Boletín lípidos

4
BOLETÍN LÍPIDOS 1. En relación cos lípidos representados nas figuras A e B, responde ás seguintes cuestións: a) A que tipo de lípido pertence o A? e o B? Xustifica as túas respostas. b) Son lípidos saponificables? Son moléculas anfipáticas? Xustifica as túas respostas. c) Cal deles é un lípido de membrana? Indica, ademáis, outros dous tipos de lípidos de membrana e representa a súas disposición nas membranas celulares. d) En que compoñentes se convertirá si experimenta hidrólise a molécula da figura A simultáneamente nos catro lugares indicados (A, B, C y D) e) No caso de producirse hidrólise enzimática na molécula da figura B. Como se comportarán as moléculas resultantes nun medio acuoso? Que tipo de enzimas empregaríanse para levar a cabo a hidrólise? f) Indica as posibles funcións de cada tipo molecular g) Indica as zonas hidrófilas o polares e as zonas lipófilas dos dous lípidos representados. Fig. A Fig. B 2. Sinala a diferencia entre anfipático e anfótero. Emprega algún exemplo para explicalo. 3 Explique brevemente o significado destes termos e indique as diferenzas entre eles: ácido graxo saturado ácido graxo insaturado, fosfolípido-graxa. Como forman os fosfolípidos unha bicapa en presenza de auga?. Explica mediante exemplos as funcións dos lípidos. 4 a) Que é o colesterol e cal é a súa función biolóxica? B) como se transporta o colesterol polo sangue? C) Relación entre o colesterol e a arteriosclerose. 5. Indica a natureza química, a función e onde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: fosfoglicéridos, esfingolípidos, colesterol, proxesterona, ceras, glicolípidos ou esfingoglicolípidos. 6. Identifica a que grupo de lípidos pertencen as seguintes moléculas. Nomea tres derivados de cada tipo molecular, así como as súas funcións. 6. REPASA O TEST DE SELECTIVIDADE LÍPIDOS E OS TRIPLETES

description

Boletín para a practica do Tema Lípidos

Transcript of Boletín lípidos

Page 1: Boletín lípidos

BOLETÍN LÍPIDOS

1. En relación cos lípidos representados nas figuras A e B, responde ás seguintes cuestións: a) A que tipo de lípido pertence o A? e o B? Xustifica as túas respostas.

b) Son lípidos saponificables? Son moléculas anfipáticas? Xustifica as túas respostas.

c) Cal deles é un lípido de membrana? Indica, ademáis, outros dous tipos de lípidos de membrana e representa a

súas disposición nas membranas celulares. d) En que compoñentes se convertirá si experimenta hidrólise a molécula da figura A simultáneamente nos catro

lugares indicados (A, B, C y D) e) No caso de producirse hidrólise enzimática na molécula da figura B. Como se comportarán as moléculas

resultantes nun medio acuoso? Que tipo de enzimas empregaríanse para levar a cabo a hidrólise? f) Indica as posibles funcións de cada tipo molecular

g) Indica as zonas hidrófilas o polares e as zonas lipófilas dos dous lípidos representados.

Fig. A Fig. B

2. Sinala a diferencia entre anfipático e anfótero. Emprega algún exemplo para explicalo.

3 Explique brevemente o significado destes termos e indique as diferenzas entre eles: ácido graxo saturado–ácido

graxo insaturado, fosfolípido-graxa. Como forman os fosfolípidos unha bicapa en presenza de auga?. Explica

mediante exemplos as funcións dos lípidos.

4 a) Que é o colesterol e cal é a súa función biolóxica? B) como se transporta o colesterol polo sangue? C) Relación

entre o colesterol e a arteriosclerose.

5. Indica a natureza química, a función e onde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas:

fosfoglicéridos, esfingolípidos, colesterol, proxesterona, ceras, glicolípidos ou esfingoglicolípidos.

6. Identifica a que grupo de lípidos pertencen as seguintes moléculas. Nomea tres derivados de cada tipo molecular,

así como as súas funcións.

6. REPASA O TEST DE SELECTIVIDADE LÍPIDOS E OS TRIPLETES

Page 2: Boletín lípidos

1. a) A representa un tipo de fosfolípido: fosfoglicérido (fosfatidil colina: tamén chamada lecitina). Trátase dun

fosfoglicérido xa que todos os fosfoglicéridos derivan dun composto precursor chamado “ácido fosfatídico”,

que é un éster da glicerina e dous ácidos grasos nos carbonos 1 e 2 deste alcohol e un ácido fosfórico no carbono 3

da glicerina. Á súa vez o ácido fosfórico esterifica cun aminoalcohol (colina).

B representa un triglicérido xa que podemos ver tres ácidos grasos saturados (os tres son ácidos palmíticos)

esterificados cunha molécula de glicerina conformando unha molécula de graxa neutra.

b) As dúas moléculas son saponificables, xa que posúen ácidos graxos e poden por hidrólise en medio básico (sosa

ou potasa) e quentando. A reacción producirá sales sódicas ou potásicas dos ácidos grasos (moléculas de xabón) e

glicerina.

Pola contra soamente a molécula A e anfipática xa que presenta dúas partes na propia molécula con dous

comportamentos distintos en canto á súa interacción ca auga. Unha parte ionízase e polo tanto da polaridade

(hidrofílica ou polar: ácido fosfórico e o aminoalcoho l) e a outra parte é apolar ou hidrófoba (cadeas

hidrocarbonadas dos ácidos grasos). A molécula B non é anfipática xa que as partes polares das moléculas

participan nos tres enlaces ésteres de tal xeito que e completamente neutra (sen polaridade).

c) O fosfoglicérido é o lípido de membrana.

Outros lípidos de membrana poden ser:

- Fosfoesfingolípidos

- Glucoesfingolípidos

- Colesterol

d) Ao hidrolizarse a molécular obteremos dous ácidos grasos (un saturado e

outro insaturado), unha molécula de glicerina, un ácido fosfórico e un

aminoalcohol (colina)

e) A hidrólise da molécula de graxa producirá tres ácidos grasos (saturados: palmíticos) e unha molécula de

glicerina. Os ácidos grasos ao ser moléculas anfipáticas cunha cabeza polar, o grupo carboxilo, que tende a

unirse ás moléculas de auga e unha cola non polar, a cadea alifática, que non pode unirse a auga. Por iso, cando

un ácido graso se atopa nun medio acuoso, orientase de xeito que os grupos polares, hidrófilos, quedan en

contacto ca auga, e os grupos hidrófobos alonxanse dela, dando lugar á formación de monocapas na superficie

do líquido ou micelas e bicapas no seu interior. A glicerina ionízase nos grupos alcohol formando pontes de

hidróxeno cas moléculas de auga (solubilízase).

f) A) Aparece formando parte da doble capa lipídica das membranas celulares.

B) Tiene función de reserva enerxética no organismo. Nos animais almacenánse nos adipocitos e a súa

oxidación metabólica produce o doble de kcal por gramo que a dos glúcidos.

g) A molécula A: xa comentado no exercicio b. No caso da molécula B, toda ela é hidrófoba.

2.- Unha molécula é anfótera cando pode actuar tanto como ácido (nun medio básico) ou base cando o medio é

ácido. Un exemplo sería o caso dun aminoácido.

Pola contra unha molécula dise que é anfipática cando ten unha parte polar ou hidrófila e unha apolar ou

Page 3: Boletín lípidos

hidrófoba. (Como exemplo poderíamos falar dun ácido graso, ou dun fosfoglicériodo ou un esfingolípido.

3. Os ácidos graxos saturados son aqueles que presentan enlaces sinxelos na cadea hidrocarbonada e os ácidos

graxos insaturados son aqueles que presentan un ou máis enlaces dobres na cadea.

Os fosfolípidos e as graxas son ésteres de ácidos graxos con glicerina, coa diferenza que o fosfolípido leva

ademais un fosfato na súa estrutura. Os fosfolípidos son capaces de formar unha bicapa en presenza de auga

debido ao seu carácter anfipático. Caracterizanse por posuír unha parte polar, hidrófila e unha parte apolar,

hidrófoba. En presenza de auga, dispóñense de xeito que a parte polar queda mergullada na auga mentres que

as partes apolares enfróntanse entre elas

Funcións dos lípidos: reserva (almacenando enerxía en forma de graxas), estrutural (lípidos de membrana),

reguladora (vitaminas e hormonas), transportadora (lipoproteínas), dixestiva (emulsión de graxas), fotosintética

(pigmentos fotosintéticos), protectora (ceras impermeabilizantes).

4. a) O colesterol é un esteroide que forma parte da membrana celular nos animais. Trátase dunha molécula

determinante da estabilidade das membranas, debido a que diminúe a fluidez ou mobilidade das moléculas

de fosfolípidos (función estrutural) e é precursora de numerosas moléculas bioactivas (ex. Hormonas

esteroideas)

b) Dado que o colesterol non é hidrosoluble, circula en plasma formando parte das lipoproteínas, entre as que

se atopan as lipoproteínas de alta densidade (HDL) e baixa densidade (LDL)

c) Cando os niveis de colesterol aumentan, prodúcese un exceso de LDL circulantes que se acumulan na parede

dos vasos, onde desencadean unha reposta inflamatoria. Xenérase un estreitamento dos vasos sanguíneos que

pode chegar a ocluir por completo o vaso.

5.-

Fosfoglicérido: Lípido polar, saponificables, formados por a unidade básica chamada ácido fosfatídico

(glicerina, 2 ácidos graxos e ácido fosfórico) o que se lle une un aminoalcohol. Función de tipo estructural

formando parte das membranas celulares.

Esfingolípidos: Lípido polar, saponificables; químicamente son derivados da ceramida (éster da esfingosina e

un ácido graxo) ao que se lle une un ácido fosfórico e un aminoalcohol (colina). A función é de tipo estrutural,

formando parte de membranas plasmáticas, especialmente nas vaiñas de mielina que protexen aos axóns das

neuronas.

Colesterol: Lípido anfipático non saponificable. Derivado del esterano (ciclopentanoperhidrofenantreno).

Forma parte da membrana plasmática á que lle confire estabilidade xa que se sitúa entre os fosfolípidos.

Preséntase en altas concentracións no fígado, médula espiñal e cerebro.

Proxesterona: Lípido derivado tamén do esterano. Función hormonal, ovarios/placenta (actúa no ciclo

menstrual e na implantación do embrión).

Ceras: lípidos saponificables formados pola unión dun ácido graxo e un alcohol de cadea longa. Orixinan

láminas impermeables que protexen a epiderme e as formacións dérmicas dos animais como pelos, plumas,

escamas.. e a superficie de moitos órganos vexetais como follas, talos e froitos.

Glicolípidos: Lípido polar, saponificables. Son esfingolípidos compostos por unha ceramida (esfingosina +

ácido graso) e un glúcido de cadea curta; carecen de grupo fosfato. Forman parte da bicapa lipídica da

membrana celular; a parte glucídica da molécula está orientada cara ó exterior da membrana plasmática e é un

compoñente fundamental do glicocálix, onde actúa no recoñecemento celular e como receptor antixénico.

Outros posibles:

Carotenoides: lípidos insaponificables formados pola unión de unidades de isoprenoides

Triacilglicéridos: lípidos saponificables formados pola unión de ácidos graxos e glicerina

Page 4: Boletín lípidos

6. A figura da esquerda representa a molécula de Isopreno (2 metil 1,3 butadieno). Por polimerización de

moléculas de isopreno se formarán os distintos isoprenoides ou terpenos, como

- Esencias vexetais (mentol, eucaliptol, limoneno,xeraniol)

- Vitaminas A que desempeña un papel importante no desenvolvemento dunha boa visión, especialmente ante a

luz tenue. , E (antioxidante) e K (antihemorráxica)

- Carotenoides (pigmentos fotosintéticos)

A figura da dereita representa o Esterano (ciclopentanoperhidrofenantreno).

Derivados do esteranos son:

- Esteroles. (Colesterol, ácidos biliares: producidas no fígado a partir do colesterol, que xeneraran os

sales biliares que se encargan da emulsión das graxas) e a Vit D (antiraquítica)

- Hormonas esteroideas suprarrenais: Cortisol: A súa función principal e a de incrementar o nivel de

azúcar no sangue a través da gluconeoxénese. Cortisona: actúa na reabsorción do sodio secretando

potasio e incrementando a presión sanguínea.

- Hormonas esteroideas sexuais: Proxesterona e Testosterona.