Boletín novembro 2016

2
BOLETÍN PARROQUIAL Nº 193 - Novembro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS REMATA A MISERICORDIA? O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte- grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr. Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato si do Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie- dade planetaria). A miña reflexión, que quero compartir cos lec- tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano Santo da Misericordia remata pero as obras de misericordia permanecen ou deben permanecer na nosa vida comprometida de crentes cristiáns. As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser como un vademécum (van comigo) na vida cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons- tante SI á caridade reflectida nas obras de mise- ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a Deus e aos irmáns. Unha aperta do voso párroco. PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA Non queremos que permane- za no esquecemento a Peregrinación a Terra Santa que, dende o 20 ao 29 de xullo, fixemos un grupo de vinte e dúas persoas. Ir a Terra Santa sempre é unha experiencia enriquecedora. Visitar os Santos Lugares é poñerlle sitio á presenza de Xesús: dende Belén ata o Santo Sepulcro hai moitas vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan- xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri- nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania. Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei- ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas, na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.

Transcript of Boletín novembro 2016

Page 1: Boletín novembro 2016

BOLETÍN PARROQUIALNº 193 ­ Novembro 2016

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

REMATA A MISERICORDIA?

O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da

Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un

ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben

camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como

fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as

obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte­

grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr.

Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato sido Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie­

dade planetaria).

A miña reflexión, que quero compartir cos lec­

tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as

obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano

Santo da Misericordia remata pero as obras de

misericordia permanecen ou deben permanecer

na nosa vida comprometida de crentes cristiáns.

As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser

como un vademécum (van comigo) na vida

cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons­

tante SI á caridade reflectida nas obras de mise­

ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a

Deus e aos irmáns.

Unha aperta do voso párroco.

PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA

Non queremos que permane­

za no esquecemento a

Peregrinación a Terra Santa

que, dende o 20 ao 29 de

xullo, fixemos un grupo de

vinte e dúas persoas. Ir a

Terra Santa sempre é unha

experiencia enriquecedora.

Visitar os Santos Lugares é

poñerlle sitio á presenza de

Xesús: dende Belén ata o

Santo Sepulcro hai moitas

vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan­

xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San

Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri­

nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania.

Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei­

ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas,

na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este

traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que

agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a

Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.

Page 2: Boletín novembro 2016

Cristo corrixe aos discípulos (cf. Mc

9,38­40; 8,32­33; 10,42­45) e exhorta

á corrección fraterna: Se teu irmán

peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti

só con el. (Mt 18,15­17).

O Evanxeo proponnos corrixir e axu­

dar a medrar a unha persoa… pero sen

emitir xuízos sobre a súa responsabili­

dade e a súa culpabilida de (Papa

Francisco, Evagelii Gaudium 172).

4. Consolar ao triste

… pois o Señor consolou ao seu pobo

e compadeceuse dos seus pobres (Is

49,13). Ditosos os que choran, porque

eles serán consolados… Ditosos os

misericordiosos, porque eles acadarán

misericordia (Mt 5,4.7).

Os gozos e as esperanzas, as tristuras e

as angurias dos homes do noso tempo,

sobre todo dos pobres e de cantos

sofren, son á súa vez gozos e esperan­

zas, tristuras e angurias dos discípulos

de Cristo (Vaticano II, Gaudium et

Spes 1).

5. Perdoar as ofensas

Pedoa as nosas ofensas como tamén

perdoamos nós a quen nos ten ofendi­

do… Porque se perdoades aos outros

as ofensas que vos fan, tamén voso Pai

celestial perdoará as vosas; pero se

non perdoades aos outros, o voso Pai

celestial tampouco perdoará as vosas

ofensas (Mt 6,12.14­15).

Señor, cantas veces terei que perdoar a

meu irmán se me segue ofendendo?

ata sete veces? Respondeulle Xesús:

PARROQUIA VIVA

1.­ Festa de Todos os Santos.

2.­ Misa por todos os familiares e

veciños defuntos, ás 20:00.

20.­ Festa de Cristo, Rei do Universo.

Remata o Ano Santo da Misericordia.

23.­ Reunión do grupo de Cáritas, ás

19:30.

27.­ Primeiro domingo de Advento.

Ciclo A.

1. Ensinar ao que non sabe

“Toda a xente acudía a el, e El ensiná­

baos” (Mc 2,13).

Aconsellar e deixarse aconsellar para

discernir a verdade, compartir para

aprender uns dos outros. Ante tales

cometidos, o máis urxente hoxe é levar

os homes a descubrir a súa capacidade

de coñecer a verdade e o seu anhelo

dun sentido último e definitivo da exis­

tencia (San Xoán Paulo II. Fides et

Ratio 102).

2. Dar consello ao que o necesita

Entendes o que les? Contestoulle: e

como vou entendelo se ninguén mo

explica? (Feit 8,30­31). Estade dispos­

tos sempre a responder a todo aquel

que vos pida razón da esperanza que

levades dentro (1Pe 3,15).

Hai que facelo con humildade, pensan­

do só no outro, sen dirixir nin crear

dependencias que condicionen a liber­

dade. Aconsellar provocando as pre­

guntas de fondo que caracterizan o

percorrido da existencia humana: quen

son? de onde veño e a onde vou? por

que existe o mal? que hai despois desta

vida? (San Xoán Paulo II, Fides et

Ratio 1).

3. Corrixir ao que erra

Pobreza e vergoña para o que desbota

a instrución, mais quen escoita a críti­

ca acadará honra (Pr 13,18).

Aguantade o sufrimento coma un casti­

go educativo: é Deus que vos trata

coma fillos. Porque quen é o fillo a

quen seu pai non o castiga? (Heb 12,7).

“Non che digo ata sete veces, senón

ata setenta e sete” (Mt 18,21­22).

6. Soportar con paciencia os defec­

tos do próximo

Máis vale o temperado héroe e quen

domina a paixón có que conquire

unha vila (Pr 16,32).

Como lle poderás dicir a teu irmán:

“Irmán, deixa que che quite o lixo

que tes no ollo”, sen reparar na trabe

que tes no teu? Hipócrita! Quita pri­

meiro a trabe do teu ollo, e logo verás

claro para quitar o lixo do ollo de teu

irmán (Lc 6,42).

O amor é de corazón grande, é servi­

cial… non se alporiza, non garda

malicia… Desculpa sempre… atura

sempre (1Cor 13,4­7).

Aturádevos uns aos outros e perdoá­

devos, cando un teña queixa doutro…

(Col 3,13).

7. Rogade a Deus polos vivos e

polos defuntos

Pois se non crese na resurrección dos

mortos, non sei a que viría rezar polos

defuntos. Pero para o que pensa que

aos que morren piadosamente lles

está reservada unha recompensa mag­

nífica, a cousa é piadosa e santa

(2Mac 13,44­46).

Pedide e recibiredes, buscade e atopa­

redes, petade e abrirásevos. Pois quen

pide, recibe; quen busca, atopa; e a

quen peta, abriráselle (Mt 7,7­8).

Erguéndose moi cedo, aínda de noite,

saíu para un lugar arredado, onde se

puxo a orar (Mc 1,35).

OBRAS DE MISERICORDIA ESPIRITUAIS

ACONTECEMENTOS

Bautizos:

Valentina Caride Ruenes, de

Alejandro e Berenice (09­10­2016).

Aday Ramírez Porto, de César Javier

e Dulce María (10­10­2016).

Julia Marinangeli Fandiño, de Sergio

e Patricia (29­10­2016).

Defunción:

Eduardo Eulogio González González

(Penelas, 73) (14­07­2016).

…rezade uns polos outros para que

teñades saúde. Moito pode a oración

teimosa do xusto (Sant 5,16).

Orade como se todo dependese de Deus e

traballade como se todo dependese de

vós (San Ignacio de Loiola, CIC 2839).