bibliografía Neira Cruz

37
1 BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA CEIP. ALEXANDRE BÓVEDA. BIBLIOGRAFÍA XOSÉ A. NEIRA CRUZ

description

bibliografía do escritor Neira Cruz

Transcript of bibliografía Neira Cruz

Page 1: bibliografía Neira Cruz

1

BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA CEIP. ALEXANDRE BÓVEDA.

BIBLIOGRAFÍA

XOSÉ A. NEIRA CRUZ

Page 2: bibliografía Neira Cruz

2

Ó OUTRO LADO DO SUMIDOIRO

(1989)

Premio Merlín de Literatura Infantil, 1988 Martiño Pedreira é un home xa vello, que vive só nunha grande cidade. Posúe unhas "gafas de realidade", que lle permiten ver todas aquelas causas fermosas que o resto das persoas, abafadas polas présas e polo egoísmo, non son quen de ver. Ten un can amigo, Can sen Dono, que vive nun sumidoiro da cidade. Un día, Martiño Pedreira decide que non necesita as gafas, os seus ollos xa se afixeron a ve-la realidade sen elas. Entón pensa en darllas a alguén que as necesite, e pon un anuncio no xornal, con resultado negativo.

Page 3: bibliografía Neira Cruz

3

MELANIO E OS PAXAROS (1990)

Nun país lonxano, no Reino das Chemineas, vivía Melanio. Traballaba de limpa-chemineas e como era moi mirado cos niños dos animais, estes correspondíanlle levándolle ovos ou lavándolle a roupa. Un día que foi limpar a cheminea do Palacio Real namorouse da Princesa Alba e deu en escribirlle poemas de amor. Para axudalo no seu desacougo, unha rula encargábase de facerllos chegar. Eles foron a porta que abriu o corazón da princesa cando fixo os dezaoito anos e puido elixir mozo.

Page 4: bibliografía Neira Cruz

4

OS GATOS DE VENECIA

(1993) O recordo de Venecia, as súas tradicións e historia, inspiran este libro de relatos breves que teñen como protagonistas os gatos. Son historias bastante diferentes unhas das outras. Nalgunhas delas os protagonistas son gatos que manteñen a súa condición de animais e noutras, aínda conservando a súa aparencia "gatuna", actúan e compórtanse coma os humanos

Page 5: bibliografía Neira Cruz

5

ASÍ VIVIU ROSALÍA

(1996)

BIOGRAFÍAS ASÍ VIVIU CASTELAO

(1996)

Page 6: bibliografía Neira Cruz

6

ASÍ VIVIU PAIO GÓMEZ CHARIÑO

(1997)

BIOGRAFÍAS

ASÍ VIVIU ANXEL FOLE

(1997)

Page 7: bibliografía Neira Cruz

7

AS PORCAS PORQUIÑAS

(1997) Mamá ten moitas amigas. As da nai de Vitoria son algo fóra do común, porque teñen un cheiro especial, moi desagradable. Por sorte, unha fadiña incorpórase ás reunións e todo empeza a recender a caramelo de limón. ¿Imaxinas un mundo gobernado por fadas con sabor a limón?

Page 8: bibliografía Neira Cruz

8

VALDEMULLER

(1998)

Mina cumpre quince anos e a súa familia organiza unha festa na que a rapaza recibe un fermoso e estraño colgante en forma de estrela. É o agasallo que lle envía unha tía-avoa súa que nin sequera sospeitaba que existise. Mina sente de súpeto a necesidade de coñecer a esta "filla da lúa".

Page 9: bibliografía Neira Cruz

9

O XENIO DO SULTÁN

(1998) Conta a historia que houbo unha vez un sultán en Turquía que tiña canto podía desexar e mesmo era razoablemente querido polos seus súbditos. Pero non se sentía satisfeito: quería ter un xenio ao seu servicio, como os monarcas dos contos que lle leran de neno.

Page 10: bibliografía Neira Cruz

10

CARAMELOS MARTÍN CÓDAX

(1998) O protagonista recibe o 17 de maio un agasallo sorprendente: unha bolsa de caramelos co nome de Martín Códax e mais o título dunha cantiga no exterior. Seica é un detalle do concello para celebrar a efeméride. Descobre logo abraiado que a xente recita cantigas do célebre xograr e teoriza sobre a súa vida unha vez que os proba. Mesmo se intercambian os diferentes sabores-cantigas. Ollando a ría, tamén a el lle sae "Ondas do mar de Vigo..." cando supera o escepticismo e proba os seus caramelos.

Page 11: bibliografía Neira Cruz

11

RUMBO Á ILLA DE SAN SIMÓN

(1998) Breixo recibe entre su correo una botella sin remite: llamada desesperada de una mujer que lleva seis siglos aguardando por su "amigo" en la isla de San Simón. Como viene con retrato y la joven es atractiva ordena poner rumbo a la isla. Por el camino, la Enciclopedia del Loro le permite informarse sobre la lírica medieval gallego-portuguesa. Por fin llega e aunque ya está algo marchita la mujer por tanta espera sin que le venga el célebre juglar Mendiño, se cuenta que aquello fue el "principio de un gran amor".

Page 12: bibliografía Neira Cruz

12

XOGRAR CANGAS ASOCIADOS

(1998) O xograr Xoán de Cangas logo de ir á romería de San Mamede do Mar acorda nun parque público entre o asombro da xente e as autoridades. A policía lévao ao psiquiatra, a quen lle explica as diferentes categorías de intérpretes medievais. Por medio del atopa solución nun anuncio do xornal demandando un músico. Porque tamén hai sitio neste final de século para el: logo de rapear unha das súas cantigas, intégrase nun grupo de rock.

Page 13: bibliografía Neira Cruz

13

MARÍA ESTÁ A PINTA-LO MAR

(1998) María Pel de Azucre está moi maliña, pero o seu sorriso e os seus ollos estrelados teñen a forza dese mar que ela tanto ansía ver. Levada polo seu desexo, logra encher o cuarto do hospital do sol, do mar e da fina area que envolve os soños.

Page 14: bibliografía Neira Cruz

14

OS OLLOS DO TANGALEIRÓN

(2000) Lena é unha adolescente de quince anos, desexosa de aprender a ciencia da criptozooloxía, ou estudo dos animais enigmáticos, e que se ve sumida nunha aventura en plena natureza. Axudada por Abel, o seu ciberamigo, tratará de descubrir a existencia do Tangaleirón, un pés grandes ou big-foot que se cre que aínda vive na zona montañosa dos Ancares galegos.

Page 15: bibliografía Neira Cruz

15

AS COUSAS CLARAS

(2000)

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor.

Page 16: bibliografía Neira Cruz

16

A MEMORIA ÁS A´RBORES

(2000) Cando naceu Tano, seus pais plantaron un Baobad, que medrou mais ca el. Ao cumprir cinco anos, como á árbore non lle fixeron festa, seu pai sachou arredor, súa nai regouna e el levoulle un pastel, que comeu o gato. Esa noite unha póla petoulle na ventá e levouno á festa da árbore onda outros animais. Ao soar o espertador e vir o día deixouno na cama. Ata outro aniversario, pois as árbores teñen máis memoria que a xente.

Page 17: bibliografía Neira Cruz

17

SOPA DE XAROPE DE AMORA

A peza conta a historia do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda. "Son reinos diminutos, que lle darán ao doutor ultimatos para que consiga casar as súas fillas, ou senón decláranlle a guerra... O título vén da sopa que fai a súa ama de chaves, e el tenta descubrir cal é a receita..."

Page 18: bibliografía Neira Cruz

18

A CAIXA DO TESOURO

(2001)

Rosalinda, Salinda e Linda eran fillas dunha viúva que tiña unha caixa que encerraba un segredo. Cando a nai morreu deulle a cada filla unha chave pero para abrir a caixa tiñan que pórse de acordo... algo bastante difícil.

Page 19: bibliografía Neira Cruz

19

O HOME MÁIS RICO DO MUNDO

(2001) Nesta adaptación a partir do conto popular cóntase que había unha vez un rei obsesionado por acumular riqueza, que non saía do palacio contando e recontando a súa fortuna. Preocupado por se habería no reino alguén máis rico ca el, organizou unha festa para que todos presumisen mostrando o que tiñan. Foi desfilando ante el a rea de millonarios do reino: desde o salón do trono fíxoos pasar en ringleira para autorizar a súa posible participación na festa segundo a súa ostentación. Podía estar tranquilo: ninguén chegaba sequera á metade do que el posuía. Pero no final da ringleira agardaba un home vello con roupa esfarrapada e sen obxectos de valor. Sorrinte, dicía ser o máis rico de todos pois tiña o tempo para si, o ano enteiro cos seus meses, que valen máis que o diñeiro.

Page 20: bibliografía Neira Cruz

20

O ARMIÑO DORME

(2002)

No caso d'O armiño dorme, a protagonista é Bianca de' Medici, a filla ilexítima de Cossimo I de Florencia. A damiña, despois de vivir a súa infancia na aldea da súa nai, é recoñecida polo pai e trasladada á corte ao morrerlle a proxenitora. A aprendizaxe dos xeitos da corte, as intrigas de pazo e, particularmente, un amor secreto, prohibido e imposible cun cabaleiro de Siena, son os principais acontecementos dunha novela que repara en todos os detalles da vida ducal, xogando sempre entre a ficción e a veracidade, e situando a narración a medio camiño entre os andeis de novela histórica e os de literatura infantil e xuvenil.

Page 21: bibliografía Neira Cruz

21

EU SON ADOPTADA, E QUE?

(2004)

,A historia comeza cando na escola de Lu se propoñen facer a árbore xenealóxica das familias dos nenos; a cativa chinesa chega á casa e, nunha conversa cos pais adoptivos, xorde o problema de como encher as polas da árbore, O libro consegue enfocar con absoluta normalidade o feito de que Lu non só teña pais en Galicia senón que tamén teña outros na China; as situacións e a trama van presentando paseniñamente toda a problemática da adopción, resolvéndoa con imaxinación e sen que en ningún momento decaia o interese da lectura.

Page 22: bibliografía Neira Cruz

22

A VIAXE A COMPOSTELA DE RENATO RATONI

(2004) Cóntase a viaxe de Renato Ratoni polo mundo da familia italiana dos Médicis. Cunha narración áxil e divertida imos coñecendo lugares, persoas e a arte do século XVII. Un verdadeiro rato de compañía que conta as aventuras das que foi testemuña e mesmo casa coa famosa Rata Linda de Compostela, da que xa falara Bernardino Graña.

Page 23: bibliografía Neira Cruz

23

MAMBRÚ, COCIÑEIRO DE PERFUMES

(2005) Mambrú marchou á guerra... pero xa regresou. E agora busca nova profesión. ¿Alguén ten algunha suxestión? Polo de pronto, o bo de Mambrú xa atopou un oficio para empezar. A partir de agora vai ser... cociñeiro de perfumes.

Page 24: bibliografía Neira Cruz

24

A NOITE DA RAIÑA BERENGUELA

(2005) Na catedral de Santiago unha raíña dorme o seu sono de pedra. Unha noite no ano, cando o ceo de Compostela se enche de luces, a raíña Berenguela acorda e percorre a cidade para lles contaxiar a súa beleza a todas as mulleres que atopa no seu camiño.

Page 25: bibliografía Neira Cruz

25

GATOS Y LEONES

(2006)

Polas vellas rúas e canles de Venecia, móvense uns curiosos seres envoltos en aires de misterio.Aínda que adoptan forma de gato, mhai quen afirma que setrata de leóns. Cada un agocha un segredo e a súa historia pode chegar por mar a calquera playa, dentro dunha botella de cristal.

Page 26: bibliografía Neira Cruz

26

DE ESPARTO E SEDA

(2007) Unha serie de poemas de aparente simplicidade, nos que aborda unha temática que xira en torno á vida e ao sentimento amoroso.

Page 27: bibliografía Neira Cruz

27

LOS LIBROS DE LA ALMOHADA

(2008) Morreu a señora Hua, a avoa dunha familia de inmigrantes chineses. O protagonista e a súa familia achéganse á casa a dar o pésame. A neta da anciá morta, nada en Galicia e de nome Li , laméntase de non ter entendido mellor a súa avoa. Mentres, lle explica ao protagonista o contido do pequeno baúl ....

Page 28: bibliografía Neira Cruz

28

UNHA CHEA DE FAMILIAS

(2008) Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no que viven na procura de tipos de familias. A conclusión á que van chegar é que efectivamente hai unha chea de familias. En tempos de redefinición da estrutura familiar, coa aparición de novas formas de convivencia, novas formas de parella, novas maneira de ser pai ou nai, os lectores e as lectoras máis novas tamén necesitan entender que as fronteiras da familia son amplas e están abertas. Velaquí unha das funcións que vén a cumprir este álbum ilustrado no que unha historia atraente e actual se combina cunha estética desde o punto de vista do tratamento da imaxe que chama poderosamente a atención.

Page 29: bibliografía Neira Cruz

29

O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL

(2008) Literatura e música danse a man neste musiconto (libro+CD) ilustrado por Rodrigo Chao, de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia. Xosé A. Neira Cruz e o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, traballaron man con man para seleccionar as partes da ópera de Rossini que servirían para ambientar o conto nesta nova versión, un chisco irreverente, pero que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos. Incluído na lista White Ravens 2009 Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009

Page 30: bibliografía Neira Cruz

30

O DEBUT DE MARCO PORCONI

(2008) Neste musiconto, retomamos a historia dos tres porquiños pero desde unha actitude nova: o lobo é un tenor de grande talento, e o porquiño máis pequecho ten o corazón entregado ao bel canto. Xosé A. Neira Cruz ofrécenos unha chiscadela literaria que, bebendo na fonte do conto tradicional, lévao cara territorios novos e moito máis divertidos.

Page 31: bibliografía Neira Cruz

31

UN BICO DE AMOR E VIDA

( 2009) Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto d’A Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe –cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio.

Page 32: bibliografía Neira Cruz

32

VIOLETA NON É VIOLETA

(2009)

Violeta non é violeta narra a historia de Violeta, unha nena de oito anos que só foi violeta o día que naceu. Agora é unha cativa normal e corrente que busca un nome para o seu futuro irmán, ao que a súa nai leva nunha barriga inmensa en forma de globo aerostático. Ante este acontecemento, Violeta teme que a súa nai a queira un pouco menos. Un libro que trata sobre os cambios que se producen no seo das relacións familiares, as inseguridades e os afectos analizados desde o punto de vista dunha nena.

Page 33: bibliografía Neira Cruz

33

O PUNTO DA ESCAROLA

(2009) Non se coñece con certeza o momento en que foi composta e representada por primeira e única vez O punto da escarola, titiriópera ideada polo Mestre Choupin, músico de escasa pero prometedora proxección ao que a súa ousadía lle custou a carreira en cernes. É o que ten meterse co poder establecido en tempos de pouca democracia: córrese o risco de perder a cabeza. Aínda que se tiñan noticias da existencia desta peza, críase desaparecido calquera vestixio dela. Soamente en data recente as arduas investigacións do musicólogo Davi Zinho Cempés remataron co inesperado achado dun libreto anónimo encadernado dentro dunha revista de calceta. Tan inofensivo envoltorio estaba a preservar para a posterioridade o único exemplar que se coñeza desta titiriópera mordaz, absurda, acumulativa e deseñada contra calquera poder establecido porque si.

Page 34: bibliografía Neira Cruz

34

JAN ESTIVO ALÍ

(2010) Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo do cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia.

Page 35: bibliografía Neira Cruz

35

O MEDO DE MO

A bruxiña Mo esperta cun medo estarrecedor. Outra noite máis tivo un pesadelo repleto de nenos ríndose dela e dispostos a machucala. Só de pensar neles xa se asusta. Cacatúa Desdentada dille que é unha bruxa e non debe ter medo, senón metelo. Pero ela ten só sete centímetros de altura porque quedou encerrada de pequena nunha cunca de té. Por iso lle é difícil asustar: os nenos crerán que é un bichoco e pisarana. Ou xogarán con ela como un ioió, dinlle de chanza as colegas, unhas bruxas grandes e noxentas. De socato, alguén acanea a cunca de té na que Mo pasa as noites, baixo a cama de Violeta, que é unha nena, a mellor amiga de Mo. Grazas a ela aprendeu que non hai que terlles medo aos nenos, mais cando dorme esquéceselle e por iso pasou unha noite horrible. Ela tranquilízaa e Mo volve quedar durmida dentro da súa cunca de té. Mete a cunca na súa mochila e lévaa ao cole (para que se afaga a non terlles medo aos nenos). Esperta na clase de plástica, cando unha nena comenta que tivo un pesadelo no que Mo era unha bruxa ruín e fedorenta como todas. Mo sorrí e pensa que o problema son as bruxas, que crean medos infundados: na cabeza de Mo con respecto aos nenos; na cabeza dos nenos con respecto ás bruxas. Pero ela é unha bruxiña de sete centímetros, e acaba de lembrar que a mellor menciña contra o medo é a amizade.

Page 36: bibliografía Neira Cruz

36

EN COMPAÑÍA "Un somnífero moi particular" en Contos da campaña, 3 (1992).

"O plumífero de Xurxo" en Tres triscadas ( 1993) "Rosalía tralas máscaras do tempo" en Contos da viaxe (1994).

Page 37: bibliografía Neira Cruz

37

"Castelao no Mar do Tempo" en Contos da travesía (1995). "Paio gómez Chariño, ...a mui gran coita do mar" en Contos da ruta (1996). "Orellas de podengo" en Imos xuntos camiñar (1999). "Un agasallo inesperado " en Contos para levar no peto (2001). "A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro" en Quen casa ten de seu (2009).