Boletin

2
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASIS OS TILOS INFORMACIÓNS A TER EN CONTA CATEQUESE INFANTIL E DE ADOLESCENTES Domingos: ás 11 da mañá. Comenza aos 6 anos. (1º de Primaria). Segue despois da Primeira Comuñón. Aos 12 anos hai dúas opcións: Continuar en grupos de catequese ou integrarse en grupos XEC. Os mozos e mozas confirmaranse, se están preparados, aos 18 anos. É necesario preinscribirse en Setembro. CATEQUESE ADULTOS Grupo de formación cristiá para xente xove e adulta, o día e a hora sinálase de acordo co catequista. COMISIÓNS PARROQUIAIS Hai catro comisións que conforman o Consello Pastoral Parroquial: · Cáritas: Atende os máis desfavorecidos. Tamén trata de sensibilizar á comunidade e promover a comunicación cristiá de bens, así como un novo estilo de vida menos consumista. · Evanxelización: Catequese, Biblia, Adultos, XEC. Os catequistas reúnense semanalmente antes da catequese. Grupos de coordinación por niveis. · Liturxia: Lecturas da misa, adorno e limpeza do Templo, Coro (voces e instrumentos), preparación das celebracións. · Economía e obras: Control de ingresos e gastos, obras de mantemento e novas iniciativas. MISAS Diarias: De Setembro a Xullo: 8 do serán. En Agosto non a hai. Domingos e Festivos: De Setembro a Xullo: ás 10 e 12 da mañá. En Agosto: ás 11 da mañá. Véspera de Domingos e Festivos: Setembro - Xullo: 8 do serán (en galego). Agosto: ás 9 do serán (en galego). CALENDARIO CONSELLO PASTORAL DA PARROQUIA DOS TILOS CURSO 2014-2015 SETEMBRO 28 Asemblea Parroquial, de 10 a 13 horas. OUTUBRO 8 Reunión de catequistas, ás 20,30. 4 5 Festa do noso patrón, S. Francisco de Asís. Celebración euca- rística ás 12,00, seguido da festa do compartir. Os alimentos e as bebidas débense levar ó salón de actos, antes das 11,30. 12 Comezo do curso catequético. Catequese parroquial ás 11,00 seguido da Eucaristía ás 12. 19 Día do Domund (Xornada mundial das misións). 24 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30. 29 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. NOVEMBRO 1 Festa de Todos os Santos. 2 Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 12. 26 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. DECEMBRO 8 Festa da lnmaculada Concepción. 21 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. 25 Nadal. Só haberá misa ás 12. 28 Festa da Sagrada Familia. XANEIRO 1 Festa de Santa María, Nai de Deus. Só haberá misa ás 12. 6 Festa dos Reis Magos. 11 Prosegue o curso catequético, ás 11. FEBREIRO 2 Presentación do Señor. Bendición das candeas, ás 10 e ás 12. 6 Cea de Mans Unidas, ás 21. 8 Xornada de Mans Unidas. Colecta. 25 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20, 30. MARZO 18 Mércores de Cinza. Xornada de xaxún e abstinencia que sinala o comezo da Coresma. 15. Asemblea Parroquial, ás 12,30. 19 Festa de S. Xosé. 25 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 22 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. ABRIL 29 Domingo de Ramos. Bendición dos Ramos antes da misa de 12. 5 Pascua de Resurrección. Só hai misa ás 12. 29 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. MAIO 28 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. XUÑO 17 Ascensión do Señor. 5 Pleno do Consello Parroquial, ás 20,30. 24 Pentecoste . Confirmacións ás 12. 31 27 Celebración do perdón, ás 6 da tarde. 7 28 Primeiras Comuñóns , ás 12 da mañá. 4 Primeiras Comuñóns, ás 12. SETEMBRO 19 Asemblea Parroquial preparatoria do novo curso. Cantando no serán. VII encontro de Corais, no templo parro- quial, ás 20,30 coa participación de: - Coral polifónica de Foz (Lugo) - Coral polifónica de Melide (A Coruña) - Grupo de canto Aleceia Organiza: Grupo de Canto Aleceia XULLO A PARROQUIA NA DIOCESE Unha parroquia é un todo e unha parte; un todo, como comunidade de crentes unidos por unha mesma fe en Xesús e vencellados por vecindade e proximidade; unha parte, en canto está vencellada a unha diocese e a un bispo. Desta afirmación dedúcese que toda a vida parroquial, como comunidade de crentes, está suxeita ao plan pastoral diocesano. A nosa parroquia afronta neste curso dous grandes obxectivos: As vodas de prata parroquiais que terán o seu cumio o 4 de Outubro do 2015, e o plan diocesano centrado no traballo de implicación no sínodo diocesano: “Renovar desde Cristo a nosa comuñón diocesana” expresada na “celebración da Eucaristía dominical”. Son, pois, dúas as tarefas prioritarias para este curso 2014-2015: Unha aféctanos de cheo xa que son vintecinco anos de vida como comunidade parroquial de crentes en Xesús co patrocinio de S. Francisco de Asís. É este un obxectivo pastoral que nos implica a todos: os que levades aquí todo este tempo e os que vos incorporáchedes nos anos seguintes. Queremos que sexa unha celebración viva e festiva; unha celebración centrada en Xesús e na figura de S. Francisco de Asís. Este curso as diferentes actividades que se vaian desenvolvendo son unha chamada á participación de todos e todas. No curso pasado fixemos o Camiño de Santiago dende o Cebreiro e que rematamos o 14 de Decembro, na Catedral, cunha Eucaristía á que se sumaron fregueses da nosa parroquia que non puideron participar no percorrido do camiño francés. Outra actividade foi a peregrinación a Roma e a Asís, do 23 ao 30 de Agosto, na que participamos 49 persoas; foi unha experiencia inesquecible. Para este curso haberá outras actividades interesantes. A outra tarefa prioritaria céntrase no grupo de estudo e reflexión parroquial do Sinodo diocesano, cunha reunión mensual. A parroquia debe ser un vaso comunicante con toda a diocese. É, polo tanto, unha tarefa ilusionante a que nos agarda. ¡Non esperes a que te inviten, participa! ¡Serás benvido/a! Benjamín Roo, párroco. Actividades e celebracións mensuais ou semanais Primeiros domingos Xornada parroquial de Cáritas. Primeiros mércores Formación de catequistas de 8:30 a 10 da noite. Últimos mércores Reunión da Comisión de Cáritas ás 8:30 do serán. Últimos xoves Oración comunitaria ás 8:30 do serán. Todos os venres Ensaio do coro parroquial de 8:30 a 10 da noite. 29 Primeiro domingo de Advento. 23 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30. 25 Xornada da Infancia misioneira. 28 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 2,3,4 Triduo Pascual Festa da Santísima Trindade. Festa do Corpus Christi. Día Nacional da Caridade. XIX aniversario da consagración do templo parroquial. Remata o curso de catequese. Comida parroquial, ás 14. Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 14 20 26 Impreso postal sen dirección BOLETÍN PARROQUIAL Curso 2014 - 2015 Número 176 13 Festa da catequese

Transcript of Boletin

Page 1: Boletin

PARROQUIA

SAN FRANCISCO DE ASISOS TILOS

INFORMACIÓNSA TER EN CONTA

CATEQUESE INFANTIL E DE ADOLESCENTESDomingos: ás 11 da mañá.Comenza aos 6 anos. (1º de Primaria).Segue despois da Primeira Comuñón.Aos 12 anos hai dúas opcións: Continuar en grupos de catequese ou integrarse en grupos XEC.Os mozos e mozas confirmaranse, se están preparados, aos 18 anos.É necesario preinscribirse en Setembro.

CATEQUESE ADULTOSGrupo de formación cristiá para xente xove e adulta, o día e a hora sinálase de acordo co catequista.

COMISIÓNS PARROQUIAISHai catro comisións que conforman o Consello Pastoral Parroquial:· Cáritas: Atende os máis desfavorecidos. Tamén trata de sensibilizar á comunidade e promover a comunicación cristiá de

bens, así como un novo estilo de vida menos consumista.· Evanxelización: Catequese, Biblia, Adultos, XEC. Os catequistas reúnense semanalmente antes da catequese. Grupos

de coordinación por niveis.· Liturxia: Lecturas da misa, adorno e limpeza do Templo, Coro (voces e instrumentos), preparación das celebracións. · Economía e obras: Control de ingresos e gastos, obras de mantemento e novas iniciativas.

MISASDiarias:

De Setembro a Xullo: 8 do serán. En Agosto non a hai.

Domingos e Festivos: De Setembro a Xullo: ás 10 e 12 da mañá. En Agosto: ás 11 da mañá.

Véspera de Domingos e Festivos: Setembro - Xullo: 8 do serán (en galego).Agosto: ás 9 do serán (en galego).

CALENDARIOCONSELLO PASTORAL DA PARROQUIA DOS TILOS

CURSO 2014-2015SETEMBRO28 Asemblea Parroquial, de 10 a 13 horas.

OUTUBRO

8 Reunión de catequistas, ás 20,30.

4

5 Festa do noso patrón, S. Francisco de Asís. Celebración euca-rística ás 12,00, seguido da festa do compartir. Os alimentose as bebidas débense levar ó salón de actos, antes das 11,30.

12 Comezo do curso catequético. Catequese parroquial ás 11,00seguido da Eucaristía ás 12.

19 Día do Domund (Xornada mundial das misións).24 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30.29 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.

NOVEMBRO1 Festa de Todos os Santos.2 Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 12.26 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.

DECEMBRO8 Festa da lnmaculada Concepción.21 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11.25 Nadal. Só haberá misa ás 12.28 Festa da Sagrada Familia.

XANEIRO1 Festa de Santa María, Nai de Deus. Só haberá misa ás 12.6 Festa dos Reis Magos.11 Prosegue o curso catequético, ás 11.

FEBREIRO2 Presentación do Señor. Bendición das candeas, ás 10 e ás 12.6 Cea de Mans Unidas, ás 21.8 Xornada de Mans Unidas. Colecta.

25 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20, 30.

MARZO

18 Mércores de Cinza. Xornada de xaxún e abstinencia que sinalao comezo da Coresma.

15. Asemblea Parroquial, ás 12,30.19 Festa de S. Xosé.

25 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.22 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11.

ABRIL

29 Domingo de Ramos. Bendición dos Ramos antes da misa de 12.

5 Pascua de Resurrección. Só hai misa ás 12.29 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.

MAIO

28 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.

XUÑO

17 Ascensión do Señor.

5 Pleno do Consello Parroquial, ás 20,30.

24 Pentecoste . Confirmacións ás 12.

31

27 Celebración do perdón, ás 6 da tarde.

7

28 Primeiras Comuñóns , ás 12 da mañá.

4 Primeiras Comuñóns, ás 12.

SETEMBRO19 Asemblea Parroquial preparatoria do novo curso.

Cantando no serán. VII encontro de Corais, no templo parro-quial, ás 20,30 coa participación de: - Coral polifónica de Foz (Lugo) - Coral polifónica de Melide (A Coruña) - Grupo de canto AleceiaOrganiza: Grupo de Canto Aleceia

XULL O

A PARROQUIA NA DIOCESEUnha parroquia é un todo e unha parte; un todo, como comunidade de crentes unidos por unha mesma fe en Xesús e vencellados por vecindade e proximidade; unha parte, en canto está vencellada a unha diocese e a un bispo. Desta afirmación dedúcese que toda a vida parroquial, como comunidade de crentes, está suxeita ao plan pastoral diocesano.

A nosa parroquia afronta neste curso dous grandes obxectivos: As vodas de prata parroquiais que terán o seu cumio o 4 de Outubro do 2015, e o plan diocesano centrado no traballo de implicación no sínodo diocesano: “Renovar desde Cristo a nosa comuñón diocesana” expresada na “celebración da Eucaristía dominical”.

Son, pois, dúas as tarefas prioritarias para este curso 2014-2015:

Unha aféctanos de cheo xa que son vintecinco anos de vida como comunidade parroquial de crentes en Xesús co patrocinio de S. Francisco de Asís. É este un obxectivo pastoral que nos implica a todos: os que levades aquí todo este tempo e os que vos incorporáchedes nos anos seguintes. Queremos que sexa unha celebración viva e festiva; unha celebración centrada en Xesús e na figura de S. Francisco de Asís. Este curso as diferentes actividades que se vaian desenvolvendo son unha chamada á participación de todos e todas. No curso pasado fixemos o Camiño de Santiago dende o Cebreiro e que rematamos o 14 de Decembro, na Catedral, cunha Eucaristía á que se sumaron fregueses da nosa parroquia que non puideron participar no percorrido do camiño francés. Outra actividade foi a peregrinación a Roma e a Asís, do 23 ao 30 de Agosto, na que participamos 49 persoas; foi unha experiencia inesquecible. Para este curso haberá outras actividades interesantes.

A outra tarefa prioritaria céntrase no grupo de estudo e reflexión parroquial do Sinodo diocesano, cunha reunión mensual. A parroquia debe ser un vaso comunicante con toda a diocese.

É, polo tanto, unha tarefa ilusionante a que nos agarda.

¡Non esperes a que te inviten, participa! ¡Serás benvido/a!

Benjamín Roo, párroco.

Actividades e celebracións mensuais ou semanaisPrimeiros domingos Xornada parroquial de Cáritas.Primeiros mércores Formación de catequistas de 8:30 a 10 da noite.Últimos mércores Reunión da Comisión de Cáritas ás 8:30 do serán.Últimos xoves Oración comunitaria ás 8:30 do serán.Todos os venres Ensaio do coro parroquial de 8:30 a 10 da noite.

29 Primeiro domingo de Advento.

23 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30.25 Xornada da Infancia misioneira.28 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.

2,3,4 Triduo Pascual

Festa da Santísima Trindade.

Festa do Corpus Christi. Día Nacional da Caridade. XIX aniversario da consagración do templo parroquial.

Remata o curso de catequese.Comida parroquial, ás 14.Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.

142026

Impreso postal sen dirección

BOLETÍNPARROQUIAL

Curso 2014 - 2015Número 176

13 Festa da catequese

Page 2: Boletin

UNHA PARROQUIA QUE SERVEATENCIÓN PARROQUIAL

Horario: 6:30 - 7:30 da tarde. (tódolos días, menossábados e domingos).

Horario extra: Concertar por tef.: 981 801 315.CENSO PARROQUIAL

Unha maneira de sentirse membro da parroquia écensándose nela. Hai uns impresos na parroquiapara facelo.

ECONOMÍA PARROQUIALTódolos servicios parroquiais son gratuítos, exceptopara aquelas persoas que, podendo, non colaboran nosostemento da vida parroquial. Isto quere dicir que de-bemos colaborar economicamente a sufragar os gas-tos da parroquia.Tódolos ingresos, gastos e obras son xestionadas polaComisión de Economía e Obras da parroquia.

Hai xente que aporta libremente (ben por domici-liación bancaria ou ben persoalmente) unha cota fixaó mes. Outros fano con donativos.Hai algunhas familias que non poden colaborar e pro-cúrase axudalas. Trátase de compartir.Cada ano, na Asemblea Parroquial, infórmase óscolaboradores, comunícanselles tódolos ingresose gastos.Cremos que a mellor forma de colaborar é a de cotasmensuais con domiciliación bancaria, pois, desexeito, podemos programar o ano contando xa cunsfondos fixos.Tódalas aportacións económicas (cotas ou donativos)desgravan na Declaración da Renda (15%). A Parro-quia envíalle certificado a cada colaborador a princi-pios de ano.

CELEBRACIÓNS SACRAMENTAISBAUTIZOSCelebraranse os primeiros domingos de mes na misa pa-rroquial das 12.Tamén os terceiros sábados de mes ás 8 do serán.Avisar con tempo na parroquia para a súa preparación.CONFIRMACIÓNSPreparación semanal durante, polo menos, dous cursosa partir dos 16 anos. Ademais se hai adultos que des-exen confirmarse haberá preparación durante este cursoen horario a convir.ENFERMOS (VISITAS)Para a visita ós enfermos, débese avisar ó párroco noteléfono 981 801 315.

MATRIMONIOSAvisar na Parroquia 2 ou 3 meses antes do Matrimonio.É moi importante a preparación. Hai encontros de noivos(primeira semana do mes) ou cursiños (última semana).PENITENCIAHai tres celebracións comunitarias con confesión individual.Tamén se pode solicitar, sempre que se desexe, contac-tando co párroco.PRIMEIRAS COMUÑÓNSDous cursos de preparación: ós 7 e 8 anos.Celebracións comunitarias.A partir do mes de Decembro, reunións cos pais/nais osterceiros venres de mes.

D./Dª.

con domicilio en

Teléfono NIF

desexa contribuír coa economía parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos

(Teo) cunha cota mensual de € a cargar na conta

Os Tilos, de de 200

Asinado:

D./Dª.

con domicilio en

Teléfono DNI

Desexa participar en:

Comisión de CáritasComisión de Evanxelización: como catequista como catequizandoComisión de Liturxia coro (canto ou instrumento) decoración lector limpeza celebraciónsComisión de Economía e Obras

UNHA PARROQUIA QUE TAMÉN É TÚAAportación económica á parroquia

Colaboración coa parroquia

En todas as comisións se necesitan colaboradores. Infórmate na Parroquia; sempre serás benvido. Fai chegar os teus datos á parroquia.¡Garda este boletín, pode serche útil! GRAZAS.

Peregrinación parroquial a Roma e AsísCando comezamos a programar a conmemoración dos vintecin-co anos da parroquia, entre outras cousas, alguén tivo a idea dunha viaxe a ASÍS. Coincidimos en que de se facer a viaxe só tiña sentido como unha peregrinación e aí quedou a idea en espera dun mellor momento para ser tratada e traballada.

¿Como ir a ASÍS e non ver un cachiño de ROMA? Acordado facer a peregrinación viña a oferta complementaria.

Debemos agradecer especialmente a colaboración do P. Castro, franciscano en Santiago, que fixo de extraordinario guía.

Hai que resaltar algúns momentos da mesma. Certamente cada quen tivo a súa experiencia, pero creo que tamén as houbo colectivas.

A participación no ANGELUS do domingo 24 na praza do Vatica-no, co papa Francisco, foi un deles. Apenas se lle podía ver naquela ventaíña, pero estaba alí e a súa voz estaba tan perta de nós que parecía que nos falaba persoalmente a cada un. A catequese era sobre o evanxeo do día, da promesa do primado a Pedro, pero o Papa quedouse na primeira parte: ¿Quen di a xente que é o Fillo do home? E pediunos que respostáramos desde o corazón: Ti es o Fillo de Deus, e que o repetiramos moitas veces, que o levaramos no corazón. Foi unha fermosa experiencia.

Os lugares franciscanos son impresionantes desde a ubicación e paisaxe, pero especialmente para reflexionar no seu principal persoaxe: Francisco, na etapa da súa conversión, vivencias da primeira fraternidade, ansia infatigable de amar a Deus sobre

todas as cousas, querer semellarse a Xesús non só no amor senón tamén no sufrimento.

Lugares entrañables como San Damián; a Porciúncula en Santa María dos Anxos, a basílica de santa Clara, santa ligada a san Francisco por veciñanza, temporalidade e vocación; a basílica de san Francisco, monte Alverna, Fonte Colombo, Rivotorto…

Tivemos a celebración da Eucaristía en lugares emblemáticos: na basílica de San Paulo Extramuros en Roma, na localidade de Greccio onde san Francisco celebrou o primeiro Belén vivente, onde nós, aínda fóra do tempo litúrxico, celebramos a misa de Nadal; na basílica de Santa María dos Anxos, onde está a Porciúncula; e en Asís, no Sacro Convento onde está a basílica de San Francisco. A verdade é que non se sabe se está a basílica no convento ou o convento na basílica, quizais o último sexa o máis acertado.

Vivencias e experiencias moitas, tanto persoais coma colectivas.

Agora estas experiencias téñennos que axudar a comprender tamén que a nosa vida é unha peregrinación que rematará na Xerusalén celeste do Apocalipse, e esta peregrinación temos que facela de seguido, co noso compromiso, na parroquia ou non a faremos.

Ante o Xesús crucificado ao que san Francisco rezaba na igrexa de san Damián, pedimos tamén nós ao Deus omnipotente e glo-rioso que ilumine as tebras dos nosos corazóns, nos dea fe recta, esperanza certa e caridade perfecta e que teñamos sentido e coñecemento para cumprir o seu santo e verdadeiro mandato.