BachAreLaTo

7

Click here to load reader

description

bacharelato

Transcript of BachAreLaTo

Page 1: BachAreLaTo

12.646 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 124 � Venres, 27 de xuño de 2008

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,ADMINISTRACIÓNS PÚBLICASE XUSTIZA

Corrección de erros.-Orde do 20 de xuñode 2008 pola que se constitúe a comisiónpara o estudo e preparación do Libro bran-co da Xustiza en Galicia.

Advertidos erros na Orde do 20 de xuño de 2008pola que se constitúe a comisión para o estudo e pre-paración do Libro branco da Xustiza en Galicia,publicada no DOG nº 120, do 23 de xuño, cómprerealizar as seguintes correccións:

Na páxina 12.182 no artigo terceiro, composición,onde di:

«-Juan Carlos Horro González, fiscal xefe de áreade Vigo.

-David de la Fuente Valdés, fiscal, Asociación Pro-fesional e Independente de Fiscais.

-Asunción Barro Calle, secretaria xudicial, Cole-xio Nacional de Secretarios Xudiciais».

Debe dicir:

«-Juan Carlos Aladro Fernández, fiscal xefe pro-vincial de Pontevedra.

-Santiago Aba Garrote, fiscal, Asociación Profesio-nal e Independente de Fiscais.

-María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial,Colexio Nacional de Secretarios Xudiciais».

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 24 de xuño de 2008 pola que sedesenvolve a organización e o currículodas ensinanzas de bacharelato na Comu-nidade Autónoma de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo31, dispón que é competencia plena da ComunidadeAutónoma galega o regulamento e administración doensino en toda a súa extensión, niveis e graos, moda-lidades e especialidades, sen prexuízo do dispostono artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicasque, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, odesenvolvan, e das facultades que lle atribúe aoEstado o artigo 149.1.30 da Constitución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educa-ción, no capítulo IV, do título I, regula a organiza-ción do bacharelato; o Real decreto 1467/2007, do 2de novembro, polo que se establece a estrutura do

bacharelato e fixa as súas ensinanzas mínimas,determina que ás administracións educativas llescorresponde establecer o currículo de bacharelato eque os centros docentes desenvolverán e completa-rán este currículo, adaptándoo ás características doalumnado e á súa realidade educativa.

O Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que seestablece a ordenación xeral e o currículo de bacha-relato na Comunidade Autónoma de Galicia, regulaa estrutura do bacharelato, a organización das mate-rias que integran estas ensinanzas, a súa avaliacióne a promoción do alumnado, e autoriza a Conselleríade Educación e Ordenación Universitaria para odesenvolvemento do disposto nel.

De conformidade co exposto e no uso das compe-tencias que lle son atribuídas na disposición derra-deira primeira do devandito decreto, a conselleira deEducación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Esta orde ten como obxecto regular as normasque permitan o desenvolvemento do establecido noDecreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se esta-blece a ordenación e o currículo de bacharelato naComunidade Autónoma de Galicia.

2. Esta orde será de aplicación en todos os centrosque impartan estas ensinanzas no ámbito territorialda Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Acceso.

1. Poderá acceder ao bacharelato, en calquera dassúas modalidades, o alumnado que estea en pose-sión das seguintes titulacións:

a) Título de graduado en educación secundariaobrigatoria

b) Título de técnico tras cursar un ciclo de forma-ción profesional de grao medio.

c) Título de técnico deportivo tras cursar as ensi-nanzas deportivas de grao medio.

2. Poderá acceder ao bacharelato, na modalidadede artes, o alumnado que posúa a titulación de téc-nico en artes plásticas e deseño.

Artigo 3º.-Matrícula e materias.

1. O alumnado admitido nun centro para cursar asensinanzas de bacharelato matricularase nunha dasmodalidades ofertadas.

2. O alumnado cursará as materias comúns, tresmaterias de modalidade e unha materia optativa encada un dos dous cursos.

3. Cursarase a mesma primeira lingua estranxeiranos dous cursos do bacharelato.

4. Das seis materias de modalidade que o alum-nado terá que cursar no bacharelato, polo menos

Page 2: BachAreLaTo

Nº 124 � Venres, 27 de xuño de 2008 12.647DIARIO OFICIAL DE GALICIA

cinco,serán das que corresponden á modalidadeelixida.

5. Entre as materias de modalidade, o alumnadocursará obrigatoriamente, de acordo co que estable-ce o artigo 7.6º do Decreto 126/2008, do 19 de xuño,as materias seguintes:

a) Na modalidade de artes: cultura audiovisual enprimeiro e técnicas de expresión gráfico-plástica ensegundo, se optou pola vía de artes plásticas; cultu-ra audiovisual en primeiro e historia da música e dadanza en segundo, se optou pola vía de artes escéni-cas.

b) Na modalidade de ciencias e tecnoloxía: mate-máticas I en primeiro e matemáticas II en segundo.

c) Na modalidade de humanidades e cienciassociais: historia do mundo contemporáneo en pri-meiro e xeografía en segundo.

6. Nas materias de contidos progresivos: debuxoartístico I e II, debuxo técnico I e II, análise musicalI e II, tecnoloxía industrial I e II, matemáticas I e II,grego I e II, latín I e II será preciso a superación dade primeiro curso para poder ser avaliada a desegundo.

7. Será preciso acreditar os coñecementos previosque se indican para ser avaliado nas materiasseguintes: física, química e electrotecnia de segun-do, precisarán de física e química de primeiro; bio-loxía e ciencias da terra e ambientais de segundo,precisarán de bioloxía e xeoloxía de primeiro. Estaacreditación poderá realizarse cursando e aproban-do a materia correspondente de primeiro ou a travésdo procedemento establecido para tal efecto polosdepartamentos didácticos correspondentes; procede-mento que consistirá na superación dunha probaespecífica ou no desenvolvemento e superación detraballos que versarán sobre aqueles contidosincluídos nas correspondentes materias de primeiroe dos que parten as citadas materias de segundo.

8. O alumnado cursará unha optativa elixida, encada un dos dous cursos, entre as materias seguin-tes: música, segunda lingua estranxeira e tecnolo-xías da información e comunicación, de oferta obri-gatoria; así mesmo tamén poderá elixir entre antro-poloxía, ética e filosofía do dereito, filosofía da cien-cia e da tecnoloxía, métodos estatísticos e numéricose xeografía e historia de Galicia, e aqueloutros quedetermine a Consellería de Educación e ordenaciónUniversitaria, se o centro as oferta, ou unha dasmaterias de modalidade de entre as impartidas nocentro ou aquelas doutra modalidade para as queconte con profesorado e recursos. Soamente a segun-da lingua estranxeira poderá ser cursada en ambosos dous cursos. Con carácter xeral, a segunda linguaestranxeira constitúe unha continuación da imparti-da na etapa anterior, co fin de garantir unha compe-tencia lingüística satisfactoria ao remate da etapa.

Artigo 4º.-Organización da oferta nos centros.

1. Os centros educativos, con carácter xeral, cons-tituirán un só grupo co alumnado das materiascomúns, aínda sendo de distintas modalidades, sem-pre que o número total non supere as trinta e trespersoas matriculadas.

2. Os centros poderán organizar desdobramentosdos grupos, nunha hora semanal, nas materias queprecisen de prácticas de laboratorio (física e quími-ca, física, química, bioloxía e xeoloxía, bioloxía);uso de ferramentas que poidan implicar algún risco(tecnoloxía) ou práctica da expresión oral (linguasestranxeiras), sempre que os grupos superen os 20estudantes e en función dos recursos dispoñibles.

3. As materias de modalidade contarán, con carác-ter xeral, cun mínimo de 5 estudantes para poder serimpartidas. A delegación provincial da Conselleríade Educación e Ordenación Universitaria poderáautorizar un número menor cando se trate de mate-rias vinculadas ás probas de acceso á universidade.

4. Cando un centro educativo non poida ofertaralgunha materia de modalidade, facilitaralle aoalumnado que a curse noutro centro próximo, sem-pre que a organización dos horarios de ambos o per-mitan ou a través das ensinanzas de persoas adultas,en calquera das súas modalidades, presencial ou adistancia. En calquera caso contará coa autorizaciónda nai/pai ou persoa que teña a titoría legal, candose trate de alumnado menor de idade

5. Para cursar unha primeira lingua estranxeira,que xa fose cursada na etapa anterior como primeiralingua, non será de aplicación o número mínimo exi-xido de cinco estudantes.

6. As materias optativas deberán contar cun núme-ro mínimo de 10 estudantes. Coa finalidade de aten-der a diversidade en ámbitos rurais, pequenosnúcleos de poboación e/ou outras circunstancias queasí o aconsellen, poderán impartirse cun númeromenor de alumnos ou alumnas que, en ningún caso,será inferior a 5.

7. Toda variación no número de alumnado necesa-rio para ofertar algunha materia terá sempre carác-ter extraordinario e precisará da autorización expre-sa da delegación provincial da Consellería de Edu-cación e Ordenación Universitaria.

8. As ensinanzas das materias de electrotecnia etecnoloxía industrial só poderán ser impartidascomo optativas naqueles centros que teñan os recur-sos específicos para estas materias.

Artigo 5º.-Cambio de modalidade.

1. O alumnado, unha vez cursado o primeiro cursode bacharelato e antes do comezo das actividadeslectivas do segundo, poderá solicitar á dirección docentro o cambio de modalidade en función das súasexpectativas futuras ou aptitudes persoais.

Page 3: BachAreLaTo

12.648 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 124 � Venres, 27 de xuño de 2008

2. O alumnado, unha vez autorizado para o cambiode modalidade, terá que matricularse de polo menosdúas materias da nova modalidade correspondentesao primeiro curso e de todas as de segundo curso, deacordo co establecido no artigo 3º.4 desta orde.Computarase como optativa de segundo curso unhadas materias de modalidade cursada e superada enprimeiro.

3. Para cursar o segundo curso da nova modalida-de, teranse en conta os requisitos establecidos nosartigos 3º.6 e 3º.7 referentes ás materias de contidosprogresivos e aquelas que precisan de coñecementosprevios.

Artigo 6º.-Materias impartidas en lingua galega.

1. Serán impartidas en lingua galega as materiasseguintes:

a) Das materias comúns: ciencias para o mundocontemporáneo e filosofía e cidadanía en primeirocurso. historia de España e historia da filosofía ensegundo curso.

b) Das materias de modalidade: na modalidade deartes, cultura audiovisual en primeiro curso, en cal-quera das dúas vías. Técnicas de expresión gráfico-plástica e historia da música e danza en segundocurso, correspondentes á vía de artes plásticas eartes escénicas respectivamente. Na modalidade deciencias e tecnoloxía, matemáticas I en primeirocurso e matemáticas II en segundo curso. Na moda-lidade de humanidades e ciencias sociais, historiado mundo contemporáneo en primeiro curso e xeo-grafía en segundo curso.

2. Ademais das materias establecidas na epígrafeanterior, os centros educativos decidirán aquelou-tras materias que serán impartidas en lingua galegapara garantir que o alumnado reciba, polo menos, o50% da docencia nesta lingua.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A avaliación das aprendizaxes do alumnadoserá continua, polo que implicará un seguimento doproceso e dos resultados das aprendizaxes ao longode todo o curso. Permitirá a adecuación, se fose pre-ciso, de calquera dos elementos que constitúen ocurrículo.

2. Será diferenciada por materias. A decisiónsobre a superación dos obxectivos previstos, por par-te do alumnado, será competencia do profesor ouprofesora de cada unha das materias.

3. As materias de contidos progresivos que se indi-can no artigo 3º.6 precisarán da superación da de pri-meiro curso para poder ser avaliada a de segundo.

4. Terá como referente fundamental os criterios deavaliación establecidos para cada unha das materiasno currículo de bacharelato.

5. Os departamentos didácticos darán a coñecer nocomezo do curso, ao seu alumnado, os obxectivos

establecidos para cada materia e os criterios para asúa avaliación e cualificación.

6. Se no proceso de avaliación continua se adver-tise que unha alumna ou un alumno non progresasatisfactoriamente, o profesorado, tan pronto comodetecte as dificultades de aprendizaxe, adoptará asmedidas de reforzo dentro das acordadas polo centroe recollidas no seu proxecto educativo.

7. O alumnado que non supere algunha materia,logo da avaliación final do período ordinario, terádereito a realizar unha proba extraordinaria nos pri-meiros días do mes de setembro.

8. O equipo docente, constituído polo profesoradoque imparte docencia no grupo, coordinado polapersoa titora, valorará a evolución de cada alumna ecada alumno no conxunto das materias, a súa madu-rez académica en relación cos obxectivos xerais dobacharelato.

9. Os departamentos didácticos organizarán o pro-ceso de acreditación dos coñecementos previos dasmaterias que así o precisen, segundo o establecidono artigo 3º.7 desta orde.

10. Haberá, cando menos, tres sesións de avalia-ción ao longo do curso, podendo coincidir a terceirasesión coa avaliación final do período ordinario.Haberá, así mesmo, unha sesión de avaliación logoda realización das probas extraordinarias.

11. A persoa titora do grupo consignará nas actasa nota da materia ou materias que, de ser o caso, oalumnado cursase noutro centro ou polo réxime deensinanza de persoas adultas e cuxa cualificaciónserá recibida a través da dirección do centromediante copia da acta específica do centro onde foicursada.

12. Os resultados da avaliación expresaransemediante cualificacións numéricas de cero a dez,sen decimais, considerando negativas as inferiores acinco. Nas actas de avaliación da convocatoria daproba extraordinaria, se o alumnado non se presen-tase a ela, consignarase como non presentado.

13. O profesorado avaliará tanto a aprendizaxe doalumnado coma o proceso de ensinanza e a súa prác-tica docente.

Artigo 8º.-Documentos oficiais de avaliación.

1. Os documentos oficiais de avaliación do bacha-relato son as actas de avaliación, o expediente aca-démico, o historial académico e o informe persoalpor traslado.

2. O historial académico de bacharelato e o infor-me persoal por traslado son os documentos básicos.Deberán recoller sempre a norma da Consellería deEducación e Ordenación Universitaria que estable-ce o currículo correspondente e, cando teña que pro-ducir efectos fóra do ámbito da Comunidade Autóno-ma de Galicia, aterase ao disposto no artigo 36.3º daLei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídi-

Page 4: BachAreLaTo

Nº 124 � Venres, 27 de xuño de 2008 12.649DIARIO OFICIAL DE GALICIA

co das administracións públicas e do procedementoadministrativo común.

3. As actas de avaliación estenderanse para cadaun dos cursos e pecharanse ao remate do períodolectivo ordinario e logo da convocatoria das probasextraordinarias. Comprenderán a relación do alum-nado que compón o grupo, xunto cos resultados daavaliación das materias. En segundo curso figurará oalumnado con materias non superadas no cursoanterior e recollerán, así mesmo, a proposta de expe-dición do título de bacharel. Serán asinadas por todoo profesorado do grupo e levarán o visto e prace dodirector ou directora do centro. Os centros privadosremitirán un exemplar das actas finais ordinarias eextraordinarias ao instituto de educación secundariaa que estean adscritos. Unha copia das actas finaisserá remitida ao Servizo Provincial de InspecciónEducativa. A persoa responsable da secretaría docentro educativo velará polo arquivo e custodia dosdocumentos.

4. O expediente académico do alumnado incluiráos datos de identificación do centro e da alumna oualumno, así como a información relativa ao procesode avaliación. No expediente académico quedaráconstancia dos resultados da avaliación, das propos-tas de promoción e titulación e, se é o caso, dasmedidas de atención á diversidade adoptadas. Acustodia e arquivo dos expedientes académicoscorrespóndelle á persoa responsable da secretaríado centro educativo.

5. O historial académico do bacharelato seráestendido en impreso oficial e levará o visto e pracedo director ou directora, e terá valor acreditativo dosestudos realizados. Recollerá os datos identificati-vos da alumna ou do alumno, as materias cursadasen cada un dos dous cursos e os resultados da ava-liación, tanto da final ordinaria coma da extraordina-ria, a nota media do bacharelato ao seu remate asícomo a información relativa aos cambios de centro.O arquivo e custodia corresponde á persoa responsa-ble da secretaría do centro educativo. A inspeccióneducativa supervisará o cumprimento e custodia doshistoriais académicos.

6. O informe persoal por traslado é o documento enque se consignará a información que resulte necesa-ria para a continuidade do proceso de aprendizaxedo alumnado cando se traslade a outro centro sen terrematado o curso e conterá, cando menos, os resul-tados das avaliacións parciais que se realizasen.

7. A obtención e tratamento dos datos persoais doalumnado, e en especial, os contidos nos documen-tos oficiais a que se refire esta orde, a súa cesiónduns centros a outros e a adopción de medidas quegarantan a seguridade e confidencialidade dosdevanditos datos, someterase ao disposto na lexisla-ción vixente en materia de protección de datos decarácter persoal e na disposición adicional vixésimoterceira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, deeducación.

8. Os documentos de avaliación axustaranse aosmodelos que estableza a Consellería de Educación eOrdenación Universitaria.

Artigo 9º.-Promoción.

1. Ao finalizar o primeiro curso e como consecuen-cia do proceso de avaliación, o profesorado de cadaalumna e de cada alumno adoptará a decisión sobrea súa promoción ao segundo curso.

2. As alumnas e os alumnos conseguirán a promo-ción ao segundo curso cando superen todas as mate-rias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúasmaterias como máximo.

3. O alumnado que conseguise a promoción aosegundo curso con materias avaliadas negativamen-te deberá cursalas ao longo do curso. Os centroseducativos organizarán as actividades de seguimen-to, recuperación e avaliación das materias penden-tes, tendo en conta que a avaliación destas materiasterá que ser anterior á das materias de segundo cur-so.

Artigo 10º.-Permanencia dun ano máis nun mesmocurso.

1. O alumnado poderá permanecer cursandobacharelato no réxime ordinario, con carácter xeral,un máximo de catro anos, consecutivos ou non.

2. O alumnado que non consiga a promoción aosegundo curso deberá permanecer un ano máis noprimeiro, cursándoo de novo na súa totalidade se onúmero de materias avaliadas negativamente é supe-rior a catro.

3. O alumnado que non consiga a promoción aosegundo curso e teña tres ou catro materias con ava-liación negativa poderá optar por:

a) Repetir o curso na súa totalidade.

b) Cursar as materias de primeiro con avaliaciónnegativa e completar con dúas ou tres materias desegundo curso que non coincidan no seu horariocoas de primeiro que estean suspensas. Estas mate-rias de segundo curso en ningún caso pertencerán aaquelas que teñan igual denominación, de aprendi-zaxes progresivas nin ás que requiran coñecementosde materias de primeiro non superadas.

4. A matrícula e avaliación destas materias desegundo curso terán carácter condicional, sendonecesario estar en condicións de promocionar nostermos establecidos na epígrafe 2 do artigo 9º destaorde para que poidan ser avaliadas.

5. O alumnado menor de idade que opte polaopción b) do punto 3 deberá contar coa autorizaciónda súa nai/pai ou persoa que teña a titoría legal.

6. O alumnado que, ao finalizar o segundo curso,teña avaliación negativa nalgunha materia, poderámatricularse destas sen necesidade de cursar denovo as materias superadas.

Page 5: BachAreLaTo

12.650 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 124 � Venres, 27 de xuño de 2008

7. O alumnado que estea nas circunstancias dopunto anterior, poderá solicitarlle á dirección docentro educativo a asistencia ás clases das materiasxa superadas de segundo curso, sen ter que ser ava-liado nestas, e deberá cumprir coas mesmas obrigasque o resto do alumnado do grupo.

Artigo 11º.-Anulación da matrícula.

1. O alumnado poderá solicitar a anulación dematrícula á dirección do centro educativo, antes do30 de abril, cando circunstancias de enfermidadeprolongada, incorporación a un posto de traballo ouobrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir,en situación normal, os estudos.

2. A solicitude, que estará acompañada das xusti-ficacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10días pola dirección do centro. No caso dos centrosprivados, a competencia da dita anulación corres-ponderalle ao director ou directora do centro públi-co a que estea adscrito.

Artigo 12º.-Titulación.

1. Obterá o título de bacharel o alumnado que cur-se satisfactoriamente o bacharelato en calquera dassúas modalidades. Este título terá efectos académi-cos e laborais.

2. Para obter o título de bacharel será necesario teravaliación positiva en todas as materias dos douscursos desta etapa.

3. A nota media do bacharelato será a media arit-mética das cualificacións de todas as materias queconfiguran a modalidade cursada, arredondada ácentésima máis próxima e, en caso de equidistancia,á superior.

4. O alumnado que finalice as ensinanzas profesio-nais de música e danza obterá o título de bacharel sesupera as materias comúns do bacharelato.

Artigo 13º.-Orientación e titoría.

1. Cada grupo de alumnas e alumnos contarácunha persoa titora de entre as que desempeñandocencia nel.

2. A persoa titora coordinará as sesións de avalia-ción, así como as relacións coas familias do alumna-do do seu grupo.

Artigo 14º.-Autonomía dos centros.

1. A comisión de coordinación pedagóxica doscentros educativos elaborará as concrecións curricu-lares a través dos departamentos didácticos e deacordo cos criterios establecidos polo claustro, eserán incluídas no proxecto educativo. As ditas con-crecións, ademais dos obxectivos, contidos e crite-rios de avaliación de cada unha das materias, inclui-rán, cando menos, os elementos seguintes:

a) Contribución, desde cada unha das materias, aosproxectos lingüístico, lector, de tecnoloxías da infor-mación e comunicación e ao plan de convivencia.

b) Liñas metodolóxicas xerais desde as que seimpulse o traballo ben feito, o esforzo, a autonomíapersoal, o traballo cooperativo, elaboración de pro-xectos que sexan obxecto de exposición e debateentre o alumnado, unha formación en valores demo-cráticos que prepare ao alumnado para a resoluciónpacífica de conflitos, o respecto pola diversidade, orexeitamento da violencia de xénero e, en definitiva,que estea preparado para pertencer a unha cidada-nía democrática.

c) Liñas xerais de atención á diversidade. Organi-zación das actividades de reforzo das materias, comoobriga do profesorado.

d) Criterios sobre a avaliación e promoción doalumnado. Organización das actividades de segui-mento, recuperación e avaliación das materias pen-dentes. Organización dos procedementos que permi-tan ao alumnado acreditar os coñecementos necesa-rios en determinadas materias.

e) Completar o número de materias impartidas enlingua galega para dar cumprimento ao establecidono Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e pro-moción do galego no sistema educativo.

2. Os equipos directivos dos centros propiciaránrelacións co resto de institucións e asociacións docontorno que posibiliten a participación de toda acomunidade educativa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ensinanza de relixión.

1. O alumnado maior de idade ou os seus pais/naisou titores legais mentres sexa menor decidirán sobrecursar ou non ensinanzas de relixión no momento deformalizar a súa matrícula. O alumnado que opte pornon recibir ensinanzas de relixión permanecerá noscentros educativos.

2. O currículo da materia de relixión católica e dasdiferentes confesións relixiosas con que o Estadoespañol ten subscritos acordos de cooperación enmateria educativa será competencia, respectivamen-te, da xerarquía eclesiástica e das correspondentesautoridades relixiosas.

3. A avaliación da materia de relixión católica rea-lizarase nos mesmos termos e cos mesmos efectos caa das outras materias do bacharelato. A avaliacióndoutras confesións relixiosas axustarase ao estable-cido nos acordos de colaboración en materia educa-tiva subscritos con elas polo Estado español.

Coa finalidade de garantir o principio de igualda-de e a libre concorrencia, as cualificacións destamateria non computarán na obtención da nota mediapara os efectos de acceso á universidade, a ciclossuperiores de formación profesional e a outros estu-dos nin nas convocatorias para a obtención de bolsase axudas ao estudo en que deban entrar en conco-rrencia os expedientes académicos.

Page 6: BachAreLaTo

Nº 124 � Venres, 27 de xuño de 2008 12.651DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Segunda.-Ensinanzas impartidas en linguas estranxei-ras.

1. Os centros educativos poderán impartir algunhadas materias do currículo de bacharelato nunha lin-gua estranxeira, dentro do programa de secciónsbilingües. Esta decisión quedará expresada no pro-xecto lingüístico que forma parte do proxecto educa-tivo de cada centro.

2. Os centros que impartan algunha materia en lin-gua estranxeira aplicarán en todo caso os criteriosde admisión do alumnado establecidos de formaxeral, sen incluír criterios lingüísticos.

Terceira.-Asignación de materias de bacharelato ásespecialidades docentes dos corpos de catedráticos ede profesorado de ensinanza secundaria.

a) Ciencias para o mundo contemporáneo seráimpartida por profesorado das especialidades debioloxía e xeoloxía e de física e química.

b) Anatomía aplicada será impartida por profeso-rado da especialidade de bioloxía e xeoloxía.

c) Deseño, técnicas de expresión gráfico-plástica evolume serán impartidas por profesorado da especia-lidade de debuxo.

d) Historia da arte será impartida por profesoradoda especialidade de xeografía e historia.

e) Filosofía e cidadanía será impartida por profe-sorado da especialidade de filosofía.

f) Artes escénicas será impartida por profesoradoda especialidade de lingua castelá e literatura e delingua galega e literatura.

g) Análise musical I e II, historia da música e dadanza e linguaxe e práctica musical serán imparti-das por profesorado da especialidade de música.

h) antropoloxía será impartida por profesorado dasespecialidades de filosofía e xeografía e historia.

Terase en conta que:

-A materia de anatomía aplicada poderá ser atri-buída ao profesorado que estea en posesión do títu-lo superior de danza.

-A materia de historia da arte poderá ser imparti-da polo profesorado do corpo de catedráticos ou pro-fesores de ensino secundario da especialidade dedebuxo que estea en posesión dun título de licencia-do en belas artes ou grao equivalente.

-A materia de artes escénicas poderá ser atribuídaao profesorado que estea en posesión do título supe-rior de arte dramática.

-As materias de análise musical I e II e de lingua-xe e práctica musical poderán ser atribuídas ao pro-fesorado que estea en posesión do título superior demúsica.

-A materia de historia da música e da danza pode-rá ser atribuída ao profesorado que estea en posesión

do título superior de música ou o título superior dedanza.

Disposicións transitorias

Primeira.-Calendario de aplicación.

No curso 2008-2009 implantaranse as ensinanzascorrespondentes ao primeiro curso do bacharelato.No curso 2009-2010 implantaranse as correspon-dentes ao segundo curso, de acordo co disposto noReal decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que seestablece o calendario de aplicación da nova orde-nación do sistema educativo. Durante o curso 2008-2009 o 2º curso de bacharelato rexerase polo Decre-to 231/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica oDecreto 275/1994 (DOG do 15 de xullo de 2002),polo que se establece o currículo de bacharelato naComunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Validez do libro de cualificacións de bacha-relato.

Os libros de cualificacións de bacharelato teránefectos de acreditación, segundo o establecido nalexislación vixente, ata a finalización do curso 2007-2008.

Ao finalizar o dito curso, pecharanse mediantedilixencia oportuna e inutilizaranse as páxinas res-tantes. A citada dilixencia, asinada pola secretariaou secretario do centro e co visto e prace do directorou directora, consignarase nos seguintes termos:«Dilixencia para facer constar que este libro deescolaridade de bacharelato queda pechado de acor-do co establecido na disposición transitoria segundado Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que seestablece o currículo do bacharelato para a Comuni-dade Autónoma de Galicia».

Cando a apertura do historial académico supoña acontinuación do anterior libro de escolaridade, reflec-tirase naquel documento a serie e o número corres-pondente. Estas circunstancias figurarán igualmenteno correspondente expediente académico.

Terceira.-Normas de aplicación para o alumnadoque iniciou os seus estudos segundo o establecido noDecreto 231/2002, do 6 de xuño.

O alumnado que no ano académico 2008-2009teña que repetir o primeiro curso de bacharelato cur-sará os seus estudos segundo o establecido noDecreto 126/2008, do 19 de xuño.

Para o alumnado que no ano académico 2008-2009 inicie os estudos de segundo curso de bacha-relato ou repita este curso, cunha ou dúas materiaspendentes de primeiro, a avaliación das materiaspendentes de primeiro curso axustarase aos currícu-los establecidos no Decreto 231/2002, do 6 de xuño.

No curso 2009-2010 as materias pendentes de pri-meiro curso adaptaranse aos currículos establecidosno Decreto 126/2008, do 19 de xuño.

O alumnado que no ano académico 2009-2010teña que repetir o segundo curso de bacharelato cur-

Page 7: BachAreLaTo

12.652 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 124 � Venres, 27 de xuño de 2008

sará os seus estudos segundo o establecido noDecreto126/2008, do 19 de xuño.

O alumnado que no ano académico 2008-2009 ouanteriores cursara as ensinanzas de segundo cursode bacharelato de acordo co establecido no Decreto231/2002, do 6 de xuño, e repita con tres ou menosmaterias, durante os anos 2009/2010 e 2010/2011,será avaliado destas segundo os currículos estable-cidos no citado decreto.

O alumnado que ao remate do curso 2010-2011non teña finalizado o bacharelato, adaptará as súasensinanzas á estrutura establecida no Decre-to126/2008, do 19 de xuño.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas as seguintes ordes:

a) Orde do 1 de marzo de 1995 pola que se regulaa avaliación e cualificación dos alumnos e das alum-nas que cursan o bacharelato establecido na Leiorgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenaciónxeral do sistema educativo.

b) Orde do 4 de xullo de 2002 pola que se regulaa organización académica do bacharelato na Comu-nidade Autónoma de Galicia.

Así como aquelas disposicións de igual ou inferiorrango en todos aqueles aspectos que se opoñan aoestablecido nesta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Orde-nación e Innovación Educativa para tomar as medi-das precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día da súapublicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2008.

Laura Sánchez PiñónConselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

Orde do 25 de xuño de 2008 pola que seestablece a relación de materias optativasdo bacharelato, o seu currículo e se regulaa súa oferta.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu arti-go 31, dispón que é competencia plena da Comuni-dade Autónoma galega o regulamento e administra-ción do ensino en toda a súa extensión, niveis egraos, modalidades e especialidades, sen prexuízodo disposto no artigo 27 da Constitución e nas leisorgánicas que, conforme o punto primeiro do seuartigo 81, o desenvolvan, e das facultades que lle

atribúe ao Estado o artigo 149.1º.30 da Constitución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educa-ción, no seu artigo 34.7º establece que correspondeás administracións educativas a ordenación dasmaterias optativas, e o Real decreto 1467/2007, do2 de novembro, polo que se establece a estrutura dobacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas,determina que as administracións educativas regu-larán as materias optativas do bacharelato.

O Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que seestablece a ordenación e o currículo de bacharelatona Comunidade Autónoma de Galicia, determina noseu artigo 8 que os centros docentes ofertarán mate-rias optativas en conformidade co que estableza aConsellería de Educación e Ordenación Universita-ria. Cómpre, polo tanto, que esta Administracióneducativa proceda a regular nesta materia.

De conformidade co exposto e no uso da habilita-ción normativa que figura na disposición derradeiraprimeira do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, aconselleira de Educación e Ordenación Universita-ria

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. A presente orde ten por obxecto establecer arelación de materias optativas do bacharelato, o seucurrículo e regular a súa oferta.

2. Esta orde será de aplicación en todos os centrosdependentes da Consellería de Educación e Ordena-ción Universitaria que impartan estas ensinanzas.

Artigo 2º.-Finalidade e carga horaria das materiasoptativas.

1. As materias optativas no bacharelato contribúena completar a formación do alumnado en aspectospropios da modalidade elixida ou ampliando a pro-pia formación xeral.

2. As materias optativas terán a mesma carga hora-ria que as materias de modalidade.

Artigo 3.-Materias optativas.

1. Os centros educativos ofertarán, en calquera dasmodalidades que impartan, as materias optativasseguintes: música, segunda lingua estranxeira e tec-noloxías da información e comunicación.

2. As materias de modalidade, de entre as impar-tidas no centro ou aquelas materias doutras modali-dades para as que conten con profesorado e recur-sos, de cada un dos cursos, poderán ser ofertadascomo materias optativas no seu curso corresponden-te.

3. Así mesmo, poderán ser ofertadas en calqueradas modalidades de bacharelato, sempre que a orga-nización e os recursos do centro o permita, as mate-rias optativas seguintes: antropoloxía, ética e filoso-fía do dereito, filosofía da ciencia e da tecnoloxía,