As mochilas viaxeiras

3

Click here to load reader

description

Folleto explicativo

Transcript of As mochilas viaxeiras

Page 1: As mochilas viaxeiras

B I B L I O T E C A - I E S A S A N G R I Ñ A

MOCHILAS

VIAXEIRAS

IES A SANGRIÑAAvenida de Portugal s/n

36780 - A Guarda

Teléfono: 986609015

Email: ies.sangriñ[email protected]

Page 2: As mochilas viaxeiras

B I B L I O T E C A - IES A SANGRIÑA

MOCHILAS VIAXEIRAS

A b i b l i o t e c a d o I E S A SANGRIÑA pon andar unha

actividade de animación á l ec tura que cons i s te no préstamo dunha mochila con materiais destinados a toda a familia.

Este curso iniciaremos esta actividade cos alumnos e alumnas de 1º ESO.

Dentro de cada mochila irán os materiais e tamén unha libreta viaxeira.

O contido da mochila estará formado por libros, revistas, CDs, folletos ou calquera outro material que poida ser de i n t e r e s e p a r a t o d o s o s membros da familia,

As experiencias que se v a i a n r e a l i z a n d o permitirán que melloremos a selección de materiais, polo que agradecemos de antemán todos os vosos comentarios.

A nosa intención é ofrecer

oportunidades de compartir boas lecturas en familia e manter outro vínculo máis de contacto casa-escola para beneficiar ao noso alumnado d o i n t e r c a m b i o d e información. Neste sentido non dubidedes en facer cantas suxestións se vos ocurran para mellorar a actividade.

A libreta viaxeira servirá de enlace casa-escola, e recollerá os datos necesarios para facer u n s e g u i m e n t o d e s t a actividade.

A bibliotecado Ies A Sangriña

“Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; olvidado, un alma que p e r d o a , d e s t r u í d o u n corazón que chora”

Proverbio hindú

En Exipto chamábaselle ás bibliotecas o tesouro dos remedios da alma. En efecto, curábase nelas da igno-rancia, a máis perigosa das doenzas e a orixe de todas as demais”

Jackes Benigne Bossuet

Page 3: As mochilas viaxeiras

N O R M A S D E U S OA mochila permanecerá na casa da familia durante dúas semanas.

Terá unha lista con todo o material que vai dentro.

A familia que recibe a mochila revisará o seu contido e comprobará que está todo o que aparece na lista, compromenténdose a devolvela no mesmo estado no que o recbiu.

Dentro da mochila irá unha libreta viaxeira, que fara ás veces de diario da mochila. A familia debe cubrir os datos que van impresos nela co obxecto de comprobar o seu funcionamento, así como aportar datos que nos permitan mellorar a actividade.

Non temos a obriga de ler todo, trátase de que escollamos dentro dos materiais aqueles que nos apetezan. Non o tomedes como deberes, senón como un pracer: gozar da lectura en familia. A nosa intención é ofrecer oportunidades para compartir boas lecturas en famlia e manter outro vínculo máis de contacto casa-escola para beneficiar ao alumnado do intercambio de información.

A biblioteca sempre estará a vosa disposición, se precisades calquera libro, só tedes que achegarvos ao Instituto e solicitalo.

O EQUIPO DA BIBLIOTECA

IES A SANGRIÑA