boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con...

6
b o l e t í n i n fo r m a t i v o 222 febreiro/2012 EXPOSICIÓNS BIBLIOGRÁFICAS Premios Lazarillo de ilustración e creación literaria 175 anos rosaliANOS Un bosque cheo de letras 100 anos con Celso Emilio Ferreiro luns 20 ás 18:30h Un encontro de conto para o ENTROIDO!!!! actividade de animación para nenos de 5 a 8 anos exposición o mundo das árbores xoves 16 ás 18:30h obradoiro de CARETAS E ANTEFACES CSCXM O Ensanche

Transcript of boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con...

Page 1: boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con influencias dos poetas Aguirre e Espronceda. Despois de casar regresa a Galicia, onde

boletín informativo

222 febreiro/2012

EXPOSICIÓNS BIBLIOGRÁFICAS

Premios Lazarillo de ilustración e creación literaria 175 anos rosaliANOS

Un bosque cheo de letras 100 anos con Celso Emilio Ferreiro

luns 20 ás 18:30h Un encontro de conto para o ENTROIDO!!!!

actividade de animación para nenos de 5 a 8 anos

exposición o mundo das árbores

xoves 16 ás 18:30h obradoiro de CARETAS

E ANTEFACES CSCXM O Ensanche

Page 2: boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con influencias dos poetas Aguirre e Espronceda. Despois de casar regresa a Galicia, onde

LIBROS PARA leremáis Orión e os animais magos

Joan Manuel Gisbert ; trad. de Carmen Torres París ; il., Francisco Solé. - Vigo : Xerais de Galicia, 2003. - 134 p. : il. ; 20 cm. - (Sopa de libros ; 25. A

partir de 8 anos). - Idioma orixinal: castelán.

Recomendado a partir de 8 anos Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante, pero cando este é internado nun hospital, ten que fuxir da cidade para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber que contén. Ningún deles é que de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga...

Los guardianes de la magia El reloj de arena eterno

Libro primero Erica Kirov ; trad. de Isabel Margelí. - Barcelona : Roca, 2010.

204 p. ; 24 cm. - (Ficción)

Gañadora da Moonbeam Prize Gold Medal 2009.

Recomendado a partir de 12 anos La vida de Nick Rostov roza o ridículo: o seu pai é coñecido por ser o peor mago das Vegas, non tivo un amigo de verdade en anos e as súas notas non son precisamente boas. Sen embargo, ao cumprir os trece anos a súa vida var dar un xiro radical: por primeira vez vai entrar en contacto cos seus parentes máis afastados. Todos os membros da familia son magos poderosos, pero Nick é excecional. Posúe o don da visión, a habilidade de ver o pasado. O seu don é a única maneira de desvelar o misterio do Reloxo eterno, un artefacto máxico tan poderoso que incluso pode deter o tempo. O problema é que os inimigos da familia non se deterán ante nada para conseguilo. Nick sabe que lle espera a aventura da súa vida, se logra sobrevivir...

OOss mmiisstteerriiooss ddaa CCaassaa GGrraannddee ddoo PPoozzoo

Actividade familiar a partir de 6 anos consistente nun interesantísimo xogo de pistas sobre a exposición A paisaxe nórdica no Prado que estará na Sede da Fundación NCG durante todo o mes de febreiro con cadros de Rubens, Brueghel, Lorena...

Achégate e verás!! ACTIVIDADE FAMILIAR

SEDE FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA

Page 3: boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con influencias dos poetas Aguirre e Espronceda. Despois de casar regresa a Galicia, onde

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL Xa temos os gañadores das postais de Nadal deste ano.

Os seus nomes son os seguintes:

Felicidades a todas elas!!

Un encontro de conto

para o ENTROIDO!!!! ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN PARA NENOS DE 5 A 8 ANOS

Co gallo do Entroido celebraremos unha sesión especial de contos onde coñeceremos un marabilloso relato do que aprenderemos e co que nos

emocionaremos. A partir de aí construiremos nós tamén a nosa propia historia e, coma na sesión anterior, tamén as nosas mans e a nosa imaxinación guiaramos por esta

viaxe de creación onde todo é posible.

Mencía Albarrán Bastón de 8 anos

Anna González Bernal de 5 anos

Noa Castiñeiras Sánchez de 10 anos

luns 20 ás 18:30h

Prazas limitadas O prazo para

apuntarse remata o 16 de febreiro

Page 4: boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con influencias dos poetas Aguirre e Espronceda. Despois de casar regresa a Galicia, onde

175 aniversario de ROSALÍA DE CASTRO

día 24 de febreiro de 1837, dona Tareixa de Castro deu a luz unha nena á que lle puxeron os nomes de María Rosalía Rita. O seu pai era natural de Ortoño: D. Xosé Martínez Viojo, sacerdote que chegou a ser capelán da Colexiata de Iria Flavia. A nena foi

recollida pola súa madriña, como filla de pais incógnitos, sen ter pasado pola inclusa.

De nena vive en Padrón nas casas de Retén e na Matanza. Acompañada da súa nai vai vivir a Santiago na casa onde tiña a sede o “Liceo da Xuventude” e entra en contacto coa mocidade intelectual de Compostela: Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Manuel Murguía, con quen casa en Madrid o 10 de outubro de 1858.

Cando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con influencias dos poetas Aguirre e Espronceda. Despois de casar regresa a Galicia, onde dá a luz a Alexandra, a filla primoxénita. Ata dez anos máis tarde en 1869, non tería Rosalía a Aurea. No 1871 naceron en Lestrove, Gala e Ovidio, irmáns xemelgos. Tres anos despois nace na Coruña Amara. Contando con Adriano que morreu de neno, foron seis os fillos que tivo Rosalía. Debido á profesión de arquiveiro de Murguía, viviron en diferentes cidades, prexudicando á saúde de Rosalía, que nunca foi unha muller fisicamente forte. Pouco despois de publicar Flavia (1861) decide voltar a Galicia. Pouco tempo despois morre a súa nai. Rosalía de Castro comeza a dar evidentes mostras do seu xenio poético e no 1863 publica un feixe de poemas en castelán baixo o título de A mi madre. Neste mesmo ano publica a obra que sinala verdadeiramente o arranque do Rexurdimento das Letras Galegas: Cantares Gallegos, inspirándose en coplas populares. Cen anos despois a Real Academia Galega declararía este día, o 17 de maio, como Día das Letras Galegas. En 1880 publica o seu segundo libro de poesías titulado Follas Novas, onde expresa os seus sentimentos persoais.

O derradeiro libro de Rosalía En las orillas del Sar está escrito en castelán, debido tal vez, á incomprensión de boa parte dos propios contemporáneos galegos que atacaron en vida á nosa poetisa.

Volve definitivamente a Galicia e instálase na Casa da Matanza en Padrón, casa onde iría buscar a morte o 15 de xullo de 1885. Tiña a poetisa 48 anos. Pouco antes de morrer encargoulles ás súas fillas que queimaran todos os orixinais inéditos e que lle trouxeran un ramo de pensamentos, a súa flor favorita. Pouco despois das doce da mañá, finaba. Rosalía deixaba de existir fisicamente; pero o seu nome e a súa obra empezarían a ser apreciados; ata chegar a acadar un posto de privilexio na poesía universal.

Os restos mortais foron soterrados no cemiterio de Adina como ela o deixou disposto. Anos máis tarde foi trasladada ao Panteón de Galegos Ilustres en Sto. Domingos de Bonaval en Compostela.

Rosalía é a figura máis representativa da Literatura Galega e a que tivo meirande eco nas letras universais.

BIBLIOGRAFÍA Adiós ríos, adiós fontes / il., Rodrigo Chao

Blanco. — A Coruña : Baía, 2005.

Cantando cos nenos / Escolma por Xulio Cobas Brenlla. — Sada : Castro, 1985.

Cantares gallegos. — Santiago : Sálvora, 1984.

En las orillas del Sar. — Santiago : Galí, 1982.

En las orillas del Sar. — Madrid : CEGAL, 1985.

Follas novas. — Vigo : Galaxia, 1995.

La hija del mar. — Santiago : Galí, 1980. Obra galega completa. — Madrid : Akal, 1989.

Rosalía de Castro e os nenos / Luis Iglesias de Souza ; il., Enrique Ibáñez Clemente. — León : Everest, 1985. — Ed. en castelán en 1987

Rosalía de Castro para nenos / il., Celso Dourado. — Madrid : Ediciones de la Torre, 1988.

Rosalía ilustrada / il., Xaquín Marín... [et al.]. — [Padrón] : Fundación Rosalía de Castro, 2004.

Rosalía para rapaces : escolma de cantares galegos. — Ourense : Galiza, 1985.

Ruinas ; El primer loco. — Santiago : Galí, 1980.

O

Como afirma X. Costa Clavell, Rosalía de Castro

“é un caso evidente de existencialismo auténtico. Rosalía fai a súa vida da

nada: da nada social, muller sen pai, filla de moza

solteira, muller enferma; muller culpabilizada por

unha sociedade hipócrita; muller nun país, Galicia,

aínda sen unha clara conciencia de si mesmo… E, a pesar disto, ela faise a si

mesma e chega a ser ROSALÍA DE CASTRO”.

Page 5: boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con influencias dos poetas Aguirre e Espronceda. Despois de casar regresa a Galicia, onde

PREMIOS LAZARILLO 2011

Este prestixioso galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil, foi convocado na súa primeira edición polo extinguido Instituto Nacional del Libro Español no ano 1958 coa fin de

estimular a creación de bos libros para nenos e mozos. Dende o ano 1986 é a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) a encargada de convocalos anualmente co patrocinio do Ministerio de Cultura, nas dúas modalidades: "Álbum Ilustrado" e "Creación Literaria".

PREMIO LAZARILLO 2011 DE CREACIÓN LITERARIA Na edición deste ano o Xurado estivo presidido por Dª Sara Moreno, copresidenta de OEPLI, e integrado por Dª Vanesa Pérez–Sauquillo, D. Francisco Castro, D. Imanol Mercero, Dª Marta Martí, actuando como secretaria Dª Ana Cendán, Secretaria Técnica da OEPLI. Optaron ao premio un total de 66 obras, 45 en narrativa , 19 en poesía e 2 en teatro. De todas elas, 63 en castelán, e 3 en galego.

O gañador foi José Antonio Ramírez Lozano pola obra titulada Lengua de gato . JOSÉ ANTONIO RAMÍREZ LOZANO ( Nogales, Badaxoz, 1950) é licenciado en Filoloxía. Publicou máis de 60 obras de narrativa e poesía coas que obtivo

algúns dos máis prestixiosos premios (Premio Jaén de Narrativa, Premio Leer es Vivir, Premio do Banco Mundial do libro de Venezuela e recentemente, o

Premio da Crítica Andaluza pola súa novela Las manzanas de Erasmo)

Lengua de gato é un relato de ambiente oriental no que se conxugan elementos propios da literatura fantástica cos libros de ensinanza moral.

Os protagonistas son un gato sabio e unha tecedora de alfombras que se moven no ambiente máxico de Estambul.

Premios Lazarillo Ano Autor Obra

2000 Gloria Sánchez Chinto e Tom 2001 Ana María Fernández Amar e outros verbos 2002 Laida Martínez Navarro Los líos de Max 2003 Juan Carlos Martín Ramos Poemamundi 2004 Xosé Antonio Neira Cruz A noite da raíña Berenguela 2005 An Alfaya A sombra descalza 2006 Beatriz Oses Cuentos como pulgas 2007 Luz Álvarez García Alba de Montnegre 2007 Miguel Ángel Mendo Aeternum 2008 Pablo Albo Diógenes 2009 Marcos S. Calveiro O pintor do sombreiro de malvas 2010 Pilar Lozano Marco Polo no fue solo

Page 6: boletín informativoCando Rosalía ten 20 anos publica o seu primeiro libro titulado La Flor con influencias dos poetas Aguirre e Espronceda. Despois de casar regresa a Galicia, onde

Na obra dos Irmáns Grimm O Flautita de Hamelín que todos coñecedes, cóntase a historia do pobo de Hamelín que cheo de

ratos buscaba coa máxima urxencia unha solución para aquela praga. Preséntase un descoñecido que se ofrece a arranxar a situación por unha cantidade de cartos. E así o fai, guía aos ratos coa súa

frauta ata o río Weser para que todos afogaran. Mais cando se negaron a pagarlle, el vingouse e coa súa música levou a todos os nenos a unha gruta que

había nas montañas...

PREMIO LAZARILLO 2011 ÁLBUM ILUSTRADO

O Xurado estivo presidido por Dª Sara Moreno, copresidenta da OEPLI, e integrado por Dª Montserrat Pena, D. Oblit Baseiria, Dª Estibaliz Jalón e Dª Fátima García e Dª Ana Cendán, que actuou de Secretaria.

Presentáronse ao premio un total de 82 obras e concedeuse o Premio a Ángela Cabrera e Margarita del Mazo, cunha adaptación da obra El flautista de hamelín.

ÁNGELA CABRERA (Madrid, 1970). Licenciada en Belas Artes pola UCM. Actualmente traballa como profesora de ilustración na Escola de Artes Plásticas e Deseño de Madrid. Realizou numerosas exposicións das súas obras polas que foi premiada en diversos concursos de pintura. A partir de 2003 centrouse máis no campo da ilustración simultaneando a elaboración da súa tese coa realización de diferentes obradoiros.

MARGARITA DEL MAZO (Malpica del Tajo, Toledo, 1960). Disque o seu pobo natal garda secretas historias que lle contaban as súas avoas e que fixeron dela unha auténtica contista. Licenciouse en dereito. Viu como o seu camiño viraba cara o mundo dos contos e dende o 1999 conta historias para todos aqueles que a queiran escoitar. Narraos de viva voz e sobre o papel, entre os que destacan os álbums publicados por OQO Editora: Mosquito, A mascara do león e A min no me comas.

Premios Lazarillo Ano Ilustrador Obra 2000 Jack Mircala El acertijo de Valpul 2001 Saúl Óscar Rojas Los siete domingos 2002 Carles Arbat La ciudad de los ignorantes 2003 Tae Mori Rivas Los alimentos 2004 Adriá Gódia El último día de otoño 2005 Manolo Hidalgo La casita de chocolate 2006 Monserrat Batet Pururavas 2007 Jesús Cisneros Laguna Ramón 2008 Roberto Aliaga El príncipe de los enredos 2009 Jorge del Corral Los fabricantes de montañas

2010 Enrique Flores Parchís