As rocas

18
AS ROCHAS

Transcript of As rocas

Page 1: As rocas

AS ROCHAS

Page 2: As rocas

As rochas• Unha rocha é un material constituído por minerais que se

formaron durante un proceso xeolóxico.• Existen rochas formadas por un só mineral e outras

constituídas por diversos minerais.• Existen moitos tipos de rochas que poden clasificarse en tres

grandes grupos: sedimentarias, magmáticas e metamórficas.

CUARCITAGRANITO

Page 3: As rocas

Rochas sedimentarias• Os sedimentos son fragmentos que

proceden da erosión e alteración das rochas superficiais, de restos de seres vivos ou de sustancias disoltas que precipitan.

• Estes sedimentos son transportados polos ríos, os glaciares ou os ventos ata as chamadas concas de sedimentación onde se depositan e acumulan.

• Posteriormente, sofren unha serie de procesos que os transforman en rochas sedimentarias.

Page 4: As rocas

Rochas detríticas• Fórmanse por acumulación de anacos

de diferentes minerais e rochas. • Unha vez acumulados prodúcense dous

procesos:– Compactación. Ao irse colocando

uns materiais sobre outros, o peso fai que os minerais se encaixen entre si e que se elimine a auga e o aire que hai entre eles.

– Cementación. Pouco a pouco os materiais quedan adheridos uns a outros, como se se unisen cun pegamento.

Page 5: As rocas

Rochas detríticas

• Conglomerado: formado por fragmentos de rochas.• Arenita.• Arxila.

Page 6: As rocas

Rochas detríticas

• Conglomerado.• Arenita: composta por pequenos grans de area.• Arxila.

Page 7: As rocas

Rochas detríticas

• Conglomerado.• Arenita.• Arxila: constituída por arxila compactada.

Page 8: As rocas

Rochas calcarias• Están formadas polo mineral calcita. • As rochas calcarias poden ter dúas orixes:

– Por acumulación de cubertas e esqueletos de seres vivos como os moluscos ou corais. Son as calcarias bioclásticas.

– Por precipitación de carbonato de calcio, como os travertinos.

CALCARIA BIOCLÁSTICA

TRAVERTINO

Page 9: As rocas

Rochas evaporíticas• Fórmanse en lugares onde o clima é seco e caloroso e

ademais hai auga salgada. • Ao evaporarse a auga fórmanse principalmente dúas

rochas: o xeso e o sal.

XESO

SAL

Page 10: As rocas

Rochas orgánicas• Fórmanse por acumulación de

materia orgánica, dando lugar a dúas rochas:– Carbón. Fórmase pola

acumulación de materia vexetal, que queda enterrada e sometida a altas presións e temperaturas.

– Petróleo. Fórmase por acumulación de partículas microscópicas de materia orgánica procedentes do plancto mariño.

CARBÓN

PETRÓLEO

Page 11: As rocas

Rochas ígneas ou magmáticas

• As rochas magmáticas, ou ígneas, son as que se forman a partir dun magma que se xera no interior da Terra.

• Clasifícanse en dous grandes grupos: as rochas plutónicas e as rochas volcánicas.

Page 12: As rocas

Rochas ígneas ou magmáticas• As rochas plutónicas fórmanse lentamente a gran

profundidade no interior da Terra.

GRANITO (formado por feldespatos,

mica e cuarzo)

SIENITA (sen cuarzo)

PEGMATITA (con cristais de gran tamaño)

Page 13: As rocas

Rochas ígneas ou magmáticas

• As rochas volcánicas fórmanse ao solidificarse rapidamente lava expulsada polos volcáns.

BASALTO (pesado, duro, pode

presentar olivino e tamén buratos)

PUMITA (espuma de lava,

esponxoso, pesa pouco)

OBSIDIANA(semellante a un

fragmento de vidro)

Page 14: As rocas

Rochas metamórficas• As rochas metamórficas

proceden da transformación doutras rocas. O proceso que as xera denomínase metamorfismo.

• Este proceso prodúcese por un aumento da presión que exercen outras rocas, da temperatura ou por ambos os factores.

• As rochas metamórficas clasifícanse polo seu aspecto externo en laminares ou cristalinas.

Page 15: As rocas

Rochas metamórficas• Laminares: sepáranse en láminas ao romper.

XISTO(abundante mica e láminas

deformadas)

GNEIS (bandeado irregular)

LOUSA(certo brillo pola mica e

de fácil exfoliación)

Page 16: As rocas

Rochas metamórficas

• Cristalinas: Rompen de forma irregular.

CUARCITA (dura e resistente, non reacciona

con ácidos)

MÁRMORE(reacciona con ácidos)

Page 17: As rocas

Ciclo das rochas• Conxunto de transformacións que experimentan as rochas e

os sedimentos na superficie e no interior da codia terrestre.

Page 18: As rocas

Uso das rochas• Materiais de construción:

– Cemento. Obtense de calcarias e arxilas.– Xeso e escaiola. Obtéñense da rocha xeso.– Materiais cerámicos. Obtéñense das arxilas.

• Usos ornamentais. Para facer esculturas, mesas, mobiliario urbano, encimeiras, etc. Moi apreciado o mármore.

• Recipientes. Vasillas, fontes, etc., modélanse con arxila • Combustibles. O carbón, o petróleo e os seus derivados úsanse

como fonte de enerxía.• Industria química. Para a elaboración de plásticos, pinturas,

fertilizantes, fibras sintéticas e outros produtos obtidos do petróleo.