Arañas e velenos

21
As arañas e os seus velenos

Transcript of Arañas e velenos

Page 1: Arañas e velenos

As arañas e os seus velenos

Page 2: Arañas e velenos

Os velenos das arañas son de dous tipos: - neurotóxicos (afectan ao sistema nervioso)- citotóxicos (destrúen os tecidos)

A armadeira brasileira produce un veleno neurotóxico

A araña reclusa produce un veleno citotóxico

Page 3: Arañas e velenos

Aplicacións dos velenos das arañas

Page 4: Arañas e velenos

 Insecticidas: O veleno das arañas presenta unha ampla gama de compoñentes proteicos, principalmente, neurotoxinas específicas para paralizar e matar insectos, que foron propostas como alternativas para o control biolóxico de pragas en diferentes cultivos.

Page 5: Arañas e velenos

Antibióticos: Nas glándulas velenosas de arañas tamén se identificaron péptidos antibióticos como as Oxyopininas, Latarcinas e Lycotoxinas, que poñen de manifesto o potencial dos velenos dos arácnidos para a identificación de novos antibióticos

Péptidos antibióticos de araña

Page 6: Arañas e velenos

Tratamento para a disfunción eréctil: Algúns velenos das arañas poderían curar a disfunción eréctil. Segundo científicos de Estados Unidos e Brasil, o veleno da araña brasileira Phoneutria nigriventer podería ser utilizado para tratar de forma efectiva a disfunción eréctil.

Phoneutria nigriventer

Page 7: Arañas e velenos

A araña brasileira Phoneutria nigriventer conta cunha mordedura cun efecto un pouco curioso: o seu veleno provoca que os homes sufran dunha erección moi dolorosa do pene durante longas horas.

Page 8: Arañas e velenos

O veleno da araña Atrax de Australia pode matar un home en menos dunha hora. O peor é que os seus caninos son tan fortes que poden atravesar un zapato normal, sendo a picadura de araña máis potente do mundo. 

Atrax robustus

Page 9: Arañas e velenos

As arañas usan o seu veleno como mecanismo defensivo e para capturar as súas presas.

Unllas do quelícero

O veleno concéntrase nunhas glándulas que se sitúan preto dos quelíceros e que se activan cando a araña morde á súa presa, momento no que o líquido sae a través dos caninos e penetra na vítima.  

Page 10: Arañas e velenos

Aínda que son moi poucas as arañas que son perigosas para os grandes animais, entre eles o ser humano, todas elas desenvolveron a capacidade de producir veleno, excepto as da familia Uloboridae, que carecen das glándulas produtoras.

Uloborus walckenaerius

Page 11: Arañas e velenos

Algunhas das arañas

máis perigosas

Page 12: Arañas e velenos

A picadura desta araña pode causar a morte dos tecidos arredor da zona afectada, e aínda que non é mortal, pode causar graves consecuencias se non se trata.A maneira máis fácil de recoñecer a picadura dunha araña hobo é unha dor de cabeza que aparece e desaparece, pero xeralmente non cesa cos medicamentos normais.

Case sempre deixa unha cicatriz permanente na zona afectada.

Hobo spider

Page 13: Arañas e velenos

A araña do saco ten unha citotoxina que pode matar ás células vivas nas áreas afectadas.É coñecida como unha araña pantasma, que non é mortal para o ser humano e só pode deixar unha pegada desagradable en torno á picadura.

Araña do saco amarelo ou Cheiracanthium pictorium

Caracterízase por crear un saco para poder agocharse durante o día e nas épocas de frío

Page 14: Arañas e velenos

Esta araña é unhas das máis grandes, e polo tanto, máis perigosas que se coñecen. Non é mortal pero a súa picadura provoca unha dor insoportable. As súas patas poden medir ata 30 cm, o seu corpo é do tamaño dun puño dun home adulto e pode pesar ata 170 g. Tamén é coñecida como tarántula comedora de aves, xa que pode devorar a pequenas aves e outros animais de tamaño similar.

Theraphosa blondi (araña Goliat)

Araña Goliat

Page 15: Arañas e velenos

A araña lobo debe o seu nome aos seus métodos de caza tan particulares e a seu aspecto físico, xa que acostuman a perseguir ás súas presas ata cazalas (non fabrican arañeiras).

A súa picadura provoca unha ulceración na pel dos humanos debida realmente á acción das bacterias que infectan a ferida. Polo xeral, o seu veleno non é mortal.

Araña lobo

Page 16: Arañas e velenos

A araña lombo vermello ten unha marca típica de cor vermella nas súas costas. A súa picadura pode ser mortal se non se trata rapidamente, de aí que se encontre entre as arañas máis perigosas e velenosas. Os síntomas da súa picadura son vómitos e dor nos músculos e nas articulacións que xeralmente se paralizan rapidamente.

Araña lombo vermello

Page 17: Arañas e velenos

A araña do rato pode adaptarse a distintos entornos e habita en varias partes do mundo. O seu veleno afecta principalmente ao sistema nervioso do ser humano e actúa de forma rápida, polo que a súa picadura debe ser tratada de emerxencia.

Araña do rato

Page 18: Arañas e velenos

A araña tea de embude é unha especie de araña moi perigosa que se encontra principalmente na cidade de Sydney. Os síntomas da mordedura poden xurdir e progresar rapidamente. Se non se tratan poden causar unha morte dolorosa na maioría dos casos.

Araña tea de embude

Page 19: Arañas e velenos

A araña errante brasileira é unha das especies máis velenosas e perigosas. Posúe unha forte neurotoxina que causa asfixia e a morte se non se trata a súa trabada.

Araña errante brasileira

Page 20: Arañas e velenos

A viúva negra é unha das arañas máis temidas e perigosas. A mordedura desta araña é moi temida porque o seu veleno é 15 veces máis potente que o da serpe de cascabel. Nos humanos, produce dor muscular, náuseas e parálise do diafragma, o que pode dificultar a respiración.

Porén, a maioría das persoas non sofre danos graves, e moito menos a morte. A mordedura só pode ser letal se a sufren nenos pequenos, anciáns ou enfermos.

Viúva negra

Page 21: Arañas e velenos

A reclusa parda, araña do recuncho ou violinista é unha das máis velenosas e perigosas que se coñecen. Os síntomas da picadura son moi rápidos e perigosos e poden causar a morte en cuestión dunha hora.

Dende un calafrío ata convulsións e insuficiencia renal son os diferentes síntomas que poden presentar as persoas, sendo os nenos os que presentan as peores consecuencias, algunhas veces fatais.

Reclusa parda