AS FRAGAS DO DOR

11
É o río Sor e os seus afluentes, lugar moi recorrido nas miñas saídas. Entre outras cousas, porque é un dos últimos reductos de monte autóctono do noso concello. Unha fraga aínda ben conservada acompaña o Sor durante 49 kilómetros, dende os territorios de campeo do máis famoso bandoleiro galego, Mamede Casanova (O Toribio) ata a ría do Barqueiro, sen dúbida unha das máis fermosas de Galicia, donde por sorte, e só de momento, a apisonadora urbanística non estragou a costa (a crisis urbanística chegou cando máis se estaba especulando nesta zona). O Sor non atravesa grandes núcleos de poboación, aspecto determinante para a pureza das súas augas, gran parte delas recollidas dos frescos regatos da serra da Faladoira. Por desgraza e incriblemente as fragas do Sor non contan con figura de protección mediombiental algunha. Aínda que o río non contén presas hidroeléctricas, si ten outros perigos ecolóxicos, en especial, como non a abafante presenza de eucaliptos que teiman en afogar carballos, ameneiros, avelaeiras, etc, sempre coa axuda da acacia negra (Acacia melanoxylon) que segue a expandirse con certa autoridade. A pesar de todo, as fragas do Sor seguen resistindo á tolemia do home, e gardan nos seus recunchos unha riqueza faunística, botánica e cultural dun valor intanxible, por moito que nos empeñemos as xentes en pensar que todo ten un prezo e que todo é negociable.

description

FRAGAS DO SOR

Transcript of AS FRAGAS DO DOR

Page 1: AS FRAGAS DO DOR

É o río Sor e os seus afluentes, lugar moi recorrido nas miñas saídas. Entre outras cousas, porque é un dos últimos reductos de monte autóctono do noso concello. Unha fraga aínda ben conservada acompaña o Sor durante 49 kilómetros, dende os territorios de campeo do máis famoso bandoleiro galego, Mamede Casanova (O Toribio) ata a ría do Barqueiro, sen dúbida unha das máis fermosas de Galicia, donde por sorte, e só de momento, a apisonadora urbanística non estragou a costa (a crisis urbanística chegou cando máis se estaba especulando nesta zona).O Sor non atravesa grandes núcleos de poboación, aspecto determinante para a pureza das súas augas, gran parte delas recollidas dos frescos regatos da serra da Faladoira.Por desgraza e incriblemente as fragas do Sor non contan con figura de protección mediombiental algunha.Aínda que o río non contén presas hidroeléctricas, si ten outros perigos ecolóxicos, en especial, como non a abafante presenza de eucaliptos que teiman en afogar carballos, ameneiros, avelaeiras, etc, sempre coa axuda da acacia negra (Acacia melanoxylon) que segue a expandirse con certa autoridade. A pesar de todo, as fragas do Sor seguen resistindo á tolemia do home, e gardan nos seus recunchos unha riqueza faunística, botánica e cultural dun valor intanxible, por moito que nos empeñemos as xentes en pensar que todo ten un prezo e que todo é negociable.

Page 2: AS FRAGAS DO DOR

Nesta sección adicada as fragas do Sor irei poñendo as cousas que van aparecendo a carón deste rio ou dos seus pequenos afluentes que de seguro serán de interese para todo amante da natureza.Nesta época as fragas andan inundadas polos xacintos bravos (Hyacinthoides non-scripta) que adornan as beiras cun azul-violáceo que destaca sobre as verdes estampas dos musgos e follas.

Page 3: AS FRAGAS DO DOR

Tamén anda a sair unha das especies, para min a máis elegante de cantas se atopan neste entorno aínda que xa se sabe que para gustos...Esta especie é o (Polygonatum odoratum) en galego chamado soldaconsolda, pola crenza de que o seu rizoma era quen de soldar os osos rotos, o certo que pola zona non fun quen de atoparlle nome propio do lugar, e este é o nome que recolle Xosé Ramón García no seu libro (Guía das prantas de Galicia). Se alguén da zona lle soubese outro nome sería xenial.

Page 4: AS FRAGAS DO DOR

Tamén se atopan nalgúns puntos os solos inzados de Melampyrum pratense, pranta hemiparásita que chucha a saiba bruta doutros vexetais para logo elaborala ela mesma nas súas follas, que menos se algo había de facer.

Page 5: AS FRAGAS DO DOR

Outra que está a florecer con forza é Anemone nemorosa.

Page 6: AS FRAGAS DO DOR

Xa por estas épocas está rematando a campaña de narcisos deste ano, dos que abunda no Sor a especie N. triandrus. subsp.triandros endémico da metade norte da península Ibérica.

Page 7: AS FRAGAS DO DOR

Están as arandeiras (Vacciniun myrtillos) en plena floración, estes teñen unha especial presenza nas partes máis altas do Sor, donde acadan densidades importantes, e de seguro que son un apetecible recurso para a fauna da zona.

Page 8: AS FRAGAS DO DOR

Tamén está moi presente a Rana ibérica, endemismo do Noroeste Ibérico e gran amante destes hábitats, unha das xoias dos anfibios galegos.

Page 9: AS FRAGAS DO DOR

Se non me trabuco na identificación apareceu tamén a rá vermella (Rana temporaria) que polo menos eu, non a teño atopado moito por estes lares. De tamaño maior e fuciño máis romo que a anterior, apareceu nun arribazo algo afastado do río.

Andan os sapos comúns (Bufo bufo) a facer das súas, como se pode mirar neste íntimo (ou non tanto) amplexus axilar no que se encontraba a parella fai unha semana.

Page 10: AS FRAGAS DO DOR

Pero si de algún anfibio podemos estar especialmente orgullosos en Galicia, este é sen dúbida a nosa rabilarga (Chioglossa lusitanica), xoia do patrimonio natural galego. É o único representante vivo do seu xénero que resisteu os cambios climáticos que precederon o cuaternario e as glaciacións deste periodo, no que pereceron especies como Chioglossa meini coñecida tan só polos escasos fósiles atopados.A saramaganta como tamén se lle chama é unha reliquia única no mundo, e que necesita unhas condicións ambientais moi específicas, con alta humidade, augas sen contaminación, moi osixenadas e ácedas. Atopa na follarasca das fragas un lugar axeitado donde pode vivir a certa distancia dos regatos ó manterse unha alta humidade baixo desta, a aparición de eucaliptos nunha zona a priori axeitada para a especie provoca que os exemplares teñan que ficar preto dos cursos de auga para poder manter esa humidade esencial para a súa supervivencia. É polo tanto especie moi sensible a alteración do seu hábitat que resisteu cambios climáticos e glaciacións e que sería moi triste perdela agora pola ineptitude do ser humán.Poño baixo estas liñas unhas fotos dun fermoso exemplar atopado baixo a follarasca dos carballos do río Sor fai un par de días.

Page 11: AS FRAGAS DO DOR

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, unha aperta e gracias por me ler.