos moi contentostanto pola vontade das rapazas e ra-paces de seguir adestrando e progre-sando como polos resultados depor-tivos. De feito a fin de semana quefacemos esta entrevista( 29 de agosto),

    tres das nosas nenas Marta Malvar,Sara Castellanos e Laura Iglesiasparticipan no campionato galego ab-soluto en Coruña.

    Caramba para o voso club un auténticoéxito?

    E tanto que si. E quero mencionarque dispomos dun rapaz que entendoten unhas enormes potencialidadese que vai para figura deportiva. Chá-mase Jemal Maschanka, e un nenode 15 anos, e ollo con este nome,porque xa é un dos mellores de Es-paña da súa categoría. El vive enForzáns, e eu vouno buscar dous outres días á semana á súa casa e lévooa Pontevedra a adestrar.

    Que practica ese rapaz?600 e 1.000. El é cadete e de momentonon pode facer distancias superio-res.

    Os adestramentos onde os facedes?No pavillón, en verán estamos taménno campo e fútbol, e no exterior, nopaseo do río, traballamos moito. E enPontevedra ou en Marín tamén facemosalgo.

    Como se porta o concello de PonteCaldelas con vós?

    Eu creo que deberan implicarse unpouco máis. Eu entendo que teñenmoitas outras cousas que atender, peroben, algo máis de implicación si queme gustaría.

    A cuestión económica como a leva-des?

    Como podemos. Afortunadamente te-mos un patrocinador marabilloso, JimSports, que nos regala toda a roupa.Aproveito a oportunidade que me dadespara agradecer a xenerosidade do seudirector Jesús Graña, que tan ben seporta con nós. Dibay eventos de Maríntamén colabora moito con nós. Logoeu persoalmente e algún outro directivoachegamos algo de cartos do nosospetos, para este proxecto, que non que-remos que sexa un club convencional,senón unha escola de formación de ra-paces e de rapazas. A nosa filosofía éque os rapaces fagan deporte e que asúa práctica lles axude a labrarse unfuturo na sociedade.

    Este é un proxecto ao longo prazo?Esa é a nosa idea, pero sempre coamesma filosofía: nós somos un club deformación nada máis, nin nada menos.

    Eu teño a sensación de que agás ofútbol todos os deportes están poucoatendidos polas administracións pú-blicas?

    O Atletismo a nivel de promoción si,está moi mal atendido. É unha mágoaque o noso deporte cun papel tan im-portante na formación integral do serhumano sexa visto pola administracióncomo un gasto no canto de como unhainversión.

    “NÓS NON QUEREMOS SER UN CLUB CONVENCIONAL,QUEREMOS SER UNHA ESCOLA DE FORMACIÓN PARA QUEOS NENOS E AS NENAS PRACTIQUEN ATLETISMO E QUELLES AXUDE A LABRARSE UN FUTURO NA SOCIEDADE”

    ESCOLA MUNICIPAL DE ATLETISMO GUSTAVO DACAL DE PONTE CALDELASGONZALO MÉNDEZ. SUPERVISOR DA ESCOLA MUNICIPAL DE ATLETISMO

    En Ponte Caldelas existe un proxecto deportivo de formación moimeritorio. É a escola municipal de atletismo Gustavo Dacal. A escola estásupervisada por Gonzalo Méndez, un veterano atleta marinensepresidente do club de atletismo Rías Baixas de Pontevedra. Coacolaboración de Jesús Cortegoso e Adrián Pérez dous adestradoresnacionais, Gonzalo, desenvolve este traballo, como tantas ocasións froitodo voluntarismo e o sacrificio persoal, que trata de facer realidade avontade de Gustavo consistente en que o atletismo contribúa á formacióndas nenas e nenos do pobo no que el naceu.

  • De onde es ti Pedro?Eu son natural de Ponte Caldelas.

    A que te dedicas ti?Eu teño unha reloxería, levo xa 26

    anos nese mundo.Como comezou a túa vinculaciónco mundo do fútbol?

    Eu estou vinculado ao fútbol desdesempre. Xa desde neno xoguei en di-versos equipos. Estiven no Lérez, logopor cuestións familiares tiven que mar-char a Brasil uns anos e tamén xogueialí. Cando volvín xoguei na Lama. Enfin a relación miña co fútbol é desdesempre.

    E como chegaches a presidir o equipodo teu pobo?

    Pois non sei exactamente por que, adirectiva que levaba antes o equipodecidiu abandonar e non había ninguénque tomara o relevo. E varias persoasque estaban comigo nun equipo de ve-teranos comentáronme a posibilidadede collermos o equipo e que asumiraeu a presidencia. A verdade foi un tanto

    de rebote e un pouco de sorpresa.De que ano estamos falando?

    Non me lembro con exactitude peroarredor de hai dez anos.

    E non estás canso?Si, un pouco si. De feito a miña idea ébotar algún aniño máis e deixalo.

    Cantas persoas sodes na directiva?Actualmente somos 10 persoas.

    A relación entre a S.C.D e o pobo émoi importante, verdade Pedro?

    Si. No noso pobo hai moitísima afecciónao fútbol. O primeiro equipo ten un se-guimento enorme, e todos os equipos

    Setembro (1ª Ed.) [7]

    entrevista

    CATERINGSALÓN DEEVENTOS

    “POLA DIMENSIÓN DE PONTE CALDELAS NÓSDEBEMOS DE ASPIRAR A CHEGAR ECONSOLIDARNOS EN PREFERENTE”

    PEDRO RODRÍGUEZ SOUTO. PRESIDENTE DA S.C.D PONTE CALDELAS

    O proxecto futbolístico de PonteCaldelas é e enormemente sólidosolvente. Pensado a longo prazopois baséase nunha escola defútbol que trata de formar aosnenos tanto na práctica deportivacomo na súa construción comoseres humanos, intenta ao mesmotempo crear unha vinculaciónafectiva intensa entre o xogador eo club. Nós falamos con Pedro, oseu presidente

  • que nos visitan quedan abraiados dagrande cantidade de público que asisteaos partidos.

    Cantas persoas poden ir ao camponun partido normal?

    Entre 500 e 600.Impresionante¡¡

    A verdade é que si.Como é posible Pedro, que o vosorival principal, A lama, un pobomoito máis pequeno ca Ponte Cal-delas, teña o equipo en primeira evós esteades en segunda?

    Esa é a pregunta do millón. Eu non seio que pasaba antes de que nós chegá-semos, porén podo dicirche que candocollemos o equipo todo era un desastre.Non había nin xogadores suficientes.Cando comezamos, a nosa intenciónera armar un proxecto sólido desde abase. Nós tendo unha escola de fútboltiñamos o equipo en 3º e aínda por ribaviámonos na necesidade de buscar xo-gadores.

    Algo fallaba claro.Evidentemente. As cadeas de transmi-sión entre a escola e o equipo de maioresnon funcionaban. O problema arran-xábase collendo aos nenos desde pe-quenos e tratando de que se implicaranemocionalmente co equipo. E iso, nonse fai nun ano. É un problema quecostou moito tempo solucionar.

    Está solucionado ese problema?Creo que si. A pasada temporada tiñamosun equipo no que o 90% dos xogadoreseran de aquí e no 100% dos casos haiunha conexión afectiva total entre oxogador e o club.

    Cantos equipos tendes?Depende do ano. Agora mesmo temos

    todas as categorías cubertas e inclusonalgunhas categorías temos dous equi-pos.

    E fichas cantas tedes?Máis de 200.

    Tamén temos un equipo feminino?Si, desde hai catro ou cinco anos. Nunprincipio démoslle o nome pero tiñanque xestionarse elas, pois cando co-mezou nós non dabamos feito. As per-soas que o formaron fóronse desvin-culando e o equipo feminino estaba unpouco deixado. Este ano decidimoscollelo nós con todas as consecuenciase imos xestionalo exactamente igualque calquera dos outros equipos quetemos.

    Como facedes a captación dos ne-nos?

    Nun principio foi polos colexios, dandocharlas. Agora xa funciona o boca aboca.

    Eu coñezo a moitos presidentes de

    equipos modestos e a maioría dinque hai que dedicarlle tanto tempoao cargo que case inevitablementeocasiona ter problemas familiares.No teu caso é así?

    No meu caso podo dicir que coincidoen que hai que hai que dedicarllemoitísimo tempo e iso desgasta moito,abofé que si. O tempo necesario émoitísimo a recompensa é inexis-tente.

    Que tal se porta o concello de PonteCaldelas con vós?

    A relación é moi boa, tanto con Andréscomo co anterior alcalde do PP. Nóstemos unha axuda moi importante daadministración municipal. O ano pasadotivemos un problema derivado do atrasono cobro da solución pero afortunada-mente acabouse solucionando. Eu en-tendo as razóns do Concello, e comoche dixen a relación con Andrés é moiboa.

    Como valoras a temporada pasa-da?

    Pois foi unha mágoa o parón, poiscando a situación sanitaria fixo que desuspendera a liga, nós estabamos dequintos pero nun magnífico momentode forma. Estabamos en progresión as-cendente, tiñamos un calendario moialcanzable e teño a convicción de quenunha situación de normalidade tiñamosmoitos boletos para rematar a liga entreos dous primeiros, en posto de ascensodirecto.

    Este ano mantemos o equipo técni-co?

    Si. E a base do equipo de xogadorestamén.

    Fixemos algunha fichaxe?De momento só unha. Un rapaz queven do Lerez.

    O obxectivo deportivo é claramenteo ascenso?

    Hai que ser prudentes, pero no fondocreo que todos pensamos que si.

    Cal é o derbi que vivides con máispaixón?

    Contra a Lama sen ningunha dúbida.Pola cantidade de habitantes e asocioloxía de Ponte Caldelas cal é olugar natural do equipo?

    Eu creo que a preferente. Nunca esti-vemos na nosa historia, pero coa nosaafección, e coa axuda que temos donoso Concello e coa potencia que tenPonte Caldelas estou seguro de que apreferente é a categoría na que máistarde ou máis cedoo nos debemos con-solidar.

    Unha última pregunta Pedro. O fút-bol modesto sen público é viable?

    Non, non é viable.

    [8] Setembro (1ª Ed.)

    entrevista / ponte caldelas

    PONTE CALDELAS

    O Concello de Ponte Caldelasquere que os maís pequenos dacasa tenãn tameń unha progra-macioń en exclusiva para elesneste ano no que nos deron unhaleccioń de adaptacioń, comporta-mento e cumprimento das medidashixieńico-sanitarias establecidas.

    Nun ano no que quedaronsen colexio, tiveron que alonxarsedos seus amigos, deixaron atraśas actividades deportivas, a muśi-ca e o baile, os parques infantiś...o Concello de Ponte Caldelasquere renderlles unha homenaxecon oito diás de actividades di-rixidas exclusivamente a ́ cati-vada. “E ́ unha programaciońfeita con carinõ por e para asnenas e nenos, porque sodes ofuturo deste concello, deste paiś,e sempre sabedes sacar o aspectomaís positivo das peores situa-ciońs. Porque nos destes unhaleccioń de vida e estou segurode que nos vindeiros meses o

    ides seguir facendo”, explica oalcalde de Ponte Caldelas, AndreśDiáz.

    O rexidor indica que, “aińdaque non compensan todo o tem-po perdido, pretenden aledar oscorazońs dos nenos con contos,muśica e maxia” e lembra a im-portancia de desfrutar das acti-vidades “con seguridade: hixie-nizando as mans antes de entrare respectando a distancia de se-guridade con outras nenas e ne-nos”, indica o alcalde de PonteCaldelas, Andreś Diáz.

    Caxoto Contacontos, Ce ́Or-questa Pantasma, Oradaladou,Bandullo Azul, Xoan Curiel eBarafunda son os artistas queanimarań os corazońs dos maíspequenos durante oito diás, entreo meŕcores 2 e o venres 11 de

    setembro. Serań sesiońs nos lu-gares do rural con maís nenos etameń na vila.

    As actividades son financia-das polo Concello de Ponte Cal-delas co apoio de fondos doPacto de Estado do Ministeriode Igualdade, e do programaCultura no Caminõ da Xuntade Galicia.

    Programacioń:Meŕcores, 2 de setembro12.00 horas. Caritel. Carballeira

    da Chan. Contos a Pe ́ de Ruá:Contos, xogos e muśica ao airelibre con Caxoto Contacontos.

    17.00 horas. Silvoso. Adro daIgrexa. Contos a Pe ́de Ruá: Con-tos, xogos e muśica ao aire librecon Caxoto Contacontos.

    19.00 horas. A Insua. CarreiraAncha. Contos a Pe ́de Ruá: Con-

    tos, xogos e muśica ao aire librecon Caxoto Contacontos.

    Xoves, 3 de setembro10.00 horas. Taboadelo. Cam-

    po da Festa. Contos a Pe ́de Ruá:Contos, xogos e muśica ao airelibre con Caxoto Contacontos.

    12.00 horas. Xustańs. Campoda Festa. Contos a Pe ́ de Ruá:Contos, xogos e muśica ao airelibre con Caxoto Contacontos.

    17.00 horas. A Reigosa. Campoda Festa. Contos a Pe ́ de Ruá:Contos, xogos e muśica ao airelibre con Caxoto Contacontos.

    19.00 horas. Vilarchań. Campoda Festa. Contos a Pe ́ de Ruá:Contos, xogos e muśica ao airelibre con Caxoto Contacontos.

    Venres, 4 de setembro17.00 horas. Touroń. Campo

    da Festa. Contos a Pe ́ de Ruá:

    Contos, xogos e muśica ao airelibre con Caxoto Contacontos.

    19.00 horas. Alameda de PonteCaldelas. Contos a Pe ́ de Ruá:Contos, xogos e muśica ao airelibre con Caxoto Contacontos.

    Luns, 7 de setembro19.00 horas. Alameda de Ponte

    Caldelas. ‘Os fiós do querer’ conCe ́Orquestra Pantasma

    Martes, 8 de setembro19.00 horas. Alameda de Ponte

    Caldelas. ‘Cancioneiro de muśicatradicional’ con Oradaladou.

    Meŕcores, 9 de setembro19.00 horas. Alameda de Ponte

    Caldelas. ‘Filipa cos contos’ deBandullo Azul

    Xoves, 10 de setembro19.00 horas. Alameda de Ponte

    Caldelas. ‘Canta minã pedra canta’con Xoan Curiel.

    Venres, 11 de setembro19.00 horas. Alameda de Ponte

    Caldelas. ‘Contacontos: PepinãMaruxinã quere voar’ con Bara-funda

    ‘A hora d@s nen@s’, oito días de actividadespara a cativada de Ponte Caldelas

  • Porque é todo un tema xestionar un ca-pital, cando se ten, e é valente facerque o C de agriCultura se volva maiúsculo.Pero iso é o que está a acontecer en variospuntos do país, en zonas rurais en despo-boamento, en terreos que estaban inculti-vados ou dados ao abandono. Proxectosorganizados por xente cunha altísima for-mación cultural e de xestión e cunha longatraxectoria, profesional e vital. Xente queviviu cidades e vilas antes de apostar fir-memente por se asentaren no rural e facelovivo. Por veces loitando contra familia eveciños, porque a ninguén lle gusta que llemovan o marco, sexa físico ou mental. Etoca negociar. Mais aí os están. E aquí vospresentamos dous destes proxectos, recéninaugurados, por se os queredes acompañar.

    DOUS PROXECTOS CULTURAIS PIO-NEIROS QUE ATRAVESAN O PAÍS DENORTE A SUR

    Ao norte, na Mariña lucense (no valde Lourenzá) está a Oficina Galega deOutros Asuntos do Movemento. Ollo aonome, que recorda á Oficiña Lírica doEste Galego coa que Álvaro Cunqueiroaglutinara en 1930 poetas amigos do se-minario de Mondoñedo. Neste caso sondúas mariñás, Ugia Pedreira e MarinaOural as que se poñen á fronte destaOficina e nos propoñen proxectos á van-garda da escena galega. E neste veráninauguraron un prado (si, si, dos dasvacas leiteiras por ser de regadío, e abei-rado a un río troiteiro), o Prado de Piegoe, desde ese auditorio horizontal (comoelas o definen) ofreceron, con aforo com-pleto e éxito rotundo, un curso de creaciónescénica e unha performance.

    - Marina, este proxecto foi pioneirode cara a fóra. E sorprendeu a asistentese seguidores. Mais como se viviu estanova vida do prado na casa?

    - Papá e mamá tiveron que decidirnos duros anos 70: mercar este prado ouun solar en Foz (a especulación do tixolo).E eles apostaron polo prado, que custabao mesmo! E perderon claramente. E car-garon ese peso durante anos, nos que osseus veciños e un irmán de papá viron assúas inversións revalorizadas e el viunaesfarelárselle entre os calos das mans.

    - Como centos de gandeiros e peque-nos agricultores do país. Muitas nos cria-mos entre esas dores. As das outrora or-gullosas traballadoras do campo que pa-saron a afastarnos ás fillas da terra paraaforrarnos os corpo e ofrecernos futuro.Mais os teus pais víronte volver á terra.Literalmente. Estarán encantados.

    - Non o crían. Pero cando lles dixenque a primeira en apuntarse fora CristinaPato (porque foi a primeira) non dabancreto. Colaboraron desde o primeiro mo-mento con moita alegría e, ao ver que o

    evento tomaba esa forza, dérono todo. Ealí os estiveron, en primeira fila: a quelles corresponde.

    Sen dúbida é imenso que a nena dacasa sexa quen de forxar ferramentasnovas coas que poder reeLaborar a terra.E, quen sabe, se cadra poder ela taménsobreVivir dela. De momento os proxectosagroman, medran e alimentan. E o pradofértil (porque é de regadío, xa sei que odixen, pero repítoo) ofrece xeneroso ascastañas dos castiñeiros á sombra danogueira. Árbores autóctonas prantadasabofé por pais e filla. E por iso taméneste pequeno prado é un grande espello.Para que deixemos de laiarnos e nos po-ñamos a traballar, que hai choio.

    E no sur, en Salceda de Caselas, aOfizina Cultural inaugurou neste mes deagosto o “Espaço vivo”, xerido por EvaCastro e Sérxio Crespo, nun toxal alugadoonde esta Asociación convida a gozardunha saborosa comida vegana, elaboradacon produtos de horta biodinámica (queproducen nun terreo a carón) e maridalacon actuacións e actividades do máis va-riado para todos os públicos: música,performances, circo infantil, poesía...Baixo a sombra dos carballos que acubi-llan os asistentes e lles ofrecen un am-biente de confraternidade.

    - Sérxio, de que carencia nace esteproxecto?

    - Nós somos unha familia. Eu sonmúsico e carpinteiro. E tamén gosto detraballar a terra. Eva é restauradora. Le-vamos anos colaborando con moitas aso-ciacións (somos soci@s de polo menossete asociacións culturais) e xa nos apetecíapoder dispór dun espazo singular que nospermitise total liberdade na hora de pro-gramar. E tiñamos claro que só nos ape-tecía se fose no rural no que escollemosvivir hai décadas, apesar das dificultades.

    - E que tal a acollida entre a veci-ñanza?

    - Dispar. Hainos que non entenden,claro. Mais tamén os hai que agradecene espallan. Estes son os que nos interesan.

    Porque os outros teñen muitos lugaresaos que ir. Mais a onde vai unha familiavegana sen muitos cartos e con vontadede lle ofrecer as súas crianzas (e a simesmos) un ocio de calidade e adsequíbel?Pois non é doado. Nin na grande cidadenin muito menos en vilas e aldeias. Epor iso nos decidimos. Por responsabili-dade social. Porque nos gustaría que al-guén nolo tivese ofrecido a nós pero,como non foi así… pois acordamos queen vez de nos laiar tiñamos que actuar.

    - No voso caso o terreo non é voso,que lle pareceu ao dono dando llelo pro-puxestes?

    - Gostou. Foi favorábel. Porque aíndaque hai xente que desconfía tamén haipropietarios que entenden e agradecenque as terras de herdanza, que para elesteñen un alto valor sentimental, sexanben tratadas por quen sabe dos valoresinmateriais.

    A Oficina Galega de Outros Asuntosdo Movemento ofrece cursos e activi-dades ao longo de todo o ano. O EspaçoVivo ten vontade de seguir operativotodos os sábados e sempre que o tempoatmosférico o permita. Podedes seguirambos proxectos a través das súas redessociais.

    VERDES SÃO OS CAMPOS… E VERDE É A CULTURAOLGA NOGUEIRA

    Setembro (1ª Ed.) [9]

    opinión

  • [10] Setembro (1ª Ed.)

    ponte caldelas

    "TODOSOS POSTRESDE NADAL ÁTÚA MEDIDA"

    PONTE CALDELAS

    O Concello de Ponte Cal-delas pon en marcha o ‘BonoPonte Caldelas Concilia’, parafacilitar a conciliacioń laborale familiar dos fogares do mu-nicipio a traveś da contrataciońdunha persoa.

    A axuda e ́de 220 euros/mespara que as familias poidancontratar unha persoa para ocoidado de nenos, de persoasmaiores ou dependentes dadasas restricciońs nos centros edu-cativos e de maiores. Esta axu-da posta en marcha polo Con-cello de Ponte Caldelas e ́com-patible con outras para a mesmafinalidade e e ́unha aposta polaigualdade que quere evitar quenai ou pai tenãn que renunciar

    a un posto de traballo polafalta de medios de conciliaciońfamiliar.

    “Nun momento no que estáno aire o Plan Madruga, os co-medores escolares dos colexiose tameń a atencioń en centrosde maiores considero necesarioque as administraciońs arrime-mos o hombro e fagamos todoo posible para que as familiaspoidan conciliar vida familiare laboral”, indica o alcalde dePonte Caldelas, Andreś Diáz.

    Nos vindeiros diás poderaseiniciar a tramitacioń da axudaa traveś da Sede Electrońicado Concello de Ponte Caldelasou presentando a correspon-dente solicitude no Rexistrodo Concello.

    Axudas para a contratación depersoal para coidado de nenos,maiores e dependentes

    PONTE CALDELAS

    O Concello de PonteCaldelas devolvera ́as ta-sas de 2020 oś vendedoresambulantes que participanna Feira que os diás 5 e20 de cada mes se celebrano municipio. O obxecti-vo desta decisioń e ́com-pensar as perdas do seunegocio con motivo daCovid-19, pois houbo va-

    rios meses que non pu-dieron montar os seuspostos e, unha vez que sereiniciou a actividade, vi-ron reducidos os seus in-gresos.

    O Concello notificaráa todos os feirantes a de-cisioń a traveś da SedeElectrońica e informarallesdos prazos establecidospara solicitar a devolucioń.

    Devolverase as tasas de 2020oBs vendedores ambulantes

    PONTE CALDELAS

    O servizo de Interven-cioń do Concello de PonteCaldelas rematou xa a Con-ta Xeral de 2019 e o exer-cicio fiscal contabiliza1.036.005 euros en positivo,e ́dicir, que houbo maís in-

    gresos que gastos. Este do-cumento estara ́ exposto ópub́lico para que todas aspersoas que o desexen poi-dan consultar os ingresose gastos correspondentes óano 2019 do Concello dePonte Caldelas.

    A Conta Xeral de 2019 deixaresultados positivos

  • Setembro (1ª Ed.) [11]

    entrevista

    De onde es ti natural?Eu son de Ponte Caldelas.

    Vaia, que sorpresa. E como un homede Ponte Caldelas chega a ser presi-dente do equipo de fútbol de A Lama?

    Pois hai 21 anos comezou a miña rela-ción con este equipo, inicialmente funxogador, e como comprenderás unha

    relación tan intensa pois xa é irrompi-ble.

    Cando accediches á presidencia?O anterior presidente, Daniel, cansousee propuxéronme a min, xa no ano 2005.

    Xa levas 15 anos ininterrompidos napresidencia?

    Pois si. E xogando estiven ata o ano2015.

    Eu coñezo moitos presidentes deequipos modestos e a práctica to-talidade dinme que o cargo irreme-diablemente ocasiona problemas fa-miliares, pois hai que dedicarlletanto tempo ao club que inevitable-mente descoidas a familia. No teucaso é así?

    Non, no meu caso non é así. O meutraballo permíteme dispor de tempo, eno que respecta á vida persoal casei

    hai moi pouco tempo, en decembro doano pasado.

    Ah, como quen di es recen casado,aínda non tiveches tempo de ter pro-blemas.

    Ha ha ha ha ha.Levando 15 anos na presidencia, aínda

    mantés a ilusión?Si, a verdade é que sigo moi ilusionadoen levar a este equipo o máis altoposible, e este ano puidemos culminaro noso traballo co éxito do ascenso, efoi algo marabilloso. A pena foi que ti-veramos que parar a liga pola situación

    “SIGO MOI ILUSIONADOEN LEVAR A ESTE EQUIPOO MÁIS ALTO POSIBLE”

    A LAMA S. D. TOCA O CEOMARCIAL PESO. PRESIDENTE DO EQUIPO

    O equipo de fútbol de A Lamaacaba de ascender a 1º divisiónautonómica. Sen dúbida unenorme éxito para un pobo tanpequeno, pero que ten unhavinculación superlativa co seuclub. Nós falamos co seupresidente.

    Concello de A Lama,

    un paraiso a carónda túa casa.“Visítanos”

    FOTO: CONCELLO DE A LAMA

    Pedreira, 7BaixoA Lama986 768 261

  • entrevista

    [12] Setembro (1ª Ed.)

    sanitaria que estamos a vivir.Cando parou en que posto estaba-des?

    Nós estivemos toda a temporada deprimeiros.

    Como é posible que un pobo tan pe-queno como A Lama teña o equipo en1º división?

    Supoño que a explicación terá quecombinar razóns derivadas dun traballoprevio notable tanto en calidade comoen cantidade, como dalgo de fortunaque sempre ten que ver nalgúns partidos.Ás veces a diferencia entre o éxito e ofracaso é tan delgada que pode dependerdun balón que entre ou que dea noposte.

    Cando asumiches a presidencia enque división estabades?

    En terceira. Subimos ao segundo ano emantivémonos en segunda ata o ano2.015 que baixamos polos arrastres.En todo este tempo sempre coa mesmafilosofía de traballo consistente en mon-tar o equipo con rapaces da nosa con-torna. Volvemos subir ao ano seguintee ata esta temporada marabillosa queacadamos o ascenso a primeira.

    Lembras a última vez que estivestesen primeira?

    Creo que hai 32 anos.Como é a implicación da sociedadede A Lama co equipo?

    Magnífica. Temos unha masa socialde 650 persoas. E é practicamente im-posible que a asistencia aos nosos par-tidos baixe de 150 persoas.

    Nun pobo de pouco máis de 2.000 ha-bitantes. Que barbaridade¡¡

    Algúns son de fóra, pero si, como chedixen a implicación da sociedade conoso club é sobresaínte. Incluso temossocios emigrantes.

    A cuestión económica como a leva-des?

    Moi ben. Agora mesmo temos un or-zamento de 42.000€ e nos últimosanos temos superávit.

    Que tal se porta o concello con vós?Moi ben. A súa axuda tanto económicacomo loxística é realmente impor-tante.

    Cantos equipos tedes?Na actualidade un só. Nalgún mo-mento chegamos a ter xuvenís perohai tan poucos nenos que non é via-ble.

    Unha moza do pobo queixóusemeporque a ela encántalle o fútbol eten que ir xogar a Ponte Caldelas.Para cando o equipo feminino?

    Claro que nos gustaría telo. O pro-blema non é a falta de vontade demontalo, que si existe. A min encan-taríame ter un equipo feminino, peropor desgraza non hai nenas dabondopara montalo.

    Cantos xogadores temos?A idea é termos entre 20 e 21 fichas.

    Mantemos ao equipo técnico?Si, o adestrador vai iniciar a cuartatemporada con nós. Confiamos ple-namente na súa capacidade e no seutraballo.

    Temos previsto reforzarnos paraafrontar esta temporada en primeiradivisión?

    De momento fichamos xa a tres ra-paces, dous xogadores de campo queveñen do Marín, e un porteiro queven do Zacande.

    O obxectivo deportivo para este anocal é?

    Manternos claro, pero sen renunciara nada. Veremos como se estruturanos grupos.

    Cal é o derbi que se vive con máispaixón?

    Contra o Ponte Caldelas claro. Nesespartidos, tanto aquí como alí pode haber500 espectadores tranquilamente.

    Como foron os dous partidos o anopasado?

    O partido na nosa casa non se puidoxogar, polo COVID, e alá foi enor-memente emocionante gañamos nodesconto.

    Confesa Marcial, ti sendo naturalde Ponte Caldelas, cando a S.D xogacontra o Ponte Caldelas, non tes unpouco o corazón partido?

    Non o teño en absoluto. Sen ningúntipo de dúbida quero que gañe a S.D.

    Gustaríache que o Ponte Caldelassubira a 1º con vós?

    Si, si que me gustaría. Eses derbisson moi emocionantes e encantaríameque eles estiveran en 1º con nós epoder disputalos nesa división tanbonita. Agora ben, que estean en pri-meira si, pero por baixo nosa, tamén.

    Rematamos Marcial, o fútbol mo-desto sen público é viable?

    Non, é absolutamente inviable. Agardoque mellore pronto a situación epi-démica porque no caso contrario nonsei que vai pasar.

    HTTP://COUSASDEBUXO.BOLGSPOT.COM.ES (POR MARCOS ESCUDERO)OS TONIOS NO MONTE DO SEIXO

  • Setembro (1ª Ed.) [13]entrevista

    De onde es natural ti Jorge?Eu son natural de A Lama, somos unhafamilia bastante grande. O meu avóera de Avión e foi el quen se instalouaquí. Nacín no mesmo centro en con-creto na zona da Pedreira. Antes o nosoconcello tiña o nome de Calde Verga-zo.

    Vaia, non tiña nin idea e de queépoca estamos falando?

    Do SXIX, de feito no dicionario xeo-gráfico estatístico de España e Portugalpublicado en 1827 aínda aparecía asídenominado

    Creo que a túa familia ten bastanterelación co equipo de fútbol non?

    E tanto que si. Fíxate non somos noveirmáns, sete somos homes e os setechegamos a xogar no equipo de fútbol.Todos os meus irmáns tiveron que emi-grar menos eu que sempre quedei aquí.Eu mesmo tiven un papel importantena creación do equipo noso pobo. Ti-vemos épocas moi boas, chegamos axogar contra o Xuvenil de Ponteareasou contra o Goián.

    Véxoche a bufanda da S.D no teudespacho supoño que estarás moi

    satisfeito do ascenso á primeira di-visión?

    Abofé que o estou. Como che dixenantes eu teño moita vinculación comundo do fútbol, de feito non é pornada pero creo que lle pegaba bastanteben. O noso Concello desde logo queapoia ao equipo absolutamente. Defeito temos un campo marabilloso noque o concello ten investido moitoscartos.

    Cal foi a túa actividade profesio-nal?

    Estudiei en Ponteareas, e no ano 1979entrei na cámara agraria de A Lama le-vando temas de cobros. Logo metinmeno sector dos seguros e na banca.

    Cando iniciaches a túa actividadepolítica?

    Eu comecei a miña vida política noCDS, logo ese espazo político esvae-ceuse.

    Desculpa, se comezaches no CDS,seguro que coincidiches co amigoEmiliano, o alcalde de Fornelos

    Emiliano e eu somos como irmáns.Cando eramos mozos fomos xuntos ámoitas festas. De feito eu metinme no

    CDS pola influencia de Emiliano e deSerafín, o antigo alcalde de Fornelos.

    Que voltas dá a vida, eles remataronno PSOE e ti no PP

    Pois si, pero iso non quita, que tanto anivel persoal como institucional sigamostendo unha relación excelente.

    Pero no CDS non gañastesNon, a primeira vez sacamos un bo re-sultado, catro de once, pero non nosdeu para gobernar pois o PP quitouseis.

    E cando desapareceu o CDS que fi-xeches?

    Pois presenteime como independenteencabezando a lista do PSOE. Sacamoscatro e pactamos cunha lista de inde-pendentes que tiñan dous. E alí asumíná alcaldía.

    En que ano foi?En 1995.

    Entón aínda que non foses afiliado,a primeira vez que accediches á al-caldía foi na lista do PSOE.

    JORGE CANDA. ALCALDE DE A LAMA

    Jorge Canda é o alcalde de A Lama, leva toda unha vida como primeiroedil do seu pobo, un cuarto de século. Despois de pasar polo CDS e dechegar á alcaldía encabezando unha lista do PSOE como independentedecidiu presentarse nas listas do PP alá polo 1.999.Semella que o PP,como estamos vendo na actualidade na provincia de Ourense, xa tenpedigree histórico no modus operandi consistente en captar arepresentantes políticos que proceden doutras organizacións. Nósconversamos con el e atendeunos moi amablemente.

    “A NOSA RELACIÓN COA XUNTA ÉEXCELENTE. TODO O QUE EU LLEPIDO, FANMO”

    Bar GaxateEspecialidades:- Cocido, callos, bacalao, cabrito, empanada,pescados, mariscos...- Comidas por encargo y para llevar- Vinos: Barrantes, Ribeiro, Albariño...

    Calle del Puente, 16 - Gaxate

    Telf.: 986 769 271Lito: 639 474 963Dina: 628 051 206

  • entrevista

    [14] Setembro (1ª Ed.)

    Praza Pedreira, 5986 768 046671 472 290A Lama

    Si.E despois de 25 anos ininterrompidoscomo alcalde, non estás canso?

    Si, sigo estando ilusionado, pero cansotamén. Eu xa teño 63 anos e xa dixencon claridade que este vai ser o meuúltimo mandato.

    Como se produciu o teu paso de en-cabezar a lista do PSOE a ser alcaldepolas listas do PP?

    Foi n 1999. O PP local estaba en malasituación, e eu estaba a desgusto noPSOE pois tiñan unha problemáticainterna que facía a convivencia moidifícil. O PP deume todas as facilidadese un grupo de persoas cabreámonos copsoe e decidimos cambiar.

    Na Lama gaña o PP ou gaña JorgeCanda?

    Eu creo que non só na Lama senón namaioría dos concellos nas elecciónsmunicipais vótase máis á persoa que áopción política que representa.

    Cales son os principais atractivosturísticos de A Lama?

    A contorna natural é espectacular, aserra do Cando e as nosas fervenzas

    compoñen unha paisaxe inigualable ecalquera viaxeiro que nos queira dis-tinguir coa súa compañía estaría en-cantado de gozar con nós da inmensabeleza das paraxes na que se enclava onoso pobo. Temos cinco rutas de sen-deirismo preciosas, un foxo do loboque paga a pena coñecer. A nosa praiafluvial é do mellor que hai en Galicia.

    Todos os sitios que mencionas orién-tanse cara ao sector turismo, peroeste concello, corríxeme se me equi-voco, carece de establecementos dehostalería para acoller turistas?

    Agardo que no verán do ano próximoestea o hotel restaurado. Pero si, tes ra-zón, malia que algún restaurante hai,necesitabamos algún establecementode hostalaría máis para podermos acollerun volume máis elevado de visitantes.Teño que dicir, ao respecto disto, queos mellores cocidos do mundo, cómensena Lama, no Pelete, aínda que son porencargo. Aproveito a oportunidade queme dá A Nova Peneira para recomendara todos os lectores a que nos faganunha visita e os proben.

    Cantos habitantes ten A Lama, al-calde?

    2.476. Estamos subindo.Toda a Galicia interior ten un moigrave problema de despoboamentoe envellecemento da poboación. Su-poño que A Lama non será allea aesa circunstancia tan preocupante?

    Si claro é un problema que taméntemos. Nós temos moitísima emigracióne nos meses de verán aumenta a nosapoboación significativamente.

    Xa, pero o idóneo sería que o au-mento da poboación non fose algoestacional dos emigrantes que veñenpasar uns meses aquí e logo mar-chan senón que na Lama houbesealternativas e servizos suficientespara que os mozos e mozas que odesexen puidesen desenvolver unproxecto vital no pobo se así o qui-xesen?

    Si, pero incluso a nosa poboacióninfantil está aumentando cada vez temosmáis nenas e nenos.

    Que ben, canto me alegro. Outromal endémico da Galicia rural e a

    situación da sanidade. Como estamosna Lama?

    Aquí ata agora estabamos ben. Agoracomeza a percibirse algunha queixa.Temos certa dificultade con pediatría,pero tamén teño que dicir que, ao meuxuízo, ás veces hai xente que vai de-masiado aos médicos por cousas nondemasiado importantes.

    Que tal son as relacións cos DEP?Boas.

    O cambio de Louzán pola actualpresidenta que resultado tivo naDEP ao teu xuízo?

    Empeorou, as relacións seguen sendoboas pero agora a xestión é peor

    O teu colega Emiliano di que candoLouzán era presidente da DEP For-nelos era claramente agraviado?

    Cada un conta o conto segundo lle vainel, pero que non diga iso Emilianoporque non é certo. Eu coñezo ben aEmiliano e quéixase moito.

    E coa Xunta que tal?Moi ben, sempre se portan ben co nosopobo. Todo o que eu lle pido a Feijoofaimo.

    TELÉFONO 610 670 745 ANTAS - A LAMA

    REPARTO DE PAN

    Sanjurjo

    Daniel Sanjurjo Ogando

    SERVICIO A DOMICILIO

  • Setembro (1ª Ed.) [15]entrevista

    A ti, apelidándote Cachafeiro, comote apelidas, case non che vou pregun-tar de onde es.

    Ha ha ha ha. Efectivamente, o meuapelido é moi común no noso pobo.

    Cal é a túa actividade profesional?Eu teño un negocio, unha asesoría, daque me desvinculei cando entrei enpolítica. E na actualidade, estou com-pletamente centrada na política local.

    Cando iniciaches a túa actividadepolítica?

    En 1999. Levo 21 anos de militanciano PPdeG.

    Tamén fuches deputada provincial?Si, no mandato anterior 2.015-2.019Cando comezaches a túa actividadepolítica estaba David de alcalde, non?Si, aínda estaba el de alcalde.

    Que significou á súa figura para oconcello de Forcarei?

    Estou convencida de que, David, é unalcalde que vai pasar á historia do nosopobo. El quen foi quen fixo a obramáis importante do concello, o polígonoindustrial de Vilapouca. Eu sei que dei-xou a vida para poder concretar eseproxecto. E grazas ao seu esforzo e lu-cidez moitos veciños, non só de Forcarei,poden ter un posto de traballo na nosacomarca.

    Cando, por desgraza, David faleceu,asumiches ti a alcaldía, non?

    Si, no ano 2012.E como foron eses primeiros anoscomo alcaldesa?

    Moi duros, foi algo totalmente inespe-rado. E, David, alén de ser un excelentealcalde era unha persoa marabillosa,un amigo leal ao que eu quería moito.E acceder á alcaldía pola morte dunhapersoa que queres foi emocionalmentemoi difícil para min.

    No 2015 gañaches as elecciónsSi, eu e todos os meus compañeiros doPP fomos distinguidos coa confianzada maioría absoluta, naquel procesoelectoral.

    Nos catro anos que tivestes a maioríaabsoluta, cales foron as túas princi-pais liñas de traballo?

    Unha moi sinxela: procurar o ben

    común do conxunto da veciñanza deForcarei. Aínda que non o tivemosnada fácil pois tocounos unha épocaeconomicamente moi complicada naque tivemos que emprender un plan deaxuste realmente duro. De feito baixeimeeu mesma o meu propio soldo.

    O resultado dese plan de axuste?Moi satisfactorio. De feito en dousanos eliminamos unha moi importantedébeda de 800.000€ e melloramos subs-tancialmente os períodos de pago aprovedores alén de deixar importantescantidades en caixa. De feito, grazasás nosas políticas, agora mesmo hai unremanente de 1.700.000€.

    Que relación tivestes como alcaldesacoa DEP?

    Cando estaba Louzán, tivemos unharelación boa. Unha vez que chega opartido socialista á presidencia da DEPo trato con Forcarei foi inxusto esectario. Agora que no noso pobo temosunha alcaldesa do PSOE semella quequeren portarse mellor con Forcarei.

    Chegamos ao 2019 e faltáronche 37votos

    Pois si, perdemos a maioría absolutapor tan só 37 votos.

    A que o achacas?Eu sabía que fixeramos un bo traballo,e confiaba en revalidar a maioría. Creoque o problema foi que se producironlamentables prácticas de carretaxe devotos a persoas maiores.Eu fun advertida desa situación na xor-nada electoral, incluso pola garda civil,pero tomei a decisión de non interpoñer

    ningunha demanda.Vaia, pois esa práctica de carretaxede persoas maiores aos colexios elec-torais tradicionalmente sodes acu-sados de exercela vós

    Pois eu podo dicir que sendo alcaldesado PP do Concello de Forcarei, sufrinanas miñas propias carnes. E dígochecon rotundidade que nin con Davidcomo alcalde, nin comigo como alcal-desa, xamais utilizamos ese modusoperandi.

    Este novo goberno xa leva algo máisdun ano, cal é a túa valoración?

    A xestión política deste novo gobernoé nula. Alén de facer publicidade nasredes sociais, publicidade enganosapor certo, non fan nada por Forcarei.Ata tal punto que nun ano e pico nonforon capaces de presentar uns orza-mentos, e están con nosos prorrogados.Por outra parte os períodos de pago aprovedores empeoraron considerable-mente. En definitiva, a xestión desteequipo de goberno é caótica. Non soncapaces de asumir responsabilidadese só fan botarlle a culpa de todo áXunta.

    Esta pregunta teríame encantadofacerlla á alcaldesa pero increible-mente negouse a falar con nós

    Non te estrañe.Pois si, estráñame e decepciónameporque é algo non habitual, peroben, vai a pregunta. Se un lector oulectora quixera coñecer o teu pobocales son os seus atractivos princi-pais?

    Forcarei é un lugar máxico, eu non ocambio por ningún outro sitio no mundo,e aproveito a oportunidade para convidara todas e todos os lectores da Peneira aque nos coñezan. O noso pobo é moihospitalario e recibe a todo o mundocon grandes doses de cariño. A nosagastronomía é inigualable. Que dicirpor exemplo dos cocidos de Cachafei-

    ro¡¡.A natureza foi especialmente xe-nerosa con nós, os ríos Lérez e Umianacen en Forcarei. Ás súas beiras po-deredes gozar de rutas de sendeirismoque non deixan indiferente a ninguén.A intensidade cromática das nosasfragas fan que o viaxeiro se sinta trans-portado a outra época na que o estrésda vida cotiá non parece ter importancia.O mosteiro de Aciveiro é unha xoiabenedictina que paga a pena coñecer,logo temos as neveiras que restaurou onoso goberno en colaboración coa Xun-ta. O circuíto de karting de Soutelo étamén digno de ver...

    Rematamos Belén, o teu futuro po-lítico?

    No 2023 voume presentar ás elecciónsmunicipais sen ningún tipo de dúbida.Estou implicadísima co meu pobo evou traballar con toda a intensidade econ toda humildade o tempo que quedade mandato para tentar recuperar aconfianza maioritaria da veciñanza deForcarei.

    BELÉN CACHAFEIRO. VOCEIRA DO PP DE FORCAREI

    Belén é a xefa da oposición no concello de Forcarei. Militante do PPdesde hai máis de 20 anos, foi alcaldesa do seu pobo desde o 2.012,despois da desgraza do falecemento do alcalde David Raposeira, ata asmunicipais de maio do pasado ano, nas que por tan só 37 votos perdeu amaioría absoluta, facendo que por primeira vez na historia dademocracia o PSOE goberne este concello.

    “A XESTIÓN DESTE EQUIPO DEGOBERNO É CAÓTICA”

  • [16] Setembro (1ª Ed.)

    entrevista

    De onde es ti natural, Roberto?Son de San Miguel de Pesqueiras, pa-rroquia de Forcarei, onde vivo actual-mente.

    Hai un Pesqueiras en Salvaterra deMiño. Sabes de onde vén o nome da túaparroquia?

    Probablemente teña a mesma orixe queo Pesqueiras de Arbo, só que aquí seríandas pesqueiras da troitas, malia que nonqueden restos ningúns desas pesqueirasno río Castro, enfronte do Lérez. Sabé-molo polas citas nos documentos dazona.

    Cal é a túa formación, a que te dedicasprofesionalmente?

    Son enxeñeiro forestal e xerente do Con-sorcio provincial de bombeiros. Xa levo22 anos neste mundo

    Caramba, nestes 22 anos terás vividosituacións de todo tipo

    Pois si. Se cadra os incendios do 2006,do 2017 foron as vagas máis arrepiantes.De todos os xeitos vaise vendo o cambiopois cando eu comecei no 98 había máisde 10.000 incendios forestais ano e hoxeen día estamos nos 3.000. Falamos deque a cultura da xente vai mudando, omáis importante é conseguir que a xentecolla conciencia, de non a coller, dáigual o que fagan as administraciónsConseguimos que vaia calando a nosamensaxe de que o monte ten un valor, ede aínda que non teña valor ten queestar verde.

    A existencia de ENCE, ten algunha re-lación cos lumes forestais?

    Indirectamente si, porque impiden queexista un bosque ordenado. Fai faltaunha ordenación do bosque, incluída aexplotación forestal do eucalipto, e quehaxa espazos libres de eucaliptos, e quenon se invadan as terras agrarias, e querespectemos as carballeiras, os soutos eas fragas autóctonas, e que non permita-mos multiplicar o eucalipto despois dos

    incendios. Nestes lumes do 2017 vesemoi ben como as zonas onde había eu-calipto expandíronse enormemente. Nisonon se está a traballar e esa expansión sique é a fonte de futuros incendios.

    A túa militancia política cando come-zou?

    No 2014, sempre no bng. No ano 15acadamos un representante e no 19 ta-mén.

    No actual mandato décheslle o teu apoioao PSOE pero non entraches a formarparte do goberno, por que?

    O PP gobernou historicamente en Forcarei.O ano pasado conseguimos superalo porpouquiños votos. Démoslle o apoio aVerónica Pichel porque cremos que enpolítica tamén fai falta unha rexeneración.Estou convencido de que se deberíalimitar o mandato a oito anos, para nós ésuficiente para por en marcha un proxecto,e se en oito anos non es quen de polo enmarcha non vas ser quen de facelo nun-ca.

    Dende o 1975 sempre gobernou o PartidoPopular?

    Anteriormente gobernou Coalición Galegaantes de ser absorbida por AP e por PP.

    Coalición Galega a de Xosé Luis Ba-rreiro?

    Xosé Luis Barreiro é de Forcarei, estabaen Coalición Galega cando lle fixo amoción de censura a Albor. Temos moitosveciños ilustres en Forcarei, abofé quesi.

    En favor da alternancia décheslle oapoio, pero, por que non entraches nogoberno?

    As condición non eran as axeitadas, nonvimos un programa común que nos ilu-sionara. Decidimos que nesas condiciónera mellor non entrar no goberno, dis-crepamos nalgunhas ideas importantesdo programa, aínda que foi un escenarioque se valorou. Certamente o ofrecementoera ridículo e sen interese de que entra-

    ramos no goberno. As áreas de traballoeran insignificantes, sen o contido doque nós críamos que hai que facer enForcarei: nós cremos que hai que investirrecursos en fixar poboación aquí, endarlle posibilidades á xente para se quedara vivir aquí. Non vimos esa intención.

    Coa perspectiva destes 15 meses quevan co novo goberno, pensas que o apoioao novo goberno sen entrar nel, foi unhadecisión acertada?

    Malia non entrar no goberno, hai quedicir que dende maio do 19 houbo cousasque mudaron e que melloraron co respectoao goberno do PP. O cambio non foi osuficientemente grande, seguimos cosorzamentos prorrogados do PP.A díahoxe tomaría a mesma decisión. Estouconvencido de que tiñamos razón e deque hai que cambiar as cousas de calado.Se os veciños lle deron o respaldo aoPSOE terán que facer as súas políticas enós temos que incidir para mellorar osproxectos, con diálogo e propostas.

    Pero ti tes unha posición de forza ao tero voto do desempate: 5 PSOE, 5 PP, 1BNG.

    Sabemos que calquera decisión importantepasa polo bng, e a nós gústanos dialogare falar con todo o mundo. Co PP é máisdifícil chegar a acordos pola distanciaideolóxica. Aínda que temos as nosasleas nos debates políticos, as relaciónspersoais son respectuosas, en sendodifícil, o certo é que na política hai rivais,non inimigos. Estamos para arranxar osproblemas dos veciños e veciñas.

    No momento actual cales son os proble-mas principais que ten Forcarei ao teuxuízo?

    Para min, sen dúbida, o principal problemaé a perda de poboación. O colexio de

    Soutelo ten uns corenta menos, o deForcarei uns noventa. Cando eu ía áescola eramos corenta nun autobús. Aíndapor riba da perda de poboación, temos oavellentamento. O 45% da xente do con-cello ten máis de sesenta e cinco anos,cantidade de casas cunha soa persoa. Endefinitiva, a pouca viabilidade que tenun concello nesta situación. Forcarei tenmoitas posibilidades e temos que conse-guir que a xente quede.

    E a vivenda?Non só en Forcarei, senón que en todo orural galego temos o problema endémicoda vivenda. Aquí temos pisos da SAREVque son asequibles. No bng xa nos reu-nimos coa SAREV para pór a disposiciónesas vivendas e temos o seu compromisode pola en coñecemento.

    Cóntame cales son os principais atracti-vos, tanto para vivir como para vir pasaruns días de lecer.

    Forcarei é un lugar moi descoñecidocunha situación formidable. Está moicerca de Ourense, de Compostela, dePontevedra, de Vigo, de Porriño. Defeito, a ubicación é algo que valoranmoito as empresas que se instalan aquí,no polígono de Cachafeiro e en Vilapouca.Ademais, podes ter unha vivenda pormoito menos prezo ca nesas cidades,onde se cadra, tes o posto de traballo amenos tempo que desprazarse dentro dapropia cidade.Para vir visitar ten un enorme encanto asúa natureza espectacular, cos roteirosda Rede Natura: o Candán, as Brañas deXestoso. Por suposto, temos piscina,pista de pádel, ximnasios, e de todo onecesario para vivir ben e pasar unha finde semana. O que hai é que cambiar esechip de vivir nas cidades que vén daépoca do franquismo onde nos inculcaronque o rural era o atraso. Eu non cambioPesqueiras, nin Forcarei, por ningún sitiodo mundo.

    Para irmos rematando, ti representasao bng, partido cun incremento de votosimportante nestas últimas eleccións.Como é a saúde da asemblea local dobng de Forcarei?

    Estou encantado co meu equipo de tra-ballo, mesmo as outras forzas políticasrecoñeceron que o bng levaba o mellorequipo, con xente moi representativa dediferentes sectores. A nosa saúde é moiboa con perspectivas claras de crece-mento.

    ROBERTO JORGE CORREA. CONCELLEIRO DO BNG NO CONCELLO DE FORCAREI

    Roberto é concelleiro do Bloque en Forcarei. Aínda que é el o únicorepresentante dos nacionalistas na corporación municipal, a aritmética dacorporación deulle unha posición de privilexio xa que o empate a cinco entreos asentos que ostenta o PSOE e os que posúe o PP, convérteo en decisivo.De feito o seu voto fixo alcaldesa a Verónica do PSOE, malia que osnacionalistas non aceptaron entrar no goberno municipal. Hoxe, máis dunano despois daquela decisión, este enxeñeiro que represente á militancialocal do bloque segue considerándoa acertada.

    “HOXE TOMARÍA A MESMA DECISIÓN QUETOMOU O BNG DE NON PARTICIPAR NESTEGOBERNO DO NOSO POBO”

  • Setembro (1ª Ed.) [17]entrevista

    Ben, malia que a nosa cita ten por ob-xecto falarmos da banda de gaitas, xaque es o director do colexio, non po-demos deixar de preguntarche porComo estades a vivir aquí a inminen-cia da volta á escola dos nenos e dasnenas?

    Ben, pois de feito, mañá temos previstopresentarlle á comunidade educativa oprotocolo que o día 22 de xullo foi pu-blicado pola Xunta e destinado a todosos centros e que cada un debemos ela-borar adaptado á nosa propia realidade.Con respecto ao tema das ratios, nontemos moitos problemas porque somosun colexio con 90 alumnos. Temosaulas de 50 m2 e unha media dealumnos por aula de 11 ou 12, entóndá para manter as distancias. Temosalumnos dende infantil de 3 anos ata6º de primaria. Logo pasan ao institutoque temos aquí en fronte.

    Estás contento, satisfeito, cos pro-tocolos que implementa a Xuntapara supervisar a volta ao cole-xio?

    Eu creo que é un protocolo bastantecompleto. Sei que hai centros con máisproblemáticas sobre todo co tema dadistancia entre o alumnado. O problemaé que o risco cero non existe, iso é im-posible. Irá vendo a Administración seseguen os centros abertos ou pechan,agora ben, pódoche dicir que o sentirdos compañeiros é que estamos dese-xando que a ensinanza sexa presencial.Houbo moita alarma e agora hai moi-tísimas opinións e incertezas, ao final,non sabes a quen facerlle caso. A preo-cupación existe, o certo é que convivi-mos con xente de risco, con compañeiros

    que conviven con persoas de risco, enfin. As familias e o profesorado estamospreocupados.

    Falemos de ti Jose Antonio, ti esnatural de Silleda e es mestre non?

    Mestre en educación musical. De aí amiña relación ca banda de gaitas.Estudei na Universidade de Pontificiade Salamanca. Toda a miña familia émúsica, veño dunha gran tradición fa-miliar musical. Ademais, en Silledahai unha das grandes bandas de Galicia.O meu tío tocaba mesa banda, tocoudurante 55 anos. Estaba solteiro e vivíaalí connosco na casa onde nacín. Eben, foi un pouquiño o que nos inculcouesa paixón pola música. Gustoume es-tudar en Salamanca, é unha cidade im-presionante! Sigo indo case todos osanos porque á miña muller e ás miñasfillas encántalles. É raro que non vaia-mos un ano facerlle unha visita.

    Como empezou a túa vida laboral?En canto acabei a carreira tiven variasofertas porque ese ano estábase imple-mentando esa figura de mestre demúsica nos colexios, que antes nonexistía. Entón, rexeitei esas chamadas,tamén da Pontificia, para preparar opo-sicións durante un ano. Quíxeno intentare aprobei. Foi no ano 96.O primeiro colexio no que traballei foio de Olveira, que está mesmo frontedas Dunas de Corrubedo, é un colexioprecioso, con vistas cara as dunas. Des-pois en Rodeiro, en Forcarei, en Vilade Cruces, e o quinto ano xa condestino definitivo aquí en Forcarei.Aínda que vivo en Silleda, a uns 15minutos de coche, síntome moi impli-cado na sociedade de Forcarei. Xa lle

    estou dando clases a fillos de alumnos,incluso algúns xa marcharon do cole-xio!

    Cando decidiches crear a banda degaitas de Forcarei?

    Vouche contar como vai o tema dabanda de gaitas. Cando aprobei as opo-sicións no meu primeiro destino coin-cidín cun compañeiro que tamén eramúsico da Banda Artística de Merza,preto de Silleda, que tamén ten unhabanda centenaria. Como non tiña carnéde conducir veu onda min para pro-porme de compartir coche e piso porqueos centros onde pediramos destino que-daban moi preto. Estivemos vivindoun ano en Boiro. Este compañeiro éManuel Otero Rodríguez, agora mesmoé o director do CEIP de Soutelo, ooutro colexio que hai aquí en Forcarei,o CEIP de Soutelo de Montes. El, omeu irmán Juan Manuel e máis eu fo-mos os 3 fundadores da banda

    Ah, entón o famoso gaiteiro de Sou-telo realmente é de Forcarei?

    Si, da parroquia de Soutelo, concello

    de Forcarei. O tema é que desde aquelafixémonos moi amigos e acabamosambos os dous en Forcarei. El é taménprofesor de música en Soutelo. Entón,o anterior alcalde David Raposeira,que faleceu no 2011, tamén era profesoraquí no colexio, e unha persoa moiquerida, estaba organizando todos osanos a festa do Gaiteiro de Soutelo.Propúxonos formar unha organizaciónque representase Forcarei. ExistironOs Marteliños e pouco máis. Comonós os dous eramos mestres de músicapuxémonos alá polo mediados do 2005a dar clases nos colexios, tanto en Sou-telo como en Forcarei, como actividadeextraescolar para crear unha banda degaitas. Dixémoslle a David que preci-sábamos unha compra básica de mate-rial: gaitas, percusión… Cando xa em-pezou a coller forma a banda de gaitaspedímoslle uns traxes. David estabamoi ilusionado coa banda de gaitas e oconcello portábase moi ben. Os fillosdel tocan agora na nosa banda de gai-tas.

    JOSÉ ANTONIO VIDUEIRO. DIRECTOR DA BANDA DE GAITAS DE FORCAREI

    Forcarei non é alleo á principal problemática que padece o rural galego,a caída de poboación ante a falta de oportunidades para que os mozos emozas poidan desenvolver un proxecto de vida na súa terra, e a escasezade servizos. Por ese motivo, todos aqueles proxectos que, como amarabillosa banda de gaitas de Forcarei, contribúan a establecervínculos e cultura de comunidade merecen ser apoiados en gradosuperlativo. Na maioría dos casos este tipo de asociacións culturais oudeportivas xorden do voluntarismo e do inmenso esforzo dunhas poucaspersoas que lles dedican o mellor do seu tempo persoal. Así é o caso deJose Antonio, un dos fundadores da banda e o seu actual director. El étamén director do colexio do pobo e alí conversamos.

    “POUCAS BANDAS CHEGARON A TANTO ENTAN POUCO TEMPO, E HONESTAMENTE CREOQUE MERECEMOS UN MELLOR TRATAMENTO”

  • entrevista

    [18] Setembro (1ª Ed.)

    Cantos erades na banda?Ao principio eramos 30, na actuali-dade 55 músicos, metade homes emetade mulleres, dende os 13 aos60 anos de idade. É das máis grandesde Galicia.

    Cada canto tempo ensaiades?Coméntoche, os mércores e os xoves,dámos clases na Escola da banda degaitas tradicional que está aquí nocolexio. Cando acaba o período lec-tivo, os mércores damos clases enForcarei e os xoves en Soutelo deMontes. O sábado pola mañá, temosun grupo de pandereteiras “Lus deQueicoa” que dá clases de 11 a 12aquí no colexio, e despois de 12 a13:30 facemos ensaio xeral da bandade gaitas.

    Cóntanos as principais actuaciónsque tivestes?

    A verdade é que foron moitas. Poucasbandas de gaitas en tan pouco tempochegaron tan alto. Actuamos nasfestas da contorna de Forcarei e outrafestas. Pero un dos alicientes que lleofrecemos á xuventude para telosenchufados á música son as viaxes.

    Hoxe en día a xuventude está sobre-cargada de oferta de actividades. En-tón para atraelos organizamos viaxese concertos que saian do habitual,por exemplo, estivemos en Portugal,Santander, Barcelona, Madrid, Italiano ano 2013. Poucas bandas conse-guiron actuar 2 veces no Festival In-tercéltico de Lorient. Nós estivemosno ano 2013 e o ano pasado. EsteFestival dedícase cada ano a unhanación, pois o ano pasado foi dedicadoa Galicia (tamén fai 11 anos) e aBanda de Gaitas de Forcarei foi re-presentando a Galicia. Preparamosun proxecto moi bonito coa Bandade Música de Silleda e realizamos oconcerto inaugural, no Real Teatrode Lorient, e despois, como país in-vitado actuamos no Espace Marine,cunha capacidade duns 6.000 espec-tadores.

    E o repertorio?Preparamos o espectáculo que es-treamos o ano pasado nas Festas doApóstolo en Santiago: “Os camiñosde Breogán”. Foi un éxito total.

    Como financiades estas viaxes?Petando en moitas portas (Adminis-tración local, provincial e Xunta) epresentando proxectos interesantes.Agora é máis sinxelo polo prestixioque acadamos. Por outra banda, fi-xemos algo novidoso como é con-certos con bandas de música profe-sionais. Entre outros, Concerto deNadal coa Banda Municipal da Co-ruña no Auditorio de Galicia, coaBanda Municipal de Pontevedra, conbandas populares como a de Boiro,de Meaño, de Silleda... Mesturamos

    a música dos dous tipos de bandasque tradicionalmente amenizaban asfestas en Galicia, as gaitas e as bandasde música.Temos unha asociación cultural senánimo de lucro que xestiona o temaeconómico.

    Como se fan os deseños dos traxes?O vestiario é moi importante. O anopasado para acudir a Lorient fixemostraxes novos, o que supuxo un de-sembolso importante para a Bandade Gaitas. Unha parte foi financiadapolos compoñentes e outra parte porfondos que fomos tendo aí de apor-tacións de socios e actuacións querealizamos.

    Estades contentos co actual gobernodo PSOE?

    A subvención que tiñamos asignadaanual sempre nola deron, Verónicarespecta o tratado, pero sempre queresmáis. Sinceramente, esta banda me-rece un mellor tratamento, acadamosgrandes éxitos e un gran nivel..

    Como é a implicación da sociedadede Forcarei coa Banda? Hai futurocos nenos e coas nenas?

    Boa, para min a relación coa xentenon pode ser mellor. A escola estáa funcionar moi ben, con moitosalumnos e a Banda está a funcionarmoi ben. Deixamos unha base moisólida.

    RÚA REGUEIRA, 47 - FORCAREI986 754 146

    RestauranteEventos - Hostal

    C. Progreso, 4 - Forcarei986 754 134Fax: 986 754 [email protected]

    O TEUXORNAL

    EN GALEGO

    COAFORCOAFOR

  • Setembro (1ª Ed.) [19]

    entrevista

    De onde es ti natural Tino?De Forcarei.

    A que te dedicas?Teño un negocio de hostalería que ten43 anos, un ano máis ca min. Xa erados meus sogros. Nestes tempos deCOVID atravesamos un momentocomplicado.

    Cóntanos un pouco a túa historiaEduqueime e estudei en Vigo. Traballeivarios anos no sector do automóbil ataque a miña muller e máis eu decidimosvir atender o Paris. Dende pequenogústame o fútbol, crieime preto de Ba-laídos. Son do Celta, pero penso quenon é bo para Galicia que o Deportivoestea en 2ªB.

    Como decidiches crear a escola?Levaba varios xunto co meu cuñado,que é a outra base desta escola, quenlevaba dende cativo no último equipodo concello de Forcarei “SociedadeDeportiva Pesqueiras”. Xa non existetampouco dende hai 2 anos. Empeceicomo directivo no Pesqueiras durante6 anos, para botar unha man. Era unequipo senior e en decembro de 2013fundamos un equipo novo dende For-carei, non en Pesqueiras, tamén pararapaces. No mes de decembro xa fare-mos 7 anos.

    Cantos rapaces ten a Escola de Fút-bol Base Terra de Montes?

    Ao principio empezamos con 4 equipos,todos de base, despois fomos incorpo-rando veteranos, que xa existía peroentrou dentro do paraugas da Escola,senior feminino, senior de fútbol sala.Así pois, entre os rapaces e estes 3equipos, sobre 115 fichas. Entón temosrapaces dende 4 anos ata veteranos de50 anos. Os nenos e nenas xogan mes-turados nos equipos base. Na basetemos 2 rapazas.

    Onde adestrades?No campo municipal de Forcarei. É uncampo de terra. En principio a Depu-

    tación ten xa aprobado o proxecto parafacer un campo de herba artificial. Poloque nos din no Concello, a idea é ter océspede sintético antes do final desteano.

    Que vinculación observas na rapa-zada de Forcarei? En todo o colexiohai 90 alumnos e vos tedes máis fi-chas, como é posible?

    A ver, porque en base, ou sexa rapaces,andarán polos 70. Tamén veñen rapacesde Cerdedo, de Beariz, concello limítrofeda provincia de Ourense, onde hai moipouquiños rapaces pero á nosa Escolaveñen 4.

    Como fixestes, o teu cuñado e máisti, para captar os rapaces?

    Naquel momento, o que primeiro fixe-mos, antes incluso de fundar a Escola,foi un campus para ver realmente queinterese podería suscitar o tema dofútbol e tamén para entrar en contactocoa xente, porque unha vez que entrasen contacto aquí, que é unha vila pe-

    quena, xa se coñece o que presentas. Edespois si, fomos aos colexios. Somospoucos e rapidamente coñecémonostodos. A xente respondeu con moitointerese aínda que o primeiro ano, lo-xicamente, entramos con dúbidas. Asdúbidas tamén as tiña a xente, peropouco a pouco foise incorporando.

    Cal é a cor da equipaxe?O tema de por as cores e facer o escudofoi fácil porque comezamos polo nome.Tiñamos unha idea clara para o nome,queriamos “Terra de Montes”, queabrangue non so Forcarei senón toda acomarca : Cerdedo-Cotobade, A Es-tradai, Beariz, que aínda que é Ourensetamén toca.A miña irmá é a que lle dá forma asideas que se nos pasan pola cabeza. Acamiseta é amarela, o pantalón verde emedias verdes, representa un toxo conflor, un toxo con chorima.

    Que tal a relación coas alcaldesas,a anterior e a actual?

    Con Belén moi boa. Ao principio xasabes que todo o que é novo xera des-confianza, pero despois vaise vendo oproxecto. Tamén pasou cos patrocina-dores. Pero conforme o proxecto sevai asentando a xente vai respondendo.Con Verónica tamén ben, desde o pri-meiro momento sempre estivo ao ladoda Escola e botouse para adiante taména renovación do campo de fútbol. Cer-tamente, non notamos o cambio, nonhai queixa.

    Un dos principais problemas delevar fútbol base é o do financia-mento porque hai que pagar viaxes,equipaxes e material. Como levadesa cuestión económica?

    Temos unha cota anual para os rapaces,e o resto que é o groso, con subvenciónse patrocinios. Recibimos unha subven-ción do Concello e outra da Deputación.As empresas tamén axudan con patro-cinios. Aínda que non temos na bisbarragrandes empresas, as que hai colaborantodas. En definitiva, toda a sociedadede Forcarei se implica coa Escola.

    Falemos de adestradoresEste ano contabamos con oito monitores,que tamén son todos rapaces da zona.É un traballo vocacional, o único quereciben é unha axuda para os despra-zamentos e un equipamento. Aproveitoa ocasión que me dá A Peneira paraagradecérllelo, en nome da directiva edos cativos que adestran.

    Na directiva cantas persoas sodes?Somos seis. A verdade é que lle dedi-camos moitísimo tempo, agora mesmoquizais menos, pero canda arranca atempada o que nos salva é que sempresomos os mesmos, coñecémonos ben,e vai andando de rutina. Pero hai cou-siñas que non alcanzamos a facer. Porexemplo, quixeramos acompañar sempreos nenos nos partidos pero tamén temosque acompañar aos nosos propios fillos,e hai que repartirse. En fin, estas cousasfalas porque che gustan senón seríaimposible dedicarlle tanto tempo e es-forzo. Fundamos esta Escola con moitailusión pero o que desexamos é asentareste proxecto para que continúe candoxa non esteamos as persoas da actualdirectiva. É un proceso aberto, cadacatro anos hai eleccións e pode pre-sentarse todo aquel que queira.

    Entendo que con máis de 100 fichaso futuro está asegurado, non si?

    “TODA A SOCIEDADE DE FORCAREI ESTÁMOI IMPLICADA COA ESCOLA DE FÚTBOL”

    TINO NOVOA CERDEIRA. PRESIDENTE E FUNDADOR DA ESCOLA DE FÚTBOL BASE “TERRA DE MONTES”DE FORCAREI

    Xunto coa banda de gaitas, aescola de fútbol base “Terra deMontes” se cadra é o máisimportante proxecto colectivo decomunidade no pobo deForcarei.Nós falamos co seupresidente e fundador TinoNovoa.

  • [20] Setembro (1ª Ed.)

    entrevista / forcarei

    Pois é complicado, cada ano Forcareiperde poboación, decrece. Ten o problemada Galicia interior da escasa natalidade.Nós imos montando os equipos, digamosque un equipo alevín montámolo con 6alevíns e 7 benxamíns que temos quesubir de categoría. O equipo infantil ti-vemos que desfacelo porque todos xo-garon cos cadetes, é dicir, a intención éter o maior número de equipos pero haique ir facendo segundo nos dá. De feito,ao principio, de catro equipos tres erande fútbol sala porque requ