Boletin marzo 2014

2
BOLETIN PARROQUIAL Nº 172 - Marzo 2014 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS PROPOSTA CORESMAL O Papa Francisco, con motivo da Coresma, fainos unhas propostas que debemos ter en conta cada un dos cristiáns. Comeza recordando as palabras de S. Paulo: “Pois coñecedes a graza do noso Señor Xesucristo, o cal, sendo rico, fíxose pobre para vos enriquecer coa súa pobreza” (2Cor 8,9). Se ben estas palabras son dirixidas, polo apóstolo Paulo, ós cristiáns de Corinto para animalos a ser xenerosos e axudar ós fieis de Xerusalén que pasaban necesidade, ¿que nos din, ós cristiáns de hoxe, estas palabras? ¿Que é pois esa pobreza coa que Xesús nos libera e nos enriquece? É precisamente o seu modo de amarnos, de estar preto de nós, como o bo samaritano que se acerca a ese home que todos abandonaran medio morto a beira do camiño (cfr. Lc 10, 25ss). A pobreza de Cristo que nos enriquece consiste no feito de que se fíxo carne, cargou coas nosas debi- lidades e os nosos pecados, comunicándonos a misericordia infinita de Deus. A pobreza de Cristo é a maior riqueza: a riqueza de Xesús é a súa confianza ilimitada en Deus Pai, é encomendarse a El en todo momento, buscando sempre e soamente a súa vontade e a súa gloria. Cando Xesús nos invita a cargar o seu “xugo levadeiro”, invítanos a enriquecernos con esta ”rica pobreza” e “pobre riqueza” súas, a compartir con El o seu espírito filial e fraterno, a converternos en fillos no Fillo, irmáns no Irmán Primoxénito (cfr. Rom 8, 29). Díxose que a única verdadeira tristeza é non ser santos; poderiamos dicir tamén que hai unha única verdadeira miseria: non vivir como fillos de Deus e irmáns de Cristo. Á imitación do noso Mestre, os cristiáns estamos chamados a mirar as miserias dos irmáns, a tocalas, a facernos cargo delas e a realizar obras concretas coa fin de alivialas. A miseria non coincide coa pobreza; a miseria é a pobreza sen confianza, sen solidariedade, sen espe- ranza. Podemos distinguir tres tipos de miseria: a miseria material, a miseria moral e a miseria espiritual. A miseria material é que habitualmente chamamos pobreza e toca a can- tos viven nunha condición que non é digna da persoa humana: privados dos seus dereitos fundamentais e dos bens de primeira necesidade como a comida, a auga, as condicións hixiénicas, o traballo, a posibilidade de desenvolvemento e de crecemento cultural. Nota: Aínda que seguiremos no próximo boletín coa esta carta do Papa Francisco, apro- veitemos o tempo coresmal para enriquecernos coa pobreza de Cristo. PREPARANDO AS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS Visita a S. Francisco, en Santiago O pasado, 15 de Febreiro, sábado, pola tarde, tal como estaba previsto, unhas setenta persoas da parroquia fixemos unha visita ó convento de S. Francisco. Recibiunos o padre Castro, gardíán do mosteiro. Dividímonos en dous gru- pos e estivemos vendo, durante hora e media, o museo de Terra Santa que existe no convento franciscano. Ademais do interesante do percorrido por Terra Santa, gardada polos pais franciscanos, houbo un acercamento á comu- nidade de S. Francisco, coa presenza do superior da Orde. Foi unha bonita e fructífera visita. Peregrinación a Asís Como xa é sabido está prevista, para a semana do 23 ó 30 de Agosto, unha peregrinación a Asís. Sairemos de Santiago, o día 23, en avión directo a Roma. Estaremos dous días en Roma, e logo, en autobús marcharemos ó Val de Rieti, terra franciscana; continuamos a Greccio e, pola tarde iremos cami- ño de Asís. Estaremos todo o mércores en Asís, e ó día seguinte (xoves) visi- taremos Alverna. O venres iremos ó santuario de Rivotorto e a voltaremos para xantar en Asís. O sábado, despois do almorzo, sairemos para o aeropor- to de Roma, para emprender a volta a Santiago. A preinscrición xa está en corenta prazas dun número total de 48. Logo abri- rase unha lista de espera. Cineforum sobre S. Francisco de Asís O catedrático Dr. Luís Hueso, profesor de Historia do Cine na Universidade de Santiago, está preparando un cineforum baseado na vida de S. Francisco de Asís. Aínda que é unha actividade gratuíta, é necesario anotarse para logo concretar días e horario de sesións. É unha actividade que non debemos per- der tanto polo tema como pola grande valía e experiencia do profesor Hueso.

Transcript of Boletin marzo 2014

Page 1: Boletin marzo 2014

BOLETIN PARROQUIALNº 172 - Marzo 2014

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

PROPOSTA CORESMALO Papa Francisco, con motivo da Coresma, fainos unhas propostas que debemos ter enconta cada un dos cristiáns. Comeza recordando as palabras de S. Paulo: “Pois coñecedes a graza do noso SeñorXesucristo, o cal, sendo rico, fíxose pobre para vos enriquecer coa súa pobreza” (2Cor8,9). Se ben estas palabras son dirixidas, polo apóstolo Paulo, ós cristiáns de Corinto paraanimalos a ser xenerosos e axudar ós fieis de Xerusalén que pasaban necesidade, ¿quenos din, ós cristiáns de hoxe, estas palabras?¿Que é pois esa pobreza coa que Xesús nos libera e nos enriquece? É precisamente o seumodo de amarnos, de estar preto de nós, como o bo samaritano que se acerca a ese homeque todos abandonaran medio morto a beira do camiño (cfr. Lc 10, 25ss). A pobreza deCristo que nos enriquece consiste no feito de que se fíxo carne, cargou coas nosas debi-lidades e os nosos pecados, comunicándonos a misericordia infinita de Deus. A pobrezade Cristo é a maior riqueza: a riqueza de Xesús é a súa confianza ilimitada en Deus Pai,é encomendarse a El en todo momento, buscando sempre e soamente a súa vontade e asúa gloria.Cando Xesús nos invita a cargar o seu “xugo levadeiro”, invítanos a enriquecernos con esta”rica pobreza” e “pobre riqueza” súas, a compartir con El o seu espírito filial e fraterno, aconverternos en fillos no Fillo, irmáns no Irmán Primoxénito (cfr. Rom 8, 29).Díxose que a única verdadeira tristeza é non ser santos; poderiamos dicir tamén que haiunha única verdadeira miseria: non vivir como fillos de Deus e irmáns de Cristo.Á imitación do noso Mestre, os cristiáns estamos chamados a mirar as miserias dos irmáns,a tocalas, a facernos cargo delas e a realizar obras concretas coa fin de alivialas. A miserianon coincide coa pobreza; a miseria é a pobreza sen confianza, sen solidariedade, sen espe-ranza. Podemos distinguir tres tipos de miseria: a miseria material, a miseria moral e amiseria espiritual. A miseria material é que habitualmente chamamos pobreza e toca a can-tos viven nunha condición que non é digna da persoa humana: privados dos seus dereitosfundamentais e dos bens de primeira necesidade como a comida, a auga, as condiciónshixiénicas, o traballo, a posibilidade de desenvolvemento e de crecemento cultural.Nota: Aínda que seguiremos no próximo boletín coa esta carta do Papa Francisco, apro-veitemos o tempo coresmal para enriquecernos coa pobreza de Cristo.

PREPARANDO AS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS

Visita a S. Francisco, en Santiago

O pasado, 15 de Febreiro, sábado, pola tarde, tal como estaba previsto, unhassetenta persoas da parroquia fixemos unha visita ó convento de S. Francisco.Recibiunos o padre Castro, gardíán do mosteiro. Dividímonos en dous gru-pos e estivemos vendo, durante hora e media, o museo de Terra Santa queexiste no convento franciscano. Ademais do interesante do percorrido porTerra Santa, gardada polos pais franciscanos, houbo un acercamento á comu-nidade de S. Francisco, coa presenza do superior da Orde. Foi unha bonita efructífera visita.

Peregrinación a Asís

Como xa é sabido está prevista, para a semana do 23 ó 30 de Agosto, unhaperegrinación a Asís. Sairemos de Santiago, o día 23, en avión directo aRoma. Estaremos dous días en Roma, e logo, en autobús marcharemos ó Valde Rieti, terra franciscana; continuamos a Greccio e, pola tarde iremos cami-ño de Asís. Estaremos todo o mércores en Asís, e ó día seguinte (xoves) visi-taremos Alverna. O venres iremos ó santuario de Rivotorto e a voltaremospara xantar en Asís. O sábado, despois do almorzo, sairemos para o aeropor-to de Roma, para emprender a volta a Santiago.A preinscrición xa está en corenta prazas dun número total de 48. Logo abri-rase unha lista de espera.

Cineforum sobre S. Francisco de Asís

O catedrático Dr. Luís Hueso, profesor de Historia do Cine na Universidadede Santiago, está preparando un cineforum baseado na vida de S. Franciscode Asís. Aínda que é unha actividade gratuíta, é necesario anotarse para logoconcretar días e horario de sesións. É unha actividade que non debemos per-der tanto polo tema como pola grande valía e experiencia do profesor Hueso.

Page 2: Boletin marzo 2014

dición, poden participar de xeito par-ticular no sufrimento redentor deCristo para a salvación do mundo (Ef2Cor 4,8-11-14)”.7. Anuncio da palabra de Deus aos

pobres (VD 107).“A Sagrada Escritura manifesta a pre-dilección de Deus polos pobres enecesitados. En efecto, os primeirosque teñen dereito ao anuncio doEvanxeo son precisamente os pobres,non só necesitados de pan, senóntamén de palabras de vida. A Igrexanon pode decepcionar os pobres: ospastores están chamados a escoitalos,a aprender deles, a guialos na súa fe ea motivalos para que sexan artíficesda propia historia”.8. A Palabra de Deus e salvagarda

da creación (VD 108).“O compromiso no mundo requiridopola divina Palabra impúlsanos amirar con ollos novos o cosmos que,creado por Deus, leva en si, a pegadado Verbo, por quen todo foi feito (CfXn 1,2)”.“En efecto, como crentes e anuncia-dores do Evanxeo temos unha res-ponsabilidade con respecto á crea-ción”.“Moitas veces a arrogancia do homeque vive coma se Deus non existiseleva a explotar e deteriorar a nature-za sen recoñecer nela a obra da pala-bra creadora. O home necesita sereducado de novo no asombro e reco-ñecemento da beleza auténtica que semanifesta nas cousas creadas”.

PARROQUIA VIVA5.-Mércores de Cinza. Xornada dexaxún e abstinencia que sinala ocomezo da Coresma. Ás 8 do serán,imposición da cinza.10.- Reunión do grupo de adultos, ás20,30.16.- Asemblea parroquial, ás 12,30.17.- Reunión da comisión das vodasde prata parroquiais, ás 20,30.19.- Festa de S. Xosé.23.- Celebración comunitaria do per-dón, ás 11 da mañá.26.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20,30.Tódolos venres de Coresma haberáviacrucis, as 19,30 (antes da misa).

CÁRITAS As obras de caridade non se podenesquecer en ningún momento porquehai moitos que sofren permanentemen-te, sen tregua.Sempre houbo pobres pero nos temposque corren é evidente o deterioro quesofren moitos irmás esmagados polascircunstancias actuais nas que todostemos responsabilidades.Cando falamos de pobreza váisenos aimaxinación para os que non teñen quecomer ou non teñen cartos nin parapagar as necesidades primarias que, poroutra parte, tería que atender o Estado ea sociedade. Se eles non o fan, somosos irmáns os que temos que cargar,como cireneos, coa pesada cruz.

Desde outubro de 2012 en que se con-vocou o Sínodo Diocesano, houbounha etapa de preparación e sensibili-zación con oración, motivación,información... e algúns grupos traba-llaron en tratar de situarnos neste con-texto histórico e social en que vivi-mos.Agora estamos nunha segunda etapade consultas, propostas de contidos,participación de grupos, recoñecerinercias, detectar alternativas, dialo-gar en comisións, priorizar aporta-cións, redactar propostas...Ninguén se debe inhibir nestemomento, tócanos a cada un aportar onoso granciño de area para poderseguir construíndo unha Igrexa queresponda realmente as urxencias enecesidades de hoxe.

A PALABRA DE DEUS ECOMPROMISO NO

MUNDO (II)5. Anuncio da Palabra de Deus e os

emigrantes (VD 105).”Neste punto suscítanse cuestiónssumamente delicadas sobre a seguri-dade das nacións e a acollida que seha de ofrecer aos que buscan refuxio,mellores condicións de vida, saúde etraballo”.“Conscientes da complexidade dasituación, é preciso que as diocesesinteresadas se mobilicen co fin deque os movementos migratoriossexan considerados tamén unha oca-sión para descubrir novas modalida-des de presenza e anuncio, e se pro-porcionen segundo as propias posibi-lidades, unha adecuada acollida eaninación destes irmáns nosos paraque, tocados pola Boa Nova, sefagan eles mesmos anunciadores daPalabra de Deus e testemuñas deXesús Resucitado, esperanza domundo”.6. Anuncio da Palabra de Deus e os

que sofren (VD 106).“E necesario poñer atención na nece-sidade de anunciar a Palabra de Deusa todos os que padecen sufrimentofísico, psíquico e espiritual”.“Hai que continuar prestando axudasás persoas doentes, levándolles apresenza vivificante do Señor Xesúsna Palabra e na Eucaristía. Que selles axude a ler a Escritura, e a des-cubrir, que precisamente na súa con-

SÍNODO DIOCESANO

Bautismos:

Jacobo Montes Rodríguez, de Davide Laura (02-03-2014)Jimena Noya Tobío, de Pepe eCristina (02-03-2014)

Defuncións:

Antonio Pérez Rey, da Cruxeira(27-02-2014).

ACONTECEMENTOS