Bocados para o Nadal 2013

5
LIBROS SABOROSOS PARA O NADAL 2013 RECOMENDADOS CON SABOR A TURRÓN, MAZAPÁN E POLVORÓN. CEIP A RAMALLOSA

description

 

Transcript of Bocados para o Nadal 2013

Page 1: Bocados para o Nadal 2013

LIBROS SABOROSOS PARA O NADAL

2013

RECOMENDADOS CON SABOR A TURRÓN, MAZAPÁN E POLVORÓN.

CEIP A RAMALLOSA

Page 2: Bocados para o Nadal 2013

Tres fantasmitas. Pippa Godhart. Edelvives. Estes tres fantasmitas pásano de medo asustando a todo o mundo. Pero cando os tres pilluelos deciden espantar a algún neno, ¡lévanse unha boa sorpresa!

El inesperado viaje de Mamut y Pingüíno. Antonio Vicente. Edelvives. Mamut e Pingüino son dous amigos

inseparables. Viven no Polo Norte. Un día, baixo o chan que pisan, soa un trono, ¿qué será?

O Grúfalo. Julia Donaldson. Patasdepeixe. Un grúfalo que busca

merenda e gosta de raposo á grella, moucho ao caldeiro e revolto de serpe con

pan de boroa.”

Boas noites, bufo. Pat Hutchins. Kalandraka. Abellas, corvos, estorniños, pombas... todos incordian o sono do bufo. Un conto acumulativo e repleto de sonoridades, que reúne unha boa representación da fauna do bosque, onde este sabio paxaro é o rei da noite.

PRELECTORES

Non fai falta a voz. A Quintero. OQO.Outros animais teñen voz, pero non a pequena xirafa, que realmente non a precisa para comunicarse coa súa nai. Bicos, mimos e agarimos.

Sopa verde. A.Madeira. OQO. Este coelliño éche mal comedor. Só quere alimentos verdes. Algúns animais tentarán convencelo de que probe outros.

Os Bolechas fan unha banda. Pepe Carreiro. Libro-CD

BO NADAL!

Page 3: Bocados para o Nadal 2013

PRIMEIROS LECTORES

Chímpate,Pepa! Paula Carballeira. Triqueta verdePepa é unha ave mariña que sempre mira cara arriba,quere voar ata o Sol, ata a Lúa, anque tod@s lle berran que dea un chimpo ao mar...E un día Pepa abre ben as ás e...

El galloscuro. Joles Sennell. Oxford. As galiñas non poñen ovos de Pascua pero Regalada está empeñada en conseguilo para chegar a ser unha galiña célebre.

As dúas casas de Alicia. Baía: Cando o pai e a nai de Alicia se separan, preocúpase por como será ter dous lugares onde vivir, haberá que repartir os afectos?

A historia dos bonobos con lentes. A.Turín. Kalandraka.Os bonobos non querían que as bonobas aprendesen, viaxasen, se modernizasen; preferían que seguisen a coidar fill@s e apañar a comida. Non parece moi xusto, non si?

Pregunta á Dra. Peteiro polos bichiños. Baía. Outra saca de correo enviado por pequenas criaturas con problemas chegou aos pés da Dra. Peteiro, con angustiadas preguntas como: Por que non podo correr máis rápido?

Furia. Patxi Zubizarreta. Baía. O pai de Carlos é xinete e corre no Grand National.

Súa nai está preocupada porque descubriu que Carlos só ten unha amiga, a televisión.

BO NADAL!

Page 4: Bocados para o Nadal 2013

O raposo e a mestra. Manuel Rivas. Xerais. O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna

Desde unha estrela distante. A. Fernández Paz. Xerais. Unha tarde, Daniela sobe ao desván para explorar o que hai nel. Ao abrir un vello baúl repleto de libros, lévase o susto máis grande da súa vida. Do interior do baúl sae un ratón, decidido a falar con ela en diferentes idiomas.

Dinosauros. Roc Olive. Baía. A palabra DINOSAURO significa “lagarto terrible” e sintetiza a impresión que nos producen. Aínda que algúns foron os animais máis grandes que nunca pisaron o noso planeta, outros moitos eranpequenos e áxiles

Astérix e os Pictos. R. Goscinny. Ed. Salvat. Nesta ocasión os dous galos viaxan a Caledonia, a Escocia romana.

LECTORES AUTÓNOMOS

Sementes de papel. B.Gil. Baía. Eyla e Naia viven o bosque de distintas maneiras. Os desexos de Eylapoñerán en perigo a supervivencia do mesmo.

As palabras do silencio. A.Gracián. Xerais. Rememorando a lenda do Home das Vacas e a princesa Tecedora, @ s namorad@s chines@s buscan na noite de Qixi as estrelas Altair e Vega. Unha fermosa lenda.

BO NADAL!

Para este nadal:Agasallos, festa,mazapán e turrón

e de libros,un mogollón!!

CEIP A RAMALLOSA, NADAL 2013

Page 5: Bocados para o Nadal 2013

LECTORES EXPERTOS

A illa de todas as illas. X.P Docampo. Xerais.Moreas de aventuras sucederon en illas aparentemente desertas. Este libro é un tributo do autor ás máis recoñecidas.

Gente rara. Ricardo Gómez. Edelvives. Na clase de Patricia todos son un pouco raros, incluída Mis Robles, a profesora. Sen embargo, os días transcorren con normalidade ata que aparece: La escoba, un novo profesor, cargado de boas intencións que se vai converter no pesadelo de todo o alumnado.

BO NADAL!Bandeiras negras. Ana Mª Galego. Baía. Coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no marineiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas máis coñecidos.

El club de los bichos raros. Jon Scielszka. Montena. Michael xa sabía que o seu primeiro día de colexio non sería fácil; o que non sabía era que aquel día comezaría a aventura máis aloucada da súa vida.

Engurras. Paco Roca. El patito editorial. Cómic. Este Premio Nacional de Cómic de 2008 conta a conmovedora loita contra a perda da memoria na vellez.

A vaca caníbal. Marilar Aleixandre. Galaxia. Un texto divertido, pero tamén no que poderedes coñecer a verdadeira vida das vacas.

Para este nadal:Agasallos, festa,mazapán e turrón

e de libros,un mogollón!!