Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

25
Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire. Miguel Losada Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Outubro 2014 “ No val de Ponte Navéa houbo un arame tendido que asombrou aquela aldea co seu longo percorrido ” Tomás Vega Pato 2003 “ Inveterada, como lo es entre nosotros, la costumbre de prodigar aplausos á esa cohorte de artistas de todo género de que el extranjero surte constantemente nuestros espec táculos públicos, justo es que cuando, como ahora, hay motivo razonable, guardemos una parte de aquéllos para tributárselos á un artista español. No se los ha escaseado el público de Madrid á D. Federico A. Arsens.” Deste xeito 1 comeza o columnista Manuel Bosch y reyes, periodista e administrador da publicación La Ilustración española y americana, a súa reseña sobre un artista total, una personalidade que gañou por méritos propios o dereito a ser considerado un verdadeiro epítome do século XIX. Trátase de D. Federico Álvarez Cálvo, que usou “ Federico Arséns ” como nome artístico e que tamén foi denominado “Blondín” en moitas ocasións, así como “Arsens Blondín”nome co que foi coñecido en Francia xunto con “Álvarez dit Blóndín”, ou sexa, Álvarez, chamado Blondín. Naceu no 1853 dentro dunha prestixiosa saga de artistas circenses que baixo a batuta do seu pai residía circunstancialmente na cidade de Oviedo, onde se dedicaban ó espectáculo, principalmente ecuestre. No pobo onde está inda a súa casa, como veremos a seguir, Federico foi e inda é coñecido como O Comediante” 1 La ilustración española y americana nº XXX p. 91 http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0001101971&page=3&search=Ars%C3%A9ns+++blond%C 3%ADn&lang=es

description

A brief investigation into the figure of Federico Alvarez Calvo, Alias Federico Arséns​​, called Blondin. Total Performer of the late nineteenth century. Musician of several instruments, horseman, comedian and extreme tightrope walker besides watchmaker and photographer. According to the documentation consulted at the official records, he was a native to Cerdeira village, municipality of San Xoan de Rio, Ourense (Galicia) Spain. As Arséns Blondin crossed the Seine in Paris and other rivers and large gaps in Italy and elsewhere. He also acted on numerous occasions with the rest of his family that was a troupe of artists, still today tied to the world of the circus. Galician language. Sociedade Antropolóxica Galega SAGA

Transcript of Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Page 1: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Arséns Blondín e A Casa doComediante en Cerdeira.Ou o caso dohome que andou polo aire.Miguel Losada

Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Outubro 2014

“ No val de Ponte Navéahoubo un arame tendidoque asombrou aquela aldeaco seu longo percorrido ”

Tomás Vega Pato 2003

“ Inveterada, como lo es entre nosotros, la costumbre de prodigar aplausos á esa cohorte deartistas de todo género de que el extranjero surte constantemente nuestros espec­táculos públicos, justo es que cuando, como ahora, hay motivo razonable, guardemos una partede aquéllos para tributárselos á un artista español.No se los ha escaseado el público de Madrid á D. Federico A. Arsens.”

Deste xeito 1 comeza o columnista Manuel Bosch y reyes, periodista e administrador dapublicación La Ilustración española y americana, a súa reseña sobre un artista total, unapersonalidade que gañou por méritos propios o dereito a ser considerado un verdadeiro epítomedo século XIX.

Trátase de D. Federico Álvarez Cálvo, que usou “ Federico Arséns ” como nome artístico e quetamén foi denominado “Blondín” en moitas ocasións, así como “Arsens Blondín”nome co quefoi coñecido en Francia xunto con “Álvarez dit Blóndín”, ou sexa, Álvarez, chamado Blondín.

Naceu no 1853 dentro dunha prestixiosa saga de artistas circenses que baixo a batuta do seu pairesidía circunstancialmente na cidade de Oviedo, onde se dedicaban ó espectáculo,principalmente ecuestre.No pobo onde está inda a súa casa, como veremos a seguir, Federico foi e inda é coñecido como“O Comediante”

1 La ilustración española y americana nº XXX p. 91http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0001101971&page=3&search=Ars%C3%A9ns+++blond%C3%ADn&lang=es

Page 2: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

A Casa do comediante. Foto: www.casadocomediante.es

A Casa do comediante. Foto: www.casadocomediante.es

Como inda hoxe é común entre as xentes do circo, a viaxe forma parte da vida do espectáculo eos fillos nacían aló onde se daba a circunstancia. Federico seica pasou aló os primeiros anosformándose como artista dentro do clan familiar.

Na pouca información elaborada ó respecto da ascendencia e orixe do Comediante este aparececomo “asturiano”. Nembargante, nas nosas2 investigacións ó respecto descubrimos que segundoobra nos rexistros parroquiais O Comediante era fillo de Juán Álvarez Rodríguez, natural deCerdeira, San Xoan de Río, Ourense, e de Amalia Calvo natural de La Roda, Albacete, e veciñada Pobra de Trives. A esposa de Federico foi María Estrella Doval López, natural de Santiagode Compostela cuxos pais eran Ignacio Doval, de Lugo e Isabel López, de Meira, tamén enLugo. Por todo elo e por outros motivos que analizaremos ó longo deste artigo, consideramosque Federico Álvarez, era galego.

Outro feito a ter en conta é que segundo informacións recollidas pola actual familia propietariada Casa do Comediante no propio lugar de Cerdeira, houbo un fillo de Federico e de Mª Estrellaque utilizaría mais tarde o mesmo nome artístico e alias que seu pai. Cesar Álvarez naceu enCerdeira e foi o propietario da casa até mediados do século pasado cando formalizou a vendaestando en Sevilla. Tamén foi artista circense. Debutou no ano 1915 no desaparecido Turó parkde Barcelona.3

O Comediante, Federico A., destacou publicamente na actividade do funambulismo, inda quetamén foi un músico competente que - ademais de tocar o cornetín, a ocarina e o piano - traloseu paso polo conservatorio madrileño perfeccionou a interpretación co violín nada menos quenas clases do eminente Jesús de Monasterio, catedrático de Perfeccionamiento de Violín nestareputada institución. Unicamente os mellores tiñan acceso á docencia do violinista cántabro. Isto

2 Ca palabra “nosas” estoume referindo A toda a familia propietaria actual da Casa do Comediante enCerdeira. Resulta especialmente meritorio pola súa parte o feito de que teñan asumido como algopropio o traballo de recuperar a excepcional historia do Veciño de Cerdeira Federico Álvarez Calvo. Asúa participación na recuperación da memoria do Comediante ten sido e será un feito fundamental eprovidencial tendo en conta outras actitudes moito mais habituais. A traxectoria artística doComediante de Cerdeira constitúe un precioso patrimonio de todos os galegos. Ángeles, Andrés, Paula ea todo o resto da actual Troupe do Comediante, en Nome da SAGA: Grazas.

3 http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/26/catalunya/1366998441_794352.html

Page 3: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

significaba primeiros premios do concurso da Escola de Música, primeiros premios doutrospaíses ou aqueles seleccionados nunha proba específica dirixida polo propio catedrático.

Actuou como cómico e cultivou ademais a arte da fotografía e a da reloxería segundo constapublicado na prensa da época e seguramente tería destacado case que en calquera outraactividade que tivera escollido, mais o que realmente lle prestaba era ser funambulista.En 1874, con 21 anos pois, debutou nesta difícil profesión ca que percorreu o mundo logo deiniciarse cunha exhibición sobre a maroma de cen metros que lle serviu para atravesar a prazade toros de Madrid. A seguir percorrería os mais prestixiosos foros circenses da vella Europa coseu variado espectáculo.Londres, París, Lión e Marsella foron algunhas das prazas que Arséns conquistou co seuesforzo, talento e traballo ben feito.Non era para menos se temos en conta que segundo contan as crónicas da época, era quen deatravesar o baleiro ca cabeza metida nun saco, ou cos pes dentro de cestos, ou sentarse nunhacadeira a na metade do camiño para tocar o cornetín. Ás veces mesmo subía canda el unaparello fotográfico e tomaba imaxes dende as alturas realizando o complexo proceso quesemellante cousa implicaba naquel entón.

Page 4: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

O século XIX foi un verdadeiro século dos prodixios. A finais deste século oimpresionismo abre a veda das posibilidades expresivas dentro do mundo da arte.Despois deste primeiro “ismo” virían moitos mais, como o simbolismo, o cubismo ou o

Page 5: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

modernismo, que abrirían definitivamente a porta cara un mundo gobernado polaprocura da diversidade e impulsado polo convencemento de que as capacidadeshumanas son o verdadeiro factor para o cambio.

Foi tamén o século do imperialismo e dos caudillismos revolucionarios; doindividualismo e do subxectivismo; A máquina do tren, a lámpada, o cine e a fotografía;a pastilla de xabón, o teléfono e a coca-cola son tamén fillos lexítimos deste século.

Dalton albisca os átomos, a medicina toma conciencia dos microbios, Darwin publica assúas ideas sobre a evolución e Edison senta as bases para electrificar o mundo.

Multiplícanse as cidades, a poboación faise urbana; 1816 foi o “ano sen verán”.

Page 6: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Fonte http://jacquelinewaechter.blogspot.com.es/

Page 7: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

No medio de todo este ferver de acontecementos, naceu o noso artista, vinculado a unhapequena aldea do concello de san Xoán de Rio, en Ourense, un lugar onde o mundo sechama Cerdeira.

Aló está inda a súa casa, e aló a súa memoria no que foi, seguramente, primeiroanfiteatro das fazañas do home que andaba polo aire. Hoxe é coñecida como “a Casa doComediante”4, un fermoso establecemento hoteleiro instalado, como temos visto5 naSAGA noutras ocasións, nun dos lugares mais senlleiros da paisaxe histórica galega: ásbeiras do río Navea ó pe dun camiño que mil anos antes da nosa era, xa conectaba onoso contexto cas correntes ideolóxicas do vello continente, profetizando, se cadra, omundo que habería de vir. Un paso entre montañas que acubillaba á excáliburverdadeira, a espada que durme en pé.

O noso Comediante, pois así se lle coñece inda na súa terra, aparece en moitas ocasiónscomo vimos ó comezo, relacionado co sobrenome Blondín.

En realidade o “verdadeiro” Blondín foi outro artista do funambulismo de orixe francesaque desenvolveu a súa actividade antes que o noso Comediante e que fixo boa parte doasúa carreira en Estados unidos, Gran Bretaña e Arxentina, onde aparece instalado no1877 na cidade de Almagro. Actuou tamén en España en numerosas ocasións, comotamén reflicten os xornais daquel tempo. A grande calidade das súas intervenciónschegou ó paroxismo cando deu en atravesar as cataratas do Niágara en multiplesocasións. A primeira o 30 de Xuño de 1859 cando percorreu os 335 metros de corda,sobre unha caída duns 60, en 17 minutos. Pasou do lado estadounidense ó canadiense;pasou a gorra, tomou unha copa de wiski e deu volta noutros 6 minutos6. Noutrassesións volveuno facer levando ás carranchas ó seu mánager7, ou cociñando sobre acorda, ou realizando toda caste de actividades inverosímiles.

4 http://www.casadocomediante.es/ Cerdeira – San Xoán de Rio ,Terras de Trives. Tf 6374515835 Losada, Miguel. Fol de Veleno nº 2. Sociedade Antropolóxica Galega SAGA, 2012. P.6 http://www.diarioelnorte.com.ar/nota28174_en-el-mes-del-nino-historias-de-magos-y-equilibristas-.html7 http://history1800s.about.com/od/popularentertainment/ig/Images-of-Blondin/Blondin-Spectators.htm

Page 8: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Fonte: history1800s.about.com

O talento de Arséns fixo que pronto fose comparado, e puidese selo, co mais grandeprecedente, Blondín, Jean François Gravelet, alias Charles Blondín e que tanto opúblico coma os medios insistiran ou aceptaran denominalo así. Cando FedericoÁlvarez tiña dez anos, en 1863, Charles Blondin actuou en madrid8. Naquel intre éposible que o espectáculo ecuestre do seu pai, centrado segundo parece en Asturias,estivera actuando tamén na cidade, non o temos comprobado. En 1874 cumpliu oservizo militar en Madrid e daquela coincidiu cas funcións que o francés ofreceu nacapital de España.

Domadores de elefantes, coma Mr. Alfred. Moffat, pilotos de globos aerostáticos, comoMad. Poitevin ou o “reputado gimnasta Mr. Leotard - o mesmo que deu nome ácoñeceida prenda de vestir - que no conoce rival en el vuelo de los tres trapecios.” “Hoyhará su debut en el Price el trapecista español Emilio el Mallorquín” reza a entrada do día 7

8 http://archive.org/stream/madridensusdiari03agul/madridensusdiari03agul_djvu.txt.Entradas 11,13,14,15,22,27 de maio e 10,11 e 13 de xuño

Page 9: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

de Xullo e a do 5 de agosto: “ Circo Price. Anteanoche y por primera vez verificó el célebreacróbata mallorquín el doble salto mortal”. Os prestidixitadores “Mr. Hermann” e “oseñor Peyrés” colleitaban éxitos segundo a entrada do dia 8 de marzo.

No famoso Circo de Price actuaba Mr. Kennedy, coñecido como “Mr. Jonathan Jack, elenano irlandés de 30 pulgadas de alto.”onde se sucedían as, “grandes funcións ecuestrese ximnásticas”

Toda caste de espectáculos circenses tiñan grande predicamento na península e no restodo continente, e con moitas delas debeu encher os ollos o xoven Federico mais polo quesemella a que mais conseguiu atraer a súa atención foi a do funambulista francés.

Outra gran referencia que sen dúbida tivo Federico Álvarez foi a de María Spelterinique naceu no mesmo ano que o galego e que tamén cruzou as cataratas do Niágara o 8de xullo de 1876, sendo a primeira muller en facelo9.

María Spelterina cruzando as Fervenzas do Niágara. 8 de Xullo de 1876. www.nflibrary.ca

É mais, o nome artístico do francés mudou nun verbo que foi bastante empregado parareferirse ós políticos que doadamente mudan de opinión, aqueles que o mesmo se sitúandunha banda que doutra.

O xeneral Prim, por exemplo foi acusado pola prensa de ser un “blondín político”10, etamén o foi Abraham Linconl cando no 1864 foi o rival de Mclelan nas eleccións daquelano11.

9 Imaxes de maría Spelterini pasando sobre a corda. http://www.nflibrary.ca/nfplindex/results.asp10 Diario “La Esperanza. Periódico monárquico”. 25 de agosto de 1870. Nº 7911

Page 10: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Lincoln vs. Mclelan. 1864. Satíra acusando ó primeiro de seren un Blondín político. Fonte:elections.harpweek.com

Lincoln vs. Mclelan. 1864. Outro cartaz ca mesma finalidade. Fonte: elections.harpweek.com

Outra sobresaínte personalidade desta disciplina foi a navarra Leona Remigia Echarren,alias Mademoiselle Agustini12 que curiosamente tamén nacería no ano 1853.

Xa dende o inicio do XIX aparece recollida pola prensa a popularidade e abundancia detoda caste de espectáculos circenses, entre eles os dos voandeiros ou funambulistas.Tamén o recolle, por exemplo, a Enciclopedia Navarra na súa entrada sobre“acrobacia”13 onde refire a presenza da compañía de Madame Ravel e a súa familia nasfestas de San Fermín de 1806.

11 http://elections.harpweek.com/1864/cartoon-1864-Medium.asp?UniqueID=43&Year=12 http://escuelanavarradecirco.com/proyecto-asociativo/circo-en-el-pamplona-antiguo13 http://www.enciclopedianavarra.com/navarra/acrobacia/164/1/

Page 11: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Asi pois, vemos que o contexto era favorable á proliferación destes espectáculos portodo o mundo occidental. A calidade da competencia debeu ser moi grande e anecesidade de distinguirse pola valentía e capacidade de asumir riscos tamén.

A “Troupe Casas” en Francia. Outro exemplo de familia circense. Mais exemplosnoutros cartaces no mesmo sitio.

Fonte:http://www.camardetassocies.com/html/index.jsp?id=4073&np=5&lng=fr&npp=20&ordre=1&aff=1&r=

Por todo elo e percorrendo fundamentalmente a prensa do XIX, podemos ir seguindo ereconstruíndo unha parte da memoria deste gran artista que acadou, probablemente asúa máxima cota de popularidade cando no 1882 convértese definitivamente nun heroedo Sena logo de dedicarse a pasalo río en varias ocasións.

Se facemos o percorrido polas hemerotecas dixitais na procura das pegadas dasactividades do noso Comediante atoparemos que actuou moitas veces acompañado dasúa familia de artistas. As súas fillas eran tamén cantantes e músicas ademais deacróbatas.

Page 12: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Houbo ocasións nas que os preparativos nunha praza de toros para a actuación deArséns retrasaron ou dilataron o espectáculo taurino. Noutras a crítica taurina cualificade “bien pero pesado” o espectáculo de ver ó funámbulo camiñar sobre a corda por ribado coso e cos pes metidos en cestos mentres tocaba o cornetín sentado nunha cadeirapara, a seguir, avanzar sobre a maroma ca cabeza metida nun saquete.

En xeral todas as noticias que se poden atopar reflicten a admiración que provocaban asevolucións de Arséns maila súa familia de artistas, que é cualificada como “numerosa”nesta14 columna na que o Ateneo de Teruel organiza, dende o 30 de novembro de 1891e durante tres días, un evento benéfico para recadar fondos a prol da compañía de“Arséns Blondín” cando parte dela fica illada por un temporal de choiva que impediu assesións que había previstas na praza de touros. Previamente Federico Álvarez tiñaactuado desinteresadamente como violinista noutros espectáculos ofrecidos poloAteneo. Na terceira sesión das xornadas benéficas Federico Álvarez intervén de novo coseu violín acadando os fondos precisos para continuar viaxe cara Valencia.

O 27 de Julio de 1879 Federico Arséns actuou na praza de toros de Madrid e na revistaespecializada El Toreo vemos o que deveu ser unha actuación habitual neste artista:

“ Pasar la maroma llevando grillos en los pies, grandes ejercicios sobre unasilla tocando con cornetín las variaciones del carnaval de Venecia, el paseo devanes con cestos, la gran carrero (sic.) con el balancín a las espaldas terminadocon el velocimán metido en un saco.”

Nesta ocasión o crítico taurino, molesto pola demora provocada polos preparativos,inicia o comentario con certo desprezo do espectáculo e remata recoñecendo a calidadedo mesmo15.

El Globo diario ilustrado de 25 julio 1879 anuncia para o 27 dese mes o debut deFederico Arséns procedente dos circos de Paris, Londres, Lyon e Marsella16. Son variosos xornais nos que temos atopado pequenas reseñas da xira de Federico Arséns en 1879.

El Semanario murciano. 9/3/1879, página 8.

El Imparcial (Madrid. 1867). 25/7/1879, página 4.

La Discusión (Madrid. 1856). 28/6/1879, n.º 13, página 4.

El Globo (Madrid. 1875). 25/7/1879, n.º 1.378, página 4.

El Toreo (Madrid. 1874). 28/7/1879, página 1.

14 El Ateneo : revista quincenal: Año III Número 40 - 1894 mayo 1 pg 19 y 20

15http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0000878473&page=1&search=Ars%C3%A9ns+++blond%C3%ADn&lang=es16

http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0001108302&page=4&search=Ars%C3%A9ns+++blond%C3%ADn&lang=es

Page 13: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Boletín de loterías y de toros (Madrid). 28/7/1879, n.º 1.483, página 2.

La Época (Madrid. 1849). 6/8/1879, n.º 9.740, página 4.

La Ilustración española y americana. 15/8/1879, página 1 (na portada), 3 e 4

El Globo (Madrid. 1875). 31/8/1879, n.º 1.415, página 2.

En moitas destas referencias17 podemos comprobar que o espectáculo do Comediante aparececomo supletorio en moitos festexos taurinos. Os xornais replican a información xa preparada eos críticos dan fe da valía do espectáculo inda que adoitan criticar o uso non exclusivo dorecinto para o toureo.

Algunhas outras referencias que temos consultado son estas

Como Violinista aparece no:

Ateneo rev. quincenal El Ateneo : revista quincenal: Año III Número 40 - 1894 mayo 1pg 19 y 20 e que xa referimos antes.

A “Troupe Blondin” composta por cinco membros. Entre eles Isabel, filla de Federicoaparece como trombonista (Trombón de varas), cantante e mímica. O programa inclúea interpretación da aria final de Lucia, por Isabel, e as variacións do carnaval deVenecia a cornetín a transposición de son por Federico. Px. 3 en

El Telegrama del Rif: El Telegrama del Rif - Año IV Número 1116 - 1905 septiembre1 (01/09/1905)

O cronista do diario de avisos, noticias e anuncios La Crónica califica de “Barracaantiestética” a instalada polo empresario Julio Ruiz na plaza Salamero, …pg 10

La Crónica : diario de noticias y anuncios: Año VI Número 1588 - 1890 octubre 7

Actuación en Huesca nas prazas San Victorián y Zaragoza. O artista resulta moiaplaudido. Px 3

La Crónica : diario de noticias y anuncios: Año VI Número 1387 - 1890 enero 27

17 Consultables na páxina da Hemeroteca Digital da Biblioteca Nacional de España.

Page 14: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Blondin aparece citado en Zaragoza como: “o célebre Julio Blondín” Pode que por unaerrata. Px 2

La Crónica : diario de noticias y anuncios: Año VI Número 1381 - 1890 enero 18

En Menorca, no diario El Liberal, aparece como cómico, “simpático maromista yclown”(Sic.) e funámbulo. Executa o exercicio “Una travesía telegráfica” e variosexercicios doutro titulado “The Sensation aerea”. Entradas cómicas nos intermediostamén a cargo de Blondín (Federico A.) e unha “entrada ecuestre”. O Programacompleto xunto a outros artistas. Pg 2

El liberal : órgano democrático de la isla de Menorca: Año 9 Número 2370 Edición -1889 mayo 25

En Cádiz, “Monsieur Blondin” solicita permiso para cruzar a Praza de San Antonio. Pode quetamén se trate de Federico Álvarez. pg 3

Crónica Meridional : diario liberal independiente y de intereses generales: Año XXVII Número7902 - 1886 julio 29

Nesta nova do xornal alavés, xunto cos prezos e outros detalles, aparece o programa para apraza de touros ás catro e media da tarde. Nel aparece a Compañía de “Arseu” (errata)Blondín, xunto cas “distinguidas Ecuestres y volteadoras señoritas Trinidad e Isabel” que faráncarreiras pola pista ó estilo do Circo Barnum segundo o periodista. Dentro do programaaparece tamén o “doble volteo a la Richard” polo irmáns Arséns e “maniobras a catro cabalospolos catro irmáns Blondín”. O denominado “célebre artista ecuestre Antonio” pode ser taménFederico ou outro membro da familia. pg 2

Heraldo Alavés : Diario independiente de la tarde: Año II Número 428 - 1902 Junio 21

Na seguinte nova aparece cualificado como “El nuevo Blondin que toca dos cornetines a la vezsobre la cuerda”. A función tería lugar de novo no Circo Price de Madrid mais nesta ocasiónaparece un dato moi interesante xa que o artista, que evidentemente é Federíco Álvarez xaque toca como é característico nel o cornetín, intervén tocando dun xeito que resultabacaracterístico da zona das terras de Trives.

La Libertad: Año II Número 367 - 1891 agosto 27 Página 3

Page 15: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

En efecto, se consultamos o excelente libro18 do colaborador da SAGA Pablo Carpintero na súapáxina 347 podemos comprobar como nesta terra e soamente nela, aparece conservado o quetecnicamente é un oboe duplo que pode ser encadrado na categoría de “gaitas de castiñeiro”por estar feitas con este material. Trátase dunha parella de tubos soprados ó mesmo tempo,na que un deles, o tubo cantor, produce a melodía mentres o segundo tubo, o Bordón, xeraunha nota pedal coincidente ca do anterior inda que mais grave.

Este é un dato que pode indicar unha clara identificación entre esta singular e inveteradatradición localizada nas Terras de Trives e a formación musical e cultural que Federico Álvarez,Arséns, puido adquirir no entorno do seu pobo de Cerdeira, no Concello de San Xoán de Río.

18 http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/wp-content/uploads/2010/10/4_321_a1._p3._f6._1-e1288175654586.jpg

Page 16: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Fonte:http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/wp-content/uploads/2010/10/4_321_a1._p3._f6._1-e1288175654586.jpg

Ademais e nesta mesma liña temos o dato de que a prensa recolle como Federico fica “na súacasa de Cerdeira”, o cal evidencia a especial vinculación que o artista debeu ter sempre conesta terra.

Page 17: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

“El señor Arsenio Blondín famoso funámbulo que muchas veces pasó el Sena y que cobró fama mundial. Es gallegoy actualmente se halla en Cerdeira, su pueblo natal. Fª Pacheco” Fonte: Revista vida Gallega. Nº 88. 26 de Xuño de1917.http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/catalogo_imagenes/miniatura.cmd?idImagen=11116908

Page 18: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Agilidades en la “antigua Gasteiz” é a sinxela definición da presencia da “troupe blondín” napraza de touros da cidade vasca no ano 1902.

Heraldo Alavés : Diario independiente de la tarde: Año II Número 434 - 1902 Junio 30 Página 1

50 céntimos era o prezo da entrada para ver o espectáculo dos “célebres esposos Blondín” nacidade de Cadiz. Sería outra vez na praza de touros.

La Palma : Diario de avisos, mercantil, industrial, agrícola y literario: Número 17413 - 1886junio 13 Página 3

Nesta larga columna titulada La destreza en España firmada por Espinosa y Quesada, daseconta de varios casos de persoas dotadas de grandes habilidades entre as que se glosan trescasos de funambulismo extraordinario. O primeiro datado polo autor, no 1547 durante o actode coroación do rei inglés Eduardo VI en Londres e o segundo deles debeu acontecer o 25 dexullo de 1554 cando O Rei Felipe II accedeu ó trono inglés. Ambos espectáculos estiveronprotagonizados por “un aragonés” (Sic.)

O terceiro foi o protagonizado por “ Antonio Federico Arséns, o Álvarez según algunosperiódicos” que tería ido a París “por los años de 1882” (Sic.) Este equilibrista tería cruzado osena sobre una corda colgante en menos de dous minutos e vestindo un “maillot (de cor)plata”(Sic.) que o facía visible dende unha grande distancia segundo o cronista.

La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Número 12 - 1891 enero 18

Pode que fora ese ambiente restrinxido o que fixo que a familia dera o salto cara París ondeaparecen rexistrados nun censo de estranxeiros19 de 28 de Agosto de 1890 co número deasento 1322.

Nel figuran inscritos, cos nomes convenientemente mimetizados co entorno, Federico Alvarez,chamado “Blondín” de profesión artista. Fillo de Jean Álvarez (Xan, Juán) e de “Amélie” Calvo,(en realidade era María Amalia) nacido o 11 de febreiro de 1853, nun lugar que non indica.Pode ser que a persoa encargada do rexistro non entendera a fonética de “cerdeira”. Estácasado con Estelle Marie Doval (Maria Estrella) de 35 anos ca que ten catro fillos nese intre:Trinité, de 12 anos; Jean, de 10; Antoine, de 7; Isabelle, de 6 e Frédérique que ten 4. O seuanterior domicilio era xa a cidade do Sena.

No asento anterior, 1321, figura inscrito un irmán de Federico. Trátase de Manuel Álvarez,tamén artista e nado en Logroño o 16 de febreiro de 1871 probablemente durante unha dasxiras da compañía ecuestre dirixida polo seu pai. Como veremos, Manuel será o grancontinuador da saga Álvarez.

19 http://claudie.dussert.free.fr/Etrangers_recenses_HG/EspagnolsVII.htm

Page 19: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

E efectivamente o comediante de Cerdeira, acadou probablemente una das cotas mais altas depopularidade en Francia cando no ano 1883 atravesou o río Sena, no medio de París e dunhaenorme concentración de público20.

Unha descrición do acontecemento pode consultarse na fonte orixinal neste sitio21 daBiblioteca Nacional de Francia onde aparece unha detallada crónica do espectáculo e dacircunstancias do mesmo.

En 1882 un acrobate, prenant naturellement le nom de Blondin (Arsens),a traversé laSeine sur un câble de fer tendu d'une rive á l`autre. L`expérience a eu lieu entre leCours de la Reine et le quai d'Orsay. Ce câble, formé de torons de fil de fer galvanisé, ilétait soutenu à ses deux extrémités avait environ 5 centimètres de diamètre; par unéchafaudage formé d'une sapine maintenue par des arc-boutants, sur laquelle setrouvait une petite plate-forme, une sorte de hune destinée à recevoir l'équilibriste aubout de sa course.

Federico é descrito como un “home novo duns trinta anos, de estatura pequena e quesemella flexible e ben musculado”. Segundo se pode ler no texto dixitalizado, a funcióntivo cinco actos ou actividades diferenciadas.

Cours de la Reine. Punto de partida de Federico Arséns na beira do Sena, París. Fonte:http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Cours-la-Reine.JPG/375px-Cours-la-Reine.JPG

20 Unha imaxe do feito en http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k6272780p/f228.image21 http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k6272780p/f225.image

Page 20: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Quay D`Orsay. Lugar de chegada.http://fr.wikipedia.org/wiki/Quai_d%27Orsay#mediaviewer/File:P1020438_Paris_VII_Pont_Alexandre_III_Port_des_Invalides_Quai_d%27Orsay_rwk.JPG

Lugar da cidade de París onde aconteceu o paso do Sena. Fonte: Adaptación propia daWikipedia.

Page 21: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Na primeira o artista, percorreu co seu balancín a distancia entre ambas beiras do río,uns 150 m segundo o autor, en dous minutos. Isto é, fixo o traxecto a paso lixeiro ou“moi rápido” segundo se expresa no texto.

Na segunda entrada, percorreu cara atrás o cable de aceiro, duns 5cm aclara, até unpunto do mesmo no que sentou e saudou ó publico. Despois regresou ó lugar de partida.

No terceiro exercicio, pasou todo o río ca cabeza cuberta cunha ampla carapucha negrapor baixo da cal sobresaían os brazos.

A seguir colocou o que define como un balancín que semella moi pesado, sobre o cablepara subir sobre el cun pe a cada lado do cable. Nesta posición tocou unha corneta depistóns durante varios minutos.

Para rematar a actuación sentouse nunha silla e permaneceu en equilibrio sobre ela.

Arséns dominando o Sena. Fonte: http://jacquelinewaechter.blogspot.com.es/

Page 22: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Retrato publicitario de Arséns Blondín. París 1882. http://www.tajan.com/pdf/2004/4483.pdf.

Page 23: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Outro cartaz amosando diversas técnicas sobre o cable de aceiro.

Fonte: http://www.camardetassocies.com/html/fiche.jsp?id=1054165&np=5&lng=fr&npp=20&ordre=1&aff=1&r

No texto menciónanse outras das actividades que adoitaba desenvolver sobre o cable,como transportar a un afeccionado, levar unha carretilla ou circular en “velocípedo”.

Como dato interesante comenta tamén que se esta caste de actividades non e maisfrecuente non o é pola escaseza de acróbatas dispostos senón, explica, polo feito de quedende 1883 a Prefectura da policía non concede os permisos necesarios logo do fatalaccidente do “equilibrista negro M. Malcom” que cando pasaba o río Meuse tivo adesgraza de que se lle partira unha corda que termaba dun dos postes que soportaban ocable. O poste caiu sobre a xente e matou a unha rapaza. Malcom que actuaba atado depes e maus con cadeas, caiu ás augas e malia todo conseguiu sair delas e mesmo acudiren socorro das vítimas.

Page 24: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Parece que no 1884 O Comediante chegou á península italiana. Bolonia, o cruce do ríoArno en Florencia e o Po en Turín foron algúns dos lugares nos que actuou22.

Así pois temos que O Comediante foi un artista total, músico que manexou variosinstrumentos, fotógrafo e reloxeiro; dominador da arte ecuestre e dos segredos dofunambulismo. Podémolo imaxinar aló sobre o río Sena, logo dunha gran campañapublicitaria, co seu traxe axustado de cor prata. É un home novo, forte, áxil e de estaturamodesta. Gasta bigote e barba; nun intre do seu camiño aéreo saca un dobre instrumentode vento e toca como xa solo se toca nunha parte das terral altas de Galicia. Sempre ofai. É o seu xeito de esconxurar a morriña.

Na actualidade, a saga familiar dos Álvarez continúa no mundo do Circo. Un sobriño deFederico e fillo de Manuel, o que aparece no rexistro francés citado mais arriba,chamado Miguel é o avó dos actuais propietarios do “ Circo Sensaciones.” Estes artistasrecibiron no ano 2010 o Premio Nacional de Circo e continúan plenamente activos elevando o seu espectáculo por todo o mundo. Cando en 1985 crearon unha nova técnicaque foi unha innovación mundial, fixéronse acreedores do máximo galardón na súaactividade.

Outros sobriños de Federico Arséns tamén continuaron a tradición familiar, ampliandoco seu esforzo as fronteiras da arte circense.

Mais todo pode remontarse a Cerdeira, onde vive inda a lembranza do Artista quepasaba o río polo aire, dende a súa casa até o san Vitor. Cada un deles balcónsprivilexiados en cadansúa beira do rio, sobre unha das paisaxes mais senlleiras deGalicia; un lugar onde paseando pola Casa do Comediante inda se pode percibir a súamemoria e mesmo presenza nun furtivo rinchar de cabalos, o renxer dunha maroma deesparto e mesmo pode que nos pareza escoitar unhas variacións do carnaval de Venecia.Tamén pode ser que sexa o vento da serra xogando a ser artista.

Variacions do carnaval de venecia polo desaparecido Maurice André. Esta peza podíaescoitarse nas actuacións do Comediante de Cerdeira, Federico Álvarez, Arsénschamado Blondín.

https://www.youtube.com/watch?v=2Bb54Ecb5b4

22Fonte: Info_Circo http://www.infocirco.com/articulo.php?id=41

Page 25: Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.