Aventuras de Tedy. 5º B

22
AVENTURAS DE TEDY

Transcript of Aventuras de Tedy. 5º B

Page 1: Aventuras de Tedy. 5º B

AVENTURAS DE TEDY

 

Page 2: Aventuras de Tedy. 5º B

Érase unha vez unha nena que se chamaba Tedy. Sentíase aburrida no Grove, que era o pobo mariñeiro onde vivía ela, porque alí non tiña ningún amigo para troular e correr aventuras.  Un día a rapaza subíu a un barco e foi a dar unha volta ata a illa de Cortegada. A ela non lle importaba ir soa nin lle tiña medo aos riscos. Cando chegou quedou asombrada pola vexetación tan especial que había alí. A illa, que non era moi grande, estaba chea de loureiros, carballos, hedras e outras plantas que no Grove non abondaban moito.  Despois de dar un percorrido pola illa sintíuse moi cansada e quedou a dormir nunha pedra. Unha horas despois Tedy espertou, e cando mirou para o mar viu que a marea estaba alta.

Page 3: Aventuras de Tedy. 5º B

 

Page 4: Aventuras de Tedy. 5º B

Tedy non sabía que facer. Entón foi a dar unha volta polo bosque e encontrou preto dun río unha planta de amorodos. Cando estaba farta delas, marchou e

atopou unha árbore tirada no bosque. 

Colleu unhas liañas e amarrou o tronco para lévalo a unha cova que encontrara ao ladiño. Co tronco e

outros paus de madeira quixo construir unha barca. E foi quen de facer algo moi parecido. Cando rematou de construir aquela balsa, colleuna e

votouse ao mar. Aquel día o mar non estaba moi tranquilo e cansada de remar e de tanto traballar,

quedouse a domir. 

Page 5: Aventuras de Tedy. 5º B

 

Page 6: Aventuras de Tedy. 5º B

Ao espertar estaba nunha xunqueira parada coa

súa balsa.

 

- Esto é Catoira! –exclamou Tedy.

 

Cando mirou ben para os lados viu un drakkar e

dixo:

 

- Vou a investigar esa embarcación tan rara. Ela

nunca vira ese tipo de barca tan longa e estreita

chea de remos.

Page 7: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 8: Aventuras de Tedy. 5º B

Foi toda disposta e cando xa estaba a punto de

tocala, aviscou uns homes moi raros que non se

parecían en nada aos que babía por aquí, sobre

todo na forma de vestir e de falar. Rapidamente

agachouse para observalos mellor e para que

non a viran a ela.

 

Os vikingos, que era así como se chamaban,

sentiron un ruído porque Tedy tropezara con

algo. Aqueles homes puxéronse nerviosos, e

foron investigar de onde saíra aquel ruído. Tedy

estaba chea de medo e fixo todo o posible para

que non a encontraran, pero os seus erforzos

non deran resultados.

Page 9: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 10: Aventuras de Tedy. 5º B

Ao final atopárona e como non sabían quen era atárona ao pao do Drakkar.

 

Tedy era moi valente e non lle tiña medo a nada, pero cando se viu atada e arrodeada

de aqueles salvaxes, que era o que lle parecían a ela, sentíuse aterrorizada, porque os vikingos eran moi brutos.

Page 11: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 12: Aventuras de Tedy. 5º B

Máis tarde baixárona do poste do barco e

metérona na adega. A rapaza intentou sair

daquel lugar escuro, pero non o conseguiu.

Como era moi terca intentouno máis veces, e de

tanto insistir consigue tirar a porta. A porta fixo

moito ruído ao caer no chan, pero como os

vikingos estaban tan borrachos seguiron

dormidos.

 

Tedy quería sair rápido, porque estaba asustada,

e ao facelo á presa fixo autro ruído e desta volta

os homes espertaron.

Page 13: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 14: Aventuras de Tedy. 5º B

Tedy tivo que correr moito e cando saío do Drakkar os vikingos seguírona ata a aldea,

espertanto a todos os aldeáns. Tedy corría sen parar e cando mirou para atrás os salvaxes

estaban loitando cos aldeáns. 

A rapaza non sabía que facer. Quería escapar, pero tamén axudar aos aldeáns, e encontrou un

pau na praia. Colleuno e doulle unha boa malleira a un daqueles homes con todas as súas forzas.

 Despoi loitou con outro. Este era grande, salvaxe

e a ela parecíalle o máis forte. Chamánballe Edurcan e non deixaba de perseguir a Tedy, pero

a nena xa non podía máis de tanto loitar e de tanto correr.

Page 15: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 16: Aventuras de Tedy. 5º B

Por fin, despistouno e chegou a súa barca. Case

non tiña forzas, doíalle todo o corpo, pero

conseguíu subir a aquela balsa feita por ela e

fuxir ata a illa de Cortegada.

Tedy agachouse na cova onde encontrara o

tronco de madeira.

Os vikingos perseguírona ata a illa e

internáronse nela para buscala. Miraron por

todas partes, e pasaron moi pretiño da rapaza,

pero non a viron.

Page 17: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 18: Aventuras de Tedy. 5º B

A Tedy pasoulle o medo e marchou por un atallo

ata o drakkar, antes de que estes chegaran.

Rompeulle todos os remos e intentou facerlle o

maior dano posible no drakkar. Os vikingos

como non tiñan remos non podían ir a onde

vivían e tiveron que quedar na illa de Cotegada.

 

Tedy colleu a súa balsa e volveu ao seu pobo do

Grove. Cando xa estaba na casa, tirouse na

cama e pensou que acabara de vivir toda unha

experiencia, pero tampouco quería volver a

repetir a aventura.

Page 19: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 20: Aventuras de Tedy. 5º B

Como foi unha experiencia moi especial quixo

compartila co mundo e Tedy decidiu escribir un

libro, titulado “Aventuras de Tedy e os vikingos”.

Cando por fin terminou a historia, contoulle o

que lle pasara a seus pais e estes pareceulles

moi graciosa, pero tamén moi arriscada.

 

Page 21: Aventuras de Tedy. 5º B
Page 22: Aventuras de Tedy. 5º B

FIN