BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea,...

12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Agosto 2016 • Nº 203 CONTINÚA LUDO VERÁN CON “TECA” E “LUDO”. As mañás de agosto. CONTINÚA A PISCINA MUNICIPAL. As tardes de agosto… con actividades acuáticas, días de dinami- za piscina, e por suposto auga e moita diversión!! CONTINÚAN OS SERVIZOS TURÍSTICOS EN VEDRA. Punto de información turística no verán na Casa Reitoral de Ponte Ulla. Servizo de aluguer de bicicletas btt. Aluguer de piraguas e barcas en Agronovo. ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE… En agosto o Centro da Terceira Idade permanecerá pechado! CAMPAMENTOS DE VERÁN EN PORTO DO SON. Do 2 ao 7 de agosto. CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS. No campo de festa de Vedra o venres 19 agosto ás 20:00 h. FESTA DE CLAUSURA DOS CURSOS DE NATACION. O xoves 25 de agosto a partir das 16:00 h. NOVA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA CO PROGRA- MA “TODOCOSMOS”. En Trobe o 25 de agosto. NOVA ETAPA DO GOZA DO ULLA. O 13 de agosto en Agolada. HORARIO DE VERÁN NO CONCELLO DE VEDRA DE ATENCIÓN AO PÚBLICO Ata o 15 de setembro de 9:00 a 13:00 h. HORARIO DE VERÁN NA OFICINA DE CORREOS Meses de agosto e setembro De luns a venres de 8:30 a 10:00 h. AXENDA PARA AGOSTO A AGUARDIENTES DE GALICIA polo seu Vedra del Ulla que vén de recibir un premio na Cata de viños e augarden- tes de Galicia organizada pola Xunta. PARABÉNS... O Concello de Ve- dra lembra, nesta tempada estival, a im- portancia de cumprir a normativa da ordenanza mu- nicipal de residuos e reguladora das condicións para o mantemento da salubridade e ornato público no termo municipal que prohibe a colocación de carteis fóra dos lugares habilitados, especialmente en sinais de tráfico, marquesiñas, colectores de lixo,... Esta é unha Ordenanza que naceu co obxecto de regular en Vedra a xestión dos residuos e as condicións para a pro- moción e mantemento da limpeza, salubridade e ornato das vías e espazos públicos e privados do termo municipal. Pois o verán en Vedra, coma en toda Galicia, enche de festexos o panorama estival ... e por descontado tamén enche de carteis, programas,... os seus espazos públicos. Fíxose un esforzo importante para instalar espazos onde situar estes carteis recordando que está prohibido coloca- los en marquesiñas, sinais de tráfico, colectores de lixo,... Na actualidade mellorou substancialmente esta realidade, pero por desgraza seguen a ser demasiadas as ocasións nas que o ornato e a imaxe pública se ven deteriorados pola irresponsabilidade de quen non respecta nin estas normas nin a limpeza do noso entorno. Recordamos que o incumprimento da ordenanza municipal pode supor sancións que van dende os 90 euros aos preto de 1.000. DE INTERESE

Transcript of BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea,...

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALAgosto 2016 • Nº 203

CONTINÚA LUDO VERÁN CON “TECA” E “LUDO”.As mañás de agosto.

CONTINÚA A PISCINA MUNICIPAL. As tardes de agosto… con actividades acuáticas, días de dinami-za piscina, e por suposto auga e moita diversión!!

CONTINÚAN OS SERVIZOS TURÍSTICOS EN VEDRA.• Punto de información turística no verán na Casa Reitoral de Ponte Ulla.• Servizo de aluguer de bicicletas btt.• Aluguer de piraguas e barcas en Agronovo.

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE…En agosto o Centro da Terceira Idade permanecerá pechado!

CAMPAMENTOS DE VERÁN EN PORTO DO SON.Do 2 ao 7 de agosto.

CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS.No campo de festa de Vedra o venres 19 agosto ás 20:00 h.

FESTA DE CLAUSURA DOS CURSOS DE NATACION.O xoves 25 de agosto a partir das 16:00 h.

NOVA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA CO PROGRA-MA “TODOCOSMOS”. En Trobe o 25 de agosto.

NOVA ETAPA DO GOZA DO ULLA. O 13 de agosto en Agolada.

HORARIO DE VERÁN NO CONCELLO DE VEDRA DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Ata o 15 de setembro de 9:00 a 13:00 h.HORARIO DE VERÁN NA OFICINA DE CORREOS

Meses de agosto e setembroDe luns a venres de 8:30 a 10:00 h.

AXENDA PARA AGOSTO

A AGUARDIENTES DE GALICIA polo seu Vedra del Ulla que vén de recibir un premio na Cata de viños e augarden-tes de Galicia organizada pola Xunta.

PARABÉNS...

O Concello de Ve-dra lembra, nesta

tempada estival, a im-portancia de cumprir a

normativa da ordenanza mu-nicipal de residuos e reguladora das condicións para o mantemento da salubridade e ornato público no termo municipal que prohibe a colocación de carteis fóra dos lugares habilitados, especialmente en sinais de tráfico, marquesiñas, colectores de lixo,...

Esta é unha Ordenanza que naceu co obxecto de regular en Vedra a xestión dos residuos e as condicións para a pro-moción e mantemento da limpeza, salubridade e ornato das vías e espazos públicos e privados do termo municipal. Pois o verán en Vedra, coma en toda Galicia, enche de festexos o panorama estival ... e por descontado tamén enche de carteis, programas,... os seus espazos públicos. Fíxose un esforzo importante para instalar espazos onde situar estes carteis recordando que está prohibido coloca-los en marquesiñas, sinais de tráfico, colectores de lixo,... Na actualidade mellorou substancialmente esta realidade, pero por desgraza seguen a ser demasiadas as ocasións nas que o ornato e a imaxe pública se ven deteriorados pola irresponsabilidade de quen non respecta nin estas normas nin a limpeza do noso entorno. Recordamos que o incumprimento da ordenanza municipal pode supor sancións que van dende os 90 euros aos preto de 1.000.

DE INTERESE

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

FOI E

N...

Axenda das Asociacións

2

Os nenos e nenas da Ludoteca de Vedra estiveron de excursión no parque arqueolóxico San Cibrán de Las e nas Termas de Cenlle.

Observación astronómica TodoCosmos en Merín.

CICLO DE CINE DE VERÁN 4 x 4 x 4. Os días 5 e 19 de agosto nas parroquias de Trobe e San Fins. Or-ganizado pola Asociación Senunpeso.

VERÁN EN AGRONOVO, o sábado 6 de agosto. Orga-niza a asociación de Pesca Deportiva “AGRONOVO”.

A asociación xuvenil ACUXUVE tráenos un INTER-CAMBIO EUROPEO EN VEDRA, do 11 ao 20 de agos-to e unha INICIATIVA XUVENIL: “ALGO NOSO, ALGO ENXEBRE” para todas as mañás do mes de agosto.

Inauguración da MOSTRA “BALLESTEROS, O FOTÓ-GRAFO” o martes 16 de agosto. Mostra organiza-da pola asociación Raiceiros, coa colaboración do Concello de Vedra e a Asociación de Veciños de San Pedro de Vilanova.

XIX CONCENTRACIÓN MOTEIRA VAL DO ULLA, os días 19, 20 e 21 de Agosto organizada polo Moto-club Val do Ulla.

SARDIÑADA o xoves 18 de agosto en Vilanova. Or-ganizada pola comisión de festexos de San Pedro de Vilanova.

VII CONCENTRACIÓN DE ESPANTALLOS en Vilano-va, o venres 19 de agosto. Organizada pola asocia-ción Tira e Afloxa.

BAIXADA PEDESTRE DO PICO SACRO, o sábado 20 de agosto. Organizada pola asociación veciñal de Picón (Vilanova).

X RUTA CABALAR SANTIAGUIÑO, o domingo 21 de agosto.

VII FESTA DO CHOURIZO, o 21 de agosto na Área Recreativa de Cubelas organizada pola comisión de festas de San Pedro de Sarandón.

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA ANALÓXICA os días 3 e 4 de setembro. Organizada pola asociación Raiceiros.

Aberto o prazo para anotarse na ESCOLA DE FÚT-BOL VAL DO ULLA, tempada 2016/2017.

CD SAN MAMED tempada 2016/2017, aberto o prazo de inscrición para a escola deportiva.

Foi en... Xullo

Descenso en piragua polo Ulla.

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

ASÍ FOI NAS ASOCIACIÓNS...

FOI E

N...

Foi en... Xullo

3

Foto de grupo do curso intensivo de verán de Monitor/a de Tempo de Libre desenvolvido entre os concellos de Vedra e Boqueixón.

Visita do grupo de Vedra e Boqueixón ao Parque Acuático de Cerceda.

Programa experimental de compostaxe doméstica. 6ª entrega de composteiros.

Cursos de natación na piscina municipal de Vedra durante os meses de verán.

Foto de grupo do Campo de Traballo que do 19 ao 30 de xullo nos visitou en Vedra.

Concerto na Cidade da Cultura da ESCOLA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA - CONCELLO DE VEDRA.

Continúa na páxina 4

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

FOI E

N...

4

Foi en... Xullo

A Asociación AMABUL desenvolveu durante as mañás de xullo a súa ESCOLA DE VERÁN, unha iniciativa diferente para o verán dos mozos e mozas de Vedra!

XVII FESTA DO ESCALO  o domingo 3 de xullo. Organiza-da pola Sociedade de Pesca Deportiva Agronovo!

A ESCOLA DEPORTIVA VAL DO ULLA organizou o seu… CAMPUS DEPORTIVO!!

CICLO DE CINE DE VERÁN 4 x 4 x 4 4 PARROQUIAS, 4 VEN-RES, 4 FILMES, organizado pola Asociación Senunpeso!

XIV FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DO PATIO no Pazo de Santa Cruz!

A ANPA DO CEIP ORTIGUEIRA levou a cabo... ACAMPARTE, campamento de artistas!

Concerto A VOZ NO CAMIÑO na capela de Gundián organizado pola Asoc. Bioturmalina.

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

XUVE

NTUD

E

5

De interese

A empresa santiaguesa Compostela Automotriz S.L. cedeulle ao Concello de Vedra durante as datas de verán, un vehículo Ssanyong Rodius no marco da súa Obra Social. O uso do mesmo distribuirase entre as di-ferentes actividades e proxectos de dinamización so-cial que se están a levar a cabo en Vedra: campo de tra-ballo, intercambio xuvenil, iniciativas socioculturais....

O poder contar cun vehículo destas característi-cas axuda a mellorar a calidade das actividades, xa que posibilita os desprazamentos dos participantes entre os puntos de interese da zona.

COMPOSTELA AUTOMOTRIZ S.L CEDE UN COCHE AO CONCELLO DE VEDRA PARA AS SÚAS ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS DURANTE O VERÁN

Por un erro na páxina web da ITV e para atender a petición da veciñanza que protestou pola perda de 2 meses na caducidade da ITV se se adiantaba a revi-sión a xullo, cámbianse as datas previstas para o des-prazamento da unidade móbil de inspección técnica a Vedra para realizar inspeccións técnicas a vehículos agrícolas para as seguintes datas:

DATA HORARIO 30/08/2016 9:00 a 13:30 h. e de 15:15 a 18:00 h. 31/08/2016 9:00 a 13:30 h. (só de mañá)

AVISO IMPORTANTE: CAMBIO DE LOCALIZACIÓNLUGAR: PARROQUIA DE VEDRA

(nesas datas indicaremos o lugar)

Solicitude de cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com.

Infórmannos de que a admisión de vehículos con ca-racterísticas especiais estará condicionada á posibili-dade de realizar as operacións de inspección regula-mentarias.

LEMBRA AS NOVAS DATAS PARA A REVISIÓN DA ITV DE VEHICULOS AGRÍCOLAS

XuventudeAs actividades de Xuventude descansan en agosto,

pero setembro ven cargadiño de novidades!!!

OBRADOIRO DE RADIO “A MOCIDADE NAS ONDAS”• Setembro - outubro• Curso gratuíto• 5 sesións de 2 horas

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS• Setembro• 20 horas - 30 €

PAINTBALL• Data: 17 de setembro• Prezo: 20 €

RUTA DO CARES (ASTURIAS)• Datas: 7, 8, 9 outubro• Prezo: 85 €

INFÓRMATE E INSCRÍBITENO TELÉFONO 981 814 691 OU [email protected]

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

CULT

URA

6

CulturaCONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS

Actividade lúdica e didáctica, sesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia.

Historias orais que durante xe-racións se transmitiron de pais a fillos nos cinco continentes e que o escritor galego Xosé Neira Vilas recompilou maxistralmente no seu Contos vellos para rapaces novos, volven á súa concepción inicial.

• Día: venres 19 de agosto ás 20:00 h.• Lugar: Campo da Festa de Vedra

Medio ambientePREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Como cada ano e co comezo do período estival e tendo en conta que o concello de Vedra está con-siderado pola Xunta de Galicia como zona de alto risco de incendio, debemos recordar o seguinte:

Segundo o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e as súas modificacións na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia:

-As persoas propietarias teñen a obriga de manter limpas de maleza as parcelas situadas a menos de 50 metros do solo de núcleo rural e urbano, edifi-cacións, vivendas illadas e urbanizacións.

-Durante o período de alto risco de incendio que dis-porá a Consellería do Medio Rural non se poderán realizar queimas de restos agrícolas.

-Neste mesmo período estival queda prohibida a realización de grelladas ou calquera tipo de foguei-ra ou preparación de alimentos, tanto en zonas agrícolas, forestais ou áreas recreativas, indepen-dentemente de que conten con infraestruturas para a súa preparación.

O incumprimento destas normas suporá a aplicación de multas coercitivas e, de ser o caso, a instrución do correspondente procedemento sancionador.

RECOLLIDA DE 1,6 TONELADAS DE ROUPA SOLIDARIA!!

No primeiro semestre do ano a través dos 3 colecto-res situados no Concello de Vedra. Esta roupa irá desti-nada a fins sociais!!

Moitas grazas unha vez máis pola vosa solidariedade!!

SERVIZO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS “PORTA A PORTA”

COREGAL é a empresa xestora do servizo de reco-llida de voluminosos “porta a porta” no noso concello. Este é un servizo GRATUÍTO e que pretende facilitar á veciñanza a correcta xestión dos residuos xerados no seus fogares.

Recolllen o primeiro e terceiro venres de cada mes en horario de mañá.

TELÉFONO DE SOLICITUDES PARA A RECOLLIDA:981 57 12 41 (atenderanse todas as solicitudes fei-

tas ata as 17 horas do día anterior á recollida.

Recorda que se o prefires, podes levar os teus volumi-nosos ao Punto Limpo Municipal de Vedra os martes de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h. e os sábados de 10:00 a 14:00 h.

MEDI

O AMB

IENTE

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

SERV

IZOS S

OCIA

IS

7

Servizos Sociais

Deporte

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADEAo longo do mes de agosto o

Centro Social permanecerá pe-chado. Desculpen as molestias.

Celebración da patroa do Cen-tro Social “Festa do Burgo”, na carballeira.Sábado 10 de setembro ás 12:30 h.Programa: misa cantada pola Coral da Terceira Idade, haberá

postos de polbo, os que quei-ran poden levar a comida…Actuación dunha charanga.

Escola de Saúde: “Problemas de audición nas persoas maiores”Xoves 15 de setembro ás 20:00 h.

Excursión a León - “Cuevas de Valporquero”

22 e 23 de setembro.Prezo: 95 € (Inclúe: transporte, pensión completa, entrada ás covas, servizo de guía e segu-ro de viaxe) - Prazas limitadas - Aberta a todos os/as interesa-dos/as. (O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 7 de setembro. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

Os exploradores “Teca e Ludo” seguen a acom-pañarnos nunha chea de actividades nas que, ata-viados cos nosos aparellos aventureiros confeccio-nados pol@s nen@s, terán que sobrevivir nunha illa deserta o que supón aprender a construir cabanas, conseguir e preparar a súa comida, rastrexo de te-souros, aprender a navegar, xincanas acuáticas... toda unha serie de dinámicas que farán que @s máis pequen@s se convirtan n@s mellores aventureir@s da contorna!!!!!! Mesmo horario que o mes anterior de 8.30 h a 14.30h.

Actividades e talleres: • Manualidades e creatividade.• Psicomotricidade.• Contacontos.• Xogos e animación.• Xincanas e xogos de pistas.

Outras actividades significativas: • Taller de cociña de supervivencia.• Xogos de orientación.• Xogos de Auga.• “Cros” de orientación.

• Rastrexar animais e facer as súas pegadas.• Realización de herbario e caderno de campo.

INSCRICIÓNS PARA A LUDOTECA DURANTE O CUR-SO ESCOLAR A PARTIRES DO 1 DE SETEMBRO. NOS

TELÉFONOS699 041486 ou no 981 81 46 93;

[email protected] horario de 9.00 a 13.00h.

LUDOTECA. “TECA” E “LUDO”: A AVENTURA DE EXPLORAR

HORARIO DE VERÁN NO PAVILLÓN MUNICIPAL E DE ALUGUER DA PISTA Nos meses de verán o ximnasio municipal per-

manecerá aberto co horario do pavillón municipal que pasa a ser de 19.00 a 23:30 horas. Tamén neste horario podes alugar por horas a pista central.

Lembra que é preciso facelo cunha antelación de 7 días. A reserva de horas farase directamente no pavi-llón municipal e o aluguer non se fará efectivo sen o abono da taxa correspondente.

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

DEPO

RTE

8

Deporte

TurismoPUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA NO VERÁN

Os meses de xullo e agosto o concello de Vedra volverá contar cun punto de atención e información turística que estará na Casa Reitoral de Ponte Ulla e que contará cos seguintes horarios:

• Casa Reitoral de Ponte Ulla: Todos os días de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.

Na Casa dos Peóns contarase con folletos de infor-mación e de promoción turística do concello e ade-mais, todos os establecementos hostaleiros adheri-dos a “Tabernas da Ulla” contarán con material de promoción do concello.

O departamento de turismo tamén oferta un servi-zo de acompañamento para grupos.

Para calquera consulta dirixirse ao teléfono669 450 804.

PISCINA MUNICIPAL NA TEMPADA 2016HORARIO:

De luns a venres de 15:00 h a 21:00 h.Sábados, domingos e festivos de 16:00h a 21:00 h.

En caso de mal tempo as instalacións permanecerán pechadas.

Recorda que durante o mes de agosto continúan os distintos cursos e actividades acuáticas. Se estás in-teresado en anotarse solicita información na propia piscina.

FESTA DE CLAUSURA DOS CURSOS DE NATACIÓN

O xoves día 25 de agosto, a partir das 16:00 horas na piscina municipal de Vedra celebrarase a gran festa de clausura dos cursos de natación.

Haberá inchables acuáticos, globoflexia, música, xogos,... Achégate ata a piscina e pasa unha tarde diferente!!!!!!!!!!

Ademáis:

DINAMIZA PISCINA!!!!!!!!!!Os luns e xoves de 17:00 a 20:00 horas, os ne-

nos e nenas, mocidade e maiores que se acheguen á piscina municipal, atoparanse con diversas alter-nativas socioculturais: bibliopiscina, obradoiros, xogos,…

Anímate a participar e goza do verán!!!!!!!!!!!!!

GOZA DO ULLA NO MES DE AGOSTO

Continúa esta proposta que reúne aos 20 conce-llos regados polo Ulla e que neste mes nos leva de ruta por Agolada:

O sábado 13 de agostoRuta Canle de Ramil - A Contorna do Ulla

Ruta de 10 km e de dificultade me-dia, que partirá ás 10:00 h. de Ramil - Eira da Xoana. Máis información e contacto no telefo-no 619 267 783 ou no enderezo:[email protected]

TURI

SMO

Page 9: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

TURI

SMO

9

Turismo

O Concello de Ve-dra informa de que ao longo dos meses de xullo e agosto, todos os sábados e domin-gos pola tarde entre as 16:00 e 20:00 h. po-derase acceder libre-mente ás piraguas e ás barcas do Ulla me-diante o seu aluguer a un prezo de 3 € /hora.

Non perdas a ocasión de realizar esta activi-dade que che permite gozar da paisaxe ao tempo que practicas deporte!!

SERVIZO DE ALUGUER DE BICICLETAS BTT

O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idade comprendidas entre os 16 e os 18 anos pode-rán gozar do sistema previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 16 anos.

Horario de atención ao público: de martes a do-mingo de 11:00 a 20:00 horas nos PUNTOS DE IN-TERMEDIACIÓN DO ALUGUER DE BICICLETAS:

• Bar Quenllas: R/Manuel Texo nº 3, Santa Cruz de Ribadulla. (42.776649, - 8.424904) Tfno.: 981 512 452 (Ubicadas na Casa da Estación do Tren)• Bar Barreiro: Cibrán nº 9, San Xián de Sales. (42.814694, - 8.511153). Tfno.: 981 511 508• Ou chamando ao 981 814 612 Concello de Vedra [email protected]

O coste do servizo é de 3 €, co límite de tempo fixado (6 h).

ALUGUER DE PIRAGUAS E BARCAS DO ULLA NA ÁREA DE RECREO DE AGRONOVO

TODOCOSMOS

Iniciativas das AsociaciónsVERÁN EN AGRONOVO. ASOCIACIÓN DE PESCA DEPORTIVA “AGRONOVO” · SANTA CRUZ DE RIBADULLA - VEDRA

SÁBADO 6 DE AGOSTO16:00 h. PAINTBALL. Prezo: 5 €

(Inscrición previa no 676 458 675 ou na Área de Recreo de Agronovo).PIRAGUAS (aluguer de piraguas)

21:00 h. ACTUACIÓN DO TRÍO AMANECERA continuación: FESTA DA ESPUMASERVIZO DE BOCADILLOS, XEADERÍA E BAR, ZONA DE ACAMPADA

25 CARREIRA POPULAR GUNDIÁN

O próximo 11 de setembro esta popular carreira cumpre 25 anos!!! Estade atentos ás redes sociais e ao próximo bo-letín de información municipal onde ampliaremos as novida-des desta nova edición.

Page 10: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

ASOC

IACI

ÓNS

Iniciativas das Asociacións

10

A ASOCIACIÓN XUVENIL ACUXUVE PROPÓN PARA O MES DE AGOSTO...INTERCAMBIO EUROPEO EN VEDRA

Do 11 ao 20 de agosto

Dirixido a mozos e mozas de Vedra de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos.

Se tes interese ou queres máis informa-ción chama ao 981 814 691 ou escribe a [email protected] antes do 20 de xullo.

INICIATIVA XUVENIL“Algo noso, algo enxebre”

Para todas as mañás do mes de agosto en horario de 10 a 14 h unha alternativa de ocio para a mocidade comprendida entre os 12 e os 16 anos. Se tes interese ou que-res máis información chama ao 981 814 691 ou escribe a [email protected] Este é un proxecto dirixido á mocidade que ten como finalidade recuperar a cultura e as tradicións propias do concello de Vedra.

Realizaranse catro semanas de actividades na contorna do concello de Vedra nas cales traballaremos temáticas relacionadas coa cultura e tradición do lugar: gastronomía, oficios, lingua, música, tradicións, lendas e patrimonio.

Todo iso enmarcarase nun programa de accións lúdicas, nas cales a mocidade fará un achegamento á nosa historia. En cada unha delas presentaremos un programa de actividades, onde percorreremos cada unha das parroquias do concello de Ve-dra para aproximarnos e acadar os nosos obxectivos, dos cales un deles é facer unha recollida de materiais en cada parroquia para traballar a temática correspondente.

A recollida terá forma de exposición foto-gráfica e explicativa ao mesmo tempo que se realizará un documental no cal se mos-trará o resultado como parte final e com-plementaria ás xornadas lúdicas.

Venres 5 de agosto. 22:30 h.Trobe. Praza Florentino Souto (praza da Igrexa)

DOENTES

Valeriano e Cañete vagabundean na Compostela dos anos 50 logo de ser expulsados do Hospital Real. Unha noite plácida que se transforma nunha tola carreira pola supervivencia.

• 2011. Drama/Comedia• Dirección: Gustavo Balza• Con: Antonio Durán “Morris”, Xosé Manuel Olveira “Pico”, María Vázquez, Rosa Álvarez, Manolo Cortés...

Coa colaboración da Asociación Xuvenil e Cultural A Dorna

Venres 19 de agosto. 22:30 h.San Fins de Sales. Campo da festa “O Souto”

SCHIMBARE

Luis e Elvira viaxan a Romanía despois de contactar cunha organización criminal. Un cambio de plans obrígaos a facer unha recollida inesperada: unha nena de oito anos. Daquela terán que tomar a decisión máis difícil das súas vidas.

• 2014. Drama• Dirección: Álex Sampayo• Con: Candela Peña, Luis Zahera, Sandra Mocrzycka

Coa colaboración da Asociación de Veciños de San Fins

CONTINÚA 4X4X4 CINE DE VERÁN 2016 EN VEDRADA ASOCIACIÓN SENUNPESO • 4 PARROQUIAS 4 VENRES 4 FILMES

Page 11: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

ASOC

IACI

ÓNS

Iniciativas das Asociacións

11

SANTIAGUIÑO 2016As festas do Santiaguiño en Vi-

lanova están complementadas por toda unha programación organiza-da por todas as entidades culturais e deportivas da parroquia!

XOVES 18 DE AGOSTO Sardiñada (organizada pola comi-sión de festexos).Ao rematar a tra-dicional procesión ata o campo da festa de Outeiro e a novena, celé-brase unha sardiñada amenizada nesta ocasión pola Charanga Bb+.

VENRES 19 DE AGOSTOVII Concentración de espantallos (organizada pola Asoc. Tira e Afloxa)Programa:A partir das 20 h. presentación dos espantallos no campo da festa de Outeiro. Haberá premios para os tres mellores traballos segundo o criterio do xurado.

A partir das 22 h. representación teatral a cargo da Asoc. Tira e Afloxa e Tira e Afloxa Cativos.Ao remate a organización convida-rá a chourizos con pan a todas as persoas asistentes.

SÁBADO 20 DE AGOSTOXIX CARREIRA PEDESTRE “BAIXADA DO PICO”

DOMINGO 21 DE AGOSTORUTA CABALAR

“BALLESTEROS, O FOTÓGRAFO” HOMENAXE NOS SEUS 100 ANOSEste mes de agosto, o noso veciño Luis Ballesteros

cumprirá 100 anos. Entre moitas das súas facetas, é coñecido na contorna polo seu labor como fotógrafo. Dende a Asociación Raiceiros, coa colaboración do concello de Vedra e a Asociación de Veciños de San Pedro de Vilanova, queremos renderlle homenaxe e dar a coñecer o seu traballo como fotógrafo.

16 de agosto ás 21:00 h.• Inauguración da mostra “Ballesteros, o fotógrafo”, selección dalgunhas das súas obras máis representa-tivas. Poderase visitar dende o 16 de agosto ata o 4 de setembro no Local Social de Picón, San Pedro de Vilanova. Horario: xoves, venres e sábados 18-21 h. e domingos de 12 a 14 h.

• Proxección dun documental con declaracións do pro-pio Ballesteros onde nos conta experiencias da súa vida, acontecementos que marcaron a historia e lem-branzas que recorda do seu traballo como fotógrafo.

• Exposición itinerante “Así era, así é”. Esta mostra percorre diferentes puntos da contorna onde pode-mos ver fotos realizadas por Ballesteros e comparar

in situ como o paso do tempo fixo mudar o lugar. Po-deranse visitar ata finais de setembro. Localizacións:

• Picón, San Pedro de Vilanova• Santiaguiño, San Pedro de Vilanova• Igrexa de San Pedro de Vilanova• Campo da festa de San Cristovo de Merín• Campo da festa de Santa Baia de Vedra• Campo da festa da Ponte Ulla• Lestedo, onde o cruceiro• Ponteledesma

• Obradoiro de fotografía analóxica. Durante os días 3 e 4 de setembro daremos un salto no tempo, sa-caremos as cámaras antigas dos caixóns e faremos unha ruta capturando imaxes para logo revelar o noso carrete e ampliar sobre papel algunha das nosas fotografías. Anímaste a volver ao pasado capturando imaxes do presente e así conservalas para o futuro?

• Prezo: 10 €• Días: 3 e 4 de setembro• Horario: 10-14 h e 16-20 h• Lugar: Casa das Artes • Prazas limitadas. Máis información e inscricións: 981814691 / [email protected]

Page 12: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Portadasesión de contacontos enmarca-da no programa “Culturea, cultu-ra e língua no verán” da Xunta de Galicia. Historias orais que durante

Iniciativas das Asociacións

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA:Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.

Vedra FesteiraEN SAN FINS DE SALES: 1, 2 E 3 DE AGOSTO

LUNS 1: SAN FELIX. Misa solemne ás 13 h., sesión vermú a cargo de CHANNEL e pola noite verbena a cargo de CHANNEL e o trío PK2.MARTES 2: SANTÍSIMO. Misa so-lemne ás 13 h, sesión vermú a car-go de TERRANOVA e o grupo de baile AGARIMO. Pola noite verbe-na a cargo das orquestras IBIZA e TERRANOVA.MÉRCORES 3: SAN ANTONIO. Misa solemne ás 13 h, sesión vermú a cargo de BANDA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA e pola noite gran verbena coas orques-tras CAPITOL e AMÉRICA.

EN SAN MAMEDE: 7 E 8 DE AGOSTO

DOMINGO 7: SAN MAMEDE. Misas ao longo de toda a mañá e a so-lemne ás 13 h, sesión vermú coa Charanga BB+. Pola noite gran ver-bena a cargo da Charanga BB+ e o

Dúo Diamante.LUNS 8: SANTÍSIMO SACRAMEN-TO. Misas ao longo de toda a mañá e a solemne ás 13 h, sesión vermú coa orquestra COMPOSTELA. Pola noite gran verbena a cargo das or-questras COMPOSTELA e TREBOL.

EN SAN MIGUEL: 9, 10 E 11 DE AGOSTO

MARTES 9: as vésperas. Gran ver-bena a cargo das orquestras TAN-GO e TREBOL.MÉRCORES 10: SAN CAMPIO. Gran concerto das bandas de música: UNIÓN MUSICAL DE MONÇAO (PORTUGAL) e a BANDA DE MÚ-SICA DE SANTA CRUZ DE RIBA-DULLA. Ás 00.30 h. gran tirada de fogos de artificio a cargo de Piro-tecnia Penide.XOVES 11: SAN ANTONIO. Misa so-lemne ás 13 h. e gran verbena coas orquestras CHARLESTON BIG-BAND e LA FÓRMULA.

EN VILANOVA: 26 E 27 DE AGOSTO

VENRES 26: Verbena da véspera do Santiaguiño a cargo das orquestras CINEMA e NUEVA OFERTASÁBADO 27: Día do Santiaguiño. Misa solemne ás 13 h. a sesión ver-mú a cargo da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla. Pola noite gran verbena a cargo das orques-tras PARAÍSO e PARÍS DE NOIA

E SETEMBRO TAMÉN COMEZA FESTEIRO

FESTA DAS DORES EN VEDRA: 3, 4 E 5 DE SETEMBRO

FESTA DO GUNDIÁN EN PONTE ULLA: 7 DE SETEMBRO

XIX CONCENTRACIÓNMOTEIRA VAL DO ULLA

VII FESTA DO CHOURIZO A. R. DE CUBELAS

ESCOLA DE FUTBOL VAL DO ULLA

CD SAN MAMEDTempada 2016/2017