As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á...

14
As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez-Sanjulián Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica* Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2011 [2007]). “as mulleres na Bi- blioteca Virtual Galega”. en Helena González Fernández e maría Xesús lama lópez (coords.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e outros pobos da península. Bar- celona, 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: ediciós do Castro / asociación internacional de estudos Galegos / universitat de Barcelona, 95-107. edi- ción en Cd-rOm. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/693>. 2 | Por referencia á publicación orixinal Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2007). “as mulleres na Biblioteca Vir- tual Galega”. en Helena González Fernández e maría Xesús lama lópez (coords.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mu- lleres en Galicia. Galicia e outros pobos da península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: ediciós do Castro / asociación internacional de estudos Galegos / universitat de Barcelona, 95-107. edición en Cd- rOm. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. * Edición dispoñíbel desde o 12 de maio de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar- quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per- tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al- ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a colaboración de autores e editores.

Transcript of As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á...

Page 1: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

As mulleres na Biblioteca Virtual Galega

Carme Fernández Pérez-Sanjulián

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2011 [2007]). “as mulleres na Bi-

blioteca Virtual Galega”. en Helena González Fernández e maría Xesúslama lópez (coords.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos

Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e outros pobos da península. Bar-

celona, 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: ediciós do Castro / asociacióninternacional de estudos Galegos / universitat de Barcelona, 95-107. edi-ción en Cd-rOm. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas

contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/693>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2007). “as mulleres na Biblioteca Vir-tual Galega”. en Helena González Fernández e maría Xesús lama lópez(coords.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mu-

lleres en Galicia. Galicia e outros pobos da península. Barcelona, 28 ó

31 de maio de 2003. Sada: ediciós do Castro / asociación internacionalde estudos Galegos / universitat de Barcelona, 95-107. edición en Cd-rOm.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 12 de maio de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar-

quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais

de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per-

tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al-

ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre

este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen

a colaboración de autores e editores.

Page 2: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

95

AS MULLERES NA BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA

Carme Fernández Pérez-SanjuliánUniversidade da Coruña

Introdución. A Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega (BVG) da Universidade da Coruña, accesí- bel en Internet no enderezo http://bvg.udc.es desde o 22 de febreiro de 2002, naceu co obxectivo principal de encher o baleiro na Web sobre contidos de Lingua e Literatura Galega e, así, dar un paso adiante no proceso de normalización da nosa lingua e a nosa cultura. Esta Biblioteca Virtual foi desenvolvida polo Laboratorio de Bases de Datos (http://emilia.dc.fi.udc.es/labBD) e a Área de Filoloxía Galega (integrada no Departamento de Filolo- xía Galego-Portuguesa, Francesa e Lingüística) da Universidade da Coruña1, coa financiación do seu Vicerrectorado de Innovación Tecnolóxica.

Lonxe de ser unicamente unha biblioteca de Literatura Galega clásica, a BVG caracterízase por prestar unha atención especial aos escritores e escritoras actuais. Deste modo, tendo en conta o grande número deles que se atopan en pleno desenvolvimento criativo, a BVG apreséntaos, non só através das súas obras xa publicadas, senón que, tamén, através de páxinas Web persoais, tenta tirar partido dun medio tan dinámico como é o ciberespazo, ao procurar unha interacción máis directa entre o autor ou autora e o seu público leitor.

Por outro lado, a Biblioteca funciona tamén como unha editorial dixital (eDixital), unha idea interesante nun caso como o noso onde, ao sermos unha comunidade lingüística tan reducida, a edición de obras en galego (especial- mente en xéneros de pouco consumo) se ve moitas veces mediatizada pola falta de masa crítica de leitores potenciais, o que fai que moitas obras non

1 A BVG foi realizada por unha equipa multidisplinar de especialistas en Informática, Biblioteconomía e Filoloxía. Laura Tato Fontaíña coordenou a equipa filolóxica, mentres Nieves R. Brisaboa dirixiu a equipa informática (cf. Quen somos, en http://bvg.udc.es/quen_somos.jsp ). A realización deste artigo no tería sido posíbel sen a colaboración de Carlos Vizcaíno e Ángeles Saavedra Places, integrantes das equipas filolóxica e informática, respectivamente, que nos forneceron todo tipo de información sobre a BVG, ademais da maior parte dos dados estatísticos que aquí se utilizan.

Page 3: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

96

achen canles de difusión e, mesmo, de publicación. Por este mesmo motivo, pola dificuldade de abrirse camiño como escritor/a en lingua galega, resulta interesante a proposta da BVG de fornecer un servizo de edición por medio do cal as obras dos autores noveis poidan aparecer publicadas durante un certo tempo e receberen así as críticas do público. Isto é o que acontece na sección de nov@s.

Unha das vantaxes dunha biblioteca virtual é que permite o manexo non só de arquivos de texto, senón tamén de arquivos de son e vídeo. Utilizando esta posibilidade, a BVG oferece unhas pequenas videoteca e fonoteca que, se ben modestas (é de agardar que se vexan acrecentadas no futuro), proporcionan unha idea clara das posibilidades que o sistema fornece.

Por último, a Biblioteca aposta decididamente por utilizar a potenciali- dade que supón agrupar nunha única URL a todos os escritores/as actuais e clásicos en Lingua galega. Así, en dito portal web, e co obxectivo de se constituír en referente cultural de primeira magnitude, aparece incluída, non só a Biblioteca, senón enlaces ás principais páxinas da Web galega (páxinas institucionais, de imprensa, editoras, universidades, etc.), así como un servizo de axuda para a visita de monumentos, museos, xacementos arqueolóxicos e outros lugares de interese, soportado por un Sistema de Información Xeográfica na Web; esta sección, unha das máis atractivas da Biblioteca do ponto de vista visual, é a denominada Viaxe Virtual por Galiza2.

A páxina principal da Biblioteca pódese ver na Figura 1. Nela aparecen as seccións de que estabamos a falar e os servizos que oferece3. A seguir, procederemos a descreber brevemente os contidos e o funcionamento do apartado da BVG en que imos centrar a nosa atención de cara ao traballo que nos ocupa e que non é outro que o seu catálogo.

Figura 1. Páxina principal da Biblioteca Virtual Galega

2 Unha descrición da Viaxe Virtual por Galiza pódese encontrar en AMIL / BRISABOA / COTELO-LEMA / FARIÑA / LUACES / PENABAD / PLACES / VIQUEIRA (2002).3 Unha descrición polo miúdo da BVG pódese ver en BRISABOA / PENABAD / PLACES / RODRÍGUEZ / PÉREZ-SANJULIÁN / TATO / LOURENÇO / VIZCAÍNO (2002) ou, tamén, en BRISABOA / PARAMÁ / PENABAD / PLACES / RODRÍGUEZ (2002).

Page 4: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Carme Fernández Pérez-Sanjulián / As mulleres na Biblioteca Virtual Galega

97

O catálogo da BVG: autoras, autores e obras

Ante todo cumpre sinalar que a BVG fornece, para cada autor ou autora, dous tipos de información diferente. Por unha parte aparecen as fichas bibliográficas de todas as obras de cada un (con información sobre as datas, editoriais, primeiras edicións, premios,etc.) e, por outra, figuran unha serie de obras disponíbeis en texto (obras para ler), editadas por Edixital ou reproducións facsimilares dixitais de edicións clásicas. Ademais, certos textos poden ser escoitados através do formato audio (musicados ou recitados) ou, incluso, através do formato vídeo, vendo os proprios autores e autoras lendo os seus textos. No momento de redixirmos este artigo na BVG pódense atopar perto de 5000 fichas bibliográficas, arredor de 450 obras para ler, 30 audios e 15 vídeos.

No que atinxe á selección, tanto de autores como de obras, na BVG utilízanse criterios diferentes segundo se tratar de escritores xa desapare- cidos ou de escritores en activo, e incluso, entre os primeiros, estabelécense distintas propostas atendendo aos diferentes períodos da Literatura Galega.

Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en tres grandes antoloxías, segundo os tres grandes xéneros canónicos (Cantigas de Amor, Cantigas de Amigo e Cantigas de Escarnho e de Maldizer), sen apresentar, polo tanto, nen a prosa medieval nen a obra de cada autor de maneira individualizada. Contodo, a día de hoxe, un ano despois da inauguración da Biblioteca, xa é posíbel acceder á biografía e obras de trobadores como Martín Codax, Joan de Cangas ou Meendinho, no que se supón un proceso tendente á criación de entradas individualizadas para cada un dos autores medievais.

Non se inclúe, polo momento (e aquí cumpre lembrar o carácter de proxecto en construción que ten esta Biblioteca) nen a prosa medieval, nen a lírica relixiosa. Neste último caso, a equipa da BVG non considerou urxente a súa inclusión xa que a obra de Alfonso X está a disposición dos cibernatu- ras noutras bibliotecas virtuais4.

Dos Séculos Escuros (séculos XVI-XVIII) apenas aparece unha mostra considerada representativa: unha obra de teatro e a produción galega dos nosos ilustrados.

A Época Contemporánea é, portanto, a que máis atención recebe. Os/as autores/as que aparecen representados na BVG son aqueles que a historio- grafía literaria consagrou como canónicos e, deste modo, figuran os nosos tres grandes clásicos galegos do século XIX: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. No caso de Rosalía de Castro a BVG oferece toda a súa produción en galego, non só coa reprodución das primeiras edicións, senón tamén con edicións propias de poemas musicados e recitados. De Pondal e Curros recóllense os libros publicados en vida, quedando para fases posteriores todo aquilo non publicado en formato libro ou inédito.

No que atinxe aos/ás escritores/as do século XX, por mor do problema dos dereitos de edición, a BVG fornece pequenas antoloxías individuais que non sobrepasan o tanto por cento legal para fins non lucrativos.

Ademais, dado que se trata dunha biblioteca universitaria e que a

4 Cf. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. http://www.cervantesvirtual.com (Último acceso: abril de 2003).

Page 5: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

98

Universidade da Coruña ten un arquivo de teatro único na Galiza, a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor (http://www.udc.es/filo/pillado/), a BVG incorpora certos fundos de especial interese e, así, edita manuscritos de pezas dramáticas de autores clásicos na historia do noso teatro que se consideraban perdidas5.

En canto aos escritores en activo, o criterio utilizado é diferente pois, segundo declara explicitamente a súa dirección, a BVG aspira a incluír a todos aqueles que teñen un libro publicado, sen limitar a selección aos que están citados xa nos tratados de literatura. Como consecuencia, esta opción obriga a unha contínua actualización da contidos da Biblioteca, un labor desenvolvi- do polas persoas que traballan na equipa filolóxica6.

Canto aos xéneros literarios, e polo menos neste primeiro ano de andaina, a BVG privilexiou aqueles que están consagrados pola preceptiva clásica como “de criación” (poesía, narrativa, dramaturxia), se ben está a incrementar de máis a máis, tal como se pode apreciar de revisarmos os escritores/as incorporados nos últimos meses, a presenza de textos pertencentes a outros xéneros, como o ensaio (en todas as súas variantes), a oratoria ou os subxéneros xornalísticos.

Cada autor/a incluído/a no catálogo ten, na Biblioteca Virtual Galega, a súa propia páxina Web, páxina que está deseñada seguindo o formato das clásicas fichas que se poden ver en calquer biblioteca convencional, unha axeitada metáfora cognitiva que simplifica enormemente o manexo da BVG. Nelas están clasificados/as, tanto polo seu nome real completo, como, caso de ser distinto, polo nome artístico co que asinan as súas obras.

No caso dos clásicos, cada ficha-páxina Web inclúe a súa fotografía, biografía e bibliografía, con indicación da referencia bibliográfica e dos forma- tos disponíbeis para cada obra. Para o caso dos actuais repétese o esquema se ben a BVG optou por introducir un novidoso formato: o da autobiografia. Así, tras solicitar dos escritores/as que fosen eles/elas mesmos quen redixisen os seus textos de apresentación, o resultado foi que, excepto nalgúns casos excepcionais en que, finalmente, a biografía correspondente foi elaborada pola equipa da BVG (e que resultan distinguíbeis por apareceren eses textos baixo a epígrafe de biografía, ao igual que nos clásicos), os textos que aparecen na BVG son da responsabilidade dos autores/as correspondentes. Na nosa opinión, isto representa un potenciamento implícito dun xénero non demasiado cultivado entre nós até o presente como é o autobiográfico, unha iniciativa que, coidamos, ha ter grande rendimento futuro.

Por outra banda, na parte inferior da ficha-páxina aparece un dos métodos que usa a BVG para criar canles de comunicación entre os/as escritores/as e o seu público leitor. Neste caso é o público o que, sen máis que pulsar no botón “Enviar mensaxe” e teclear os seus dados de contacto, pode dirixirlles un comentario.

Ademais, estas páxinas web conteñen unha sección de Novidades que os autores/as poden utilizar para incluíren todo tipo de información, como apresentacións de obras, estreas teatrais, celebración de cursos, conferen-

5 Por exemplo, a BVG oferece a posibilidade de ler dúas pezas de Galo Salinas que nunca chegaron a ser editadas: Sabela, comedia nun acto, estreada en 1903, e Entre dous mundos, non representada. Neste caso pódese afirmar que a edición da BVG é a primeira que se realiza destas obras.6 A listaxe dos últimos acrecentamentos de obras e autores aos fundos da BVG pódese ver en http://bvg.udc.es/novas/Incorporacions.jsp).

Page 6: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Carme Fernández Pérez-Sanjulián / As mulleres na Biblioteca Virtual Galega

99

cias, certames, recitais, ou todos cantos dados, comentarios, textos, etc. consideraren relevantes. Para isto a BVG pon ao seu dispor unha aplicación web de acceso restrinxido (é dicer, unha dirección web non publicada e só accesíbel através dun nome de usuario e dun contrasinal) que permite a cada autor/a acceder á súa páxina web de modo que poida modificar a súa autobiografía, manter actualizada a listaxe das súas obras, e publicar, modificar ou borrar as novidades ou opinións mencionadas no parágrafo anterior (posibilidades que son utilizadas regularmente por bastantes deles/as e que dotan a BVG dunha vitalidade digna de ser subliñada).

Ao tempo, cada vez que se introduce unha nova, a páxina principal da Biblioteca Virtual Galega modifícase automaticamente, incluíndo na sección de novas unha ligazón á páxina web da persoa7.

Así pois, con esta breve apresentación do funcionamento e das posibilida- des da BVG coidamos ter situado minimamente o contorno que imos utilizar como base para a nosa pesquisa.

Breve información estatística

Ao revisarmos a listaxe dos autores e autoras incluídos na BVG, estes foron os dados estatísticos que obtivemos a comezos de maio do 20038:

Clásicos Actuais Total

Homes 79 (96%) 114 (77%) 193 (84%)

Mulleres 3 (4%) 33 (23%) 36 (16%)

Total 82 147 229

Táboa 1.- Porcentaxes de autores e autoras na BVG

Non deixa de resultar sorprendente, xa de entrada, esta fotografía xeral da participación das mulleres na nosa vida literaria. Nunha literatura como a nosa, iniciada en época moderna pola obra senlleira dunha muller, cabería agardar unha presenza meirande de autoras que ese cativo 4%, mais o certo é que, despois de Rosalía de Castro, só entran na escena literaria Francisca Herrera Garrido e María Mariño. Son, pois, estas tres autoras as que aparecen englobadas no apartado dos clásicos.

Máis chamativo, se couber, é a fotografia da actual participación das mulleres no mundo da escrita. Nun momento onde a presenza de autoras no mundo literario galego semella tan poderosa tanto no cuantitativo como no cualitativo, cos números diante, verifícase que a nómina de escritoras non resulta tan alta como se podería pensar. É certo tamén que o avance neste campo é, proporcionalmente, grande (do 4% ao 23%) mais aínda está lonxe de ser un reflexo da progresión das mulleres no ámbito do público que se produciu nas últimas décadas.

7 Neste ponto, e a modo de exemplo, cumpre ter en conta que, segundo os dados fornecidos pola propria equipa responsábel da BVG, os accesos aos autores e autoras que colocaron novidades durante as primeiras semanas de funcionamento da mesma (Marga Romero ou Manuel Lourenzo) foron case o triple que os recebidos polos autores/as clásicos (Rosalía, Castelao...) nese mesmo período.8 Como xa se dixo, cumpre non esquecer que a BVG non é, a data de hoxe, un corpus fechado nen, moito menos, un catálogo exhaustivo dos nosos criadores e criadoras (especialmente no que atinxe aos/ás actuais), dado o seu carácter de proxecto en “construción”.

Page 7: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

100

Os dados que aquí se recollen non deixan de evidenciar, mais unha vez, como as mulleres seguen a ter menor presenza social que os homes en todos aqueles contextos que teñen a ver co mundo do público; neste caso, o mundo da escrita.

Loxicamente, esa mesma desproporción entre obra escrita por mulleres e homes evidénciase ao estabelecermos os tantos por cento das obras que se recollen no catálogo da BVG:

Dun total de 2570 obras catalogadas

370 escritas por mulleres (15%)

2200 escritas por homes (85%)

Dun total de 528 obras disponíbeis para a súa leitura na BVG temos

106 escritas por autoras (21%)

422 escritas por autores (79%) Táboa 2.- Porcentaxes de obras na BVG

Comportamento do público da BVG

Os dados sobre o comportamento do público na BVG non son tan significativos mais coidamos que non deixan de ter un certo interese á hora de definirmos certas actitudes e tendencias existentes na sociedade.

Se revisarmos as mensaxes enviadas aos autores ou ás autoras (a comezos de maio de 2003, un total de 364) podemos constatar, mais outra vez, a desproporción entre as dirixidos aos primeiros (254), o que supón un 70% sobre o total, e as mensaxes dirixidas ás segundas (110), apenas un 30%.

Neste caso non se pode saber con seguridade se os remitentes son homes ou mulleres pola ocultación de identidade que permite Internet, así que, ao usarmos o “sexo declarado”, podemos estar a manexar un dado incorrecto.

Neste ponto débese ter presente que moitos dos comentarios feitos ás obras proceden de alumnos e alumnas de secundaria que, moi intelixente- mente, son levados ás aulas de Informática dos centros polo profesorado de Lingua e Literatura Galegas para que utilice dun xeito motivador a BVG, ao expresaren nela as súas opinións sobre as obras de leitura do curso, e, en definitiva, para se familiarizaren coa Literatura galega. Tendo isto en conta, sería de agardar que as porcentaxes de comentarios procedentes de homes e mulleres fosen bastante semellantes, quer dicer, próximas ao 50%. Porén, talvez por mor do feito de que os homes teñen unha actitude máis activa e están, tamén, máis familiarizados co uso do computador, o certo é que son eles os que, segundo os números, parecen participar máis.

Page 8: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Carme Fernández Pérez-Sanjulián / As mulleres na Biblioteca Virtual Galega

101

En concreto, atopamos que as críticas e comentarios ás obras (incluíndo tanto as obras de Literatura galega como as obras da sección de nov@s) se distribúen a respecto do sexo deste modo:

Feitas por homes 575 (60%)

Feitas por mulleres 392 (40%)

TOTAL 967

Táboa 3.- Porcentaxes de comentarios a obras realizadas na BVG

A explicación para esta desproporción pode estar, talvez, na persistencia de certos hábitos marcadamente sexistas que, neste caso, se tornan evidentes cando os ordenadores son usados de xeito compartido pois son os rapaces e non as rapazas os que toman a iniciativa, sendo eles os que se identifican no sistema aínda que redixan un comentario común. Este modelo de comportamento, extrapolábel a outros contextos e níveis etarios, é, apenas, un exemplo do tipo de dinámicas que contribúen a manter os preconceitos sobre o distanciamento das mulleres do mundo tecnolóxico.

No que atinxe aos comentarios a obras de autores/as non noveis, e sempre segundo o sexo declarado polos remitentes, podemos ver como a porcentaxe de comentarios dirixidos ás obras feitas por escritoras é moito menor (tanto pola parte deles coma delas). Estas son as cantidades e porcentaxes:

Comentarios de homes a obras de autoras 15 (13%)

Comentarios de homes a obras de autores 99 (87%)

Total comentarios feitos por home 114

Comentarios de mulleres a obras de autoras 15 (19%)

Comentarios de mulleres a obras de autores 54 (81%)

Total comentarios feitos por mulleres 66

Táboa 4.- Porcentaxes de comentarios a obras de autores/as non noveis na BVG

Coidamos que estes non deixan de ser uns dados interesantes en canto que nos permiten estabelecer certas hipóteses provisorias en relación coa relevancia e visibilidade das autoras dentro do sistema literario galego. Parece concluírse que o seu protagonismo e degrao de recoñecimento son, sen dúbida, menores que os dos seus colegas masculinos.

Sobre a presenza das autoras na BVG: as autobiografías

Porén, para centrarmos o tema en cuestión, resulta imprescindíbel fixar a nosa atención naqueles textos que, para alén do seu valor pola novidade que representan9, polo seu carácter de depoimento, nos van permitir un

9 Non cansaremos de insistir nesta cuestión pois a BVG oferece, neste momento, un conxunto de textos autobiográficos de enorme interese, con interesantes potencialidades desde o ponto de vista interpretativo. Aliás, os proprios autores e autoras aproveitan, en moitos casos, as posibilidades que lles oferece o sistema e, para alén de introduciren novidades e textos, algúns, como por exemplo Lois Diéguez ou Arturo Casas, foron mudando a biografía (de máis convencional a máis persoal), feito que tamén tivo moito a ver coa propria dinámica interna da BVG.

Page 9: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

102

achegamento maior ás escritoras e, xa que logo, á súa visión do mundo, da literatura, ás súas poéticas, aos seus gostos, etc.; estes textos son as autobiografías.

Os formatos utilizados por autores e autoras á hora de construíren os seus discursos de apresentación son variados, indo desde o que chamaremos descrición curricular ao retrato persoal, feito este cun ton en maior ou menor medida intimista. Os autores e autoras xogan tamén a pasar dun a outro rexistro, chegando, nalgúns casos, a apresentar un dobre retrato (o curricular e o persoal) ou, nalgúns casos, expoñen a súa traxectoria de maneira irónica, nun xogo literario autoparódico10; ás veces, o ton tórnase reflexivo e asistimos a reflexións de tipo metaliterario (sobre o xénero autobiográfico) ou, moi frecuentemente, á exposición das autopoéticas dos autores/as.

En relación con isto, e para continuarmos coa nosa análise, decidimos estabelecer unha sorte de clasificación tipolóxica entre os diversos tipos de autobiografías que achamos na BVG . Isto levounos a determinar unha clara distinción entre as biografías que usan o que nós imos denominar como “formato curricular” e aquelas outras que utilizan o que chamaremos “ton confesional”.

Chamaremos autobiografías con “formato curricular” a aquelas en que os autores/as apresentan pouco máis que unha relación de datas e feitos ligados á vida profesional e/ou literaria. Nestes textos soe aparecer unha listaxe (máis ou menos) exahustiva de publicacións, premios obtidos, actividade pública, etc.; están escritos en terceira persoa e evitan todas aquelas marcas que os poidan dotar do máis mínimo carácter persoal, ao non procuraren nengún tipo de colaboración interpretativa ou relación co leitor/a.

Un exemplo deste modelo de autobiografía dentro da BVG é o de Ana Romaní que apresentamos a seguir:

10 Nesta liña son moi interesantes as autobiografías de autores como João Guisan Seixas, Agustín Fernández Paz ou Xosé Luís Martínez Pereiro.

Page 10: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Carme Fernández Pérez-Sanjulián / As mulleres na Biblioteca Virtual Galega

103

Fronte a estes textos, no extremo oposto, aparecen aqueloutras biografías que utilizan o que acabamos de denominar como “ton confesional”. Nestes casos os textos de apresentación das autoras caracterízanse por estar, todos eles, enunciados en primeira persoa e dominados por un claro ton subxectivo (a voz enunciadora revela gostos, carácter, influencias...). O eu biográfico que se agacha baixo o eu narrativo destas autoras parece deixar traslucir unha maior necesidade de transmitir as chaves que permitan interpretar a obra da autora aproximándose, nalgúns casos, ás características dunha, case, autopoética (véxanse, por exemplo, os textos de Mª do Cebreiro, Beatriz Dacosta, Conchi Regueiro ou de Helena Villar Janeiro) ou, noutros, fornecendo textos con claros pontos de contacto cos proprios discursos poéticos das autoras (por exemplo, as autobiografías de Iolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa ou de Chus Pato). Ademais esa voz narradora procura, en moitos casos, unha complicidade co público leitor, ben através da ironía, ben através do xogo (coa identidade, como no caso de Marga Romero / Marga do Val, ou coa apresentación dun dobre texto como fai Chus Pato), chegando a evidenciar, tamén, nalgún caso, unha certa vontade para influír sobre o receptor.

Un exemplo deste modelo, que é o seguido maioritariamente polas autoras galegas representadas na BVG, é o que se achega a seguir através da autobiografia de Marica Campo.

Por último, merece unha certa atención outro modelo que, dalgún xeito, representa unha transición entre os dous anteriormente expostos e que é o que nós definimos como formato “curricular personalizado”.

Nestes exemplos, os escritores e escritoras utilizan, en xeral, a terceira persoa e apresentan discursos focados con distanciamento sobre si ou sobre a propria obra (nalgúns casos organizan o discurso baixo a voz dunha primeira persoa

Page 11: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

104

mais que utiliza a mesma distancia para falar). Contodo, neste modelo, entre as liñas desa aparentemente fría relación de circustancias vitais e artísticas, aparece nalgún momento a subxectividade da voz pertencente ao autor ou á autora.

A modo de exemplo do anterior, pódese ver a autobiografía de Mª do Carme Krukenberg que, no momento de realizar esta comunicación (e esta non deixa de ser unha cuestión relevante dado o carácter non definitivo da BVG), é a única representante, entre as autoras que figuran na Biblioteca, daquilo que acabamos de definir como “currículo personalizado”. Como se pode apreciar no fragmento que aquí se reproduce, a autora fai tamén unha relación de datas, feitos da vida persoal, laboral, formación, etc.; contodo, conservando sempre esa terceira persoa distanciadora, introduce elementos (amizades, comentarios subtilmente valorativos sobre si mesma ou a súa formación, etc.) que poden axudar a botar luz sobre a personalidade, as influencias ou a propria obra criativa da autora. É, neste caso, un discurso persoal, aínda sob a capa dunha distancia máis aparente que real11.

Para irmos concluíndo, só nos resta saber cal é a frecuencia de aparición destes modelos por nós estabelecidos dentro da BVG para, finalmente, analizar se as porcentaxes de utilización dos distintos moldes tipolóxicos autobiográficos que acabamos de definir apresentan algún tipo de variabilidade substancial segundo o sexo.

Así, cos dados existentes na BVG en maio do 2003, podemos estabelecer que:

11 No caso das autobiografías de escritores que incluímos neste mesmo epígrafe de “currículo personalizado” cómpre sinalar que o ton predominante é moito menos persoal que o sinalado no exemplo anterior. Abonda ver os textos de apresentación de Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Valentín Carrera, Francisco Dominguez Romero ou Claudio Rodríguez Fer, para comprobarmos como, apesar da introdución ou do final personalizado, nuns casos, ou do uso da primeira persoa, noutros, o que predomina nas súas autobiografías é o carácter curricular .

Page 12: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Carme Fernández Pérez-Sanjulián / As mulleres na Biblioteca Virtual Galega

105

De 33 autoras actuais

12 usan formato “curricular”

1 usan formato “curricular personalizado”39%

20 usan “ton confesional 61%

De 112 autores actuais

56 usan formato “curricular”

8 usan formato “curricular personalizado”57%

48 usan “ton confesional 43%

Táboa 5.- Porcentaxes de utilización dos modelos de autobiografías na BVG

Resulta, pois, perceptíbel que, á hora de seleccionaren o tipo de discurso autobiográfico, existe unha definida tendencia a utilizaren as mulleres o formato máis personalizado e literario (máis dun 60% delas se inclinan por esa modalidade), fronte ao modelo máis impersoal, do estilo dos manuais ou dos repertorios historiográficos, que se evidencia como o preferido polos escritores (un 60%, tamén, neste outro caso).

Esta clara diferenciación do comportamento ou, mesmo, das actitudes de escritores e escritoras ante o mundo do público/crítica/recepción que se revela através destes dados merece, coidamos, unha reflexión crítica máis demorada que a que hoxe podemos facer neste, necesariamente, breve traba- llo. De calquer xeito, podemos propor unha serie de consideracións que, a modo de conclusións provisorias, poidan servir para retomar o debate a respeito da posición das mulleres no espazo público e, talvez, tamén, nos leve a falar da necesidade de redefinición de certas formas, discursos ou sistemas dos que, tradicionalmente, as mulleres estiveron ausentes.

A modo de conclusións provisorias

En consecuencia, tendo en conta todo o que até aquí se expuxo, coidamos poder afirmar que, á vista do modo de afrontaren os discursos sobre si proprias, parece existir un distinto modo de construíren as mulleres escritoras o seu discurso. Na nosa hipótese de traballo isto tería a ver coa diferente percepción que, en xeral, escritoras e escritores demostran ter da súa posición dentro do sistema literario; neste sentido, se ben o espazo dos escritores semella máis consolidado e definido dentro do sistema, o das mulleres, pola contra, dá a sensación de ser, aínda, un espazo en construción.

Através dos discursos autobiográficos12, as escritoras parecen ter unha maior necesidade– De forneceren as chaves que explican a súa poética (con especial insistencia

en temas como os referentes da memoria, as orixes, a estirpe, o proceso de aprendizaxe...)

– De se representaren através dun discurso autoconsciente (consciencia de ser muller, de manter/recuperar a lingua propria, de asumir un compromiso

12 Xustificarmos estas afirmacións através de exemplos concretos de autobiografías de autoras obrigaría a un estudo minucioso, dificilmente abordábel neste espazo limitado. De calquer modo, para unha verificación das nosas afirmacións, convidamos a revisar, ademais dos exemplos xa citados no apartado en que se analizan os textos agrupados baixo a epígrafe de “ton confesional”, outras autobigrafías presentes na BVG, como as realizadas por Emma Couceiro, Fina Casalderrey, Marta Dacosta, Emma Pedreira, Medos Romero ou Eva Veiga.

Page 13: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

106

político ou ético, etc.).– De procuraren unha identidade propria (demorada explicitación do proceso

de evolución persoal e literaria). – De habitaren, de dominaren, de se incluíren no espazo do público (insistencia

na apresentación da actividade social, participación en iniciativas colectivas, ousadía formal, etc.).En definitiva, as escritoras demostran ter unha maior necesidade que os

seus colegas masculinos de definiren cal é a súa posición dentro do sistema literario en que se inseren, o que as conduce, con maior intensidade que a eles, a construíren discursos autorreflexivos e, á vez, autoconscientes.

Non resulta difícil constatarmos como estas liñas temáticas son, en moitos casos, coincidentes con algúns dos temas recorrentes no discurso de moitas das nosas criadoras e, en concreto, co proceso de procura da identidade que se evidencia nas obras dalgunhas das autoras pertencentes ás últimas xeracións.

Son todas elas estratexias de auto-representación que, na nosa opinión, teñen a ver co (conflitivo) proceso de definición da súa posición como escritoras dentro do canon e/ou coa redefinición do que é canónico13.

Ao mesmo tempo, esta cuestión aparece intimamente relacionada con outro proceso non menos conflitivo como é o do acceso e/ou consolidación da posición das mulleres no ámbito do público. Coidamos que este é outro dos problemas que condicionan o diferente comportamento das mulleres escritoras pois non debemos esquecer que todo aquilo que aparece vinculado con aquel espazo, e a literatura e a criación forman parte tamén do ámbito do público, segue a ser, aínda, un mundo pouco asequíbel para as mulleres.

Bibliografía citada

AMIL, Cristina / BRISABOA, Nieves R. / COTELO-LEMA, José Antonio / FARIÑA, Antonio / LUACES, Miguel R. / PENABAD, Miguel R./ PLACES, Ángeles S. / VIQUEIRA, José Ramón. “Una Interfaz Web para un Sistema Geográfico de Información Turística”. Memorias de las II Jornadas de Sistemas de Información Geográficos (JSIG’02). Ed. de Miguel Toro. Madrid: Universidad Politécnica de Madrid, 2002. 173-175.

BRISABOA, Nieves R./ PENABAD, Miguel R. / PLACES, Ángeles S. / RODRÍGUEZ, Francisco Javier / FERNÁNDEZ P-SANJULIÁN, Carme / TATO FONTAÍÑA, Laura / LOURENÇO MÓDIA, Cilha / VIZCAÍNO FERNÁNDEZ, Carlos. “BVG: Una Biblioteca Virtual de Literatura Gallega”. Mercator Media Forum 6, Aberystwyth (2002): 62-79.

BRISABOA, Nieves R. / PARAMÁ, José Ramón / PENABAD, Miguel R. / PLACES, Ángeles S. / RODRÍGUEZ, Francisco Javier. “BVG. La Biblioteca Virtual Gallega”. III Jornadas de Bibliotecas Digitales (JBIBI’2002). Ed. de José Hilario Canós e Purificación Garcia. Madrid: Universidad Politécnica

13 No sentido de prefigurar “un repertorio óptimo como vía de reorganización de un campo cultural” (Sheffy 1999: 131).

Page 14: As mulleres na Biblioteca Virtual Galega Carme Fernández Pérez … · 2011-05-12 · Canto á literatura medieval, a BVG oferece a lírica profana galego-portuguesa agrupada en

Carme Fernández Pérez-Sanjulián / As mulleres na Biblioteca Virtual Galega

107

de Madrid, 2002. 163-172.SHEFFY, Rakefet. “Estrategias de canonización y el campo intelectual en

la cultura alemana del siglo XVIII”. Teoría de los polisistemas. Ed. de Montserrat Iglesias Santos. Madrid: Arco Libros, 1999. 125-146.

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme. “As mulleres na Biblioteca Virtual

Galega”. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Ed. de Helena González e M. Xesús Lama. Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona), 2007. ISBN: 978-84-8485-266-7. Depósito Legal: C-27912007.