Boletín informativo da Biblioteca IES Xograr Afonso Gómez ... · Moita variedade, moita calidade...

1
INFOBIBLIO Boletín informativo da Biblioteca IES Xograr Afonso Gómez de Sarria nº 8- Marzo 2018 - http://biblioxograr.wordpress.com Moita variedade, moita calidade Venceu o segundo trimestre e con el unha serie de actividades, propostas dende a biblioteca e realizadas por diversos departamentos. Así, foi posible realizar unha serie de accións vencelladas todas elas a diversas celebracións de días especiais. Foi o caso do Entroido Cultural, o Día da Paz, o Día de Rosalía, o Día Internacional da Muller, Semana da Prensa, o Día da Poesía, as Mulleres na Ciencia, etc. Cousas moi diversas, con soportes ben diferentes, nas que participaron activamente profesores, alumnos e persoal non docente do noso centro educativo. Segunda sesión do “Xograr Lector” Remata este segundo trimestre e co inicio do terceiro, segunda sesión do Club Lector “ O Xograr Lector”. No momento de sacar á luz este boletín do mes de marzo, ainda non está fixada a data exacta, sendo a reunión na semana que vai do luns 9 ao venres 13 de abril. O que si xa está na biblioteca son os exemplares do libro escollido, é dicir “ As meigas de Lupa”, da escritora e xornalista María Solar. Aproveita estes días das vacacións de Pascua para lelo. E anímate a participar. Temos que ser moitos máis ca na primeira reunión. Máis concursos Nos derradeiros tres meses de curso non se perde o ritmo de actividades na biblioteca ou nos departamentos. Así, están en marcha dous interesantes concursos, postos en marcha por Bioloxía-Xeoloxía e Francés, con premios varios. Igualmente non hai que esquecer os dos alumnos e alumnas máis lectores. E enriba da mesa, ideas novidosas para o curso 2018-2019. Proxecto piloto No que está inmerso a túa biblioteca e que se chama EBLE-2. Dispoñemos dun total de 13 lectores electrónicos, que se suman aos outros 4 existentes. Estase traballando xa no proxecto, que vai permitir descargar dende unha plataforma da Consellería de Educación libros en soporte electrónico de moitos e variados contidos. Ïrase informando a docentes, persoal non docente, alumnos e familias desta opción para proceder ao correspondente rexistro. Compras Plambe O noso centro escolar recibiu este curso achegas económicas do Plan de Mellora de Bibliotecas, do Club Lector e do Proxecto E-Ble2. No que atinxe ao primeiro, van chegando os fondos que foron mercando os diversos departamentos. Fondos moi variados, como son películas, libros de consulta, libros de lectura, material que estase a catalogar na biblioteca. Nas estanterías que tedes no pasillo ( fronte aos despachos de vicedirección e orientación) os tedes todos, para que así poidades ir solicitando o seu préstamo e procedendo a súa lectura. Tedes libros de Francés, Galego, Castelá, Debuxo, Ciclo de FP, Orientación, Filosofía, Matemáticas, Relixión, Educación Física, tendo en conta diversas suxestións realizadas e mercadas polos devanditos seminarios.

Transcript of Boletín informativo da Biblioteca IES Xograr Afonso Gómez ... · Moita variedade, moita calidade...

Page 1: Boletín informativo da Biblioteca IES Xograr Afonso Gómez ... · Moita variedade, moita calidade Venceu o segundo trimestre e con el unha serie de actividades, propostas dende a

INFOBIBLIO

Boletín informativo da Biblioteca

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

nº 8- Marzo 2018 - http://biblioxograr.wordpress.com

Moita variedade, moita calidade Venceu o segundo trimestre e con el unha serie de actividades, propostas dende a biblioteca e realizadas por diversos departamentos. Así, foi posible realizar unha serie de accións vencelladas todas elas a diversas celebracións de días especiais. Foi o caso do Entroido Cultural, o Día da Paz, o Día de Rosalía, o Día Internacional da Muller, Semana da Prensa, o Día da Poesía, as Mulleres na Ciencia, etc. Cousas moi diversas, con soportes ben diferentes, nas que participaron activamente profesores, alumnos e persoal non docente do noso centro educativo.

Segunda sesión do “Xograr Lector”

Remata este segundo trimestre e co inicio do terceiro, segunda sesión do Club Lector “ O Xograr Lector”. No momento de sacar á luz este boletín do mes de marzo, ainda non está fixada a data exacta, sendo a reunión na semana que vai do luns 9 ao venres 13 de abril. O que si xa está na biblioteca son os exemplares do libro escollido, é dicir “ As meigas de Lupa”, da escritora e xornalista María Solar. Aproveita estes días das vacacións de Pascua para lelo. E anímate a participar. Temos que ser moitos máis ca na primeira reunión.

Máis concursos Nos derradeiros tres meses de curso non se perde o ritmo de actividades na biblioteca ou nos departamentos. Así, están en marcha dous interesantes concursos, postos en marcha por Bioloxía-Xeoloxía e Francés, con premios varios. Igualmente non hai que esquecer os dos alumnos e alumnas máis lectores. E enriba da mesa, ideas novidosas para o curso 2018-2019.

Proxecto piloto No que está inmerso a túa biblioteca e que se chama EBLE-2. Dispoñemos dun total de 13 lectores electrónicos, que se suman aos outros 4 existentes. Estase traballando xa no proxecto, que vai permitir descargar dende unha plataforma da Consellería de Educación libros en soporte electrónico de moitos e variados contidos. Ïrase informando a docentes, persoal non docente, alumnos e familias desta opción para proceder ao correspondente rexistro.

Compras Plambe

O noso centro escolar recibiu este curso achegas económicas do Plan de Mellora de Bibliotecas, do Club Lector e do Proxecto E-Ble2. No que atinxe ao primeiro, van chegando os fondos que foron mercando os diversos departamentos. Fondos moi variados, como son películas, libros de consulta, libros de lectura, material que estase a catalogar na biblioteca. Nas estanterías que tedes no pasillo ( fronte aos despachos de vicedirección e orientación) os tedes todos, para que así poidades ir solicitando o seu préstamo e procedendo a súa lectura. Tedes libros de Francés, Galego, Castelá, Debuxo, Ciclo de FP, Orientación, Filosofía, Matemáticas, Relixión, Educación Física, tendo en conta diversas suxestións realizadas e mercadas polos devanditos seminarios.