As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos...

13
0

Transcript of As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos...

Page 1: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

0

Page 2: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

1

As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos fitosanitarios establecen os requisitos mínimos para asegurar a protección ambiental (EN 12761: 2001) e a seguridade do aplicador (EN 907:1997).

A Norma Europea EN 12761 “Maquinaria agrícola e forestal. Pulverizadores e distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental” foi aprobada en febreiro de 2001. Esta norma amplía a normativa que se aplica á maquinaria de distribución de fitosanitarios, que tamén inclúe a norma EN 907 “Maquinaria agrícola e forestal. Pulverizadores e distribuidores de fertilizantes. Seguridade”.

ELEMENTOS ESENCIAIS PARA A ELECCIÓN DUN PULVERIZADOR PARA CULTIVOS EXTENSIVOS

REQUISITOS E/OU MEDIDAS DE SEGURIDADE

XENERALIDADES (4.1 UNE EN 907): As operacións de mantemento e conservación das bombas e filtros teranse que facer sen ocasionar vertidos co depósito cheo á capacidade nominal.

PROTECCIÓN CONTRA OS RISCOS POLOS ELEMENTOS MÓBILES DE TRANSMISIÓN (4.2 UNE EN 907):

Os elementos móbiles accesibles da transmisión deberán ter protectores fixos.

Se se prevé un acceso frecuente, os protectores deberanse abrir con ferramenta, quedar solidarios á máquina e bloquearse automaticamente sen necesidade de ferramenta

ESTABILIDADE (4.3 UNE EN 907):

Ao gardarse a máquina, esta ten que ser estable para inclinacións mínimas do 8,5 % en calquera dirección (tanto se os depósitos están cheos coma se están baleiros, e tamén con todas as opcións que poida incluír a máquina

MÁQUINAS SUSPENDIDAS CON RODAS PARA O TRANSPORTE MANUAL: as máquinas equipadas con rodas para o transporte manual deberán estar deseñadas de maneira que non poidan envorcar.

Procedemento:

1. Pregar a máquina segundo o manual.

2. Empuxala a unha velocidade de 1 m/seg. Contra un obstáculo de 50 mm de altura, situado de forma perpendicular á velocidade de avance

Page 3: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

2

LIMPEZA E MANTEMENTO (4.4 UNE EN 907):

Baleirado e limpeza completa do pulverizador.

Substitución de elementos desgastados.

Verificación do funcionamento do pulverizador, conexión dos instrumentos de medida necesarios.

ELEMENTOS DUN PULVERIZADOR Depósito. - Bomba. - Sistema de axitación. - Filtros. - Sistema de regulación. - Indicador de presión. – Ventilador. - Barra de distribución. - Boquillas. - Outros dispositivos.

Page 4: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

3

1. DEPÓSITO:

1. Fabricación de poliéster ou polietileno(recomendado)

2. Rugosidade das paredes internas e externas Rz<100 μm (4.1.1.1 Superficies UNE EN 12761-2)

3. Protección contra o acceso e o contacto con produtos fitosanitarios no enchido (4.5.1 UNE EN 907):

1 O pulverizador terá que ir equipado cun incorporador de produto.

2 Se isto non fose posible, o orificio de enchido estará situado a unha altura inferior a 1.500 mm respecto do solo ou da plataforma para o operador. A distancia horizontal entre o bordo do depósito e o bordo do orificio non será superior a 300 mm.

3 Os orificios maiores a 400 mm de diámetro ou se son rectangulares >400 x 300 mm irán equipados con reixas desmontables unicamente con ferramentas

Protección contra fugas e derramamentos (4.5.2. UNE EN 907): 1 A capacidade do depósito será >5% da capacidade nominal (4.1.1.2 Enchido UNE EN 12761-2)

2 A tapa será: solidaria ao depósito, provista dun dispositivo que asegure o peche, hermética ao caldo que se vai pulverizar, posuír un dispositivo compensador de presións e o diámetro da tapa será menor de 400 mm. 3 Indicador de nivel: o operario deberá ter un indicador do nivel do líquido

Page 5: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

4

durante as operacións de enchido e baleirado (4.5.2.UNE EN 907). Terá que ser visible dende a posición de condución e de enchido, ademais de fiable e duradeiro (4.1.1.4 UNE EN 12761-2). Por exemplo: de boia, de tubo transparente ou de banda translúcida.

Protección contra o contacto coa mestura durante o baleirado (4.5.3. UNE EN 907)

1 O operador protexerase de todo contacto, isto conseguirase: abrindo o orificio de baleirado sen ferramentas e dirixindo o vertido lonxe do operador.

2 O baleirado será fácil, seguro e con posibilidade de recollida do líquido evacuado (4.1.1.3.UNE EN 12761-2).

Depósito de auga limpa (4.11 UNE EN 907):

1 Unicamente para uso exclusivo de limpeza do operario con auga limpa. 2 Capacidade mínima de 15 litros.

3 Terá que estar illado de todos os elementos da máquina e dotarse dun billa cuxa abertura non requira unha acción continuada.

Depósito de auga para enxaugado (4.4 UNE EN 12761-2): 1 Non debe estar conectado ao depósito de auga limpa de uso para o operador. 2 Debe ter unha capacidade igual ao 10% do volume nominal, ou como mínimo 10 veces o volume residual.

Page 6: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

5

2-BOMBA DE PULVERIZACIÓN:

BOMBAS: Comportamento:

Bombas volumétricas

(recomendadas)

- Bombas de pistón - Bombas de pistón - membrana

- Bombas de membrana

Bombas non volumétricas

- Bomba centrífuga - Bomba de engranaxes

(actualmente non se utilizan)

Bomba centrífuga Bomba membrana Bomba pistóns

Page 7: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

6

3-BARRAS DE PULVERIZACIÓN: Barras frontais (4.4.1 UNE EN 907)

- Para protexer o operario do chorro pulverizado, as máquinas automotrices con barras frontais terán que equiparse con cabina ou ben situar o asento do operador (SIP) a 1 m sobre a altura máxima do traballo da barra.

Elementos pivotantes (4.4.2.UNE EN 907)

- Durante as operacións de pregado e despregado ningún elemento se poderá situar a unha altura superior a 4 m sobre o chan.

- As barras con pregado manual irán equipadas con dúas asas situadas polo menos a 300 mm da articulación máis próxima.

- En barras automáticas, o accionamento terá que ser continuo.

- Sistema de bloqueo na barra pregada en posición de transporte.

Medios de acceso (4.4.3.UNE EN 907)

- As asas para facilitar o acceso non formarán parte da barra.

Regulación da altura da barra (4.4.4.UNE EN 907)

- A forza que se vai exercer para regular a altura da barra non terá que exceder do 250 N.

- No caso que se faga cun torno, este terá que ser autoblocante e ser capaz de soportar unha carga igual a 1.3 veces o peso da barra.

- O torno accionarase dende o chan ou dende unha plataforma.

- No caso de accionamento asistido, este terá que ser continuo e con unha:

• Velocidade límite de descenso da barra igual a 10 mm/seg.

• Altura mínima sobre o chan, maior ou igual a 500 mm. Esta distancia só se poderá modificar intencionadamente.

Regulación da anchura da barra (4.1.3.1.UNE EN 12761-2) - Amplitude da regulación da altura debe ser de polo menos 1,0 m.

- A regulación da altura de maneira continua ou ben por banzos que non superen os 0,1 m.

- En calquera altura, o líquido non se debe pulverizar sobre o propio pulverizador.

Page 8: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

7

- O movemento das barras de anchura >13 m debe ser independente dos movementos do pulverizador (p. ex. sistemas de movemento pendular), co fin de manter o paralelismo

Anchura de traballo (4.1.3.1.UNE EN 12761-2) - Lonxitude de cada sección de barra <4,5 m (barras de lonxitude menor a 24 m).

- Lonxitude de cada sección de barra <6,0 m (barras de lonxitude maior a 25 m).

- Posibilidade de utilización de cada sección independente.

Contacto con obstáculos (4.1.3.3.UNE EN 12761-2) - As barras ou as súas seccións deben retornar automaticamente á súa posición inicial despois de contactar cun obstáculo (extremo retráctil)

4-DEPÓSITO: Volume residual (2.1 ISO 13440)

<0,5 % do volume nominal +2 litros / metro de barra (4.1.1.3 UNE EN 12761-2)

Carga por aspiración (hidrocargador) con válvula antirretorno.

Sistemas de axitación:

-Axitador hidráulico.

-Axitador hidro-mecánico.

-Axitador mecánico.

1. Dimensionar o sistema de axitación segundo a capacidade do depósito.

2. Evitar en todo momento a formación de espuma e centrifugación da mestura.

3. Garantir unha aplicación uniforme durante toda a aplicación.

4. Sistema de axitación efectivo (4.1.1.5 UNE EN 12761-2). Concentración uniforme do caldo (tolerancia: ±15%) (ISO 5682-2).

Page 9: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

8

5-FILTROS (4.1.4.UNE EN 12761-2)

Os pulverizadores equipados con bomba volumétrica deben dispor de filtro de aspiración.

O tamaño das mallas dos filtros debe corresponder ao das boquillas utilizadas.

Deben ser accesibles e desmontables coa forza da man para a súa limpeza.

6-SISTEMAS DE REGULACIÓN (4.2. UNE EN 12761-2)

Dispositivos de regulación do volume unitario (l/ha), fiables (4.2.1. UNE EN 12761-2)

Perda de carga entre o punto de medida do pulverizador e a boquilla <10% (4.2.3. UNE EN 12761-2).

Os dispositivos de calibración deben subministrarse co propio pulverizador (4.2.4. UNE EN 12761-2): Cinta métrica, conómetro e recipiente de 2 litros con divisións de 20 ml.

Dimensión de malla Diámetro orificio

Page 10: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

9

7-DISTRIBUCIÓN E CONTROL DA DERIVA (4.3.1.UNE EN 12761-2)

Uniformidade de distribución transversal CV<9%.

Desviación do caudal de cada boquilla <10%.

Desviación de cada boquilla <5% con respecto ao caudal medio de todas elas.

8-VÁLVULA DE SEGURIDADE (4.7. UNE EN 907) O pulverizador terá que ir equipado cunha válvula de seguridade que impida que a presión exceda en máis do 20% a presión admisible no circuíto que indique o fabricante.

A regulación da válvula de seguridade terá que estar protexida de toda modificación non autorizada. O funcionamento da válvula de seguridade non terá que producir ningún vertido nin perda de líquido ao exterior do circuíto.

Non se aplica en bombas centrífugas que non poidan superar a presión admisible.

9-INDICADORES DE PRESIÓN (4.6.UNE EN 907)

O pulverizador terá que ir equipado cun manómetro de presión.

A presión lerase correctamente dende o punto de condución. Acéptase que teña que xirar a cabeza ou a parte superior do corpo para realizar a lectura.

A caixa do manómetro deberá estar illada do caldo.

Se o manómetro é analóxico, o diámetro mínimo será de 63 mm cando estea conectado aos órganos de control e situado ao alcance da man do operario ou na zona de enganche do tractor. No resto dos casos, o diámetro mínimo será de 100 mm.

A presión admisible terase que marcar no manómetro en vermello.

Se houbese algunha fuga, esta non podería alcanzar o operario.

Indicador de presión: (4.1.5.UNE EN 12761-2). A precisión do manómetro será:

1- Cada 0,2 bar para presións de traballo < a 5 bar

2- Cada 1,0 bar para presións de traballo entre 5 e 20 bar.

3- Cada 2,0 bar para presións de traballo > a 20 bar.

Page 11: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

10

10-CONDUCIÓNS: Conducións de circulación do caldo (4.9 UNE EN 907)

En caso de máquinas con cabina, as conducións non se terán que situar no interior.

En máquinas sen cabina, as conexións e os dispositivos de conexión teranse que protexer con pantallas ríxidas, de maneira que o operario non se poida contaminar en caso de fuga.

A presión admisible terase que marcar directamente sobre os condutos a presión, de maneira permanente.

A presión admisible das conducións e dispositivos de conexión terá que ser a mesma que a presión admisible no circuíto que indique o fabricante.

Terá un dispositivo antirretorno dos sistemas de enchido.

12-BOQUILLAS:

Que é unha boquilla? - Orificio de gran precisión.

- Dispositivo para a fabricación de gotas.

- Elemento do pulverizador con máis influencia sobre a calidade da gota.

Tipos:

1. De abanico 2. De turbulencia 3. De espello 4. De chorro

- De cono cheo. - De cono baleiro

Boquillas especiais: • Boquillas de final de barra

ou de traballo en bandas

• Boquillas de dobre abanico

Page 12: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

11

Presión reducida na mesma boquilla.

-Gotas maiores a igual presión.

-Redución da deriva

Boquillas (4.1.4, 4.1.6.UNE EN 12761-3) : - Dispositivo, sistema de fixación das boquillas, manter correctamente a orientación e a presión

do caudal constante.

- Ao pechar a pulverización, o goteo <2ml por boquilla durante 5 minutos. Esta medida debe realizarse 8 seg. despois de pechar a válvula.

- Dispositivos antigoteo obrigatorios.

- O caudal para cada boquilla terá unha desviación <5 % respecto ao caudal nominal das táboas (ISO 5682-1). Considérase dun 10% cando a medición se realiza nun pulverizador en uso.

Boquillas de baixa deriva: • Boquillas de abanico con restritor

• Boquillas de inclusión de aire

• Boquillas de inxección de aire.

Page 13: As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos ...mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/investigacion/transferen... · distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental”

12

13-DISPOSITIVOS DE LIMPEZA DE ENVASES DE PRODUTOS FITOSANITARIOS (7 UNE EN 12761-2)

Sistema de limpeza de envases (opcional). Residuo <0,01% do volume inicial do produto fitosanitario.

Sistema de incorporación do produto(opcional)

14-MARCADO (5 EN UNE 12761-1)

De boquillas (5.2.UNE EN 12761-1)

De filtros, dimensión da malla en mesh (5.3. UNE EN 12761-1)

Pulverizador (5.2.2. UNE EN 12761-1): - Nome e enderezo do fabricante

- Ano de construción.

- Designación de tipo ou serie.

- Número de serie (se existe).

- Presión admisible no circuíto.

- Masa en baleiro.

- Peso total admisible.

- Réxime nominal de xiro e sentido de xiro.

- Potencial nominal en Kw (máquina autopropulsada).

Bomba (5.2.3. UNE EN 907) : - Nome e enderezo do fabricante.

- Número de serie

- Caudal máximo da bomba.

- Presión máxima da bomba.

- Caudal máximo a presión máxima.

- Réximes nominal e máximo de xiro.

Conducións (5.2.4.UNE EN 907) - Presión máxima admisible.