“Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de...

16
“Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu: 128 filmes e 65 actividades Páxina 10 Páxina 13 Páxina 11 Páxina 15 I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui e I Concurso Miñomáxico José María Gude será o homenaxeado no acto cívico do Alivio A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa na 15k do Atlántico 2019 Páxina 6 Salceda estrea rede wifi gratuita nos espazos públicos Páxina 3 ANO 4 | Edición nº 45 | Setembro de 2019 | Precio 2 euros

Transcript of “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de...

Page 1: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

“Efecto Pasillo” e Dakidarría” nasFestas do Cristo do Porriño

12º Festival Internacional de

Curtametraxes de Bueu:128 filmes e 65 actividades

Páxina 10

Páxina 13

Páxina 11

Páxina 15

I Concurso FotográficoEnmárcate en Tui e

I Concurso Miñomáxico

José María Gude será ohomenaxeado no acto

cívico do Alivio

A Paisaxe do CamiñoPortugués da Costa na15k do Atlántico 2019

Páxina 6

Salceda estrea rede wifigratuita nos espazos

públicos

Páxina 3

ANO 4 | Edición nº 45 | Setembro de 2019 | Precio 2 euros

Page 2: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

2 NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

Page 3: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

3NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

LouriñaO PORRIÑO

David Alonso ultima diversasnovidades para as Festas doCristo que acollerán concertos,

actuacións musicais itinerantes polosbarrios e un autobús descapotablecunha banda de música que irá to-cando e animando por todas as parro-quias do termo municipal.

O concelleiro informou que xa aténpechados dous concertos: o venres20 co grupo “Dakidarría”, unha bandade ska punk fundada en Nigrán en2003 e o sábado 21, co grupo canario“Efecto Pasillo” que entre outros cantano coñecidísimo tema “Cuando mesiento bien”.

Por outra banda para incrementar aanimación nas prazas e rúas da cidadeestá a preparar unha serie de actuaciónsmusicais itinerantes con grupos defolk, blues, jazz e charangas quetocarán polos barrios do casco urbánde Porriño. E para a animación nasparroquias, o concelleiro pechou acontratación da Banda de Música deArcade que irá tocando a bordo dunautobús descapotable por todas as pa-rroquias do termo municipal. Tanto amúsica itinerante como a banda enautobús serán o 29 de setembro, coin-cidido cos Callos e co Raly Mix “Concellodo Porriño” que é outra das novidadesdeste ano xa comentada.

En canto as verbenas, o concelleiroquere recuperar que actúen en sitiosemblemáticos da vila como a rúa An-

tonio Palacios e a Praza Central. Entreas orquestas xa contratadas figuran“La Fórmula”, “América” e “Charleston”.

“Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo

OConcello de Porriño e a Fede-ración Galega de Automobi-lismo trataron hoxe dos

detalles da organización do "I RallyMix Concello de Porriño" que terá lugardurante o fin de semana do 28 e 29 desetembro, é dicir durante o chamado"Recristo" e nas datas da Festa dos Ca-llos. Tratase por tanto dun novo ali-ciente para a Semana Grande dasfestas patronais de Porriño.

A organización do evento correrá acargo da "Escudería Surco" de Salvaterrado Miño coa colaboración da Federacióne co patrocinio do Concello. A probaterá dúas mangas: unha na tarde dosábado 28 e a segunda, na mañán dodomingo 29 de setembro.

Os detalles abordaron este mediodíanunha reunión de traballo celebradano Concello de Porriño que presidiu

Lourdes Moure, alcaldesa accidentalna que participaron Daniel Rodríguez,Inspector Xefe da Policía Local, repre-sentantes da Escuderia Surco e IvánCorral, presidente da Federación Galegade Automobilismo e Benigno VázquezColino, responsable de marketing damesma federación.

O traxecto das dúas mangas será ó

longo do termo municipal. Tendo enconta que un Rally Mix é unha modali-dade de competición que se desenrolasobre terreno mixto e que o percorridoda proba non se desvela ata horasantes para imposibilitar os adestramen-tos, habera unha certa dose de misterio.Ademáis poden participar dende KartCrossata carrozados de todo tipo.

I Rally Mix durante as Festas do Cristo

Precio unificadoa 5 euros das

racións na Festados Callos

Trinta e cinco establecemen-tos de hostelería de Porriñoparticiparán na XXVI edición

da Festa dos Callos. O certamegastronómico que organizan Con-cello de Porriño e a asociaciónempresarial Acipor terá lugar o 29de setembro durante as festas pa-tronais e constitue un dos princi-pais reclamos para milleiros devisitantes que acuden nesas datasa Porriño.

Unha das novidades deste anoserá o prezo da ración que unificasea 5 euros por acordo dos organi-zadores e dos establecementos dehostelería que mantiveron onteunha reunión preparatoria. Outrodos acordos foi a elección do cartelanunciador da Festa que será pre-sentado o martes 24 de setembronun acto a celebrarse na praza doConcello cunha degustación decallos para os asistentes.

Efecto Pasillo

Dakidarría

OConcello de Porriño a tra-vés da Concellería deIgualdade e o Centro de

Información ás Mulleres (CIM) estáa realizar no último cuatrimestredo ano unha serie de obradoiros enpro a fomentar o crecemento per-soal das mulleres.

Esta semana desenrolase unobradoiro de “Coaching ontolóxico:Biodanza” que se impartirá ata o20 de setembro.

Na mesma liña o xoves 5 de se-tembro dará comenzo outro obra-doiro que comprende catro módulosa desenvolver nos meses de se-tembro, outubro, novembro e de-cembro . Está organizado por “Xus-tinea” e forma parte do ProgramaIntegral de “Mulleres Mundando oRural” no que colabora a Conce-llería de Igualdade do Concellodo Porriño.

Obradoiros paramulleres

Page 4: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

NOVAS DE TURONIO | Setembro de 20194

LouriñaO PORRIÑO

Amellora do valadoe peche perime-tral e a amplia-

ción da sinalización deperigo xa remataronconforme o acordo aca-dado polo Concello dePorriño e titulares dasexplotacións de Atiospara bloquear o accesode bañistas e curiososás canteiras. Tamén seadiantou o portalón deacceso á zona.

Todas estas medidas foron acor-dadas o pasado 27 de xullo durantea reunión presidida pola alcaldesaEva García á que asistiron represen-tantes das firmas concesionarias enrepresentación de “Pocasa” (“Porri-ñesa de Canteiras”) e do empresarioManuel Carrera Lorenzo, titular dacanteira “Arcace nº 21” que era acanteira onde acudían máis bañistas

e curiosos.Todo este paquete de medidas

“son para protexer a seguridade detodos” segundo valorou a alcaldesaque engadiu que “acceder ás can-teiras e bañarse nelas supón unacto de manifesta irresponsabilidadeque pon en perigo a integridadefísica de quen o fai e dos que llesacompañan”, rematou Eva García.

Concluidas as obras de valado esinalización das canteiras

Oconcelleiro, David Alonso eJulio Bernárdez, xefe do Ser-vizo de Deportes comprobaron

as oito novas máquinas instaladas noximnasio do Pavillón de Porriño. A es-trea realizaráse o luns 2 de setembro.

O Concello de Porriño ven de investir18.000 € na adquisición destas máquinase diverso material deportivo para osusuarios destas instalacións.

O concelleiro de Deportes indicouque as catro máquinas que se retiranserán cedidas a diversos clubs da vila.

Por outra banda durante a visita ásinstalacións, o concelleiro comprobouas melloras que se están a implementarna piscina municipal cun investimentode 30.000 euros. A maiores o concelleiroagarda iniciar de inmediato as obrasde impermeabilización nos voladizosda entrada á piscina que están valoradosen 40.000 €.

Asimismo a partires do luns o con-celleiro agarda que se poidan acometer

as tarefas pendentes de lixado, pulidoe barnizado que mediante tres quendasde traballo rematarían en dúas semanas.Durante eses quince días acometeriaseprimeiramente a pista 2 e logo a pista1, axustando as labouras cos calendariosdos equipos de balonmán e baloncesto.O investimento para estas obras seráde 48.000 €.

Estrea das novas máquinas noximnasio do Polideportivo Municipal

As obras de reforma deespazos e mellora dagardería de Torneiros,

vencellada a rede “GaliñaAzul” da Xunta de Galicia,están prácticamente remata-das como comprobou unha co-mitiva municipal encabezadapola alcaldesa, Eva García e aconcelleira de Educación,Lourdes Moure.

En presenza das responsablese persoal da gardería así comode algunas nais que estaban acolaborar en tarefas de limpeza,a comitiva municipal compro-bou o resultado das obras. Nazona dos nenos de 0 e 1 anose de 1 e 2 habilitaronse novosespazos de baños, lavabos ecambiadores así como novomobiliario. Asimesmo se ha-bilitou outra nova dependencia,unha “aula de soño” e se re-novaron instalación eléctricas

e de fontanería. Por outra banda tamén pin-

taronse aulas e espazos comúne se instalaron detectores defume e outras medidas de se-guridade recomendadas poloConsorcio Galego de Servizosde Igualdade e Benestar. Estaadministración, dependente daXunta de Galicia otorgou luzverde ó proxecto o pasado 14de agosto razón pola que asobras empezaron o festivo 15

e os traballos tiveron que re-alizarse en dúas semanas.

O Concello de Porriño enviaráa persoal para que faga a lim-peza xeral das instalacións afin que se poida abrir a GalinaAzul de Torneiros para o vin-deiro xoves día 5.

O custe final das obras é de48.054 e son aboadas poloConcello de Porriño con cargoá partida de cofinanciacióncoa Xunta de Galicia.

As obras de reforma da “Galiña Azul” deTorneiros realizáronse en quince días

Vintecinco establece-mentos de Porriño econcellos limítrofes

participaran na XXI ediciónde “Merca na Rúa, Feira deOportunidades” que vai terlugar o vindeiro fin de se-mana na zona peonil da vila.

Haberá 28 stands (algun-has das firmas doblan) queofrecerán “descontos de atao 80% xa que a intención éliquidar os restos da tem-poada”, explicou Noelia Con-de, xerente de ACIPOR e im-

pulsora de “Morea, CentroComercial Aberto do Porriño”.

A iniciativa do tecido co-mercial da vila foi louvadatanto por Sergio Casal, con-celleiro de Comercio comopor David Alonso, edil deEmprego que comentou que“actualmente en Porriño hai1.200 autónomos dos queo 60% adicanse ó sectorservizos de xeito que even-tos como este axudan a di-namizar e son moi de agra-decer”.

XXI Merca na Rúa, Feira deOportunidades

Page 5: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

5NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

LouriñaO PORRIÑO

OGoberno Municipal dePorriño co apoio damaioría da corpora-

ción “garante o pagamento ósempresarios e proveedores dePorriño fronte á política deatrancos do PP que ainda nonasumiu que non gobernaráeste concello neste mandato”,manifestou Eva García, alcal-desa da vila.

De xeito que a maioría daCorporación coa suma de votosde concelleiros do PSOE, EUSon, BNG e grupo mixto (Ma-nuel Carrera) derrotou as pro-postas do Partido Popular du-rante a sesión celebrada estemediodía.

O PP pretendía con estepleno extraordinario convocadopola súa iniciativa, frear ospagos a proveedores e empresasoponiéndose ás mdoficaciónsde crédito prantexadas. Asi-mesmo o PP demandaba” unharevisión de oficio de toda afacturación dos exercicios 2016,2017 e 2018 para depurar asirregularidades que se tiverancometido”, segundo expusouo voceiro Alejandro Lorenzo.

“Iso suporía atrancar o fun-cionamento do Concello de Po-rriño durante anos e terminarpagando con xuros o que sedebe” respostou Lourdes Mou-re, concelleira de Fazenda quelembrou o voceiro da oposición“cando vostede estivo no go-berno municipal con NelsonSantos aprobaron pagos defacturas por 18 millóns deeuros mediante modificións decréditos e recoñecementos ex-traxudiciais”, sinalou a voceirasocialista.

“Unha revisión xeral de oficioda facturación pendente seríaunha temeridade” segundo Ma-nuel Carrera mentres que PedroPereira e Pedro Ocampo taméncoincidiron en manifestar du-rante o pleno o seu rexeita-mento a unha revisión de oficio“que sería unha temeridade”apostillou o voceiro do BNG.Pola súa banda Ocampo fixo aobservación de que na conta413 “sí se revisarán algunhasdas facturas segundo acorda-mos na comisión informativa”,extremo co que estiveron da-cordo BNG e PSOE.

Os concelleiros do PP pre-sentaron votos particularescontra as modificacións de cré-dito propostas polo gobernomunicipal. Os votos particu-lares foron derrotados e aspropostas do goberno municipalsairon con 9 votos a favor(PSOE, EU Son, BNG e Carrera)e 8 abstencións (PP).

Unha desas modificaciónsde crédito, polo tanto aprobadahoxe, por importe de 473.000euros é para pagar facturascon recoñecemento extraxudi-cial a dez empresas por servizos

e obras. A aprobación da ope-ración garante o pagamentoen breve.

A outra modificación é porimporte de 1.700.000 euros.O acordo adoptado hoxe polamaioría da Corporación deter-mina a xeneración do créditopara o pagamento a 238 pro-veedores e empresarios do Con-cello de Porriño. Agás aquelasfacturas que deban ser revisa-das segundo o acordó de PSOE,EU Son e BNG. Para as restantesainda que estará a súa ratiti-cación no seguinte pleno que

será o ordinario de setembro. Outro punto da sesión era a

ratificación do contrato coaempresa “Ascan” para a limpezaviaria conforme decidiu haimeses a mesa de contratación.O PP pretendía derogar esaadxudicación alegando supos-tas deficiencias na prestacióne tamén prantexou un votoparticular que foi derrotadopola maioría da corporación.Sergio Casal, concelleiro deMedio Ambiente do gobernomunicipal defendeu a adxudi-cación que” foi decidida nunhamesa de contratación con catrotécnicos sen intervención depolíticos”.

A adxudicación a “Ascan”foi ratificada con 7 votos afavor (PSOE, EU Son e Carrera)e 10 abstencións (PP e BNG).

Por último, nesta sesiónplenaria quedaron finalmenteaprobadas as retribucións daalcaldesa e concelleiros queforman o goberno municipalen réxime de adicación exclu-siva, asunto que quedou pen-dente no pleno municipal dopasado 12 de xullo.

O goberno municipal co apoio da maioría salvagarda os pagosás empresas e proveedores de Porriño

Page 6: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

NOVAS DE TURONIO | Setembro de 20196

LouriñaO PORRIÑO / SALCEDA

Con motivo da XXVII Festa dosCallos, o Concello de Salcedabotou a andar un servizo de

wifi gratuíto en diferentes espazospúblicos, para o uso do público enxeral.

O sistema conta coas últimas tec-noloxías wifi de 2,4 e 5 Ghz, capazde soportar un gran número de usua-rios/as sen descenso do rendemento.Conta con puntos de acceso na Prazado Concello, Casa da Cultura Castelao,Praza da Devesa, CDL O Torrón e Pa-villón Municipal, e garantirá o accesogratuíto mediante banda ancha aopúblico en xeral, o que garantirá ta-mén o acceso á administración elec-trónica, eliminando a barreira quesupón para unha parte da cidadaníao acceso a internet. A Unión Europeasupervisará que se cumpran en todomomento os criterios de calidade daconexión, que non debe baixar de30 Mbps, e debe estar garantida porun período mínimo de tres anos.

O proxecto supuxo un investimentode 28.846,60 €, dos cales 15.000 €son aportados pola Unión Europeadentro do programa wifi4eu, e oresto polo propio Concello.

O programa wifi4eu estase a im-plantar en milleiros de municipiosde toda Europa, dos cales unha vin-tena son municipios galegos, poloque para Salceda é un privilexiopoder formar parte do programa.

Salceda foi un dos cinco primeirosmunicipios de Galicia en beneficiarsedo programa, xunto con Cerdido, Olei-ros, Rianxo e Toén, aínda que na ac-tualidade o proxecto xa está a chegara unha vintena de concellos galegos.

Salceda estrea rede wifi gratuitanos espazos públicos

Un apretón demans sellou oacordo entre

Consellería de Sanidadee Concello de Porriñopara que ambas admi-nistracións poñan o má-ximo empeño en axilizarprazos e execución daampliación do Centro deSaúde. O compromisoestablece que en dousmeses licitaráse a redacción do pro-xecto.

O Conselleiro, Jesús Vázquez Almuiñae a Alcaldesa de O Porriño, Eva Garcíade la Torre escenificaron a firma doconvenio polo que o Concello cedeunha parcela anexa e comprometesea prestar os servizos e suministrosnecesarios para a posta en funciona-miento do Centro de Saúde. Pola súabanda, a Consellería executará a obrade ampliación e se encargará da do-tación de material e persoal.

Conselleiro e Alcaldesa presidirona reunión celebrada este mediodía nasé da Consellería en Santiago. No en-contro estiveron os concelleiros dogrupo EU Son, Pedro Ocampo e Blanca

Francés, invitados pola alcaldesa aformar parte da representación muni-cipal en recoñecemento ó seu prota-gonismo na reivindicación desta mellorasanitaria. Pola banda da Consellería,Vázquez Almuiña estivo acompañadopor Alberto Fuentes, secretario xeraltécnico, e por Antonio Fernández Cam-pa. Xerente do SERGAS.

A reunión foi producto de que oconselleiro de Sanidade atendera aqueixa recente formulada polo Concellopor unha descortesía institucional pornon ter recibida información algunado Conselleiro nin do seu staff sobrea licitación da redacción do proxectocomunicada hai uns días polo Sergasa través dunha nota de prensa.

Acordo para axilizar a ampliacióndo centro de saúde do Porriño

Page 7: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

7NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

LouriñaSALCEDA DE CASELAS

Na presentación daXXVII Festa dos Callosde Salceda que se ce-

lebrou o pasado domingo a Al-caldesa, Loli Castiñeira, queafrontaba por vez primeiraesta festa como rexedora, es-tivo acompañada do seu Con-celleiro de Cultura AlexRodríguez, do Presidente dogrupo Señorío de Rubiós Anto-nio Méndez e dos representan-tes do grupo Coren FernandoCórdoba e Alejandro Alonso,que un ano máis foi o encar-gado de dirixir a preparacióndos callos na mesma Praza doConcello. Precisamente Ale-jandro confirmaria que se pre-pararian 20.000 racións decallos, para as cales ian em-pregar 1800 kg de ventre devacuno, 900 kg de carne depata de tenreira, 2.100 kg degarbanzo remollado, 425 kgde lacón e 350 kg de chourizogalego, co seu sofrito corres-pondente, que sumarian untotal de máis de 5.000 quilosde producto. A preparacióndos callos comezou de vésporapara ter o producto preparado

ás 8:30 para empezar a despa-char sobre as 9:30. FernandoCórdoba, director da unidadede negocio do grupo de Corendefinía a Alejandro como unclaro referente de esforzo, tra-ballo, compromiso, dedicacióne sobre todo cercanía coa cul-tura galega.

Efectivamente as nove damañá xa aparecerian os veciñosde Salceda dispostos a levarseos callos pra casa. Asi co-menzaria unha xornada festivana que se degustaron mais de20.000 racións de callos. Detal xeito que sobre as tres datarde xa tiveron que deixarde vender tikes porque nonquedaba mercancia. Ainda en-gadíndolle refuerzo de callosna reserva que se trouxerondas instalacións de Coren noPorriño.

A ración de callos para de-gustar na propia festa, incluíndoo viño, o pan, o prato e a tazaconmemorativas tiña un prezode 8 €, podendo tamén levaros callos “en tarteira” a 6 € aración. Ademais, por terceiroano, na festa servironse tamén

callos sen gluten para que aspersoas celíacas non deixarande disfrutar do evento.

Os callos estiveron acom-pañados por un tinto Sousónde Señorío de Rubiós, conStand propio na Festa.. O Pre-sidente do grupo Antonio Mén-dez agradeceu á corporaciónpor darlles a oportunidade depresentar nesta exquisita festao seu tinto da uva máis abun-dante de Rubiós, a variedadeSousón. Os tintos de Rubióssempre foron famosos polo“retinto” que é a variedadeSousón, constituíndo un 90%da uva producida en Rubiós.Ademais doSousón no propiostand vendian outros viñosda mesma Adega de Rubiós.Antonio destacou a impor-tancia das festas locais paraaxudar a promocionar os tin-tos, que non sempre resulta

doado vender.O showman Paco Lodeiro

foi o encargado de dar o pregónda festa o domingo ás 12 domediodía, pregoeiro que vol-veria subirse ao escenario ás21:00 horas para participarcomo vocalista na recuperadaOrquestra Sur.

Loli Castiñeira, Alcaldesa deSalceda, agradeceu o traballoinmenso do Concelleiro de Cul-tura Alex Rodríguez para sacara festa adiante, así como otraballo e as ganas do equipode goberno, recén chegado. Aalcaldesa definiu a Salcedacomo a capital dos callos “porconstancia, por traballo e por-que as diferentes persoas quelles tocou nas edicións ante-riores traballaron arreo”, fa-lando dunha festa que foi me-drando no eido turístico, conmilleiros de persoas ao longo

de toda a fin de semana.Foron ademais os primeiros

“callos en igualdade” dentroda campaña “Agresión off” conactividades toda a xornada eestablecendo a igualdade comoun dos eixos fundamentaisneste mandato, en palabrasda propia alcaldesa, que quixotamén realizar un agradece-mento especial ás máis de 40persoas voluntarias, proteccióncivil e traballadores/as do Con-cello que a pesar de ser poucaxente botan unha man paraque a festa saia adiante e sencuxo esforzo sería moi difícilpara un Concello pequeno comoSalceda sacar adiante unhafesta destas dimensións.

Como novidade destacar quenesta edición non se instaloua "carpa oficial" na que as au-toridades locais recibían aosseus convidados

“Callos en igualdade”en Salceda

OConcello de Salcedabotará a andar a partirdo mes de setembro

un gabinete de atención tem-perá para atención á poboa-ción infantil de 0 a 6 anos coobxectivo de dar respostacanto antes ás necesidadestransitorias ou permanentesque presentan os nenos enenas con trastornos no de-senvolvemento ou en risco depadecelos, para facilitar o de-senvolvemento da súa autono-mía persoal e a inclusiónsocial.

O gabinete contará cun equi-po especializado formado porun mínimo de tres integrantesdos campos da psicoloxía, lo-gopedia e fisioterapia, e aten-derá tres días da semana enSalceda e dous nas Neves. Oservizo está financiado nun80% pola Consellería de PolíticaSocial da Xunta de Galicia,para o que ven de concederunha partida de 15.603,17 €que o equipo de goberno soli-citara na anterior lexislaturae que agora bota a andar através da Concellaría de Be-

nestar Social.O Concello de Salceda de

Caselas amplía así a súa carteirade servizos á infancia. O Gabi-nete de atención temperá úneseao servizo de pedagoxía e lo-gopedia co que xa conta oConcello dende fai unha década,e que o converte nun dos pou-cos Concellos de Galicia queofreza estes dous servizos.

Nesta semana, a alcaldesaaccidental Verónica Tourón ea Concelleira de Benestar So-cial, Ángela Ledo, reuníronsecoa Concelleira de Benestar

Social do Concello de As Neves,Pilar González, para coordinara posta en marcha do servizo,que se fará nas vindeiras se-manas, e que no caso de Sal-ceda terá lugar no Centro Socialda Devesa. Verónica Tourón e

Ángela Ledo coincidiron enapuntar que “estamos a falardun servizo esencial nos pri-meiros anos dos nenos e nenas,xa que dunha boa diagnosepode depender o seu futuropersoal e académico”.

Salceda disporá dun gabinete de atencióntemperá a partir de setembro

Page 8: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

NOVAS DE TURONIO | Setembro de 20198

SALCEDA DE CASELAS

Louriña

Colaboradores: Rocio Pereira [email protected] , Anxo S.Porto Ucha, Raquel, Carlos Méixome, Vázquez, Viale Moutinho,Manuel X. Xiraldez, Fco. Puñal Suárez, Pilar Martinez, Manuel Rodríguez Alonso, Xulián Maure, Uxio Breogán, X.A. Pérez Lema,Xosé González Martínez, Manuel Bragado, Baldomero Iglésias(Mero), Nicolás Xamardo, Luis Martínez Risco, Fco. Peña Casti-ñeira, Nemesio Barxa, Andrea Goro, Anxo Mena, Inma Otero Va-rela. Manso Preto, Isabel Varela, Francisco Álvarez-KOKI.

Depósito legal: VG 40-2016

Edita: Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L. Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD (36860 PONTEAREAS - GALIZA) T. 986 64 12 69 [email protected]: Publicaciones Tameiga S.L.Publicidade: Dpto. propio e axencias [email protected]ño e maquetación: Fran Eiró

Director: Guillermo Rodríguez Fdez. T.658 58 50 49 [email protected]

Tradución e correción: Montserrat Rodríguez [email protected]

AAlcaldesa de Salcedade Caselas, ante a co-municación emitida

pola Xunta de Galicia a tra-vés dos medios de comunica-ción, trasladou que oConcello de Salceda actuouen todo momento en con-tacto coa Xunta de Galicia,contando con permiso tele-fónico e verbal do vixiantede zona para acometer a me-llora, e solicitando o permisopor escrito tal e como secomprometeron. Así mesmo,dende o Concello tense xasolicitado o traspaso da titu-laridade do vial, polo que aXunta quedaría libre de cal-quera tipo de responsabili-dade á que agora fanreferencia. Sen embargo aXunta de Galicia emprega aprensa como canle de comu-nicación, trasladando poreste medio a apertura de ex-pediente sancionador aoConcello, feito que a día dehoxe non consta por ningúnoutro medio que non sexa aprensa.

Dende o Concello de Sal-ceda amosaron a súa sorpresaante a presunta apertura dunexpediente sancionador polofeito de solucionar un pro-blema de acceso da veciñanzada parroquia de Entenza fun-damentalmente. O acceso pe-rigoso á glorieta que men-ciona a Xunta de Galicia nonse modificou por parte deste

Concello, e leva así máis dedúas décadas, sendo a Xuntaa responsable do mesmo du-rante todos estes anos. Sor-prende que non se desenconta desa suposta perigo-sidade xusto ata o momentono que o Concello de Salcedasolicita actuar no vial, e queagora si, decidisen actuar nomesmo e obstaculizar o ac-ceso e saída dos vehículosque o empregan.

Con esta actuación a con-clusión é que ante a derrotado Partido Popular de Salcedanas últimas eleccións locaise a formación dun novo go-berno de esquerdas, a Xuntade Galicia decide ignorar apremisa fundamental do prin-cipio de colaboración entreadministracións, e entorpecerdeste xeito as actuacións quepoidan favorecer a veciñanzade Salceda, que terá que pa-

gar por motivos políticos coacomplicidade do Partido Po-pular de Salceda.

Loli Castiñeira, Alcaldesade Salceda, amosouse satis-feita por unha obra que so-luciona un problema da ve-ciñanza, incidindo en que ascuestións políticas non vanpriorizarse en ningún mo-mento sobre os intereses dosveciños e veciñas de Salceda.“Agradecemos enormementea colaboración dos propie-tarios dos montes lindantes,que cederon os seus terreose facilitaron os traballos entodo momento polo ben co-mún da veciñanza. Agardamosque xa que a Xunta de Galiciaconta con toda a documen-tación precisa enviada dendeo Concello resolvan tanto opermiso como a cesión datitularidade de xeito favorablecanto antes”.

A obra denunciada pola Xunta deGalicia contaba co seu permiso verbal

OEquipo de Goberno deSalceda levará aoPleno ordinario do

mes de agosto a solicitude dedesafectación da que foi a es-cola de Revolta, na parroquiade Parderrubias. O edificiopermanece pechado dende queno ano 2015 a Xunta de Gali-cia o deixase sen actividadealegando falta de alumnado, edende entón non se lle deuoutra utilidade.

O Goberno pretende agorarecuperar o edificio para usossocioculturais, tendo en contao bo estado do mesmo, asícomo a súa ubicación facil-mente accesible, polo que oprimeiro paso será propoñerao Pleno a desafectación doedificio, o venres 30 de agosto,en espera de que esta sexaaprobada por unanimidade dacorporación.

O Concello segue así co pro-ceso de recuperación dos edi-

ficios en desuso, como está afacer na actualidade co edificioda antiga escola de Vendanova,na parroquia de San Xurxo, quena actualidade está a ser recu-perada para reconvertila nuncentro para maiores con enfer-midades dexenerativas como oalzheimer e otras demencias.

Gela Ledo, Concelleira deEducación: “os edificios edu-cativos en desuso son unhaexcelente oportunidade paradestinar a usos sociais e favo-recer así a numerosos colecti-vos que poidan facer uso dosmesmos”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa:“Salceda ten unha grande de-manda de espazos sociocomu-nitarios polo grande dinamismoasociativo co que contamos,polo que estudiaremos todasaquelas alternativas que poidanfavorecer a estes colectivosque tanto enriquecen o nosomunicipio”.

Salceda solicitará adesafectación da aula deRevolta para poder darlle

novos usos

Page 9: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

9NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

Miscelanea

Asegunda convocatoria daAceleradora TurisTIC, daDeputación de Ponteve-

dra, serviu para que empresasda provincia comezaran a apro-veitar as posibilidades queofrecen as novas tecnoloxías,tanto no desenvolvementocomo na posta en marcha donegocio nun sector tan compe-titivo como o turismo. A con-vocatoria, que deu comezo enoutubro pasado, concitou o in-terese de 14 empresas candida-tas, das que houbo unhaselección daquelas firmas enfunción do seu grao de innova-ción, a presentación dunhamemoria e o perfil das/os em-presarias/os candidatas/os.

As empresas seleccionadasresultaron ser Pazo de Rubianes(que abriu en 2012 e desen-volve un produto turístico entorno ao patrimonio botánico,histórico, cultural e vitivinícoladesta emblemática finca dasRías Baixas), Celtic Ways (em-presa de servizos especializadosen diversos idiomas, que ofreceguías-servizos de informaciónturística, visitas “á carta” easesoramento e deseño de pro-dutos turísticos), VigoPeques(plataforma online de turismofamiliar, en formato blog, paraa organización de viaxes enfamilia, educación e lecer in-fantil en Galicia e Portugal), eAlbergue Turístico A Guarda

(casa mariñeira de 1957 docasco urbano de A Guarda,orientada ao aloxamento deperegrinos do Camiño Portu-gués a Santiago).

As persoas responsables dasempresas seleccionadas reci-biron un programa intensivode titorías individualizadas conexpertos en tecnoloxía, imaxedixital e competitividade, entreoutras. Tamén houbo sesiónsgrupais sobre a relevancia dainnovación, novas oportuni-dades e marketing dixital. Assesións abordaron dende ospasos para a creación dunhaempresa á creación dun port-folio de produto diversificadoou busca de novos nichos de

mercado aínda por explotar,entre outras cuestións. Grazasa esta iniciativa, estas em-presas melloraron a súa estra-texia TIC cara a unha maiorcompetitividade tanto no ám-bito de marketing e publicidadecomo en comercialización.

A aceleradora é unha ini-ciativa posta en marcha poloservizo TurisTIC da Deputación,creado no ano 2018 para dar

asesoramento específico a estesector na introdución ás novastecnoloxías. Á súa vez formaparte da Rede SmartPeme, quenaceu en 2016, como servizode asesoramento e apoio áspersoas emprendedoras, autó-nomas e PYMES da provinciade Pontevedra na mellora daeficiencia, produtividade e com-petitividade a través do usode ferramentas tecnolóxicas.

A aceleradora TurisTIC da Deputación abrenovas oportunidades a empresas da provincia

Osecretario xeral doPSdeG, Gonzalo Caba-llero, asistiu hoxe ao

acto de homenaxe aos alcal-des, deputados e representan-tes políticos fusilados enagosto de 1936 en Vigo, tralocal destacou o “compromiso”dos socialistas coa memoriahistórica e coa defensa das li-berdades.

Díxoo o líder dos socialistasgalegos nun momento no que“as tres dereitas seguen apos-tando por camiños que noslevan á involución e ao retro-ceso” e no que os seus pactosen comunidades como Madridou Andalucía “poñen en riscomoitos avances acadados nopaís”.

Ao fío disto, Gonzalo Caba-llero falou do intento do PPde sacar adiante a marca ‘Es-paña Suma’ -da que xa se des-cartou Ciudadanos- como fór-mula para “escapar” do feitode que obtivo “os peores re-

sultados electorais”.Ocorreu, como sinalou o

máximo dirixente do PSdeG,tanto en Galicia como en Es-paña, a pesares do cal “Feijóonon quere ver a realidade” aoautoproclamarse o referenteda dereita. “Di que é o exemplopara Casado, pero non”, en-gadiu, para aludir a que Feijóolevou ao PP a perder as elec-cións “por primeira vez na his-toria de Galicia”.

“Feijóo non é modelo paraa Galicia do futuro nin para aEspaña do futuro”, proseguiuGonzalo Caballero, ao recordarque “o 55% dos galegos vota-ron por forzas de progreso li-deradas polo PSdeG”. “A súaetapa está esgotada e xa haiunha nova maioría social fartados seus recortes”, apuntou.“Respaldo” a Pedro Sánchez”

Dito isto, a preguntas dosxornalistas, o secretario xeralmanifestou “todo o respaldodo PSdeG” a Pedro Sánchez nas

negociacións que está levandoa cabo para que España conte“cun goberno progresista”.

“Temos como opción prefe-rente un goberno progresista,pero estamos preparados parair a eleccións”, engadiu Caba-llero, consciente de que “frontea Pedro Sánchez e o PSOE “nonhai ningunha opción”.

Gonzalo Caballero sinala que Feijoo “Non é omodelo para a Galicia nin para a España do

futuro” tralo seu “fracaso electoral”

Page 10: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

O12º Festival Interna-cional de Curtametra-xes de Bueu “terá un

enorme impacto cultural nanosa contorna”, ao programarun total de 65 actividadesentre proxeccións e propostasparalelas durante nove días, do6 ao 14 de setembro. Así o ex-plicou o director do FICBUEU,Manuel Pena, na presentacióndo evento celebrada esta mañáa bordo dun catamarán da Na-viera Nabia. No acto interviñe-ron ademais representantes doConcello de Bueu, da Deputa-ción de Pontevedra e da Axen-cia Galega das IndustriasCulturais da Xunta de Galicia,principais institucións cofinan-ciadoras.

O director da Agadic, JacoboSutil, apuntou que “o sectoraudiovisual galego vive un mo-mento brillante”, tanto no re-lativo á produción como á di-fusión e formación de novospúblicos que xeran os festivais,destacando “a potencia que

está a acadar o FICBUEU e oseu crecemento continuo”. Ta-mén a responsable de Culturada Deputación de Pontevedra,Victoria Alonso, salientou que“a xente á que lle gusta o ci-nema ten este festival na súaaxenda” e lembrou que as cur-tas adoitan abordar temáticassociais de plena actualidade,como o papel da muller, o co-lectivo LGTBI ou as migracións.Ao tempo, o FICBUEU resulta“un festival inclusivo, con pro-postas para todos os públicos,que se celebra nunha contornamarabillosa, polo que ten todosos ingredientes para que resulteun éxito”, asegurou a deputadaprovincial.

O alcalde de Bueu, FélixJuncal, subliñou a colabora-ción entre administraciónspara impulsar “un proxectocultural tan ambicioso comoeste, que cada ano evolucionacompletando e diversificandoa súa oferta, polo que é unpracer camiñar ao seu carón”.

O director do Festival Inter-nacional de Curtametraxes deBueu explicou que o certameacadará este ano unha seriede cifras récord, ao proxectar128 filmes dos que 70 severán por primeira vez en Ga-licia e, desas, 30 exhibiransepor vez primeira en España“o que amosa a dimensión dolugar que ocupa o FICBUEUdentro da industria cinema-tográfica”, de maneira ademaisque “o público poderá ache-garse a obras doutro xeitoinaccesibles”, concluíu.

A xefa de produción do fes-tival, María Ruiz-Falcó, repasouo amplo programa desta duo-décima edición, na que haberáas catro seccións habituais(Galicia R, España, Interna-cional e Panorama) e dúas no-vas, Experimental e NouvelleVague, amais das destinadasao público máis novo. Organi-zaranse asemade charlas conprofesionais de recoñecidoprestixio, como o actor Luis

Zahera, o director Xacio Baño,o produtor Sergio Frade ou adirectora de arte Elia Robles,canda dous encontros sectoriaisprotagonizados polas asocia-cións Proxecta e CREA.

A realización en directo deespazos radiofónicos, de ámbitoestatal e autonómico, con con-vidados da talla de Paco Plaza,Mabel Rivera, Uxía Blanco ouMaría Vázquez, é outro dos ei-xos do FICBUEU 2019, xuntoco monólogo humorístico deMiguel Lago e unha decena de

actuacións musicais, que en-cabeza Enric Montefusco. OMercado das Curtametraxes, aRuta das Tapas 5 Estrelas ouas popostas para a rapazadareunidas baixo o epígrafe Mini-FIC son outras das claves daprogramación, que pode con-sultarse ao completo na webwww.ficbueu.com, onde taménse poden adquirir as entradaspara as escasas actividadesque non son de balde, xa queen case todas o acceso é libreé gratuito.

NOVAS DE TURONIO | Setembro de 201910

O Morrazo

Amúsica ao vivo terá undestacado papel no pro-grama do 12º Festival

Internacional de Curtametra-xes de Bueu, que se celebraentre o 6 e o 14 de setembro.Os directos estarán encabeza-das polo artista barcelonésEnric Montefusco, para cuxoconcerto xa se poden adquiriras entradas na web do FIC-BUEU. No entanto, a organiza-ción programou ademais unhaserie de actuacións de baldeprotagonizadas por AJB Co-llective, Caspervek Trio, HighPaw, Iván Rodríguez e TheSwinging Flamingos. A estassúmase o concerto PunkInfan-til e a música dos programasde radio, como a de Agorapho-bia en Carne Cruda.

O 12º Festival Internacionalde Curtametraxes de Bueu arrin-cará o 6 de setembro ás 20horas cun concerto ambientalnas inmediacións do CentroSocial do Mar, onde membrosda Asociación de Jazz de Bueu,baixo a denominación AJB Co-llective, se encargarán de en-toar o saxo, a batería e obanjo, que continuarán soandotanto no acto inaugural comoao seu remate. Na mesma xor-nada, ás 22.30 horas, a músicatrasladarase ao interior do au-ditorio da man de CaspervekTrio, coa actividade ‘Panoramade cinema mudo: 15 anos depioneiros da sétima arte (1902-1917)’. O grupo encargarasede poñerlle banda sonora atres obras xa habituais do seu

repertorio, e estreará outrasdúas. Deste xeito, proxecta-ranse con música en directocinco fitas capitais da orixedo cinema, asinadas por Mèliés,De Chomón, Chaplin, Guy eGriffit.

Na fin de semana, ás 12.30horas, desenvolveranse no ex-terior do Centro Social do Maras sesións vermú do FICBUEU2019, nas que o público poderádegustar un Vermut Lodeirosde produción galega. A do sá-bado día 7 estará amenizadapor High Paw meets Mr. Mou,dúo no que a singjay e guita-rrista High Paw, nova promesado reggae estatal, estará acom-pañada por Mr. Mou ao casio-tone. O domingo 8 será a quendapara Iván Rodríguez Covers,

show no que o cantante, conmáis de 25 anos de experiencia,versionará clásicos do pop e dorock. O sábado ás 22.30 horasterá lugar ademais o xa citadoconcerto de Enric Montefusco.

A música volverá ás inme-diacións do Centro Social doMar o sábado 14 de setembroás 20 horas con The SwingingFlamingos para trasladarnos á

Nova Orleans dos anos 20.Será un concerto con moitoswing que reúne a esencia dasbig bands norteamericanas eque dará paso á Gala de Clau-sura, coa que se pechará oFICBUEU 2019. Tanto esta ac-tuación como a da xornadainaugural contan co apoio daDeputación de Pontevedra através do Plan Pontegal.

Jazz, reggae e pop nos concertos do FICBUEU

Caspervek Trio

O 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueuprograma 128 filmes e 65 actividades

Page 11: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

11NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

Baixo Miño

OConcello de Tui, a través das concelleríasde Turismo e Patrimonio, convoca o IConcurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”.

No mesmo poderase participar coas instantáneasrealizadas utilizando o marco que está situado naarea de autocaravanas, na antiga ponte sobre orío Tripes, na rúa Martínez Padín.

Neste concurso poderá participar todas aspersoas maiores de idade, que o desexen, cunmáximo de dúas fotografías. As fotografías debeser tomadas no marco instalado nesa zona, po-dendo aparecer na mesma o número de persoasque o autor estime oportuno

Os interesados en participar no concurso debenenviar as fotografías xunto como modelo de ins-crición, que está accesible na web tui.gal aocorreo electrónico [email protected], cubrindoos seus datos: nome e apelidos do autor, lugarde residencia, data na que foi tomada a instan-tánea, teléfono e correo electrónico, ademais daautorización para publicar a foto nas redessociais do concello, así como noutros medios decomunicación en caso de resultar gañadora e aautorización expresa de publicación si aparecenmenores na mesma.

As fotografías deben enviarse até o 30 de se-tembro. O xurado, nomeado polo Concello, daráa coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. Apersoa gañadora recibirá unha figura decorativaréplica do pórtico da Catedral de Tui.

I Concurso FotográficoEnmárcate en Tui

Osábado 17 de agosto cele-brouse en Tui o I ConcursoMiñomáxico de Máxia de

Rúa cunha altísima afluencia depúblico que abarrotou tódalas pra-zas nas que actuaron os magos emaga participantes.

Máis de 400 persoas, maiorita-riamente público familiar, que du-rante 3 horas disfrutaron da maxiadesprazándose de praza en praza.

Empezaba Mago Deimi de Riba-davia no entorno do Palco da Mú-sica. Seguía o Mago Zanas de To-miño nos soportais da Corredera.De ahi pasamos á praza de SanFernando, diante da Catedral ondeactuaba o Mago Paco de Marín.Baixamos despois ata a praza deFromista onde Samuel Moreno, undos organizadores actuaba fóra deconcurso. Seguiamos polo cascovello e en San Telmo estaba aMaga Paula de Vigo, única chica ea mais xoven con tan só 12 anos.E finalmente voltamos a San Fer-nando para rematar coa actuaciónde Xulio Merino que pechaba oconcurso.

Despois do recontodas votacións do pú-blico, proclamaronseos gañadores e fixosea entrega de premiosna que contamos coapresenza do Alcaldede Tui, D. Enrique Ca-baleiro, o Concelleiirode Patrimonio e Tu-rismo, D. LaureanoAlonso, e a Conce-lleira de Cultura Dna.Sonsoles Vicente que

fixeron entrega dos premios:O Gañador foi Xulio Merino, re-

cibindo trofeo e 300€, o segundomais votado foi O Mago Zanas, cotrofeo e 200€, e o terceiro foi oMago Deimi, con trofeo e 100€.

Asi mismo O Mago Paco e aMaga Paula recibiron unha placade recordo pola súa participación.

Agradecer dende MiñoMáxicocomo organizadores do evento,Samuel Moreno e Javier Argüelles,a colaboración e apoio do Concello

de Tui, especialmente de LaureanoAlonso que dende o primeiro mo-mento apostou pola "nosa maxia".Tamén ás empresas que puxeron oseu grao de area para que istofose posible. E por suposto ao pú-blico, nenos, nenas e adultos quenos "desbordaron" coa súa presenzae participación neste I Concursode Maxia de Rúa de Tui, GRAZAS!

Queda ainda sorteo de agasallosentre os que votaron e que estasemana faremos en directo na

Radio Municipal deTui e publicaremosnas nosas redes so-ciais.

E dicir que dendexa, empezamos atraballar na segundaedición, aprendendodos erros cometidos,tendo en conta su-xerencias recibidase sempre felices eilusionados de traerMaxia de primeironivel a Tui.

I Concurso Miñomáxico de Máxia de Rúa

Participantes e organizadores

TUI

Page 12: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

NOVAS DE TURONIO | Setembro de 201912

Baixo Miño

OConcello de Oiaacaba de contratarunha técnica forestal

para reforzar o servizo de tra-mitación de limpeza de fin-cas, debido a gran cantidadede solicitudes formuladas,para contribuír a mellora daprevención de incendios fo-restais.

O contrato terá unha du-ración de 4 meses, prestandoservizo no Concello os luns,xoves e venres.

Esta contratación resultado segundo proceso de se-lección de persoal iniciadopolo Concello, xa que o pri-meiro, iniciado no mes demarzo, quedou vacante.

As tarefas que realizará atécnica forestal será xestionaras denuncias relacionadascoa Lei 3/2007 de prevencióne defensa contra incendios ea Lei 7/2012 de Montes deGalicia; a comprobación documprimento ou non das obri-gas de limpeza das parcelas;as demandas de informaciónsobre autorización de cortase queimas; a tramitación dosexpedientes de corta ou quei-mas en núcleos e sobre de-nuncias de vertidos incontro-lados; a información sobre aLei de prevención e defensacontra incendios, fundamen-

talmente sobre distancias doarborado ás vivendas e obrigasdos propietarios forestais, darcharlas informativas sobrecuestións relacionadas coaprevención de incendios; asobrigas de limpeza das par-celas, etc.

Dende o Concello se recordaque os terreos dos núcleos ti-ñan que estar limpos antesdo 31 de maio; así como asfranxas de 50 metros en tornoaos núcleos de poboación,edificacións e instalacións efranxas de 10 metros das es-tradas, que deben estar libresde maleza e árbores pirófitos.

Se lle vai a dar prioridadeas fincas de maior risco paraa poboación, recordando quese as limpezas de fincas nonse executan poden ser ob-xecto de sanción ou limpezasubsidiaria, previos os trá-mites legais correspondentes,repercutindo o gasto aos pro-pietarios.

En materia de prevenciónde incendios, a Alcaldesa si-nala que “o Concello taménasinou por terceiro ano con-secutivo un Convenio coaConsellería de Medio Rural,para a cesión dunha moto-bomba e a subvención doscostes laborais de tres con-dutores, durante tres meses”.

O Concello de Oia contrataunha Técnica Forestal

OConcello de Oia convo-cou aos membros dasdirectivas das traídas

veciñais do municipio a unhareunión o pasado mércores 21de agosto, no Centro Culturalde Pedornes, para pedir a súacolaboración e recoller as opi-nións e información necesariapara concretar as axudas doPlan de apoio as traídas veci-ñais de Oia 2020-2023.

Á reunión asistiu o técnico,Adolfo Azcárate, con máis de20 anos de experiencia en le-galización de aproveitamentode augas e constitución decomunidades de usuarios eregantes, quen explicou aosasistentes: o control sanitariodas augas por parte dos xes-tores de abastecementos; adiferencia entre os distintostipos de abastecemento; asobrigas dos xestores; o controlmediante analíticas; os siste-mas de potabilización; o es-tado e limpeza das instala-cións; a elaboración do plan

de autocontrol e xestión doabastecemento; etc.

A Alcaldesa destacou a im-portancia das traídas veciñaisnas zonas rurais e dispersas,da gran labor desinteresadaque fan os veciños para ase-gurar un servizo básico paraa poboación, e que é precisoque conten co apoio das ad-ministracións para levar a caboese cometido con tódalas ga-rantías.

Por outra banda, atendendoá importancia dunha formaciónadecuada dos membros dasdirectivas para o control sa-nitario dos abastecementos,

o Concello vai continuar coscursos de manipulador de augade consumo humano, aten-dendo ao interese amosadopolos asistentes á reunión.Así, para o mes de outubro seorganizará un curso para darcobertura a esta demanda.

Por outra banda, o Concelloten solicitada unha subvencióná Xunta de Galicia para ela-borar un Plan de Emerxenciaante a seca, que permitirá re-alizar unha primeira auditoríasobre o estado das redes deabastecemento para identificarposibles debilidades en todoo termo municipal.

O Concello de Oia se reúne coas traídas veciñaispara explicar o Plan de apoio 2020-2023

Opasado 14 de agosto,Anxo RodríguezLemos, historiador e

doutorando na USC e membrodo IEM, ofreceu a conferenciatitulada Os tempos na Cole-xiata de Santa María deBaiona, organizada polo Ins-tituto de Estudos Miñoranosen colaboración co concellode Baiona. Esta tivo lugar naCapitanía Marítima de Baiona.

De influencia cisterciense,o templo parroquial de SantaMaría de Baiona, elevado acolexiata en 1482 conservan-do o rango ata mediados doséculo XIX, está posiblementeasentado sobre unha igrexaanterior, máis pequena, de-

pendente da “uillam Eriza-nam” que Alfonso VII e Be-renguela doan en 1137 aoeremitorio de San Cosme eSan Damián.

A conferencia, impartidapolo historiador e doutorandona Universidade de Santiagode Compostela Anxo RodríguezLemos, recentemente investi-

gador no Archivio Segreto Va-ticano, permitirá facer un per-corrido polos distintos temposen que foi construída e remo-delada, así como entender asúa impronta, entre as docecolexiatas galegas e as tresda diocese tudense, como cen-tro reitor de toda unha vilano relixioso.

Conferencia de Anxo Rodríguez Lemos sobre aColexiata de Santa María de Baiona

Page 13: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

13NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

TOMIÑO

Baixo Miño

OConcello de Tomiñohomenaxeará ao JoséMaría Gude Méndez o

domingo 15 de setembro den-tro da programación das Festasdo Alivio. O Concello destaca asúa aportación á recuperacióne valorización do patrimónioetnográfico do municipio.

José María Gude, máis co-ñecido como Pepe Gude, naceuna aldea de Serois, Calvos deRandín, en 1951. Estudou ma-xisterio en Ourense aprobandoas oposicións para mestre en1975. No ano 1977 chega aTomiño e comeza a súa an-daina docente no Colexio Mos-teiro, hoxe CEP Pedro Caselles,onde impartiu aulas até quese traslada ao IES Tomiño,hoxe IES Antón Alonso Ríos,onde se xubilará.

Pepe Gude pertence a unhaxeración de mestres involu-crados no ensino práctico, navalorización do saber populare no coñecemento das tradi-cións do rural. Un aspecto ao

que dedicou esforzos reco-llendo a memoria popular eque materializou en obrascomo Mitos e lendas de Tomiñoou Val de Tebra, unha historiapor escribir.

Desta preocupación polopatrimonio inmaterial, naceuo grupo “Airiños de Tebra”.

Unha formación de música ebaile tradicional que formoua varias xeracións de mozos emozas. Os “Airiños de Tebra”levou o nome de Tomiño máisalá das fronteiras peninsulares,visitando en dúas ocasiónsArxentina onde recibiron a“Medalla de Honra á Galegui-dade”. No ano 2005 inclúenna súa xeira Uruguai onde fo-ron acollidos polos tomiñesesna emigración.

Todo un acontecemento noseu momento que liderou PepeGude. Un home caracterizadopolo seu activismo no asocia-cionismo cultural local e poloseu voluntarismo. Unha tra-xectoria longa enraizada navida local tomiñesa.

Actualmente, Pepe Gude for-ma parte da Asociación deCoches Clásicos do Baixo Miñoa fronte da cal leva tempopercorrendo camiños e visi-tando lugares dentro de Españae do veciño Portugal levandosempre o nome de Tomiño.

José María Gude será o homenaxeadono acto cívico do Alivio

As máis de 50 obras doCertame de pintura aoaire libre Antonio Fer-

nández 2019, poden visitarsena Fundaçâo Bienal de Arte deCerveira. A mostra inclúe astres obras premiadas, estandoa disposición das persoas in-teresadas o contacto dos au-tores para posibles compras.

O sétimo certame de pin-tura ao aire libre tivo lugaren Goián e Vila Nova de Cer-veira o 18 de agosto pasado,dando a oportunidade a dis-frutar da arte de pintorescunha longa experiencia nestamodalidade e tamén de novasfiguras procedentes de variospuntos da Península e Es-tranxeiro.

O Certame naceu no ano2012 froito da programacióndo “Ano Antonio Fernández”,iniciándose unha andaina quea día de hoxe móstrase comounha cita cultural consolidada.Como novidade, este ano oevento ampliou o seu perco-rrido a Cerveira, formando parteda programación EurocidadeCerveira-Tomiño e grazas áparticipación da Fundación daBienal de Arte. Deste xeito,ambas vilas foron retratadaspolos artistas que visitaronambos os dous municipios fron-teirizos.

As obras premiadas foronunha vista de Cerveira dendea praia de Goián, de RafaelCarrasco (Toledo) que se fixo

co primeiro galardón. O se-gundo e terceiro premio foronpara Leticia Gaspar (Bilbao) epara Antonio Lorenzo (Mon-dariz). O 1ºpremio estivo do-tado con 1.500€ e financiadopolo Concello de Tomiño, men-tres que os dous seguintes (2ºe 3º) con 500€, custeadospola Comunidade de Montesde Goián e pola Fundación daBienal de Cerveira, respecti-vamente.

O Certame de Pintura aoAire Libre Antonio Fernándezintegra as actividades desen-volvidas pola Eurocidade Cer-veira-Tomiño, no ámbito daAxenda Estratéxica para a Coo-peración Transfronteiriza Ami-zade Cerveira-Tomiño, un pro-

xecto cofinanciado ao 75%polo programa INTERREG VAPOCTEP, con fondos FEDER daUnión Europea.

Datas da exposición: 27 dexullo a 7 de setembro de 2019

Horario: martes a venres(terça a sexta-feira): 15h00 a19h00

As máis de 50 obras do Certame de pintura Antonio Fernández 2019,poden visitarse na Bienal de Arte de Cerveira

Continúan os laboresde procura do mozoportugués de 23 anos,

que desapareceu a tarde dodomingo pasado durante aproba de natación do Tríat-lon dá Amizade, que se de-senvolvía entre a Parroquiade Goian (Concello de To-miño) e Vilanova de Cerveira,na marxe portuguesa do RíoMiño.

A Armada Española, a travésda Comandancia Naval do Miñoe a Marinha Portuguesa a tra-vés da Capitanía de Porto deCaminha, lideran o dispositivode procura e están a coordinaros medios na zona.

No día 3, empregáronsenunha ampla zona os equipos

de detección subacuática erealizáronse inmersións nunperíodo de 4 horas, mentresa corrente permitíao. Inves-tigáronse visualmente até 15obxectos mergullados descar-tándose todos eles.

Até o momento a procurafoi infrutuosa.

Ao obxecto de prolongarno tempo as tarefas e ampliara zona de procura, axustousea diversidade de medios dis-poñibles.

A Comandancia Naval doMiño solicita a colaboraciónde pescadores e clubs depor-tivos para a localización domozo. O aviso inclúe taménaos concellos ribeireños comaTomiño, O Rosal e A Guarda.

Continúa a procura do mozodesaparecido no río Miño

Page 14: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

NOVAS DE TURONIO | Setembro de 201914

A GUARDA

Baixo Miño

Aunidade móbil do Centro deTransfusión de Galicia estaráinstalada na Guarda o venres día

6 e sábado día 7 de agosto.Este autobús estará emprazado na

Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón doCentro Cultural) o venres 6 en horariode 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00horas e o sábado 7 en horario de10:00 ás 15:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia,grazas ao emprego destas unidadesmóbiles intenta facilitar o solidarioxesto de doar sangue a todos os cidadás.Sen a implicación de todos é imposibleacadas as 500 doazóns de sangue quese precisan nos hospitais galegos.

Unidade de doazónsde sangue na Guardao 6 e 7 de setembro

OConcello daGuarda, a través daConcellería de Tu-

rismo, ven de iniciar unprograma de visitas guia-das polo casco urbano quese realizan todos os mérco-res e xoves ata o 15 de se-tembro.

As visitas son de caráctergratuíto e non é precisoinscrición previa, tan sóachegarse ás 12:00h aopunto de encontro, que é aOficina de Turismo da Prazado Reló. Dende a Praza doReló o grupo sae para co-ñecer o patrimonio da Guar-

da en dúas visitas distintas,os mércores ten lugar a Vi-sita singular no casco his-tórico: "Prazas antigas enovas" e os xoves a Visitasingular da época moderna:"Castelo de Santa Cruz".

Unha oportunidade ex-cepcional, tanto para visi-tantes coma para veciños,de coñecer o noso pasadoa través de explicacións «insitu», grazas ao persoal dodepartamento de turismomunicipal, visitando dife-rentes espazos do casco ur-bano da Guarda coma aIgrexa Parroquial, o Castelo

de Santa Cruz, o muro, pra-zas e monumentos.

A duración estimada des-tas visitas é de aproxima-damente 60 minutos.

Horarios da Rede deMuseos

A Rede de Museos daGuarda, formada polo MuseoArqueolóxico de Santa Tre-ga-MASAT, o Museo do Mare o Centro de Interpretacióndo Castelo de Santa Cruzinforma dos novos horariospara esta tempada estival.

MASAT: De martes a do-mingo de 9:00h a 21:00h ede 10:00h a 20:00h no mes

de setembro.Museo do Mar: Os fins

de semana e festivos de11:00h a 14:00h e de18:00h a 21:00h.

Castelo de Santa Cruz:Espazo público aberto de10:00h a 21:00h.

Centro de Interpretacióndas Fortalezas do Miño: Osfins de semana e festivosde 11:00h a 14:00h e de18:00h a 21:00h.

Oficina de Turismo naPraza do Reló: Aberto de10:00h a 14:00h e de16:30h a 19:30h de luns adomingo.

O patrimonio do casco urbano da Guarda dáse acoñecer con visitas guiadas

Opasado mércores 28de agosto rematousea instalación do par-

que infantil de Chan deConde na rúa ConcepciónArenal, na Guarda.

Entendendo que os ele-mentos do parque tal comoestán instalados, nunha su-perficie inclinada, poden re-sultar inseguros, o alcaldeda Guarda Antonio Lomba,mantivo contactos co pro-motor da obra, a Deputaciónde Pontevedra, e coa empresaque está a executala, paratrasladarlle a súa preocupa-

ción e insatisfacción pola in-seguridade e o acabado es-tético do parque.

Reclamou dos responsablesda obra que tomen as medi-das necesarias para certificarque o parque é seguro e

cumpre coa normativa. Denon ser así, instou a que fa-gan as actuación e correc-cións necesarias para que ainstalación poda usarse polosmáis pequenos con tódalasgarantías.

O Concello da Guarda reclama un parqueseguro para Concepción Arenal

Na xornada destexoves día 29 deagosto de 2019

os socorristas, que pres-tan os seus servizos naspraias guardesas, tive-ron a oportunidade defacer unha práctica desalvamento moi importantepara a súa formación, que con-tou coa participación do Heli-cóptero Pesca1 do servizo deGardacostas de Galicia.

Neste exercicio participaron2 socorristas coa embarcacióne o helicóptero Pesca1, simu-lando o rescate dunha persoa

empregando un moneco, quefoi lanzado á auga e despoisrescatado e izado no helicóp-tero.

Os bañistas do areal do Muí-ño, na desembocadura do RíoMiño, presenciaron asombradoseste simulacro, que tivo unhaduración de 20 minutos.

Socorristas da Guarda participannun simulacro de emerxencias

Page 15: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

15NOVAS DE TURONIO | Setembro de 2019

Baixo MiñoA GUARDA

Ovindeiro sábado día 7de setembro terá lugarno Porto da Guarda a

XXIV edición da Travesía aNado do Porto da Guarda, unevento que congrega cada anoa un bo número de deportistasprofesionais e amateurs.

Promovida e xestionada polaConcellería de Deporte da Guar-da e Noko Deporte y Salud.Contará coa colaboración doclub de Remo Robaleira, ClubALAGUA e Confraría de Pesca-dores Santa Tecla.

As inscricións están xa aber-tas ata o 4 de setembro naweb www.galitiming.com con-tando con dous percorridos de400m.(Categorías A, B, C e D)e de 1200m.(Categorías E, F,G, H, I, J,K e L)

Como novidade esta ediciónestará cronometrada polo quea inscrición ten un custe de6€ inscritos ata o 31 de agosto

e 8€ inscritos entre o 1 e o 4de setembro. As categorías denenos (A, B, C e D) son debalde. A inscrición inclúe: Gorronumerado, seguro accidentes,cronometraxe e avituallamentofinal.

Os nadadores non federadosmenores de 18 anos precisanque o pai, nai ou titor autoricea súa participación. O impresode autorización debe enviarseasinado previamente [email protected] ou, en últimocaso, pode entregarse no mo-mento de recollida do gorro.

A proba comezará ás 12:00hno Porto da Guarda, con saídadende as escaleiras do muelle,facendo un percorrido polo in-terior do recinto portuario,marcado por boias. O neoprenosó se poderá utilizar se a tem-peratura da auga e menor aos18º ou por decisión da orga-nización.

Inscricións abertas para a XXIVTravesía a nado do Porto da Guarda

Ovindeiro 29 de se-tembro regresa unhadas probas deporti-

vas con maior número departicipantes na Comarca doBaixo Miño, a 15k do Atlán-tico, que este ano trae moi-tas novidades coma unharuta en patíns, charlas, rutaen cabalo, unha obra deteatro, a tradicional andainae, como non podería serdoutra forma, a carreira.

As inscricións para parti-cipar na 15k do Atlánticoestán xa abertas na webwww.bancomediolanum15kseries.com contando xa con

case 200 inscritos na moda-lidade de carreira. A Carreirapartirá como cada ano dendeo Campo de Fútbol de Oia,percorrendo parte do trazadodo Camiño Portugués da Cos-ta pasando polo Rosal atachegar ao Porto da Guarda,onde estará a liña de meta.

As actividades programa-das entorno a este eventodeportivo arrancarán xa naxornada do venres día 27 desetembro cunha importantenovidade, unha charla a car-go do historiador e investi-gador F.J. Costas Goberna,quen falará sobre «A Paisaxe

do Camiño Portugués da Cos-ta» ás 20:00h no Centro Cul-tural de Mougás, no termomunicipal de Oia.

Fernando Javier Costas Go-berna nace no ano 1953,sendo moi recoñecido polassúas aportacións ao coñece-mento da Arte Rupestre doNoroeste da Península Ibéricaparticipando en diversas pu-blicacións, formando parteactiva na vida diaria de Oia,coma membro destacado devarios colectivos coma ACA-MO, a Comunidade de Montesou mesmo no Instituto deEstudios Vigueses.

A Paisaxe do Camiño Portugués da Costapresente na 15k do Atlántico 2019

Page 16: “Efecto Pasillo” e Dakidarría” nas Festas do Cristo do Porriño · festas patronais de Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra

Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L.Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD (36860 PONTEAREAS - GALIZA) T. 986 64 12 [email protected]

OBoletín Oficial da Pro-vincia publicou a rela-ción dos 34 concellos

adheridos este ano ao pro-grama da Deputación de Pon-tevedra “Tecendo Lazos”, unhainiciativa que se desenvolvepor cuarto ano consecutivo eque está dirixida a persoas detodas as xeracións, co obxec-tivo de crear espazos onde aspersoas dunha mesma familia edoutras poidan xuntarse e in-tercambiar experiencias arredordas temáticas dos obradoirosofertados. O programa buscatamén promover valores quecreen lazos afectivos entre aspersoas participantes, así comofacilitar un envellecemento ac-tivo ás persoas maiores e, nocaso dos máis pequenos e pe-quenas, que adquiran habilida-des novas e empatía cara aoutras xeracións.

“Tecendo Lazos 2019”, diri-xido a persoas que teñan entre6 e 99 anos e no que a Depu-tación inviste nesta edición60.000 euros, chegará así aos

concellos de Poio, Ponte Cal-delas, Nigrán, Oia, Pazos deBorbén, A Lama, Vilaboa, Valga,Barro, Portas, Moraña, Gondo-mar, Vila de Cruces, Forcarei,Bueu, A Illa de Arousa, Souto-maior, Fornelos de Montes,Campo Lameiro, A Guarda, Pon-tecesures, Salceda de Caselas,A Cañiza, Caldas de Reis, Moa-ña, Cuntis, Covelo, Meis, Ro-deiro, O Rosal, Baiona, Silleda,Ribadumia e O Porriño.

Coa publicación do anunciono BOPPO, os concellos dispo-ñen agora dun prazo de dezdías hábiles contados a partirdeste xoves para abrir o prazode inscrición nos distintos obra-doiros ofertados, co que seprevé que o trámite se leve acabo a primeiros de setembro.As persoas participantes de-berán cubrir o formulario desolicitude que poderán obterno seu concello o na sede elec-trónica da Deputación de Pon-tevedra (https://sede.depo.gal).Do mesmo xeito, a relación deconcellos e a temática do obra-

doiro escollida por estes figurana páxina web corporativa dainstitución provincial:www.depo.gal.

No que respecta aos obra-doiros, o máis solicitado, cuntotal de 11 peticións, é “Risosen familia”, que busca crearun espazo no que as persoasparticipantes aprendan a rir encontornas familiares. Pola súabanda, a acción “Faino ti”, queé un taller de expresión plásticae traballo manual con obxectosreciclados e reutilizados, foiaprobado para 10 concellos.No caso de “Xogos e xoguetes

tradicionais”, concedeuse a untotal de 8 concellos e nel, aspersoas participantes non sócompartirán xogos tradicionaiscos que xogaban as máis maio-res, senón que deberán cons-truílos e ao contrario: as cativase cativos tamén lle poderánensinar ás xeracións maioresos xoguetes cos que xoganagora. Por último, 6 concellosda provincia impartirán o obra-doiro “O noso son: bailes deagora e de sempre”, que traeráá actualidade os bailes e can-cións típicas da zona.

Ao igual que na pasada edi-

ción, os obradoiros contaránco módulo “A historia do meuconcello” no que se darán acoñecer lendas, historias, con-tos ou fotografías de cada con-cello para promover a trans-misión de coñecementos, porunha banda, e a participaciónconxunta, pola outra. As per-soas participantes de cadaobradoiro elaborarán un pro-xecto final no que plasmarántodo o que aprenderon sobre asúa vila. Poderán ser en formatodossier, vídeo, audio ou ma-queta/mural. Das 16 horas deduración dos obradoiros, dedi-caránselle a este módulo unmínimo de 4. A Deputaciónorganizará un concurso entretodos estes traballos e as per-soas que elaboren o gañadorrecibirán un agasallo institu-cional e 50 copias da súa obra.

O pasado ano 2018 reali-záronse un total de 21 obra-doiros, nos que participaronpreto de catrocentas persoas,cunha media de 18 alumnose alumnas en cada un.

Os 34 concellos que se adheriron ao programa “Tecendo lazos”abrirán en setembro a inscripción para participar nos obradoiros

Máis de 200 persoasgozaron en Meis daRuta BTT á que se-

guirá a etapa do Deza para aque a Deputación abriu hoxe oprazo de inscrición

Un día despois da exitosaestrea da terceira edición das“DepoRutas BTT”, a Deputaciónde Pontevedra abriu esta mañáo prazo de inscrición para asegunda cita do ano, que terálugar en Silleda o vindeiro 15de setembro. O concello deMeis recibiu este domingo amáis de 200 amantes do ci-

clismo BTT que gozaron docircuíto de 41,29 quilómetros,cunha proba realmente esixenteque descorreu por puntos deinterese turístico como os mon-tes Escusa, Arcos e Castroveou o Mosteiro de Armenteira,entre outros.

Tras esta cita de Meis, a se-guinte “DepoRuta BTT” terálugar o 15 de setembro en Si-lleda. Para esta proba o prazode inscrición para as 300 prazasdispoñibles está aberto na webda Deputación de Pontevedra.O prazo pecharase o 11 de se-

tembro ás 12.00h. A "DepoRutaBTT" de Silleda conta cun per-corrido circular de 31,88 qui-lómetros. Terá como punto desaída a Praza da Feira da vilade Bandeira e durante o per-corrido pasarase por lugaresdestacados como a igrexa doCastro, o Mosteiro de Carboeiroou Fervenza da Toxa.

Este ano o programa "De-poRutas BTT" ofrece 5 rutastotalmente gratuítas, dúasmáis que na anterior edición,e cun máximo de 300 partici-pantes en cada unha delas. O

obxectivo da iniciativa da De-putación de Pontevedra é fo-mentar o deporte á vez quese pon en valor os montes daprovincia, a súa riqueza na-tural, ecolóxica e patrimonial

inigualable. O programa estádirixido a todas aquelas per-soas maiores de 16 anos quegocen do deporte en contactocoa natureza e aposten poractividades sustentables.

As “DepoRutas BTT” abríronse cunha excelente acollida en Meis e teñen a próxima cita o 15 de setembro en Silleda