Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32...

8
historia cultural e de recepción das ideas, cando non de encadernacións únicas, como ben mos- trou o informe dirixido por Louis Desgraves en 1982 para a Direction du livre et la lecture fran- cesa 1 . Por outra parte, o carácter masivo dos ins- trumentos de control de que dispoñen as bibliotecas, principalmente os catálogos colecti- vos existentes, sen negarlles o seu alto valor como instrumentos de localización, carecen de diferen- ciacións a nivel de emisión da obra, e en moitas ocasións non indican trazos diferenciadores ou non permiten consultalos. Máis discutible aínda encontramos o segundo criterio, porque resulta dificilmente comprensi- ble e aplicable para bibliotecarios e usuarios que o ben de cen anos estea protexido e o de noven- ta e nove non, aínda que este criterio fora xa re- collido na lei española 26/1972 para a Defensa do Tesouro Documental e Bibliográfico da Na- ción. Por outra parte, os libros de artistas, edicións de bibliófilos, obras importadas doutros países, rexistros sonoros únicos, etc., teñen tamén un carácter único que xa foi resaltado no informe francés que vimos de citar. En canto ao último criterio, a expresión “por algunha circunstancia formen un conxunto uni- tario” é francamente ambigua, aínda que pode- ría amparar todas as bibliotecas e coleccións, tal e como aparece na lei 16/1985 do Patrimonio histórico español no caso das de titularidade pública, pois non hai dúbida de que nas biblio- tecas e coleccións privadas, aínda sendo as obras froito de carrexos diversos, os fondos acaban a través do tratamento bibliotecario adquirindo un sentido único. Pois ben, con estes vimbios legais, as biblio- tecas galegas, universitarias, especializadas ou Q ue cousa é o patrimonio bibliográfico? Cando alguén se fai esta pregunta, a res- posta máis inmediata adoita ser pensar nos libros antigos, aínda que esta resposta leva inmediatamente a outra: ata canto de antigos? Posiblemente o seguinte paso, se xa non foi o pri- meiro, é acudir á lexislación correspondente e a partir de aí intentar delimitar as pezas bibliográ- ficas que o constituirían. Imos comezar aquí por este segundo paso. Para a Lei 8/1995 do Patrimonio cultural de Galicia, artigo 75, o patrimonio bibliográfico está en esencia constituído por fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas e obras literarias, científicas, artísticas, históricas, manuscritas, impresas, fotográficas, cinematográficas, fonográfi- cas e magnéticas, das que non se coñeza a existen- cia de polo menos tres exemplares en bibliotecas ou servizos públicos, e obras que teñan máis de cen anos, así como fondos que por algunha circuns- tancia formen un conxunto unitario. É dicir, a lei baséase fundamentalmente en dous criterios: a ra- reza e a antigüidade das obras. En canto ao primeiro criterio, a rareza dos exemplares, unha transposición fiel do indicado pola Lei 16/1985 do Patrimonio histórico espa- ñol, parece de relativa fácil aplicación na xestión dos bens patrimoniais, aínda que a lei galega non nos indica o territorio das bibliotecas ou servizos públicos onde deben de atoparse os tres exempla- res. Con todo, unha perspectiva científica sobre o criterio mostraría rapidamente que no caso dos fondos antigos ata a mecanización da imprenta, os exemplares son todos únicos, froito dunha ela- boración artesanal e en moitos casos dotados de marcas de propiedade, adquisición ou lectura, da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? C ONCHA V ARELA O ROL Para a Biblioteca Penzol, agardándoa na rede.

Transcript of Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32...

Page 1: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

historia cultural e de recepción das ideas, candonon de encadernacións únicas, como ben mos-trou o informe dirixido por Louis Desgraves en1982 para a Direction du livre et la lecture fran-cesa1. Por outra parte, o carácter masivo dos ins-trumentos de control de que dispoñen asbibliotecas, principalmente os catálogos colecti-vos existentes, sen negarlles o seu alto valor comoinstrumentos de localización, carecen de diferen-ciacións a nivel de emisión da obra, e en moitasocasións non indican trazos diferenciadores ounon permiten consultalos.

Máis discutible aínda encontramos o segundocriterio, porque resulta dificilmente comprensi-ble e aplicable para bibliotecarios e usuarios queo ben de cen anos estea protexido e o de noven-ta e nove non, aínda que este criterio fora xa re -collido na lei española 26/1972 para a Defensado Tesouro Documental e Bibliográfico da Na -ción. Por outra parte, os libros de artistas, ediciónsde bibliófilos, obras importadas doutros países,rexistros sonoros únicos, etc., teñen tamén uncarácter único que xa foi resaltado no informefrancés que vimos de citar.

En canto ao último criterio, a expresión “poralgunha circunstancia formen un conxunto uni-tario” é francamente ambigua, aínda que pode-ría amparar todas as bibliotecas e coleccións, tale como aparece na lei 16/1985 do Patrimoniohistórico español no caso das de titularidadepública, pois non hai dúbida de que nas biblio-tecas e coleccións privadas, aínda sendo as obrasfroito de carrexos diversos, os fondos acaban através do tratamento bibliotecario adquirindoun sentido único.

Pois ben, con estes vimbios legais, as biblio -tecas galegas, universitarias, especializadas ou

Que cousa é o patrimonio bibliográfico?Cando alguén se fai esta pregunta, a res-posta máis inmediata adoita ser pensar

nos libros antigos, aínda que esta resposta levainmediatamente a outra: ata canto de antigos?Posiblemente o seguinte paso, se xa non foi o pri-meiro, é acudir á lexislación correspondente e apartir de aí intentar delimitar as pezas bibliográ-ficas que o constituirían. Imos comezar aquí poreste segundo paso.

Para a Lei 8/1995 do Patrimonio cultural deGalicia, artigo 75, o patrimonio bibliográfico estáen esencia constituído por fondos e co lecciónsbibliográficas e hemerográficas e obras literarias,científicas, artísticas, históricas, manuscritas,impresas, fotográficas, cinematográficas, fonográfi-cas e magnéticas, das que non se coñeza a existen-cia de polo menos tres exemplares en bibliotecas ouservizos públicos, e obras que teñan máis de cenanos, así como fondos que por algunha circuns -tancia formen un conxunto unitario. É dicir, a leibaséase fundamentalmente en dous criterios: a ra -reza e a antigüidade das obras.

En canto ao primeiro criterio, a rareza dosexemplares, unha transposición fiel do indicadopola Lei 16/1985 do Patrimonio histórico espa-ñol, parece de relativa fácil aplicación na xestióndos bens patrimoniais, aínda que a lei galega nonnos indica o territorio das bibliotecas ou servizospúblicos onde deben de atoparse os tres exempla-res. Con todo, unha perspectiva científica sobreo criterio mostraría rapidamente que no caso dosfondos antigos ata a mecanización da imprenta,os exemplares son todos únicos, froito dunha ela-boración artesanal e en moitos casos dotados demarcas de propiedade, adquisición ou lectura, da maior importancia dende o punto de vista da

32

Bibliotecas galegas

Enredad@s co patrimonio?C O N C H A V A R E L A O R O L

Para a Biblioteca Penzol, agardándoa na rede.

Page 2: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

33

públicas, teñen que enfrontarse a un rico pa -trimonio, froito de diversas incautacións, no -meadamente a expulsión dos xesuítas e adesamortización de Mendizábal, así como deachegas de doadores, en moitos casos orixe da súacreación. Fóra das breves indicacións do artigo75 da lei, e as non menos breves dos artigos 50 e51 referidas ao patrimonio moble, as bibliotecasdeben manter e poñer en servizo os fondos patri-moniais que posúen, sen apenas directrices,dende logo difíciles de establecer e, sobre todo,deben decidir á hora de construír as colecciónscomo incrementar este patrimonio, e comofomentar o acceso ao mesmo, garantido polasleis, para que a cidadanía poida sentir como pro-pios os bens culturais, sen o que, como sinalou a Unesco, non será posible a súa conservación efomento2.

A ninguén se lle oculta o desafío que asnovas tecnoloxías supoñen para as bibliotecas.No caso do patrimonio, os retos prodúcensefundamentalmente en dous campos. En primei-ro lugar, tales tecnoloxías dan orixe á existenciadun patrimonio distinto, o patrimonio dixital,sobre o que en Galicia aínda non se desenvolveuningunha política e as bibliotecas carecen depautas que seguir, aínda cos contidos por elasproducidos. En segundo lugar, a rede introduceun novo espazo de servizos, onde con frecuencia“os competidores” contan con recursos e destre-zas inalcanzables para as bibliotecas, cuxospúblicos son agora máis deslocalizados e desco-ñecidos, diversos en canto aos usos que fan darede, e cunha maior formación educativa.Porén, todos sabemos que ninguén pode resistirhoxe fóra da rede. Por isto, aínda que se tratedun punto de vista parcial, imos analizar aquí apresenza das coleccións patrimoniais das biblio-tecas galegas a través da análise da súa participa-ción na rede (sedes web, blogs, redes sociais), enon só con vistas a coñecer a imaxe que elasqueren dar destas coleccións e a atención queprestan á difusión das mesmas, senón taménpara saber que entenden as bibliotecas comopatrimonio bibliográfico, pois, como sinala aUnesco, “o valor do patrimonio tamén podecorresponder ao que considera importante ungrupo o unha comunidade en particular, e oselementos que o constitúen poden superar oslímites definidos polas lexislaciones nacionaisou as convencións internacionais”3.

Concha Varela Orol é doutora en Historia e membro do corpofacultativo de Arquivos e Bibliotecas.

Na actualidade é profesora da Facultade de Humanidades

e Documentación da Universidade da Coruña.

Publicou diversos libros e artigos sobre historia das bibliotecas

e das ciencias documentais, así como sobre xestión de bibliotecas.

50 ANOS COA FUNDACIÓN PENZOL

1. Desgraves, Louis (dir.). “Rapport au Directeur du libre et de la lectura

sur le patrimoine des bibliothèques”, Bulletin des Bibliotèques de France

27, 12 (1982), pp. 657-688.

2. Unesco. “Recomendación sobre la protección de los bienes culturales

muebles”. Dispoñible en:

http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=13137&URL_DO=DO_TO -

PIC&URL_SECTION=201.html [consulta: 10-I-2013].

3. Unesco. “Noción de patrimonio digital”. Dispoñible en:

http://www.unesco.org/new/es/communication-and-informa -

tion/access-to-knowledge/preservation-of-documentary-heritage/digi-

tal-heritage/concept-of-digital-heritage/ [consulta: 8-I-2013].

Page 3: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

34

Polo tanto, ambos os fondos deben ser consi-derados fondos patrimoniais, aínda que, debidoás súas características, cada un deles poida requi-rir tratamentos específicos nas bibliotecas. Perohai poucas dúbidas de que ambos están ao servi-zo da construción da identidade, e ambos debenser conservados polas bibliotecas, como sinalanas directrices IFLA/Unesco xa citadas:

A colección debe entenderse como un ben de usoorientado ao servizo, e non tanto como un ben in -ventariable e de conservación, agás no que concirneao patrimonio bibliográfico e á colección local.

As bibliotecas públicas

No artigo diferenciaremos tres tipos de bibliote-cas, posto que presumimos que poden ofrecertrazos distintos no tratamento do patrimonio enrazón das funcións que tradicionalmente llescorrespondían, unhas razóns tamén hoxe esvaeci-das grazas aos usuarios internautas e a unhapoboación máis culta e informada polos avanceseducativos. As tres tipoloxías en que agrupamosesta achega son: as bibliotecas públicas; as biblio-tecas universitarias; e a biblioteca nacional, deno-minada Biblioteca de Galicia, con especialresponsabilidade neste campo.

O sector das bibliotecas públicas é o máisnumeroso de Galicia, pois del forman parte asdenominadas na recente Lei de Bibliotecas deGalicia como bibliotecas centrais territoriais,centrais municipais, de proximidade, locais e ser-vizos mobles, pendente aínda da adscrición decada biblioteca a cada un destes tipos. Deste con-xunto centrarémonos nas ata agora denominadasbibliotecas nodais, as das catro capitais de pro-vincia e a central de Vigo, receptoras do Depósi-to Legal. Tamén revisamos os sitios webs e blogsdas bibliotecas municipais galegas recollidos nositio Red de sedes web da biblioteca pública, doMinisterio de Educación e Cultura6.

As cinco bibliotecas nodais analizadas teñen oseu sitio web no servidor da Rede de Bibliotecas deGalicia7, unha sede cun esquema de contidos xeralpara todas as bibliotecas, aínda que, como vere-mos, hai diferenzas entre o tipo de informaciónachegado por cada unha. Aínda que a páxina prin-cipal dos sitios web destas bibliotecas é atractiva,con contidos dinámicos e está ben categorizada e organizada, botamos de menos unha sección quereúna a información sobre o patrimonio, que seatopa, cando está presente, dispersa en distintoslugares, así como outros aspectos formais, pero deinterese, como a indicación dos autores do mate-rial do sitio, contador de visitas, data de revisióndo contido, etc., todos eles considerados indicado-res de calidade na avaliación de sedes webs.

A biblioteca construtora de identidade

Na análise que imos realizar teremos en contafundamentalmente o tratamento ofertado narede polas bibliotecas galegas a dous tipos defondos, xeralmente denominados como fondosantigos e fondos locais. Os primeiros, incluídoscomo vimos na lexislación patrimonial, son aorixe de moitas das bibliotecas existentes e che-garon a elas por adquisición e doazón ao longoda súa historia. Os segundos, non incluídos nalexislación patrimonial galega, pero considera-dos cando proveñen do Depósito Legal como abase de construción dos bens patrimoniaisdende hai anos4, son obxecto dunha xestiónespecífica nas bibliotecas que significa un reco-ñecemento patrimonial.

Os denominados “Fondos locais” ou “Secciónlocal” (tradución do inglés local collections) teñena súa orixe en propostas nacidas no século XIXno Reino Unido como un conxunto de recursosao servizo da integración comunitaria. O termofondos locais no contexto das bibliotecas tendiferentes interpretacións na práctica biblioteca-ria, como veremos nas propias bibliotecas gale-gas. Para unhas queda limitado á súa localidade,máis frecuentemente á provincia, ou ás obras in -gresadas por Depósito Legal, e para outras abran-guen a totalidade da súa comunidade.

En España esta colección está adquirindo nasdúas últimas décadas unha especial relevancia nas bibliotecas públicas, como queda patente aorevisar os relatorios e comunicacións presentadasaos congresos do sector dos últimos anos. Entodo caso, a súa importancia está presente nosdocumentos programáticos das bibliotecas, dosque sirva como exemplo:

A biblioteca pública ten a responsabilidade parti-cular de recoller información local e de facela facil-mente accesible. Actúa igualmente como memoriado pasado recollendo, conservando e brindandoacceso a materiais relacionados coa historia dacomunidade e das persoas. Ao proporcionar moidiversas informacións ao público, a biblioteca axu -da á comunidade a celebrar debates e adoptar deci-sións con fundamento sobre cuestións clave5.

Se o fondo local actúa como memoria do pasadoe ofrece solucións ao presente, non menos certo éque os denominados fondos antigos actúan enigual sentido, xa que, aínda que procedentesdoutros países, recíbense e intégranse no coñece-mento da comunidade en momentos históricosdeterminados, adquirindo sentido no conxuntoda colección bibliográfica. Ou é que acaso nonten valor patrimonial a recepción e difusión enGalicia de A orixe das especies de Darwin?

Page 4: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

35

Sen dúbida, a sección na que as bibliotecasteñen a oportunidade de mostrar a súa identida-de é a titulada “Quen somos”, e a través delaimos analizar ata que punto as bibliotecas seidentifican co patrimonio que posúen. Algunhasdestas bibliotecas baixo este apartado dan unhainformación básica da súa historia, aínda que enocasións se limita a sinalar a data de nacementoe o seu discorrer por distintos edificios das cida-des. Nesta sección a información sobre fondospatrimoniais é escasa, coa excepción das biblio-tecas de Lugo e Pontevedra, onde destacan dis-tintas achegas patrimoniais que conformaron osfondos, así como, na última, o número demanuscritos, incunables e libros dos séculos XVIa XVIII. En calquera caso, ningunha destas páxi-nas fornece referencias bibliográficas sobre a his-toria da biblioteca ou das súas coleccións, outroindicador que adoita valorarse na avaliación daspáxinas.

Parécenos interesante analizar outras secciónsdo sitio web porque cara a entender o concepto depatrimonio con que xestionan os fondos as bi -bliotecas, están presentes prácticas que mostranunha patrimonialización das coleccións. As dúasbibliotecas que vimos de sinalar son tamén as queofrecen maior información no apartado “Que ofre-

O sector das bibliotecas públicas

é o máis numeroso de Galicia, pois del

forman parte as denominadas

na Lei de Bibliotecas de Galicia como

bibliotecas centrais territoriais, centrais

municipais, de proximidade,

locais e servizos mobles

4. Vitiello, Giuseppe. “Politique et législation des bibliothèques (Secon-

de partie)”, Bulletin des bibliothèques de France 45, 6 (2000), pp. 4-14.

5. Ifla/Unesco. “Directrices IFLA /UNESCO para el desarrollo del servicio

de bibliotecas públicas”. Dispoñible en:

http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved

=0CDEQFjAA&url=http%3A%2F%2Funesdoc.unesco.org%2Fimages%2F00

12%2F001246%2F124654s.pdf&ei=aEkKUbqtIo2ChQfapICYDg&usg=AFQjC

NF59VgBjK3z2wtp0EKfL1jLmMix8Q&sig2=6GljpZw48Zm-MtaIse25Dg [con-

sulta: 20-I-2013].

6. http://www.bibliotecaspublicas.es/index.jsp?pw=0&lengua=cas.

7. http://rbgalicia.xunta.es.

Page 5: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

36

cemos” baixo a epígrafe “Fondos”, neste caso aBiblioteca de Lugo separa en dous grupos asobras patrimoniais que analizamos con epígrafespara “Fondos especiais” e “Sección Local”, desta-cando tamén estes fondos na epígrafe de “Publi-cacións periódicas”.

No mesmo apartado, pero baixo a epígrafe“Servizos” fai referencia a Biblioteca da Coruñaaos seus fondos patrimoniais, especificando aobriga de consultalos na sala. Entre estes fondosinclúe o fondo antigo e a sección local, ofrecen-do o mesmo tipo de consulta para os que deno-mina “fondos especiais” (facsímiles, doazóns derelevancia, obras con anotacións manuscritas,etc.). Ademais da clara consideración patrimo-nial dos fondos locais por parte desta biblioteca,considera dentro da sección todos os fondos gale-gos, aínda que posúe tamén este tipo de obras nasúa colección de préstamo.

Tamén a Biblioteca de Pontevedra duplicaparte dos seus fondos locais para préstamo,constituíndo a sección local só con fondos pon-tevedreses. Require tamén a consulta na salapara os fondos anteriores a 1930 e algúns outrosfondos especiais.

Parecería lóxico que na sección “Recursos elec-trónicos en liña”, ou nas súas variantes “Bibliote-ca dixital” ou “Recursos en liña”, as bibliotecasofrecesen enlaces a recursos patrimoniais dixitali-zados, como Galiciana, Europeana, etc., ou aosexistentes noutras institucións culturais. As epí-grafes, en moitas delas, enlazan directamente coportal da Rede de Bibliotecas de Galicia, sendo aBiblioteca de Vigo a que realizou no seu sitio webun maior número de enlaces a portais relaciona-dos co patrimonio (Biblioteca Digital del Patri-monio Iberoamericano, Patrimonio Mundial dela Unesco, Portal de Arquivos de Galicia). Nondeixa de chamar a atención que ningunha dasbibliotecas públicas estudadas faga enlaces conGaliciana (algunhas si os fan coa Biblioteca Dixi-tal de Galicia, un sitio web do desaparecido Cen-tro Superior Bibliográfico), Hispana, etc., ou conoutros sitios relativos ao patrimonio galego (Patri-monio galego.net, asociacións culturais galegas endefensa do patrimonio, etc.).

Soamente dúas bibliotecas ofrecen un enlacediferenciado dos seus propios recursos dixitaliza-dos. Trátase da Biblioteca da Coruña, que tendepositados nun servizo de almacenamento defotografías de internet a colección de carteis, asícomo un folleto explicativo da colección. A Bi -blioteca de Lugo ofrece dous enlaces para a con-sulta da súa prensa dixitalizada accesible en partena Biblioteca Virtual de Prensa Histórica doMinisterio de Educación, Cultura e Deporte, e,en parte, no Centro Superior Bibliográfico de Ga -licia. Non se entende por que non hai un acceso

conxunto ás coleccións dixitalizadas de cadabiblioteca pública na súa propia sede web, ade-mais das conxuntas que poidan ofrecerse enrepositorios, catálogos colectivos, etc.

Soamente unha biblioteca, a de Lugo, inclúeentre as súas actividades unha que teña que vercos fondos patrimoniais: a realización da exposi-ción “A imprenta en Lugo: unha historia”, cele-brada en decembro de 2012.

En xeral, polo visto ata agora, hai pouca infor-mación nas bibliotecas nodais sobre esa parte dassúas coleccións patrimoniais que denominamosfondos antigos, pero a sección local adoita apare-cer en todas as bibliotecas no apartado de “Fon-dos”, aínda que ás veces sexa exclusivamente paraindicar as condicións da consulta. Así ocorre naBiblioteca Central de Vigo, onde a única referen-cia ao fondo antigo e local é para indicar que seconsulta na sala de investigadores. A Biblioteca deOurense carece de todo tipo de información res-pecto ao patrimonio. Tampouco hai enlaces su -ficientes a outras coleccións e repositoriospatrimoniais, e son practicamente inexistentes narede as actividades ao redor dos fondos patrimo-niais. A revisión da súa participación en redessociais tampouco mostra actividades realizadas através dos seus fondos patrimoniais, aínda quenalgúns casos si ofrecen información sobre actua-cións ao respecto da súa comunidade.

Os sitios web das oito bibliotecas municipaisque posúen enlace no recurso sinalado non difi-ren en cinco casos substancialmente do que ato-pamos ata aquí nas bibliotecas nodais en relaciónao contido patrimonial: breve historia da biblio-teca (bibliotecas municipais da Coruña, Bibliote-ca Municipal de Ferrol), posta de releve do fondolocal (bibliotecas municipais da Coruña, Biblio-teca Municipal de Ferrol, Biblioteca Municipalde Tui, Biblioteca Municipal do Porriño, Biblio-teca Municipal de Cangas), e poucos enlaces arecursos patrimoniais. Nas bibliotecas munici-pais da Coruña dáse acceso dentro do fondo locala distintas guías de lectura elaboradas pola biblio-teca, nalgúns casos relacionadas coa historia depersonaxes ou institucións da cidade, e na sec-ción de enlaces, non moi numerosos, hay quedestacar que se inclúen institucións e asociaciónsda cidade relacionadas co patrimonio, indicandotamén no apartado de “Bases de datos” a existen-cia dun catálogo de fondo antigo.

Nos blogs e nas redes sociais das bibliotecasmunicipais atopamos a mesma información quexa viramos nas bibliotecas nodais. Porén, haique destacar que algunha destas bibliotecas ela-bora información local sobre patrimonio inmo-ble ou inclúen enlaces á mesma (bibliotecasmunicipais de Moaña e Tui).

Page 6: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

37

Bibliotecas universitarias

Como é lóxico, a Biblioteca Universitaria de San-tiago é a que achega máis información sobre oseu patrimonio, mentres que a da Universidadeda Coruña limítase a incluír no regulamento dis-poñible no seu sitio web información sobre aexclusión de préstamo dos libros antigos e raros,e a da Universidade de Vigo non achega ningunhainformación ao respecto. Segundo datos de Re -biun, a primeira posúe 48.097 anteriores a 1900,a segunda 1.305 e a terceira 6668 obras presentesnas bibliotecas analizadas, aínda que é precisomatizar que estes datos corresponden a ma nuscritose impresos ata 1900, e que Rebiun contemplaoutros tipos de fondos como constitutivos dopatrimonio nas normas redactadas para este tipode bibliotecas9.

Dada esta desproporción nas súas colecciónspatrimoniais, centraremos a nosa análise naBiblioteca Universitaria de Santiago. O sitio webdesta biblioteca ofrece un conxunto de informa-ción relacionado coas súas coleccións patrimo-niais baixo a sección “A biblioteca”, tanto napáxina “Presentación” como na da “BibliotecaXeral” na epígrafe “Bibliotecas”, onde fai refe-rencia á súa orixe e fondos, aínda que lamenta-blemente con erros históricos. Outras dúasbibliotecas aluden aos seus fondos patrimoniais:a Biblioteca Concepción Arenal e a Biblioteca deCiencias da Educación. En ningunha das páxi-nas se introduce bibliografía respecto á informa-

8. Rebiun: “Anuario de las bibliotecas universitarias y científicas españo-

las 2009. Datos”. Dispoñible en: http://www.rebiun.org/ORGANIZARDO-

CUMENTOS/anteriorestadisticasypublicaciones/anuariosestadisticos.html

[consulta: 19-I-2013].

9. Rebiun: Normas y directrices para bibliotecas universitarias y científicas.

2ª ed. aum. Madrid: Ministerio de Educación y Cultura, 1999.

ción proporcionada, nin se citan os catálogos ouguías impresas das súas coleccións, proporcio-nando estes un coñecemento global destas que éimposible obter nun catálogo automatizado.Tampouco están presentes outros indicios decalidade, cuxa ausencia xa comentabamos nocaso das bibliotecas públicas: indicación dosautores do material do sitio, contador de visitas,data de revisión do contido, etc.

A biblioteca non proporciona tampouco nin-gún enlace a sitios web relacionados co patrimo-nio, non incluíndo na súa páxina principalenlaces a Galiciana, Catálogo Colectivo do Patri-monio Bibliográfico Galego, Europeana, Hispa-na, sitios onde os seus fondos están presentes. Sódentro da epígrafe “Actividades” dá acceso adocumentos relacionados co fondo patrimonial,especialmente ás bibliografías elaboradas sobre oDía das Letras Galegas.

Tampouco é maior a difusión dos fondospatrimoniais desta biblioteca, se observamos os

Page 7: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

38

seus blogs (Fonseca, Fonte Limpa), a súa canle enYouTube, mensaxes en Facebook, etc.

Máis sorprendente é que se proporcione moipouca información sobre a súa colección de fon-dos de Galicia, que durante anos supliu a caren-cia dunha biblioteca nacional, nin poña en valora súa base de datos de fondos galegos, non sópolos seus importantes fondos, senón pola análi-se que nela se realiza a nivel de artigos, partes delibros, etc.

Tampouco proporciona información sobre osfondos dixitalizados que están accesibles no catá-logo en liña da biblioteca, nin nas páxinas indi-cadas nin en ningunha páxina de axuda, titoriais,sección “Recursos electrónicos”, etc. Os usuariosnon poden saber con que criterios se realizou aselección das obras, que temáticas, períodos depublicación, tipo de materiais, etc., están dixita-lizados. Se acceden ao catálogo dende a páxinaprincipal só poderán saber da súa existenciaabrindo o despregable de distintas pestanas nosdous sistemas de busca no catálogo ou se accedena un rexistro bibliográfico que teña asociado unficheiro da obra dixitalizada.

A Biblioteca Universitaria da Coruña, cunsfondos patrimoniais limitados, posúe a páxinade enlaces a bibliotecas virtuais máis comple-ta das bibliotecas galegas, en número de 34, amaioría deles correspondentes a fondos patrimo-niais, así como enlaces a catálogos de bibliotecas,entre os que tamén son numerosos os catálogose repositorios de fondos patrimoniais (Galiciana,Biblioteca Dixital Mundial da Unesco, bibliote-cas do Museo do Pobo, Academia Galega, Insti-tuto Padre Sarmiento, Catálogo colectivo doPatrimonio Bibliográfico Español, etc.). Cóm-pre dicir tamén que os seus blogs e as súas men-saxes nas redes sociais non abondan no temapatrimonial, aínda que están presentes algunhasnovas referidas ao patrimonio.

En resumo, podemos dicir que ningunha dasbibliotecas universitarias galegas fai uso das súascoleccións patrimoniais como unha das súas for-

talezas, o que é especialmente rechamante nocaso da Biblioteca Universitaria de Santiago, nonsó pola importancia das súas coleccións, senóntamén porque no seu plan estratéxico 2011-2014figura como primeiro obxectivo contribuír á“difusión e visibilización” da produción científi-ca e do patrimonio bibliográfico da Universidadee faise relación ao mesmo en distintos obxectivosdo período.

A Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia preséntase en públicodun xeito moi particular. En primeiro termo por-que hai dous sitios web aos que é posible acceder:un baixo o título “Biblioteca Dixital de Galicia”atribuído ao Centro Superior Bibliográfico, eoutro coa denominación “Galiciana. Bibliotecade Galicia”, que na súa presentación di ser a bi -blioteca dixital de Galicia. Centrarémonos nesteúltimo. Na presentación do sitio limítase a sina-lar que integra fondos da Biblioteca de Galicia,das principais bibliotecas patrimoniais de Gali-cia e de centros galegos en América. Cales sonesas bibliotecas e centros, non o sabemos; cales osfondos dixitalizados ou se hai coleccións comple-tas de bibliotecas dixitalizadas, tampouco o sabe-mos; con que criterios se fai a selección e cal é aprioridade, ignorámolo; e só na páxina de esta -tísticas podemos saber os números que co -rresponden a cada un dos tipos de materiaisdixitalizados, en total uns 4.000 títulos. Nonimos analizar aquí, por falta de espazo, o sistemade busca nin os seus resultados. Abóndanos dicirque se o usuario precisa acudir ao exemplar, nonten forma de saber en que biblioteca galega ouamericana se atopa, a non ser que teña a sorte deser quen de ler algún dos selos de propiedade quemarcan o exemplar do libro, folleto ou revista.Mal comezo para a que, segundo a Lei de Biblio-tecas, manterá relacións de colaboración cos cen-tros e organismos que teñan obxectivos comúnscon ela.

Crear contidos na rede implica traballar contidos nos espazos propios na rede

aos que se lles dea visibilidade a través de maior hipertextualidade e contextualización

dos recursos. Implica integrar imaxes, vídeo, audio, realidade aumentada, etc.,

e dar acceso aos fondos dixitalizados, pero tamén presenza permanente dos materiais

elaborados para as exposicións e, sobre todo, buscar a converxencia con outras

institucións patrimoniais e a colaboración da comunidade de usuarios

Page 8: Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? · da maior importancia dende o punto de vista da 32 Bibliotecas galegas Enredad@s co patrimonio? CONCHA VARELAOROL Para a Biblioteca

39

Polo demais non hai ningunha outra infor-mación no sitio web dos proxectos da Bibliotecade Galicia. Buscando na rede atopamos material,supoñemos que elaborado pola Biblioteca deGalicia10, sen asinar, colgado pola BibliotecaNacional de España e identificado como presen-tado na Xornada sobre Difusión da BibliotecaDixital Mundial da Unesco que tivo lugar naBNE o 5 de xuño de 2012. Nel afírmase, falan-do das bibliotecas denominadas “autonómicas”(tipoloxía bibliotecaria Made in Spain), e baixo otítulo de diapositiva “Biblioteca de Galicia”:“Teñen un papel complementario en ocasións,noutros específico na política de recuperación e difusión do patrimonio”. Non sabemos se aBiblioteca de Galicia asume un papel comple-mentario ou específico. O que si sabemos é que aLei 5/2012 de Bibliotecas de Galicia sinala que opatrimonio bibliográfico será obxecto de normasespecíficas, pero aínda así cita dezaoito veces noseu texto o devandito patrimonio, dúas en rela-ción ás bibliotecas públicas e sete en relación coaBiblioteca de Galicia.

Cara ao futuro

Polo visto ata aquí podemos concluír que asbibliotecas analizadas non sempre coinciden noseu concepto de patrimonio bibliográfico, a infor-mación que proporcionan sobre este está moi dis-persa nos seus sitios web, e teñen un nivel deactuación moi limitado en relación a el. Aprovei-tan pouco a fortaleza que este supón para elas epara a súa comunidade, e o uso que fan dos con-tidos da rede para potencialo, incluídos os dou-tras institucións e organizacións que traballan copatrimonio galego, é francamente escaso. Polotanto, urxe estar en disposición de poder abordarun novo camiño que dea moita máis presenza aopatrimonio bibliográfico na rede. E para isto asbibliotecas contan fundamentalmente con dúasestratexias: crear contidos e enlazar contidos.

Crear contidos na rede implica traballar con-tidos nos espazos propios na rede (web, blogs,redes sociais) aos que se lles dea visibilidade através de maior hipertextualidade e contextuali-zación dos recursos (unha boa práctica nesteaspecto é a do Museo Arqueolóxico de Ourensecoa sección “Peza do mes”). Implica integrarimaxes, vídeo, audio, realidade aumentada, etc.,e dar acceso aos fondos dixitalizados, pero taménpresenza permanente dos materiais elaboradospara as exposicións (vídeos, paneis, textos, catá-logos) e, sobre todo, buscar a converxencia conoutras institucións patrimoniais e a colaboraciónda comunidade de usuarios (crowdsourcing) naconciencia de que ninguén é central na rede(fóra Google), senón que cada creador de conti-

10. Biblioteca Digital de Galicia. http://www.slideshare.net/bne/biblio-

teca-digital-de-galicia-galiciana [consulta: 18-I-2013].

11. Vicente Hernández, Lluís: “Projecte Almirall: posada en valor del

patrimoni”, BiD: textos universitaris de biblioteconomia i documentació 28

(2012). Dispoñible en: http://www.ub.edu/bid/28/vicente1.htm [consul-

ta: 10-I-2013].

12. http://www.nationallibrary.fi/infoe/uutiset/1297236955390.html

[consulta: 20-I-2013].

dos é un nodo que enriquece a rede. Un exem-plo destes traballos a partir do patrimoniobibliográfico son Almirall. Portal de pensamientoy cultura del siglo XIX, do Ateneo de Barcelona,realizado en colaboración cun grupo de investi-gación da Universidade de Barcelona e bibliote-cas catalás11, que constitúe un bo exemplo parabibliotecas universitarias e para Galiciana.Como práctica de crowdsourcing hai que destacara levada adiante pola Biblioteca Nacional deFinlandia, onde se busca mediante videoxogos aparticipación dos internautas para corrixir oserros dos textos das súas dixitalizacións obtidoscon OCR12.

Pero crear contidos implica tamén saír aoutros nodos de contidos para estar presentescon información de calidade. Ningunha dasbibliotecas que analizamos está na data destetraballo en Galipedia nin na Wikipedia en espa-ñol, a non ser as bibliotecas municipais daCoruña. Sería un primeiro paso; outros xadados serían impulsar e colaborar en “localpe-dias”, cedendo materiais dixitalizados e ache-gando contidos. A alianza entre o Portal BAM(Bibliotheken, Archive or Museen) e a Wikipediaalemá, enlazando esta contidos do primeiro,indica que hai un longo camiño nesta desexablecolaboración. Citamos as wikipedias pola súaimportancia como traballo colaborativo e usona rede, pero hai outros proxectos semellantesque non deberiamos esquecer. Sirva de exemplopatrimoniogalego.net.

Enlazar contidos significa non só poñer a dis-posición enlaces a contidos patrimoniais doutrasinstitucións da memoria, senón enlazar contidospropios con contidos doutros. Supón taménfacer presentes na páxina principal da web, nosblogs e nas redes sociais as actividades que reali-zan outras institucións e asociacións ao redor dopatrimonio proporcionando o enlace correspon-dente.

Son algúns exemplos que serven para enredar-se co patrimonio e, ao tempo, adquirir concien-cia de que é o principal recurso que teñen asbibliotecas para dar servizo á súa comunidade epreservar un espazo propio na rede n