As guerras médicas

44
As Guerras Médicas 490 – 479 a.C.

description

As guerras médicas. Causas, armamento, consecuencias...

Transcript of As guerras médicas

Page 1: As guerras médicas

As Guerras Médicas490 – 479 a.C.

Page 2: As guerras médicas

Introdución• As Guerras Médicas enfrontaron no séculoV a.

C. aos gregos contra o crecente imperio persa.

• O nome de médicas se debe a que os gregos tamén chamaban ‘medos’ aos persas por ser Media unha das rexións do seu imperio.

• O imperio persa xurdira cando Ciro o Grande (558 – 530 a.C.) conquistou Media e fundou a dinastía dos Aqueménidas: Cambises, Darío e Xerxes.

• A organización territorial do imperio persa estaba baseada na existencia de satrapías (provincias).

• Coñecemos con detalle a guerra e as súas causas grazas á obra do historiógrafo grego Heródoto.

Page 3: As guerras médicas

O imperio persa antes da guerra

• 559 a. C. – Ciro o Grande se converte en rei de Persia e funda a dinastía dos aqueménidas.

• 530 a. C. – Morte de Ciro. Cambises herda o trono.

• 525 a. C. – Cambises invade Exipto e o converte nunha satrapía de Persia.

• 522 a. C. – Morte de Cambises. Darío o Grande se converte en rei de Persia despois de asasinar a Bardiya, o lexítimo herdeiro.

Page 4: As guerras médicas

Organización do imperio persa

• O imperio persa estaba dividido en satrapías (provincias) administradas por un aristócrata (sátrapa). A palabra sátrapa significa “protector do territorio”. Se dicía que os persas só esperaban tres cousas dos seus fillos: montar a cabalo, tirar con arco e dicir a verdade.

• Ciro mantiña a política de respectar as tradicións dos pobos conquistados. Adoptou medidas de integración favorecendo os matrimonios entre os persas e os aristócratas locais.

• Os reis persas explotaban o seu territorio de dous xeitos: gravaban aos seu súbditos con impostos e utilizaban os recursos humanos en expedicións militares para conquistar novos territorios ou dominar revoltas. O imperio persa desenrolou unha complexa burocracia para administrar as satrapías e os impostos. Para favorecer o movemento do comercio, os tributos e o exército crearon un sistema de estradas que unía os centros máis importantes.

Page 5: As guerras médicas

O exército persa• A infantería do exército

estaba formada por persas de nacemento que se protexían con grandes escudos de coro e mimbre e loitaban con armas diversas: lanzas, hachas, espadas, arcos e frechas. A armadura era mínima, apenas unha coraza acolchada de lino e un xelmo, aínda que podían levar gorros ou capuchas.

• Organizábanse en rexementos de 1.000 homes que podían agruparse en divisións de 10.000. A máis importante era a dos Inmortais, cuio número era sempre de 10.000 guerreiros. Un corpo de elite do rei integrado en exclusiva por membros da aristocracia.

Page 6: As guerras médicas

Panoplia do soldado persa

Casco ArcoArmaduralaminada

a) Sparabara“portador do escudo”b) Arqueroc) Inmortald) Soldadocon makhairaMakhaira

Page 7: As guerras médicas

Formación do exército persa. Primeira fila: soldado de infantería cun gran escudo e unha lanza, a continuación os arqueiros. Os últimos son os comandantes e supervisores. Esta formación era boa para a defensa, pero pobre para o ataque.

Inmortal persa

Soldado de cabalaría

Page 8: As guerras médicas

• Ata a conquista de Chipre e Exipto os persas non se viron na necesidade de construír e manter unha mariña de guerra. Sen embargo, o dominio de todas as ribeiras do Mediterráneo oriental e o seu conflito permanente cos gregos lles forzou a elo.

• Cambises ordenou construír unha flota propia, que permitiu aos persas conquistar o país do Nilo e, posteriormente, atacar Europa.

• As fontes mencionan flotas constituídas por 600 e 300 barcos.

• Cada unha das naves tiña 30 mariñeiros e tropa do seu lugar de orixe, pero tamén ían en cada unha delas, persas, medos e sacas.

• O mando último dos barcos recaía nun oficial persa. Como ocorría no caso do exército de terra, os efectivos navais tiñan os seus propios xefes, subordinados aos almirantes persas da flota.

A flota persa

Trirremes

• Dos pobos citados por Heródoto, quenes aportaban as naves máis rápidas eran os fenicios.

• As satrapías ou cidades marítimas estaban encargadas de proporcionar os barcos e de mantelos, aínda que co tempo se fixo necesario construír astilleiros reais, entre os que se coñecen os de Menfis.

Page 9: As guerras médicas

Extensión do imperio persa

Page 10: As guerras médicas

Os gregos• Os gregos que se

enfrontaron ao poder do Imperio persa no século V a. C. se organizaban en cidades-estado (polis) de configuración parecida pero de extensión territorial e poboación moi diversas. O centro urbano das polis reunía os edificios públicos máis importantes e as aforas eran unha extensa zona rural con granxas onde traballaban os cidadáns (varóns), as súas familias e os escravos. Incontables capas de mitos e lendas escurecen a orixe histórica das polis, que se facía remontar aos deuses ou heroes da mitoloxía.

Page 11: As guerras médicas

Esparta antes das Guerras Médicas• Os espartanos descendían dun grupo de

tribos grecofalantes que se asentaron a finais do século XI a. C. na rexión de Laconia, ao sureste do Peloponeso (de aí que foran chamados laconios ou lacedemonios). Cen anos máis tarde os cinco pobos establecidos na gran chaira do río Eurotas se uniron para formar unha soa cidade, Esparta.

• Estableceron un goberno formado por dúas familias reais: os Agiadas e os Euripóntidas, que aportaban sendos reis. Lles asesoraba un consello de anciáns chamado gerousia, composto por 28 homes maiores de 60 anos.

• A finais do século VIII a. C. os espartanos tomaron Mesenia, unha rexión vasta e fértil do suroeste do Peloponeso, convertendo en escravos (ilotas) á poboación mesenia. Os ilotas constituían unha forza de traballo servil que aseguraba as necesidades básicas.

• Dada a exuberancia de recursos humanos e agrícolas que lles daba o dominio de Laconia e Mesenia os cidadáns espartanos se constituíron como un grupo sociopolítico de elite, os Iguais (homoioi), que se consagraron ao entrenamento militar e, co tempo, comporían o exército máis efectivo do mundo grego.

Page 12: As guerras médicas
Page 13: As guerras médicas

Atenas antes das Guerras Médicas• Atenas foi sempre unha das polis con maior

poboación e extensión, o centro relixioso e político de toda a península da Ática, cuxa tradición sostiña que fora unificada polo heroe mítico Teseo.

• A mediados do século VII a. C. os atenienses eran gobernados polos arcontes, nove oficiais escollidos cada ano entre os varóns dunhas poucas familias aristocráticas. A oligarquía controlaba a terra, cobrando elevadas rendas, e os homes libres podían converterse en escravos por culpa das débedas. Aínda que se enriqueceran, os cidadáns que non pertencían ás familias nobres non podían participar no goberno.

• A maioría da poboación da ática estaba cansa do réxime aristocrático, co cal Atenas pasou por unha época de revoltas sociais.

• No ano 594 a. C. Solón foi designado para revisar a estrutura sociopolítica de Atenas. Eliminou a escravitude por débedas e ampliou o cargo de arconte máis alá da aristocracia. Tamén favoreceu a participación do pobo establecendo un consello popular de 400 membros. Pero, ao parecer, as súa reformas non foron todo o profundas que os seus concidadáns esperaban e os conflitos polo dereito a gobernar o Estado ateniense continuaron.

Solón

Clístenes

Page 14: As guerras médicas

Os continuadores da obra de Solón: Pisístrato e Clístenes.

Page 15: As guerras médicas

As reformas de Clístenes• Nos anos 508-507 a. C. Clístenes

prometeu un plan de reformas radicais no sistema político.

• Reorganizou aos atenienses en 140 novas circunscricións administrativas chamadas demos, onde se rexistraron todos os varóns maiores de 18 anos. Os novos demos se agrupaban en 10 novas tribos formadas con criterios xeográficos e racionais, e non por parentesco como as tradicionais que controlaban os nobres.

• As tribos participaban na política de varios xeitos: por un lado, un home de cada tribo formaba parte dun consello de xenerais con poderes políticos e militares; por outro, cada unha aportaba 50 membros aos 500 dun novo consello que debatía as propostas de novas leis e políticas. Ademais todas as propostas se sometían a voto na Asemblea, onde todos os cidadáns varóns tiñan dereito a asistir.

• Clístenes instituíu un procedemento especial pensado para evitar máis conflitos internos. Unha vez ao ano os cidadáns votaban o desterro dun político importante por 10 anos. Se facía inscribindo o nome da persoa nunha peza de cerámica rota chamada ostrakon, polo que o proceso foi coñecido como ostracismo.

• Todas as medidas compoñían o principio de igualdade política chamado isonomía.

Ostrakas

Page 16: As guerras médicas

O exército grego

• Entre os gregos, os cidadáns de certa categoría económica, integrantes da polis, eran o nervio do exército, os guerreiros de elite. Os habitantes de máis escasos recursos, os servos e ata os escravos combatían tamén, pero o facían como infantería lixeira.

• Datamos o modelo hoplita de facer a guerra a mediados do século VII a. C. Nesta época o rol do guerreiro de infantería pesada ou hoplita era primordial na guerra, e isto en gran parte se debía a súa gran fortaleza defensiva.

• Os hoplitas se organizaban en falanxes, que eran corpos de infantería pesadamente armados, que se dispoñen en formación pechada e ordenando as súas filas moi preto unhas doutras. A falanxe clásica estaba formada por guerreiros armados con lanza de dous metros e espada, protexidos por un gran casco, placas de bronce que cubrían a tibia e os xeonllos (grebas) e un pesado escudo redondo de madeira forrada de bronce chamado hoplon. As corazas estaban formadas por capas de lino pegadas ata acadar certo grosor sobre as que se cosían plaquitas metálicas como reforzo nos puntos vitais.

Page 17: As guerras médicas

Panoplia do hoplita grego• O armamento do hoplita consistía

nun equipo completo dun soldado de infantería pesada, ou hóplon. Podía variar algo dun soldado a outro pero, na época clásica a lo menos, había uns elementos comúns para todos eles. Éste equipo básico se compoñía dos seguintes elementos: lanza larga (dori), escudo redondo (aspis ou hoplon), espada corta (xifos), coraza de bronce (tórax) ou casaca de coiro reforzado, casco de tipo corintio (krános) e grebas (knemides)de bronce para as pernas. O peso de todo o equipo era considerable, podía oscilar de 22 a 35 kilos, polo que xeralmente cada hoplita, a lo menos os máis ricos, posuían un ou varios escravos que se ocupaban do coidado e transporte en mulas do material e do alimento perante as marchas. Entre estes escravos, un deles sempre mandaba sobre os demais, era o chamado “paxe de armas” do hoplita, e xeralmente tamén coñecían o uso das armas. Algúns destes paxes de armas acabaron participando nas batallas, xunto cos seus amos, integrados na falanxe.

Page 18: As guerras médicas

O aspis ou hoplon• O aspis hoplita estaba formado por

unha gran cunca, case plana, construída con láminas de madeira curvas, extraídas do sauce ou do chopo, e encoladas entre sí. A súa parte externa se reforzaba cunha fina prancha de metal (ferro ou bronce),mentres que a interior se facía cunha capa de coiro de lino. A parte externa do escudo soia decorarse cun motivo pintado; na época arcaica foron moi abundantes as efixies de animais e de temas mitolóxicos e relixiosos

• Tiña un diámetro de 90-110 cms, e pesaba entre 6 e 8 kg, de modo que os hoplitas o descansaban no ombreiro perante as pausas do combate e, nas marchas, o colgaban do lombo cunha correa chamada talamón (telamoon). O seu modo de agarre era característico e único, o que permitía o sistema de formación hoplitica en falanxe. Este agarre, consistía nunha peza metálica central na parte interior do escudo (porpax), por onde se pasaba o antebrazo esquerdo, e máis preto do borde, había un asa de coiro (antilabè) que se agarraba coa man. Deste modo, o escudo quedaba pegado ao brazo, e permitía unha maior mobilidade desa extremidade. Era un sistema que proporcionaba máis comodidade e resistencia, aínda que tamén certa rixidez debido ao peso do escudo. Posteriormente comezou a chamárselle hoplón.

O hoplón era unha arma tanto defensiva coma ofensiva.

Page 19: As guerras médicas

A dory• Era a típica lanza dos hoplitas clásicos, cunha

lonxitude de entre 1,80 e 2,50 metros, superior ás xavelinas pero bastante inferior ás futuras sarissas macedonias. Tiña a asta de madeira cilíndrica. A punta adoitaba ser de ferro e de forma lanceolada, dun dez centímetros. Ademais, no outro extremo da lanza, ao pé, adoitaba posuír unha contera metálica duns quince centímetros, ou mesmo unha segunda punta. Esta lanza era a principal arma de acometida do hoplita e un elemento fundamental da falanxe. En batalla non se empregaba como arma arroxadiza, senón que os hoplitas de vangarda suxeitábana horizontalmente co brazo dereito, e sostíñana baixo a axila, manténdoa apertada ao corpo, ou ben a alzaban sobre o seu ombreiro, sosténdoa co brazo levantado, á vez que avanzaban contra o inimigo. Con todo os hoplitas das filas posteriores sostíñana de maneira diagonal ou vertical, en espera de substituír a algún compañeiro caído da primeira liña. Podemos imaxinar o aspecto de ourizo que presentaría unha formación de combate con centos de lanzas en disposición de arremetida.

Page 20: As guerras médicas

O Xiphos e o Kopis• Eran as espadas máis utilizadas

polos hoplitas. A máis común, o xiphos, era curto, duns 60 ou 65 cms de lonxitude, e estaba realizado en ferro, aínda que o pomo podía ser de bronce. Se levaba colgado do ombreiro e non da cintura, e ía envaiñado nunha funda ou vaina de madeira, recuberta de coiro e reforzada de bronce na súa boca e no extremo. Xeralmente só se usaba en combates corpo a corpo, por iso é polo que eran curtas, xa que os hoplitas cargaban empuñando a lanza. De feito, os hoplitas recorrían a espadas e puñais unicamente cando rompía a falanxe. Ademais do xiphos, tamén era empregada, sobre todo polos gregos das colonias occidentais, a espada denominada kopis ou machaira, de aparencia curta e co extremo curvo.

Xiphos

Kopis ou machaira

Page 21: As guerras médicas

Casco e coraza• O casco (kranos) era de bronce e existían

diversos modelos, o máis difundido foi o corintio, que estaba dotado dun protector nasal e de dous grandes carrilleras que protexían as fazulas. Os cascos cubrían pois todas as partes da cabeza, excepto as rañuras dos ollos e a da boca e queixo. Con eles, reducíase notablemente a audición do soldado e, sobre todo, a visibilidade, xa que evitaba a visión cara aos lados e cara arriba se non se viraba o pescozo. O hoplita que avanzaba na falanxe con este tipo de helmos, só tería a vista posta na fronte.

• Esta coraza, toda de bronce, converteuse na máis habitual entre os hoplitas, feitas para eles a medida. A costa de ser pesada (entre 15 e 20 Kg.) e incómoda (sobre todo no verán, ao propiciar unha gran acumulación de calor), proporcionaba unha boa protección, pero só accesible para as clases máis podentes debido ao seu alto custo. Constaba dun peto e un espaldar, unidos entre si por dúas proxeccións tabulares que se introducían por rañuras no lado dereito e dúas anelas no lado esquerdo. Nos ombreiros do peto había dúas puntas que se introducían por buracos no espaldar. Na zona da cadeira, o bordo da coraza viraba cara a fóra, dándolle un aspecto acampanado. A pesar de todo, a coraza non cubría o pescozo nin o baixo abdome. No interior da coraza ía colocado un peto de liño, coiro ou feltro para evitar rozaduras co metal, aínda que isto aumentaría as dificultades de transpiración.

Page 22: As guerras médicas

As grebas e a Chlamys• As grebas (knèmides) eran

utilizadas para protexer as espinillas. Facíanse con bronce dunha soa peza, e podían cubrir ou só a parte dianteira da perna, ou toda ela, incluída a pantorrilla, desde o xeonllo até os nocellos. Estas últimas, as que cubrían toda a perna, utilizáronse fundamentalmente nos séculos VII e VI a.C., sendo ademais, as máis elaboradas, profusamente decoradas con motivos xeométricos ou vexetais, realizadas por técnicas de punzado interno ou de soldadura dos adornos.

• Por último hai que destacar que as capas ou clámides (Chlamys), aínda sen ser armas, formaban parte da vestimenta oficial do hoplita. Nun principio só debían de ter funcións de abrigo, pero desde mediados do século V a.C. convertéronse nun elemento de recoñecemento, primando agora as de liño sobre as de la. Convertéronse en algo así como un uniforme militar. As capas dos espartanos eran sempre de cor escarlata.

Page 23: As guerras médicas

A flota grega: os trirremes

Page 24: As guerras médicas
Page 25: As guerras médicas

Enfrontamento

Hoplita grego loitando con guerreiro persa

Page 26: As guerras médicas

Causas: o descontento xónico• As colonias gregas de Xonia (Asia Menor)

gozaban dunha puxante economía grazas ao comercio ata a chegada dos persas.

• No económico o imperio persa facía pagar tributos a estas cidades e favorecía en contra o comercio das cidades fenicias.

• No político os sátrapas persas exercían o seu despotismo instalando no goberno das cidades gregas un tirano para controlalas.

• Todo isto produciu un notable malestar entre as cidades gregas de Xonia.

Page 27: As guerras médicas

Causas: a revolta xónica• Aproveitando a situación o tirano de

Mileto (Aristágoras) se sublevou e pediu axuda no continente.

• Atenas e Eretria enviaron tropas e saquearon Sardes, capital da satrapía de Lidia.

• Consecuentemente o rei Darío aplastou como reprimenda as cidades insurrectas (497 a.C.), deportando a moita poboación a Mesopotamia.

• Di Heródoto que o rei persa ordenou a un dos seus oficiais que todos os días lle dixera:

«¡Señor! lémbrate dos atenienses»

Page 28: As guerras médicas

Cronoloxía da revolta xónica• 519-18 a. C. – Darío estende o

control persa sobre os xonios.• 499 a. C. – Os persas envían

unha expedición naval contra Naxos que fracasa no seu intento de conquistala. Os xonios se preparan para sublevarse e piden axuda aos gregos occidentais.

• 494 a. C. – Os persas derrotan aos xonios na batalla de Lade (illa fronte á costa de Mileto).

• 492 a. C. – Os persas depoñen aos tiranos das polis xonias e impoñen o seu control.

• 491 a. C. – Darío esixe o sometemento de todos os Estados gregos, enviando embaixadores cun agasallo simbólico de terra e auga que debía ser devolto nos mesmos termos en sinal de sumisión. Os atenienses executaron aos mensaxeiros lanzándoos a un foso para castigo de criminais.

Page 29: As guerras médicas

A primeira Guerra Médica (490 a.C.)

• Como pretexto para seguir expandindo o seu imperio, Darío ordena ao xeneral Mardonio unha expedición contra Atenas e Eretria no 490 a.C.

• Dende as Cícladas, os persas devastaron Eretria e desembarcaron na chaira de Maratón, ao norte de Atenas, guiados por Hipias, fillo de Pisístrato.

• Os atenienses se enfrontaron aos persas, dirixidos por Milcíades, na famosa Batalla de Maratón (490 a.C.) na que venceron coa técnica.

Page 30: As guerras médicas

A batalla de Maratón: 1º fase

• Os persas desembarcaron na praia, fronte a unha zona pantanosa, e montaron o seu campamento ao norte da colina Cinosura. Atenienses e Plateos se situaron nun terreo elevado ao sur, preto da vía de Atenas. Cando Datis dirixiu aos persas cara eles e tomou posicións de combate, os gregos baixaron a terreo chan e atacaron. Os persas fixeron retroceder ao centro do fronte grego, pero as súas ás foron dezmadas e tiveron que fuxir.

Page 31: As guerras médicas

A batalla de Maratón: 2ª fase

• Ao darse conta de que os seus francos quedaran expostos, os persas do centro se retiraron perseguidos polas dúas vitoriosas ás gregas. Parte das forzas persas alcanzou os barcos, pero o resto quedou atrapado entre o pantano e a praia e foi aniquilado.

Page 32: As guerras médicas

Anécdotas da Batalla de Maratón

• Os atenienses derrotaron aos persas en Maratón cun exército de 1.500 hoplitas (900 atenienses e 600 plateos). Mataron 6.400 soldados persas perdendo só a 192 hoplitas.

• Segundo a lenda Milcíades encargou ao mensaxeiro Filípides que fora de Maratón a Atenas para anunciar a vitoria grega. Tras percorrer os 40 km que separan ambos puntos entrou en Atenas berrando «¡vitoria!» e afogado polo esforzo morreu.

• Ao día seguinte do enfrontamento, chegaron 2.000 espartanos a Maratón. Saíran seis días máis tarde da petición de auxilio por respectar as festas sagradas adicadas a Apolo Carneio (Carneias). Cando se mobilizaron marcharon a tal velocidade que chegaron ao lugar en só tres xornadas, aínda que xa era demasiado tarde. Os laconios examinaron as baixas persas e colmaron de eloxios aos atenienses. Inmediatamente despois volveron a Esparta.

Page 33: As guerras médicas

A Segunda Guerra Médica (480 – 479 a. C.)

• Trala derrota persa Milcíades intentou reconquistar as Cícladas, cousa que lle custou o cargo e a vida. A partir de entón dirixirá a guerra en Atenas o estratego Temístocles.

• No ano 481 a.C. Esparta e Atenas firmaron un pacto de alianza militar ante a ameaza persa.

• Coa morte do rei Darío (486 a.C.) subiu ao poder o seu fillo Xerxes (486 – 465 a.C.) desexoso de conquistar Grecia.

Page 34: As guerras médicas

Cronoloxía• 481 a. C. – Despois

de someter as rebelións das satrapías de Exipto e Babilonia, Xerxes se prepara para invadir Grecia cun exército de entre 100.000 e 150.000 homes. Segundo Heródoto o rei persa reuniu uns 1.207 trirremes e 300 cargueiros. As dotacións alcanzaban os 250.000 homes entre remeiros e mariñeiros.

• 480 a. C. – Xerxes ordena construír unha ponte de 1.200 metros para pasar o Helesponto (hoxe estreito dos Dardanelos). A obra requiriu 674 trirremes.

• En agosto ou setembro dese ano se producen as batallas de Artemisio e as Termópilas.

Page 35: As guerras médicas

A batalla das Termópilas• Termópilas quería dicir “portas

quentes” en referencia ás fontes termais que alí se atopaban.

• Na parte central o paso das Termópilas tiña uns escasos 15 metros de ancho. Aquí foi onde o rei espartano Leónidas organizou a defensa.

• A batalla durou tres días.• No paso loitaron uns 5.800 hoplitas

gregos, entre os que había: 300 espartanos, 2.120 arcadios, 1.000 locros apuntios, 700 tespios, 400 tebanos, 200 homes de Fliunte, 80 micenos e 1.000 focenses que gardaban a senda anopea.

• Se calcula que as forzas persas se compoñían duns 200.000 - 250.000 homes.

• Debido á traizón de Efialtes os persas rodearon as forzas gregas pola senda anopea. Cando estaba todo perdido Leónidas decidiu loitar ata a morte para retrasar ao inimigo cos seus 300 espartanos, algúns beocios, uns 400 tebanos e 700 hoplitas de Tespis.

• Segundo Heródoto, Leónidas e os seus homes lle custaron a Xerxes 20.000 homes.

Situación das Termópilas

As Termópilas na actualidade

Page 36: As guerras médicas

Mapa da Batalla das Termópilas

Page 37: As guerras médicas

Leónidas nas Termópilas. Jacques Louis David (1814)

Page 38: As guerras médicas

Das Termópilas a Salamina• Despois de superar o paso

das Termópilas Xerxes se dirixe a Atenas.

• Os atenienses evacúan a cidade retirándose á illa de Salamina. Os sacerdotes se negan a abandonar os templos da acrópole e algúns soldados se quedan a defendela.

• Xerxes saquea Atenas e prende lume aos templos da acrópole asasinando a todos os defensores.

• O 29 de setembro se produce a batalla naval de Salamina onde os gregos, comandados por Temístocles, afundiron 200 barcos persas perdendo só 40.

Page 39: As guerras médicas

A batalla de Salamina

• En vésperas da batalla o corpo principal da flota persa deixou o fondeadoiro na baía de Falero (A) e vogou en silencio ata a posición da flota helena (B). Un escuadrón de 200 barcos exipcios foi enviado a rodear a illa de Salamina ata os estreitos de Megara (C) para bloquear a retirada dos gregos cara ao oeste. Os gregos saíron ao amencer e a batalla tivo lugar no estreito canal (D) ao norte da diminuta illa de Psitalea, onde Xerxes destacara unha tropa de elite de 400 homes. Os corintios deixaron a flota helena e navegaron ao norte en busca dos exipcios, pero ao chegar ao punto (E) sen contactar co inimigo, regresaron e se uniron á flota principal. Xerxes observou toda a batalla dende a súa posición no cabo fronte á cidade de Salamina.

Page 40: As guerras médicas

Consecuencias de Salamina• 480 a. C. – Despois da

derrota de Salamina Xerxes volve a Persia con parte do exército deixando a Mardonio (primo e xenro seu) ao mando das operacións en Grecia.

• Os gregos pensaron que Xerxes volvera a casa tras perder os nervios, pero o feito é que tiña que reprimir as sublevacións das satrapías de Babilonia e Exipto. Ademais, dende a súa perspectiva cumprira unha serie de obxectivos: eliminara a un caudillo heleno importante (Leónidas), convertera en pasto das chamas a súa odiada Atenas e estendeu o seu imperio ao oeste ata Tesalia.

• 479 a. C. – Coa vitoria na batalla de Platea os gregos rematan coa ameaza persa no continente.

Xerxes presenza a derrota da súaflota en Salamina

Page 41: As guerras médicas

Batalla de Platea. 1ª fase• O exército de Pausanias

ocupou unha serie de colinas entre o río Asopo e a cidade de Platea. A cabalería persa e os seus aliados gregos cortaron a súa ruta de suministros e anularon a fonte que os abastecía, obrigando aos gregos a retirarse a Platea ao amparo da noite. Ao amencer, a ala esquerda (atenienses e megarenses) e a sección central (composta por peloponesios) estaban preto da cidade, pero a ala dereita (espartanos e tegeos) ía moi retrasada. Cando Mardonio tivo noticia da retirada grega, ordenou ao fin que todo o seu exército cruzara o Esopo e atacara.

Page 42: As guerras médicas

Batalla de Platea. 2º fase• Os atenienses e

megarenses foron interceptados polos beocios e os demais gregos filopersas, que lles impediron axudar á ala dereita. Un total de 600 megarenses morreron cruzando a chaira intentando alcanzar as posicións espartanas. Os espartanos e os tegeos rechazaron aos seus atacantes e mataron a Mardonio. Ao final, os atenienses superaron aos seus atacantes e atacaron a súa vez o campamento persa.

Page 43: As guerras médicas

Despois de Platea• 479 a. C. – Pouco despois da batalla de

Platea os gregos atacan aos persas no seu propio territorio en Micala, onde conseguen outra gran vitoria que deu inicio á segunda sublevación de Xonia contra a dominación persa.

• 478-77 a. C. – Constitución da Liga de Delos comandada por Atenas, que a utilizaría como instrumento para emprender unha política imperialista.

• 454 a. C. – Os atenienses trasladan o tesouro da Liga de Delos á acrópole inaugurando unha época de gran prosperidade económica e cultural nas décadas de 440 e 430 a. C. A acrópole é reconstruída. O líder político do momento será Pericles.

• 449 a. C. – Paz de Calias entre Atenas e Persia na que se garantía a autonomía dos xonios.

Pericles

Page 44: As guerras médicas

Consecuencias

1)Derrota do Imperio Persa.

2)Nacemento do Panhelenismo.

3)Hexemonía de Atenas.

4)As guerras do Peloponeso.

Hoplitas loitando