AS VANGARDAS
description
Transcript of AS VANGARDAS
AS VANGARDAS
“Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacable
contra os vellos…”Manuel Antonio.
FINALIDADE
Renovación da poesía galega, procurando darlle un aire novo a través da incorporación das vangardas europeas á poesía galega.
CARACTERÍSTICAS XERAIS DAS VANGARDAS GALEGAS.
• RUPTURA CONSCIENTE COA POESÍA ANTERIOR (PAISAXISTA E CÍVICO-SOCIAL)
• PROVOCACIÓN LITERARIA.• FUXIDA DA REALIDADE E DA SÚA
IMITACIÓN• DEFENSA DO CONCEPTO DE “ARTE
POLA ARTE” (a estética é máis importante que o compromiso)
MODOS DE DIFUSIÓN.
• Fíxose sobre todo a través de REVISTAS: Ronsel (Lugo), Cristal (Pontevedra), Alfar (Coruña),etc.
• Tamén utilizaron MANIFESTOS: por exemplo MÁIS ALÁ (de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro)
AS VANGARDAS GALEGAS.
• VANGARDA PLENA:• O CREACIONISMO
DE Manuel Antonio
• VANGARDAS MODERADAS:
A) HILOZOÍSMO de Luís Amado Carballo
B) NEOTROBADORISMO de Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro.
O CREACIONISMO.
• O seu iniciador foi o poeta chileno Vicente Huidobro.
• Baséase na creación dunha nova realidade por medio da xustaposición de imaxes innovadoras.
• Principal cultivador galego: MANUEL ANTONIO.
Manuel Antonio.
• Nado en Rianxo (como Castelao e Rafael Dieste)
• Mariñeiro de profesión.
• Coñece as vangardas a través do seu amigo Vicente Risco.
• Poeta e teórico das vangardas galegas: De Catro a catro,manifesto MÁIS ALÁ, Con anacos do meu interior, Foulas.
MANUEL ANTONIO
• O mar é un elemento recorrente na súa poesía
• Temas-conceptos habituais: o mar de día ou de noite, a súa tranquilidade, monotonía, soidade, estrelas, soles, ronseis, lúas, ceos, faros, ventos, horizontes, ondas, gaivotas…
MANUEL ANTONIO
• Características da súa poesía :
a) Actitude antirromántica.
b) Desmitificación de elementos tópicos.
c) Renovación da linguaxe (neoloxismos, linguaxe técnica, préstamos, cultismos, hiperenxebrismos,…
d) Predominio do verso libre.