AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do...

24
AS VANGARDAS Son correntes estéticas internacionais (1910 – 1930). Tamén se coñecen co nome de ismos: futurismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo, cubismo... Abrangueron distintas artes: a arquitectura (rañaceos), escultura (volumes puros de Picasso), pintura (obras de Dalí, Miró, Picasso...), a música e a literatura. Teñen un afán de ruptura contra a arte e a literatura tradicional e un sentido lúdico e transgresor. Supresión da lóxica na sintaxe, que se fai irracional e libre de toda norma. A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de reflectir as libres asociacións do subconsciente, as experiencias oníricas. A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma. Debe buscar a novidade e a orixinalidade. Presentáronse publicamente mediante manifestos e proclamas e o seu percorrido foi curto.

Transcript of AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do...

Page 1: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

AS VANGARDAS➢ Son correntes estéticas internacionais (1910 – 1930). Tamén se coñecen co nome de ismos: futurismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo, cubismo...➢ Abrangueron distintas artes: a arquitectura (rañaceos), escultura (volumes puros de Picasso), pintura (obras de Dalí, Miró, Picasso...), a música e a literatura.➢ Teñen un afán de ruptura contra a arte e a literatura tradicional e un sentido lúdico e transgresor.➢ Supresión da lóxica na sintaxe, que se fai irracional e libre de toda norma. A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de reflectir as libres asociacións do subconsciente, as experiencias oníricas.➢ A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma. Debe buscar a novidade e a orixinalidade.➢ Presentáronse publicamente mediante manifestos e proclamas e o seu percorrido foi curto.

Page 2: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

FUTURISMO• Creado polo italiano Marinetti.• Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso.• En literatura tende á destrución da sintaxe e da puntuación para gañar en dinamismo.

Page 3: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

L. Balla: A nena que correpolo balcón.

Page 4: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

MarinettiDeus vehemente dunha raza de aceiro,

automóbil ebrio de espazo,que choras cheo de angustia, co freo nos dentes

estridentes!Oh formidable monstro xaponés de ollos

de fragua,nutrido de lapas e aceites minerais,

famento de horizontes e presas sideraiso teu corazón expándese no seu taf-taf

diabólicoque os teus rexos pneumáticos se inchen

para as danzasque bailen polas brancas estradas do mundo.

solto, por fin, as túas bridas metálicas...Lánzaste

con embriaguez ao Infinito liberador

Page 5: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

CUBISMO• Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas.• Utiliza a técnica da colaxe. • En literatura utiliza orixinais disposións tipográficas (caligramas de G. Apollinaire), alusións a conceptos espaciais...

Page 6: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,
Page 7: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

SURREALISMO• Liderado por André Breton.• A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas.• A literatura é un instrumento de liberación: escrita automática liberada da lóxica e da razón, imaxes irracionais e símbolos..

Page 8: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Marc Chagall: Eu e a aldea

Page 9: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

DADAÍSMO• Nace en Suíza con Tristan Tzara. Movemento moi provocador.• Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. É o azar quen crea unha obra de arte (un cadro, un poema...).• Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.

Page 10: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Marcel Duchamp: A fonte

Page 11: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Grosz: Os piares da sociedade

Page 12: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Para facer un poema dadaístaColla un xornal.Colla unhas tesoiras.Escolla no xornal un artigo da lonxitude queconta darlle ao poema.Recorte o artigo.Recorte con coidado cada unha daspalabras que forman o artigo e métaasnunha bolsa.Axítea suavemente. Agora saque cadarecorte un tras doutro. Copieconcienzudamente na orde na que saíran dabolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda queincomprendida polo vulgo.

Page 13: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

CREACIONISMO● O poeta é un pequeño deus que debe crear, coa palabra, unha arte

que non imite nin traduza a realidade.● A imaxe é o centro dese acto de creación. Xustaposición de imaxes,

sen un referente claro e sen un fío condutor aparente.● Suprímense os signos de puntuación.● Prescíndese do anecdótico, do descritivo.● Cultivadores: Vicente Huidobro, Manuel Antonio....

ULTRAÍSMO● Propón a redución da lírica ao seu elemento primordial: a metáfora.● Prescinde de calquera elemento ornamental: desaparecen os

adxectivos superfluos.● Ausencia de puntuación e rima, espazos en branco.● Cultivadores: Gerardo Diego, Jorge Luís Borges....

Page 14: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

AS VANGARDAS EN GALICIA➢ Entre os anos 20 e 30

xorden os pintores que mostran a influencia das vangardas: Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Manuel Colmeiro, Maruja Mallo, Urbano Lugrís...

Page 15: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Luís Seoane: Muxindo a vaca

Page 16: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Lois Seoane: Noticias dos homes

Page 17: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Maside: Festa Maside: Paisaxe

Page 18: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Maside: A sesta Maside: Lavandeiras

Page 19: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Maruja Mallo: Natureza viva con estrelas

Urbano Lugrís: Lenda

Page 20: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

AS VANGARDAS NA LITERATURA GALEGAA xeración da vangardas ou xeración do 25 está constituída por autores nados

arredor de 1900: Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey, Cunqueiro, Pimentel...Ademais da influencia dos ismos internacionais, as vangardas galegas están

determinadas por:- O espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala.- A influencia do saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaẽs).- A presenza do sentimentalismo (non hai total deshumanización na obra de arte).Algúns feitos destacados desta época son:- En 1922 o poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro publican o manifesto

rupturista ¡Máis Alá! no que renegan do pasado, critican o ruralismo, fan unha defensa afervoada da lingua galega e do individualismo dos creadores, e propoñen unha literatura radicalmente nova na liña dos ismos.

- Acábase impoñendo como “estética para os novos” a vangarda enxebre do hilozoísmo (Amado Carballo).

- As revistas literarias serviron para espallar as vangardas: Ronsel, Cristal, Resol, Alfar, Nós, A Nosa Terra...

Podemos constatar as seguintes tendencias na poesía galega deste período:1. Aínda que se deu renovación, non se rompeu totalmente coa tradición. Esta

renovación manifestouse na chamada “vangarda enxebre”: neotrobadorismo (Cunqueiro) e hilozoísmo (Amado Carballo).

2. Ruptura coa tradición ou “vangarda pura”: creacionismo (Manuel Antonio).3. Ecos doutros ismos: cubismo, surrealismo.. (Cunqueiro, Pimentel, Blanco Amor).

Page 21: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

1. A “vangarda enxebre”: neotrobadorismo e hilozoísmo

Imaxinismo ou hilozoísmo O elemento fundamental é a paisaxe, tema recorrente na poesía galega. Preséntase unha

paisaxe humanizada: os elementos da natureza aparecen personificados. Combina recursos metafóricos vangardistas coas formas tradicionais (verso curto, con predominio do octosílabo, rima asonante...):

Axiónllanse os camiñosabrazados ao cruceironunha azul eternidadede pedra e ceo...[...]

Amado Carballo (1901-1927) escribiu Proel (1927) e O galo (1928). Os poemas presentan unha serie de imaxes xustapostas, instantáneas dunha natureza personificada, combinando elementos visuais e auditivos semellante a unha pintura impresionista.

É frecuente a subxectividade cromática que rompe a relación cor real - cor poética e o uso de sinestesias orixinais nas que se unen dúas imaxes procedentes de diferentes dominios sensoriais: “O sol -manso boi vermello- / pasta no verde das ágoas”.

Canto á forma, amósase conservador na métrica (rara vez usa o verso libre e decántase pola métrica regular de rima asonante e arte menor); pero vangardista na súa preferencia polas metáforas (postas de moda polo movemento ultraísta).

MuiñeiraAs nubes choutan á combacoa corda do arco da vellae polo monte os camiñosfoxen co medo das tebras. [...]

Outros autores hilozoístas: Euxenio Montes, Xulio Sigüenza, Manuel Luís Acuña...

Page 22: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

A “vangarda enxebre”: neotrobadorismo e hilozoísmo1. Imaxinismo ou hilozoísmo

· Valorouse como a verdadeira estética nacional para os máis novos foi a que tivo máis éxito. Combina recursos metafóricos vangardistas coas formas traidicionais (verso curto, con

predominio do octosílabo, rima asonante...). Amado Carballo (1901-1927) escribiu Proel (1927) e O galo (1928). Os poemas presentan

unha serie de imaxes xustapostas, instantáneas dunha natureza personificada, combinando

elementos visuais e auditivos semellante a unha pintura impresionista. É frecuente a subxectividade cromática que rompe a relación cor real - cor poética. Sinestesias

orixinais: “O sol -manso boi vermello- / pasta no verde das ágoas”.

· Outros autores hilozoístas:

2. Neotrobadorismo

· Combina formas das cantigas, especialmente as de amigo por consideralas xenuinamente

galegas (paralelismo, leixaprén, refrán léxico...) con temas contemporáneos. Non é propiamente unha vangarda, só atopamos elementos vangardistas en Cantiga nova que

se chama riveira (1933) de Cunqueiro e Nao senlleira (1933) de Bouza Brey.

NeotrobadorismoXorde como consecuencia da fascinación que produciu a divulgación da lírica medieval galego-

portuguesa logo da publicación dos cancioneiros realizadas polo filólogo portugués José Joaquim Nunes en 1928 e 1932. Recréanse temas os temas (amor) das cantigas, especialmente as de amigo por consideralas xenuinamente galegas e os recursos formais (paralelismo, leixaprén, refrán, léxico...), ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos..) e incorpóranlle imaxes contemporáneas.

Non é propiamente unha vangarda, só atopamos elementos vangardistas en Cantiga nova que se chama riveira (1933) de Álvaro Cunqueiro. Nesta obra combina os recursos dos cancioneiros cunha poderosa imaxinación a través de imaxes e metáforas de gran forza expresiva. Fusiona solucións neopopulistas con imaxes creacionistas e ultraístas.

Bouza Brey en Nao senlleira (1933) presenta unha recreación das formas medievais acomodándoos á súa liberdade creativa, pero non atopamos nela elementos vangardistas.

Este movemento tería continuidade na posguerra e chega mesmo aos nosos días.

2. A “vangarda plena”: Manuel AntonioManuel Antonio (Rianxo, 1900-1930). Persoa de fortes inquietudes socio-políticas, foi mariño

mercante, experiencia que condicionou a súa obra De catro a catro (1928). Foi o poeta máis vangardista anterior a 1936. No manifesto ¡Máis Alá! propoñía unha ruptura total coa literatura galega anterior.

De catro a catro (1928). É a obra máis significativa das vangardas galegas. Os 19 poemas recrean unha viaxe marítima dende a saída (“Intencións”, o engado e a ilusión pola aventura) ata o retorno ao punto de partida (“Adeus”, despedida do poeta-navegante e saudade do mar). Polo medio aparecen as vivencias provocadas polos sinais do cosmos, o paso dun barco, a monotonía da navegación, a recalada nun porto... Manuel Antonio concibe o poema como revelación das profundidades do eu e vive a travesía como medio de coñecemento cósmico e persoal. Constrúe un tecido simbólico e un sistema de imaxes visionarias -ás veces de liña creacionista- resultantes dun depurado proceso estético.

Page 23: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

Nesta “aventura interior” o barco é o “ser humano” e o mar a “vida”. A partir deses símbolos fai unha reflexión pesimista sobre a existencia marcada pola soidade, a saudade e a monotonía.

O fluír temporal maniféstase a través de elementos do cosmos (sol, lúa, estrelas, noite, alba) e de medición (reloxo, almanaques, diarios, horas) e percíbese principalmente pola vista e oído.

A concepción da existencia é contraditoria: o estatismo preside a navegación e, ao mesmo tempo todo pasa, nunha continua despedida. O naufraxio simboliza o extravío e o desarraigamento.

Renova a linguaxe coa introdución de neoloxismos, de tecnicismos marítimos (morse, SOS), de préstamos (leit-motivs, stock, navy bar) e de cultismos (radiograma, pirotecnia, mecanógrafos). Tamén presenta hiperenxebrismos (hourizontes, primaveiras, oucéanos, inconscentes...) e pseudohiperenxebrismos, como foulas por ondas.

Predomina o verso libre (en ocasións a rima é cambiada pola aliteración), suprime os signos de puntuación e presenta alteracións da sintaxe, uso de maiúsculas, símbolos, adxectivacións inesperadas, espazos en branco...

3. Outros “ismos” ou ecos da vangarda.Álvaro Cunqueiro. En Mar ao norde (1932), onde o mar é o eixe central, observamos trazos

cubistas e creacionistas (esquematización, deshumanización...). En Poemas do si e non (1933), onde predominan poemas de tema amoroso, atopamos trazos surrealistas. Presenta imaxes visionarias irracionais, nas que se relacionan conceptos sen lóxica aparente: “os anacos de espellos amaban ríos”.

Outros autores como Euxenio Montes, Blanco Amor (Romances galegos e Poema en catro tempos, poesía na liña neopopularista, de ton elexíaco, con ambientación mariñeira e arquitectura musical) mostran en parte das súas obras influencias das vangardas

Un caso signgular é o poemario Seis poemas galegos (1935) de Federico García Lorca. No tocante á lingua parece que contou coa axuda de Blanco Amor e Guerra da Cal.

Page 24: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,

A “vangarda enxebre”: neotrobadorismo e hilozoísmo1. Imaxinismo ou hilozoísmo

· Valorouse como a verdadeira estética nacional para os máis novos foi a que tivo máis éxito. Combina recursos metafóricos vangardistas coas formas traidicionais (verso curto, con

predominio do octosílabo, rima asonante...). Amado Carballo (1901-1927) escribiu Proel (1927) e O galo (1928). Os poemas presentan

unha serie de imaxes xustapostas, instantáneas dunha natureza personificada, combinando

elementos visuais e auditivos semellante a unha pintura impresionista. É frecuente a subxectividade cromática que rompe a relación cor real - cor poética. Sinestesias

orixinais: “O sol -manso boi vermello- / pasta no verde das ágoas”.

· Outros autores hilozoístas:

2. Neotrobadorismo

· Combina formas das cantigas, especialmente as de amigo por consideralas xenuinamente

galegas (paralelismo, leixaprén, refrán léxico...) con temas contemporáneos. Non é propiamente unha vangarda, só atopamos elementos vangardistas en Cantiga nova que

se chama riveira (1933) de Cunqueiro e Nao senlleira (1933) de Bouza Brey.

SÓS

Fomos ficando sós Pero tamén sabemos a maniobrao Mar o barco e mais nós. dos navíos que fondean

a sotavento dunha singladuraRoubáronnos o SolO paquebote esmaltado No cuadrante estantío das estrelas

que cosía con liñas de fume ficou parada esta hora:áxiles cuadros sen marco O cadavre do Mar

fixo do barco un cadaleitoRoubáronnos o ventoAquel veleiro que se evadeu Fume de pipa Saudade

pola corda floxa do horizonte Noite Silenzo FríoE ficamos nós sós

Este oucéano desatracou das costas sin o Mar e sin o barcoe os ventos da Roseta nós.

ourentáronse ao esquenzoAs nosas soedades Manuel Antonio, De catro a catro

veñen de tan lonxecomo as horas do reloxe

Cuestións1. Define: paquebote, desatracar, Roseta, sotavento, singladura, estantío.2. Indica o tema e o contido do poema.3. Achega exemplos de hiperenxebrismos, léxico popular mariñeiro e léxico técnico-científico.4. Localiza exemplos de paranomasia, anáfora, hipérbato, comparación e personificación.5. Analiza a métrica do poema.6. Achega exemplos de trazos creacionistas: xustaposición de imaxes, imaxes novidosas...7. Redacta un comentario do poema no que apareza a túa valoración persoal.