Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento...

22
1 q q q q # Filosofía: sentido e historia Bloque 1. O saber filosófico 1. Aproximación ao concepto de filosofía w 1.1. Orixe do termo w 1.2. O pensamento pre-racional: mito e maxia w 1.3. Do pensamento mítico ao logos w 1.4. División da filosofía 2. A filosofía e a súa historia w 2.1. A filosofía antiga w 2.2. A filosofía medieval w 2.3. Renacemento e filosofía moderna w 2.4. A filosofía contemporánea 3. A filosofía e as outras disciplinas w 3.1. Filosofía e ciencia w 3.2. Filosofía e relixión w 3.3. Filosofía e arte w 3.4. Filosofía e economía 4. Sentido e necesidade da filosofía w 4.1. O escándalo da filosofía w 4.2. Vixencia da actitude filosófica w 4.3. As novas prácticas filosóficas Vídeos Presentación C2201_R69591_020 114058.BK.indd 20 21/05/2015 13:47:32

Transcript of Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento...

Page 1: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

1q

q

q

q

#Filosofía: sentido e historia

Bloque 1. O saber filosófico

1. Aproximación ao concepto de filosofía w 1.1. Orixe do termow 1.2. O pensamento pre-racional:

mito e maxiaw 1.3. Do pensamento mítico ao logosw 1.4. División da filosofía

2. A filosofía e a súa historiaw 2.1. A filosofía antigaw 2.2. A filosofía medievalw 2.3. Renacemento e filosofía modernaw 2.4. A filosofía contemporánea

3. A filosofía e as outras disciplinasw 3.1. Filosofía e cienciaw 3.2. Filosofía e relixiónw 3.3. Filosofía e artew 3.4. Filosofía e economía

4. Sentido e necesidade da filosofíaw 4.1. O escándalo da filosofíaw 4.2. Vixencia da actitude filosóficaw 4.3. As novas prácticas filosóficas

Vídeos Presentación

C2201_R69591_020 114058.BK.indd 20 21/05/2015 13:47:32

Page 2: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

21

Deuses, titáns e musas da mitoloxía grega Ata a aparición da filosofía e da ciencia, todas as

culturas, incluída a nosa, atravesaron unha etapa

na que explicaban a realidade a través de relatos

protagonizados por seres fantásticos ou divinda-

des.

A orixe de calquera cultura está repleta de histo-

rias que nos contan como xurdiu ese pobo, que

deuses o protexían e de que maneira tamén foran

castigados por eles.

Neste vídeo podes coñecer algúns deses perso-

naxes:

http://links.edebe.com/2pqt

Sabías que as ciencias actuais teñen a súa orixe na filosofía?A miúdo fálase da filosofía como «a nai de todas as

ciencias». E é que nun principio, podemos dicir que

filosofía e ciencia non estaban diferenciadas. Co

tempo, algunhas das disciplinas deste tronco co-

mún pasaron a incorporar o método experimental e

os seus resultados comezaron a expresarse me-

diante ecuacións matemáticas, dando lugar ao na-

cemento da ciencia moderna.

No entanto, as distintas ciencias manteñen unha

relación de diálogo permanente coa filosofía,

dado que corresponde a esta última o ofrecer

unha visión da realidade que integre os diversos

saberes, tanto científicos como non-científicos.

Propoñémosche seguir a seguinte ligazón:

http://links.edebe.com/v3q

E unha película, un cadro ou unha canción..., poden ser filosóficos?As artes son un bo medio para reflexionar sobre

cuestións filosóficas. Nesta unidade vas descu-

brir que os problemas filosóficos non están tan

afastados da vida cotiá e que a filosofía se fai

preguntas que nos interesan a todos, e que, de

feito, todos nos formulamos. Propoñémosche que

vexas esta película e identifiques cuestións filosó-

ficas: O show de Truman (1998), de Peter Weir.

En contextoa > Que cres que nos pode achegar facernos pre-

guntas sobre o sentido da vida, en que consiste a felicidade, que significa ser libres etc.? Paréce-che que paga a pena pensar sobre estas cues-tións?

b > A orixe da filosofía relaciónase coa capacidade de asombro ante a realidade. O filósofo faise preguntas, porque o mundo que o rodea lle cha-ma a atención e esperta nel sentimentos de in-quietude e admiración. Atendendo a este aspec-to, atopas algunha relación entre o impulso que conduce á creación artística e o que está na base da reflexión filosófica? Que comparten e que as diferencia?

C2201_R69591_021 114058.BK.indd 21 21/05/2015 13:47:44

Page 3: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

22

bloque 1. o saber filosófico

1. Aproximación ao concepto de filosofía

Cal é a orixe do Universo? Terá fin? Hai algo despois da morte? Que sentido ten a miña vida? Por que son como son e que me distingue do resto dos animais? Por que debo obedecer as normas? Como podo distinguir o ben do mal? Se algunha vez te formulaches algunha, ou moitas, destas preguntas, entón a filosofía non che vai resultar algo estraño. E é que, a pesar da súa fama de escura, a filosofía pódese considerar unha actividade natural ao ser humano.

Con todo, concretar en que consiste non é tarefa fácil e, por iso, conviven e sucé-dense distintas concepcións e definicións. Iso débese fundamentalmente a que a filosofía, no seu afán por cuestionarse calquera verdade que se dá por estableci-da, tamén se cuestiona a si mesma. Así, a filosofía pode ser entendida como un saber que aborda cuestións que, pola súa complexidade, non poden ser obxecto de estudo doutras disciplinas, como, por exemplo, as preguntas sobre o sentido da existencia, a orixe de todas as cousas ou aquilo que fai que moitos obxectos «aparentemente» similares compartan ou non unha mesma esencia. Doutra ban-da, a filosofía tamén pode ser definida como «ciencia suprema», é dicir, algo así como a orixe do pensamento científico e como garante, hoxe en día, da súa fiabi-lidade. Aínda que hai tamén quen prefiren definir a filosofía como unha determi-nada actitude, isto é, unha actitude crítica sobre a forma de coñecer, sobre os obxectos de coñecemento e sobre o que se di deles.

Por todo isto, para esclarecer que é iso ao que chamamos filosofía, veremos cal é a etimoloxía do termo, e como xurdiu a filosofía na antiga Grecia, como supera-ción do pensamento pre-racional anterior.

1.1. Orixe do termo

A palabra filosofía provén do grego e significa literalmente ‘amigo ou amante (filo) da sabedoría (sofía)’. Así pois, etimoloxicamente, a filosofía consiste no desexo de coñecer. Case todas as culturas comparten este desexo. Con todo, cando falamos de filosofía, falamos dunha peculiar forma de saber: o que é racional, sistemático e crítico. E este, segundo os estudosos, non se deu desde sempre e en calquera lugar, senón que ten data de nacemento.

É tradicional situar o nacemento da filosofía nunhas coordenadas espazo-tempo-rais moi concretas: Xonia (colonia grega en Asia Menor), século vi a. C. Nese momento e lugar, o ser humano observa o que lle rodea, marabillado e estrañado, pero por primeira vez convencido da existencia dunha explicación racional capaz de desvelar a orde e o sentido oculto de todo iso. Nese momento podemos falar da aparición da filosofía.

Atribúese a Pitágoras de Samos o ser o primeiro en empregar o termo «filósofo», ao lanzar un paralelismo entre a situación do espectador dos xogos olímpicos e a condición do «amante do saber». A diferenza dos atletas, que buscan a fama e a gloria, ou os comerciantes, que van alí movidos polo lucro, atopámonos con aqueles outros, os espectadores, que acoden aos xogos simplemente para con-templar, desexosos de coñecer e entender canto ten lugar na area.

Con Platón, século e medio despois, o concepto de «filósofo» servirá para contrapoñelo ao de «sabio», atributo do que presumían os chamados sofis-tas, destacados expertos en oratoria e retórica, quen, doutra banda, defen-dían que non existían verdades absolutas. Platón cualifícaos de «falsos filó-sofos» e afirma que o labor que caracteriza a auténtica filosofía é a da

procura da verdade, o ben e a beleza.

PARA PENSAR

Un animal filosófico

Sabías que á filosofía se simboliza coa imaxe dunha curuxa? É unha ave nocturna e solitaria, cunha vi-sión de 360°, que adoita permane-cer expectante nas pólas máis altas das árbores antes de levantar o voo. Aristóteles afirmaba que o filósofo se parecía a estas aves, porque debe ter a capacidade de «voar» onde hai escuridade e confusión. Hegel vol-verá utilizar esta imaxe da curuxa para referirse á filosofía destacando que, como a curuxa, o filósofo le-vanta o seu voo cando xa anoiteceu, para facer referencia a que o filósofo chega cando xa ocorreu todo, por exemplo un suceso histórico, e que o que tenta é poñer un pouco de comprensión niso.

Filosofamos todos?

A filosofía é un asunto que non in-cumbe só ao profesor dela. Por moi raro que pareza, probablemente non hai home que non filosofe. Ou, polo menos, todo home ten momentos na súa vida nos que se converte en filósofo.

Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico.

AMPLÍA

1. Aproximación ao concepto de filosofía

1.1. Orixe do termo

1.2. O pensamento pre-racional: mito e maxia

1.3. Do pensamento mítico ao logos

1.4. División da filosofía

C2201_R69592_022 114058.BK.indd 22 21/05/2015 13:47:50

Page 4: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

23

unidade 1. filosofía: sentido e historia

1.2. O pensamento pre-racional: mito e maxia

Os mitos constitúen un dos primeiros intentos do ser humano de facerse cargo do mundo que o rodea: explicar e dominar a natureza e, tamén, comprender quen é el mesmo. Este tipo de narracións ocupou un lugar importante na evolución cul-tural de moitos pobos, entre eles o grego, porque os proveu das súas primeiras descricións e explicacións do mundo: da súa contorna natural, dos fenómenos atmosféricos, dos principais costumes, da vida de ultratumba etc.

Vexamos algúns dos trazos que comparten os mitos:

— Recorren a personaxes lendarios, por exemplo, deuses e heroes do Olimpo. No mito, as forzas da natureza están personificadas e divinizadas (antropo-morfismo).

— Son relatos imaxinativos ou fantásticos. Aínda que o coñecemento mítico se basea nunha atenta observación da natureza e na captación dos problemas fundamentais da existencia humana, as súas explicacións non son racionais, pois non se xustifican nin demostran. Os mitos non recorren a leis precisas e comprobables, senón á vontade caprichosa dos deuses, das súas disputas e amores. Así, na Grecia arcaica o cambio de estacións atribuíase aos estados de ánimo de Deméter (deusa da agricultura), motivados pola ausencia ou o regreso da súa filla Perséfone.

— O autor do mito é sempre descoñecido e colectivo, ao contrario do que ocorre nas teorías científicas ou filosóficas. Os mitos non son froito da creación cons-ciente e intencionada dunha persoa concreta a quen se lle poidan atribuír, se-nón que son consecuencia dunha formación lenta, espontánea e popular.

— Posúen un carácter tradicional e acrítico. Como os mitos son anónimos e, ademais, normalmente non están escritos, transmítense de pais a fillos. Os membros dunha cultura reciben o corpo de coñecementos que forma o siste-ma mitolóxico e acéptano, pero non participan activamente na súa formación. Desta maneira, non se adoitan revisar nin criticar. Acéptanse e asúmense tal como veñen dados pola tradición.

Neste mundo no que prevalecen as explicacións míticas e fantásticas do real, cos seus deuses e cos seus heroes, os rituais son unha maneira de enfrontarse e relacionarse co mundo. Os sacer-dotes son os portadores deste saber oculto, máxico, que permite facer fronte ás caprichosas forzas naturais, desde as enfermidades ata os sucesos naturais. Podemos ver na maxia unha forma de manipulación da natureza.

Para poder coñecer a vontade divina era frecuente que os gregos visitasen os oráculos, lugares sacros onde os deuses revelaban as súas intencións e as súas mensaxes eran tamén interpretadas polos sacerdotes.

O oráculo de Delfos, situado no monte Parnaso, estaba dedica-do ao deus Apolo e era un santuario ao que acudían os gregos para consultar os deuses. Alí, a Pitia ou Pitonisa entraba en éxtase frenética e revelaba a mensaxe divina.

PARA PENSAR

Mitoloxía na gran pantalla

Os temas mitolóxicos atraeron desde sempre o gran público e foron moti-vo de múltiples versións cinemato-gráficas. Propoñémosvos ver as pe-ripecias dun mitolóxico heroe grego no filme Hércules (2014), de Brett Ratner.

Actividade 2

C2201_R69593_023 114058.BK.indd 23 21/05/2015 13:47:59

Page 5: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

24

bloque 1. o saber filosófico

1.3. Do pensamento mítico ao logos

A filosofía xorde como un tipo de coñecemento distinto ao mitolóxico, ao redor do século vi a. C., cos pensadores da escola de Mileto. Por iso, a orixe da filosofía se adoita caracterizar coa expresión o paso do mito ao logos. Non existe, con todo, un acordo entre os investigadores sobre as razóns polas que a filosofía e o pensa-mento racional aparecen en Grecia e non antes ou noutro lugar. Deseguido pre-sentamos algunhas delas:

— O «milagre» grego: Defendido por John Burnet, considera que o pensamento racional apareceu sen orixe previa grazas á xenialidade dos gregos.

— Como resultado da evolución do pensamento mítico: Segundo Francis Mac-donald Cornford non todo no mito é arbitrario, senón que constitúen tamén un intento intelectual de achegarse á realidade e darlle sentido. Por iso, non hai unha barreira estrita entre mito e filosofía, senón que constituirían dúas for-mas sucesivas e complementarias de coñecemento.

— Debido a factores culturais e económicos: As polis gregas foron unha organi-zación política de pequenos estados independentes. A experiencia da demo-cracia, a prosperidade económica estimulada polo comercio, e o uso popular dun alfabeto fonético, que permitía reproducir por escrito a fala da rúa, su-puxeron unha explosión cultural e da vida pública.

O certo é que, exista ou non unha relación real entre unha e outra forma de pen-samento, se anteriormente a realidade era explicada por medio de narracións fa-bulosas, agora os datos que nos chegan a través dos sentidos empezan a ser ra-cionalizados segundo principios ou leis. Os fenómenos ou obxectos do mundo déixanse de entender como produto da vontade dos deuses e comezan a ser comprendidos segundo a súa natureza. Co pensamento filosófico trátase de ana-lizar a observación da natureza (physis) por medio do logos, o cal se caracteriza polo seu carácter:

— Racional, porque se basea en argumentacións lóxicas e en observacións da experiencia. A filosofía non se limita a sinalar que as cousas son dunha deter-minada maneira, senón que trata de descubrir por que son precisamente así.

— Sistemático, xa que esixe que todas as súas afirmacións estean relacionadas e xerarquizadas, de forma que a explicación de cuestións particulares se ba-sea na de aspectos máis xerais. En filosofía, os coñecementos están ordena-dos e, dentro do sistema que forman, non se admiten incoherencias.

— Crítico, pois non admite nada sen un exame racional e sostén que todo coñe-cemento pode ser rexeitado se se argumentan razóns.

PENSAMENTO RACIONAL

Todos os fenómenos teñen unha natureza e uns principios ou causas naturais que permiten o seu coñecemento. O mundo é un lugar ordenado, rexido por leis fixas e estables.

Válese da razón para coñecer as leis que rexen o mundo.

O coñecemento racional está en constante revisión e, por iso, é sensible a novas expli-cacións que melloren as existentes.

Trátase dunha explicación crítica.

PENSAMENTO MÍTICO

Os fenómenos da natureza non se poden coñecer ou predicir porque suceden se-gundo o capricho dos deuses. O mundo é, polo tanto, caótico e arbitrario, sen leis fixas.

Explica o mundo por medio de relatos fan-tásticos.

As explicacións míticas non aceptan a re-visión, constitúen un coñecemento ou ex-plicación acabado e pechado.

Trátase dunha explicación tradicional.

As DiferenzAs Do pensAmento: mito e logos

Máximas con mensaxe

O pobo grego en xeral e os seus poetas, artistas e filósofos, en con-creto, sempre tiveron unha visión práctica da sabedoría tal como po-des apreciar nestas máximas da época en que se produce o nace-mento da filosofía.

«Nada con exceso, todo con medida». (Solón de Atenas)

«Non desexes o imposible». (Quilón de Esparta)

«Non embelezas o teu aspecto, sé fermoso nos teus actos». (Tales de Mileto)

«Sabio é o que coñece o útil, non o que coñece moitas cousas». (Esquilo)

FÍXATE

Da palabra falada á escrita

Os mitos gregos chegaron a nós grazas a que progresivamente foron perdendo o seu carácter oral e co-mezaron a ser escritos para non desaparecer. Obras como a Ilíada ou a Odisea de Homero ou a Teogonía de Hesíodo, escritas todas elas no século viii a. C., aúnan distintos rela-tos de carácter épico ou fantástico que circulaban de forma oral por todo o Mediterráneo.

CURIOSIDADES

Actividades 3 e 4

C2201_R69594_024 114058.BK.indd 24 21/05/2015 13:48:07

Page 6: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

25

unidade 1. filosofía: sentido e historia

1.4. División da filosofía

Xa sabemos que, fronte a outras disciplinas, a filosofía caracterízase polo seu ta-lante racional e crítico. Pero de que se ocupa?, cal é o seu obxecto de estudo?

Pola súa vocación universalista, a filosofía pretende ocuparse de toda a realida-de. Con todo, este ámbito é tan amplo que, co paso do tempo, a filosofía foise especializando e dividindo en distintas ramas, segundo o problema e a perspecti-va utilizada.

Lóxica

Recibe o nome do ter-mo grego logos, ‘ra-zón’, ‘palabra’... e ocú-pase dos razoamentos expresados lingüistica-mente. Estuda a súa estrutura, a súa forma e a súa corrección, e establece cando un ra-zoamento está ben construído e podemos, polo tanto, estar segu-ros da validez da súa conclusión.

EpistEmoLoxía

Tamén se coñece como teoría do coñe-cemento e ocúpase de cuestións como: que é o coñecemento, tipos e formas de coñecemen-to, a ciencia, os límites do que podemos coñe-cer... Esta rama da filo-sofía é unha das que goza de maior popula-ridade actualmente.

Ética

Esta rama filosófica ten como obxecto os códi-gos morais; así, analiza as nosas normas mo-rais, a súa fundamen-tación, a súa validez, a súa universalidade... É outra das ramas clási-cas da filosofía e aque-la que nos pode axu-dar a levar unha boa vida.

EstÉtica

É a rama da filosofía interesada pola arte e a beleza en xeral. Aínda que o interese e a re-flexión acerca do artís-tico son tan antigos como o ser humano, como disciplina filosó-fica, a estética ten un nacemento recente (século xviii).

mEtafísica

Etimoloxicamente, sig-nifica ‘máis alá (meta) da física’ e designa a parte da filosofía que se ocupa do ser, é di-cir, das propiedades de todo o que é ou existe, independente-mente do que sexa. Esta rama da filosofía é das máis antigas e, para moitos, é a carac-terística da actividade filosófica.

FILOSOFÍA

Esta obra, titulada La parade (1889), de George-Pierre Seurat, é un exemplo da visión holística que persegue a filosofía. Coa técnica do puntillismo, o autor pretende recrear con simples puntos as par-tes que conforman o todo.

Estas son as principais ramas da filosofía:

Ademais destas disciplinas filosóficas, polo seu carácter interdisciplinario, a filo-sofía ocúpase non só de todo o ámbito do real, senón tamén da validez e da fun-damentación doutras disciplinas. Por iso, existe unha extensa lista de filosofía de...; por exemplo: filosofía da cultura, da mente, do dereito, da linguaxe...

Máis alá das aparencias

O prefixo meta quere dicir ‘máis alá de’ e a física é a ciencia que estuda a materia da que está feito o mundo. Por esta razón a metafísica é a primei-ra disciplina filosófica, xa que analiza as cousas do mundo máis alá da súa parte material, que pode cambiar, para centrarse na súa natureza inma-terial, que sempre é a mesma. A natu-reza inmaterial fai que as cousas se-xan o que son, amosando a súa auténtica natureza.

AMPLÍA

Beleza e bondade, van da man?

Que relación pode existir entre a liber-dade, o belo ou a espontaneidade? Existe relación entre o belo e o bo? Este vídeo expón esta e outras cues-tións, ademais de propoñer unha bre-ve revisión sobre o concepto de estéti-ca:

http://links.edebe.com/sws

INTERNET

Actividades 1 e 5

C2201_R69595_025 114058.BK.indd 25 21/05/2015 13:48:21

Page 7: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

26

bloque 1. o saber filosófico

2. A filosofía e a súa historia

O paso do mito ao logos que ten lugar na antiga Grecia irase desenvolvendo a través dos séculos nun diálogo permanente ao que se irán sumando os grandes pensadores de todos os tempos. Neste apartado coñeceremos as grandes etapas da historia da filosofía, así como os representantes máis destacados das distintas escolas. Sen dúbida, as súas achegas pódennos ser de grande axuda á hora de formar cada un de nós a nosa propia filosofía.

2.1. A filosofía antigaA filosofía naceu nas colonias gregas da Asia Menor e de Italia no século vi a. C. Os seus primeiros representantes preguntáronse sobre a orixe da natureza (physis) e se a multiplicidade das cousas que vemos a diario podía en realidade obedecer ás distintas maneiras de manifestarse un único principio (arkhé). Entre eles figuraron Tales, Anaximandro, Empédocles, Pitágoras, Heráclito e Parménides.

O primeiro xiro substancial no obxecto de estudo da filosofía foi achegado polos sofistas (séculos v-iv a. C.), que se centraron no concepto de «verdade» e explo-raron as posibilidades lóxicas da linguaxe, así como a súa aplicación á política. Sócrates reprochoulles a súa atención polo útil en detrimento do verdadeiro, e propuxo aos seus contemporáneos a procura da virtude mediante o cuestiona-mento de toda convicción subxectiva.

Platón, discípulo de Sócrates, afirmou que ademais do mundo físico, material e cambiante, existía outro plano do ser, fóra do espazo e do tempo, de carácter in-mutable e perfecto, no que se atopan as verdadeiras definicións dos conceptos universais. Denominou a esta realidade mundo intelixible ou mundo das ideas. Dado que as nosas almas xa habitaron orixinalmente en devandito mundo, segun-do Platón o coñecemento consiste en chegar a lembralas, pois ao introducirse a alma no corpo, prodúcese unha amnesia. E aqueles que sexan capaces de esper-tar en maior medida o recordo desas ideas deberanse converter nos gobernantes das polis.

Do mesmo xeito que Sócrates e Platón, Aristóteles manterá tamén unha posición crítica cos sofistas e defenderá a existencia de verdades obxectivas. Permaneceu durante vinte anos na Academia platónica, sendo despois titor do mozo Alexandre Magno, ata que finalmente creou en Atenas a súa propia escola, o Liceo. Nela levou a cabo un intenso labor de clasificación sistemática de todos os saberes, desde a bioloxía ou a física, ata a lóxica ou a política.

Tras a morte de Alexandre Magno no 323 a. C. iníciase a etapa da filosofía hele-nística, onde o paso das polis ao Imperio vai dar lugar a novas escolas. Estoicis-mo, epicureísmo e escepticismo serán as propostas filosóficas que alcanzarán maior recoñecemento. As tres vanse caracterizar, entre outras cousas, por aten-der especialmente á cuestión de como debemos vivir para alcanzar unha existen-

cia máis feliz. Estas doutrinas filosóficas gregas pervivi-ron en tempos do Imperio Romano. Cabe destacar tamén que nos séculos iii e iv adquire gran notoriedade en Exipto o neoplatonismo, no que destacaron Plotino e Hipatia de Alexandría, quen interpretaron desde unha visión mística a doutrina de Platón.

BIOGRAFÍA

Pitágoras de Samos

O filósofo grego Pitágoras, anterior a Sócrates, foi o grande impulsor das matemáticas e fundador dunha im-portante irmandade de carácter re-lixioso na que se cultivaban a filosofía, as matemáticas e outras disciplinas. Viviu entre o 580 e o 495 a. C. e de-dicou as súas investigacións a coñe-cer a natureza por medio das mate-máticas, concluíndo que a esencia de todo o que nos rodea estaba nos nú-meros. Para el, as cousas están rela-cionadas cos números, e esta relación íntima observábase na astronomía e na música.

2. A filosofía e a súa historia

2.1. A filosofía antiga

2.2. A filosofía medieval

2.3. Renacemento e filosofía moderna

2.4. A filosofía contemporánea

Os primeiros filósofos dedicáronse ao estudo da natureza e busca-ban o principio ou os principios que se agochan tras a variedade de formas.

Actividade 7

C2201_R69596_026 114058.BK.indd 26 21/05/2015 13:48:33

Page 8: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

27

unidade 1. filosofía: sentido e historia

2.2. A filosofía medieval

Co fin do Imperio romano (século v), e unha vez consolidado o cristianismo como relixión oficial dos seus antigos territorios, iníciase a chamada Idade Me-dia. Durante este período entendeuse que a función da filosofía era fundamen-talmente a de axudar a clarificar o significado da doutrina teolóxica cristiá, polo que buscou explicacións complementarias, a través do exercicio racional, aos ensinos das Sagradas Escrituras, consideradas verdades inapelables.

A primeira escola filosófica cristiá medieval recibe o nome de patrística, e a súa principal figura é Santo Agostiño. Nas súas obras tratará todas as cuestións que se van converter en temas fundamentais deste período: a relación entre razón e fe, a iluminación e o amor como vía de coñecemento, o libre albedrío, o concep-to de tempo etc. Segundo o bispo de Hipona, é necesario «crer para entender»: fe e razón están chamadas a colaborar, pero partindo da preeminencia da fe sobre a razón. Agora ben, crer é algo razoable, de modo que a razón prepara o camiño da fe, e unha vez se alcanza esta fe, axuda a afondar no sentido da revelación.

A partir do século xii, a filosofía de Aristóteles foi reintroducida na Euro-pa cristiá a través de traducións e comentarios de autores árabes (Ave-rroes, Avicena). Ideas aristotélicas como as da orde e a finalidade apli-cadas á natureza foron asimiladas polo pensamento cristián, e deron lugar ao movemento coñecido como escolástica, cuxos principais repre-sentantes foron San Tomé de Aquino e Duns Escoto. San Tomé presentará cinco vías para argumentar racional-mente en favor da existencia de Deus, pois entenderá que a Deus se pode chegar tanto a través da razón como da fe (que en ningún caso se poden contradicir mutuamente). No entanto, haberá algunhas verdades que só son accesibles mediante a fe, por exemplo o misterio da Trindade.

No século xiv, o frade franciscano Guillerme de Occam, máximo expo-ñente do nominalismo, criticou un dos principios básicos da escolásti-ca, a existencia real dos universais. Para Occam, os conceptos xenéricos son creacións humanas que nos permiten ordenar o mundo, pero non ten sentido atribuírlles auténtica entidade. O único que existe realmente son os individuos particulares, sendo os nomes simples con-vencións humanas para referirse a tales obxectos. Por exemplo, a bondade como tal non existe, é un mero nome ou en todo caso unha abstracción mental, o que si existen son as accións boas concretas que realizamos.

Duccio di Buoninsegna, O descendemento da cruz, 1500.

San Xoán Damasceno afirmou no século viii: «Philosophia ancilla theologiae» (A filosofía está ao servizo da teoloxía).

Actividade 8

C2201_R69597_027 114058.BK.indd 27 21/05/2015 13:48:43

Page 9: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

28

bloque 1. o saber filosófico

2.3. Renacemento e filosofía modernaA partir do século xv xeneralizouse en Europa o mo-vemento coñecido como Renacemento, unha corrente de renovación cultural inspirada nos clásicos gregos e latinos. Aínda que persis-te unha visión cristiá do mundo, este pe-ríodo caracterízase polo humanismo: si-túase ao home no centro da reflexión filosófica como ser natural e histórico, que se realiza a través do cultivo das ar-tes e das ciencias.

O novo auxe da investigación científica propiciará a revolución científica protago-nizada por Copérnico, Kepler e Galileo, en-tre outros. Tamén foi unha época de intensa reflexión política, coa creación do xénero da utopía. Nicolao de Cusa, Marcelo Ficino, Pico della Mirandola, Giordano Bruno, Eras-mo de Róterdan, Tomé Moro e Francis Bacon son figuras senlleiras do pensamento rena-centista.

Herdeira do Renacemento é a filosofía da Modernidade (séculos xvii-xviii), orienta-da de modo principal cara á teoría do coñecemento, é dicir, o estudo dos proce-sos e límites da razón humana. Xurdiron así dúas escolas filosóficas de formula-cións diferentes, a racionalista e a empirista.

O racionalismo (Descartes, Malebranche, Spinoza, Leibniz) sostivo a superiori-dade da razón sobre os sentidos para alcanzar o coñecemento. Segundo os racio-nalistas, se a ciencia se limitaba ao experimentable, a filosofía debía ir máis alá, en busca dos primeiros principios do coñecemento, só alcanzables pola razón. Como modelo de coñecemento, os racionalistas escolleron as matemáticas, e aplicaron a súa estrutura ao mundo físico, sentando así as bases metodolóxicas da ciencia moderna.

O empirismo (Hobbes, Locke, Berkeley, Hume) mantiña que a razón debía tomar sempre como punto de partida os datos dos sentidos, pois pola contra nada ga-rantía que as súas especulacións puidesen ser verdadeiras. Segundo os empiris-tas, cando nacemos a nosa mente non posúe ningún contido, é unha folla en branco, e a partir da experiencia adquirimos os contidos cos que debe operar o noso entendemento.

Durante o Século das Luces (século xviii) ata 160 ilustrados franceses intervirán na produción dunha obra monumental, a Encyclopedie, a primeira enciclopedia moderna, baixo a dirección de Diderot e D’Alembert. Colaborarían nela entre outros Montesquieu, Rousseau ou Voltaire. Nesta obra ofrecíase unha nova vi-sión da vida, que rompía coas crenzas tradicionais. A intención era fomentar a li-berdade de pensamento e o espírito crítico, como reflectirá a máxima de Kant, o principal ilustrado alemán: Sapere aude (Atrévete a saber).

Os ilustrados reclamarán a emancipación do home e a súa saída «da minoría de idade» na que o sumiu a tradición. No seu cuestionamento do Antigo Réxime plantarán as sementes das futuras revolucións que terán lugar no último terzo de século. Xa na primeira metade do século xix o romanticismo alemán representado por Goethe suporá unha exaltación da liberdade e do sentimento, fronte aos ríxi-dos esquemas da Ilustración. Fichte, Schelling ou Hegel serán os filósofos máis destacados do idealismo alemán. As revolucións liberais do século xix inspiraran-se neste movemento artístico e cultural.

A dúbida máis filosófica

René Descartes, autor entre outras obras do Discurso do método, é considerado o pai da filosofía mo-derna. Na súa filosofía parte da dú-bida metódica: non dar nada por certo mentres non teñamos a garan-tía absoluta da súa verdade. Iso le-varao a dubidar de todo, ata chegar ao famoso «Penso, logo existo».

Un verdadeiro atrevemento

Sapere aude  é unha  locución lati-na que significa «atrévete a saber», aínda que se adoita interpretar como «ten o valor de usar a túa propia ra-zón» ou «atrévete a pensar». A súa divulgación débese ao filósofo  Im-manuel Kant  no seu ensaio  Que é a  Ilustración?, aínda que o seu uso orixinal dáse na Epístola II de Hora-cio  do  Epistularum liber primus: Dimidium facti, qui coepit, habet: sapere aude, / incipe  (Quen come-zou, xa fixo a metade: atrévete a sa-ber, empeza).

PARA LER

AMPLÍA

Actividade 9

O interese polo ser humano durante o Renacemento levou a Leonardo da Vinci a estudar as proporcións anatómicas do home no seu Home de Vitruvio.

C2201_R69598_028 114058.BK.indd 28 21/05/2015 13:48:53

Page 10: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

29

unidade 1. filosofía: sentido e historia

2.4. A filosofía contemporánea

A pesar da diversidade de correntes e tendencias, se algunha característica defi-ne sen dúbida á filosofía contemporánea é o seu talante crítico e a súa actitude de denuncia e sospeita.

Esta actitude é especialmente patente nas correntes filosóficas que inauguran o século xix: o marxismo, a psicanálise freudiana ou o irracionalismo de Nietzsche. Pero tamén, en certa medida, en cada unha destas correntes da filosofía actual:

Xorde como reacción fronte ao esaxerado cientificismo do século xix. A principal achega da fenomenoloxía é situar o suxeito, o eu, no centro do coñecemento e considerar que a filosofía debe ser unha descrición da realidade fenoménica, non a física e cuantificable da ciencia, senón a que se amosa tal e como é á conciencia.

FENOMENOLOXÍA Edmund Husserl (1859-1938) Max Scheler (1874-1928)

NEOPOSITIVISMO E FILOSOFÍA ANALÍTICA Bertrand Russell (1872-1970) Ludwig Wittgenstein (1889-1951)

EXISTENCIALISMO Martin Heidegger (1889-1976) Jean-Paul Sartre (1905-1980)

PERSONALISMO Emmanuel Mounier (1905-1950) Jacques Maritain (1882-1973) ESTRUTURALISMO Claude Lévi-Strauss (1908-2009) Louis Althusser (1918-1990) Michel Foucault (1926-1984)

HERMENÉUTICA Hans-Georg Gadamer (1900-2002) Paul Ricoeur (1913-2005)

ESCOLA DE FRANKFURT Max Horkheimer (1895-1973) Theodor Adorno (1903-1969) Jürgen Habermas (1929)

Actividade 6

Ambas as correntes caracterízanse pola súa clara inspiración empirista, polo seu interese pola ciencia e o coñecemento. Pero, sobre todo, destacan pola impor-tancia atribuída á linguaxe. Segundo esta corrente, moitos dos problemas filosó-ficos están causados por unha errónea interpretación deste. Por iso, o que debe facer a filosofía é analizar e clarificar a linguaxe.

Desenvólvese nun momento histórico de especial dureza e desarraigamento: o período das dúas guerras mundiais, e a tensa guerra fría que as sucedeu. Carac-terízase, sobre todo, pola crenza radical na liberdade e no desamparo do ser humano, así como pola convicción de que a súa existencia só terá o sentido que el lle decida dar.

Corrente filosófica que se caracteriza polo recoñecemento do valor e a dignidade da persoa como principio fundamental. Neste sentido xeral, o personalismo é unha actitude e tendencia que estaría presente na tradición filosófica europea desde o Renacemento. Agora ben, no século xx pódese falar dunha corrente personalista específica, cunha clara inspiración cristiá, xa que o concepto de persoa é unha achega xenuína do cristianismo.

Do mesmo xeito que o estruturalismo, trátase, en principio, dun método propio das ciencias humanas. Agora ben, polos seus supostos e conclusións, é plena-mente unha concepción e mais unha corrente filosófica. Caracterízase por rei-vindicar que os acontecementos e ámbitos do humano non se poden coñecer mediante unha descrición obxectiva, senón que requiren unha comprensión ou interpretación (hermenéutica) inevitablemente subxectiva.

Cunha inspiración freudomarxista, a escola de Frankfurt xurdiu como reacción a un mundo tecnificado, no que as prioridades eran exclusivamente a eficacia e a produtividade, ao custo que fose. Pola contra, esta corrente propón unha crítica radical precisamente da técnica, da ciencia, do consumismo, da cultura masifi-cada..., é dicir, de todo aquilo que contribúe a deshumanizar a nosa sociedade.

Xurdiu como método de estudo das ciencias humanas, baseado no convence-mento de que a cultura, a linguaxe, a historia... forman sistemas e que estes se deben estudar analizando a súa estrutura. A expansión deste método e as con-secuencias que del se desprenden convertérono nunha corrente filosófica carac-terizada por proclamar a próxima desaparición do ser humano no estudo das ciencias humanas, ao estar o ser humano supeditado á estrutura.

C2201_R69599_029 114058.BK.indd 29 21/05/2015 13:48:59

Page 11: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

30

bloque 1. o saber filosófico

3. A filosofía e as outras disciplinas

Como viches, na súa orixe a filosofía caracterizábase por un amor á sabedoría que non distinguía entre tipos de saber. Os grandes pensadores da Antigüidade trata-ron xa de case todos os temas que interesan á filosofía, pero que pertencían a distintos ámbitos: ciencia, política, literatura, arte… Entón, o saber non estaba tan compartimentado como actualmente. Co tempo, fóronse desprendendo do gran tronco común as distintas ramas do saber ou disciplinas.

Con todo, desta orixe común consérvase unha estreita relación da filosofía con outras áreas do coñecemento como a ciencia, a literatura, a arte ou mesmo a re-lixión. Nalgúns casos estas relacións foron controvertidas pero, na maioría, foron proveitosas para o seu desenvolvemento.

3.1. Filosofía e ciencia Tales de Mileto (630-546 a. C.), ao que consideramos o primeiro filósofo, é tamén o primeiro astrónomo e matemático; é dicir, o primeiro científico. O caso de Tales non é excepcional. Actualmente, considerariamos que Pitágoras, Aristóteles ou Descartes eran científicos ademais de filósofos.

Durante moitos séculos, non houbo distinción entre a actividade filosófica e a científica, pois en ambos os casos:

— Son saberes racionais e sistemáticos que pretenden atopar verdades univer-sais sobre o mundo.

— Comparten o mesmo obxecto de estudo. Formúlanse preguntas similares: Cal é a orixe do Universo? E a súa constitución? Como xurdiu a vida? Por que so-mos como somos? Onde está o límite do que podemos coñecer?

Con todo, a partir do século xvi e do nacemento da ciencia moderna, prodúcese un gradual afastamento entre filosofía e ciencia, posto que as ciencias experimen-tais incorporan a linguaxe matemática e deben ser comprobables na experiencia para ser aceptadas como válidas.

A pesar de que xa non se poidan identificar, a relación entre filosofía e ciencia se-gue sendo estreita, xa que unha parte da filosofía se ocupa de analizar, valorar e cuestionar os métodos, a fiabilidade, os límites da ciencia e as súas implicacións.

3.2. Filosofía e relixión A relación entre filosofía e relixión viviu os seus altibaixos: momentos de profunda conexión e momentos de distanciamento; pero, a pesar diso, o que é indubidable é que entre ambas se dan numerosas coincidencias e diverxencias.

Ciencia e xustiza

Os avances científicos fan que as reflexións filosóficas sobre a ciencia e o seu alcance sexan do todo nece-sarias nunha sociedade xusta. Pro-poñémosche a lectura deste artigo sobre a relación entre estas dúas disciplinas:

http://links.edebe.com/rgg

PARA LER

Fe e razón

Nesta cita, San Tomé de Aquino ar-gumenta a superación da confronta-ción entre fe e razón: «O natural-mente innato na razón é tan verdadeiro, que non hai posibilidade de pensar na súa falsidade. E me-nos aínda é lícito crer falso o que posuímos pola fe, xa que foi confir-mado tan evidentemente por Deus. Logo como só o falso é contrario ao verdadeiro […] non hai posibilidade de que os principios racionais sexan contrarios á verdade da fe». San Tomé de Aquino, Suma contra os xentís, Libro i, cap. vii.

PARA PENSAR

Comparten inquietudes e problemas: o sentido da existencia, a transcendencia do ser humano, a existencia de Deus...

Intereses similares

Dimensión práctica

COINCIDENCIAS FILOSOFÍA-RELIXIÓN

Constitúe unha forma de saber racional e crítica que, a miúdo, comporta incerteza e dúbida.

É unha forma de saber baseada na fe e que, polo tanto, se ca-racteriza pola crenza nas verdades reveladas.

Filosofía

Relixión

Tipo de saber

DIVERXENCIAS FILOSOFÍA-RELIXIÓN

Francisco de Zurbarán, Apoteose de San Tomé de Aquino, 1631.

3. A filosofía e as outras disciplinas

3.1. Filosofía e ciencia

3.2. Filosofía e relixión

3.3. Filosofía e arte

3.4. Filosofía e economía

Preténdennos ensinar a levar unha boa vida, polo que nos ofre-cen preceptos ou normas de como debemos actuar.

Actividades 10 e 11

C2201_R69600_030 114058.BK.indd 30 21/05/2015 13:49:09

Page 12: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

31

unidade 1. filosofía: sentido e historia

3.3. Filosofía e arte

Deixando a un lado a reflexión estética, a filosofía mantivo unha estreita relación coa arte e expresouse á súa vez por medio de distintas manifestacións artísticas: a literatura, a pintura, a escultura, os medios audiovisuais… Todos os campos da arte emprenderon un diálogo histórico cos problemas que incumben á filosofía, se non coa intención de dar unha resposta ou alcanzar unha solución, si polo menos como forma de expoñelos e convidar o espectador a reflexionar sobre eles.

Á súa vez, moitos filósofos recorreron a vías artísticas para expresar o seu pensamento. Non esquezamos que os diálogos platónicos conforman au-ténticas obras literarias, que pensado-res como Schopenhauer, Nietzsche ou Kierkegaard recorreron ao aforis-mo ou á retórica literaria para compo-ñer as súas obras principais, e que xa, desde os seus inicios, moitos dos problemas da filosofía foron expostos nas traxedias gregas.

O teatro de Sartre, no que se reflexio-na sobre a existencia e o ser humano, obras cinematográficas como O ceo sobre Berlín ou Orixe, a fotografía de Chema Madoz ou a literatura de Milan Kundera, amosan como as artes po-den ser un vehículo para expresar os problemas filosóficos.

3.4. Filosofía e economía

A reflexión filosófica non pretende quedar nun plano meramente teoricista, senón que ten a vontade de dar lugar a aplicacións prácticas, como se pon claramente de manifesto cando pensamos na relación que mantén co discurso moral ou polí-tico, cos estudos sociolóxicos, cos vínculos que a retroalimentan coas diversas concepcións artísticas, coa estreita conexión que garda con determinadas escolas de psicoloxía, e tamén, naturalmente, coa discusión acerca da actividade econó-mica.

A economía é unha ciencia relacionada coa administración dos bens de que dis-pón un grupo de individuos ou unha sociedade no seu conxunto. Desde este punto de vista, posto que condiciona os nosos hábitos ou costumes, non pode deixar de estar vinculada ao exercicio da virtude e a unha concepción moral. Por esta razón, ao longo da historia, a economía foi de grande interese para certas esferas ou reflexións propiamente filosóficas relacionadas coa filosofía aplicada.

A discusión sobre as vantaxes e inconvenientes dos distintos sistemas económi-cos, a análise dos efectos da globalización na sociedade de consumo ou a crítica sobre o tipo de relacións interpersoais que teñen lugar no ámbito empresarial son algunhas das cuestións que forman parte dos debates filosóficos que teñen lugar dentro do marco que conecta a filosofía e a economía.

Fotograma de O ceo sobre Berlín (1987), de Win Wenders.

Actividades 12, 13 e 14

C2201_R69601_031 114058.BK.indd 31 21/05/2015 13:49:19

Page 13: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

32

bloque 1. o saber filosófico

4. Sentido e necesidade da filosofía

A pesares das pretensións de racionalidade que atri-buímos á filosofía, compro-bar a heteroxeneidade das achegas filosóficas ao longo da historia poderianos levar a conclusións pesimistas so-bre o seu sentido e necesi-dade, no que algúns autores chamaron o escándalo da filosofía. Con todo, unha análise detallada da actitude filosófica reafirmaranos na súa vixencia e actualidade.

4.1. O escándalo da filosofía

Son varios os aspectos que levaron aos detractores da filosofía a falar de escánda-lo filosófico. Repasemos algunhas das críticas máis contundentes que se lle fixe-ron:

— A falta de acordo na metodoloxía, nos orzamentos e nas diversas teorías expli-caría a variedade de correntes filosóficas contraditorias.

Despois de séculos de actividade filosófica, non parece haber progreso signi-ficativo, xa que, a miúdo, o pensamento dun autor non supón a superación do pensamento de autores anteriores, senón que pode constituír un cambio de perspectiva radical ou un rexeitamento total das conclusións ás que se che-gou. A filosofía, ademais, non parece alcanzar resultados positivos como a ciencia. As preguntas e os problemas que se expoñen quedan abertos e sen solución definitiva.

— O seu carácter residual. Aínda que a filosofía empezou sendo unha forma de saber universal que abarcaba todos os ámbitos de coñecemento, co tempo, fóronse desprendendo do gran tronco común as actuais ciencias específicas: a física, a psicoloxía, a socioloxía, a lingüística… Para algúns pensadores, o que aínda forma parte da filosofía son futuras ciencias que aínda non lograron a madurez suficiente para independizarse.

— A futilidade dos seus problemas. Para algúns pensadores, os problemas filo-sóficos son sutís pasatempos carentes de importancia; é dicir, complexas discusións acerca de cuestións que non teñen ningunha relevancia na vida práctica ou no avance do coñecemento científico.

— O seu hermetismo. Por unha banda, porque o emprego dunha terminoloxía moi especializada convértea nunha actividade reservada aos doctos e espe-cialistas. E, por outro, polo carácter insoluble das cuestións das que se ocupa, xa que, a pesar do profundo interese que supoñen para o ser humano cues-tións como a relación mente-corpo, a verdade, o máis alá..., parece imposible darlles unha solución satisfactoria.

A pesar deste desacordo, hai algo común nas formulacións filosóficas. É o que se chamou a actitude filosófica, que nace directamente da admiración e do asom-bro ante a realidade.

Para que serve a filosofía?

Reflexiona sobre este texto que xira ao redor da utilidade ou non da filo-sofía:

«Tedes razón: francamente a filoso-fía pode amolar o seu público… En primeiro lugar, cando fai uso, pero sobre todo, cando abusa de termos complicados: ataraxia, fenomeno-loxía, noúmenos, eidética, e outros termos imposibles de pronunciar, memorizar ou utilizar. Despois, can-do se entusiasma por cuestións que parecen carentes de interese ou ri-dículas: por que hai algo máis ben que nada? […] Ou cando engade ao inconveniente das palabras imposi-bles o das preguntas extravagantes. Por exemplo, como son posibles os xuízos sintéticos a priori? […] Por último, a materia pode fartarvos se persiste en privilexiar as preguntas sen preocuparse xamais de achegar respostas.»

Onfray, M., Antimanual de filosofía.

PARA LER

A filosofía foi criticada polo seu hermetismo e elitismo, xa que se percibe como un ámbito accesible só a unha elite in-telectual.

4. Sentido e necesidade da filosofía

4.1. O escándalo da filosofía

4.2. Vixencia da actitude filosófica

4.3. As novas prácticas filosóficas

Actividade 15

C2201_R69602_032 114058.BK.indd 32 21/05/2015 13:49:28

Page 14: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

33

unidade 1. filosofía: sentido e historia

4.2. Vixencia da actitude filosófica

Para moitas persoas cabe recoñecer que a filosofía ten hoxe en día tanta razón de ser como a podía ter en calquera outra época. De igual maneira que outras mani-festacións do espírito humano, como a arte por exemplo, o filosofar forma parte de nós de maneira esencial, polo que a actitude filosófica segue tendo o mesmo valor e actualidade que tivo na cultura grega. Vexamos algunhas das característi-cas da filosofía que fan que isto sexa así:

— Problematizadora. Aínda que o pensamento filosófico foi variando, sempre se caracterizou por ser unha maneira peculiar de abordar os problemas, máis que de resolvelos. Precisamente, o valor da filosofía non reside tanto nas res-postas que proporciona, coma nas preguntas que formula. Comprobarémolo nas seguintes unidades: a filosofía cuestiona moitas das nosas intuicións bá-sicas (o significado de verdade, a posibilidade de coñecemento…).

— Universalista e interdisciplinaria. Non se limita a un certo ámbito, senón que trata de abarcar toda a realidade. A filosofía serve, ademais, para establecer unións entre as distintas ciencias, entre a ciencia e a vida cotiá, entre a cien-cia e a ética, entre esta e a arte... O estadounidense R. Rorty considera que o filósofo é un «intelectual de uso múltiple», porque non ten problemas que sexan exclusivos da súa disciplina.

— Crítica. Supón unha investigación radical, pois ataca os temas de raíz sen dar nada por suposto. A filosofía cuestiona todo o que ten algunha pretensión de coñecemento. Tenta descubrir erros, falacias e manipulacións ideolóxicas. Todo iso porque a filosofía persegue a emancipación do xénero humano de calquera subxugación cultural, política ou, mesmo, científica.

— Clarificadora. Moitos problemas débense a confusións creadas por unha comprensión deficiente da nosa linguaxe. Por iso, para autores como Wittgenstein, a filosofía é unha actividade consistente na análi-se conceptual. O seu obxectivo é liberador, pois moitos erros conceptuais atrápannos sen que vexamos a forma de saír deles. Segundo Wittgenstein, «atrápannos da mesma maneira en que unha mosca queda aprisio-nada nunha botella». O valor e a función da filoso-fía será axudarnos a saír dela.

— Práctica. Aínda que en moitos casos presenta un alto grao de abstracción, o seu interese é, case sempre, orientarnos na vida. Por iso se dixo que a filosofía é unha arte de vivir e que, se non serve para a vida, non serve para nada. Como todos queremos acertar na nosa maneira de vivir, e evitar así o sen sentido e a desgraza, necesitamos un sa-ber que non admita nada por suposto e que nos poida orientar e conducir a terra firme.

Se lestes na páxina anterior o texto de Onfray, propómosvos que conti-nuedes… «Pero tamén poida que non teñades razón completamente: a filosofía pódese practicar con au-téntico pracer. Ante todo, precise-mos que o vocabulario técnico ou especializado pode ser necesario. Concédeselle sen problemas ao mé-dico ou ao mecánico que poden fa-lar, o un dunha arteriola, o outro dun balancín, sen suscitar o reproche: en ocasións, o emprego de vocabu-lario especializado pódese revelar indispensable. En filosofía, case sempre é mellor evitalo e inclinarse por vocabulario corrente. Pero se non é posible, porque a cuestión un tanto fina necesita instrumentos axeitados, podemos recorrer a el sen esaxerar. […]

En canto ás cuestións aparente-mente extravagantes, podedes ter razón: algunhas só proveñen de persoas que se especializan excesi-vamente na disciplina. A vós non vos axexa ese perigo… Deixádello aos verdadeiros afeccionados. E por

que non vós, cando teñades varios anos de filosofía ás vosas costas? Sexa como for, a filosofía non se re-duce só á práctica de

debates especializados. Comezade por tentar resol-

ver as cuestións que vos formulades na vosa vida cotiá, a filosofía está para

iso. O curso de filosofía pode e debe contribuír a iso.»

Onfray, M., Antimanual de filosofía.

O pensador de August Rodin (1902) amosa a inherente actitude filosófica do ser humano.

Actividade 16

PARA LER

C2201_R69603_033 114058.BK.indd 33 21/05/2015 13:49:40

Page 15: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

34

4.3. As novas prácticas filosóficas

Nos últimos trinta anos un número crecente de filósofos están a levar a cabo unha serie de actividades que non son enteiramente novas en filosofía, pero que recibi-ron esta denominación por parte da UNESCO no congreso celebrado no 2006 sobre A filosofía. Unha escola da liberdade. Trátase de diversas prácticas filosófi-cas que os filósofos xa desenvolveran en diferentes momentos da historia e que agora se quixeron recuperar. Entre outras atopamos: o asesoramento filosófico a particulares, os cafés filosóficos e a filosofía para nenos.

Asesoramento filosófico a particulares

Aínda que xa se efectuaba na época clásica, como actividade profesional comeza modernamente co filósofo Gerd Achenbach en 1981. É unha actividade que con-siste en realizar unha ou máis sesións cun filósofo asesor, coa finalidade de efec-tuar unha revisión en profundidade acerca da propia filosofía de vida. O obxectivo é o de introducir o cliente na reflexión crítica acerca da súa maneira particular de sentir e pensar, para examinar, conxuntamente con el, en que medida esta xoga en favor ou en contra dos seus intereses e desexos lexítimos de felicidade e reali-zación persoal. O papel do asesor é, polo tanto, o de facilitar, a través dun diálogo aberto e respectuoso, que o cliente adquira unha maior autocomprensión da súa propia circunstancia, mellorando así a súa capacidade de toma de decisións e a súa autonomía persoal.

Cafés filosóficos

Tamén chamados cafés so-cráticos. Son debates abertos ao gran público, moderados por un filósofo, que habitual-mente tras unha breve pre-sentación convida os asisten-tes a participar na sesión razoando os seus propios puntos de vista sobre o tema de debate. Iniciounos Marc Sautet no café Des Phares de París en 1992 e de alí pasa-ron a outras cidades e países. Hoxe en día celébranse en espazos moi diversos e os te-mas de debate están expos-tos de maneira que non se requiran coñecementos es-pecializados de filosofía para poder participar.

Filosofía para nenos

Seguindo a idea de Epicuro de que «ninguén é demasiado novo para empezar a filosofar», Matthew Lipman deseñou un programa para introducir os nenos e os mozos no pensamento filosófico a partir de contos e materiais diversos. Dado o éxito do programa, numerosos profesionais da educación formáronse nel e cada vez son máis as escolas que incorporaron estes contidos.

bloque 1. o saber filosófico

Os máis pequenos filosofan

En Kio e Gus (1992) Matthew Lip-man explora o asombro e o descu-brimento do mundo por parte de dous nenos.

FÍXATE

Actividades 17, 18, 19 e 20

Calquera tema pode ser debatido nun café socrático, sempre que se trate desde unha perspectiva filosófica.

C2201_R69604_034 114058.BK.indd 34 21/05/2015 13:49:50

Page 16: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

35

unidade 1. filosofía: sentido e historia actividades

1 AproximAción Ao concepto de filosofíA

1. s Le estas sentenzas e a partir delas redacta un breve escrito no que identifiques e definas as principais con-cepcións ou maneiras de entender a filosofía.

a) «[A filosofía] nace do asombro radical e primitivo e brota alí onde se espertan os homes». (Karl Jas-pers)

b) «A filosofía é a verdade, a terrible e abatida, solitaria verdade das cousas. Verdade significa as cousas pos-tas ao descuberto». (José Ortega e Gasset)

c) «O máis esencial da actitude teorética do home filo-sófico é a peculiar universalidade da actitude crítica, unha actitude que parte da negativa a asumir opi-nións previamente dadas». (Edmund Husserl)

d) A nosa filosofía, isto é, o noso modo de comprender ou de non comprender o mundo e a vida, brota do noso sentimento respecto da vida mesma». (Miguel de Unamuno)

2. s Le este texto e responde:

— Que posibles motivacións ante un espectáculo de-portivo sinala Pitágoras? Cal se identifica co desexo de coñecer que caracteriza a filosofía?

— Como sería unha crónica deportiva escrita por un xornalista se se axustase ao carácter racional, siste-mático e crítico propio da filosofía? Redacta unha breve crónica sobre un encontro deportivo asumindo a perspectiva xeral que considera o filósofo e o carác-ter propio da filosofía.

4. s Unha das actitudes que se destacan como pro-pias dun filósofo é a actitude contemplativa, relacio-nada co desexo de coñecer. Existe algún tipo de con-tradición entre a actitude contemplativa e a orientación práctica da virtude moral? Xustifícao achegando algún exemplo. 2

5. a Presta atención ás seguintes afirmacións e rela-ciona cada unha coa rama da filosofía corresponden-te.

a) «Falamos do ser primeiro, daquel ao que se refiren todas as demais categorías; nunha palabra, da subs-tancia. Por mor da súa relación coa substancia os de-mais seres son seres, e neste caso están a cantidade, a calidade e os atributos análogos. Todos estes seres, como dixemos nos libros precedentes, conteñen im-plicitamente a noción da substancia». (Aristóteles)

b) «Para decidir se unha cousa é bela ou non o é, non nos referimos á representación dun obxecto por me-dio do entendemento, senón ao suxeito e ao senti-mento». (Immanuel Kant)

c) «Siloxismo é un argumento no que, establecidas cer-tas cousas, resulta necesariamente delas, por ser o que son, outra cousa diferente». (Aristóteles)

d) «Polo que incumbe ao ben e ao mal, tampouco alu-den a nada positivo nas cousas –consideradas estas en si mesmas–, nin son outra cousa que modos de pensar». (Baruch Spinoza)

e) «Todas as percepcións da mente humana se reducen a dous xéneros distintos que eu chamo impresións e ideas. […] Ás percepcións que penetran con máis for-za e violencia chamámolas impresións. Por ideas en-tendo as imaxes débiles destas no pensamento e ra-zoamento». (David Hume)

«Rea Silvia, a pesar de render culto á divindade de Vesta, quedou encinta do deus Marte e froito desta relación naceron dous xemelgos, Rómulo e Remo. Para evitarlles unha morte segura, Rea Silvia deposi-tounos nunha cesta de vimbio que deixou á deriva no río Tíber. Os dous nenos sobreviviron aleitados por unha loba, e co paso do tempo chegaron a ser os fundadores da cidade de Roma».

— Que fenómeno ou acontecemento trata de explicar?

— Xustifica que esta narración cumpre os trazos que atribuímos ao coñecemento mitolóxico.

— Contrasta esta narración coa explicación que dá a historia sobre a orixe de Roma. Que características debe ter unha explicación racional?

3. s Le este fragmento de Cicerón e responde:

«Tras quedar admirado León do talento e elocuencia de Pitágoras, preguntoulle en que arte confiaba máis, ao que este lle replicou que non coñecía arte nin- gunha, senón que era filósofo. [Este] preguntoulle quen eran os filósofos e en que se diferenciaban dos demais. Pitágoras respondeulle que a vida dos homes parécese a un festival celebrado cos mellores xogos de toda Grecia, para o cal algúns exercitaban os seus corpos […], outros eran atraídos polo proveito e lu-cro en comprar ou vender, mentres que outros non

buscaban o aplauso nin o lucro, senón que acudían para ver e observar coidadosamente que se facía e de que modo. […] E estes chamáronse amantes da sabe-doría, ou sexa f ilósofos, e así como os máis nobres van (aos xogos) mirar sen adquirir nada para si, así na vida a contemplación e o coñecemento das cousas excede en moito a todo o demais».

C2201_R69605_035 114058.BK.indd 35 21/05/2015 13:49:56

Page 17: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

36

bloque 1. o saber filosófico

2 A filosofíA e A súA historiA

6. a Fai un percorrido polos catro períodos principais da filosofía identificando os principais problemas que se analizan en cada un deles. Podes utilizar unha táboa se-mellante á que che propoñemos:

«Ningunha destas cousas en si mesma é fermosa, senón que unicamente na acción, segundo como se faga, resulta unha cousa ou outra: se se fai ben e rec-tamente resulta fermosa, pero se non se fai recta-mente, fea. Do mesmo xeito, non todo amor nin todo Eros é fermoso nin digno de ser encomiado, senón o que nos induce a amar fermosamente».

«Pensamentos sen contidos son baleiros; intuicións sen conceptos son cegas».

a) Paréceche que segundo Platón unha mesma conduta pode ser nalgúns casos boa e noutros mala? De que dependería que fose unha cousa ou outra?

b) De que modo Platón relaciona o bo e o belo? Estás conforme con esta asociación? Por que?

8. s Un dos temas fundamentais da filosofía medieval foi o de dar unha explicación satisfactoria á relación que manteñen razón e fe. Algúns pensadores defenderán que ambas se contradín, de maneira que as verdades que presenta a fe son contrarias á razón, mentres que outros considerarán que nunca pode haber contradición entre elas, pero que a fe vai máis alá do que permite afirmar a razón. Busca un representante de cada un des-tes puntos de vista e explica brevemente de que modo argumenta a súa posición.

9. d Kant defende que a capacidade da razón humana non é ilimitada, e mantén que o coñecemento está ligado á experiencia (a razón teórica non pode ir máis alá da experiencia). Le a seguinte cita na que o filósofo alemán Immanuel Kant reflexiona sobre o coñecemento e responde as preguntas que se expoñen deseguido. 2

Etapa da historia da filosofía

problEmas E tEmas obxEcto

dE Estudo

filósofos rEprEsEntativos

… … …

7. a Platón asocia o coñecemento verdadeiro co mundo das ideas, que considera un mundo inmutable e perfec-to. Le atentamente esta reflexión de Platón, que aparece no Banquete, e trata de contestar as preguntas que ofre-cemos seguidamente:

a) Cres que o noso coñecemento pode estar fundado tan só na razón ou nas conclusións ás que chegue o noso pensamento? Que outra condición necesita?

b) Ou ben, pensas que o noso coñecemento se debe li-mitar aos datos que nos ofrecen os sentidos?

3 A filosofíA e As outrAs disciplinAs

10. a Moitos dos grandes filósofos da historia foron á súa vez destacados científicos. Así mesmo, houbo importan-tes científicos que escribiron obras de carácter filosófico. Charles Darwin, por exemplo, destacou que admiraba profundamente a contribución á bioloxía que fixera Aris-tóteles. Fíxate nas seguintes palabras de Einstein: «A re-lación mutua entre epistemoloxía e ciencia é curiosa. Dependen a unha da outra. A epistemoloxía sen contac-to coa ciencia é un proxecto baleiro. A ciencia sen episte-moloxía –no caso que sexa pensable– é primitiva e difu-sa».

A partir do anterior, como cres que habería que definir a relación entre filosofía e ciencia? Razoa a resposta.

11. sSabías que o teólogo mallorquino Ramon Llull escri-biu libros sobre lóxica? Busca en Internet e explica breve-mente de que modo relacionou filosofía e relixión. 1

12. sPor que cres que a filosofía deu lugar a unha rama de estudo como a estética? Existe verdadeiramente unha diferenza entre a beleza dunha flor ou dunha paisa-xe e a beleza dun cadro? Expresa mediante unha ou va-rias fotografías (pódelas facer coa túa tableta ou smartphone) algún dos problemas ou cuestións que in-teresan á filosofía.

13. s Deseguido, amosámosche un dos famosos grava-dos de Goya. O seu título coincide co da lenda que se pode ler na mesma pintura. Busca información sobre esta obra de arte, contextualízaa e explica en que senti-do ten un valor filosófico.

Francisco de Goya, O soño da razón

produce monstros, 1799.

C2201_R69606_036 114058.BK.indd 36 21/05/2015 13:50:03

Page 18: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

37

unidade 1. filosofía: sentido e historia

14. d O Consello de Administración dunha importante empresa multinacional do ámbito das TIC estase a for-mular a posibilidade de crear un departamento de Filo-sofía para asesorar e intervir nos procesos de creación de novos produtos, na produción e na comunicación ao mercado.

Analiza os argumentos en favor e en contra desta ini-ciativa, achegando exemplos de situacións concretas que se poderían dar e trata de convencer o Presidente do Consello para que opte pola túa proposta.3

4 Sentido e neceSidade da filoSofía

15. a Para algunhas persoas, non paga a pena perder o tempo pensando naquelas cousas que non imos poder contestar dunha maneira definitiva. Segundo o seu punto de vista, se non se pode responder a un interro-gante de forma segura, non ten sentido dedicarse a pensar posibles respostas. Que opinas respecto diso? Cres que é aplicable a calquera tipo de preguntas ou che parece que depende de cal sexa o tema que esta-mos a tratar?

16. a Segundo Sócrates, «unha vida non examinada non merece a pena de ser vivida». Así pois, o mestre de Pla-tón consideraba que en toda vida humana debe haber espazos de reflexión. Cando cres que as persoas tende-mos a reflexionar? Vale a pena planificar un tempo para reflexionar, ou é mellor deixalo á improvisación? Razoa a resposta.

17. s Imaxina que es o condutor dun café filosófico sobre o tema: «As mentiras». Redacta cal podería ser a presentación que fixeses e que preguntas te-rías preparadas para dinamizar o debate. Se te animas, pódes-te poñer ao choio e organizar o café filosófico cos teus compa-ñeiros.

18. a A asociación de filosofía práctica «O bufo vermello» de Perú organiza periodicamente cafés filosóficos e ou-tras actividades. Consulta a súa páxina web e escribe tres temas que aborden neles.

Podes consultar a web:

www.buhorojo.de 1

19. a Busca información sobre GrupIREF, que se dedica á investigación e procura no ámbito do ensino da filosofía. Explica que actividades desenvolven. Pódeste documen-tar consultando a páxina:

www.grupiref.org 1

5 actividade de SínteSe

20. s Le o seguinte texto e explica a partir del:

— Como tivo lugar a orixe da filosofía?

— En que consiste a actitude filosófica?

— Cales son as críticas ás que se viu sometida?

«Tales era un bendito, pero un bendito curioso e esperto, daqueles que despois, con Pitágoras, se deron en chamar f ilósofos. De feito, dise que el in-augurou a especie. E aínda cando esta convención histórica non sexa do todo certa, si resulta particu-larmente afortunada (è o vero, o verosimile o quanto meno, ben trovato) polo feito de que este personaxe encarna o modelo arquetípico do sabio exaltado, científico tolo, investigador descoidado que presta máis atención ás constelacións que ao chan onde pisa, coas evidentes e contundentes consecuencias que isto comporta; Cónstanos que, guiado por unha anciá fóra da súa casa −dinos Dióxenes Laer-cio−, co fin de estudar as estrelas, caeu nun furado e, mentres ximoteaba, a anciá díxolle: ‘Pero Tales, se non podedes ver que tedes baixo os pés, como vos queredes decatar do que hai no ceo?’

Tales era un enxeñeiro de Mileto que viaxara por Exipto e por Oriente Medio, onde aprendera mate-máticas e astronomía. E a pesares de que conseguiu medir a altura das pirámides; chegar a calcular, sempre segundo argumentacións xeométricas, a distancia entre os barcos e a costa; dividir o ano en 365 días; descubrir a Osa Menor e a súa importan-cia para a navegación; cambiar o curso dun río ou prever con exactitude, aínda que fose un pouco por sorte, a eclipse que se produciu o 28 de maio do ano 585 a. C., non estaba moi ben considerado po-los seus veciños, que o tiñan pouco máis que polo tolo da vila. Esta opinión despectiva foi basicamen-te motivada pola pouca transcendencia práctica do seu traballo, é dicir, pola súa inutilidade. Reproche que a partir daquel momento se ía empregar innu-merables veces en contra da filosofía e, sobre todo, en contra dos homes que ousaban apartarse da ca-dea produtiva da sociedade e dedicar o seu tempo á procura de coñecementos sobre os temas máis in-verosímiles, ou sexa, os filósofos».

Güell, M. e Muñoz, J., Só sei que non sei nada.

C2201_R69607_037 114058.BK.indd 37 21/05/2015 13:50:11

Page 19: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

38

A. Comprensión do textoPara comprender un texto é preciso realizar unha lectura acti-va e atenta, subliñar as palabras e ideas principais, e pescu-dar o significado exacto que o autor quere transmitir.

1. Explica a diferenza que establece Kant entre un «exer-cicio libre» e un «exercicio mecánico» da razón.

2. Indica por que segundo o autor non deberiamos realizar un uso exclusivamente imitativo da razón.

B. Análise do textoTrátase de pescudar que ideas e argumentos propón o autor no seu texto, e como as expón. O contido do texto está moi liga-do á expresión, polo tanto analizaremos fondo e forma.

3. Sinala a diferenza fundamental que existe entre filosofar e aprender filosofía.

4. Explica por que o uso e exercicio libre da razón é im-prescindible para filosofar e razoa por que segundo Kant non se pode aprender filosofía.

5. Que entende o autor por «verdadeiro filósofo»?

C. RelaciónNeste apartado debes relacionar o texto co mundo que te rodea. Este exercicio constante de comparación é a base do pensamento filosófico.

6. No século XII, Bernardo de Chartres afirmaba que «so-mos ananos que camiñan nos ombreiros de xigantes». Esta idea fíxose popular para explicar a forma en que o coñecemento humano avanza na historia, e foi adopta-da por científicos da talla de Isaac Newton.

— Explica o seu sentido e relaciónao coa idea de Kant de que o filosofar consiste en ir máis alá do pensado por outros, para completar o seu pensamento e xe-rar novas reflexións.

7. Relaciona o texto de Kant coa época da Ilustración.

Por que cres que Kant, no seu ensaio Que é Ilustración?, afirma que o lema da Ilustración é a locución latina sapere aude («atrévete a saber»)?

D. Valoración crítica No apartado final do comentario debes emitir unha opinión sobre as ideas do autor. É a parte máis subxectiva e libre.

8. Cres que o simple estudo do pensado por outros filóso-fos ao longo da historia tan só proporciona, en palabras de Kant, un coñecemento «imitativo»?

9. Argumenta se esa forma mecánica de coñecemento que Kant diferenza do verdadeiro filosofar garda algunha relación coa forma do pensamento mítico.

10. Opinas que esa «historia do uso da razón», como chama Kant a historia da filosofía, rematou, ou polo contrario, aínda hai moitos capítulos por escribir?

COMENTARIO DE TEXTO

blOquE 1. O sAbER fIlOsófICO

A reflexión filosófica realízase basicamente a través de textos escritos; por iso, para valorar as ideas dun autor e formarnos unha opinión sobre elas, é fundamental analizar e comentar textos. O comentario de texto, pois, é unha actividade fundamental en filo-sofía. Coa axuda do seguinte esquema, poderás consolidar e mellorar esta técnica.

O ExErciciO DA FiLOSOFÍA

“O que queira ser filósofo débese exercitar no uso libre da súa razón e non nun exercicio imitativo e, por así dicilo, mecánico […]. En sentido estrito, ninguén pode ser chamado filósofo se non pode filosofar. O filosofar só pode ser aprendido mediante o exercicio e o uso propio da razón. Como se podería aprender tamén a filosofía? Todo pensador constrúe, por dicilo así, a súa propia obra sobre as ruínas doutro; pero nunca sucede que unha obra chegue a estar rematada en todas as súas partes. Por iso, e fundamentalmente, ninguén pode aprender filosofía, porque esta nunca está dada. […] Quen desexe aprender a filosofar debe considerar todos os siste-mas de filosofía unicamnete como historia do uso da razón e como obxecto de exercicios do seu propio talento. O verdadeiro filósofo, como pensador autónomo, debe facer un uso libre e persoal da súa razón, non un uso escravo e imitativo.”.

Kant, I., «Introdución», Lóxica. Rembrandt, O filósofo meditando, 1633.

C2201_R69608_038 114058.BK.indd 38 21/05/2015 13:50:20

Page 20: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

39

1 #

O mundO das ideas

1. Cales son as características esenciais que distin-guen o pensamento mítico do pensamento racio-nal?

2. En que partes se divide a filosofía?

3. Que posición mantiveron Sócrates, Platón e Aristó-teles con respecto aos sofistas? Por que?

4. Que relación se estableceu entre a filosofía e o cris-tianismo na Idade Media?

5. Que formulacións defenderon os pensadores da Ilustración?

6. De que modo se relacionaron a filosofía e a ciencia desde a Antigüidade ata a época actual?

7. En que sentido podemos afirmar que a arte e a fi-losofía gardan algunha relación?

8. Por que algunhas persoas consideran que a filosofía non achega nada que pague a pena considerar?

9. Que características da filosofía se adoitan presen-tar para reivindicar a súa necesidade e vixencia?

10. Saberías explicar en que consisten as chamadas «novas prácticas filosóficas» e cal é a súa finalidade?

Filosofía: sentido e historia

Concepto Etapas Relación Necesidade e vixencia

Etimoloxía Mito

Contemporánea

Renacemento e moderna

AntigaCiencia

Relixión

Economía

A favorEn contra

Teoría

Práctica

Novas prácticas

División

Racional

Sistemático

Lóxica

Epistemoloxía Ética Estética

Síntese 1. Aproximación ao concepto de filosofía

2. A filosofía e a súa historia

3. A filosofía e as outras disciplinas

4. Sentido e necesidade da filosofía

Completa no teu caderno o seguinte mapa conceptual da unidade:

Paso do

con

ao

C2201_R69609_039 114058.BK.indd 39 21/05/2015 13:50:29

Page 21: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

40

1 #AVALIACIÓNFilosofía: sentido e historia

1 Etimoloxicamente o termo filosofía significa:

a. Culpa.

b. Sospeita.

c. Amor pola sabedoría

d. Temor cara ao castigo divino.

2 A primeira persoa na historia en utilizar o termo fi-lósofo foi:

a. Cicerón, no descanso de xogos deportivos.

b. Xulio César, despois de conquistar as Galias.

c. Pitágoras, quen estableceu unha similitude co espectador dos xogos.

d. Platón, para referirse ao seu mestre Sócrates.

3 O pensamento filosófico caracterízase por ser:

a. Racional.

b. Sistemático.

c. Crítico.

d. Todas son correctas.

4 O coñecemento racional é un saber acerca das cousas que:

a. Explica a realidade a través de relatos fantásti-cos.

b. Mantén sempre o que di a tradición.

c. Está suxeito a revisión e a novas explicacións.

d. Transmítese de pais a fillos de forma oral para que nunca se poida perder.

5 A rama da filosofía que estuda todo o relacionado co ben e a virtude é:

a. A metafísica.

b. A ética.

c. A estética.

d. A epistemoloxía.

6 A lóxica é unha disciplina que:

a. Estuda en que consiste que un argumento sexa correcto.

b. Xurdiu cos filósofos da Modernidade.

c. Demostra que a realidade sempre está por enri-ba dos razoamentos.

d. Ocúpase de fixar cales son os límites do coñe-cemento humano.

7 Un dos temas fundamentais da filosofía medieval será o da:

a. Relación entre a razón e a fe.

b. Procura dun principio material común a todas as cousas.

c. Loita de clases como motor da historia.

d. Definición de cal é o mellor modelo de Esta- do.

8 Quen popularizou a expresión Sapere aude como lema dun determinado movemento cultural? De cal se trataba?

a. Epicuro e a filosofía helenística.

b. San Tomé de Aquino e a escolástica.

c. Descartes e a filosofía moderna.

d. Kant e a Ilustración.

9 A relación entre filosofía e relixión:

a. Sempre foi de colaboración mutua.

b. Nunca houbo relación entre elas.

c. Foi problemática en moitas ocasións.

d. É unha relación de identificación, pois ambas estudan o mesmo.

0 A expresión «o escándalo da filosofía» refírese á crítica que algúns lanzan á filosofía porque ven nela:

a. Falta de aplicación práctica, xa que é demasia-do teórica.

b. Que os filósofos se contradín os uns aos outros.

c. Que trata problemas que non se poden resolver de ningunha maneira.

d. Todas son correctas.

C2201_R69610_040 114058.BK.indd 40 21/05/2015 13:50:38

Page 22: Bloque 1. O saber filosófico Filosofía: sentido e …Bochenski, J. M., Introdución ao pensamento filosófico. AMPLÍA 1oximación ao concepto de filosofía. Apr 1.1. Orixe do termo

41

ZONA

FilosoFía: sentido e historiaUd. 1

“Por suposto! O noso cerebro engá-nanos, finxe, adultera e falsifi-

ca, pero é unha función im-portantísima porque o fai para sobrevivir. Iso explica que a nosa memoria non sexa algo do que haxa que fiarse moito xa que lonxe de funcionar como unha cámara fotográfica, moitas veces para forxar un recordo coherente, o que fai é en-cher os ocos con contidos ficticios. En definitiva, míntenos. […]

O valor das aparencias

Sucedeulle algunha vez, notar que a Lúa ten un tamaño inusualmente grande? Isto tende a suceder cando está no mar e ve saír a Lúa chea no horizonte afastado.Se fai unha foto desta inmensa Lúa e logo a visualiza, probablemente queda-rá estupefacto ao contemplar que a da

foto non ten nada que ver coa que con-templara uns minutos antes: esta é

moito máis pequena e o seu as-pecto é o de sempre. Que pa-sou? Esta experiencia coñéce-se como «a ilusión da gran Lúa chea» e como xa podería

intuír trátase dunha ilusión creada polo cerebro, unha proba

máis de que este órgano nos engana.”Fonte: Francisco Javier Martínez Dea-rreaza, 18/09/2011, elnuevodiario.com

− Desde a súa orixe, a filosofía sempre sospeitou dos nosos sentidos á hora de captar a realidade, pero non foi ata a Idade Moderna cando tamén se co-meza a sospeitar de factores internos, como o cerebro. Podes saber máis so-bre como nos engana o noso cerebro accedendo a este vídeo:

http://links.edebe.com/vi67s

As ciencias necesitan filósofos!

Filosofía en RedeA filosofía non permaneceu allea ás novas tecnoloxías e formas contemporáneas de relación e comunicación. A pesar de ser unha práctica antiga, sóubose adaptar a cada época, contribuíndo ao desenvolvemento do pensamento e do coñecemento. Na actualidade, podemos comprobalo na forma en que se foi facendo un sitio na Rede. Podemos atopar distintas páxinas en varios idiomas nas que se recollen ensaios, libros dixitais, entrevistas, noticias de actualidade…, relacionadas coa filosofía. Isto deu lugar a unha gran rede global de acceso aberto á fíosofía e aos seus filósofos. Do mesmo xeito sucede co coñecemento en xeral: Internet non é só unha xanela aberta ao mundo como forma de distracción. As grandes bibliotecas virtuais que se están creando son boa proba diso.

− Aquí tes algúns exemplos:http://links.edebe.com/pffdqdhttp://links.edebe.com/69kn

Café filosófico«O filósofo práctico non só filosofa con individuos no seu gabinete particular, senón que tamén sae á rúa e se ofrece para filosofar con grupos de cidadáns in-teresados en cuestionarse a realidade que os rodea.

Deste xeito, o filósofo volve ás polis, sae á praza pública, á ágora, e ponse a filoso-far co cidadán do montón». (Óscar Bre-nifier, «O café filosófico» en Filosofar como Sócrates, Diálogo, 2011)

− Se queres saber máis sobre o café fi-losófico, en que consiste e como funciona, visita a seguinte páxina web: http://links.edebe.com/gg5ey

Gustaríache participar nunha reunión deste tipo? Esta práctica está cada vez máis estendida. Investiga se hai algún café filosófico na túa cidade ou atrévete a crear un cos teus compa-ñeiros de clase.

Networks News News

thoughtsreLAtIoNs

oPINIoNs

Engánanos o cerebro?

Se miramos a historia das ciencias, veremos que en numerosas ocasións estas abriron liñas de investigación a partir das teorías que previamente formularan os filósofos, como pa-sou, por exemplo, coa teoría atomis-ta de Demócrito.

− Aínda te preguntas que papel desem-peña a filosofía no noso coñecemento actual? A filosofía nútrese dos coñece-mentos que logran as ciencias para formular novas teorías que de novo poden inspirar os científicos. Pon al-gúns exemplos que coñezas nos que filosofía e ciencia colaboren. Sería o noso desenvolvemento científico o mesmo sen a filosofía? Argumenta a túa resposta.

Platón e un ornitorrinco...«O outro día Platón e un ornitorrinco foron a un bar e o camareiro dirixiulle unha mirada interro-gante ao filósofo e Platón dixo: “Que quere que lle diga? Na caverna tiña mellor aspecto”».

A filosofía e os seus problemas tamén se poden con-tar e ensinar con humor. Para comprobalo, non deixes de ler o libro de Thomas Cathcart e Daniel Klein, Platón e un ornitorrinco entran nun bar..., Planeta, 2008.

C2201_R69611_041 114058.BK.indd 41 21/05/2015 13:50:48