Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social...
Transcript of Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social...
Boletín do Ceesg
2
Neste boletín:
Tema do mes: Concienciar polo cambio; educar para combater a violencia
de xénero. Unión Profesional.
CGCEES: Xunta de Goberno en novembro.
Actualidade:
4º Concurso TFG.eduso, de traballos de fin de grao arredor da Educa-
ción Social.
4º Concurso Memorial Toni Julià, de proxectos de Educación Social.
TFG.eduso: Proxecto de intervención socioeducativa: os beneficios das
actividades asistidas con animais para a mocidade en risco de exclusión
social. Alba Mª Ojea Cid.
Formación: V Xornadas sobre Educación social e violencia de xénero: Feminismos
e Deporte.
Curso de ética aplicada á acción socioeducativa.
Ideas para a vindeira xornada sobre Xerontoloxía e Educación Social.
Emprego
Grupos de traballo:
Fiadeiras na feira feminista Laborando.
BloguES: Servizos Sociais e Servizos de Saúde Mental, unha relación difícil.
Óscar Barril.
http://www.oscarbarril.cat
Para ler e reflexionar: Diccionario visual Lengua de signos española - in-
glés - español. (CNSE)
Que fas ti pola Educación Social? Eva López Soto.
Actuacións
Documentos profesionalizadores
Avisos
Boletín do Ceesg
Nº 108 - novembro 2016
3
Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795
Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089
Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850
Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103
Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979
Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968
Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901
Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892
Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398
Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118
Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999
Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286
Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195
Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389
Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873
2015 - 2019
XUNTA DE GOBERNO
4
TEMA DO MES Concienciar polo cambio;
educar para combater a violencia de xénero
No Día Internacional contra a Violencia de Xénero
“Unha de cada tres mulleres do mundo sofre violencia durante a súa vida,
a miúdo a mans dunha persoa coñecida, querida e na que confía. Case a
metade do total mundial de mulleres vítimas de homicidio en 2012 foron
asasinadas polo seu compañeiro sentimental ou por algún familiar”. Estes
son algúns dos datos ofrecidos por ONU Mulleres para advertir de que o
impacto da violencia de xénero ten múltiples e graves consecuencias
sociais e sanitarias para mulleres e menores de idade, e que constitúe
unha grave violación dos Dereitos Humanos. No noso país, corenta son as
mulleres asasinadas durante este 2016, segundo os datos do Observatorio
contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder
Xudicial.
Ante esta situación, as profesións españolas, organizadas mediante
colexios profesionais e reunidas en Unión Profesional, insisten en
denunciar a violencia en todas as súas ordes, facendo especial fincapé no
Día Internacional contra a Violencia de Xénero na necesidade de trasladar
á sociedade a importancia do desenvolvemento e adecuación da igualdade
como dereito fundamental, así como da educación en valores igualitarios.
Unión Profesional incide na importancia dun compromiso común das
institucións para atallar a violencia de xénero, expresión dunha estrutura
económica e social asimétrica da que forman parte as profesións e, por
Unión Profesional
www.unionprofesional.com
@uprofesional
5
tanto, da que tamén son responsables. É por esta razón que é importante
insistir no compromiso esencial de todos os actores sociais con esta
problemática, sendo as profesións dedicadas ao ámbito sanitario,
educativo, xurídico e asistencial as máis sensibilizadas -por estar en
contacto directo- e fundamentais para a prevención e a atención á
violencia de xénero, e para concienciar á sociedade da necesidade dun
cambio profundo na súa estrutura e organización.
* Imaxe da artista MP5 para a marcha “Nin unha menos”.
6
Xunta de Goberno do CGCEES A Xunta de Goberno do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Educadoras
e Educadores Sociais (CGCEES) reuniuse os días 5 e 6 de novembro na sede do
Colexio Profesional de Madrid (CPEESM), sendo os obxectivos: o seguimento
do plan de traballo, a planificación de accións de peche do ano 2016, estudo
do calendario e contidos a tratar na Asemblea Xeral 2017 e valoración das
propostas presentadas polos Colexios para celebrar o noso X Aniversario da
creación do Consello Estatal. Abriuse tamén un espazo de reflexión e
valoración das fortalezas e debilidades da nosa organización no momento
actual.
Máis información
CGCEES
7
4º Concurso TFG.eduso, de traballos de fin
de grao arredor da Educación Social
ACTUALIDADE
traballos
premio
prazo
ceesg.gal
+ info eN
º
TFG.eduso
CONCURSO
8
O teu labor na Educación Social ten valor. Participa!
Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e
educadores sociais ou estudantes de educación social.
Premiaranse os máis interesantes e innovadores, facilitando a
súa futura difusión.
O concurso é a nivel estatal, pero ten unha fase autonómica
(ata dous proxectos galegos poderían pasar á final estatal).
Tamén haberá un recoñecemento para as persoas que
superen a fase galega.
Prazo: 1 de marzo de 2017
4º Concurso de proxectos de Educación Social
Memorial Toni Juliá
9
ESTA SECCIÓN TEMPORAL RECOLLERÁ RESUMES DOS TRABALLOS GAÑADORES DO 3o CONCURSO TFG.EDUSO
TFG.eduso
Proxecto de intervención socioeducativa:
os beneficios das actividades asistidas con animais
para a mocidade en risco de exclusión social.
Vivimos nunha sociedade cambiante que nos obriga a pensar e repensar os
diferentes programas de intervención propostos para diversos contextos, ámbitos
ou profesións. Estes programas deberán dar resposta ás características dunha
sociedade dinámica e en continua transformación.
O que aquí se presenta é unha proposta dun programa de intervención centrado
nun dos ámbitos de traballo da educación social, xoves acollidos/as en centros de
reforma. Con esta proposta, queríamos dar a coñecer un novo sector
profesionalizador para a figura de educadoras e educadores sociais, as actividades
asistidas con animais para estes e estas adolescentes en risco de exclusión social.
A sociedade actual ofrécenos e convídanos ás persoas a gozar das prazas, parques,
rúas e áreas recreativas. Pero, cando nos atopamos na situación de menores que
se atopan nun centro de reeducación, privados da súa liberdade por cometer actos
que esta mesma sociedade castiga, qué podemos ofrecer?
A intervención socioeducativa con adolescentes en risco de exclusión social, que
están internados/as nun centro de reforma, necesita poder cubrir as diferentes
necesidades das que estamos a falar e que presentan estes e estas menores. As
actividades asistidas con animais poden ser un recurso importante para traballar a
motivación, as relacións de convivencia coa natureza e o ocio saudábel,
incorporándoas a programas máis globais de atención á persoa e á mellora do seu
benestar.
As actividades propostas do programa de intervención creado buscan, por un lado,
proporcionarlles a rapaces e rapazas unha maneira de ocio e de tempo libre
saudábel, e por outro, dotar a estes e estas menores de diferentes valores e
Alba María Ojea Cid
Gañadora do 3º Concurso
TFG.eduso na modalidade
Educación Social escondida.
10
“As actividades propostas do programa buscan proporcionar unha maneira de ocio e de tempo libre saudábel e dotar ás rapazas e rapaces de diferentes valores e habilidades”
actitudes (como son, por exemplo, o respecto e o coidado). Xa que estas, estarán
baseadas en todo momento na participación, cooperación e desenvolvemento de
diferentes habilidades. Todo isto, poderanos axudar a mellorar o autocontrol e a
comprensión de diferentes normas que melloran a convivencia dentro do centro
(pero tamén, fóra del). Os obxectivos que se querían conseguir son os seguintes:
mellorar a calidade de vida dos e das menores dun centro de reforma que supón,
ademais, unha nova oferta de ocio que promove a actividade física e a saúde;
axudar a que os rapaces e rapazas desenvolvan diferentes pautas elementais de
convivencia e de relación social, por medio dos valores relacionados co coidado e
co respecto cara o medio natural e animal; e, aproveitar os beneficios que
supoñen as actividades asistidas con animais á Educación Social, tanto nos
tradicionais centros de menores como nos centros ambientais e relacionados co
entorno natural.
Despois de explicar as diferentes actividades que se realizaron para a detección
das necesidades, xunto coa documentación bibliográfica revisada e a explicación
de todas as partes do programa de intervención (os obxectivos que tratarán de dar
resposta ás necesidades detectadas, a metodoloxía empregada na intervención, as
actividades que se levarán a cabo, os recursos materiais e humanos necesarios
para facer posible o desenvolvemento do proxecto, a temporalización e un
cronograma da súa distribución horaria e a presentación dun plan de avaliación no
que se comprobará se o proxecto acadou os obxectivos esperados e que aspectos
se poden cambiar ou mellorar cara unha futura implementación), demóstrase
claramente que, proxectos deste tipo poden ser levados a práctica e terían
resultados netamente positivos xa que, existe evidencia teórica deste feito, como
nos amosan diferentes proxectos e estudos consultados. Sabemos que os e as
menores que realizaron actividades con animais din estar: en mellores condicións
para vivir máis plenamente no aquí e agora; menos agoniados e agoniadas por
remordementos, culpa e resentimentos; e, menos centrados nos medos en
relación ao futuro, con maior independencia e autoconfianza. Os resultados destes
estudos indican efectos positivos como: o aumento da autoestima, da confianza e
11
das emocións positivas; mellora nas interaccións sociais e autocontrol; así como,
reducións nos síntomas de depresión e ansiedade.
Non soamente se trataba, con este traballo, de presentar un programa novidoso
dentro dun dos ámbitos da Educación Social e facer fronte aos obxectivos que se
perseguen dentro dun centro de reforma, senón que tamén queríamos atender
moi especialmente ás políticas de protección e de prevención, a todas as políticas
sociais que puidesen previr a delincuencia xuvenil. Todo isto, como nos sinalan
diferentes autores e autoras, é unha tarefa multidisciplinar, na que toda a
comunidade debe actuar, e especialmente, os servizos sociais, de sanidade, de
educación e de xustiza. E, é aquí, onde debemos salientar a figura da educadora ou
educador social e o traballo con programas que aporten novidades e recursos que
axuden a controlar esta situación, como poderían ser, os programas de
intervención que desenvolvan actividades co medio natural e animal.
O educador ou educadora social coa súa participación neste tipo de programas,
podería ser o guía ou modelo a seguir para os rapaces ou rapazas nestas
actividades, a persoa que se preocupa pola seguridade e comodidade destes/as,
permitindo que sexan eles mesmos e elas mesmas os/as que exploren con
confianza e ampliando a súa autonomía. A figura dos educadores ou educadoras
sociais faríase de vital importancia na elaboración e posta en práctica deste tipo de
proxectos, seríamos como: a persoa que media entre os desexos, dificultades e
demandas dos rapaces e rapazas; os expertos e expertas en observación, que
posuímos as ferramentas oportunas para axudar e permitir que as persoas coas
que estamos traballando accedan ao mundo das boas condutas, das emocións e
sentimentos; ou, as persoas indicadas para promover e guiar os cambios que se
vaian producir. Tamén, seríamos unha ferramenta de intervención para: axudar e
comezar a abrir fronteiras e desenvolver diferentes técnicas de intervención. Estas,
permiten a promoción e o enlace, nun ambiente que esperta diferentes intereses
e emocións, entre as persoas que teñen contacto con animais por medio das
actividades asistidas.
“A figura dos educadores ou educadoras sociais faríase de vital importancia na elaboración e posta en práctica deste tipo de proxectos”
12
Para que os e as profesionais da Educación Social, formen parte deste e doutros
moitos ámbitos, será preciso seguir investigando e realizando proxectos que abran
espazo a outros camiños. Como decía o poeta, Antonio Machado, “caminante no
hay camino, se hace camino al andar”. Temos aínda moito camiño por andar e só o
conseguiremos camiñando, todavía temos moito que aprender, moitas
intervencións que realizar, moito que investigar para que a Educación Social acade
o prestixio que debería de ter neste e noutros moitos ámbitos.
13
V Xornadas sobre Educación social
e violencia de xénero: FEMINISMOS E DEPORTE Nestas xornadas debaterase e reflexionarase sobre o deporte de élite, o
deporte mediático e a súa presencia nos medios de comunicación como
elementos do patriarcado que perpetúan as desigualdades entre mulleres e
homes (os estereotipos de xénero, as normas diferenciadas, o reforzo da
estética femenina, vestimenta, disciplina, limitacións, etc). Pero, sobre todo,
queremos poñer o foco no deporte como ferramenta emancipadora das
mulleres, analizando aspectos como a xestión do noso corpo, a nosa
mobilidade, a nosa liberdade, a saúde, o desfrute e o benestar social.
As xornadas, organizadas por Fiadeiras, terán lugar no INEF (Oleiros) o venres
16 de decembro (pola tarde) e o sábado 17 de decembro (pola mañá).
FORMACIÓN
14
PROGRAMA
15
Curso de ética aplicada á acción socioeducativa A Comisión Ética e de Benestar Profesional do Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais de Galicia organiza unha formación centrada no manexo
dos conflitos éticos que se presentan na acción socioeducativa.
Entendemos que é básico que as e os profesionais que traballamos no eido
socioeducativo tomemos conciencia das implicacións éticas das nosas accións
profesionais e adquiramos ferramentas para identificar, clarificar e afrontar
eses conflitos e dilemas deontolóxicos.
O curso formúlase cun enfoque teórico-práctico, dividíndose en dous
módulos: o primeiro será unha introdución aos conceptos e teorías
fundamentais, afondando nos principios de autonomía e confidencialidade -
sobre os cales pivotan gran parte dos conflitos éticos neste sector-; e o
segundo módulo será fundamentalmente práctico, onde analizar situacións
concretas que poden darse na praxe e que poden ser propostas polas propias
persoas participantes.
A acción formativa terá unha duración de 20 horas, e será impartida en dúas
fins de semana (20-21 de xaneiro e 3-4 de febreiro de 2017).
Un dos puntos fortes da formación é a especialización dos docentes. Joan
Canimas e Sergio Ramos Pozón, ambos membros de diversos comités de ética
nos servizos sociais, e cunha traxectoria e experiencia dilatada moi vinculada á
deontoloxía e á acción socioeducativa.
Para coñecer todos os detalles, descarga o dossier informativo.
Formulario de inscricións
16
Ideas para a vindeira xornada sobre Xerontoloxía Dende o grupo Geix imos comezar a planificación para a organización dunhas
xornadas no ámbito da xerontoloxía que terían lugar no 2017.
Queremos atender ás temáticas que máis vos interesen ou vos preocupen re-
lacionadas co ámbito da xerontoloxía, polo que solicitamos que nos enviedes
as vosas propias propostas de temas a tratar, de persoas que poidan formar
parte dalgunha mesa redonda ou para un relatorio-conferencia...
Valoraremos cada proposta, esperando que as vosas reflexións e ideas nos
axuden a acertar na escolla da temática principal das xornadas.
Podes enviar as túas suxestións a [email protected] ata o 31 de decembro. Gra-
zas de antemán!
17
Información detallada
destas accións
formativas en
www.ceesg.org
Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os
Formación básica para el ejercicio como peritos judiciales. En liña. Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Andalucía. Máis información
18
EMPREGO
Persoal desenvolvemento local. Barbanza Estas son as ofertas de
emprego publicadas o mes
pasado na web do Ceesg.
Para ver a información
completa e actualizada,
recorda consultar
frecuentemente a web do
Ceesg
Animador/a sociocultural. O Páramo
Monitor/a - Educador/a. Pontevedra
Orientador/a. A Coruña
Docente escola de tempo libre. Pontevedra
Técnica/o de inserción laboral. Lalín
Docente universidade. A Coruña
Monitor/a obradoiro memoria para persoas maiores. Cabana de Bergantiños
Animador/a cultural. Cedeira
Animador/a sociocultural. A Coruña
Docente educación en valores. Alicante
19
Técnica/o de prospección de emprego. Marín
Monitor/a de consumo. Santiago de Compostela
Técnica/o de desenvolvemento local. A Coruña
Técnica/o de Igualdade. Barbadás
Docente en Igualdade. Pontevedra provincia
Coordinador/a de servizos. Vigo
20
GRUPOS DE
TRABALLO Fiadeiras na feira feminista Laborando
O grupo de Experiencias Feministas da Pardo Bazán argallou unha feira de ini-ciativas e proxectos persoais, laborais e sociais para colectivos, organizacións e persoas individuais a traballar especificamente ou como parte do seu traba-llo gobal desde a perspectiva feminista, de igualdade e contra as violencias machistas. A feira tivo lugar o 26 de novembro no Mercado de San Agustín na Coruña.
O grupo Fiadeiras estivo presente, montando un stand e puideron informar a todas as persoas que se interesaron polo seu traballo.
En total foron 66 as iniciativas presentes na feira.
21
Servizos Sociais e Servizos de Saúde Mental,
unha relación difícil
Hoxe apetecíame falar dun tema que enfronta a dous colectivos, o social e o sanitario. Tentei situarme nunha posición neutra, entendendo que formo parte dun dos grupos. Por moito que pasen os anos, os Servizos Sociais e os Servizos de Saúde Mental, resignáronse a ter unha relación dun de costas ao outro.
Eu podo falar a partir da miña experiencia en Sant Cugat, e da relación con outros profesionais doutras administracións. Poida que nalgún municipio a relación sexa máis fluída, máis amable, pero a realidade que eu vin e vivín, non sería tal.
Se non hai un bo entendemento entre os profesionais, non é algo casual, e non ten que ver que uns sexan máis estúpidos, que outros. Os dous circuítos, o social e o sanitario, carecen historicamente dunha coordinación desde máis arriba.
E isto prexudica, obviamente, aos usuarios, e na súa saúde. Os profesionais do ámbito social, moitas veces, sempre manifestaron, e manifestamos, menosprezo desde sanidade. Coma se un traballo educativo fose algo menor que un tratamento médico. A miúdo parece que haxa unha priorización dos criterios médicos e obxectivos de saúde en detrimento dos obxectivos e criterios de integración social.
Pero equivocariámonos se desde o social quedásemos con esta postura victimista. Non vou entrar a falar de se se diagnostican masas de TDAH, ou
Óscar Barril Andrés
Educador social no concello de
Sant Cugat del Vallès
(Barcelona)
Oscar Barril Andrés
@dariusbruna
BloguES
22
Síndromes de Espectro Autista (isto daría para outro artigo). O que pretendo é analizar o distanciamento e mirar un futuro cun maior traballo conxunto, respectando os campos de intervención de cada un.
Xestionar o proceso de vida dunha persoa, cunha información fragmentada, sen ter acceso a todo, ten unha consecuencia, na saúde das persoas: abandono dos tratamentos, desmotivación, cansazo, e finalmente perda de confianza no sistema de saúde e social. Este distanciamento acábana percibindo os usuarios, e só fai que retrocedamos e interrompemos o seguimento de ambos os ámbitos.
Unha historia única compartida axudaría ao traballo social e médico, anulando os obstáculos que a dificultan co fin de conseguir unha mellor integración dos servizos de atención persoal.
Desde o ámbito sanitario, téndese a miúdo a facer unha mirada demasiado individualizada da persoa, e afaise a mirar en menos importancia, no contexto familiar. Non podemos nunca, deixar de recoñecer o proxecto de vida das persoas usuarias, superando programas estandarizados que non sempre teñen en conta os obxectivos da persoa nin a súa traxectoria.
Artigo publicado na edición dixital do TODO SANT CUGAT o pasado 04/21/2016 Artigo publicado no blog www.oscarbarril.cat o 2 de maio de 2016
Traducción: Ceesg
23
PARA LER E
REFLEXIONAR Diccionario visual.
Lengua de signos española - Inglés – Español. (Funfación CNSE)
Ano: 2013
Como se di en inglés? E en lingua de signos española? O dicionario lingua
de signos española - inglés - español é unha ferramenta innovadora para
aprender os signos e palabras máis habituais na vida cotiá de forma fácil
e divertida.
Contén signos, imaxes, o termo en español e en inglés, e todo nun
formato moi visual que lles encantará ás persoas xordas... e ás oíntes.
- Arredor de 1.000 conceptos e expresións habituais.
- Saúdos e preguntas, calendario, transportes... organizado en 15 temas
para ter máis a man os termos que necesites.
- Con índice en español e en inglés.
Publicación dispoñible na
24
QUÉ FAS TI POLA
EDUCACIÓN SOCIAL
A miña relación coa educación social comeza aló polos anos 90 no Departamento
de Teoría e Historia da Educación, sendo eu pedagoga e axudando na colaboración
da implantación da diplomatura en Educación Social. Lembro os encontros con
todas aquelas educadoras e educadores que, á súa vez, titorizaban as prácticas do
alumnado de pedagoxía pola rama de Intervención Socioeducativa. No ano 1997
comezo a traballar como pedagoga no Departamento de Servizos Sociais do
concello de Ribeira no programa de educación familiar. Ao longo deses anos
comezo a recoñecer o meu traballo como un ámbito da educación social, polo que
no ano 2002 tramito a habilitación profesional convencida da construción da miña
identidade profesional. Tiven a sorte de que xa habilitada, o noso benquerido
Alberto Fernández, me chamara un día para formar parte da primeira xunta de
goberno do Ceesg para a etapa 2003-2007. Así inicio unha andaina de
profundización na profesión ao estar informada de todo aquilo que tiña que ver
coa elaboración de normativa e coa defensa da profesión, e aprendendo nos
numerosos eventos formativos que tiveron lugar neses anos e que eu mesma
axudei a organizar. Nesta época varias educadoras sociais foron fundamentais
nesa aprendizaxe e nese recoñecerme na profesión, Sofía Riveiro, Laura Cruz, Pilar
Sabio, e varias entidades, en especial, aquelas que tiñan unha relación co pobo
xitano, Asociación Chavós, a Asociación de Ensinantes con xitanos e, na
actualidade, a Fundación Secretariado Xitano. Nesa época non podo deixar de
facer referencia ao meu equipo de servizos sociais de Ribeira, no que sempre me
sentín querida e valorada como profesional. Tampouco as familias, persoas coas
que compartín tantas experiencias vitais, de desenvolvemento e das que tanto
aprendín e sigo aprendendo na actualidade. Avanza o tempo, e emprendo un
traballo moi ilusionante tratando de empoderar, a través dun proceso formativo e
Eva López Soto
Educadora Social.
Colexiada nº 924.
25
reflexivo, e coa axuda de doce grandes profesionais, a todas as educadoras
familiares de Galicia, un colectivo debilitado e infravalorado nos servizos
sociais. “Tecendo redes” foi, en si mesmo, un grande proxecto de educación
social que deu un xiro, ou a lo menos, puxo en cuestionamento, as
metodoloxías na intervención familiar. Truncado este proxecto polo goberno
do partido popular, inicio outra nova etapa durante tres anos no ensino
secundario como profesora de ciclos medios e superiores na especialidade de
Intervención Sociocomunitaria, anos nos que volvo a formar parte dunha nova
xunta de goberno no Ceesg, 2011-2015. Anos de intenso traballo
colaborativo, de loita contra os recortes sociais e de dereitos a través da
marea laranxa, de posta en marcha de grupos de traballo nos diferentes
ámbitos, de aprendizaxe continua e permanente que nos aporta o encontro
entre nós, educadoras sociais. No ano 2014 regreso como educadora aos
servizos sociais do concello de Teo e afianzo o compromiso social a través da
reivindicación de novos dereitos sociais como a renda básica universal. Moitas
veces sentímonos cansas, impotentes ante as desigualdades sociais, pero hai
que seguir. E aínda que veño de pechar unha etapa da educación social ligada
ao Ceesg, seguirei poñendo o meu grao na Comisión de Ética e Benestar
Profesional, porque o contacto coa profesión, dunha maneira ou doutra, é
fundamental para empoderarnos, para estar actualizadas e activas, en
definitiva, para poder empoderar e acompañar ás persoas e á cidadanía cara
procesos de cambio, e coa calidade que esixe o ser profesional.
26
ACTUACIÓNS En negro contra a violencia de xénero
Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante cal-quera tipo de violencia contra as mulleres, dezaseis concellos galegos uniron os seus esforzos para desenvolver conxuntamente a campaña de sensibilización “En negro, contra a violencia”. A acción consistiu en tinguir de negro as cidades e vilas a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte. O Ceesg foi unha das entidades que se sumaron á iniciativa.
Nota de prensa sobre as liortas de adolescentes na cidade de Lugo
Enviamos unha nota aos medios de comunicación para facer constar a preocu-pación e rexeitamento do Ceesg polo que entendemos é unha vulneración dos seus dereitos fundamentais das nenas e nenos, en relación ás novas publica-das sobre as liortas adolescentes na cidade de Lugo.
O tratamento informativo dunha noticia na que están implicadas menores de-be ter en conta a súa vulnerabilidade. Neste sentido, resulta de vital importan-cia informar reflexivamente e sen caer nos tópicos e na nocividade da urxencia e inmediatez, xa que as repercusións mediáticas das informacións publicadas, poden traer consecuencias negativas para o desenvolvemento das e dos meno-res a medio e longo prazo.
Apelamos á boa praxe xornalística polo ben social e na procura dunha socieda-de sa na que os medios de comunicación –como axentes fundamentais– teñen moito que dicir informando e denunciando aquelas situacións que sexan de interese público pero sempre desde o máximo respecto aos dereitos das per-soas, máxime cando estas son menores.
27
Recurso de resposición a unha praza para o Servizo de Educación e Apoio Familiar
O concello do Carballiño publicou as bases para un posto de titulada/o en Ma-xisterio para o Plan de Educación e Apoio Familiar, non permitindo a participa-ción de ningunha outra titulación, e excluíndo polo tanto, a de Educación So-cial. Defendemos que o Servizo de Educación e Apoio Familiar debe ser desen-volvido exclusivamente por persoas tituladas en Educación Social e solicitamos rectificación das bases.
Xuntanza co Museo do Pobo Galego O departamento pedagóxico do Museo do Pobo Galego ten interese en estu-diar vías de colaboración, e por iso mantivemos unha xuntanza na que estudia-mos as maneiras como poderíamos facelo posible, de xeito que ambas entida-des asinaremos un convenio proximamente.
Entrega de premios do 3º Concurso TFG.eduso A Facultade de Ciencias de Educación do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) acolleu un acto público no que fixemos entrega dos certificados de re-coñecemento do 3º Concurso TFG.eduso desa facultade que resultaron gaña-dor na modalidade “Educación Social escondida” e como mención especial. Al-ba Ojea e Raquel Lois foron as educadoras sociais que recolleron os estes galar-dóns, xunto co seu titor Xosé Manuel Cid e titora María Lameiras respectiva-mente. Pronto poderemos ver publicados nun CD estes traballos, xunto co ga-ñador da modalidade “Educación Social estentida” (para a que organizaremos acto similar na Universidade da Coruña) e xunto os traballos gañadores da se-gunda edición do concurso.
28
Presentación do libro ‘Machismos, de micro nada’ no Museo Liste de Vigo.
Reunións de traballo da Área de Comunicación e Participación colexial, Xunta de Goberno, grupo Fiadeiras, Comisión de preparación do encontro avaliativo anual do Ceesg, grupo A Eira do Ceesg, Comisión de elaboración de Documental ‘Fitos e feitos da Educación Social en Galicia’, Comité organizador do II Encontro LusoGalaico, grupo aBeira, grupo Geix, Comité organizador do Congreso Internacional de Educación Social e Escola, e Área de Acción Profesional.
Participación na asemblea da Unión Profesional de Galicia.
Asistencia ao obradoiro ‘Desafiando fronteiras’ do Foro Galego de Inmigración.
Achegas ao Plan de Igualdade do Concello de Santiago.
Reunión coa Dirección Xeral de Inclusión Social.
Xuntanza de Xunta de Goberno do CGCEES.
Xuntanza do Foro Galego de Inmigración.
Servizo de asesoramento xurídico, para persoas colexiadas.
Reunión coa CIG, para reivindicar de novo o cambio de denominación de categoría nos postos da Xunta de Galicia.
Intervención de Fiadeiras nas xornadas sobre feminismo organizadas polo grupo parlamentario europeo GUE/NLG.
Solicitude de información á Xunta de Galicia sobre o caso saído nos medios, que apuntan a un centro de menores de maltrato.
Participación de Fiadeiras na feira feminista Laborando.
Reunión coa Fegamp, para explorar posibles colaboracións para potenciar a contratación de educadoras/es sociais nos concellos.
Presentación do Ceesg ao alumnado da Universidade de Santiago, e proxección do documental ‘Fitos e Feitos da Educación Social en Galicia’.
Reencontro coas autoras de Machismos, de micro nada
Un ano despois de que botase a andar a publicación "Machismos: de micro na-da", o grupo Fiadeiras xuntouse con algunhas das autoras participaron neste proxecto e fixeron posible que o libro saíse adiante, nun acto que pretende ser-vir de agradecemento a todas elas.
Asistiron á concentración na praza 8 de marzo de Compostela para seguir fian-do, e avanzando.
Serviu este acto ademais como celebración do seu sexto aniversario como gru-po de traballo. Parabéns!
E tamén...
29
Código Deontolóxico do educador e a educadora social.
Principios deontolóxicos xerais Principio da solidariedade profesional.
«O/A educador/a social manterá
unha postura activa, construtiva e
solidaria en relación co resto de
profesionais que interveñen na
acción socioeducativa.»
DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES
30
AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.
Cobro de cotas colexiais No mes de xaneiro pasarase o cobro da cota colexial do primeiro se-mestre 2016.
O prazo para solicitar a aplicación de bonificación por salario inferior ao mínimo, desemprego ou situación análoga, é ata o 10 de xaneiro. Máis información
Campaña 15-15-15 Estamos nos últimos días de prazo para solicitar beneficiarse desta campaña. Quen desexe pagar a cota anual en xaneiro (en lugar de dúas cotas semestrais) e beneficiarse así dun desconto de 15€, ten ata o 31 de decembro para solicitalo. Máis información.
31
Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela
981552206
ceesg.gal
Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais de Galicia
@GaledusoCeesg
Boletín do Ceesg
http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/
Fiadeiras Ceesg
Geix Ceesg
Escaravellando Grupo de
Infancia e Adolescencia
aBeira Ceesg
A Eira do Ceesg