Boletín Epidemiolóxico de Galicia - sergas.es XXX-5.pdf · Séguenas (Figura 2) as quinolonas, os...
Transcript of Boletín Epidemiolóxico de Galicia - sergas.es XXX-5.pdf · Séguenas (Figura 2) as quinolonas, os...
Boletín Epidemiolóxico de Galicia
1
Dirección xeral de saúde pública – DXSP
novembro de 2018 volume XXX, número 5
RESISTENCIAS A ANTIBIÓTICOS PRIORITARIAS, GALICIA 2017.............................................................. páxina 1
DISPENSACIÓN COMUNITARIA DE ANTIBIÓTICOS EN GALICIA DE 2014 A 2017.................................. páxina 2
USO AUTODECLARADO DE ANTIBIÓTICOS EN GALICIA DURANTE 2017............................................... páxina 14
RESISTENCIAS A ANTIBIÓTICOS PRIORITARIAS, GALICIA 2017
Introdución. En 2016, o Plan español para controlar a resistencia aos antibióticos seleccionou unha serie
de resistencias como prioritarias de cara aos seus seguimento e intervención1. A información sobre a
situación destas resistencias en Galicia incorporouse paulatinamente e na actualidade está integrada nos
informes de seguimento da resistencia a antibióticos en Galicia que, dende 2007 e con periodicidade
bianual, elabora a Sociedade galega de microbioloxía clínica (Sogamic) en colaboración coa DXSP2.
Na táboa amósanse os valores de non sensibilidade para os diferentes bienios e anos. Os datos fan
referencia aos illados en LCR e sangue (1 illado por doente) realizados nos hospitais públicos de Galicia,
agás o de Monforte de Lemos, e mais Povisa. Como criterios de interpretación empréganse os do CLSI.
1 DXSP. Plan español de control das resistencias a antimicrobianos. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2016; vol. XXVIII, nº 5.
2 Os informes Sogamic sobre resistencias pódense consultar na páxina web da DXSP. [Ligazón]
Microorganismo antibiótico Porcentaxe de illamentos non sensibles Nº illamentos*
2013/14 2015 2016 2017 2015 2016 2017
E. coli Imipenem 0’05 0’08 0’04 0’15 2.358 2.460 2.587
Ertapenem 0’30 0’10 0’08 0’12 2.308 2.422 2.569
K. pneumoniae Imipenem 2 12 21 15 392 494 500
Ertapenem 5 13 25 20 377 480 413
A. baumannii Imipenem 0’00 27 0’00 8 11 14
Meropenem 0’00 38 0’00 5 8 6
P. aeruginosa Imipenem 23 21 20 20 198 212 249
Meropenem 22 20 19 18 178 184 212
S. aureus Meticilina 22 21 21 22 699 726 779
E. faecium Vancomicina 1’8 0’7 0’6 165 144 176
E. faecalis Vancomicina 0’3 0’3 0’3 306 343 367
Nota: A non sensibilidade a carbapenemes é por calquera mecanismo de resistencia, e non só por carbapenemasas.
(*) Número de illamentos nos que se estudou a sensibilidade ao antibiótico.
2 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
DISPENSACIÓN COMUNITARIA DE ANTIBIÓTICOS EN GALICIA DE
2014 A 2017
Introdución. Dende 2007 a DXSP ven publicando informes anuais sobre a dispensación comunitaria de
antibióticos en Galicia1, mais estes informes elaborábanse só cos antibióticos dispensados en farmacia por
mor dunha receita do sector público; é dicir, a cargo do Sistema Nacional de Saúde (SNS). Non se contaba,
pois, nin cos antibióticos dispensados por receitas do sector privado nin por receitas de mutuas (Muface,
Isfas, Mujeju). Con todo, e malia esta subestimación, debida a que como poboación empregábase a total de
Galicia, os informes amosaban con claridade que en Galicia a dispensación non era nin cuantitativa nin
cualitativamente axeitada, feito que indica unha prescrición innecesaria (receitase un antibiótico cando non
é necesario) e inadecuada (sendo necesario, non se receita o antibiótico máis axeitado).
Mais, a partir de 2018, o Plan estratéxico e de acción para reducir o risco de selección e diseminación da
resistencia aos antibióticos (PRAN)2 dispón de datos por comunidade autónoma da dispensación a conta de
receitas do sector privado e de mutuas dende 2014, que permiten unha abordaxe máis exacta da
dispensación comunitaria de antibióticos. Por este motivo, volvéronse a analizar os datos de Galicia de 2014
a 2016, xunto aos de 2017, e do resultado desta análise dáse conta neste informe.
Materiais e métodos. Para estudar o uso de antibióticos, a OMS recomenda empregar os "antibacterianos
para uso sistémico", e expresalo en dose habitante día (DHD), que se define como dose diaria definida
(DDD) por 1.000 habitantes e día. A DDD é a media asumida da dose diaria de mantemento para a súa
indicación principal en adultos. A clasificación ATC/DDD, que ten os antibióticos sistémicos agrupados na
rúbrica J01, proporciona a DDD para cada presentación farmacéutica dos distintos antibióticos, que é un
valor fixo para cada presentación establecido por expertos. A DHD calcúlase coa DDD e o número de
envases de cada presentación, referidos a unha poboación e período de tempo determinados.
De todos os xeitos, como a DHD infraestima o uso cando a duración do tratamento é curta e sobreestímao
cando é longa, ten interese tamén expresar o uso como número de envases prescritos por poboación e
tempo; por exemplo, en envases por mil habitantes ao mes (EHM)3. Un exemplo do primeiro caso é a
azitromicina, que durante 2016 e con datos do sector público, en Galicia supuxo o 8% das DHD e o 18%
dos EHM; e, do segundo, a amoxicilina-clavulánico, que supuxo o 42% das DHD e o 23% dos envases4.
Así pois, para analizar o uso ambulatorio de antibióticos en Galicia calculouse o número de DHD, e nalgún
caso de EHM, do grupo J01 ATC/DDD durante os anos 2014 a 2017, tomando a poboación do Padrón
municipal de habitantes de cadanseu ano5. Os datos de dispensación proceden das receitas do sector
público, que proporcionou a Subdirección Xeral de Farmacia; das facturadas con cargo ás mutuas, que
proporcionou o PRAN; e das receitas do sector privado, que tamén proporcionou o PRAN. Estas últimas son
unha estimación froito dunha mostraxe realizada en farmacia e, polo tanto, están suxeitas a unha
variabilidade asociada á mostraxe que nesta análise non se tivo en conta.
Para resumir a dispensación empregáronse os indicadores do PRAN6, mais, como parte dos indicadores do
PRAN veñen especificados por grupo de idade, e nin as receitas do sector privado nin as das mutuas
proporcionan a idade nin o sexo da persoa á que se lle receitou o antibiótico, os indicadores por grupo de
idade e os indicadores en idade pediátrica calculáronse só coas receitas do sector público. Por este mesmo
motivo, a análise da dispensación por grupo de idade e sexo queda restrinxida a este tipo de receitas e ao
ano 2017, porque os datos de anos previos xa constan no informe de cadanseu ano1.
Ademais, nunha pequena fracción das receitas do sector público faltan os datos da idade e o sexo. En 2017
estes datos afectan ao 1’5% das DDD, e teñen a mesma distribución estacional que se ven observando nos
últimos anos, feitos que permiten asumir7 que as receitas con datos ausentes son de antibióticos
dispensados a persoas que residen fóra de Galicia, polo que os indicadores por grupo de idade e a análise
por idade e sexo fan referencia a antibióticos dispensados en Galicia a residentes en Galicia. Polo demais, a
poboación de Galicia con dereito a financiación das receitas polo SNS –que é apenas un 3% menor que a
do padrón– proporcionouna a Subdirección Xeral de Planificación e Aseguramento.
3 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Resultados. A dispensación comunitaria de antibióticos en Galicia permaneceu estable de 2014 a 2017,
tanto en DHD como en EMH (Figura 1). En concreto, a primeira variou das 32’0 DHD de 2017 ás 33’3 de
2015; e os EHM fixérono entre os 85’2 e os 88’8 EHM de 2014 e 2016, respectivamente. Na Figura 1 mírase
tamén que ao longo do cuadrienio non variou tampouco o reparto por sectores nin das DHD nin dos EHM,
que en xeral se pode resumir como 70-25-5; un 70% do sector publico, un 25% do sector privado e un 5%
das mutuas.
Figura 1. Reparto (%) por sectores da dispensación comunitaria de antibióticos en Galicia por ano de 2014 a
2017, en DHD co valor da DHD global (esquerda) e en EHM co valor dos EHM globais (dereita)
0
5
10
15
20
25
30
35
40
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
2014 2015 2016 2017
D
H
D
Público Privado Mutuas DHD
0
10
20
30
40
50
60
70
80
90
100
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
2014 2015 2016 2017
E
H
M
Público Privado Mutuas EHM
Resultados por grupo terapéutico. A estabilidade tamén é a norma no que atinxe á estrutura da
dispensación de antibióticos no nivel do grupo terapéutico (Figura 2). As penicilinas, en lixeiro descenso,
son os antibióticos máis dispensados en Galicia, e no cuadrienio considerado deron conta do 61% das DDD
e do 41% dos envases.
Séguenas (Figura 2) as quinolonas, os macrólidos-lincosamidas e estreptograminas (MALIES) e os outros
betalactámicos, que en 2017 deron conta, cada grupo, do 10% das DDD, froito dun lixeiro descenso das
primeiras e de un ascenso dos últimos. En envases non ocorre o mesmo, xa que mentres os MALIES dan
conta dun 20%, as quinolonas baixan a un 15% e os outros betalactámicos quedan no 10%. Isto débese ás
diferentes DDD por envase, que nos primeiros é de 5’5 de media, mentres nas quinolonas é de 7’7 e nos
outros betalactámicos de 10’8. Para todos os antibióticos en conxunto, esta razón ven descendendo moi
amodo de 2014 (11’6 DDD/envase) ata 2017 (11’3)
Figura 2. Distribución (%) das
DDD (esquerda) e dos envases
(dereita) de antibióticos
dispensados en Galicia por
grupo terapéutico e ano, de
2014 a 2017.
Lenda: PEN: penicilinas; QUI,
quinolonas; MLE, MALIES;
OBL, outros betalactámicos;
TET, tetraciclinas; SeT,
sulfonamidas e trimetoprim;
OUT, outros antibióticos; CdA,
combinacións de antibióticos;
AMI, aminoglucósidos.
Na táboa 1 amósanse as DHD dos diferentes grupos terapéuticos e nela mírase que, a respecto de 2014,
en 2017 a dispensación diminuíu en todos agás no de tetraciclinas (medrou un 4%), no de MALIES (7%) e
no de outros betalactámicos (13%). Pola súa banda, os descensos máis importantes ocorreron nos grupos
de aminoglucósidos (21%) e de combinacións de antibióticos (24%), neste caso debido en parte a que a
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
2014 2015 2016 2017
AMI
CdA
OUT
SeT
TET
OBL
MLE
QUI
PEN
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
2014 2015 2016 2017
AMI
CdA
OUT
SeT
TET
OBL
MLE
QUI
PEN
4 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
partir de mediados de 2014 as combinacións de antibióticos deixaron de estar financialas polo sector
público e polas mutuas7. Estes mesmos descensos, e de magnitude semellante, obsérvanse na evolución
das EHM (Táboa 1), mentres que os ascensos máis importantes ocorreron no grupo de outros
betalactámicos (4%), no de MALIES (9%) e no de outros antibióticos (11%).
No que atinxe aos sectores, obsérvanse sensibles diferenzas entre as súas estruturas de dispensación
(Figura 3). Por exemplo, a respecto do sector público, no sector privado hai unha maior presenza de
penicilinas (69 vs 59% das DDD no conxunto do cuadrienio) e de tetraciclinas (8 vs 4%), e haina menor de
quinolonas (5 vs 12%) e dos outros betalactámicos (5 vs 10%). Pola súa banda, nas mutuas obsérvase
unha menor presenza de penicilinas (49%) e unha maior dos outros betalactámicos (13%) e dos MALIES
(15 vs 10%).
No sector privado apenas se receitan antibióticos do grupo de outros antibióticos, no que fican, por exemplo,
fosfomicina e a nitrofurantoína, mentes que a partir de mediados de 2014 no sector público e no das mutuas
xa non se financian as combinacións de antibióticos, como xa se comentou. Os resultados son
cualitativamente semellantes con envases en lugar de DDD (Figura 3).
Figura 3. Distribución (%) das DDD
(esquerda) e dos envases (dereita) de
antibióticos dispensados en Galicia por
grupo terapéutico e sector no
cuadrienio 2014-2017.
Lenda: PEN: penicilinas; QUI,
quinolonas; MLE, MALIES; OBL, outros
betalactámicos; TET, tetraciclinas; SeT,
sulfonamidas e trimetoprim; OUT,
outros antibióticos; CdA, combinacións
de antibióticos; AMI, aminoglucósidos.
Táboa 1. DHD e EHM por grupo terapéutico dispensados en Galicia de 2014 a 2017, por ano.
Grupo terapéutico DHD EHM
2014 2015 2016 2017 2014 2015 2016 2017
Penicilinas (beta-lactámicos) 20’1 20’5 19’9 19’3 35’3 36’3 35’7 34’6
Quinolonas 3’4 3’5 3’5 3’3 13’5 14’1 13’8 13’1
Macrólidos, lincosamidas e estreptograminas (MALIES) 3’0 3’3 3’4 3’2 16’4 18’4 18’7 17’9
Outros beta-lactámicos. Cefalosporinas 2’7 2’9 3’0 3’1 8’2 8’1 8’5 8’5
Tetraciclinas 1’6 1’6 1’6 1’7 5’7 2’5 2’6 2’6
Outros 0’6 0’6 0’6 0’6 2’5 1’5 1’5 1’5
Sulfonamidas e trimetoprim 0’5 0’6 0’6 0’5 1’5 5’9 6’1 6’3
Combinacións de antibióticos 0’3 0’3 0’2 0’2 1’9 1’6 1’5 1’4
Aminoglucósidos 0’0 0’0 0’0 0’0 0’3 0’3 0’3 0’3
Todos 32’4 33’3 32’9 32’0 85’2 88’7 88’8 86’2
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
Público Privado Mutuas TODOS
AMI
CdA
OUT
SeT
TET
OBL
MLE
QUI
PEN
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
Público Privado Mutuas TODOS
AMI
SeT
CdA
TET
OUT
OBL
QUI
MLE
PEN
5 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Resultados por principio activo. A amoxicilina-clavulánico foi o principio activo máis dispensado, e da conta
do 43% das DDD e do 25% dos envases dispensados no cuadrienio. A amoxicilina é o segundo máis
dispensado en DDD (18%) e o terceiro en envases (14%), mentres á azitromicina pásalle ao contrario, é o
terceiro en DDD (7%) e o segundo en envases (18%). En xeral, nove principios activos (os que se amosan
na táboa 2) dan conta do 91% das DDD dispensadas e do 83% dos envases.
Táboa 2. Nove principios activos con maior DHD e maior EMH en Galicia en 2017, por ano de 2014 a 2017.
DHD EHM
Principio activo 2014 2015 2016 2017 Principio activo 2014 2015 2016 2017
Amoxicilina-clavulánico 14’4 14’5 13’8 13’2 Amoxicilina-clavulánico 21’9 22’4 21’7 20’6
Amoxicilina 5’4 5’7 5’8 5’9 Azitromicina 13’5 15’6 16’0 15’4
Azitromicina 2’1 2’4 2’5 2’4 Amoxicilina 11’3 11’9 12’2 12’3
Cefuroxima 2’0 2’0 2’1 2’2 Fosfomicina 5’0’ 5’1 5’4 5’9
Levofloxacino 1’3 1’5 1’5 1’5 Levofloxacino 4’4 5’2 5’3 5’2
Doxiciclina 1’4 1’4 1’4 1’5 Ciprofloxacino 5’6 5’3 5’3 5’0
Ciprofloxacino 1’3 1’3 1’2 1’2 Cefuroxima 4’8 4’4 4’9 5’0
Sulfametoxazol e trimetoprim 0’6 0’6 0’6 0’6 Moxifloxacino 2’2 2’4 2’1 1’8
Claritromicina 0’7 0’7 0’7 0’6 Doxiciclina 1’5 1’5 1’6 1’7
Todos 32’4 33’3 32’9 32’ 0 Todos 85’2 88’7 88’8 86’2
Na táboa 2 mírase que a DHD total e a dos principais principios activos permanece relativamente estable ao
longo do cuadrienio, cunha lixeira tendencia ao descenso no caso de, por exemplo, a amoxicilina-
clavulánico (a DHD de 2017 foi un 9% menor que a de 2014), ou ao ascenso como no caso da amoxicilina
(9%). Pola súa banda, a EHM total tamén se mantivo estable, malia certos descensos (moxifloxacino, 19%)
e ascensos (fosfomicina, 19%; levofloxacino, 18%) relativamente máis importantes que con DHD.
En DHD, a amoxicilina-clavulánico é o principio activo máis dispensado en todos os sectores (Figura 4),
pero o desequilibrio a respecto dos outros principios é máis notable no sector público; nel, a súa
dispensación foi entre 3’3 (2014) e 2’7 (2017) veces maior que a de amoxicilina, que é o segundo máis
dispensado, mentres, nos mesmos anos, esta razón variou entre 2’2 e 2’6 nas mutuas e entre 1’6 e 1’5 no
sector privado. Con todo, a dispensación de amoxicilina-clavulánico descendeu en todos os sectores: no
sector público, en 2017 foi un 12% menor que en 2014; no privado, un 3%, e nas mutuas un 26%. No
mesmo período a dispensación de amoxicilina medrou menos, un 8% no sector público, un 7% no sector
privado e se mantivo estable no das mutuas.
Figura 4. Porcentaxe da dispensación total en Galicia durante o período 2014-2017 que supuxeron os nove
principios activos máis dispensados, en DDD (esquerda) e en envases (dereita). Lenda: A+C: amoxicilina-
clavulánico; AMX: amoxicilina; AZT: azitromicina; CFR: cefuroxima; LEV: levofloxacino; DOX: doxaciclina;
CIP: ciprofloxacino; CLA: claritromicina; SeT: sulfametoxazol-trimetoprim; FOS: fosfomicina; MOX:
moxifloxacino; ESP: espiramicina.
0%
5%
10%
15%
20%
25%
30%
35%
40%
45%
50%
Público Privado Mutuas
A+C
AMX
AZT
CFR
LEV
DOX
CIP
CLA
SeT0%
5%
10%
15%
20%
25%
30%
Público Privado Mutuas
A+C
AZT
AMX
FOS
CIP
LEV
CFR
MOX
ESP
6 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Os nove principios activos que se amosan na figura 4 dan conta do 90% das DDD do sector público, do
92% das do sector privado e do 89% das de mutuas. Na figura mírase que entre os perfís dos distintos
sectores hai diferenzas, máis de tipo cuantitativo entre o sector público e o das mutuas e máis de tipo
cualitativo entre estes dous sectores e o privado. Especialmente rechamante neste último é a presenza de
doxiciclina, da que o 43% das DDD dispensáronse no sector privado. Ademais, como os principios activos
da figura se seleccionaron en función da dispensación global, nela non figura algún principio activo
relevante en determinado sector, como ocorre coa espiramicina en combinación con outros antibióticos, que
é o quinto principio activo máis dispensado no sector privado, cun 3% das DDD do sector.
En envases, a listaxe de principios activos máis dispensados é lixeiramente diferente (Figura 4), e da conta
dunha menor fracción da dispensación total: o 84% no sector público, o 81% no privado e o 82% no das
mutuas. Ademais, a amoxicilina-clavulánico, que é o máis dispensado nos sectores público e privado, vese
superado no das mutuas pola azitromicina, que é, respectivamente, segundo e terceiro naqueles sectores.
Polo demais, á listaxe incorpóranse a fosfomicina, malia que apenas se dispensa no sector privado, e a
espiramicina en combinación con outros antibióticos, que só se dispensa neste porque nos outros sectores
deixou de estar financiada, como xa se comentou. Estas particularidades danlle, en envases, ao sector
privado un perfil de dispensación aínda máis característico que coas DDD.
Táboa 3 Indicadores do PRAN para o conxunto da poboación calculados cos antibióticos dispensados en Galicia, por ano de 2014 a 2017, en global e por sectores, xunto á cualificación de cadanseu indicador para o ano 2017.
INDICADOR 2014 2015 2016 2017 CUALIFICACIÓN
DHD 32’4 33’3 32’9 32’0 estable
Antibióticos de espectro reducido* 19% 19% 20% 21% MELLORA
Amoxicilina entre (Amoxicilina+Amoxicilina-clavulánico)** 34% 35% 36% 37% MELLORA
Penicilinas sensibles a betalactamasas* 0’17% 0’16% 0’17% 0’21% MELLORA
Macrólidos* 9% 10% 10% 10% estable
Fluoroquinolonas* 10% 11% 11% 10% estable
Cefalosporinas de terceira xeración* 2’0% 2’2% 2’4% 2’5% EMPEORA
EHM 85’2 88’7 88’8 86’2 estable
INDICADOR SECTOR 2014 2015 2016 2017 CUALIFICACIÓN
Antibióticos de espectro reducido*
Público 16% 16% 17% 18% MELLORA
Privado 27% 27% 28% 28% MELLORA
Mutuas 16% 16% 17% 17% MELLORA
Amoxicilina entre (Amoxicilina+Amoxicilina-clavulánico)**
Público 31% 32% 33% 36% MELLORA
Privado 41% 41% 41% 42% MELLORA
Mutuas 34% 35% 36% 36% MELLORA
Penicilinas sensibles a betalactamasas*
Público 0’20% 0’20% 0’21% 0’27% MELLORA
Privado 0’10% 0’08% 0’07% 0’07% EMPEORA
Mutuas 0’12% 0’09% 0’09% 0’11% estable
Macrólidos*
Público 9% 10% 10% 10% estable
Privado 8% 8% 8% 8% estable
Mutuas 13% 15% 15% 14% estable
Fluoroquinolonas*
Público 12% 12% 12% 12% estable
Privado 5% 5% 5% 5% estable
Mutuas 12% 12% 12% 13% estable
Cefalosporinas de terceira xeración*
Público 2’4% 2’7% 2’9% 3’0% EMPEORA
Privado 0’9% 0’8% 0’9% 1’0% estable
Mutuas 3’1% 3’0% 3’4% 3’9% EMPEORA
(*) En DDD, a respecto das DDD totais. (**) En envases.
7 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Indicadores de uso do PRAN. Na táboa 3 amósanse os valores dos indicadores de uso ambulatorio de
antibióticos propostos polo PRAN que se poden calcular para o conxunto de antibióticos dispensados en
Galicia no cuadrienio considerado, xunto aos que se poden calcular para os diferentes sectores.
Cos indicadores do PRAN a calidade xúlgase de dous xeitos, como tendencia e a respecto de valores de
referencia. No que atinxe á tendencia, o PRAN indica cara a onde ir6, mais non como cualificar, en termos
de cumprimento da expectativa, os valores dun ano determinado. Por iso, neste informe, para cualificar a
tendencia empregáronse os catro anos estudados e o criterio seguinte: se a secuencia de valores indica
unha tendencia monótona contraria á expectativa de mellora, dirase que o indicador “empeora”; se o fai na
liña esperada, dirase que o indicador “mellora”; e se a secuencia non é monótona, dirase que o indicador
permanece “estable”.
O resultado de aplicar este criterio aos valores dos indicadores pódese ver tamén na táboa 3. En xeral, os
indicadores amosan estabilidade ou mellora, agás o do uso de cefalosporinas de terceira xeración, que
empeora, e faino tanto no sector público como no de mutuas, mentres que no privado (que ademais é no
que teñen unha menor presenza relativa) mantense estable. As cefalosporinas de terceira xeración máis
empregadas son cefditoreno (0’44 DHD en 2017) e cefixima (0’36 DHD), pero as que máis medraron en
DHD de 2014 a 2017 son cefpodoxima (74%) e ceftriaxona (26%).
Pola súa banda, a mellora do uso afecta a todos os grupos de antibióticos de espectro reducido, agás o das
penicilinas resistentes á betalactamasa (cloxacilina), que amosa unha tendencia ao descenso, de tal xeito
que de 2014 a 2017 a DHD se reduciu un 23%. Pola contra, uso de penicilinas sensibles á betalactamasa
medrou un 23%, debido ao aumento da fenoximetilpenicilina; mentres a fosfomicina medrou un 18%, e as
penicilinas con espectro ampliado, o 9% da amoxicilina antes comentado.
A mellora do uso das penicilinas sensibles a betalactamasa observouse só no sector público, que tamén é
no que ten maior presenza, xa que no de mutuas permaneceu estable e no privado empeorou. Con todo, é
neste sector no que é máis elevado o uso relativo de antibióticos de espectro reducido, debido ao papel que
nel ten a amoxicilina.
De todos xeitos, a tendencia non cualifica de seu a calidade do uso (cuantitativo) dos antibióticos, porque a
mellora pode non ser abondo (como ocorre coas observadas nos indicadores de Galicia) e o empeoramento
non acada valores moi diferentes aos de anos previos. É dicir, a tendencia débese completar cun estándar
de uso, mais ao non haber ningún de carácter normativo (nin desiderativo), o PRAN propuxo como estándar
o valor do conxunto de España e, cando o indicador coincide co da Rede europea de vixilancia do consumo
de antibióticos (ESAC), tamén o valor medio dos países que lle envían datos.
Como só están publicados os datos dos indicadores da ESAC de 20168, para avaliar mellor o uso en Galicia
durante 2017 empréganse o subconxunto destes indicadores que se amosa na figura 5. Nela, os valores
dos indicadores están estandarizados coa metodoloxía que se describe nun informe previo9 (0’5 indica o
valor medio), co engadido dos tres cuartís de cadansúa distribución, para minimizar o problema dos valores
extremos que se poden dar nalgún indicador. Ademais, engadíronse os valores de Holanda, que fan
referencia á venda en farmacia (ie, non infraestiman a dispensación) e teñen a menor DHD total de Europa,
para indicar ata que punto usos diferentes son posibles.
Ao mirar a Figura 6 obsérvase que, en todos os indicadores agás no de uso de MALIES, Galicia fican por
riba do terceiro cuartil, que indica peor calidade. Son especialmente negativos, ademais do uso total, o uso
de penicilinas e os usos relativos de penicilinas sensibles á betalactamasa (infrauso, neste caso) e de
amoxicilina clavulánico, mais isto non pode agachar que tamén é excesivo o uso de cefalosporinas de
terceira xeración e de fluoroquinolonas.
Para os sectores só se poden calcular os indicadores de uso relativo, e, mentres os do sector público son
semellantes aos globais, comparados con estes, os do sector privado amosan un uso mellor de
cefalosporinas de terceira xeración e de fluoroquinolonas; e os das mutuas están peor, aínda que nestas é
un pouco mellor o uso de amoxicilina-clavulánico. Es todos os sectores, o infrauso de penicilinas sensibles a
betalactamasa fai que este indicador fique na peor posición posible.
8 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Figura 5. ARRIBA: Posición relativa do valor dos indicadores da calidade do uso en Galicia durante 2017 e
Holanda durante 2016 a respecto dos valores de mellor (0) e peor (1) calidade nos países europeos que
enviaron datos de 2016 á ESAC, xunto aos cuartís desta distribución, que ten os valores estandarizados. Na
esquerda danse os valores de uso en DHD (indicadores de cantidade de uso) e na dereita os valores de
cadanseu grupo a respecto do total de antibióticos, tamén en DHD (indicadores de uso relativo). ABAIXO:
indicadores de uso relativo para o sector privado (esquerda) e para o de mutuas (dereita).
Lenda: PEN: penicilinas; CEF: cefalosporinas; MLE: MALIES; QUI: quinolonas; PSB: Penicilinas sensibles a
betalactamasas, CE3, cefalosporinas de 3ª xeración; e, FQU, fluoroquinolonas.
0,00
0,20
0,40
0,60
0,80
1,00
Todos PEN CEF MLE QUI
ESAC 2016
Cuartís
Galicia 2017
Holanda 2016
0,00
0,20
0,40
0,60
0,80
1,00
PSB A+C CE3 FQU
ESAC 2016
Series1
Galicia 2017
Holanda 2016
0,00
0,20
0,40
0,60
0,80
1,00
PSB A+C CE3 FQU
ESAC 2016
Series1
Galicia 2017
Holanda 2016
0,00
0,20
0,40
0,60
0,80
1,00
PSB A+C CE3 FQU
ESAC 2016
Series1
Galicia 2017
Holanda 2016
Resultados por idade e sexo. Polo problema dos datos ausentes antes comentado, disponse só da idade e
sexo dos residentes en Galicia que supoñen o 98’5% das DDD totais do sector público. Os valores da DHD
por idade (tomando como referencia a poboación de Galicia), para 2017 amósanse na Figura 6, na que se
observa como a DHD primeiro descende ata o seu valor mínimo nos de 10 a14 anos de idade para despois
medrar continuamente ata acadar o máximo nos de 75 e máis anos.
Ao longo de 2017 dispensáronse máis antibióticos ás mulleres (23’9 DHD) que aos homes (20’1 DHD), mais
preto do 20% desta diferenza pódese atribuír á diferente estrutura etárea (as DHD axustadas [DHDax] por
idade á da poboación de Galicia son, respectivamente, 23’6 e 20’6 DHDax). Ora ben, como se mira na
Figura 6, non en todas as idades é maior o uso nas mulleres, xa que é maior nos homes de 0 a 4 e de 65
anos ou máis. En envases, mulleres e homes usaron, respectivamente, 69’5 e 51’5 EHM ao longo de 2017.
Polo demais, en 2017 dispensóuselle polo menos un antibiótico ao 34% dos residentes en Galicia con
dereito a farmacia financiada polo SNS, ou ao 39% das mulleres e ao 29% dos homes. Esta diferenza
débese, en maior medida, ás persoas de entre 15 e 64 anos (36 versus 24%), xa que a diferenza redúcese
a 5 puntos porcentuais nos de 65 a 74 anos (42 versus 37%), a dous puntos nos de 75 e mais (47 versus
45%), e a un nos menores de 15 anos non hai diferenza (39 versus 38%).
9 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Figura 6. DHD (calculada coa poboación de Galicia) dispensadas a residentes en Galicia durante 2017 por
receitas do sector público, por idade (esquerda) e por idade e sexo (dereita).
0-4 anos 5-9 anos10-14anos
15-44anos
45-64anos
65-74anos
75 anose mais
Todos
2017 24,4 18,4 13,7 19,2 19,8 26,9 33,5 22,0
0,0
5,0
10,0
15,0
20,0
25,0
30,0
35,0
40,0
0,0 5,0 10,0 15,0 20,0 25,0 30,0 35,0 40,0
0-4 anos
5-9 anos
10-14 anos
15-44 anos
45-64 anos
65-74 anos
75 anos e mais
Todos
Mulleres
Homes
Como se desprende do parágrafo anterior, a menor porcentaxe de persoas galegas con dereito a farmacia
financiada polo SNS ás que se lles dispensou polo menos un antibiótico en 2017 atópase no grupo de 15 a
64 anos (30%), e a maior nos de 75 e máis anos (46%), cos de menos de 15 e os de 65 a 74 en valores
intermedios (39% en ambos os dous casos). Ora ben, o grupo de menos de 15 anos agocha unhas
diferenzas moi importantes, de tal xeito que se lle dispensou polo menos un antibiótico ao 56% dos de 0 a 4
anos, porcentaxe que baixa ao 37 e ao 25% nos de 5 a 9 e de 10 a 14 anos, respectivamente.
O das penicilinas é, en DDD, o grupo terapéutico máis usado en todos os grupos de idade, pero a súa
presenza varía notablemente de preto do 80% nos de menos de 10 anos ao 43% no de 75 e máis (Figura
7). Con todo, pola diferente intensidade de uso nos distintos grupos, tomando como referencia o conxunto
da poboación de Galicia, a DHD máis baixa é a do grupo de 10 a 14 anos (10’3 DHD), logo ascende e
acada as 14’5 DHD nos de 75 a máis, só superada pola dos de 5 a 9 (15’4) e os de 0 a 4 nos (20’2).
No resto de grupos terapéuticos obsérvase un aumento importante da DHD coa idade, agás no de MALIES,
que ten unha presenza relativamente estable a través dos distintos grupos de idade, e o de tetraciclinas,
que aumenta en presenza e ten a maior DHD no grupo de 15 a 44 anos de idade.
Figura 7. Frecuencia relativa (%) das DDD dos grupos terapéuticos dispensadas en Galicia a residentes en
Galicia durante 2017 a cargo do sector público, por grupo de idade (esquerda) e sexo (dereita). Lenda:
PEN: penicilinas; QUI, quinolonas; MLE, MALIES; OBL, outros betalactámicos; TET, tetraciclinas; SeT,
sulfonamidas e trimetoprim; OUT, outros antibióticos; CdA, combinacións de antibióticos; AMI,
aminoglucósidos.
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
0-4 anos 5-9 anos 10-14 anos 15-44 anos 45-64 anos 65-74 anos 75 anos e mais
AMI
SeT
OUT
TET
OBL
MLE
QUI
PEN
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
Home Muller
10 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
0
5
10
15
20
25
30
35
40
Ho
lan
daEs
ton
iaSu
ecia
Leto
nia
Aus
tria
Eslo
ven
iaA
lem
aña
No
rueg
aH
un
grí
aM
alta
Din
amar
caFi
nla
ndia
Litu
ania
Rei
no
Un
ido
Bul
gari
aC
roa
cia
Isla
nd
iaP
ort
ugal
Eslo
vaq
uia
Polo
nia
Irla
nd
aLu
xem
brur
goIt
alia
Bél
xica
Rum
anía
Fran
cia
Gal
icia
Chip
reEs
pañ
aG
reci
a
Nas mulleres hai, a respecto dos homes, unha maior presenza relativa de outros betalactámicos, MALIES
ou do grupo de outros antibióticos, mentres que nos homes haina de penicilinas ou tetraciclinas (Figura 7).
Porén, como nas mulleres hai unha maior dispensación, de 3’8 DHD, as penicilinas aínda dan conta dunha
boa parte deste exceso, en concreto, do 29%, mentres os outros betalactámicos, os MALIES e os outros
antibióticos, dan conta do 29, do 20 e do 17%, respectivamente.
Nas táboas 4 e 5 amósanse os indicadores do PRAM por grupo idade, para o conxunto da poboación e para
a idade pediátrica, respectivamente. Non son todos os indicadores propostos polo PRAM, se non os que fan
referencia a un uso relativo, que son os que se poden calcular cando non se coñece o tamaño da poboación
á que foron dispensados, como neste caso ocorre coa de residentes en Galicia que utilizan receitas do
sector público e non dos outros sectores. Xunto cada indicador fica tamén a súa cualificación en 2017, que
se determinou cos mesmos período de seguimento e criterio que se empregaron con anterioridade.
Dos seis indicadores do PRAN para o conxunto da poboación do sector público, en 2017 melloran o uso
relativo de antibióticos de espectro reducido, o de amoxicilina sen clavulánico e mais o de penicilinas
sensibles a betalactamasa (Táboa 4), e nos tres na mellora participan o grupo de menores de 15 e o de 64
a 64 anos, mentres no segundo participa tamén o de 75 e máis (Táboa 5). No indicador de uso relativo de
macrólidos e no de fluoroquinolonas, a estabilidade obsérvase en todos os grupos de idade, como en todos
os grupos obsérvase tamén o empeoramento do indicador de uso de cefalosporinas de terceira xeración.
Pola súa banda, os indicadores de idade pediátrica (Táboa 5) amosan unha mellora practicamente todos os
subgrupos de idade en todos os indicadores, agás no de uso relativo de cefalosporinas de terceira xeración
que empeora nos de 0 a 4 e nos de 10 a 14 anos.
Comentario. Este é o primeiro informe que analiza datos de todos os antibióticos dispensados en Galicia no
ámbito ambulatorio, posto que nos informes previos analizábanse só os datos dos antibióticos dispensados
por receitas financiadas polo SNS1; é dicir, as do sector público, que supuxeron aproximadamente o 70%
dos antibióticos dispensados cada ano nos últimos catro anos, de 2014 a 2017, tanto en DDD como en
envases. Do mesmo xeito, medida en DHD ou en EHM, a cantidade de antibiótico dispensada variou moi
pouco nestes catro anos.
Ora ben, como nos informes previos o uso cuantificábase a respecto da poboación total de Galicia, porque é
practicamente a mesma que a que ten dereito a receitas do sector público, engadir os datos dos outros
dous sectores supón un empeoramento da posición de Galicia en todos os indicadores de cantidade de uso
de ESAC que se viñan empregando. Agora, con todos os datos de 2017, Galicia fica na peor posición no
indicador de uso de penicilinas (Figura 6) e na cuarta peor no de uso total (Figura 9), aínda que a
cualificación deste indicador co criterio do PRAM, “estable” (Táboa 3), non o suxira. Ademais, para dous dos
outros tres indicadores de cantidade de uso, o de cefalosporinas e o de quinolonas, Galicia fica nunha
posición que indica a peor calidade, e no outro, o de uso de macrólidos, fica por riba da mediana.
Figura 9. DHD dos países
europeos que notificaron a
ESAC en 2016 (punto) xunto á
de Galicia de 2017 (cadrado).
11 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Táboa 4. Indicadores do PRAN para o conxunto da poboación calculados cos antibióticos dispensados con receitas do SNS a residentes en Galicia de 2014 a 2017, por grupos de idade e ano, xunto á cualificación (CUALIFIC) para o ano 2017.
Idade 2014 2015 2016 2017 CUALIFIC 2014 2015 2016 2017 CUALIFIC
Antibióticos de espectro reducido Amoxicilina sen clavulánico
< 15 anos 34% 36% 37% 42% MELLORA 54% 54% 58% 62% MELLORA
15 a 64 anos 15% 15% 16% 17% MELLORA 23% 24% 24% 26% MELLORA
65-74 anos 13% 13% 13% 14% estable 24% 24% 24% 26% estable
75 anos e mais 11% 10% 11% 12% estable 19% 19% 20% 21% MELLORA
Penicilinas sensibles a betalactamasas Macrólidos
< 15 anos 0’6% 0’5% 0’6% 0’8% MELLORA 12% 12% 12% 11% estable
15 a 64 anos 0’2% 0’2% 0’2% 0’3% MELLORA 10% 11% 11% 11% estable
65-74 anos 0’1% 0’0% 0’0% 0’0% estable 9% 10% 11% 11% estable
75 anos e mais 0’0% 0’0% 0’0% 0’0% estable 7% 8% 8% 9% estable
Fluoroquinolonas Cefalosporinas de 3ª xeración
< 15 anos 0% 0% 0% 0% estable 0’9% 0’8% 1’4% 1’4% EMPEORA
15 a 64 anos 9% 9% 9% 9% estable 1’8% 2’0% 2’1% 2’2% EMPEORA
65-74 anos 18% 18% 18% 17% estable 3’1% 3’6% 3’7% 3’8% EMPEORA
75 anos e mais 24% 24% 24% 23% estable 4’4% 5’1% 5’2% 5’3% EMPEORA
Nota: Todas as porcentaxes nas que se expresa o uso dos diferentes antibióticos están referidas ao total de antibióticos en DDD, agás “Amoxicilina sen clavulánico” que o está, en envases, ao uso total de amoxicilina.
Táboa 5. Indicadores do PRAN para a idade pediátrica calculados cos antibióticos dispensados con receitas do SNS a residentes en Galicia de 2014 a 2017, por subgrupos de idade e ano, xunto á cualificación (CUALIFIC) para o ano 2017.
Idade 2014 2015 2016 2017 CUALIFIC 2014 2015 2016 2017 CUALIFIC
Amoxicilina (*) Amoxicilina-clavulánico (*)
0 a 4 anos 41% 41% 46% MELLORA 31% 27% 24% MELLORA
5 a 9 anos 38% 41% 43% MELLORA 33% 30% 27% MELLORA
10 a 14 anos 26% 28% 29% MELLORA 31% 31% 29% MELLORA
Idade pediátrica 35% 37% 39% 42% MELLORA 30% 31% 28% 26% MELLORA
Amoxicilina: sen clavulánico vs total (*) Penicilinas sensibles a betalactamasas (*)
0 a 4 anos 57% 61% 65% MELLORA 0’6% 0’5% 0’7% estable
5 a 9 anos 54% 58% 62% MELLORA 1’7% 1’8% 2’4% MELLORA
10 a 14 anos 45% 47% 51% MELLORA 2’1% 2’2% 2’6% MELLORA
Idade pediátrica 54% 54% 58% 62% MELLORA 1’2% 1’2% 1’2% 1’6% MELLORA
Macrólidos (*) Cefalosporinas de 3ª xeración (*)
0 a 4 anos 22% 21% 20% MELLORA 1’6% 2’5% 2’6% EMPEORA
5 a 9 anos 21% 22% 18% estable 1’1% 2’3% 1’9% estable
10 a 14 anos 28% 28% 25% MELLORA 0’9% 1’6% 1’6% EMPEORA
Idade pediátrica 21% 23% 23% 20% estable 1’4% 1’3% 2’3% 2’2% EMPEORA
(*): Todas as porcentaxes nas que se expresa o uso dos diferentes antibióticos están referidas ao total de antibióticos en envases, agás “Amoxicilina: sen clavulánico vs total” que o está ao uso total de formulacións con amoxicilina en envases.
12 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
As penicilinas son con diferenza os antibióticos máis dispensados en Galicia, tanto en DDD como en
envases, e malia o descenso observado nos últimos anos, en 2017 Galicia ocupa, como xa se dixo, a peor
posición dos países de Europa que notifican a ESAC. Pero esta peor posición no indicador de cantidade de
uso (DHD) complementase coa moi mala calidade que suxiren dous dos indicadores de uso relativo (DHD),
o infrauso de penicilinas sensibles a betalactamasa (a peor posición) e sobreuso de amoxicilina-clavulánico
(moi mala posición), malia a mellora observada cos indicadores do PRAN relacionados, que polo de agora
non entran en canto se mellorou (practicamente, nada).
O máis relevante do uso excesivo de cefalosporinas, segundo ESAC, é o uso das de terceira xeración, que
fica no cuartil de peor calidade, e que ademais ven empeorando nos últimos anos, como amosa o indicador
do PRAN. Algo semellante ocorre coas quinolonas e as fluoroquinolonas, aínda que neste caso o uso
relativo destas últimas mantense estable (PRAN).
Os novos datos permitiron constatar que os distintos sectores teñen diferentes estruturas de dispensación
xa no nivel de grupo terapéutico (Figura 3), debido quizais a que os seus usuarios teñen diferentes
distribucións de idade e sexo, que implican estruturas de dispensación diferentes (Figura 7), e problemas de
saúde diferentes, porque a frecuencia de uso da sanidade privada varía –ademais de por idade e sexo–
segundo se trate dunha consulta en atención primaria, especializada ou de odontoloxía (como se pode ver,
por exemplo, na enquisa comentada noutro informe deste número do BEG)10. Estes factores explicarían
tamén as sensibles diferenzas entre sectores que se observan nos indicadores de uso relativo da ESAC.
Ora ben, en todos eles resulta moi negativo o infrauso das penicilinas sensibles a betalactamasa.
Por outra banda, non se puideron calcular os indicadores de cantidade de uso de ESAC para os distintos
sectores, porque non se coñece a poboación que emprega receitas dun ou doutro sector; unha poboación
que, ademais, habería que coñecer polo miúdo debido ao comentado no parágrafo anterior. Non obstante,
os datos de enquisas como a citada10 e os de dispensacións suxiren que a DHD e a EMH do sector privado
serían máis elevadas que as do sector publico. Dende logo isto é o que ocorre no primeiro ano de vida, xa
que se achou que consultar na sanidade privada (fronte a facelo na pública) está asociado a unha maior
probabilidade de consumir un antibiótico11.
Outra limitación deste informe, é que só se coñece a idade e sexo das persoas ás que se lle dispensou o
antibiótico cando a receita era do sector público, polo que os resultados relativos a estas variables que se
presentan quedan limitados a este sector, e non son necesariamente xeneralizables á poboación.
Estes resultados están na liña dos de anos anteriores (mesma distribución etárea e por sexo, en cantidade
dispensada e estrutura da dispensación; mesma ou moi semellante prevalencia de uso) e, en consecuencia,
os indicadores do PRAN para o conxunto da poboación que se poden calcular, os de uso relativo, amosan
estabilidade ou lixeiras melloras (antibióticos de espectro reducido, amoxicilina sen clavulánico, penicilinas
sensibles a betalactamasa), especialmente nos que teñen menos de 15 anos de idade. Pola contra, o
empeoramento do uso de cefalosporinas de terceira xeración aconteceu en todos os grupos de idade.
Para rematar, compre salientar que, en propiedade, neste informe non se contempla toda a dispensación
comunitaria de antibióticos, porque queda a que se fai sen receita, como se pode ver no seguinte informe
deste número do BEG10.
Conclusión. Os novos datos non cambian a conclusión de informes de anos previos: en Galicia urxe
especialmente unha redución no uso ambulatorio de amoxicilina-clavulánico e un aumento do uso de
penicilinas sensibles a betalactamasas, mais urxe tamén que se reduza o uso ambulatorio de
fluoroquinolonas e cefalosporinas de terceira xeración.
A este respecto, compre indicar que en novembro de 2016 a DXSP publicou en Venres Epidemiolóxico dúas
colaboracións relativas ao uso dos antibióticos en atención primaria, unha que trataba sobre cando usar
antibióticos nunha farinxite12 e, a outra, sobre o uso correcto de amoxicilina con ácido clavulánio13. Despois,
en 2017, publicouse unha colaboración sobre cando non usar quinolonas14, e no que vai de 2018 unha máis
sobre o tratamento da infección do tracto urinario inferior15.
13 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Bibliografía
1 DXSP. Uso de antibióticos. En: Antibióticos: resistencias e uso. Páxina web da DXSP. [Ligazón]
2 Plan estratéxico e de acción para reducir o risco de selección e diseminación da resistencia aos antibióticos [Ligazón]
3 Lázaro Bengoa E et al. Uso de antibióticos en España y marco regulador para su desarrollo clínico en la Unión Europea. Enferm Infecc Microbiol Clin 2010; 28 (Supl 4): 10-6.
4 DXSP. Aproximación ao uso ambulatorio de antibióticos en Galicia durante 2016. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2017; vol. XXIX, nº 5.
5 Instituto galego de Estatística. [Ligazón]
6 DXSP. Indicadores de uso de antibióticos en atención primaria no PRAM. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2016; vol. XXVIII, nº 5.
7 DXSP. Aproximación ao uso ambulatorio de antibióticos en Galicia durante 2015. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2016; vol. XXVIII, nº 5.
8 Pódese acceder á base de datos de ESAC nesta ligazón.
9 DXSP. Aproximación ao uso ambulatorio de antibióticos en Galicia durante 2014. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2015; vol. XXVII, nº 5.
10 DXSP. Uso autodeclarado de antibióticos en Galicia durante 2017. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2018; vol. XXX, nº 5.
11 DXSP. O consumo de antibióticos polos menores dun ano en Galicia en 2016. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2016; vol. XXX, nº 1.
12 DXSP. Cando usar antibióticos nunha farinxite. Venres Epidemiolóxico 2016; vol. 5, nº 23.
13 DXSP. Uso correcto de amoxicilina-clavulánico. Venres Epidemiolóxico 2016; vol. 5, nº 23.
14 DXSP. Cando non usar quinolonas en atención primaria. Venres Epidemiolóxico 2017; vol. 6, nº 6.
15 DXSP. Tratamento da infección do tracto urinario inferior en 2018. Venres Epidemiolóxico 2018; vol. 7, nº 11.
Documento anexo con datos ampliados (DADA): Na páxina web da DXSP figura un DADA no que fican as DDD e os envases por grupo terapéutico, grupo clínico e principio activo, dispensado en Galicia por sectores para cada un dos anos do cuadrienio 2014-2017. [Ligazón]
14 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
USO AUTODECLARADO DE ANTIBIÓTICOS EN GALICIA DURANTE 2017
Introdución. O uso inapropiado e indiscriminado de antibióticos en humanos e animais é un dos principais
factores que inflúen na selección e diseminación da resistencia aos antibióticos1 e, por iso, a vixilancia do
seu uso é un dos eixos fundamentais de todo plan orientado a mitigar dita resistencia1.
No que atinxe ás persoas, o uso apropiado do antibiótico consumido implica, entre outras cousas, que fose
prescrito por un médico, mais non sempre ocorre deste xeito. Por exemplo, segundo o Eurobarómetro de
20162, na Unión Europea o 4% das persoas que tomaron un antibiótico por vía oral no ano previo á
entrevista, obtivérano nunha farmacia pero sen receita, e un 3% adicional non o obtivo nunha farmacia, se
non que utilizou un remanente que lle sobrou dun tratamento previo á persoa entrevistada ou a outra
próxima a ela. No conxunto de España estas porcentaxes foron, as dúas, do 3%2.
En Galicia cada vez é máis completo o coñecemento que se ten da dispensación de antibióticos con
prescrición, tanto no ámbito ambulatorio3 como no hospitalario4, pero non se tiña ningún dato do uso de
antibióticos sen prescrición médica. Por iso, á enquisa do Sistema de información sobre condutas de risco
para a saúde (SICRI)5 de 2017 engadíronse unha serie de preguntas para saber, das persoas que
consumiron antibióticos, cantas conseguírono nunha farmacia sen receita e cantas utilizaron un remanente.
Por outra banda, como o consello que as axencias de saúde pública dan á poboación para promover un uso
apropiado dos antibióticos abrangue, ademais de que se usen só antibióticos prescritos por un médico, que
se complete o tratamento prescrito e que nunca se almacenen nin compartan os antibióticos que sobran6,
aproveitouse a enquisa para saber cantas persoas completan o tratamento que lle prescribiron e cantas
gardan os antibióticos que lles sobran.
Neste informe dáse conta dos resultados da enquisa e da exploración que se fixo de factores asociados ao
uso de antibióticos, ao uso de antibióticos sen receita e ao almacenamento de antibióticos sobrantes.
Material e métodos. A enquisa do SICRI realizada en 2017 deseñouse para garantir a representatividade
da poboación de Galicia definida en función do sexo e mais en catro grupos de idade: 16 a 24, 25 a 44, 45 a
64 e 65 anos en diante. A mostraxe foi aleatoria estratificada e empregouse como marco de mostraxe a
base de datos de Tarxeta Sanitaria, que inclúe tanto teléfonos fixos como móbiles de todos os galegos que
tiveron algún contacto co sistema sanitario público, polo que ten unha cobertura aproximada do 97% da
poboación residente en Galicia. A entrevista foi telefónica asistida por ordenador mediante sistema CATI e o
traballo de campo levouse a cabo entre xaneiro e decembro de 2017.
Aos participantes preguntóuselles se nas catro últimas semanas tomaran antibióticos (en pastillas, en
xarope ou inxectados), e aos que contestaron que si preguntóuselles se tiveran que ir por el á farmacia. De
quen respondeu que non, considerouse que usou un antibiótico remanente dun tratamento anterior; e, a
quen respondeu que si, preguntóuselle se na farmacia tivo que entregar unha receita ou presentar a tarxeta
sanitaria (en diante, receita), e a resposta negativa tomouse como dispensación sen receita médica.
Aos que dispuñan dunha receita preguntóuselles polo tipo de sanitario que lla fixera e se pertencía á
sanidade pública ou á privada, e tamén polo número de días que lle dixo que tomara o antibiótico e se o
tomou eses días. Para rematar, a todos os que participaron na enquisa preguntóuselles se gardaban os
antibióticos que lles sobraban por se os volvían necesitar. No Anexo I fica a parte do cuestionario adicada
ao uso de antibióticos, e da páxina web da DXSP pendura o cuestionario completo do SICRI 20177.
Os resultados preséntanse como prevalencias, en global e en función do sexo, do grupo de idade, do nivel
de estudos (básicos, medios e superiores), do ámbito de residencia (urbano, semiurbano e rural), do país de
nacemento (España versus outro país), de se vive en parella, da situación laboral (ocupado: traballa ou
estuda; parado: busca traballo; inactivo: o resto), de se fuma, de se está exposto ao fume ambiental do
tabaco (FAT) e onde (na casa, en lugares de lecer ou en global, que ademais dos anteriores inclúe o lugar
de traballo) e do estado de saúde autopercibido.
15 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Os resultados presentados axustáronse ao deseño da mostra, e as estimacións puntuais preséntanse
seguidas do seu intervalo de confianza do 95% entre parénteses (IC95%). As prevalencias obtidas
comparáronse coa proba chi-cadrado e a significación estatística estableceuse en p<0’05. A asociación do
cumprimento das recomendacións coas variables independentes analizouse mediante modelos de regresión
loxística. A análise realizouse coa mostra ponderada e con Stata v. 14.2.
Resultados. Realizáronse 7.841 enquisas válidas, cunha taxa de resposta do 78%7.
Uso de antibióticos. Dos enquisados, o 13’0% (IC95%: 12’2-13’8) responderon que usaran un antibiótico nas
catro semanas previas á entrevista, sen que houbese diferenzas na prevalencia de uso entre homes e
mulleres e si por grupos de idade (Táboa 1), de tal xeito que son os de 16 a 24 anos os que máis consumen
(17’0%, IC95%: 15’2-18’7).
Táboa 1.- Factores asociados ao consumo de antibióticos nas 4 últimas semanas: número de enquisados (n) e porcentaxe poboacional ponderada (%) por categoría do factor, prevalencia (PREV) e odds ratio (OR) de consumir co seu intervalo de confianza do 95% (IC95%) e o valor p.
Factor Categorías Distribución Consumo de antibióticos
n % PREV OR IC95% Valor p
Sexo Homes 3.914 47’7 12’7 1
Mulleres 3.927 52’3 13’3 1’06 0’92 1’22 0’421
Idade
16-24 1.829 7’9 17’0 1
25-44 2.007 30’0 12’0 0’67 0’56 0’80 0’000
45-64 2.003 33’4 13’0 0’73 0’61 0’88 0’001
>=65 2.002 28’7 13’0 0’73 0’61 0’87 0’001
País de
nacemento
España 7.252 92’7 13’0 1
Outro 589 7’3 13’2 1’02 0’78 1’33 0’885
Vivir en parella Non 3.598 36’6 14’0 1
Si 4.243 63’4 12’4 0’87 0’75 1’00 0’053
Nivel de estudos
Sen estudos 406 6’0 16’1 1
Nivel básico 3.462 45’0 14’0 0’84 0’63 1’13 0’248
Nivel medio 2.545 28’9 12’6 0’75 0’56 1’01 0’057
Nivel superior 1.428 20’1 10’6 0’62 0’45 0’85 0’003
Situación laboral
Ocupados 3.170 45’3 12’1 1
Parados 645 8’6 14’7 1’25 0’96 1’61 0’093
Inactivos 4.026 46’1 13’6 1’14 0’98 1’32 0’092
Fumador Non 6.259 80’3 13’2 1
Si 1.582 19’7 12’5 0’94 0’79 1’13 0’528
FAT na casa Non 6.401 84’5 12’7 1
Si 1.440 15’5 15’0 1’21 1’01 1’45 0’036
FAT no lecer Non 5.517 86’5 12’3 1
Si 1.122 13’5 13’5 1’11 0’90 1’37 0’324
FAT global Non 5.292 72’8 12’7 1
Si 2.549 27’2 14’0 1’12 0’96 1’30 0’140
Estado de saúde
autopercibido
Moi bo 1.146 12’3 7’3 1
Bo 3.124 37’9 10’9 1’55 1’19 2’03 0’001
Normal 2.660 36’1 15’2 2’28 1’75 2’97 0’000
Malo-Moi malo 911 13’7 18’4 2’87 2’14 3’86 0’000
16 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Na Táboa 1 mírase que na análise
bivariante tamén se atopan diferenzas
estatisticamente significativas para as
prevalencias de uso segundo o nivel de
estudos (canto menor o nivel, máis uso),
a exposición ao fume ambiental de
tabaco na casa (cando hai exposición,
máis uso) e segundo o estado de saúde
autopercibido (canto peor o estado,
máis uso).
Con todo, na análise multivariante
(Táboa 2) só quedan como asociados a
un maior consumo a idade e o estado de saúde: co empeoramento do estado medra o uso.
Táboa 3.- Factores asociados ao consumo de antibióticos remanentes nas 4 últimas semanas: número de enquisados (n) e porcentaxe poboacional ponderada (%) por categoría do factor, prevalencia (PREV) e odds ratio (OR) de consumir co seu intervalo de confianza do 95% (IC95%) e o valor p.
Factor Categorías Distribución Consumo de antibióticos remanentes
n % PREV OR IC95% Valor p
Sexo Homes 514 46’4 13’9 1
Mulleres 565 53’6 11’0 0’76 0’52 1’12 0’164
Idade
16-24 311 10’2 29’7 1
25-44 245 27’7 13’1 0’36 0’23 0’56 0’000
45-64 261 33’5 11’1 0’30 0’19 0’47 0’000
>=65 262 28’6 6’9 0’18 0’10 0’30 0’000
País de
nacemento
España 991 92’6 12’3 1
Outro 88 7’4 12’6 1’03 0’52 2’05 0’935
Vivir en parella Non 537 39’5 15’5 1
Si 542 60’5 10’3 0’63 0’43 0’92 0’016
Nivel de estudos
Sen estudos 65 7’4 6’4 1
Nivel básico 511 48’3 12’8 2’15 0’75 6’18 0’156
Nivel medio 348 28’0 14’1 2’40 0’82 7’01 0’111
Nivel superior 155 16’4 10’8 1’78 0’56 5’62 0’327
Situación laboral
Ocupados 397 42’3 13’5 1
Parados 98 9’8 15’0 1’13 0’58 2’18 0’715
Inactivos 584 48’0 10’8 0’77 0’52 1’15 0’199
Ámbito
Urbano 635 58’21 12’9 1
Semiurbano 296 27’81 9’8 0’73 0’46 1’17 0’190
Rural 145 13’98 15’6 1’25 0’74 2’12 0’404
Estado de saúde autopercibido
Moi bo 100 6’9 20’5 1
Bo 381 31’7 11’4 0’50 0’26 0’94 0’030
Normal 430 42’1 12’0 0’53 0’28 0’98 0’043
Malo-Moi malo 168 19’4 11’8 0’52 0’25 1’07 0’076
Gardar antibióticos
Non 297 39’6 3’5 1
Si 571 60’4 21’2 7’54 3’84 14’78 0’000
Táboa 2. Factores asociados ao consumo de antibióticos na regresión loxística. Modelo final axustado polo nivel de estudos, coa Odds Ratio, os seus intervalos de confianza do 95% e o valor p
Factor e categorías OR IC95% Valor p
Grupo de idade
16-24 2’03 1’64 2’51 0’000
25-44 1’27 1’02 1’59 0’035
45-64 1’16 0’95 1’42 0’140
>=65 1
Estado de saúde autopercibido
Moi bo 1
Bo 1’61 1’23 2’12 0’001
Normal 2’44 1’85 3’20 0’000
Malo-Moi malo 3’16 2’30 4’34 0’000
17 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Uso de antibióticos remanentes. Das
persoas que usaron antibióticos, só o 87’7%
dixeron que tiveran que ir á farmacia a
recollelos, polo que a prevalencia de uso de
antibióticos remanentes acada o 12’4%
(IC95%: 10’3-14’3). Esta prevalencia é
semellante en homes e mulleres, pero varía
por grupo de idade (Táboa 3), dende o
29’7% (IC95%: 24’6-34’8) nos de 16 a 24
anos ao 6’9% (IC95%: 3’8-10’0) nos de 65 e
máis.
Ademais da idade, na análise bivariante (Táboa 3) atópanse diferenzas estatisticamente significativas na
prevalencia de uso de remanentes con vivir en parella, co feito de gardar os antibióticos sobrantes (fronte a
non gardalos nunca) e co estado de saúde autopercibido, no senso de que o uso de remanentes é moito
máis frecuente nos que declaran ter un moi bo estado de saúde.
Na análise multivariante (Táboa 4) quedan asociados ao uso de remanentes a idade (os de 16-24 anos
teñen, a respecto dos de 65 ou máis unha OR=4’72, e os dos outros dous grupos unha OR de preto de 2) e
gardar os antibióticos sobrantes (OR=6’41).
Dispensación sen receita. Das persoas que acudiron á farmacia para recoller o antibiótico, a un 3’9% (IC95%:
2’5-5’2) non lles pediron receita para darllo, o que supón un 3’4% (IC95%: 2’2-4’6) dos que consumiron un
antibiótico. Como en epígrafes anteriores, non se observan diferenzas entre homes e mulleres pero si por
grupo de idade, especialmente entre os de menos de 45 (6’9%, IC95%: 4’1-9’7) e os de 65 e máis anos
(2’2%, IC95%: 0’8-3’5), p=0’001. Polo pequeno tamaño deste grupo, non se continuou a análise de factores
asociados á dispensación sen receita.
Orixe da receita. Das persoas que presentaron unha receita para recoller o antibiótico, ao 67’9% (IC95%:
64’5-71’2) a receita fixéralla un médico de atención primaria, a un 18’4% (IC95%: 15’6-21’1) un médico de
atención especializada, a un 9’5% (IC95%: 7’4-11’6) un dentista e ao 4’2% (IC95%: 2’8-5’6) fixéronlla en
urxencias, que da conta de todos os que responderon “outro” a esta pregunta (Anexo I). Como se mira na
Figura 1, esta distribución ten algunha diferenza entre sexos e por grupos de idade, mais non son
estatisticamente significativas. Isto mesmo ocorre co sector ao que pertence o médico ou o dentista que
receitou o antibiótico, que maioritariamente pertence ao sector público: o 84’4% (IC95%: 81’8-87’1); que
ascende ao 96’7% se o médico é de atención primaria, e descende a un 74’3 se é de especializada.
Figura 1. Prevalencia, en porcentaxe, da orixe da receita do antibiótico (esquerda) e dos médicos ou
dentistas que eran do sector público, co seu intervalo de confianza do 95% (dereita), por idade e sexo.
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
16-24 25-44 45-64 >=65 Homes Mulleres
Primaria Especilizada Dentista Urxencias
70%
75%
80%
85%
90%
95%
16-24 25-44 45-64 >=65 Homes Mulleres
Táboa 4. Factores asociados ao consumo de antibióticos remanentes na regresión loxística. Modelo final axustado polo sexo e o estado de saúde autopercibido, coa Odds Ratio, os seus intervalos de confianza do 95% e o valor p
Factor e categorías OR IC95% Valor p
Grupo de idade
16-24 4’72 2’23 10’01 0’000
25-44 2’16 0’99 4’71 0’054
45-64 2’03 0’94 4’40 0’072
>=65 1
Gardar antibióticos
Non 1
Si 6’41 3’24 12’69 0’000
18 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Compleción do tratamento. Das 869 persoas que obtiveron o antibiótico cunha receita, 817 lembraban o
tempo que o médico ou o dentista lle dixera que tiñan que tomar o antibiótico, e delas o 94’3% (IC95%: 92’6-
95’9) contestaron que completaron o tratamento e o 5’8% (IC95%: 4’1-7’4) que non o completaron. Esta
resposta foi máis frecuente entre os homes (9’1%, IC95%: 6’0-12’2) que entre as mulleres (3’0%, IC95%: 1’4-
4’7), e entre os de 16 a 24 anos de idade (10’3%, IC95%: 5’9-14’7) que entre os de máis de 24 (5’4%, IC95%:
3’6-7’1), que, como ocorre entre homes e mulleres (p<0’001), é unha diferenza estatisticamente significativa
(p=0’0178). Polo pequeno tamaño que supoñen os que non cumpriron a recomendación, tampouco neste
caso se seguiu coa análise.
Almacenamento dos antibióticos remanentes. A todas as persoas que participaron na enquisa
preguntóuselles se gardaban os antibióticos que lles sobraban, e un 34’2% (IC95%: 33’2-35’3) dixeron que
sempre os gardaba, un 6’7% (IC95%: 6’1-7’3) que os gardaba ás veces e un 35’2% (IC95%: 34’0-36’3) que non
os gardaba nunca. Ademais, un 16% contestou que nunca lle sobraron os antibióticos, un 4’3% que nunca
tomou antibióticos e outro 3’5% non contestou esta pregunta. Por outra banda, esta distribución, que é algo
diferente en homes e mulleres, varía notablemente por grupos de idade (Figura 2).
Figura 2. Prevalencia, en porcentaxe, das diferentes
actitudes en relación a gardar os antibióticos remanentes,
por idade e sexo.
Ao restrinxir a análise aos que gardan (sempre ou ás veces) os antibióticos remanentes e aos que non os
gardan nunca, na análise bivariante obsérvanse diferenzas en todos os factores considerados, no senso de
que gardan máis os homes que as mulleres, os máis novos, os nados fóra de España, os que non viven en
parella, os de máis estudos, e os que viven no ámbito urbano; e, gardan menos, os inactivos e os que
perciben o seu estado de saúde como malo ou moi malo (Táboa 5). Polo demais, estas asociacións
mantéñense como estatisticamente significativas na análise multivariante para todos os factores
considerados agás o país de orixe (datos non mostrados).
Comentario. Esta primeira enquisa sobre o consumo de antibióticos pola poboación de Galicia, achou que
o 13% dos maiores de 15 anos consumira polo menos un antibiótico nas catro semanas anteriores á
entrevista. Trátase dunha prevalencia que non se pode comparar coa que proporciona o Eurobarómetro
para o conxunto de España2, porque o SICRI emprega unha referencia temporal máis curta e os datos que
produce non se poden agregar para dar unha estimación de uso anual, xa que un tratamento antibiótico
pode durar máis de catro semanas e a que ao longo dun ano pódese tomar máis de un tratamento
antibiótico. O SICRI elixiu as catro semanas como referencia temporal para primar o recordo preciso das
prácticas relacionadas co consumo de antibióticos, que son o obxectivo principal deste apartado da enquisa.
Por outra banda, a validez dos datos de consumo obtidos pódese aproximar ao comparalos con datos de
dispensación de antibióticos. Mais, en termos de persoas, á DXSP só lle están accesibles os datos dos
antibióticos dispensados nas farmacias de Galicia a residentes en Galicia a cargo do sistema nacional de
saúde (SNS)3, polo que se procedeu a comparar a prevalencia mensual de consumo de antibióticos obtidos
en farmacia mediante unha receita da sanidade pública que proporciona o SICRI, coa prevalencia mensual
de usuarios de receitas de antibióticos do SNS3 en 2017. Esta última calculouse como o número de persoas
diferentes que retiraron polo menos un antibiótico dividida pola fracción de residentes en Galicia que se
consume antibióticos llos receitaría un médico ou dentista do sistema públicos, estimada cos datos deste
SICRI (84’4%).
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
16-24 25-44 45-64 >=65 Homes Mulleres
Sempre Ás veces Nunca Nunca me sobraron
19 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Táboa 5.- Factores asociados con gardar os antibióticos remanentes: número de enquisados (n) e porcentaxe poboacional ponderada (%) por categoría do factor, prevalencia (PREV) e odds ratio (OR) de gardar antibióticos co seu intervalo de confianza do 95% (IC95%) e o valor p.
Factor Categorías Distribución Consumo de antibióticos remanentes
n % PREV OR IC95% Valor p
Sexo Homes 3.000 47’1 56’8 1
Mulleres 3.093 52’9 51’1 0’80 0’72 0’89 0’000
Idade
16-24 1.586 9’0 76’2 1
25-44 1.628 32’0 61’1 0’49 0’42 0’57 0’000
45-64 1.512 33’2 54’2 0’37 0’32 0’43 0’000
>=65 1.367 25’9 36’4 0’18 0’15 0’21 0’000
País de
nacemento
España 5.613 92’4 53’0 1
Outro 480 7’6 62’8 1’50 1’21 1’85 0’000
Vivir en parella Non 2.839 36’1 58’6 1
Si 3.254 63’9 51’1 0’74 0’66 0’83 0’000
Nivel de estudos
Sen estudos 257 5’0 29’5 1
Nivel básico 2.620 43’7 49’6 2’36 1’77 3’13 0’000
Nivel medio 2.074 30’2 59’5 3’52 2’63 4’70 0’000
Nivel superior 1.142 21’1 59’9 3’57 2’65 4’81 0’000
Situación laboral
Ocupados 2.520 46’9 60’3 1
Parados 536 9’3 59’0 0’95 0’77 1’16 0’603
Inactivos 3.037 43’8 45’7 0’55 0’49 0’62 0’000
Ámbito
Urbano 3.689 60’5 55’6 1
Semiurbano 1.561 25’4 51’3 0’84 0’74 0’96 0’008
Rural 832 14’0 50’2 0’81 0’69 0’95 0’009
Estado de saúde autopercibido
Moi bo 909 12’4 55’8 1
Bo 2.461 38’4 56’1 1’01 0’85 1’21 0’882
Normal 2.074 36’4 55’0 0’97 0’81 1’15 0’704
Malo-Moi malo 649 12’9 41’4 0’56 0’45 0’70 0’000
Figura 3. Prevalencia mensual,
en porcentaxe, cos seus
intervalos de confianza do 95%
de uso de antibióticos receitados
polo sistema publico no SICRI
(SICRI-SP), e prevalencia de uso
coas receitas do SNS (ver o
texto).
Nota: As prevalencias do SICRI
fan referencia ao momento da
entrevista, na que se preguntaba
polo consumo de antibióticos nas
4 semanas anteriores, e as de
receitas ao mes no que se
dispensou o antibiótico.
0%
2%
4%
6%
8%
10%
12%
14%
16%
18%
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
SICRI-SP
Receitas
20 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Na Figura 3 amósase o resultado desta comparación e nela mírase como as prevalencias proporcionadas
polo SICRI sobreestiman algo as derivadas dos antibióticos dispensados con receitas do SNS. Ora ben,
parte desta sobreestimación é inevitable porque os datos de dispensación limítanse aos antibióticos de uso
sistémico clasificados baixo a rúbrica J01 da clasificación ATC8, polo que non contan cos antimicóticos
(J02), os antituberculosos (J03) ou os antivirais (J03) de uso sistémico que a persoa que responde ben
podería tomar como antibióticos.
Ademais, os médicos ou dentistas da sanidade pública poden receitar fármacos non financiados polo SNS
(a “receita branca”), entre os que se atopan, dende mediados de 20149, as combinacións de antibióticos
(J01R), que en 2013 deran conta do 0’5% das DHD e do 1’7% dos envases de antibióticos (J01)
dispensados a cargo de SNS en Galicia10, e en 2017 supuxeron o 0’7% das DHD e o 1’7% dos EHM de
todos os antibióticos (J01) dispensados3.
O mesmo ocorre con produtos farmacéuticos orientados ao tratamento sintomático de infeccións leves,
fundamentalmente do tracto respiratorio superior, que conteñen antibióticos que ao non seren de uso
sistémico fican fóra da rúbrica J01. Ademais, a persoa que responde pode tomar por antibióticos aos
produtos para o tratamento sintomático de infeccións leves que non os conteñen. Isto explicaría a máis
marcada estacionalidade das prevalencias do SICRI, xa que os meses nas que son maiores coinciden cos
meses de maior frecuencia de infeccións respiratorias. De feito, a onda da tempada de gripe 2016/17
desenvolveuse de mediados de decembro de 2016 ata finais de febreiro de 2017, co cumio a finais de
xaneiro11.
Como factores asociados ao aumento do consumo de antibióticos acháronse percibir o propio estado de
saúde como malo ou moi malo, e ser mozo. Isto último contrasta coa distribución por idade da prevalencia
de usuarios de antibióticos dispensados a residentes en Galicia por mor das receitas do SNS, nos que a
maior prevalencia corresponde aos de 65 e máis anos de idade, seguida a distancia dos de 16 a 24 anos2.
Esta diferenza diminúe moito cando, como se fixo antes, a prevalencia do SICRI calcúlase cos antibióticos
obtidos nunha farmacia mediante unha receita a cargo da sanidade pública (Figura 4).
As diferenzas da distribución etárea que persisten despois desta nova comparación, poderíanse explicar por
unha distribución diferencial dos factores que se comentaron ao tratar o uso de antibióticos en xeral.
Figura 4. Prevalencia (%) de consumo
de antibióticos totais (SICRI) e de
antibióticos obtidos cunha receita da
sanidade pública (SICRI-SP), durante as
4 semanas previas á entrevista, xunto á
prevalencia de usuarios estimada coas
receitas do SNS ao longo de 2017 (ver o
texto).
Uso de antibióticos remanentes. O 12% das persoas que usaron antibióticos fixérono con antibióticos
remanentes de tratamentos anteriores, que é unha cantidade maior que a do conxunto de España en 2016,
un 3% segundo o Eurobarómetro2. Ora ben, parte desta diferenza pódese deber a diferenzas no
cuestionario; en concreto, o Eurobarómetro contempla a posibilidade de que o antibiótico lle fose
administrado por un profesional sanitario sen receita previa, mentres o SICRI non contemplou esta
posibilidade que, a priori, se pode tomar como uso apropiado a diferenza do que ocorre cando non media
ningún profesional sanitario, que é a circunstancia que o SICRI desexaba coñecer.
15%
20%
25%
30%
35%
40%
45%
0%
4%
8%
12%
16%
20%
15-24 años 25-44 años 45-64 años 65 y más
R
e
c
e
i
t
a
s
S
I
C
R
I
SICRI SICRI-SP Receitas
21 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Polo demais, unha idade máis nova e gardar os antibióticos remanentes son os únicos dos factores
considerados que se asocian co uso de antibióticos remanentes, un achado que está en consonancia co
resultado da revisión bibliográfica que sobre este tema vén de realizar o proxecto ARANA da UE12. Por
outra banda, a asociación tan intensa que se observou co hábito de gardar antibióticos, suxire que unha
fracción importante dos que consumiron un antibiótico que non recolleron na farmacia consumiron un
antibiótico remanente.
Dispensación sen receita. Un 3’4% dos antibióticos consumidos foran adquiridos na farmacia sen presentar
receita, unha porcentaxe moi semellante á do conxunto de España en 20162, o 3%. Aínda que non son
valores moi elevados, rechaman porque xa hai anos que está prohibida a dispensación de antibióticos sen
receita13. Con todo, un estudo realizado en 2013 nas farmacias do noso medio achou que preto dun 65%
dos farmacéuticos que traballaban nelas, en determinadas circunstancias dispensarían antibióticos sen
receita14.
Orixe da receita. A meirande parte das receitas proceden de atención primaria, e, por sectores, do sector
público. Ademais, a presenza deste sector en atención primaria e atención especializada reproduce os
achados do SICRI do ano 2015, cando se preguntou, a quen nas catro semanas previas á entrevista fose a
un medico de atención primaria ou a un médico de especializada, a que sector sanitario pertencía cada un
dos médicos (94’% e 78%, respectivamente)15.
Por outra banda, compre salientar que sempre que na pregunta sobre a orixe da receita o entrevistado elixiu
a alternativa de resposta “outro” (o 4% das veces), despois indicou “urxencias”.
Compleción do tratamento. Só un 6% dos que tomaron un antibiótico que lles receitou un médico afirman
que non o tomaron o tempo que lles recomendou. Trátase dunha porcentaxe menor da que achou un
estudo prospectivo realizado en 2014 en servizos de urxencias de Cantabria, que aproxima tamén o motivo
do abandono do tratamento16; en concreto, un 4’7% (IC95%: 2’8-7’7) abandonouno porque xa estaba mellor,
e un 5’7% (IC95%: 3’6-8’9), porque lle sentaba mal.
Neste estudo as respostas non son espontáneas, xa que forman parte do test de Moriski-Green sobre
adherencia ao tratamento, que aborda outros aspectos (se tomou todas as doses e se o fixo coa
periodicidade recomendada) que, se ben non forman parte das recomendacións de uso de antibióticos que
se lle dan á poboación xeral6, tamén son elementos dun uso axeitado do antibiótico. Por isto, as enquisas
vindeiras deberían contemplar estes aspectos do uso que, co tempo, quizais se engadan ás
recomendacións para a poboación xeral.
Almacenamento dos antibióticos remanentes. Un 41% dos entrevistados dixo que gardaba os antibióticos
que lles sobraban por se algunha vez os volvese a necesitar. Este resultado está na liña da porcentaxe de
fogares nos que se almacenaba algún antibiótico, o 37%, que achou un estudo realizado en España en
200617, que era semellante ao achado no conxunto de Europa18, o 31%.
Son numerosos os factores que na análise multivariante están asociados ao almacenamento de antibióticos,
e entre eles fica a idade, no senso de que almacenan máis os máis novos, que é sen dúbida a característica
que en máis ocasións está asociada a un uso inapropiado; ademais de co almacenamento, asóciase cun
maior consumo, cun maior uso de remanentes e cun maior uso de antibióticos sen receita médica. Semella
pois que se trata de algo que haberá que ter presente cando se deseñen intervencións para reducir o uso
inapropiado de antibióticos.
Conclusión. Esta enquisa pon de manifesto que hai áreas de mellora no que atinxe ao uso inapropiado dos
antibióticos: adquírense antibióticos sen receita médica, non sempre se rematan os tratamentos e, moi
especialmente, almacénanse os antibióticos remanentes e despois vólvense a consumir. Para rematar,
compre salientar que está previsto que na enquisa do ano 2020 o SICRI incorpore un módulo de consumo
de antibióticos, co obxectivo de coñecer a evolución destes parámetros.
22 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
Bibliografía
1 PRAM. Plan estratégico y de acción para reducir el riesgo de selección y diseminación de la resistencia a los antibióticos (2ª edición). Setembro 2015. [Ligazón]
2 European Comision. Antimicrobial resistence Repoprt. Special Eurobarometer 445 - April 2016 [Ligazón]
3 DXSP. Aproximación ao uso ambulatorio de antibióticos en Galicia durante 2017. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2018; XXX, 5.
4 DXSP. Dispensación hospitalaria. En: Antibióticos: resistencias e uso: uso de antibióticos. Páxina web da DXSP [Ligazón]
5 DXSP. Sistema de información sobre condutas de risco para a saúde (SICRI). [Ligazón]
6 Vid. Por exemplo a páxina web da DXSP: Información para a cidadanía en Antibióticos: resistencias e uso. [Ligazón]
7 DXSP. SICRI 2017. [Ligazón]
8 WHO Collaborating Centre for Drug Statistics Methodology. The Anatomical Therapeutic Chemical (ATC) classification [Ligazón]
9 DXSP. Aproximación ao uso ambulatorio de antibióticos en Galicia durante 2014. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2015; XVII, 5.
10 DXSP. Aproximación ao uso ambulatorio de antibióticos en Galicia durante 2013. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2014; XVII, 5.
11 DXSP. A gripe en Galicia na tempada 2016/17. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2015; XXIX, 3.
12 Directorate-General for Health and Food Safety. Antimicrobial resistance and causes of non-prudent use of antibiotics in human medicine in the EU (ARANA projet). April 2017.
13 BOE. Ley 29/2006, de 26 de julio, de garantías y uso racional de los medicamentos y productos sanitarios. Boletín Oficial del Estado 2006; 176: 28122–65.
14 Zapata-Cachafeiro M et al. Determinants of antibiotic dispensing without a medical prescription: a cross-sectional study in the north of Spain. J Antimicrob Chemother 2014; 69: 3156-60.
15 DXSP. SICRI 2015. En Datos: SICRI. Sistema de información sobre condutas de risco para a saúde. [Ligazón]
16 Vega-Cubillo EM et al. Incumplimiento del tratamiento antibiótico sistémico prescrito en servicios de urgencias de Atención Primaria (Estudio INCUMAT). Semergen 2017; 43: 4-12.
17 González J et al. Almacenamiento de antibióticos en los hogares españoles. Rev Esp Quimioterap 2006; 19: 275-85
18 Kardas P et al. A systematic review and meta-analysis of misuse of antibiotic therapies in the community. Int J Antimicrob Agents. 2005; 26: 106-13.
23 BEG 2018; vol. XXX, nº 5
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.
ANEXO I: CUESTIONARIO SOBRE O USO DOS ANTIBIIÓTICOS DA ENQUISA SICRI 2017
P.71.- Pense nas 4 últimas semanas, ¿tomou antibióticos en pastillas, en xarope ou inxectados? -Si ...................................................... 1
-Non ................................................... 2 Pasar a P.77
-Non sabe .......................................... 8 Pasar a P.77
-Non contesta .................................... 9 Pasar a P.77
P.72.- O último antibiótico que tomou, ¿tivo que ir por el á farmacia? -Si ...................................................... 1
-Non ................................................... 2 Pasar a P.77
-Non sabe .......................................... 8 Pasar a P.77
-Non contesta .................................... 9 Pasar a P.77
P.73.- Para darllo, ¿pedíronlle unha receita? -Si ...................................................... 1
-Non ................................................... 2 Pasar a P.77
-Non sabe .......................................... 8 Pasar a P.77
-Non contesta .................................... 9 Pasar a P.77
P.74.- ¿Quen lle fixo a receita? Resposta espontánea. -Médico de familia ...................................................................... 1
-Médico especialista (non dentista) ........................................... 2
-Dentista ..................................................................................... 3
-Outro ......................................................................................... 4 P.74.a. ¿Quen? _______________________________
-Ninguén ..................................................................................... 5
-Non sabe ................................................................................... 8
-Non contesta ............................................................................. 9
Se P.74=1, 2, 3, senón pasar a P.77
P.75.- ¿Foi...? -Na sanidade pública...... .................. 1
-Na sanidade privada.... .................... 2
-Non sabe .......................................... 8
-Non contesta .................................... 9
P.76.- ¿Canto días lle dixo o médico ou o dentista que o tiña que tomar? _____________________________ días
-Non sabe .......................................... 8 Pasar a P.77
-Non contesta .................................... 9 Pasar a P.77
P.76.1- ¿Tomouno eses X días? -Si ...................................................... 1
-Non ................................................... 2
-Non sabe .......................................... 8
-Non contesta .................................... 9
P.77.- Se toma antibióticos e lle sobran, ¿gárdaos por se algunha vez os volve a necesitar? -Si, sempre ................................................................................. 1
-Si, ás veces ............................................................................... 2
-Nunca os gardo ......................................................................... 3
-Non me sobraron nunca antibióticos ........................................ 4
-Nunca tomei antibióticos ........................................................... 5
-Non sabe ................................................................................... 8
-Non contesta ............................................................................. 9