As visitas organízanse en función das mareas Turismo...
Transcript of As visitas organízanse en función das mareas Turismo...
O sur da Ría de Arousa
A dicir verdade, o traballo no mar é moi duro, mais aínda no inverno... podes mirar as nosas mans e xa sobran as palabras. O frío e a humidade, as posturas e o movemento repetitivo son condicións laborais complicadas. Pero quen vive no mar é porque realmente lle enche a alma.
Moitas de nós somos de familia mariñeira, e outras comezaron polo seu amor ao entorno e á profesión, xa que nestas vilas o contacto co mar é directo dende ben pequenas.
O positivo? A nosa oficina muda cada día, vemos moitos amenceres, a ás veces ata arroaces... Haberá traballo mais fermoso ca este?
As bateas e o mexillón
© Na ría de Arousa hai arredor de 2300 bateas (3300 no conxunto de Galicia), que producen 260000 toneladas de mexillón cada ano.
© A cor laranxa tan intensa do mexillón galego débese á alta concentración de fitoplancton que acumulan as augas das nosas rías.
© Os mexillóns aliméntanse por filtración, chegando a filtrar ata 8 litros de auga cada hora.
AMEGROVEPorto Meloxo 138. 36989 O grove
Unha cooperativa de máis de 400 familias dende 1977.105 barcos na flota 335 bateas activas 22000 toneladas de mexillón por ano
© Abastecen ao mercado nacional e internacional © Familias con concesión de batea cultivan e extraen o mexillón, traballando asociados na cooperativa.
© O produto pasa por un proceso de depuración. © Hai un control toxicolóxico no seu propio laboratorio: Mytilus
© Frigoamegrove: comercialización do produto procesado.
AREOSAConfraría de Vilanova de Arousa. Rúa o castro s/n, 36620 Vilanova
© Ruta das mariscadoras de Vilanova de Arousa
© Arredor de 230 mariscadoras en toda a zona.
© Praia de Agüiño © Paseo polos viveiros do Esteiro
© Lonxa de Vilanova
AMARCARRILRúa Alameda Vella s/n, 36610 Vilagarcía de Arousa
© En Carril trabállase dun xeito singular: mediante concesións dos parques de cultivo. Cada parquista xestiona a súa leira con liberdade. Estes parques delimítanse con paus, conformando unha paisaxe singular na contorna da illa de Cortegada.
O marisqueo e as ameixas
candieirarede [email protected]
As visitas organízanse en función das mareas
Para máis información, contacto e suxestións:[email protected]
Candieira é un proxecto de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que nace para favorecer o emprendemento e o traballo en rede das mulleres nas zonas costeiras de Galicia.
Turismo mariñeiro na Ría de Arousa
AreosaGustaríache coñecer e probar como é o traballo do marisqueo? Nesta ruta aprenderás a técnica para coller ameixas coa gancha, e moitas curiosidades ligadas ao mundo do mar. Para rematar a visita veremos unha poxa na Lonxa de Vilanova.
Ruta da percebeiraAlguna vez te preguntaches como se apañaba este marisco? Acompaña a Concha nun día de traballo e entenderás a dificultade e afouteza que comprende esta actividade. A visita remata na Lonxa, onde se comercializa todo o produto.
Turismo mariñeiro na Ria de Arousa
AmarcarrilDende a chegada do ferrocarril que comunicou Carril e Santiago, ata a proximidade da illa de Cortegada, esta vila é coñecida pola calidade das súas ameixas. Acompaña as mariscadoras aos seus parques de cultivo e vive unha experiencia mariñeira en primeira persoa.
AmegroveUnha cooperativa con historia que une a 400 familias, que ten mesmo unha piscina para os mexillóns... Nesta ruta coñecerás curiosidades sobre o cultivo, extracción, depuración e comercialización do “ouro negro” da Ría de Arousa da man de quen mellor a coñece.