ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do...

9
Arousa Hai que vivila!

Transcript of ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do...

Page 1: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

ArousaHai que vivila!

Page 2: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

2

Índice

3

4

6

7

8

10

12

13

14

O viño: economía e cultura

Adega Entre os Ríos

Autoescola Barrantes

Presentamos a nova web

Ánfora Decoshop

O kiosko de Chus

O Nadal no comercio

O viñedo: o cultivo que tranformouo Salnés

Atopa todo o que necesitasmoi preto de ti

EQUIPO EDITORIALXunta directiva da Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios Rías Baixas

COORDINACIÓN: Mari Rodríguez

REDACCIÓN: Alba García

FOTOGRAFÍA: Foto Video Élite / Freepik

DIRECCIÓN DE ARTEY MAQUETACIÓN:La Lonja Estudio

D.L.: 2155-2016

Patrocinado pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

[email protected] 001 750

AROUSAAÑO 1 NÚMERO 7

[email protected]

O VIÑO

3

O viño:economíae culturaComo sucede en toda

galicia (e en españa e

en europa), o viño xa

traspasou o gastronómico.

é algo cultural.

Índice

Page 3: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

4

O VIÑO

Se facemos caso ao refrán, ‘con pan e viño ándase o Camiño’. Algo que nas Rías Baixas, e principalmente na comarca do Salnés, tó-mase moi en serio. O viño non se empre-ga unicamente nos momentos de ocio (que tamén), senón que o sector vitivinícola é un dos máis potentes da zona.

Co río Umia como arteria principal, o val convértese nunha área de gran fertilidade, ideal para facer medrar un amplo abano de cultivos. De feito, os invernadoiros forman parte dunha paisaxe na que alternan os ki-wis con tomates, patacas ou repolos, por

O viñedo: o cultivo que transformou O Salnés

Hai pouco máis de

30 anos en O Salnés

pensaron no sector do

viño como un motor da

economía da zona.

exemplo. Pero se hai un elemento que do-mina a paisaxe de xeito incuestionable é o viñedo.

Cos anos 80, as parras chegaron para que-darse. Non é que os habitantes do Salnés descubriran o viño naquela década. Nada máis lonxe da realidade. Como sucede no resto de Galicia (e en España e Europa en xeral), o viño é un produto que xa traspasou o meramente gastronómico. É algo cultural. Pero foi hai pouco máis de 30 anos cando neste val das Rías Baixas descubriron que o vitivinícola era un sector que espertaba

5

O VIÑO

lias que teñen no mundo viti-vinícola o seu medio de vida ou, como pouco, un comple-mento para outras activida-des. Este peso na economía multiplícase de xeito expo-nencial no momento da ven-dima. Resulta practicamente imposible coñecer con exac-titude o número de persoas que empregan as adegas e os viticultores para recolec-tar as uvas que cultivaron con tanto mimo durante todo o ano. Moitos destes vendi-madores chegan de concellos lonxanos, atraídos por esta oportunidade de emprego. Un exemplo máis do tirón do sector vitivinícola. E é que este incremento puntual da poboación, é algo que ani-ma ás vilas e, por suposto, a pequenos comerciantes e hostaleiros.

Durante a vendima,

moitos traballadores

chegan doutras

zonas, favorecendo un

incremento do consumo.

interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos concellos da zona.

Dende entón, o seu crece-mento foi imparable. Non só en extensión; tamén en poder económico e prestixio. Con el medraron os municipios da contorna, que viron como a súa poboación se multiplica-ba ao redor desta nova activi-dade. Os viñedos e as adegas pasaron a ser un elemento fundamental na súa paisaxe e no seu tecido económico. Por exemplo, no ano 2001, en Ri-badumia había 264 empresas. No 2014 xa eran 382. Cafe-terías, tendas, restaurantes, hoteis... agromaron motivados polo tirón deste novo sector.Esta influenza mantense a día de hoxe. Son moitas as fami-

Page 4: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

6

Adega Entre Os Ríos

Hai moitos anos que Francisco Crusat comezou a elaborar viño. Primeiro foi pensando no con-sumo propio; despois, comezou a repartilo entre os seus amigos e Francisco rematou por conver-ter o seu amor polo viño nunha actividade profesional: no 2002 naceu a Adega Entre Os Ríos, en A Pobra do Caramiñal. No 2007 xuntáronse con outras adegas para fundar a Indicación Xeográfica Protexida Arousa Norte. “A nosa aposta pola cali-dade é clara. Temos pouca pro-dución e non podemos competir coas grandes adegas”, explica este adegueiro. “Nos centramos

nos viños de alta calidade”.Producen varias marcas e case todas son albariños con peculia-ridades na elaboración: Altares de Postmarcos, Saras ou a serie KomoKabras. Ademais, a ade-ga apostou pola recuperación do raposo, unha uva esquecida e procedente da viticultura ro-mana. Con ela fan o seu Vulpes Vulpes. “A verdade é que temos moito éxito”, presume Francis-co. O Altares conseguiu 94 pun-tosna Guía Peñín; o KomoKabras Amarelo levou 93 e foi candida-to a Viño Revelación do ano; o Komokabras Verde tivo 91 pun-tos e o Saras, 90. “Para unha

adega pequena é un éxito ter catro marcas con máis de 90 puntos. Hai poucas en España que o consigan”.As marcas de Entre Os Ríos es-tán presentes dentro e fóra de España. “O mercado propio non é suficiente para absorber o que producimos”, reflexiona Fran-cisco. Por iso ten clara a súa aposta: “A internacionalización é indispensable”.

7

Autoescola Barrantes

Autoescola Barrantes, en Riba-dumia, comezou o seu traxecto no ano 1987. “Foron meus pais os que se animaron”, recorda Paco Torres. “Eles traballaban na Autoescola Pernas e cando pechou decidiron facerse autó-nomos e montar esta”.No 2005, os pais xubiláronse e Paco e seu irmán José Ramón colleron o relevo “un pouco por tradición e porque estaba fun-cionando ben”. Con eles chegou tamén a revolución. “Antes só se facían prácticas de coche e moto, pero nós diversificamos en función das esixencias do mercado”, explica. Agora im-

parten cursos de camión, de vehículos artellados, do Servizo Público de Emprego para per-soas desempregadas, formación para CCOO e UXT, para obter o Certificado de Aptitud Profesio-nal, cursos de mercadorías pe-rigosas... Tamén se adaptaron ás novas tecnoloxías. “Instala-mos equipos informáticos para facer os tests, pantallas táctis, proxectores para as clases”, re-corda Paco Ademais, ampliaron a súa flota ata once vehículos. “Entre o 2010 e o 2013 foron anos terribles. Non había cartos e os rapaces non podían saca-ros permisos”, explica. A pesa-

res deste “parón xeralizado”, a Autoescola Barrantes soubo saír adiante. “Ao ser familiar e dedi-carlle máis horas das que debe-riamos, funciona relativamente ben. Adaptámonos ás necesida-des do alumnado e hai cursos que impartimos as fins de se-mana”, comenta Paco. Traba-llades de luns a luns? “Digamos que si”, responde. “Funciona ben grazas á amplitude horaria e ao sacrificio persoal dos autó-nomos”.

Page 5: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

8 99

Page 6: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

Presentamos a nova web

A Federación de Comercio Rías Baixas estrea nova web. A entidade vén de renovar o seu portal en Internet, unha ferramenta clave para a súa relación co cliente e que mellora tamén o fluxo de información cos seus comercios asociados.

No seu deseño, primouse a compatibilidade de todos os contidos entre os diferentes dispositivos. Deste xeito, po-deremos consultar a web sen problemas dende móbil, ta-blet ou ordenador, adaptándose de xeito automático para garantir a accesibilidade a todos os apartados. Dende o punto de vista máis visual, atopámonos con que a nova web da Federación de Comercio Rías Baixas está baseada nas cores corporativas da entidade, así como tamén no novo deseño do logo. Todos os estilos creados axústanse a eles, dando continuidade á marca.

De primeiras, o usuario atópase cunha páxina principal que actúa como escaparate. Nela podemos ver unha es-colma dos diferentes contidos doutras seccións do portal. Tamén inclúe unha páxina de novas, pensada para dar dinamismo aos contidos da web. Estas novidades estru-túranse nun índice a través do que os usuarios e os aso-cidados poden consultar de xeito rápido e sinxelo toda a información. O portal está preparado para acoller contido multimedia e todas as novas poden compartirse de xeito rápido e sinxelo a través das redes sociais da Federación.

NUEVA WEB

ofrece información actualizada

da federación e dos asociados.

está totalmente integrada coas

redes sociais e é compatible cos

diferentes dispositivos.

10 11

NUEVA WEB

Cumprindo a súa función de escaparate, o usuario pode recorrer á páxina para coñecer a Federación (historia, organigrama, servizos, información de contacto) e tamén os seus asociados. A web inclúe un directorio das empresas que compoñen a Federación de Comercio Rías Baixas. Trátase dunha base de datos que garda información de contacto de todas as entidades relacionadas coa Federación, ademais dunha serie de ferramentas que permiten a explotación e xestión da información asociada a elas. O usuario pode saber que establecementos forman parte da rede da Federación, a que se dedican e obter dun xeito rápido e sinxelo os datos de contacto.

A través deste novo portal, a entidade busca cubrir a necesidade informativa que existía. Deste xeito, favorece unha maior difusión dos comercios asociados, das iniciativas levadas a cabo como colectivo e de información relevante e de interese tanto para a Federación como para os seus membros. Preci-samente para favorecer a difusión, a nova páxina web está completamente integrada coas distintas redes sociais, de xeito que se pode compartir cada contido de forma sinxela e intuitiva.

Page 7: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

12

Ánfora Decoshop

O mundo da decoración non ten segredos para María José Mol-des. Hai 23 anos que se dedica a este sector; por “unha suma de casualidades” tomou as ren-das do establecemento meañés Ánfora. “Eu acabara os estudos. A miña familia tiña este local alugado, pero houbo varios pro-blemas co inquilino. Entón din o paso e... ata hoxe”, recorda.Con Ánfora empezou dende cero. Non traballara en ningún sitio e a súa familia non se dedicaba a este sector, pero decidiu apro-veitar o uso que tiña o local. A día de hoxe, asegura que intenta aprender e mellorar continua-

mente, ademais de adaptarse aos novos tempos. “Traballamos todo tipo de decoración para o fogar, iluminación, menaxe de cociña...”, enumera María José. “Coidamos moito o detalle”.Precisamente, son os detalles os que axudan a Ánfora a dife-renciarse da competencia. Sobre todo da que representa Internet. “Coas grandes áreas levamos moitos anos convivindo. Agora o que máis prexudica é a rede, concompañías estranxeiras que non compiten en igualdade. Ser-ven dende China a prezos de risa e non pagan portes”, laméntase.Ante esta ameaza, ten a súa re-

ceita clara: a atención personali-zada, a presentación e selecciónd os produtos e o mimo no empa-quetado dos agasallos. “Temos clientes que levan os 23 anos con nós. Non só de cerca; hai xente que vén de 20 ou 30 quilómetros á redonda”, asegura orgullosa. “A tenacidade, a ilusión e as ga-nas de facer as cousas ben deron algo de froito”.

13

O Kiosko de Chus

Chus recorda o difícil que foi a época do Prestige (“A xente do mar asustouse, non había ingre-sos”), aínda que o máis complica-do foi a crise económica. Tamén a competencia das grandes áreas e o cambio nos hábitos de con-sumo. “Para funcionar, necesita-mos que haxa xente pola rúa. Se se mete en centros comerciais, non temos vida”, asegura.

O Kiosko de Chus forma par-te da nenez de varias xeracións de vilanoveses. Hai 33 anos que abriu as súas portas, como unha iniciativa da nai de María Jesús Reigosa, Chus, a actual respon-sable. “Ela tiña cinco fillos e sabía que os rapaces se moven moito”, ri. “Naquel momento empezaba a despuntar o mundo da chuchería, e sempre tivo moi boa visión”. Así foi como pasou de ser ama de casa, a ser au-tónoma e ter un negocio propio que foi medrando cos anos. “Xa tiñamos a propiedade no entorno do Xardín Umbrío”, recorda Chus. “Antes non era unha zona moi

boa, pero meu pai estaba con-vencido de que remataría por ser o centro da vila... e saiunos ben”. Quince anos despois de comezar cun kiosko de rúa, edificaron no sitio e fixeron unha tenda física. “Os clientes fannos maiores”, comenta Chus. “Veñen pais con fillos que antes eran eles os que nos mercaban. Xa son case a terceira xeración! Así é como nos damos de conta do paso do tem-po”. O Kiosko de Chus segue a ser o lugar preferido para moitos cando queren mercar chucherías, xeados, prensa, cromos, ou “al-gunha das bonequerías que es-tán de moda”, enumera.

Page 8: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos

PREPARANDO LA NAVIDAD

14

O Nadal no comercio

A campaña de Nadal é o mo-mento do ano máis agardado polos comercios. Independente-mente do sector ao que se de-diquen, o espírito destas épocas anima o consumo da cidadanía. E é que hai moitas frontes que atender: agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos, as intermina-bles comidas e ceas familiares das datas máis sinaladas, a lo-taría, a roupa para os eventos especiais, as visitas dos amigos que chegan de fóra… a listaxe é interminable, e nela aparecen numerosas oportunidades para os comercios das vilas.

Para atraer os seus veciños, as tendas locais despregan encan-tos. Os escaparates énchense de motivos desta época e de luces, combinando cos propios ador-nos que instalan os concellos para animar as rúas a pesares

da chuvia e do frío que son pro-pias desta época do ano.

Nun principio, para este ano hai boas novas. Segundo o Estudo de Consumo de Nadal 2018 rea-lizado por Deloitte, as familias españolas investirán unha me-dia de 601 euros nestas festas; un 3% máis respecto do 2017. España ocupa o segundo lugar no ránking do gasto medio para a campaña de Nadal en Europa, situándose só por detrás do Rei-no Unido. Pero parece que este crecemento non se percibe do mesmo xeito nos comercios.

Aínda que as cifras económicas apuntan unha recuperación co-mezando a deixar atrás os anos da temible crise, dende o comer-cio local aseguran que non che-garon a recuperar os niveis de consumo previos. A xente mira

este 2018 chega con boas novas

e un aumento do consumo. as

familias españolas investirán

unha media de 601 euros no

nadal; un 3% máis que no 2017.

15

PREPARANDO LA NAVIDAD

máis o que compra, reducindo os excesos e axustando os presupostos dos fogares. Ademais, campañas im-portadas do mundo anglosaxón, como o tan de moda Black Friday, non favorecen ao pequeno comercio. Máis aínda se temos en conta que xa se considera o inicio da campaña de vendas de fin de ano, e que o 77% dos consumidores aproveitarán para mercar algún agasa-llo con descontos.

A pesares de que o escenario se complica, o comer-cio local non escatimará en esforzos para cubrir as necesidades da súa clientela. Aínda que con menos esplendor que en épocas pasadas, son conscientes do pico no consumo que se dá nesta época do ano, e que lles pode permitir compensar outros momentos que puideron non ser tan bos no que a gasto se refire. O Nadal é sempre unha boa oportunidade para intentar reequilibrar as balanzas e rematar o ano cun bo sabor de boca.

Tampouco son alleos ao peso que a sociedade dá a esta época do ano, e non queren quedar á marxe do seu espíritu. Por iso, son fundamentais para xerar ese ambiente que tanto gusta á cidadanía e que enche as rúas das vilas de paseantes como se estivesemos no momento máis álxido do verán. Ademais, nos seus establecementos o cliente atopará todos os produtos e servizos para agasallar ou para darse un gusto, e que lle axudarán a gozar do Nadal por todo o alto e sen botar ningún produto en falta.

campañas anglosaxonas como

o black friday desinflan a

campaña de nadal: un 77% dos

consumidores aproveitarán

para mercar agasallos.

o pequeno comercio continúa

apostando polo nadal, e son

pezas claves á hora de xerar o

ambiente que anima ás rúas e as

enche de paseantes.

Page 9: ArousaDurante a vendima, moitos traballadores chegan doutras zonas, favorecendo un incremento do consumo. interese, e que podía conver-terse nun motor máis da eco-nomía dos pequenos