Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os...

24

Transcript of Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os...

Page 1: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con
Page 2: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con
Page 3: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

Beatrix, Nemo e os tesouros do mar

Page 4: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

2

TÍTULO:Beatrix, Nemo e os tesouros do mar

AUTOR:Mencía Jorge Cabaleiro EDITOR:Fundación para la pesca y el marisqueo – FUNDAMAR ILUSTRACIÓNS:José A. Marcote Iglesias REVISIÓN LINGÜÍSTICA:Begoña Méndez VázquezGabinete Lingüístico de CCOO-Galicia DEPÓSITO LEGAL: VG 720-2019

Page 5: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

3

Beatrix, Nemo e os tesouros do mar

Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con centola, Nemo rexeitou a oferta de Beatrix de pagar ela a rica comida e sacou do peto da súa gabardina ou hipster, como dicía Beatrix, uns billetes que lle tendeu ao educado home que lles amo-saba a conta.O home rexeitou os billetes do Capitán e chapurreou en inglés: —Non, non aceptamos libras neste restauran-te, terá que trocalas no banco por euros. Síntoo moito.Ante a imposibilidade de pagar co diñeiro de Nemo, Beatrix deulle a súa tarxeta de crédito e díxolle: —Si que es raro, si. Non sabías que para via-xar a España hai que cambiar os cartos a euros? —Euros? Pero en España tiñades as pesetas e estaba convencido de que podían aceptar libras, que despois xa as cambiaban eles. —Dende logo, que cousas dis. En España temos o euro dende 2002, levamos con el máis de dezasete anos. Non tedes noticias no norte? —respon-deu mentres ría—. Imos, ho, que xa me fixestes pagar moito aquí! Agora pasaremos a deixar as mostras e despois podereiche ensinar algo máis sobre a cidade.

De novo Nemo e mais Beatrix montaron no

Page 6: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

4

coche e perdéronse no tráfico da curiosa cidade. Xa se ía acostumando aos vaivéns do coche, ao ruído, ao tráfico... Non se estrañou nadiña cando a muller aparcou rapidamente no que ela describiu como «en dobre fila» e deixouno só no coche para ir entregar as mostras no CSIC. —Pode que demore uns minutos; resulta que o CSIC está traballando nun proxecto para que persoas de diferentes puntos de España poidan, nuns anos, rea-lizar un taller sobre a investigación científica e a identifi-cación de especies pola morfoloxía das súas larvas. Así, podemos aproximar á cidadanía uns dos sectores máis importantes do noso territorio desde o punto de vista económico e social e que configura a nosa identidade —advertiuno cunha leve présa na voz. —Cónteme máis sobre a importancia do mar e do sector pesqueiro neste territorio —pregoulle Nemo á súa volta. —O Porto de Vigo converteuse, ao lon-go dos anos, nun referente mundial no tráfico de peixe, situándose incluso á cabeza na descarga desta mercancía para o consumo humano. É con-siderado un líder en pesca fresca e conxelada. De feito, a Autoridade Portuaria de Vigo deu un pulo durante estes anos para a mellora de infraestrutu-ras, dotacións… A importancia do sector pesqueiro galego é incuestionable, é un dos principais mo-tores da economía e a xeración de emprego de Vigo, Galicia e España. Ademais, estamos levando

Page 7: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

5

a cabo diversos

Page 8: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

6

a cabo diversos proxectos para promover o desenvolve-mento sostible do sector pesqueiro a través dunha meto-doloxía para a «ecoetiquetaxe» de produtos e a definición de estratexias de innovación con base nun modo de pro-ducir no que prime a redución, a reutilización e a reci-claxe dos recursos no ciclo biolóxico do peixe. Temos que ter en conta tamén as adaptacións ao cambio climático e as ameazas que representan os refugallos mariños polo nexo de «auga-enerxía-alimentación». —Que hai das pragas ou ameazas neste sector, porque algunha haberá, non? —Claro, hai moitas que afectan principalmen-te ao marisco. Pero a máis perigosa, na miña opinión e na de moitos dos meus compañeiros de traballo, é a que eu denomino «a praga humana»: a contami-nación, a pesca ilegal e irresponsable... Nós somos a maior praga. De aí a importancia dos centros de inves-tigación, como no que eu traballo. Neles múltanse os vehículos que non cumpren os protocolos de conserva-ción do medio, entre outras moitas cousas. Por exem-plo, segundo unha investigación que estamos a levar a cabo, sabemos que a cantidade de carbono orgánico no océano Atlántico está a aumentar e que, nun par de anos, a cantidade deste será moi elevada; este efecto podería ser reversible porque non pasa á atmosfera a curto prazo en forma de CO2 polo que, se o elimináse-mos pouco a pouco e por completo, non contribuiría ao efecto invernadoiro, e iso, dende logo, é algo positivo.

Page 9: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

7

Page 10: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

8

Todo podería cambiar se actuásemos agora. Nemo ficou en silencio sorprendido pola reali-dade das palabras de Beatrix. Malia todos os avances tecnolóxicos, ao mirar ao ceo non vía máis que fume gris mesturado con algunhas nubes da mesma cor e, ao mi-rar ao mar, plásticos (como Beatrix xa lle explicara ante-riormente) e ronseis grises e negros do petróleo que os barcos deitan ao funcionar ou cando non funcionan e provocan as mareas negras. As rúas estaban sucias e os camiñantes incorporaban novo lixo a cada paso que da-ban. O mundo, dende logo, estaba a cambiar… a peor. Na súa época, a contaminación estaba presente, pero en pouca cantidade e case invisible; o que, en principio, só podía significar unha cousa: o ser humano non tentara facer nada para evitalo.

Ao caer a noite tiña tanto por asimilar que rexeitou a ofer-ta de Beatrix de durmir na súa casa e decidiu pasar a noite no submarino. Levaba moito tempo fóra del, non estaba acostumado! Beatrix deixouno co coche preto do porto e el camiñou ata onde debía atoparse o esqueleto metálico que, protexido pola invisibilidade e polo retén de seguridade, debía estar a salvo. Unha vez no seu cálido, iluminado e invisible interior, per-mitiulles aos dous mariñeiros que formaban este retén ir gozar da «movida» que poderían atopar pola noite en Vigo (en especial na zona vella), mentres que el, canso, encerrouse no seu camarote, pensando nas aventuras que viviría ao día seguinte da man de Beatrix.

Page 11: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

9

*** Xa no interior do automóbil, Beatrix ficou pen-sativa e un tanto confusa pois, tras deixar a Nemo no porto, pareceulle ver que desaparecía preto dunha ve-lla zona militar en desuso dende había moitos anos e, aínda que sabía que era imposible, non podía evitar pensar que ese home estaba envolto nun misterio que ela debía resolver antes da súa marcha.

*** Nemo espertou cedo. Aínda que non vía nin-gún perigo, sabía que en calquera momento podía xurdir algún contratempo que provocaría cambios irreversibles na historia. Nunca estaba de máis estar alerta e ter en conta que non se podía confiar en nin-guén (agás en Beatrix, claro, que demostrara deconta-do ser da súa confianza).Encamiñouse ata o punto de encontro que ela esta-blecera e atopouna falando polo móbil (o día anterior aprendera que era como un teléfono deses que na súa época estaban a argallar pero máis moderno, claro) nun idioma cun son especial. —Si, non te preocupes, é culpa miña por avi-sar con tan pouca antelación. Ata mañá. Graciñas —palabras que el non entendeu pola diferenza de idio-mas. Dirixiuse a el, desta vez en inglés: —I have bad news. Yesterday, you told me

Page 12: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

10

you wish visit San Simon and Santo Anton Islands. So I called a good friend so as to take some tickets in the ship that goes out today at two o´clock to Cesantes, but she couldn’t do anything until next week and you are only going to stay here one day more. I´m so sorry. Entón a Nemo ocorréuselle unha idea, perigosa, pero unha idea, ao cabo. No submarino non había nin-guén nese instante, poderían ir ata as illas nel e despois volver, sen ningún contratempo. Simplemente non pode-ría contarlle nada sobre as viaxes no tempo ou sobre a estraña invisibilidade que os envolvería... Señorita, sabe que? Podemos ir ás Illas, despois de todo. Lembra que lle dixen que inventei un submarino e que non podía ver a miña embarcación porque estaba oculta baixo o mar? Pois creo que é hora de que coñeza o Nautilus —dixo Nemo, remarcando o nome do submarino. —Por fin vaime ensinar o submarino? Que ga-nas de velo! E que nome tan curioso, é como o do ca-pitán Nemo no libro de Vinte mil leguas baixo dos mares. Púxollo vostede pola coincidencia do seu nome co do capitán Nemo, equivócome? —Que astuta é vostede, ten toda a razón, seño-rita, si, eh... toda a razón. Nemo quedou pensativo. Non había dúbida ningunha: no futuro habería un libro sobre el e o seu Nautilus. Quen fora o afortunado escritor que chegara a coñecelo e que escribira sobre el? Estarían nos libros tamén as referencias sobre as viaxes no tempo, o tesouro de Rande e a marabillosa e doce Beatrix?

Page 13: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

11

Page 14: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

12

Xuntos encamiñáronse ata a plataforma e, protexidos pola invisibilidade que só Nemo e a súa tripulación coñecían, entraron no submarino. —Como pode ser que, estando o submarino fóra da auga, non se vexa ata que non te achegas moito? —preguntou Beatrix, esperando atopar tamén unha resposta á estraña visión do día anterior, cando Nemo desaparecera ante os seus ollos. —E que o Nautilus, coa súa cor dourada, ten a capacidade de camuflarse entre os raios de sol e os vaivéns das ondas —improvisou Nemo, un pouco pre-ocupado por todo o que podería saír mal nesa viaxe. Beatrix ficou sorprendida coa resposta. Expli-caría por que non se vía o submarino, pero non por que desaparecera o seu amigo. De todas as formas, non podería desconfiar del, era o seu amigo. Segura-mente a visión fora efecto da súa imaxinación. Non podía evitar pensar sobre o misterio que semellaba rodealo: os costumes e roupas anticuadas, a falta de coñecemento acerca de cousas modernas, a desorien-tación nas rúas e no coche… Malia todas as dúbidas e preocupacións de ambos os dous, Nemo puxo en marcha o submarino mentres lle explicaba todos os detalles que levaba a cabo para facelo funcionar. —Primeiro comprobamos o combustible da máquina para evitar quedarmos parados no medio da viaxe. Movemos a manivela para que as hélices collan forza e movemos esta panca para que colla a

Page 15: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

13

Page 16: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

14

propulsión necesaria. Grazas a unha nova tecnoloxía inventada por min moi recentemente, cravamos esta lasca no punto exacto do mapa ao que queremos che-gar e o submarino irá el só ata alí, case sen controlalo —alardeou Nemo da súa máquina. —Pero, que cousas dis! —exclamou Beatrix, novamente sorprendida pero tamén confundida—. O piloto automático xa fai tempo que foi inventado. É máis, esta máquina está moi anticuada con respecto aos submarinos de hoxe en día. Parece coma se inten-tases que se pareza ao Nautilus de Xulio Verne. O inventor remexeuse ao oír o nome do escri-tor que posiblemente escribira sobre el, pero tentando que non se lle notara moito a sorpresa, improvisou outro pouco: —Si, é que… son moi afeccionado a este es-critor e quería que todo fose igual de delicado, precio-so e valioso —respondeu describindo, con moi pouca modestia, a súa máquina. O submarino movíase silencioso e invisible moi preto do impresionante fondo; sobre a area podíanse ver os chocos enterrándose e desenterrándose, así como as nasas e as redes de arrastre que os pescaban para des-pois convertelos en tradicionais e deliciosos pratos nos restaurantes e casas dos habitantes de Vigo ou noutros lugares aos que chegaban en camións de frío, para evitar que perderan a súa incalculable calidade e o seu incom-parable sabor.De súpeto, o Nautilus ficou quedo cun grande estrondo.

Page 17: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

15

A máquina pousouse no fondo e, malia os intentos de Nemo por volver canalizala, o submarino non se moveu. Beatrix e mais el tentaron arranxala pulsando botóns, activando pancas...; nada a facía funcionar. A muller observou a lona baixo a que se ocultaba a panca que accionaba os cambios de tempo. Tirou da tea e observouna con detemento. Sen pensalo dúas veces, aumentou a cifra que nela estaba escrita (2017) ata que puña 2120. —Xa sei! —exclamou—. Só había que aumen-tar a potencia da máquina —dixo mentres accionaba inconscientemente a panca da máquina do tempo. A expresión de Nemo fixo que Beatrix lamen-tara o actuar sen pensar. O silencio, tras semellar cer-ta contracción da máquina, foi seguido polo silencio de Nemo que, máis preocupado ca enfadado, levan-tou o periscopio. O que alí observou deixouno sen palabras.

Fronte a eles, podían observarse ducias de fá-bricas no que debían ser as illas de San Simón e San-to Antón. O fume que ascendía dende as chemineas mesturábase co escuro do ceo. O mar non era azul, era gris con tiras negras e a terra, de cor negro puro, semellaba carbón. Aínda podían distinguirse tres ou catro siluetas do que antano foran robustos carballos, pero que hoxe non eran máis que un pau que se ca-muflaba co ambiente. As poucas persoas que se vían parecían bonecos de neve: o seu alto e o seu grosor

Page 18: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

16

debían de ter a mesma lonxitude. Ademais, ían nunha especie de cadeiras de rodas impulsadas por uns arte-factos que falaban con voz metálica (robots). A visión non podía ser máis devastadora. Nemo apartou a mirada do tubo e unha som-bra de tristeza pousouse na súa branca face. —Que viches? Que pasa? —preguntou por fin Beatrix, rompendo o silencio sepulcral que ata en-tón os envolvera—. Podo mirar? Nemo apartouse do periscopio en resposta á súa pregunta e camiñou con pasos lentos, case arras-trándose. Beatrix achegouse e pousou a súa mirada sobre os ollos da súa única comunicación coa super-ficie. A súa reacción foi semellante á de Nemo pero, desta vez, foi o capitán quen rompeu o silencio para darlle unhas explicacións que merecía. Faloulle da época da que proviña, da inven-ción do Nautilus, do tesouro de Rande, do fracaso da expedición, das súas vacacións no futuro… —Hai que cambialo —exclamou Beatrix, moi decidida—. Hai que cambiar o futuro, pero hai que facelo dende o presente, actuando xa. Un estrondo maior deulles a entender que a máquina volvía a funcionar.

*** Beatrix sorriu. Nos últimos catro meses traba-llaran duro. Porén, agora o resto do traballo tocáballe a ela. Nemo e mais ela, apoiados en todo momento pola tripulación do submarino, quedaran catro meses

Page 19: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

17

Page 20: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

18

máis para evitar o futuro que viran polo periscopio. Esta vez incumpriran as normas e cambiaran a historia, pero estaban de acordo en que non poderían vivir sabendo o que ía ocorrer nuns anos. Limparon as rúas, deron charlas, falaron cos al-tos cargos do país, evitaron o uso de plásticos, multaron os vehículos que non cumprían os protocolos de conser-vación do medio e tentaron cumprir, en todo momento, a misión do CSIC (formar persoal investigador e técnico, contribuír á ensinanza da ciencia e á súa divulgación á sociedade, transferir coñecementos científicos e tecno-loxía ao sector industrial, desenvolver investigación inte-grada e mariña para progresar na comprensión global dos ecosistemas mariños e no estado científico e tecno-lóxico dos sectores produtivos relacionados...). Xuntos fixeran un traballo estupendo e, aínda que poderían, non viaxaron ao futuro para comprobar que todo o seu esforzo servira de algo porque estaban seguros diso. Nemo e mais Beatrix atopábanse no porto onde por primeira vez se viran e, por última vez o farían, obser-vaban, con ilusión, o amencer. E chegou o momento de partir. Ambos miráron-se e decatáronse de que se botarían moitísimo de menos. Unha aperta chea de significado e un intercambio de pa-labras foi o último do que terían noticia os vigueses: —Señorita —dixo Nemo, sorrindo. —Mira que es raro, eh? —respondeu Beatrix co mesmo sorriso.

Page 21: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

19

Page 22: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con

20

*** No Nautilus, de camiño á casa, Nemo abriu a porta do seu camarote e enriba do seu escritorio atopou unha nota escrita a man, unha letra inconfun-dible da muller que pasara os últimos catro meses con el:

«PARA O CAPITÁN NEMO, CON CARIÑO,XULIO VERNE»

Beatrix, xa no seu piso, sentou fronte un escri-torio, colleu papel e lapis e escribiu:

«VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES»

Page 23: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con
Page 24: Beatrix, Nemo e os tesouros do mar - FUNDAMAR | Fundación … · 2020-01-27 · Beatrix, Nemo e os tesouros do mar Despois dunha tapa de mexillón, dunhas né-coras e dun arroz con