AS ROCHAS - ciencias1maristasvigo.files.wordpress.com  · Web viewGalicia dispón dos maiores...

5
AS ROCHAS Normalmente, na natureza, os minerais están agregados formando ROCHAS. Unha ROCHA é un agregado natural formado por un ou varios minerais As rochas son os materiais sólidos que constitúen a capa superficial da Terra, forman parte dos continentes e dos fondos oceánicos. Hai diversos tipos de rochas segundo sexa a súa formación e orixe. Ademais compórtanse de xeito distinto fronte á erosión. A maioría das rochas son sólidas pero tamén as hai líquidas coma o petróleo e gasosas coma o gas natural. Segundo a súa composición en materiais hai dous tipos: ROCHAS SIMPLES OU MONOMINERAIS: formadas por un só mineral ROCHAS COMPOSTAS OU POLIMINERAIS: formadas por mais dun mineral. EXEMPLOS: GRANITO: formada por cuarzo, feldespato e mica CALCARIA: formada por varios minerais, cun gran porcentaxe de calcita. CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS: Segundo a súa orixe as rochas clasifícanse en MAGMÁTICAS, SEDIMENTARIAS E METAMÓRFICAS. 1. ROCHAS MAGMÁTICAS OU ÍGNEAS: As rochas magmáticas ou ígneas constitúen o 80 % da cortiza terrestre. Proceden do arrefriamento e solidificación do magma. Hai tres tipos atendendo o tipo de solidificación que as produce: PLUTÓNICAS: fórmanse por un arrefriado lento do magma, na litosfera. Nelas obsérvanse os cristais a simple vista. Exemplos: Granito, Sienita e Diorita. VOLCÁNICAS : fórmanse cando o magma chega a superficie sen consolidar e alí arrefríase rapidamente. Isto fai que non se formen cristais porque non hai tempo de que as

Transcript of AS ROCHAS - ciencias1maristasvigo.files.wordpress.com  · Web viewGalicia dispón dos maiores...

Page 1: AS ROCHAS - ciencias1maristasvigo.files.wordpress.com  · Web viewGalicia dispón dos maiores xacementos potenciais de rochas ornamentais do país (granitos, lousas). Abastece os

AS ROCHASNormalmente, na natureza, os minerais están agregados formando ROCHAS.

Unha ROCHA é un agregado natural formado por un ou varios minerais

As rochas son os materiais sólidos que constitúen a capa superficial da Terra, forman parte dos continentes e dos fondos oceánicos.Hai diversos tipos de rochas segundo sexa a súa formación e orixe. Ademais compórtanse de xeito distinto fronte á erosión.A maioría das rochas son sólidas pero tamén as hai líquidas coma o petróleo e gasosas coma o gas natural.

Segundo a súa composición en materiais hai dous tipos:

ROCHAS SIMPLES OU MONOMINERAIS: formadas por un só mineral

ROCHAS COMPOSTAS OU POLIMINERAIS: formadas por mais dun mineral.

EXEMPLOS: GRANITO: formada por cuarzo,

feldespato e micaCALCARIA: formada por varios minerais, cun gran porcentaxe de calcita.

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS:

Segundo a súa orixe as rochas clasifícanse en MAGMÁTICAS, SEDIMENTARIAS E METAMÓRFICAS.

1. ROCHAS MAGMÁTICAS OU ÍGNEAS: As rochas magmáticas ou ígneas constitúen o 80 % da cortiza terrestre. Proceden do arrefriamento e solidificación do magma.Hai tres tipos atendendo o tipo de solidificación que as produce:

PLUTÓNICAS: fórmanse por un arrefriado lento do magma, na litosfera. Nelas obsérvanse os cristais a simple vista. Exemplos: Granito, Sienita e Diorita.

VOLCÁNICAS : fórmanse cando o magma chega a superficie sen consolidar e alí arrefríase rapidamente. Isto fai que non se formen cristais porque non hai tempo de que as partículas se ordenen. Exemplos: Basalto, Pumita ou pedra Pómez (foto). Riolita.

FILONIANAS: fórmanse cando o magma consolidouse en fendas (grietas) da cortiza terrestre, preto da superficie. Así unhas partículas poden organizarse en cristais e

Page 2: AS ROCHAS - ciencias1maristasvigo.files.wordpress.com  · Web viewGalicia dispón dos maiores xacementos potenciais de rochas ornamentais do país (granitos, lousas). Abastece os

outras non, na rocha pode verse a mestura de grandes cristais e cristais pequenos. Exemplos: Pórfido (foto), Aplita.

2. AS ROCHAS SEDIMENTARIAS: Orixínanse a partir de sedimentos que proceden da erosión doutras rochas, acumulados en zonas da cortiza chamadas “Cuncas sedimentarias”. O proceso de transformación dunha rochas noutra se lle chama “DIAXÉNESE” ou “LITIFICACIÓN”Atendendo a súa orixe clasifícanse en : detríticas, químicas e organóxenas.

DETRÍTICAS: orixinadas a partir de fragmentos doutras rochas. Os seus compoñentes poden ter distintos tamaños. Exemplos: conglomerados (foto), areentas e arxilas.

QUÍMICAS:formadas por procesos químicos.Poden ser:-Carbonatadas: formadas por Carbonato de Calcio. Ex:Calcaria-Evaporíticas: orixínanse ó precipitar unha sal. Ex: Halita, Xeso

ORGANÓXENAS: fórmase pola acumulación de restos de organismos. Ex: Calcarias conchíferas, petróleo, carbón. As conchíferas (foto) son fósiles de cunchas

3. AS ROCHAS METAMÓRFICAS :

Fórmanse a partir doutras preexistentes sometidas a alta temperatura e presión.Clasifícanse segundo sexan os cristais que as forman,estes pesentan unha disposición paralela das partículas minerais.Esta disposición recibe o nome de FOLIACIÓN (coma se fosen follas).Así estas rochas son FOLIADAS ou NON FOLIADAS.

FOLIADAS:Ex: lousa (pizarra), gneis, xisto (esquisto)

NON FOLIADAS:Ex: cuarcita e mármore.

Mármore, rocha non foliada formada a partir do metamorfismo da caliza.

Page 3: AS ROCHAS - ciencias1maristasvigo.files.wordpress.com  · Web viewGalicia dispón dos maiores xacementos potenciais de rochas ornamentais do país (granitos, lousas). Abastece os

Canteira de mármore en Carrara (Italia). Utilizada esta rocha no arte e na arquitectura pola súa gran beleza e dureza ademais de ser unha rocha escasa.

O Taj Majal na India está construído integramente en mármore.

CUARCITA

Page 4: AS ROCHAS - ciencias1maristasvigo.files.wordpress.com  · Web viewGalicia dispón dos maiores xacementos potenciais de rochas ornamentais do país (granitos, lousas). Abastece os

A EXPLOTACIÓN MINEIRA E DE ROCHAS EN GALICIA

Explotáronse estaño e volframio durante a segunda guerra mundial.Foto:Dende o cargadeiro de Rande na Ría de Vigo exportábase volframio a Europa

No territorio galego extraéronse durante séculos unha grande variedade de minerais metálicos e rochas e minerais industriais. As distintas extraccións, a ceo aberto ou subterráneas, son hoxe o noso legado histórico e cultural e sitúan a comunidade galega o fronte da produción mineira española.

Galicia dispón dos maiores xacementos potenciais de rochas ornamentais do país (granitos, lousas). Abastece os mais importantes mercados do mundo, xa sexa do recurso en bruto ou xa elaborado. Deste xeito sitúa o sector mineiro galego ó fronte da produción mineira española e nun lugar destacado na industria galega, tanto pola riqueza que presenta coma polos postos de traballo que proporciona.

Existen en Galicia 400 explotacións activas segundo os datos da Cámara Oficial Mineira de Galicia no ano 2007. A relación de extraccións por provincias é a seguinte:

A CORUÑA: os xacementos mais importantes son os de lignito en As Pontes de García Rodríguez e Meirama.Tamén son importantes as extraccións de granito e caolín.

LUGO: nesta provincia as extraccións céntranse en produtos de canteira como as lousas e a s calcarias. Sendo a explotación de Chumbo-Cinc en Rubiales a mais importante da provincia.

OURENSE:especializouse en produtos de canteira, sobre todo na extracción de lousas na comarca de Valdeorras.

PONTEVEDRA: son Vigo e O Porriño os centros punteiros de extracción e elaboración de granito dentro da comunidade galega.

Fonte: Cámara Oficial Mineira de Galicia, 2007

Provincia Número de explotacións

Extracción mais importante

A Coruña 90 lignitoLugo 121 lousa e calcariasOurense 94 lousaPontevedra 95 granito