Biblioteca de Galicia - Galiciana · 2014. 10. 19. · Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia...
Transcript of Biblioteca de Galicia - Galiciana · 2014. 10. 19. · Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia...
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Proposta de actividade : A Gran Guerra en Galiciana (1914-1918)
Biblioteca de Galicia - Galiciana
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Introdución
En marzo de 2010 a Comisión Europea puxo en marcha a Estratexia Europa 2020, na que unha das súas iniciativas emblemáticas é a Axenda Dixital para Europa. Nela trátase de salientar o potencial social, económico e cultural que teñen as TIC para o desenvolvemento dos países da Unión Europea. Fomentar a alfabetización e capacitación dixitais así como o desenvolvemento de servizos dixitais inclusivos son algúns dos obxectivos que se marca a Axenda Dixital para Europa.
Seguindo estas directrices, Europeana, a gran biblioteca dixital europea, tamén fixo fincapé no seu Plan Extratéxico 2011-2015 na necesidade de distribuír os contidos dixitais, que viña recolectando dende os seus inicios no 2008, e na de involucrar os seus usuarios na creación de contidos dixitais atraentes e reutilizables.
Tamén dende o Ministerio de Cultura, Educación e Deporte trátase de seguir estas liñas de actuación. O Plan estratéxico xeral 2012-2015 da Secretaría de Estado de Cultura establece como estratexia 1.7 “fomentar a accesibilidade ó patrimonio cultural e a documentación relacionada cons bens culturais”. Entre os obxectivos que se definen para esa estratexia atópase o de impulsar a presenza de materias sobre o patrimonio na ensinanza en tódolos seus niveis e o de desenvolver nos rapaces as capacidades que lles permitan identificar, asumir e desempeñar a súa responsabilidade individual e social na conservación do patrimonio.
Dende a Subdirección Xeral de Bibliotecas tamén se quere contribuír a fomentar o uso das novas tecnoloxías en diferentes sectores da nosa sociedade. Un dos prioritarios é o sector educativo, que pode obter das políticas de dixitalización que impulsa a Secretaría Xeral de Cultura unha importante fonte de recursos dixitais educativos. Trátase, en definitiva, de incrementar a confianza dos profesores no uso de materiais on-line e de permitir os estudantes o uso de ferramentas educativas nun formato que lles resulta máis próximo dado o contexto no que estamos a vivir.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión
1. Dar a coñecer Galiciana, Hispana e Europeana como recursos educativos dixitais.
2. Facer que os estudantes dos institutos de ensinanza secundaria de Galicia sexan creadores de contido para Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Obxectivos
Achegar os estudantes galegos as posibilidades educativas das bibliotecas dixitais para afondar no coñecemento da I Guerra Mundial.
Empregar ferramentas en distintos idiomas que melloren as súas habilidades lingüísticas.
Coñecer novas maneiras de descubrir a Gran Guerra no seu centenario a través dos recursos online postos en marcha por Europeana.
Facer uso das buscas en Galiciana e noutras bibliotecas dixitais para contextualizar a I Guerra Mundial na neutral España do momento.
Crear contidos novedosos que contribúan a enriquecer a colección de Galiciana.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Público o que vai destinada
Estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato dos institutos galegos.
Departamentos de Ciencias Sociais e Linguas Estranxeiras.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Actividades propostas
Descubrir en Galiciana as noticias que se publicaron sobre a Gran Guerra na prensa galega do momento.
Redactar un traballo sobre algún aspecto destacado da I Guerra Mundial relacionado con Galicia.
Participar no proxecto Add your story.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Posibles actividades paralelas
Talleres para compartir ideas cos profesores dos institutos que participen na actividade.
Formación de usuarios sobre as utilidades de Galiciana, Hispana e Europeana.
Charlas e conferencias sobre a I Guerra Mundial.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 1: Coñecer
As bibliotecas dixitais como recursos
educativos
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer Europeana
Europeana é a biblioteca, arquivo e museo dixital europeo. O seu obxectivo é crear novas formas para que a xente se involucre na súa historia cultural, ben sexa por motivos de traballo, de aprendizaxe ou de ocio.
A súa primeira versión lanzouse no anos 2008 e 5 anos despois xa proporcionaba ós cidadáns europeos accesos a máis de 27 millóns de obxectos dixitais procedentes de institucións culturais de toda Europa.
http://www.europeana.eu/
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer Europeana
Dende os seus inicios Europeana tratou, non só de ser o punto de referencia para a recolección de contidos dixitais europeos, senón tamén de ser unha plataforma para distribuír eses contidos.
Pretende que o patrimonio cultural europeo este dispoñible ós usuarios en calquera parte e en calquera momento e que eses mesmos usuarios sexan a súa vez creadores de contidos.
Nesta liña de actuación enmárcase Europeana 1914-1918, baseado no proxecto Arquivo da Gran Guerra que foi unha iniciativa da Universidade de Oxford.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Europeana 1914-1918
O ano 2014 destacará polas conmemoracións do comezo da I Guerra Mundial no verán de 1914. O proxecto “Europeana 1914-1918″ ten dixitalizado centos de miles de fontes para o seu estudo procedentes de arquivos, bibliotecas, museos e tamén de particulares. Todos eles están postos a disposición do público xeral en www.europeana1914-1918.eu facendo deste portal a colección pan-europea máis importante de fontes materiais orixinais da I Guerra Mundial.
Ademais da posibilidade de navegar por tódolos obxectos dixitalizados, tanto por institucións como por particulares, pódese consultar a exposición virtual Untold Stories of the First World War.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Europeana 1914-1918 - Add your story
Europeana 1914-1918 pretende ser a gran base de datos na que se conserven os recordos das familias que viviron e sufriron os efectos da guerra con maiúsculas.
A través do apartado “Add your story” permite que todo o mundo que o desexe conte a súa historia relacionada có conflito e que a comparta on-line para que os ávidos de coñecementos poidan navegar pola memoria dos que viviron en primeira persoa a gran guerra. Para iso dixitaliza fotos, cartas, postais, diarios, … e sóbeos a www.european1914-1918.eu
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer Hispana
Hispana é o directorio, agregador e repositorio de recursos dixitais español impulsado polo Ministerio de Cultura, Educación e Deporte.
Permite o acceso a 207 coleccións dixitais de todo o país. Unha das máis destacadas é a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica tamén dependente do MCED.
http://hispana.mcu.es/
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer Galiciana
Galiciana é a ferramenta para a dixitalización, preservación e difusión do rico patrimonio bibliográfico galego.
Baixo a responsabilidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria trata de incorporar os recursos dixitais das institucións culturais máis significativas de Galicia.
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer BVPH
A Biblioteca Virtual de Prensa
Histórica é o resultado dun proceso de dixitalización cooperativa do Ministerio de Cultura, as Comunidades Autónomas e outras institucións da memoria co que se pretende, simultaneamente, preservar e facer accesibles uns materiais bibliográficos que se caracterizan por seren exemplares únicos e, polo tanto, de difícil acceso.
http://prensahistorica.mcu.es/
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
Ambas bibliotecas permiten a busca a texto completo na maioría dos documentos que teñen dixitalizados.
Unha busca simple como “gran guerra” para publicacións de prensa en Galicia entre os anos 1914 e 1918 ofrécenos 185 resultados na BVPH e 215 en Galiciana.
Cabeceiras Números Imaxes
BVPH 2.181 1.087.772 6.557.276
Galiciana 345 150.669 872.715
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
Aínda que España mantívose neutral durante a Gran Guerra, xa que neses momentos era un país escasamente desenvolvido e carecía dunha política exterior consistente, foi un conflito que espertou gran interese na opinión pública do momento e que non lle foi de todo alleo.
Pese a esa neutralidade pódense descubrir moitas cousas sobre a I Guerra Mundial na prensa histórica dixitalizada por estas bibliotecas.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
→ Sabías que … * As pequenas baías e recunchos das rías galegas eran o refuxio ideal
tanto para o abastecemento dos submarinos como para o contrabando durante a I Guerra Mundial, feito que souberon aproveitar especialmente ben os alemáns.
* Os submarinos da armada xermana (u-boots) tiveron como principal centro de operacións o océano Atlántico e o Mar do Norte, pero tamén patrullaron as augas do Mar Cantábrico.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
* Non era raro atopar u-boots alemáns que accedían ós portos galegos ca escusa de reparar avarías.
* Un dos submarinos alemáns encargado de patrullar a costa cantábrica foi o U-46. A Mariña Lucense foi testemuña das súas accións bélicas entre decembro de 1916 e xaneiro de 1917.
→ El Progreso faise eco da presenza deste submarino o 31 de decembro de 1916 na noticia “Un submarino en Vivero”
* Outro destes u-boots foi o UC-48, que comandaba Helmuth Lorenz. O 23 de marzo de 1918 aportou en Ferrol despois de ser vítima dun ataque británico.
→ El Correo de Galicia da conta desta noticia o luns 25 de marzo de 1918 baixo o titular “Submarino alemán en Ferrol”.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
Cal foi a historia deses submarinos?
Como viviron os habitantes da Mariña Lucense e de Ferrol a presenza deses u-boots nas súas costas?
Existen máis noticias sobre o U-46 e o UC-48 na prensa galega do momento?
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
→ Sabías que … * O corte do cable telegráfico submarino Vigo-Emden foi determinante para o
transcurso da guerra. O Cable Alemán permanecería desactivado ata 1929 e incluso fixo que a cidade de Vigo aparecese nomeada no Tratado de Versalles.
* A desactivación deste cable trouxo como consecuencia que algúns mercantes alemáns que chegaron ós portos galegos contasen abordo con estacións radiotelegráficas clandestinas.
* A telegrafía dos barcos alemáns refuxiados en portos galegos era fundamental para que os seus submarinos puidesen torpedear ós navíos aliados.
* Nun conflito no que as comunicacións telegráficas foron determinantes, tal apoio chegou a ser realmente molesto para os gobernos aliados. Finalmente influíron no goberno español para que, pese a súa neutralidade, controlase as tripulacións dos mercantes alemáns atracados nos portos galegos.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
Cales foron os navíos alemáns atracados nos portos galegos?
Foi relevante na prensa galega do momento o corte do Cable Alemán?
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
→ Sabías que … * Unha das consecuencias sociais da I Guerra Mundial foi a incorporación
masiva da muller ao traballo.
* As mulleres ocuparon postos de traballo pola escaseza de homes durante a contenda, pero ó rematar a guerra non só seguiron traballando senón que retomaron outras reivindicacións coma a do dereito ó voto.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
* Unha destas mulleres pioneiras foi Carmen de Burgos y Seguí, que empregou para os seus artigos o pseudónimo de Colombine. É considerada a primeira periodista profesional de España.
* Carmen de Burgos atopábase en Alemaña cando comezou o conflito en 1914. As dificultades que tivo na súa viaxe de volta a España e a súa visión da guerra foron o tema de varias conferencias que impartiu con gran éxito de público.
* La Voz de Galicia do 31 de agosto de 1914 faise eco da chegada ó porto da Coruña de Colombine na súa viaxe de volta dende Alemaña.
* A súa parada na cidade herculina serviu para que famosa escritora ofrecese unha conferencia na “Reunión de Artesanos”.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
Que contou a famosa periodista ós coruñeses?
Cara onde se decantaban as súas preferencias, aliadófila ou germanófila?
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
→ Sabías que … * A escritora galega Sofía Casanova viviu en primeira persoa os grandes conflitos
da Europa do século XX.
* Casou co diplomático polaco Wincenty Lutoslawaski polo que en 1887 trasládase a Polonia. Dende entón a súa vida queda ligada a este país centroeuropeo, que terá un papel determinante na convulsa vida política europea da primeira metade do século pasado.
* Foi unha escritora non só coñecida senón tamén recoñecida polos seus contemporáneos, chegando a ser membro da Real Academia Galega en 1906.
* A súa vinculación persoal con Polonia fixo que fose a única española nas localizacións da I Guerra Mundial e na Revolución Rusa.
* Empregou esa posición de privilexio para escribir con gran agudeza sobre as súas experiencias e posturas persoais.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
* Foi correspondente dos principais diarios nacionais nos conflitos máis destacados deses anos. Cubriu para o Heraldo de Madrid a guerra de Marrocos e para ABC a Gran Guerra e a Revolución Rusa.
* No ano 1918, como correspondente de ABC, chegou a entrevistar a Trotski, ministro de Asuntos Exteriores do primeiro goberno comunista de Rusia.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
Chegou a escribir Sofía Casanova para algún xornal galego da época?
Como constante defensora do nacionalismo polaco, determinou esa defensa a súa postura fronte a Gran Guerra?
Como mostra nos seus artigos as súas experiencias persoais no conflito?
Cal era a súa opinión sobre o novo papel da muller na sociedade?
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
→ Sabías que … * Aínda que España declarouse neutral dende os comezos do conflito, a
opinión pública estivo fortemente dividida entre os que apoiaban aos aliados e os que o facían ás potencias centrais.
* O papel dos intelectuais no debate público entre germanófilos e aliadófilos foi especialmente activo. A gran maioría deles mostráronse a favor dos aliados.
* Os manifestos dos intelectuais apoiando ás diferentes posturas foron habituais durante os anos da contenda.
* A defensa das distintas posicións do conflito tamén proliferaron en panfletos e outro tipos de publicacións, pero foi na prensa onde atoparon a seu mellor forma de expresión. En moitas ocasións os periódicos e revistas da época recibiron financiamento dos aparatos de propaganda de ambos bandos.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Coñecer a Gran Guerra a través das bibliotecas dixitais
É visible na prensa galega do momento esa polarización da sociedade entre germanófilos e aliadófilos?
Pódense determinar que periódicos publicados neses anos en Galicia eran fonte de información e propaganda dos distintos bandos?
Cal foi a postura dos intelectuais galegos? Participaron nalgún dos manifestos publicados durante os anos do conflito?
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
Os estudantes galegos como
creadores de contido de Galiciana
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
→ Axúdanos a ...
Descubrir en Galiciana as noticias que se publicaron sobre a Gran Guerra na prensa galega do momento.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
* Buscar en Galiciana os artigos publicados sobre algún tema relacionado ca I Guerra Mundial que consideredes interesante e recoller:
• o título da publicación periódica
• o número e o día en que se publicou
• a páxina na que aparece a noticia
• no caso de aparecer, o título do artigo e/ou o autor
* Mandar os datos que se atopen a
* Con eles elaboraremos fichas analíticas para eses artigos que completarán o noso catálogo e facilitarán as buscas.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
→ Axúdanos a ...
Crear novos contidos redactando un traballo sobre algún aspecto destacado da I Guerra Mundial relacionado con Galicia.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
* Buscar en Galiciana algún tema relacionado con Galicia nos anos da Gran Guerra e redactar un traballo de clase.
* O traballo deberá estar en soporte dixital e nalgún dos formatos que permita a súa inclusión en Galiciana.
* Cos traballos que nos envíen crearemos o micrositio “Ensin@Galiciana” no que se poderán consultar en Web todos os novos contidos xerados, ca identificación dos institutos e das clases participantes.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
→ Axúdanos a ...
Participar no proxecto Add your story.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
* Ser capaces de atopar unha peza directamente relacionada ca I Guerra Mundial e descubrir a súa historia. Este é o obxectivo do proxecto Europena 1914-1918.
* A neutralidade de España no conflito fai que non sexa sinxelo participar nese proxecto pero ... pódese intentar, non?
De feito non é imposible!
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/06/06/hallan-medalla-primera-guerra-mundial-limpian-playa/0003_201406G6P13991.htm
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Misión 2: Crear
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
Enlaces de interese www.bl.uk/world-war-one
http://acrosslimits.com/europeana-ebook/
http://europeanfilmgateway.eu/1914
http://www.europeana-collections-1914-1918.eu/
http://historiana.eu/
http://www.euroclio.eu/
http://www.europeana-collections-1914-1918.eu/unlocking-sources/
http://www.euroclio.eu/new/index.php/2014-history-beyond-textbooks-london-united-kingdom/3649-new-international-course-history-beyond-textbooks
http://pro.europeana.eu/web/europeana-creative/pilots-and-challenges