Bo uso correo

12

Click here to load reader

Transcript of Bo uso correo

Page 1: Bo uso correo
Page 2: Bo uso correo

que escribir?

• Debemos ser conscientes de que se trata de comunicación escrita, e como tal, queda rexistro dela, por iso debemos ter coidado co que escribimos.

Page 3: Bo uso correo

que poñemos en asunto?

• Escribe sempre cal é o "asunto“ ben clariño: o destinatario pode decidir se ler ou non unha mensaxe baseándose só no “asunto”.

Page 4: Bo uso correo

mensaxes claras• As mensaxes sinxelas chegan antes e

descárganse máis rápido. Non abuses de debuxos, cores, letras diferentes, usa estes recursos só cando o contido o requira.

• Escribe por parágrafos e sepáraos con liñas en branco, para facilitar a lectura.

Page 5: Bo uso correo

como escribir?• Non escribas en maiúsculas.

• Escribir en maiúsculas en Internet equivale a gritar.

• Escribe de maneira normal, con maiúsculas e minúsculas.

• Coida a ortografía e gramática.

Page 6: Bo uso correo

A quen vai dirixido?• Diferencia entre correos formais e

informais, un correo coa profesora é un correo formal, cun amigo é informal. Ten en conta sempre a diferenza de estilo que debe haber entre unha mensaxe informal e outro de carácter serio.

• Usa un estilo de redacción adecuado ao destinatario. Utiliza os emoticóns con moderación e nunca nunha mensaxe formal.

Page 7: Bo uso correo

Reenvio de correos• Se recibes un correo electrónico

interesante que desexas reenviar aos teus contactos: debes borrar os enderezos que recibiches na mensaxe antes de reenviar.

• Poida que algún dos destinatarios do correo teña un virus no seu computador e que ese virus capture as direccións de correo das mensaxes que se reciben para logo envialas a un spammer. Todas esas direccións sufrirán despois o molesto correo lixo .

Page 8: Bo uso correo

Para, cc ou cco?• Para evitar virus e spam, cando envíes copias dun correo a varias persoas, pon a lista de direccións a enviar no campo Cco (contas de correo ocultas).

• Desa forma evitarás dar a coñecer as direccións de terceiras persoas.

Page 9: Bo uso correo

Como evitamos spam?• Non reenvíes mensaxes en cadea,

falsas alarmas de virus, etc. • Evita o envío de arquivos adxuntos

demasiado pesados. • Non proporciones o teu enderezo

electrónico en sitios que non coñezas ben, poden enviarche publicidade non desexada.

Page 10: Bo uso correo

Como evitamos virus e spam?

• Non respondas o correo non solicitado e de orixe descoñecida. As mensaxes non coñecidas deben borrarse canto antes.

• Non abras ficheiros que non esperas. Aínda que procedan aparentemente de persoas coñecidas non debemos abrir adxuntos non esperados: poden conter virus.

Page 11: Bo uso correo

Seguridade nas contrasinais• Se usas webmail, utiliza claves seguras

(máis de 8 díxitos, contendo letras e números) e configura a pregunta secreta dunha forma que non sexa adivinable, xa que esta é a forma máis común de roubar unha conta doutra persoa.

• Cando utilices o seu correo electrónico en sitios públicos, non esquezas pechar o teu correo cando termines de traballar. Non basta con pechar a páxina: é necesario pulsar en "saír" ou "pechar sesión".

Page 12: Bo uso correo

non perdas o tempo