BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES...

15
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002 Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público. Páx. 1 BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES ORGANIZADOS CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021, DEDICADO A XELA ARIAS Asunto: Bases do XXXI Certame de relato curto, XXXI Certame de debuxo e XXIV Certame de poesía. Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto e réxime xurídico Establécense as bases reguladoras dos certames organizados polo Concello de Miño co gallo do Día das Letras Galegas 2021, dedicado a Xela Arias, baixo o réxime de concorrencia competitiva, que se concretan nos seguintes: XXXI Certame de relato curto XXXI Certame de debuxo XXIV Certame de poesía Estes certames están dirixidos á mocidade empadroada e mais á matriculada nos centros escolares de Miño (CPI Castro Baxoi e CEIP de Bemantes), que non posúan a maioría de idade no día de remate do prazo de presentación dos traballos. A concesión dos premios rexerase por estas bases; pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións e pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 17.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as bases reguladoras da presente convocatoria foron aprobadas polo Pleno desta Corporación no marco das Bases de execución do Orzamento municipal para o exercicio 2020, prorrogadas para o 2021, e resúltalles de aplicación, polo tanto, o Título VI, bases 65ª e seguintes, publicadas no BOP do día 31.03.2021. Segunda. Dotación e imputación orzamentaria Importe global de 2.550,00 € Partida 334/48000 O importe estimado de gasto nos libros é de 400,00 €. CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Transcript of BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES...

Page 1: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 1

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES ORGANIZADOS CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021, DEDICADO A XELA ARIAS

Asunto: Bases do XXXI Certame de relato curto, XXXI Certame de debuxo e XXIV Certame de poesía.

Expediente número 2021/A002/000002

Primeira. Obxecto e réxime xurídico

Establécense as bases reguladoras dos certames organizados polo Concello de Miño co gallo do Día das Letras Galegas 2021, dedicado a Xela Arias, baixo o réxime de concorrencia competitiva, que se concretan nos seguintes:

XXXI Certame de relato curto

XXXI Certame de debuxo

XXIV Certame de poesía

Estes certames están dirixidos á mocidade empadroada e mais á matriculada nos centros escolares de Miño (CPI Castro Baxoi e CEIP de Bemantes), que non posúan a maioría de idade no día de remate do prazo de presentación dos traballos.

A concesión dos premios rexerase por estas bases; pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións e pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 17.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as bases reguladoras da presente convocatoria foron aprobadas polo Pleno desta Corporación no marco das Bases de execución do Orzamento municipal para o exercicio 2020, prorrogadas para o 2021, e resúltalles de aplicación, polo tanto, o Título VI, bases 65ª e seguintes, publicadas no BOP do día 31.03.2021.

Segunda. Dotación e imputación orzamentaria

Importe global de 2.550,00 €

Partida 334/48000

O importe estimado de gasto nos libros é de 400,00 €.

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 2: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 2

O importe estimado de gasto nos regalos é de 1.800,00 €.

O importe estimado de gasto dos accésits é de 350,00 €

O importe total estimado dos premios é de 2.550,00 €.

Aqueles premios que quedaren desertos pola non presentación de obras poderán ser destinados a incrementar a dotación de novos premios noutras categorías e certames en atención á puntuación obtida, para iso gardarase a proporcionalidade co resto das categorías, sen que poida exceder en ningún caso o importe total da partida destinada a estes premios.

Terceira. Participantes

Poderán participar nos certames a mocidade empadroada e mais a matriculada nos centros escolares de Miño (CPI Castro Baxoi e CEIP Bemantes), que non posúan a maioría de idade na data de finalización do prazo de presentación de traballos, segundo as categorías establecidas nestas bases para cada un dos certames.

Cuarta. Bases específicas para cada certame

XXXI CERTAME DE RELATO CURTO

a) Poderán participar no concurso os/as rapaces/zas que presenten un relato curto orixinal e inédito escrito en galego.

b) Divídese nas seguintes categorías:

1ª categoría: alumnado de primaria

2ª categoría: alumnado de 1º e 2º de ESO

3ª categoría: alumnado de 3º e 4º de ESO

c) As obras serán de tema e extensión libre. Presentaranse no modelo do anexo II ou similar (deberá figurar cando menos o nome de Xela Arias) nun único exemplar, manuscrito ou mecanografado, cun título e un pseudónimo. Cando o relato ocupe máis dunha folla, estas virán numeradas e grampadas.

XXXI CERTAME DE DEBUXO

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 3: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 3

a) Poderán participar no concurso os/as rapaces/zas que presenten un cartel orixinal e inédito, cun título e un pseudónimo en galego no que se lle dea publicidade ao Día das Letras Galegas e mais á autora homenaxeada, Xela Arias.

b) Divídese nas catro categorías seguintes:

1ª categoría: alumnado de educación infantil.

2ª categoría: alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria.

3ª categoría: alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

4ª categoría: alumnado de ESO.

c) As obras presentaranse no modelo do anexo III, ou similar, en tamaño DIN A-3.

XXIV CERTAME DE POESÍA

a) Poderán participar no concurso os/as rapaces/zas que presenten versos orixinais e inéditos escritos en galego sobre un tema libre.

b) Divídese nas seguintes categorías:

1ª categoría: alumnado de primaria

2ª categoría: alumnado de 1º e 2º de ESO

3ª categoría: alumnado de 3º e 4º de ESO

c) Os traballos serán orixinais e inéditos. Presentaranse no modelo do anexo IV ou similar (onde deberá figurar cando menos o nome de Xela Arias) nun único exemplar, manuscrito ou mecanografado, cun título e un pseudónimo, cando a poesía ocupe máis dunha folla, estas virán numeradas e grampadas.

Todas as obras deberán aterse á normativa aprobada pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003. Xa que logo, poderán ser corrixidas ortograficamente.

Quinta. Presentación de obras

Só se poderá presentar un traballo (relato curto, poesía e debuxo) por persoa.

Na propia obra deberá indicarse un título da obra e un pseudónimo do autor/a.

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 4: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 4

Para garantir o anonimato dos textos e debuxos non poden aparecer os nomes nin os datos persoais das autoras ou autores nin a súa sinatura.

Deberá presentarse a folla de inscrición (anexo I) debidamente cuberta e asinada polo pai, nai ou titor do/a menor. A esta folla de inscrición gramparase a obra.

O prazo de recepción das obras comezará ao día seguinte de publicación do extracto destas bases no BOP da Coruña e rematará 30 de abril de 2021 ás 14.00 horas.

As obras, xunto coa solicitude de inscrición, deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Miño sito na casa do concello ou pola sede electrónica municipal http://sede.concellodemino.gal.

Ademais, poderán presentarse a solicitude e mais a obra por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso deberá enviarse o xustificante de presentación ao correo electrónico [email protected] antes de que remate o prazo de presentación.

Sexta. Instrución e tramitación das solicitudes

A Concellería da Área de Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá, Transparencia e Igualdade, a través do Servizo de Normalización Lingüística, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos recollidos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e realizará de oficio cantas actuacións xulgue necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar o ditame de concesión dos premios. En particular, terá atribuídas especificamente as funcións de recepción dos orixinais presentados, a instrución e o requirimento ás persoas solicitantes da emenda, se for necesario.

Ao rematar o prazo de presentación de obras, a técnica do SNL realizará un informe no que se recollan as obras admitidas e excluídas. Con estes datos realizarase un anuncio de listaxe provisional de admitidos, que servirá de notificación para que as persoas excluídas emenden a súa solicitude no prazo de dous días hábiles, o dito prazo comezará ao día seguinte da publicación. Logo de rematar o prazo de alegacións, a técnica do SNL realizará un novo informe no que recollerá a listaxe definitiva das obras admitidas e das excluídas, que tamén será publicado.

No caso de non excluírse obra ningunha, entenderase a primeira listaxe publicada como definitiva.

Serán causas de exclusión as seguintes:

Non presentar as obras no prazo establecido ou seguindo a base quinta.

Non estar en lingua galega.

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 5: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 5

Non estar empadroado/a ou asistir a un centro escolar do concello de Miño.

Non entregar a obra no formato indicado no anexo correspondente ou similar, coa totalidade dos datos cubertos, ou na forma que se indica na base cuarta.

Incluír na obra o nome ou os datos persoais do/a autor/a.

Non estar completamente cuberta e asinada a folla de inscrición ou que os datos nela incluídos sexan incorrectos.

Calquera outro motivo formal polo que non se cumpran estas bases.

Sétima. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos das dos menores e das persoas representantes legais do/da menor, incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE do pai, nai ou titor e do neno/a (no caso de posuílo).

b) Empadroamento.

c) Matrícula nos centros escolares de Miño.

2. No caso de que as persoas representantes legais do/da menor se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de inscrición e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Oitava. Avaliación dos traballos

a) Xurado: O xurado estará formado por tres membros do ámbito cultural e educativo e por un secretario ou secretaria, con voz e sen voto, en representación do Concello de Miño. A súa composición farase pública con antelación á emisión do ditame e será fixada pola Concellería da Área de Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá, Transparencia e Igualdade.

b) Criterios de avaliación das obras: as obras serán cualificadas por cada membro do xurado cunha puntuación do 1 ao 10, sendo o 10 a maior cualificación, e seguindo os criterios mostrados deseguido:

- Criterios de avaliación dos debuxos:

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 6: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 6

Orixinalidade: ata 4 puntos

Desenvolvemento: ata 4 puntos

Imaxe plástica de conxunto: ata 2 puntos

- Criterios de avaliación dos relatos curtos e poesías:

Orixinalidade: ata 4 puntos

Desenvolvemento: ata 4 puntos

Corrección do texto: ata 2 puntos

Ás tres obras que acaden maior cualificación outorgaránselles os premios por orde da súa puntuación. No caso de que algunha outra obra, fóra destas tres primeiras, acadara unha puntuación moito máis elevada que o resto, o xurado poderá conceder un ou varios accésits.

c) Das reunións dos xurados realizarase unha acta, na que se incluirán a listaxe de obras presentadas e a puntuación obtida, así como a proposta de obras premiadas. O xurado poderá propoñer declarar desertos os premios, así como conceder un ou varios accésits en cada categoría, e a súa decisión será inapelable.

Novena. Resolución e publicación das obras e persoas premiadas.

Con base nas actas das reunións do xurado, a concelleira da Área de Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá, Transparencia e Igualdade comprobará os autores/as das obras e realizará a proposta de concesión de premios.

A Alcaldía, logo de informe da Intervención municipal, ditará resolución das obras e persoas premiadas, coa contía total que suman os premios. Nesta resolución tamén se establecerá o lugar e data de realización do acto de entrega de premios, se o houber.

Con base na Resolución da Alcaldía realizarase un anuncio das obras e das persoas premiadas xunto cos premios obtidos, que será publicado o venres, 14 de maio no taboleiro de edictos da casa do concello e na súa sede electrónica. Para isto os pais/nais ou titores autorizan a publicación do nome e apelidos do neno/a. No caso de oposición expresa da devandita publicación, realizarase a publicación poñendo as iniciais do neno/a. Este anuncio será considerado notificación da resolución.

Décima. Premios

Outorgaranse os seguintes premios en cada unha das categorías:

XXXI CERTAME DE RELATO CURTO

1ª Categoría (Primaria)

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 7: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 7

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e pulseira de actividades

3º Premio: Diploma, libro e anel luminoso

2ª Categoría (1º e 2º de ESO)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e smartwach

3º Premio: Diploma, libro e anel luminoso

3ª Categoría (3º e 4º de ESO)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e smartwach

3º Premio: Diploma, libro e anel luminoso

XXXI CERTAME DE DEBUXO

1ª categoría (Infantil)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e pulseira de actividades

3º Premio: Diploma, libro e altavoz

2ª Categoría (De 1º a 3º de Primaria)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e pulseira de actividades

3º Premio: Diploma, libro e altavoz

3ª Categoría (De 4º a 6º de Primaria)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e pulseira de actividades

3º Premio: Diploma, libro e altavoz

4ª Categoría (ESO)

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 8: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 8

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e smartwach

3º Premio: Diploma, libro e altavoz

XXIV CERTAME DE POESÍA

1ª Categoría (Primaria)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e pulseira de actividades

3º Premio: Diploma, libro e altavoz

2ª Categoría (1º e 2º de ESO)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e smartwach

3º Premio: Diploma, libro e altavoz

3ª Categoría (3º e 4º de ESO)

1º Premio: Diploma, libro e tableta

2º Premio: Diploma, libro e smartwach

3º Premio: Diploma, libro e altavoz

Poderán concederse accésits, cuxo premio consistirá nun libro.

O valor monetario estimado dos premios recóllese no anexo V.

Décimo primeira. Entrega dos premios

A data, a hora e o lugar de realización do acto de entrega dos premios será publicado no anuncio das obras e das persoas premiadas.

Décimo segunda. Exposición e publicación das obras

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 9: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 9

As obras exporanse nas redes sociais municipais e/ou na páxina web municipal e por outros medios/lugares que o Concello estime.

O Concello resérvase a posibilidade de publicar as obras premiadas no concurso no momento que considere conveniente. Neste senso, o/a autor/a renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autoría.

As obras poderán ser retiradas do 18 ao 31 de maio de 2021 no Servizo de Normalización; transcorrido este período non terán dereito a reclamación ningunha.

Décimo terceira. Publicación de datos e dereitos de imaxe

A nai, pai ou titor do/a menor autoriza ao Concello á publicación do nome e apelidos do/a neno/a. No caso de non autorizar a publicación destes datos, deberao indicar expresamente na solicitude de participación e publicaranse só as súas iniciais.

Así mesmo, autoriza a realización de fotografías e vídeos no acto de entrega de premios e cede a devandita imaxe, que só será utilizada para fins promocionais dos certames. No caso de non autorizar a cesión de imaxe, deberao indicar expresamente na solicitude de participación.

Décimo cuarta. Datos de carácter persoal

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable polo Concello de Miño, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento.

Co fin de darlle a publicidade esixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, segundo o disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Décimo quinta. Recursos

A resolución de premios porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación do anuncio no taboleiro de edictos, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 10: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 10

administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da antedita publicación, de conformidade co disposto polos artigos 8.2 e 14 e 46, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Décima sexta. Final

As presentes bases estarán expostas no taboleiro de edictos do Concello, na súa sede electrónica e noutros lugares que a organización considere para a publicidade dos certames e poderán ser consultadas por calquera persoa interesada.

A organización resérvase o dereito de cancelar o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigada a comunicárllelo previamente aos/ás participantes.

A presentación de obras nestes certames supón a aceptación destas bases por parte do pai, nai ou titor da persoa participante.

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 11: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 11

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 12: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 12

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 13: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 13

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 14: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 14

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.

Page 15: BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DOS CERTAMES …sede.concellodemino.gal/opencms/export/sites/mino/recur... · 2021. 4. 22. · Expediente número 2021/A002/000002 Primeira. Obxecto

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA EXPTE. NÚM. 2021/A002/000002

Este documento está asinado dixitalmente. Pode comprobar a súa integridade na sede electrónica do Concello de Miño [https://sede.concellodemino.gal] mediante o código de verificación (CVD) que se amosa na banda lateral. Artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 42 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público.

Páx. 15

ANEXO V

RELATO CURTO

POESÍA

DEBUXO

1ª Categoría (Primaria)

*Valor estimado 1ª Categoría (Primaria)

*Valor estimado 1ª categoría (Infantil)

*Valor estimado

1º Diploma Libro Tableta 120 € 1º Diploma Libro Tableta 120 € 1º Diploma Libro Tableta 120 €

2º Diploma Libro

Pulseira de actividades 60 € 2º Diploma Libro

Pulseira de actividades 60 € 2º Diploma Libro

Pulseira de actividades 60 €

3º Diploma Libro

Anel luminoso 40 € 3º Diploma Libro Altavoz 40 € 3º Diploma Libro Altavoz 40 €

2ª Categoría (1º e 2º de ESO)

2ª Categoría (1º e 2º de ESO)

2ª Categoría (De 1º a 3º de Primaria)

1º Diploma Libro Tableta 120 € 1º Diploma Libro Tableta 120 € 1º Diploma Libro Tableta 120 €

2º Diploma Libro Smartwach 60 € 2º Diploma Libro Smartwach 60 € 2º Diploma Libro

Pulseira de actividades 60 €

3º Diploma Libro

Anel luminoso 40 € 3º Diploma Libro Altavoz 40 € 3º Diploma Libro Altavoz 40 €

3ª Categoría (3º e 4º de ESO)

3ª Categoría (3º e 4º de ESO)

3ª Categoría (De 4º a 6º de Primaria)

1º Diploma Libro Tableta 120 € 1º Diploma Libro Tableta 120 € 1º Diploma Libro Tableta 120 €

2º Diploma Libro Smartwach 60 € 2º Diploma Libro Smartwach 60 € 2º Diploma Libro

Pulseira de actividades 60 €

3º Diploma Libro

Anel luminoso 40 € 3º Diploma Libro Altavoz 40 € 3º Diploma Libro Altavoz 40 €

4ª Categoría (ESO)

1º Diploma Libro Tableta 120 €

2º Diploma Libro Smartwach 60 €

3º Diploma Libro Altavoz 40 €

*O valor dos premios é estimado, polo que poderán experimentar pequenas variacións en función do prezo do mercado do ben no momento da entrega.

CVD: bSS4qrapMH+jOrFxYUiQ

Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.