as cousas de dvd
-
Upload
begona-jara -
Category
Documents
-
view
230 -
download
5
description
Transcript of as cousas de dvd
As cousas de D
vd
As cousas de DvdEste é o meu espazo para contarvos todo
aquilo que me gusta, interésameou me parece chulo.
Algunhas cousas son persoais,deben quedar entre vós e eu.
Dvd Marye
Dvd
Outro díaDon Libresco explícoulle aos xemelgos
que era un códice.
Xa sabedeseses primeiros libros que escribían a man( manuscritos como diría o bibliotecario)
os monxes nos mosteiros.
Pois xa que el fala dos libros máis antigoseu vouvos falar dos máis modernos.
Sabedes o que é un
e-book?
Un e-book,é un libro electrónico. Tamén se poden chamar ebook, ecolibro ou libro dixital.
Antes chámase e-book a calquera dispositivo electrónicoque tivese unha pantalla e unha memoria.Un ordenador, unha PDA, un portátil...
Non obstante agora os e-books sonuns aparatos (parecidos á DS1) que serven só para ler libros....
Un e-book pode ter moitas vantaxes:
-Podes ler o que queiras onde queiras.
-Podes levar un montón de libros nunha maquiniña que non pesa nada. Adeus ás dores de costas polas mochilas cargadas!!!!
- Podes conectarte a Intenet e comprar directamente os líbros que che interesen no momento.
- As súas pantallas teñen unha tecnoloxía que se chama "tinta electrónica",que permite ler mellor nelas e non fai dano á vista.
Imaxinades o que diría Don Libresco!!!!Dvd ,
como podes comparar un libro
cun aparatexo !!!
A verdade é que creo que Don Libresco ten un pouco de razón.
Non creo que sexa o mesmo pasar as follas dun libropara saber que pasa despois
que darlle a un botón para cambiar de pantalla.
Ademais unha máquina non ten ese olor tan especial dos libros novos.
Nin sería o mesmo recordar a mamá léndonos un aparatexocada noite para que nos durmísemos.
Seguro que a Leo e Lea non lles brillarían igual os ollosse lle lese un conto nun e-book.
Pero aínda así creo que son interesantes para algunhas cousas
Aínda que nunca substituirán aos libros!!!!
As cousas de Dvd