BACO E OS GOLFIÑOS

10
BACO E OS GOLFIÑOS BACO E OS GOLFIÑOS

Transcript of BACO E OS GOLFIÑOS

Page 1: BACO E OS GOLFIÑOS

BACO E OS GOLFIÑOSBACO E OS GOLFIÑOS

Page 2: BACO E OS GOLFIÑOS

Lidia é un reino luminoso aberto ao mar. Alí viviu durante moito tempo un pobre pescador que nunca antes tivera sorte.Un día, pescando co seu fillo, dille que cando el morra non poderá deixarlle máis riquezas ca o mar que están a ver, e que mentres tivese mar tería peixes que levarse á boca.

Page 3: BACO E OS GOLFIÑOS

O ancián morreu esa mesma noite. O seu fillo, que aínda era un mozo xoven, permaneceu con el ata a alba.Acetes, que así se chamaba o mozo, logrou mercar unha barca, o que lle permitiu saír pescar a alta mar.Con sorte, nun tempo conseguira mercar un navío e incluso ter unha tripulación.

Page 4: BACO E OS GOLFIÑOS

Un día Acetes e a súa tripulación recalaron na illa de Quios. Ao desembarcaren, catro homes do barco deciden ir na busca de auga. Chega a tarde e os catro homes son cinco. Capturaran a un mozo que estaba todo borracho debaixo dunha viña, para logo vendelo como escravo. A Acetes non lle parece boa idea e pide que o solten.

Page 5: BACO E OS GOLFIÑOS

Tras unha forte pelexa entre Acetes e Lícabas, un membro da súa tripulación, que propina un puñetazo a Acetes, conseguen subir ao rapaz a bordo do barco prometéndolle levalo a Naxos, a illa onde el vivía.

Page 6: BACO E OS GOLFIÑOS

Todo parecía estar ben, cando a silueta de Naxos asomou no horizonte. O mozo sorriu, pero ao ver que o barco non se dirixía cara a súa illa, a expresión de alegría da súa cara desapareceu por completo. Aquel mozo non era un mozo calquera, tal e como tiña a impresión Acetes. Ao rapaz medroulle de súpeto unha longa barba ao igual que a súa melena.Aos seus pés apareceron tigres e unha longa maraña de viña cubriu os seus brazos.

Page 7: BACO E OS GOLFIÑOS

Lícabas deuse conta nese mesmo momento de que o mozo era en realidade o deus Baco.A tripulación, aterrorizada, comezou a remar con todas as súas forzas.O barco non se movía, como se estivese amarrado ao fondo do mar. Un son de frautas comezou a soar e os mariñeiros asustados tiráronse ao mar. Baco converteu a todos en golfiños, a excepción de Acetes.Baco achegóuselle ao velo asustado e díxolle:

Page 8: BACO E OS GOLFIÑOS

“Aparta o medo do teu corazón, fuches xusto comigo e vou protexerte ata o fin dos días. O único que che pido é que me leves de volta a Naxos, xa sabes que alí está o meu fogar, e dende hoxe será tamén o teu.”

Page 9: BACO E OS GOLFIÑOS

Dende aquela, os golfiños dos nosos días son descendentes deses mariñeiros e habitan o mar, bailan sobre as ondas cada vez que pasa algún navío como se quixesen apaciguar cos seus xogos a vella culpa dos seus antepasados.

Page 10: BACO E OS GOLFIÑOS

TRABALLO REALIZADO POR ALEJANDRO LOUREIRO GONZÁLEZ