Auga e cidade

6
13 Monografías de Comunicación Científica Museos Científicos Coruñeses Unha información elaborada por *EDICIÓN REALIZADA CO PATROCINIO DE auga e cidade

description

 

Transcript of Auga e cidade

Page 1: Auga e cidade

13Monografías deComunicación Científica

M u s e o s C i e n t í f i c o s C o r u ñ e s e s

Museos Científ icos Coruñeses Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

U n h a i n f o r m a c i ó n e l a b o r a d a p o r

*EDICIÓN REALIZADA CO PATROCINIO DE

auga e cidade

Page 2: Auga e cidade

n Por que ás veces sae auga suciaou marrón?

Aauga embalsada que se subministra á nosa cidadeposúe condicións naturais de boa calidade (pH, dureza,salinidade, etc). Non obstante, antes de chegar á rede

de subministración pasa por tres tratamentos. En primeirolugar elimínanse materiais grosos (como follas e madei-ras) e deseguida a auga pasa a tanques onde se engadensubstancias que provocan o agrupamento de partículas ensuspensión (floculación) e a súa deposición nos fondos. Destexeito fórmanse unhas lamas que se eliminan. Finalmente fíl-trase e engádese cloro.

n Que se faipara que a augasexa potable?

Asemblea Xeral das NaciónsUnidas aprobou en 2010 unharesolución pola que consideraque o acceso á auga potable eao saneamento básico é un dos

dereitos humanos esenciais para o gozoda vida. Pero os estudos sobre as súasreservas e uso indican que é urxentetomar medidas para a súaconservación. Afeitos a utilizala coma sefose un recurso inesgotable, temos quecambiar hábitos e costumes.

Os Museos Científicos Coruñeses, encolaboración co Servizo Municipal deMedio Ambiente do Concello da Coruña,EMALCSA e o grupo de investigación

Persoa-Ambiente da Universidadeda Coruña, realizan unha

actividade dirixida aoencontro entre oscidadáns e algunhasdas institucións queparticipan na xestiónda auga.

A

Odecreto que regula no noso país a calidade da auga para oconsumo humano determina que os parámetros que debencontrolarse na billa do consumidor son olor, sabor, cor,

turbidez, condutividade, pH, amonio, bacterias coliformese a bacteria Escherichia coli. Tamén o cloro ou os seus deriva-dos cando se utilice para o tratamento de potabilización. E cobre,cromo, níquel, ferro, chumbo ou outro parámetro similar

cando a instalación inclúa materiaisdese tipo. Os programas de vixilanciainclúen o control no lugar de abastece-mento, na saída das plantas de trata-mento e na rede de distribución. Paraa auga de pozos e doutros lugares decaptación cómpre realizar análises,que poden facerse en laboratoriospúblicos ou privados que teñan unhaacreditación UNE-EN ISO/IEC17025 ou UNE-EN ISO 9001.

n Que controis se realizan paracoidar a calidade da auga? Como sesabe se é potable?

Ademais de destruír xermes, o cloro contribúe aeliminar ferro, manganeso, sulfhídricos, sulfu-ros e outras substancias. Engádese normalmente

en dúas fases, ao principio do proceso e ao final, para neu-tralizar calquera posible contaminación durante o seu trans-

porte. Evapórase facilmente,polo que a cantidade pre-sente na auga é distintasegundo os barrios, en fun-ción da súa proximidade áorixe do tratamento e dotempo de permanencia nosdepósitos urbanos. O cloro,se non se dosifica correcta-mente, pode reaccionar concompostos que teñen orixe

natural nos solos e producir substancias tóxicas chamadastrihalometanos. A súa presenza está regulada na UniónEuropea, e non poden exceder de 100 microgramos por litro.Segundo a Organización Mundial da Saúde, usar cloroé a mellor forma de conseguir auga segura.

n Por que a auga sabe a cloro? Émalo para a saúde?

Mentres a auga está detida na rede de abastece-mento porque non hai gasto, as substanciasnaturais que leva en suspensión deposítan-

se sobre as paredes das canali-zacións. Estas poden desprendersecando o fluxo de auga se acelera oucambia de sentido, algo que é nor-mal no funcionamento da rede dedistribución. Os elementos que pro-vocan a turbidez non afectan asaúde pero, se esta é moi intensa,o mellor é deixar correr a augaou deixala repousar nun reci-piente antes de utilizala.

*EST

EPR

OXEC

TOFO

IFIN

ANCI

ADO

POLO

SÉTI

MO

PROG

RAM

AM

ARCO

DAU

NIÓ

NEU

ROPE

APA

RAIN

VEST

IGAC

IÓN

, DES

ENVO

LVEM

ENTO

TECN

OLÓX

ICO

ED

EMOS

TRAC

IÓN

COAC

ORD

OD

ESU

BVEN

CIÓN

MER

O24

449.

Page 3: Auga e cidade

No noso país pérdese cada día o equivalente ao consumodiario dunha cidade como A Coruña. Segundo os últimosdatos publicados polo Instituto Nacional de Estatística,

as perdas (fugas, roturas e avarías) durante 2011 estimáron-se en 776.000 millóns de litros, o que supuxo un 17% doconsumo total. Existe na nosa cidade un programa de renova-ción de canalizacións entre cuxos obxectivos se inclúe reducir oíndice de roturas. O Ministerio de Agricultura, Alimentación eMedio Ambiente sitúa como valor óptimo 0,24 roturas por quiló-

metro de canalización. Nanosa cidade a cifra é de 0,18.

n Pérdese auga polo mal estado dascanalizacións?

Os filtros destas xerras conte-ñen un tipo de resinas quereaccionan e reteñen

algunhas substancias como ocloro ou sales minerais. Por isopoden modificar parámetros como a acidez, dureza, cantidadede cloro ou composición de sales. Ao parecer, tamén teñencapacidade para reter substancias non desexables. AOrganización de Consumidores e Usuarios (OCU) informa deque os beneficios non están á altura das promesas, e avisan deque, ao rebaixar a cantidade de cloro, cómpre extremar a lim-peza e vixiar a seguridade da auga que se almacena nestasxerras. No caso de augas de baixa mineralización, como ascoruñesas, o efecto do olor do cloro residual pódese facer des-aparecer metendo a auga na neveira.

n Como funciona apurificación nasxerras de auga?

Aauga potabilizadaque se empreganalgunhas activi-

dades podería substituír-se por auga salgada. É ocaso de instalacións delecer e entretementocomo piscinas, parquesacuáticos, fontes e estan-ques. Actualmente exis-ten instalacións desalgadorasque obteñen auga de consu-mo a partir do mar, pero é unhaopción cara xa que consomemoita enerxía.

Adepuración da auga realízase nasEstacións Depuradoras de AugasResiduais (EDAR). A da nosa cidade

atópase en Bens. En primeiro lugar realízaseunha filtración grosa que extrae residuos de grantamaño, e logo outra fina para eliminar areas.Despois engádense substancias que provocan acoagulación de aceites, graxas e substancias ensuspensión. A seguir realízase a degradaciónmicrobiana de materia orgánica, coa formación delamas, que se desbotan. O derradeiro paso elimina

outras substancias orgánicas, así como compostos de nitróxeno, fósforo e sales inorgáni-cas. Finalmente, a auga depurada vértese a través dunha canalización submarinaque se atopa en Suevos, e que penetra varios centos de metros no mar. Con todo, oente público Augas de Galicia afirma que existen estacións depuradoras onde adesinfección non alcanza os niveis aceptables.

O tempo de respostana Coruña peranteunha avaría non debesuperar os 45 minutos

n Como se depura a auga? É fiable? A onde van asaugas residuais?

n Como se podeaproveitar a augasalgada?

Como chega a auga dende o encoro ata os nosos fogares?

Page 4: Auga e cidade

Aconstrución da rede de distribución debe reunircaracterísticas que permitan manter as conduciónslimpas. Por exemplo, canalizacións e unións

deben estar fabricadas con materiais que non con-taminen, aptos para o uso ao que se destinan e comple-tamente estancos. Na Coruña están feitas en fundición ouplásticos, que foron substituíndo as antigas de fibroce-mento. Ademais, a rede de distribución debe ter undeseño de tipo “malla”, no que todos os ramais estánconectados de tal forma que a auga sempre teña que cir-cular, evitando zonas estancas. Tamén é importante cons-truír a rede de abastecemento a certa distancia e por ribada rede de augas residuais. A pequena cantidade de cloroque hai na auga circulante, que por lei debe conter, con-tribúe a manter a salubridade.

n Como se mantén a limpezadurante o percorrido polascanalizacións?

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o consumo deauga por persoa e día no noso país durante 2011 foi de142 litros. Nos últimos anos o consumo español non dei-

xou de diminuír, pois en 2004 foi de 171 litros por persoa e día. EnGalicia, durante 2011 foi de 133, e na cidade da Coruña,132,5. AOrganización Mundial da Saúde recomenda que o consumo mediopara un fogar do ámbito urbano sexa duns 100 litros.

Acidade ten un sistema derecolección de augas dechuvia coñecido como rede

de pluviais. A rede coruñesa dis-corre a través dun labirinto decanalizacións oculto baixo o chanata a Estación Depuradora deAugas Residuais de Bens, eoutros puntos de vertedura con-trolados. No seu deseño é impor-tante o desnivel do terreo e o réxi-me de chuvias. Existen briga-

das de mantemento que reparan as avarías da rede, ade-mais de limpar reixas de desaugadoiros e sumidoiros.Tamén se abordan obras para evitar zonas onde a auga rebordacando as precipitacións son abundantes. Ademais, unha frota decamións limpadores mantén as conducións en bo estado.

n Límpanse as canalizacións paraevitar inundacións na cidade?

Adispoñibilidade de auga depende das precipitacións, que ali-mentan os encoros, e da xestión da auga alí almacenada.Unha imprevista sucesión de meses de seca podería xerar

unha deficiencia do recurso. Existe o proxecto de conectar olago de Meirama co encoro de Cecebre, o que incrementaríao volume de auga embalsada e de reserva fronte a situacións denecesidade, aínda que a demanda actual está ben cuberta

pola capacidade deCecebre e o réximede precipitaciónsnormal.

n Podería haber escaseza de augana Coruña?

o encoro ata os nosos fogares?

Acueduto no Paseo dasPontes. Obra dirixida porFernando Casas Nóvoa en1722 para resolver osproblemas de escasezaque padecía a cidade

n Cal é o consumo por persoa cadadía?

Page 5: Auga e cidade

Basicamente prácticas de aforro, métodos de control eeducación. O patrimonio hídrico dun país será un dos seusrecursos máis valiosos no futuro, mesmo máis que os ener-

xéticos. Na Coruña monitorizarase a subministración de auga, insta-larase un sistema de telelectura de contadores e aplicarase un sis-

tema de rega intelixente. Tamén se pretendecomezar a telexestión da rede de saneamento

para controlar as verteduras e garantir uncorrecto funcionamento da depuración.

n Que medidas se toman paraaforrar no gasto público de auga?

n Como funcionan as fontes?

Aauga procedente do encoro de Cecebre abastece os foga-res da cidade e atende tamén os municipios da áreametropolitana, usos non domésticos e o porto da Coruña.

En 2013, o 51% da auga potabilizada abasteceu o muni-cipio coruñés. O 48,9% foi para os concellos de Arteixo,Abegondo, Culleredo, Oleiros, Bergondo, Sada e Carral.

n Cales son os usos da auga dacidade?

Actualmente réganse con auga potable. Para mellora-lo, estase a instalar un sistema de telecontrol intelixente.Utilizará sensores para coñecer as necesidades de rega en

tempo real, baseándose en factores como a humidade. Ademais,estes datos integraranse nun sistema que permitirá comparalos

con outras informa-cións, como a celebra-ción de eventos, a previ-sión meteorolóxica ou onivel de enchedura dosdepósitos da cidade,adaptando a eles ascondicións de rega.

n Como se regan os xardíns, conauga potable ou reciclada?

As augas embotelladas deben axustarse a uns pará-metros de salubridade, igual que acontece coa dabilla. O seu contido en minerais fai que unhas sexan máis

recomendables que outras. As de mineralización débil, por exem-plo, son adecuadas para preparar alimentos infantís e para perso-as con afeccións de ril; as que teñen pouco sodio son recomenda-bles en casos de problemas de circulación sanguínea. A auga dabilla difire nas súas características e composición dunhas zonas aoutras. A da Coruña, por exemplo, é branda, de carácter ácido, tenunha baixa mineralización e considérase de boa calidade.

n A auga da billa é tan boa como aembotellada?

ACoruña posúe máis de 60 fontes, estanques e fervenzas.Normalmente reciben un proceso de hipercloraciónpara evitar a proliferación de algas e impedir brotes de

microorganismos como a lexionela, polo que a auga das fontesornamentais non é potable. As fontes coruñesas funcionanen circuíto pechado con bombeo, aínda que dispoñen desubministración de auga para repoñer a que se perde por eva-poración, polo vento ou nos traballos de mantemento.

Na agricultura, que é oprincipal sector deconsumo, a rega

por goteo reduciríao nun90%; e a programación

mediante horarios optimiza-dos e a instalación de sensores

de chuvia nun 30%. A industria éa segunda actividade que máis

auga demanda. Aquí axudaría des-envolver sistemas produtivos que consuman menos. Unexemplo é a fábrica Estrella Galicia, que en 20 anos pasou de nece-sitar case 20 litros de auga por cada litro de cervexa producido amenos de 8 na actualidade. Ademais de aproveitar a auga quesacamos da billa, a mellor forma de aforrar este recurso é redu-cir o consumo de produtos porque, por exemplo, se necesitan2.700 litros de auga para producir unha camiseta de algodón.

n Como se podeaforrar auga?

1.500litros de augapara producir

1 quilo de trigo•

2.000 litros de auga paraproducir 1 quilo de papel

•52.500 litros de auga para

producir 1 coche degama media

Neces

ítans

e…

As empresas relacionadas coa xestión da auga sos-teñen que as tarifas non cobren os custos do ser-vizo. Recordan que por aproximadamente 0,8 € pode-

mos ter na nosa vivenda mil litros de auga potable, e que osseus prezos son inferiores aos que se pagan en cidades euro-peas. De todas as provincias españolas, o prezo do metro cúbi-co para consumo doméstico na Coruña é o décimo quinto máisbarato; o máis caro é o de Murcia e o máis barato o de Palencia.No prezo da auga inflúen as características topográficas e natu-rais de cada cidade. Na Coruña, por exemplo, cada litro de augadebe bombearse 1,4 veces, o que implica un custo maior quenoutras cidades onde non se require tanto bombeo.

n Por que é tan cara?

Foto: Cortesía do Arquivo Municipal

Antiga fonte de San Andrése actual fonte luminosa deCatro Camiños

Encoro de Cecebre

Page 6: Auga e cidade

DESEÑO E MAQUETACIÓN

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

Omundo está a vivir unha crise de auga e saneamento. De aí a cam-paña internacional do decenio 2005-2015 dedicada á “auga, fontede vida”. Entre outras accións, cada 22 de marzo celébrase o Día

Mundial da Auga, con actividades como a produción de documentais e aorganización de conferencias, mesas redondas, seminarios e exposi-cións. O concello coruñés propón un programa de educación ambientalno que cada ano participan preto de 7.000 escolares.

n Como se educa a poboación no aforrode auga?

Os factores máis importantes que afectan oprezo son os relacionados coa potabilización,o transporte e o almacenamento. En concre-

to, o prezo establécese a partir dunha suma de con-ceptos. Un é a prestación do servizo de subministra-ción como termo fixo, relacionado co tamaño e capa-cidade do contador que mide o consumo. A esteengádeselle o consumo de auga, que se paga en blo-ques: o primeiro corresponde aos 18 metros cúbicosiniciais, máis baratos que os seguintes co obxectivode evitar o desbaratamento. A tarifa que se aplicadepende tamén do uso ao que se destina a auga(industrial ou doméstico). A factura tamén inclúeoutros conceptos, como a rede de sumidoiros e adepuración, así como unha cota municipal de reco-llida de lixo, só para usos domésticos, e un canonautonómico que permite financiar a protección dorecurso e as novas infraestruturas de potabilización,almacenamento e saneamento.

n Como se calcula o prezo daauga? Como se interpreta afactura?

O 51,5% dos coruñeses afirmaconsumir asiduamente augada billa, mentres que un decada tres bebe augaembotellada con frecuencia

n Enquisa sobre a sensibilización ambiental e a xestión da auga napoboación coruñesa

Fonte: Sondaxe 2013