BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día...

80
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura Número 52 25 de xaneiro de 2017 Fascículo 2

Transcript of BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día...

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

X lexislaturaNúmero 5225 de xaneiro de 2017

Fascículo 2

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

SUMARIO

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:

1. Procedementos parlamentarios

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.1. Proposicións presentadas

ı 3248 (10/PNC-000321)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello de Valdoviño o acceso á Internetcunha calidade aceptable 9728

ı 3249 (10/PNC-000322)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello da Capela o acceso á Internet cunhacalidade aceptable 9731

ı 3409 (10/PNC-000336)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego no Decreto 37/2006 para evitar aprecariedade laboral na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensacontra os incendios forestais por tres meses ao ano 9734

ı 3465 (10/PNC-000338)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa contratación do ser-vizo integral de helicópteros e brigadas para a prevención e defensa contra os incendios forestaise coa prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante osanos 2017 e 2018 9737

ı 3570 (10/PNC-000344)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a elaboración polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transforma-ción do sector primario nas canles de auga do medio rural 9742

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

9718

X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

ı 3571 (10/PNC-000345)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a creación polo Goberno galego dunha liña de asesoramento técnico para o bo funciona-mento do sistema de tratamento dos residuos derivados das actividades de transformación do sec-tor primario, así como unha liña de axudas para mellorar, adaptar e/ou crear sistemas dedepuración sen impacto no medio 9745

ı 3716 (10/PNC-000351)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para trazar un plan integral de axudas ao pequenoe mediano comercio para a recuperación económica e o fomento do emprego neste sector 9748

ı 3631 (10/PNC-000355)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co posible impacto nosector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polo novo presidente dos EstadosUnidos de América 9750

1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión

ı 3250 (10/POC-000535)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veciñanzado concello de Valdoviño no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da conexión te-rrestre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respecto 9753

ı 3251 (10/POC-000536)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veciñanzado concello da Capela no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da conexión terres-tre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respecto 9756

ı 3255 (10/POC-000539)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre a opinión do Goberno galego respecto do nivel de cobertura actual das necesidades da cida-danía afectada pola pobreza enerxética, a suficiencia dos fondos destinados ás axudas para com-

9719

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

batela e a posibilidade de mellorar o acceso e a cobertura destas, así como o destino de parte dosseus fondos a outros fins 9759

ı 3333 (10/POC-000558)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre os obxectivos da creación da Axencia Galega da Industria Forestal, reflectida no Proxecto delei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, así como as inten-cións do Goberno galego en relación coa organización da investigación forestal e a inclusión docentro de Lourizán na mencionada axencia 9761

ı 3382 (10/POC-000562)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as razóns do Goberno galego para destinar a outros fins distintos máis de 800.000 euros dosfondos das axudas dirixidas ás familias en risco de pobreza enerxética, así como as súas previsiónsrespecto da consignación nos orzamentos para o ano 2017 dos recursos minorados e o incrementoda contía destinada para ese fin 9763

ı 3415 (10/POC-000566)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa situación de precariedade laborale exclusión na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensa contra osincendios forestais por tres meses ao ano 9768

ı 3468 (10/POC-000568)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as previsións da Consellería do Medio Rural respecto da realización dunha análise para a in-trodución de cambios no actual proceso de contratación do servizo integral de helicópteros e bri-gadas para a prevención e defensa contra os incendios forestais e na prevención, vixilancia ecoordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante os anos 2017 e 2018 9770

ı 3574 (10/POC-000581)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para preservar a calidade das augaspúblicas das canles do medio rural fronte ás verteduras das industrias de transformación do sectorprimario, a realización dalgún seguimento ao respecto, así como o ofrecemento dalgún tipo deaxuda técnica ou asesoramento para mellorar as súas condicións e a existencia dalgunha liña deaxudas para adaptar os sistemas de depuración 9775

ı 3583 (10/POC-000583)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBlanco Paradelo, Moisés e 5 máis

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

9720

X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Sobre a produción de viño rexistrada en Galicia no ano 2016, o valor do comercializado na campaña2015-2016 e a evolución das cifras de exportación nos últimos anos, así como as medidas postasen marcha pola Consellería do Medio Rural para mellorar a produción, a comercialización e a inter-nacionalización do sector vitivinícola 9778

ı 3587 (10/POC-000584)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a dispoñibilidade polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transfor-mación do sector primario nas canles de auga de Galicia 9780

ı 3632 (10/POC-000600)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre o mantemento dalgún contacto pola Xunta de Galicia co grupo PSA Peugeot Citroën, asempresas auxiliares da automoción e os sindicatos con representación no sector, en relaciónco posible impacto no sector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polonovo presidente dos Estados Unidos de América, así como a elaboración dalgunha estratexiaao respecto 9783

ı 3718 (10/POC-000612)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a recuperación económica e o fomento do emprego no pequeno e mediano comercio 9786

ı 3784 (10/POC-000639)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a valoración do Goberno galego en relación cos resultados do sector turístico durante o ano2016, a disparidade existente entre os datos referidos á chegada de turistas internacionais a Galiciae os do resto de España e as actuacións previstas para a recuperación do sector 9788

ı 3798 (10/POC-000642)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as actuacións e as medidas desenvolvidas ou previstas polo Goberno galego para evitar osabusos na suba do recibo da luz para as persoas usuarias, así como as dificultadas das familiaspara o seu pagamento 9790

ı 3343 (10/POC-000559)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel e Blanco Rodríguez, NoelaSobre os plans, os prazos e o orzamento estimado para o desenvolvemento do proceso de dixita-lización do arquivo da CRTVG 9793

9721

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

ı 3344 (10/POC-000560)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o custo total da construción dun edificio anexo á Redacción da TVG para o traslado provisionaldos profesionais durante o desenvolvemento do proceso de dixitalización da RTVG, o calendariode traballo previsto e o destino futuro desas instalacións 9794

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

9722

X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:

1. Procedementos parlamentarios

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.1. Proposicións presentadas

- 3248 (10/PNC-000321)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello de Valdoviño o acceso á Internetcunha calidade aceptableComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3249 (10/PNC-000322)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello da Capela o acceso á Internet cunhacalidade aceptableComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3409 (10/PNC-000336)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego no Decreto 37/2006 para evitar aprecariedade laboral na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensacontra os incendios forestais por tres meses ao anoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3465 (10/PNC-000338)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa contratación do ser-vizo integral de helicópteros e brigadas para a prevención e defensa contra os incendios forestaise coa prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante osanos 2017 e 2018Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3570 (10/PNC-000344)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máis

9723

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Sobre a elaboración polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transforma-ción do sector primario nas canles de auga do medio ruralComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3571 (10/PNC-000345)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a creación polo Goberno galego dunha liña de asesoramento técnico para o bo funciona-mento do sistema de tratamento dos residuos derivados das actividades de transformación do sec-tor primario, así como unha liña de axudas para mellorar, adaptar e/ou crear sistemas dedepuración sen impacto no medioComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3716 (10/PNC-000351)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para trazar un plan integral de axudas ao pe-queno e mediano comercio para a recuperación económica e o fomento do emprego neste sectorComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3631 (10/PNC-000355)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co posible impacto nosector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polo novo presidente dos EstadosUnidos de América Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión

Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación

- 3250 (10/POC-000535)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veci-ñanza do concello de Valdoviño no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da cone-xión terrestre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respectoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3251 (10/POC-000536)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel Fermín

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

9724

X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Sobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veci-ñanza do concello da Capela no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da conexiónterrestre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respectoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3255 (10/POC-000539)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre a opinión do Goberno galego respecto do nivel de cobertura actual das necesidades da cida-danía afectada pola pobreza enerxética, a suficiencia dos fondos destinados ás axudas para com-batela e a posibilidade de mellorar o acceso e a cobertura destas, así como o destino de parte dosseus fondos a outros finsComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3333 (10/POC-000558)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre os obxectivos da creación da Axencia Galega da Industria Forestal, reflectida no Proxecto delei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, así como as inten-cións do Goberno galego en relación coa organización da investigación forestal e a inclusión docentro de Lourizán na mencionada axenciaComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3382 (10/POC-000562)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as razóns do Goberno galego para destinar a outros fins distintos máis de 800.000 euros dosfondos das axudas dirixidas ás familias en risco de pobreza enerxética, así como as súas previsiónsrespecto da consignación nos orzamentos para o ano 2017 dos recursos minorados e o incrementoda contía destinada para ese finComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3415 (10/POC-000566)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa situación de precariedade laborale exclusión na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensa contra osincendios forestais por tres meses ao anoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3468 (10/POC-000568)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as previsións da Consellería do Medio Rural respecto da realización dunha análise para a in-trodución de cambios no actual proceso de contratación do servizo integral de helicópteros e bri-gadas para a prevención e defensa contra os incendios forestais e na prevención, vixilancia ecoordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante os anos 2017 e 2018Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

9725

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

- 3574 (10/POC-000581)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para preservar a calidade das augaspúblicas das canles do medio rural fronte ás verteduras das industrias de transformación do sectorprimario, a realización dalgún seguimento ao respecto, así como o ofrecemento dalgún tipo deaxuda técnica ou asesoramento para mellorar as súas condicións e a existencia dalgunha liña deaxudas para adaptar os sistemas de depuraciónComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3583 (10/POC-000583)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBlanco Paradelo, Moisés e 5 máisSobre a produción de viño rexistrada en Galicia no ano 2016, o valor do comercializado na campaña2015-2016 e a evolución das cifras de exportación nos últimos anos, así como as medidas postasen marcha pola Consellería do Medio Rural para mellorar a produción, a comercialización e a inter-nacionalización do sector vitivinícolaComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3587 (10/POC-000584)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a dispoñibilidade polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transfor-mación do sector primario nas canles de auga de GaliciaComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 3632 (10/POC-000600)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre o mantemento dalgún contacto pola Xunta de Galicia co grupo PSA Peugeot Citroën, as em-presas auxiliares da automoción e os sindicatos con representación no sector, en relación co posibleimpacto no sector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polo novo presidentedos Estados Unidos de América, así como a elaboración dalgunha estratexia ao respectoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3718 (10/POC-000612)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a recuperación económica e o fomento do emprego no pequeno e mediano comercioComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3784 (10/POC-000639)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a valoración do Goberno galego en relación cos resultados do sector turístico durante o ano2016, a disparidade existente entre os datos referidos á chegada de turistas internacionais a Galiciae os do resto de España e as actuacións previstas para a recuperación do sectorComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

9726

X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

- 3798 (10/POC-000642)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as actuacións e as medidas desenvolvidas ou previstas polo Goberno galego para evitar osabusos na suba do recibo da luz para as persoas usuarias, así como as dificultadas das familiaspara o seu pagamentoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 3343 (10/POC-000559)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel e Blanco Rodríguez, NoelaSobre os plans, os prazos e o orzamento estimado para o desenvolvemento do proceso de dixita-lización do arquivo da CRTVGComisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG

- 3344 (10/POC-000560)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o custo total da construción dun edificio anexo á Redacción da TVG para o traslado provisionaldos profesionais durante o desenvolvemento do proceso de dixitalización da RTVG, o calendariode traballo previsto e o destino futuro desas instalaciónsComisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º

9727

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus

deputados, José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, a través do

portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate

na Comisión 6ª.

A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a

extensión das TIC no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes

cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,

denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de

sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do

interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os

últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de

posibilidades técnicas de conectarse á internet residen en Galicia, cando a

nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.

Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,

senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de

emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico

para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello de

Valdoviño.

Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,

os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de

instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social

Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar

un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias

poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais

con normalidade.

9728

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resulta

incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a

conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa

Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden

facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que

fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e

facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a

pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos

económicos subvencionados, e polo tanto públicos.

Non obstante hai que sinalar que nas parroquias de Pantín, Vilarrube,

Loira, Vilaboa e incluso lugares da de Valdoviño, segue a haber moitas

zonas de sombra, limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos

empresarios autónomos e á cidadanía en xeral.

De feito o pasado 27 de decembro o Partido Popular de Valdoviño

denunciou na prensa (La Voz de Galicia do 27/12/2016) textualmente que

“el problema actual radica en el empecinamiento de la operadora

dominante en dar el servicio de ADSL por las obsoletas líneas de cobre

que, con distancias de más de cinco kilómetros, tienen una caída alta de la

señal, lo que implica una navegación muy lenta, con cortes (...), propia de

países tercermundistas” incidindo en «el nulo interés en invertir en la red

por la baja densidad de población, lo que hace que el problema se

agrave».

Ante esta situación o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte

proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que demande da

empresa Telefónica-Movistar que dispoña os sistemas técnicos necesarios,

para que todos os veciños e veciñas residentes no concello de Valdoviño

teñan a posibilidade de conectarse á internet polo sistema terrestre, ou ben

por un sistema de satélite 3G cunha calidade aceptable.

9729

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Pazo do Parlamento, 9 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:17:41

Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:17:50

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 12/01/2017 17:17:58

9730

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seus

deputado, José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, a través do

portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate

na Comisión 6ª.

A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a

extensión das TIC´s no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes

cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,

denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de

sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do

interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os

últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de

posibilidades técnicas de conectarse á Internet residen en Galicia, cando a

nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.

Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,

senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de

emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico

para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello da

Capela.

Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,

os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de

instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social

Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar

un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias

poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais

con normalidade.

9731

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resultan

incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a

conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa

Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden

facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que

fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e

facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a

pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos

económicos subvencionados, e polo tanto públicos.

Non obstante, hai que sinalar que nas parroquias de Cabalar e Caaveiro,

incluso lugares da Capela, segue habendo moitas zonas de sombra,

limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos empresarios

autónomos e á cidadanía en xeral.

Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presentan a seguinte proposición:

O Parlamento galego insta o Goberno galego para que se dirixa á empresa

Telefónica-Movistar e lle demanda que dispoña os sistemas técnicos

necesarios para que todos os veciños e veciñas residentes no concello da

Capela teñan a posibilidade de conectarse á internet polo sistema terrestre,

ou ben por un sistema de satélite 3G cunha calidade aceptable.

Pazo do Parlamento, 11 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

9732

Page 17: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:18:19

Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:18:28

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 12/01/2017 17:18:35

9733

Page 18: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

A MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa dos seus deputados Paula

Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez e a través do seu voceiro, Luis

Villares Naveira, o abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, referente a “situación de

precariedade laboral na que atopan as traballadoras e traballadores contratados no

SPDCIF por tres meses o ano” para o seu debate na Comisión 7.ª.

Exposición de motivos:

Actualmente, existen 436 traballadoras e traballadores do SPDCIF, cunha

relación contractual ca Consellería de Medio Rural, de tan só tres meses o ano,

con carácter de fixos, indefinidos descontinuos, reserva de praza e co

regulamento do INEM para estes casos, so teñen dereito ao cobro dun subsidio

non contributivo de 426€ durante 3 meses debido a que ese é o tempo que están

contratados. O cobro dos 3 meses do subsidio son despois de traballar 6 meses, e

dicir, dúas campañas.

O total dos ingresos anuais dunha traballadora ou un traballador nesta

circunstancia, sumando o derivado do seu traballo máis o subsidio por

desemprego (en caso de que exista) nunca excede os 6.500€ anuais, quedando así

lonxe do salario mínimo interprofesional.

Estas traballadoras e traballadores, conviven nunha situación de pobreza con

visos de exclusión social, casos de depresión e sensación de baleiro e abandono

por parte da Consellería de Medio Rural. Obsérvese que para chegar algún día a

9734

Page 19: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

ter dereito a unha pensión mínima, estas terían que traballar 100 campañas de

reforzo de verán, ou sexa, 100 anos.

A todo isto temos que sumarlle a imposibilidade para facer substitucións de

prazas non vacantes. Non poden cubrir baixas por enfermidades ou xubilacións

nin acceder a prazas non vacantes en incendios forestais ou en calquera outro

corpo da administración da Xunta de Galicia, aínda que non estean contratadas.

Tendo en conta a gran preparación, dispoñibilidade e profesionalidade das

traballadoras e traballadores citados, non podemos obviar na labor que farían no

que atinxe a prevención o estaren contratados durante máis meses.

Polo todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a

seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Modificar o Decreto 37/2006, das listas de contratación eliminando o guión

para que as traballadoras e traballadores de tres meses poidan optar a cubrir

vacantes e non vacantes.

2. Suprimir as coletillas de “Reforzo da Campaña do Verán” e de “Como

máximo tres meses”

3. Solicitar a ampliación dos contratos de tres a nove meses.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017

9735

Page 20: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Asinado dixitalmente por:

David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 13:35:18

Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 13:35:33

Luis Villares Naveira na data 16/01/2017 13:35:50

9736

Page 21: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

A MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa dos seus deputados Paula

Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez e a través do seu voceiro, Luis

Villares Naveira, o abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate na

Comisión 7ª., referente á contratación do servizo integral de helicópteros e

brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á

prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra

incendios forestais durante os anos 2017 e 2018.

Exposición de Motivos:

No DOG nº 7 do 11 de xaneiro, a Consellería de Medio Rural, publicou a

resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, por

procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, dun servizo integral de

helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios

forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa

contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, sendo o servizo de

contratación da Consellería de Medio Rural a entidade adxudicataria.

Na descrición do contrato fala da contratación do servizo integral de helicópteros

e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á

prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra

incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, divididos por lotes:

Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas

helitransportadas correspondentes.

Lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

9737

Page 22: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Tamén se contempla unha admisión de prórroga por dúas anualidades máis.

O importe neto do mesmo ascende a 3.877.530,00 € e contémplase un valor

estimado de 8.344.396,00 € incluídas posibles prórrogas e modificacións con

fondos propios.

A adxudicación de medios aéreos polas administracións publicas comezou hai

tempo a ter certos problemas coa suposta relación administracións / empresas

adxudicatarias ata tal punto que a propia audiencia nacional é quen decide iniciar

unha profunda investigación sobre da adxudicación de medios aéreos por

diverxas comunidades autónomas xa que este asunto afecta a unha considerable

numero de comunidades autónomas e incluso países, como Portugal, Francia,

Italia, chile e por suposto España.

Polo tanto este é un tema altamente preocupante xa que as empresas que

investiga a audiencia nacional pactarían prezos entre elas para repartirse o pastel

da adxudicación de medios aéreos do estado español, pero a nos o que nos

preocupa a día de hoxe é Galiza, como moi ven sabe vostede a consellería ten

metida unha demanda feita polo sindicato CIG no ano 2012 por prevaricación

contra a anterior conselleira Rosa Quintana, contra o anterior secretario xeral

técnico Francisco José Vidal Pardo e contra o anterior Director Xeral de montes

Tomas Fernández Couto.

O curioso do asunto é que non so se contratan helicópteros senón que tamén se

contratan brigadas a través da empresa Natutecnia subcontratada o mesmo

tempo por Inaer.

Esta practica que, segundo a consellería acaeceu de forma excepcional pola

proximidade da época de lumes naquel ano 2012, continua a día de hoxe pero

estendéndose moito máis, quere dicir que os helicópteros son todos de Inaer e as

brigadas helitransportadas son todas de Natutecnia, empresa que curiosamente

9738

Page 23: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

fixo unha auditoría interna ó SPDCIF cunha pretensión clara de reducir o número

de brigadas do servizo público, informe pagado pola propia administración,

tamén curioso, e que a mesma empresa unha datas despois é contratada para

levar brigadas helitransportadas do sector privado.

Unha análise profunda do informe do Tribunal de Contas detectou xa en anos

anteriores que as consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural cambiaron e

improvisaron criterios de puntuación das ofertas presentadas a varios concursos

cando xa se estaba producindo esa valoración.

É curioso que nos helicópteros e avións contratados por medio rural naquelas

datas se valorara elementos non incluídos nos pregos de condicións, en cambio

datos tan importantes como a cantidade da auga, ano de fabricación e

matriculación, horas pendentes ata próxima inspección, potencia e peso máximo

de despegue e a capacidade dos helibaldes non foron mellorados de forma

importante, polo tanto valoráronse elementos que non estaban incluídos nos

pregos de condicións, como por exemplo meses adicionais de prestación de

servizo, horas adicionais de voo ou o coñecemento lingua española utilizáronse

con elementos de mellora técnica vulnerando o artigo 86 del TLCAP, no informe

técnico tamén se incluíu a oferta económica que corresponde a mesa de

contratación.

Outra irregularidade do proceso correspondese coa inclusión da experiencia,

inicialmente nos pregos de condicións técnicas incluíase que os pilotos debían

contar cunha experiencia mínima de 500 horas, as empresas presentaron pilotos

cunha experiencia e 300 horas polo tanto non cumprían as condicións técnicas. A

adaptación dos pregos de condicións as circunstancias propias da empresa

modificando o prego de condicións técnicas non se adecuou aos protocolos que

fixa a axencia estatal de seguridade aérea en materia de navegación. Polo tanto

este informe do tribunal de contas indica que nese período de contratación citado

9739

Page 24: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

e curioso que a empresa Inaer Galicia SL fose a única empresa licitadora cunha

oferta económica coincidente co presuposto de licitación aínda que a súa oferta

técnica obtivo unha valoración preocupantemente baixa de so 12,2 puntos de un

total de 60.

A actual distribución dos medios aéreos e as condicións técnicas dos mesmos

merece un profundo análise, estamos percibindo un cambio substancial na

principal ou nunha das principais funcións dun helicóptero de extincións de

incendios que é o lanzamento de auga sobre o lume forestal. Percíbese

perfectamente que xa nas condicións técnicas da capacidade dos helibaldes

redúcese a cantidade de auga en 200 litros por aeronave, mais hai unha tendencia

cada vez maior de contratar helicópteros lixeiros, tipo B3 que levan unha

capacidade de auga de 900 litros. Estes helicópteros teñen unha vantaxe

importante, que é que despegan moi rapidamente pero a tendencia constante

desta consellería de reducir a carga dos helibaldes dos helicópteros non ten moito

sentido debido á intensidade dos lumes que se producen na nosa terra, a eficacia

extintora en lumes de alta intensidade que cada vez son mais frecuentes (lumes

de cuarta e quinta rexeneración) con columnas convectivas de chamas de gran

altura, que fai que a capacidade de extinción de descargas dos helibaldes cun

volume de auga, ao noso parecer, escaso so produce un efecto de sufocación mais

que de extinción. Como reseña quería remarcar que aínda que o número de lume

redúcese de forma importante a superficie afectada por incendio é cada vez

maior; por exemplo neste ano habendo pouco máis de 2000 incendios

superáronse as 22.000 hectáreas cunha superficie media superior a 10 hectáreas

por lume, polo tanto consideramos que o modelo deseñado pola consellería

actualmente non é efectivo baseándose nos datos anterior mente citado, xa que

nas peores épocas de 10.000 lumes ano a superficie queimada por lume era de de

2,6 hectáreas, para nos está claro que manter un sistema privado con empresas

privadas de extinción con helicópteros con capacidades menores de descarga non

supón un beneficio en canto a eficacia do sistema de extinción aérea.

9740

Page 25: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Polo todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a

seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 7ª:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego, e concretamente á Consellería

de Medio Rural, a analizar con profundidade un cambio de modelo e de

aeronave, e voltar a contratar directamente pola Xunta de Galiza ó persoal a

través das listas do Decreto de listas de contratación de persoal temporal, tal

como se facía antes con resultados moito mellores.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017.

Asinado dixitalmente por:

Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 17:09:04

David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 17:09:13

Luis Villares Naveira na data 16/01/2017 17:09:23

9741

Page 26: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia por iniciativa dos seus

deputados e das súas deputadas, José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel

Álvarez Martínez, María Concepción Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e

José Manuel Pérez Seco, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo

160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición

non de lei para o seu debate na Comisión 7ª.

Independentemente do debate sobre o cambio climático hai unha evidencia

constatada polos datos de recollida de choiva e temperaturas nas últimas décadas

que apuntan a un cambio no comportamento climático que vén a substanciarse

nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na desaparición e

diminución de caudais e mananciais.

As canles de auga no noso rural etiquetados como mananciais, regos, regatos e

ríos teñen unha gran importancia que polas variables climáticas antes referidas

son xa a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o

valor non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico,

senón tamén como elementos claves para o desenvolvemento da actividade

humana e non só da económica: auga para o rego de cultivos, limpeza de

instalacións, subministro imprescindible de certas actividades transformadoras,

senón mesmamente para o abastecemento de auga potable para lugares, pobos,

vilas e cidades.

Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na

calidade e pureza das súas augas case en paralelo á diminución dos caudais.

Primeiro foron vertidos moi illados e circunstanciais que nos anos 80 acabaron

por xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de

tratamentos químicos aos cultivos e os vertidos de lugares, pobos e vilas.

Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte envellecemento da poboación

de lugares, pobos e vilas, de comarcas enteiras, non só está sustentado nun

drástico cambio do modelo demográfico, cultural e produtivo.

9742

Page 27: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o elemento que

acaba por facer desistir a moita xente nova para que non fixen a súa residencia en

parroquias, vilas e comarcas do rural galego. As actividades de transformación de

materias primas do eido rural (agricultura, gandaría e silvicultura ...) en produtos

manufacturados substanciadas en pequenas e medianas “industrias” teñen que ter

un valor estratéxico e todo o apoio das administracións e do tecido social.

O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha

convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do

rural e o medioambiente.

A realidade que se vive todos os días evidéncianos unha continua agresión ao

medio natural en forma de vertidos aos mananciais, regos, regatos e ríos

orixinados por actividades de transformación do sector primario que poñen en

perigo non só a saúde das propias canles, senón tamén a pervivencia dos veciños

e veciñas no eido rural.

Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a

seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que cree o mapa de

vertidos en canles no medio rural por parte de industrias de transformación do

sector primario, diferenciando o tipo de vertidos, o seu impacto e perigosidade

para o medio.

Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2016

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:35:53

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:36:06

Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:36:20

9743

Page 28: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:36:31

Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:36:41

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 17/01/2017 16:36:55

9744

Page 29: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus

deputados, José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel Álvarez Martínez, María

Concepción Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e José Manuel Pérez Seco, a

través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da

Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu

debate na Comisión 7ª.

Sen entrar no debate sobre o cambio climático hai unha evidencia constatada

polos datos pluviométricos e térmicos (e outros moitos indicadores) que nas

últimas décadas apuntan a un cambio no comportamento climático. Isto vén a

substanciarse nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na

desaparición e diminución de caudais e mananciais.

As canles de auga do noso rural etiquetadas como mananciais, regos, regatos e

ríos teñen unha grande importancia que polas variables climáticas antes referidas,

son a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o valor

non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico; ademais

de ser elementos claves para o desenvolvemento da actividade humana e non só

da económica (auga para o rego de cultivos, limpeza de instalacións, subministro

imprescindible de certas actividades transformadoras ...) senón, mesmamente

para o abastecemento de auga potable para vivendas.

Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na

calidade e pureza das súas augas, case en paralelo á diminución dos seus caudais.

Primeiro foron verteduras illadas e circunstanciais que nos anos 80 acabaron por

xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de tratamentos

químicos nos cultivos e a falla de saneamentos adecuados de lugares, pobos e

vilas.

Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte avellentamento da poboación,

non só está sustentado nun drástico cambio do modelo demográfico, cultural e

produtivo. A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o

elemento que acaba por facer desistir a moitos mozos para que non fixen a súa

residencia en parroquias, vilas e comarcas do rural galego.

9745

Page 30: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

As actividades de transformación de materias primas do eido rural (agricultura,

gandaría e silvicultura ...) en produtos manufacturados substanciadas en

pequenas e medianas “industrias” deberían ter un valor estratéxico e todo o apoio

das administracións e do tecido social.

O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha

convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do

rural e o medio.

Temos un bo exemplo da problemática na actualidade, neste último mes vense

suscitando polémica acompañada de alarma social en Chantada, pola petición

dunha industria transformadora de materia prima do rural (concello de Taboada),

que presenta unha solicitude de obras na Confederación Hidrográfica Miño-Sil

para verter os residuos da súa actividade no río Enviande (concello de Chantada),

a 2,4 km de distancia, cando a 1,5 m xa dispón de canles (río Moreda) para verter

desde a súa EDAR e mesmo ao pé da factoría como fan agora.

Somos conscientes de que toda actividade transformadora xera residuos pouco

beneficiosos para o medio ambiente e a calidade do aire e das augas, por iso,

entre outros medios, está a obrigatoriedade de dispor de estacións de depuración

de residuos. Se estes medios funcionan adecuadamente non entendemos como se

solicita unha autorización para realizar unha vertedura a 2,4 km, se xa se ten

unha pequena canle ao carón (onde verten na actualidade); a non ser que haxa

intención de levalo a unha canle con maior caudal onde se note menos o impacto

das verteduras.

Dado que cómpre amparar e potenciar a actividade transformadora derivada do

sector primario, dada a necesidade vital de amparar a calidade das augas e facer

compatibles a actividade co medio e como este problema non só se circunscribe

ao río Enviando e á problemática de Chantada-Taboada e a esta actividade, senón

que o mesmo problema atopalo no río Saviñao (cunha situación de deterioro

importante na saúde e vida das augas), ou no río Cabe con outras empresas de

transformación láctea, nos ríos que baixan do Courel coa extracción de lousa; ...

situacións extrapolables ás catro provincias galegas, a moitas canles de auga e a

moitas actividades ligadas ao sector primario.

9746

Page 31: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Entendemos que o Goberno galego é garante de calidade das augas públicas e por

outra banda, debe ser impulsor da actividade no sector primario, facendo

compatible desenvolvemento e medio, despois de proclamar que esta é a

lexislatura do rural.

Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a

seguinte proposición non de lei:

O parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:

1º) Cree unha liña de asesoramento técnico para o bo funcionamento do sistema

de tratamento de residuos de actividades de transformación do sector primario.

2ª) Cree unha liña de axudas económicas para mellorar, adaptar e/u crear

sistemas de depuración das actividades de transformación do sector primario que

non teñan impacto no medio.

Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:37:36

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:37:46

Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:38:00

Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:38:15

Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:38:24

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 17/01/2017 16:38:44

9747

Page 32: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus

deputados José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Alvarez, a través do portavoz e

ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante

esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 6ª.

O comercio en Galicia é unha as nosas maiores fontes de riqueza e cohesión

social. A súa importancia, non só para a economía senón tamén dende o puntos

de vista social e urbano, está fóra de toda dúbida.

En Galicia, o peso do comercio na economía é superior, ao conxunto da Unión

Europea, alcanzando arredor do 12 % do PIB total e preto do 18 % do emprego.

O Goberno galego aprobou o Plan estratéxico de impulso ao comercio galego

2015 – 2020, cuxo obxectivo fundamental era o desenvolvemento dunha

estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:

1º) Elabore e presente nesta Cámara, no actual período de sesións, un plan

integral de axudas ao pequeno e mediano comercio, para a recuperación

económica e o fomento do emprego neste sector, co obxecto de rematar coa

“choiva fina” de axudas repartida entre as asociacións de comerciantes.

2º) Contemple, no dito plan, axudas para a mellora da súa competitividade.

3º) Desenvolva programas para transitar dende o comercio tradicional ao

comercio especializado.

9748

Page 33: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

4º) Xere as condicións precisas para que o pequeno comercio galego poida

aproveitar os beneficios das economías de escala.

5º) Reforce a imaxe de marca.

6º) Favoreza a implantación de centrais de compra, cunhas dotacións

orzamentarias que se elevarán polo menos nun 50 % para o exercicio 2017.

Pazo do Parlamento, 18 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Jóse Manuel Pérez Seco na data 18/01/2017 18:46:02

Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/01/2017 18:46:11

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 18/01/2017 18:46:42

9749

Page 34: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos

seus deputados Abel Losada Alvarez e José Manuel Pérez Seco, a través

do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da

Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei en

Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Exposición de motivos

A chegada de Donald Trump á Presidencia dos Estados Unidos de América

está introducindo elevados niveis de incerteza en moitas actividades

económicas, pero con poucos sectores ten sido tan claro como coa industria

da automoción, no só do seu país, senón tamén coas empresas no

estranxeiro.

Unha deriva proteccionista que está a afectar fundamentalmente a industria

automotriz de México, ameazando con impor "grandes aranceis" aos

fabricantes estadounidenses Ford e General Motors (GM), o xaponés

Toyota, si seguen ensamblando os seus vehículos fora de EE.UU. e os

venden no seu país. Así, Ford xa cancelou unha inversión de 1.600 millóns

de $ para unha planta en México.

Neste momento, a industria automotriz é un símbolo do estatus do sector

industrial en calquera parte do mundo. En Galicia, o Grupo PSA é un

tecido industrial moi competitivo en torno ás auxiliares da automoción,

teñen acadado un grande de competitividade internacional moi elevado.

De feito, a industria galega auxiliar da automoción ten situado en México

un dos seus focos máis importantes de expansión. México superou en 2010

os dous millóns de vehículos producidos; en 2015 superou os 3,25 millóns

e as proxeccións eran que antes de 2020 supere os 5 millóns.

Pero fronte a estas expectativas de crecemento, os riscos para a industria

mexicana de automoción son neste momento moi elevados, xa que pode

haber un efecto dominó en outras compañías e industrias que sigan o

exemplo.

9750

Page 35: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Aínda que México non é o maior exportador de vehículos a EE.UU., pois

Xapón, Alemaña e Canadá disputan o primeiro lugar, ten algunhas

vantaxes respecto a outros países. Por un lado, ten máis de 40 tratados de

libre comercio con diferentes países e a Unión Europea, que lle permiten

importar materias primas con aranceis preferenciais, e por outra, é parte do

Tratado de Libre Comercio de América del Norte (TLCAN), e así os

vehículos feitos en México poden pasar a través da fronteira USA sen

pagar impostos.

Estas son as razóns polas que a industria automotriz de México está no

punto de mira do novo goberno dos Estados Unidos, o que engade un

elemento importante de incerteza máis ao sector galego das auxiliares da

automoción.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a constituír un grupo de

traballo, do que formen parte o Grupo PSA, as empresas auxiliares da

automoción e os sindicatos, para avaliar o impacto que as políticas

comerciais anunciadas polo novo presidente dos USA, poden ter no sector

da automoción galego; así como definir as mellores estratexias a seguir

para minorar os seus efectos na produción e no emprego.

Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017

Asdo.: Abel Losada Alvarez

José Manuel Pérez Seco

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

9751

Page 36: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/01/2017 18:39:13

Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 18:39:19

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 17/01/2017 18:39:26

9752

Page 37: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, deputados pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no

artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.

A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a

extensión das TIC no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes

cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,

denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de

sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do

interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os

últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de

posibilidades técnicas de conectarse á internet residen en Galicia, cando a

nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.

Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,

senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de

emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico

para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello de

Valdoviño.

Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,

os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de

instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social

Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar

un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias

poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais

con normalidade.

9753

Page 38: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resulta

incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a

conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa

Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden

facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que

fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e

facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a

pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos

económicos subvencionados, e polo tanto públicos.

Non obstante hai que sinalar que nas parroquias de Pantín, Vilarrube,

Loira, Vilaboa e incluso lugares da de Valdoviño, segue a haber moitas

zonas de sombra, limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos

empresarios autónomos e á cidadanía en xeral.

De feito o pasado 27 de decembro o Partido Popular de Valdoviño

denunciou na prensa (La Voz de Galicia do 27/12/2016) textualmente que

“el problema actual radica en el empecinamiento de la operadora

dominante en dar el servicio de ADSL por las obsoletas líneas de cobre

que, con distancias de más de cinco kilómetros, tienen una caída alta de la

señal, lo que implica una navegación muy lenta, con cortes (...), propia de

países tercermundistas” incidindo en «el nulo interés en invertir en la red

por la baja densidad de población, lo que hace que el problema se

agrave».

Ante esta situación os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas:

1ª) É coñecedora a Xunta de Galicia da situación de clara discriminación

que están a sufrir moitos veciños e veciñas do concello de Valdoviño en

termos de acceso a servizos de telefonía e da internet coa calidade axeitada

a través de conexión terrestre?

9754

Page 39: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

2ª) Que ten pensado facer a Xunta de Galicia ante esta situación?

3ª) Tense posto en contacto a Xunta de Galicia coa empresa Movistar,

receptora de fondos públicos, para tentar solucionar esta situación de

discriminación?

Pazo do Parlamento, 9 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:19:03

Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:19:17

9755

Page 40: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, deputados pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no

artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.

A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a

extensión das TIC´s no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes

cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,

denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de

sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do

interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os

últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de

posibilidades técnicas de conectarse á Internet residen en Galicia, cando a

nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.

Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,

senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de

emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico

para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello da

Capela.

Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,

os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de

instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social

Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar

un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias

poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais

con normalidade.

9756

Page 41: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resultan

incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a

conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa

Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden

facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que

fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e

facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a

pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos

económicos subvencionados, e polo tanto públicos.

Non obstante, hai que sinalar que nas parroquias de Cabalar e Caaveiro,

incluso lugares da Capela, segue habendo moitas zonas de sombra,

limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos empresarios

autónomos e á cidadanía en xeral.

Ante esta situación os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas:

1ª) É coñecedora a Xunta de Galicia da situación de clara discriminación

que están a sufrir moitos veciños e veciñas do concello da Capela en termos

de acceso a servizos de telefonía e da internet coa calidade axeitada a través

de conexión terrestre?

2ª) Que ten pensado facer a Xunta de Galicia ante esta situación?

3ª) Tense posto en contacto a Xunta de Galicia coa empresa Movistar,

receptora de fondos públicos, para tentar solucionar esta situación de

discriminación?

Pazo do Parlamento, 11 de xaneiro de 2017

9757

Page 42: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:19:32

Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:19:44

9758

Page 43: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Álvarez e José Manuel Pérez Seco, deputados pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para

a súa resposta oral en Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

A pobreza enerxética é unha mais das manifestacións dunha crise económica

durísima que ten afectado fundamentalmente aos mais débiles. A desigual e débil

saída da crise, ten efectos na maior parte das condicións de vida de grupos

importantes de cidadáns, sexa a alimentación, a vivenda, o transporte ou a enerxía.

Antes esta situación, mentres distintos países teñen aprobado normas que protexen

aos consumidores máis vulnerables, prohibindo durante o inverno interromper a

subministración que lles poida deixar sen calefacción, a lexislación española do

último Goberno Rajoy limitouse a desenvolvementos absolutamente insuficientes.

Cremos imprescindible ser sensibles á situación que moitos dos nosos veciños e

veciñas padecen, e por tanto, estimamos a oportunidade de que a Xunta de Galicia

utilice todos os resortes que ten ao seu alcance. As solucións que ten prantexado

teñen sido parciais e pouco efectivas, tal e como denunciamos os socialistas en

varias ocasións neste Parlamento.

Sinalamos a escasa dotación orzamentaria e as complicacións de acceso as axudas,

cuestións que foron sistematicamente soslaiadas polo Goberno galego. Os

socialistas cremos que o Goberno galego debe recoñecer que se trata dunha medida

de política social, co propósito de garantir os principios de progresividade,

solidariedade e cohesión respecto dos consumidores máis vulnerables.

Lamentablemente, fronte a isto, as noticias recentemente aparecidas nos medios de

comunicación, mostran os erros, as carencias e a falla de vontade política por parte

do goberno galego para axudar a solucionar os problemas relacionados coa pobreza

enerxética.

Así, o Goberno galego aprobou tres días antes das eleccións autonómicas o

transvase de parte do orzamento do seu "tícket eléctrico", que se estima que chegou

a unhas 35.000 familias menos das previstas. Estes fondos destináronse para outras

finalidades, cun verdadeiro “carácter social”.

Por unha parte “contratar con carácter urxente estudios e investigacións relativos a

plans e programas de inversión en campañas publicitarias de divulgación de

contidos relacionados coa orientación e promoción laboral e o fomento do

emprego” (125.000 euros) e, por outra, a “realización dun depósito inicial de

9759

Page 44: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

150.000 dólares a instancias” da Corte Permanente de Arbitraxe da Haia por mor da

demanda interposta por Corcoesto S.A. contra España.

Polo exposto, os deputados asinantes formulan as seguintes preguntas:

1.ª) Considera a Xunta de Galicia que as necesidades da cidadanía galega afectada

pola pobreza enerxética están suficientemente cubertas?

2.ª) Considera a Xunta de Galicia suficientes os fondos destinados ás axudas para

combater a pobreza enerxética en Galicia?

3.ª) Cree posible mellorar o acceso e a cobertura destas axudas ás persoas afectadas

pola pobreza enerxética?

4.ª) Considera razoable que mentres non están cubertas esas necesidades, se

dedique parte deses escasos fondos a gastos que nada teñen que ver coas políticas

sociais?

5. Tendo en conta o nivel de execución das partidas correspondentes; considera

razoable gastar 125.000 euros en contratar con carácter urxente estudios e

investigacións relativos a plans e programas de inversión en campañas publicitarias

de divulgación de contidos relacionados coa orientación e promoción laboral e o

fomento do emprego?

Pazo do Parlamento, 13 de xaneiro de 2017

Asdo.: Abel Losada Álvarez

Jose Manuel Pérez Seco

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 13/01/2017 10:39:03

Jóse Manuel Pérez Seco na data 13/01/2017 10:39:32

9760

Page 45: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Á MESA DO PARLAMENTO

Paula Quinteiro Araujo e Davide Rodríguez Estévez, deputada e deputado do

Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral

na Comisión 7.ª.

Na Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña a Lei de orzamentos

do ano 2017, inclúese, na súa disposición adicional sexta, a creación da Axencia

Galega da Industria Forestal, que, adscrita á Consellería de Economía, Emprego

e Industria, terá entre os seus obxectivos o de coordinar os centros de

investigación e tecnolóxicos vinculados á industria forestal.

Recóllese tamén, que esta axencia asumirá os medios materiais e persoais que

acorde aos seus fins e obxectivos corresponden a día de hoxe aos departamentos

correspondentes das unidades afectadas da Consellería de Medio Rural.

Dedúcese, de todo isto, que a Axencia Galega da Industria Forestal (AGIF)

absorberá o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán), único

centro de investigación forestal da Xunta de Galicia na actualidade, no cal se

levan a cabo proxectos focalizados principalmente na conservación de recursos

forestais fronte o cambio climático, a mellora xenética con distintos obxectivos, a

protección contra incendios, a recuperación de áreas queimadas, a ecoloxía

forestal e a prevención e loita contra especies invasoras non desexadas.

Todos estes proxectos serven de apoio á xestión forestal da consellería do Medio

Rural e son de interese xeral para o conxunto da sociedade galega. A maior parte

dos temas que abranguen estes proxectos non están recollidos entre os obxectivos

9761

Page 46: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

da Axencia Galega da Industria Forestal, e non semellan a priori, competencias

propias da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Polo exposto anteriormente, formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en comisión:

1ª) Cales son os obxectivos da creación da Axencia Galega da Industria Forestal?

2ª) Como se quere organizar a investigación forestal en Galicia nesta lexislatura?

Vaise incluír o Centro de Lourizán na AGIF?

3.ª) Deulle resposta a Consellería ao escrito presentado polas traballadoras do

Centro?

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017.

Asdo.: Paula Quinteiro Araujo

Davide Rodríguez Estévez

Deputada e deputado do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 11:13:26

David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 11:13:34

9762

Page 47: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil

Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Xosé Luis Bará

Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte

Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.

A pobreza enerxética é un problema vixente e crecente na sociedade galega,

agravado ademais polas consecuencias socioeconómicas da crise estrutural que atravesa

o modelo económico e social no que vivimos os galegos e galegas. Moitas persoas e

familias non poden pagar as facturas do subministro enerxético, eléctrico e de gas,

especialmente durante os meses de inverno nos que, polas condicións climatolóxicas, o

seu consumo é imprescindíbel. Ademais, a suba constante do recibo eléctrico, de fácil

contraste ao facer a comparativa interanual pechado 2016, tamén conduce á pobreza de

tipo enerxético enerxético e cómpre salientar cuestións alarmantes como que decembro

de 2016 fose un dos meses coa electricidade máis cara desde 2013.

Enquisas e estudos de diferente tipo, como por exemplo a recente información

da Enquisa Estrutural a Fogares do Instituto Galego de Estatística que viu a luz o pasado

30 de decembro cos datos a respecto de 2015 indicaba como nese ano a pobreza

continuou en aumento pasando do 16'41% ao 16'95% ou que a taxa de pobreza e

exclusión social atinxe xa a arredor de 375.000 fogares que non chegan a ingresas a

contía de 600€ ao mes.

Alén disto, é un problema que ten axitado as inquedanzas da sociedade,

organizada para dar resposta e esixencias desde diferentes ámbitos sociais tal e como

9763

Page 48: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

amosan as recentes mobilizacións do mes de decembro de 2016. Porén, as esixencias

sociais non teñen sido atendidas desde as administracións de forma correcta.

Lamentabelmente, a última información sobre os trasvases de diñeiro do ticket

eléctrico para outras funcións só fai demostrar que este ticket e a súa extensión ao gas só

son pura propaganda para o goberno do Partido Popular; primeiro preelectoral e agora

para ocultar uns orzamentos antisociais e unha política inexistente contra a pobreza

enerxética á que non lle interesa destinar recursos nin confrontar cos emporios

enerxéticos para velar pola atención dos e das usuarias.

Desde diferentes forzas políticas téñense lanzado diferentes propostas que os

gobernos do Partido Popular ignoraron permitindo que o problema se agravase, como

por exemplo obrigar ás empresas subministradoras a non cortar a enerxía por falta de

pagamento diante de situación de pobreza enerxética nos meses de inverno ou instar á

administración galega a habilitar mecanismos para, xunto coas empresas

subministradoras facerse cargo das facturas de gas e electricidade das persoas

consumidoras vulnerábeis en risco de pobreza enerxética de forma real, é dicir,

acompañándoo de procedementos de información claros e de reforzo das políticas

sociais para que persoal formado puidese intervir e asesorar nestas situacións e

que non ficase como un acordo nun papel.

Malia ignorar repetidamente este tipo de iniciativas, a presión popular e

social fixo que en xaneiro de 2016 fose posíbel aprobar no marco do Parlamento

Galego unha Iniciativa Lexislativa Popular destinada a garantir a enerxía como

“servizo público e contra a pobreza enerxética”. A ILP contou coa unanimidade da

Cámara para iniciar o seu tratamento parlamentario demorado até a actualidade por

causa das convocatorias electorais. Cabería agardar que esta aprobación fose un antes e

un despois no combate da pobreza enerxética no noso país e que fose o punto de partida

para o goberno galego tomar en serio esta realidade e ir tomando decisións políticas na

9764

Page 49: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

liña do ditado pola iniciativa e polas esixencias sociais. Porén, aconteceu todo o

contrario.

Máis aínda, coñecemos recentemente como o goberno galego moveu até un 40%

das contías orzadas para os fondos de axudas para pagar a electricidade a outros e moi

diversos gastos, entre os que se atopan ademais elementos que ilustran cales son as

prioridades do goberno galego como a publicidade, cuestións de ámbito legal ou o

alumeado da tan dotada Cidade da Cultura.

Por todo isto, formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta oral na

Comisión 6ª:

- Cal é a xustificación do goberno galego para ter desprazado máis de 800.000€

a outros gastos que nada teñen a ver con gasto social?

- Considera o goberno galego que destinar contías previamente consignadas para

combater a pobreza enerxética para asuntos que nada ten que ver coa política social é

responsábel?

- Houbo algunha modificación orzamentaria máis no mes de decembro de 2016

que mudara o destino dos fondos orzados para o ticket social?

- Considera o goberno galego que a pobreza enerxética se combate con

campañas publicitarias?

- Considera o goberno galego que é ético desprazar 111.000 euros do tícket

eléctrico para o alumeado do Gaiás? Como xustifica esa necesidade tendo en conta que

esa infraestrutura xa ten partidas orzamentarias consignadas para o seu mantemento?

9765

Page 50: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Ten pensado o goberno galego facer propósito de emenda e, en previsión da

aprobación dos Orzamentos 2017 cunha contía designada para o combate da pobreza

enerxética minorada, propoñer modificacións a curto prazo para aumentar os recursos

desta materia?

- Dirixiuse ou vaise dirixir o goberno galego ás entidades sociais, sindicais,

concellos e deputacións que impulsaron e apoiaron a ILP contra a pobreza enerxética

para dar explicacións pola súa mala praxe?

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Ana Belén Pontón Mondelo

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Xosé Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 16/01/2017 12:41:19

9766

Page 51: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Ana Pontón Mondelo na data 16/01/2017 12:41:25

Olalla Rodil Fernández na data 16/01/2017 12:41:30

Xose Luis Rivas Cruz na data 16/01/2017 12:41:34

María Montserrat Prado Cores na data 16/01/2017 12:41:39

Xosé Luis Bará Torres na data 16/01/2017 12:41:41

9767

Page 52: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

A MESA DO PARLAMENTO

Paula Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez, deputados pertencentes

ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral

na Comisión 7.ª , referente a “situación de precariedade laboral na que se atopan

as traballadoras e traballadores contratados no SPDCIF por tres meses o ano”.

Actualmente, existen 436 traballadoras e traballadores do SPDCIF, cunha

relación contractual ca Consellería de Medio Rural, de tan só tres meses o ano,

con carácter de fixos, indefinidos descontinuos, reserva de praza e co

regulamento do INEM para estes casos, so teñen dereito ao cobro dun subsidio

non contributivo de 426€ durante 3 meses debido a que ese é o tempo que están

contratados. O cobro dos 3 meses do subsidio son despois de traballar 6 meses, e

dicir, dúas campañas.

O total dos ingresos anuais dunha traballadora ou un traballador nesta

circunstancia, sumando o derivado do seu traballo máis o subsidio por

desemprego (en caso de que exista) nunca excede os 6.500€ anuais, quedando así

lonxe do salario mínimo interprofesional.

Estas traballadoras e traballadores, conviven nunha situación de pobreza con

visos de exclusión social, casos de depresión e sensación de baleiro e abandono

por parte da Consellería de Medio Rural. Obsérvese que para chegar algún día a

ter dereito a unha pensión mínima, estas terían que traballar 100 campañas de

reforzo de verán, ou sexa, 100 anos.

9768

Page 53: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

A todo isto temos que sumarlle a imposibilidade para facer substitucións de

prazas non vacantes. Non poden cubrir baixas por enfermidades ou xubilacións

nin acceder a prazas non vacantes en incendios forestais ou en calquera outro

corpo da administración da Xunta de Galicia, aínda que non estean contratadas.

Tendo en conta a gran preparación, dispoñibilidade e profesionalidade das

traballadoras e traballadores citados, non podemos obviar na labor que farían no

que atinxe a prevención o estaren contratados durante máis meses.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a

seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7.ª:

Que medidas ten pensado levar a cabo a Xunta de Galicia ca situación de

precariedade laboral e exclusión na que se atopan as traballadoras e traballadores

do SDPCIF contratados pola Consellería de Medio Rural durante tres meses ao

ano?

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 13:45:02

Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 13:45:07

9769

Page 54: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

A MESA DO PARLAMENTO

Paula Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez, deputados pertencentes

ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para o seu debate na

Comisión 7.ª, referente á contratación do servizo integral de helicópteros e

brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á

prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra

incendios forestais durante os anos 2017 e 2018.

No DOG nº 7 do 11 de xaneiro, a Consellería de Medio Rural, publicou a

resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, por

procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, dun servizo integral de

helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios

forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa

contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, sendo o servizo de

contratación da Consellería de Medio Rural a entidade adxudicataria.

Na descrición do contrato fala da contratación do servizo integral de helicópteros

e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á

prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra

incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, divididos por lotes:

Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas

helitransportadas correspondentes.

Lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

Tamén se contempla unha admisión de prórroga por dúas anualidades máis.

9770

Page 55: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

O importe neto do mesmo ascende a 3.877.530,00 € e contémplase un valor

estimado de 8.344.396,00 € incluídas posibles prórrogas e modificacións con

fondos propios.

A adxudicación de medios aéreos polas administracións publicas comezou hai

tempo a ter certos problemas coa suposta relación administracións / empresas

adxudicatarias ata tal punto que a propia audiencia nacional é quen decide iniciar

unha profunda investigación sobre da adxudicación de medios aéreos por

diverxas comunidades autónomas xa que este asunto afecta a unha considerable

numero de comunidades autónomas e incluso países, como Portugal, Francia,

Italia, chile e por suposto España.

Polo tanto este é un tema altamente preocupante xa que as empresas que

investiga a audiencia nacional pactarían prezos entre elas para repartirse o pastel

da adxudicación de medios aéreos do estado español, pero a nos o que nos

preocupa a día de hoxe é Galiza, como moi ven sabe vostede a consellería ten

metida unha demanda feita polo sindicato CIG no ano 2012 por prevaricación

contra a anterior conselleira Rosa Quintana, contra o anterior secretario xeral

técnico Francisco José Vidal Pardo e contra o anterior Director Xeral de montes

Tomas Fernández Couto.

O curioso do asunto é que non so se contratan helicópteros senón que tamén se

contratan brigadas a través da empresa Natutecnia subcontratada o mesmo

tempo por Inaer.

Esta practica que, segundo a consellería acaeceu de forma excepcional pola

proximidade da época de lumes naquel ano 2012, continua a día de hoxe pero

estendéndose moito máis, quere dicir que os helicópteros son todos de Inaer e as

brigadas helitransportadas son todas de Natutecnia, empresa que curiosamente

fixo unha auditoría interna ó SPDCIF cunha pretensión clara de reducir o número

de brigadas do servizo público, informe pagado pola propia administración,

9771

Page 56: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

tamén curioso, e que a mesma empresa unha datas despois é contratada para

levar brigadas helitransportadas do sector privado.

Unha análise profunda do informe do Tribunal de Contas detectou xa en anos

anteriores que as consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural cambiaron e

improvisaron criterios de puntuación das ofertas presentadas a varios concursos

cando xa se estaba producindo esa valoración.

É curioso que nos helicópteros e avións contratados por medio rural naquelas

datas se valorara elementos non incluídos nos pregos de condicións, en cambio

datos tan importantes como a cantidade da auga, ano de fabricación e

matriculación, horas pendentes ata próxima inspección, potencia e peso máximo

de despegue e a capacidade dos helibaldes non foron mellorados de forma

importante, polo tanto valoráronse elementos que non estaban incluídos nos

pregos de condicións, como por exemplo meses adicionais de prestación de

servizo, horas adicionais de voo ou o coñecemento lingua española utilizáronse

con elementos de mellora técnica vulnerando o artigo 86 del TLCAP, no informe

técnico tamén se incluíu a oferta económica que corresponde a mesa de

contratación.

Outra irregularidade do proceso correspondese coa inclusión da experiencia,

inicialmente nos pregos de condicións técnicas incluíase que os pilotos debían

contar cunha experiencia mínima de 500 horas, as empresas presentaron pilotos

cunha experiencia e 300 horas polo tanto non cumprían as condicións técnicas. A

adaptación dos pregos de condicións as circunstancias propias da empresa

modificando o prego de condicións técnicas non se adecuou aos protocolos que

fixa a axencia estatal de seguridade aérea en materia de navegación. Polo tanto

este informe do tribunal de contas indica que nese período de contratación citado

e curioso que a empresa Inaer Galicia SL fose a única empresa licitadora cunha

oferta económica coincidente co presuposto de licitación aínda que a súa oferta

9772

Page 57: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

técnica obtivo unha valoración preocupantemente baixa de so 12,2 puntos de un

total de 60.

A actual distribución dos medios aéreos e as condicións técnicas dos mesmos

merece un profundo análise, estamos percibindo un cambio substancial na

principal ou nunha das principais funcións dun helicóptero de extincións de

incendios que é o lanzamento de auga sobre o lume forestal. Percíbese

perfectamente que xa nas condicións técnicas da capacidade dos helibaldes

redúcese a cantidade de auga en 200 litros por aeronave, mais hai unha tendencia

cada vez maior de contratar helicópteros lixeiros, tipo B3 que levan unha

capacidade de auga de 900 litros. Estes helicópteros teñen unha vantaxe

importante, que é que despegan moi rapidamente pero a tendencia constante

desta consellería de reducir a carga dos helibaldes dos helicópteros non ten moito

sentido debido á intensidade dos lumes que se producen na nosa terra, a eficacia

extintora en lumes de alta intensidade que cada vez son mais frecuentes (lumes

de cuarta e quinta rexeneración) con columnas convectivas de chamas de gran

altura, que fai que a capacidade de extinción de descargas dos helibaldes cun

volume de auga, ao noso parecer, escaso so produce un efecto de sufocación mais

que de extinción. Como reseña quería remarcar que aínda que o número de lume

redúcese de forma importante a superficie afectada por incendio é cada vez

maior; por exemplo neste ano habendo pouco máis de 2000 incendios

superáronse as 22.000 hectáreas cunha superficie media superior a 10 hectáreas

por lume, polo tanto consideramos que o modelo deseñado pola consellería

actualmente non é efectivo baseándose nos datos anterior mente citado, xa que

nas peores épocas de 10.000 lumes ano a superficie queimada por lume era de de

2,6 hectáreas, para nos está claro que manter un sistema privado con empresas

privadas de extinción con helicópteros con capacidades menores de descarga non

supón un beneficio en canto a eficacia do sistema de extinción aérea.

9773

Page 58: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Polo todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a

seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7.ª:

Vai a Consellería de Medio Rural analizar con profundidade un cambio de

modelo e de aeronave e voltar a contratar directamente pola Xunta de Galiza ao

persoal a través das listas do Decreto de listas de contratación de persoal

temporal, tal como se facía antes con resultados moito mellores?

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017.

Asinado dixitalmente por:

Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 17:14:20

David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 17:14:29

9774

Page 59: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel Álvarez Martínez, María Concepción

Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e José Manuel Pérez Seco, deputados e

deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7ª.

Sen entrar no debate sobre o cambio climático hai unha evidencia constatada

polos datos pluviométricos e térmicos (e outros moitos indicadores) que nas

últimas décadas apuntan a un cambio no comportamento climático. Isto vén a

substanciarse nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na

desaparición e diminución de caudais e mananciais.

As canles de auga do noso rural etiquetadas como mananciais, regos, regatos e

ríos teñen unha grande importancia que polas variables climáticas antes referidas,

son a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o valor

non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico; ademais

de ser elementos claves para o desenvolvemento da actividade humana e non só

da económica (auga para o rego de cultivos, limpeza de instalacións, subministro

imprescindible de certas actividades transformadoras ...) senón, mesmamente

para o abastecemento de auga potable para vivendas.

Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na

calidade e pureza das súas augas, case en paralelo á diminución dos seus caudais.

Primeiro foron verteduras illadas e circunstanciais que nos anos 80 acabaron por

xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de tratamentos

químicos nos cultivos e a falla de saneamentos adecuados de lugares, pobos e

vilas.

Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte avellentamento da poboación,

non só está sustentado nun drástico cambio do modelo demográfico, cultural e

produtivo. A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o

elemento que acaba por facer desistir a moitos mozos para que non fixen a súa

residencia en parroquias, vilas e comarcas do rural galego.

9775

Page 60: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

As actividades de transformación de materias primas do eido rural (agricultura,

gandeiría e silvicultura ...) en produtos manufacturados substanciadas en

pequenas e medianas “industrias” deberían ter un valor estratéxico e todo o apoio

das administracións e do tecido social.

O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha

convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do

rural e o medio.

Temos un bo exemplo da problemática na actualidade, neste último mes vense

suscitando polémica acompañada de alarma social en Chantada, pola petición

dunha industria transformadora de materia prima do rural (concello de Taboada),

que presenta unha solicitude de obras na Confederación Hidrográfica Miño-Sil

para verter os residuos da súa actividade no río Enviande (concello de Chantada),

a 2,4 km de distancia, cando a 1,5 m xa dispón de canles (río Moreda) para verter

desde a súa EDAR e mesmo ao pé da factoría como fan agora.

Somos conscientes de que toda actividade transformadora xera residuos pouco

beneficiosos para o medio ambiente e a calidade do aire e das augas, por iso,

entre outros medios, está a obrigatoriedade de dispor de estacións de depuración

de residuos. Se estes medios funcionan adecuadamente non entendemos como se

solicita unha autorización para realizar unha vertedura a 2,4 km, se xa se ten

unha pequena canle ao carón (onde verten na actualidade); a non ser que haxa

intención de levalo a unha canle con maior caudal onde se note menos o impacto

das verteduras.

Dado que cómpre amparar e potenciar a actividade transformadora derivada do

sector primario, dada a necesidade vital de amparar a calidade das augas e facer

compatibles a actividade co medio e como este problema non só se circunscribe

ao río Enviando e á problemática de Chantada-Taboada e a esta actividade, senón

que o mesmo problema atopalo no río Saviñao (cunha situación de deterioro

importante na saúde e vida das augas), ou no río Cabe con outras empresas de

transformación láctea, nos ríos que baixan do Courel coa extracción de lousa; ...

situacións extrapolables ás catro provincias galegas, a moitas canles de auga e a

moitas actividades ligadas ao sector primario.

9776

Page 61: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Entendemos que o Goberno galego é garante de calidade das augas públicas e por

outra banda, debe ser impulsor da actividade no sector primario, facendo

compatible desenvolvemento e medio, despois de proclamar que esta é a

lexislatura do rural.

Ante esta situación os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes

preguntas:

1ª) Que está a facer o Goberno galego para coidar pola calidade das augas

públicas de mananciais, regatos, regos e ríos fronte a este tipo de verteduras?

2ª) Lévase a cabo algún seguimento das verteduras destas empresas e do estado

dos ríos afectados?

3ª) Ofrécese algún tipo de axuda técnica e ou asesoramento para mellorar as

condicións das verteduras?

4ª) Hai algunha liña de axuda económica para mellorar e adaptar os sistemas de

depuración de residuos ou vertidos, no seu caso, en que consisten?

Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:24:46

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:24:57

Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:25:08

Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:25:21

Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:25:29

9777

Page 62: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

A Mesa do Parlamento

Moisés Blanco Paradelo, Raquel Arias Rodríguez, José González Vázquez, Carlos

Gómez Salgado, Carlos E. López Crespo e Daniel Vega Pérez, deputados e

deputada do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no

artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a

seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

Nos últimos anos, o sector vitivinícola galego, ten experimentado unha evolución

altamente positiva, e non sendo alleo ao contexto económico no que vivimos, a pesar

das dificultades, os datos en canto a produción, comercialización e exportación de viño

seguen a ser positivos.

E isto débese principalmente ao gran traballo que teñen feito os viticultores, produtores,

adegueiros e os Consellos Reguladores das cinco Denominacións de Orixe (Monterrei,

Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) que teñen unha relevancia

económica e social moi importante nas comarca nas que se estenden.

Un traballo que foi refrendado e fortalecido pola Consellería do Medio Rural, a través

da convocatoria de diferentes liñas de axuda en varios eidos, así como en accións

promocionais mediante diferentes fórmulas, a presenza en feiras e certames

comerciais con stands intitucionais, ou a organización de eventos como as Catas-

concurso dos viños de Galicia, que se teñen convertido nun auténtico referente no

panorama vinícola galego e español.

Tendo en conta a importancia do sector vitivinícola para a economía galega, que

implica a máis de 17.000 viticultores e preto de 450 adegas, os deputados asinantes

presentamos as seguintes preguntas:

1. Cal foi o produción de viño galego no ano 2016? 2. Cal é valor do viño comercializado na campaña 2015-2016?

9778

Page 63: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

3. Cal é a evolución das cifras de exportación nos últimos anos? 4. Cales foron as medidas postas en marcha pola Consellería do Medio Rural para

mellorar a produción, a comercialización e internacionalización do sector vitivinícola?

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017 Asinado dixitalmente por:

Moisés Blanco Paradelo na data 17/01/2017 17:01:44

Raquel Arias Rodríguez na data 17/01/2017 17:01:52

José González Vázquez na data 17/01/2017 17:02:00

Carlos Gómez Salgado na data 17/01/2017 17:02:12

Carlos Enrique López Crespo na data 17/01/2017 17:02:20

Daniel Vega Pérez na data 17/01/2017 17:02:35

9779

Page 64: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel Álvarez Martínez, María Concepción

Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e José Manuel Pérez Seco, deputados e

deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7ª.

Independentemente do debate sobre o cambio climático hai unha evidencia

constatada polos datos de recollida de choiva e temperaturas nas últimas décadas

que apuntan a un cambio no comportamento climático que vén a substanciarse

nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na desaparición e

diminución de caudais e mananciais.

As canles de auga no noso rural etiquetados como mananciais, regos, regatos e

ríos teñen unha gran importancia que polas variables climáticas antes referidas

son xa a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o

valor non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico,

senón tamén como elementos claves para o desenvolvemento da actividade

humana e non só da económica: auga para o rego de cultivos, limpeza de

instalacións, subministro imprescindible de certas actividades transformadoras,

senón mesmamente para o abastecemento de auga potable para lugares, pobos,

vilas e cidades.

Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na

calidade e pureza das súas augas case en paralelo á diminución dos caudais.

Primeiro foron vertidos moi illados e circunstanciais que nos anos 80 acabaron

por xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de

tratamentos químicos aos cultivos e os vertidos de lugares, pobos e vilas.

Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte envellecemento da poboación

de lugares, pobos e vilas, de comarcas enteiras, non só está sustentado nun

drástico cambio do modelo demográfico, cultural e produtivo.

9780

Page 65: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o elemento que

acaba por facer desistir a moita xente nova para que non fixen a súa residencia en

parroquias, vilas e comarcas do rural galego. As actividades de transformación de

materias primas do eido rural (agricultura, gandaría e silvicultura ...) en produtos

manufacturados substanciadas en pequenas e medianas “industrias” teñen que ter

un valor estratéxico e todo o apoio das administracións e do tecido social.

O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha

convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do

rural e o medioambiente.

A realidade que se vive todos os días evidéncianos unha continua agresión ao

medio natural en forma de vertidos aos mananciais, regos, regatos e ríos

orixinados por actividades de transformación do sector primario que poñen en

perigo non só a saúde das propias canles, senón tamén a pervivencia dos veciños

e veciñas no eido rural.

Ante esta situación os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes

preguntas para a súa resposta oral.

1ª) Dispón o Goberno galego dun mapa de vertidos nas canles de auga da

comunidade autónoma derivado da actividade transformadora xurdida do sector

primario?

2ª) Ese mapa de vertidos está especificado en función dos distintos tipos de

vertidos en canto á súa procedencia?

3ª) Os distintos vertidos en función da actividade están consignados e/ou

clasificados en función do seu impacto negativo e perigosidade nas augas e o

medio?

Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2016

9781

Page 66: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:26:08

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:26:16

Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:26:31

Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:26:49

Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:26:58

9782

Page 67: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Alvarez e José Manuel Pérez Seco, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan

ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión

6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

A chegada de Donald Trump á Presidencia dos Estados Unidos de América

está introducindo elevados niveis de incerteza en moitas actividades

económicas, pero con poucos sectores ten sido tan claro como coa industria

da automoción, no só do seu país, senón tamén coas empresas no

estranxeiro.

Unha deriva proteccionista que está a afectar fundamentalmente a industria

automotriz de México, ameazando con impor "grandes aranceis" aos

fabricantes estadounidenses Ford e General Motors (GM), o xaponés

Toyota, si seguen ensamblando os seus vehículos fora de EE.UU. e os

venden no seu país. Así, Ford xa cancelou unha inversión de 1.600 millóns

de $ para unha planta en México.

Neste momento, a industria automotriz é un símbolo do estatus do sector

industrial en calquera parte do mundo. En Galicia, o Grupo PSA é un

tecido industrial moi competitivo en torno ás auxiliares da automoción,

teñen acadado un grande de competitividade internacional moi elevado.

De feito, a industria galega auxiliar da automoción ten situado en México

un dos seus focos máis importantes de expansión. México superou en 2010

os dous millóns de vehículos producidos; en 2015 superou os 3,25 millóns

e as proxeccións eran que antes de 2020 supere os 5 millóns.

Pero fronte a estas expectativas de crecemento, os riscos para a industria

mexicana de automoción son neste momento moi elevados, xa que pode

haber un efecto dominó en outras compañías e industrias que sigan o

exemplo.

Aínda que México non é o maior exportador de vehículos a EE.UU., pois

Xapón, Alemaña e Canadá disputan o primeiro lugar, ten algunhas

9783

Page 68: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

vantaxes respecto a outros países. Por un lado, ten máis de 40 tratados de

libre comercio con diferentes países e a Unión Europea, que lle permiten

importar materias primas con aranceis preferenciais, e por outra, é parte do

Tratado de Libre Comercio de América del Norte (TLCAN), e así os

vehículos feitos en México poden pasar a través da fronteira USA sen

pagar impostos.

Estas son as razóns polas que a industria automotriz de México está no

punto de mira do novo goberno dos Estados Unidos, o que engade un

elemento importante de incerteza máis ao sector galego das auxiliares da

automoción.

Por todo o exposto, os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. É consciente a Xunta de Galicia do impacto que as políticas

comerciais anunciadas polo presidente dos USA, Donald Trump,

poden ter no sector da automoción galego?

2. Ten mantido contactos o Goberno galego con PSA e coas empresas

auxiliares da automoción en relación con este novo escenario?

3. Ten mantido contactos o Goberno galego cos sindicatos que teñen

representación no sector da fabricación de vehículos e as empresas

auxiliares?

4. Está elaborando a Xunta de Galicia algunha estratexia de actuación,

xunto coas empresas e sindicatos, ante o posible impacto no mercado

mundial de automóbiles e os seus compoñentes?

Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017

Asdo.: Abel Losada Alvarez

José Manuel Pérez Seco

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

9784

Page 69: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/01/2017 18:38:13

Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 18:38:19

9785

Page 70: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Alvarez deputados pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no

artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión 6.ª.

O comercio en Galicia é unha as nosas maiores fontes de riqueza e

cohesión social. A súa importancia, non só para a economía senón tamén

dende o puntos de vista social e urbano, está fóra de toda dúbida.

En Galicia, o peso do comercio na economía é superior ao conxunto da

Unión Europea, alcanzando arredor do 12 % do PIB total e preto do 18 %

do emprego.

O Goberno galego aprobou un Plan estratéxico de impulso ao comercio

galego 2015 – 2020, cuxo obxectivo fundamental era o desenvolvemento

dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do

sector.

Por todo o exposto, os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas:

1ª) Ten pensado o Goberno galego elaborar e presentar un plan integral de

axudas ao pequeno e mediano comercio?

2ª) Contempla a posibilidade de presentar axudas para a mellora da

competitividade do pequeno e mediano comercio?

9786

Page 71: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

3ª) Que medidas ten pensado implantar para o fomento do emprego neste

sector?

Pazo do Parlamento, 18 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Jóse Manuel Pérez Seco na data 18/01/2017 18:48:31

Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/01/2017 18:48:40

9787

Page 72: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, deputados pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta

para a súa resposta oral na Comisión 6ª.

Mentres o sector turístico en España bate records coa chegada de 75,3 millóns de

viaxeiros internacionais, en Galicia baixa un 19 %, cunha chegada de 1.021.536

de viaxeiros internacionais.

Galicia non só é a comunidade que experimentou un maior descenso na súa

rendibilidade, tamén é a que obtén os ingresos máis baixos das catro

comunidades do norte.

O sector do turismo a día de hoxe podemos consideralo como unha actividade

económica moi importante para Galicia, xa que contribúe a crear numerosos

postos de traballo e favorecer o reequilibrio territorial.

Ante esta situación os deputados que asinan preguntan:

1ª) Que valoración fai o Goberno galego dos resultados do turismo durante o ano

2016?

2ª) Que valoración fai o Goberno galego da disparidade dos datos, sobre a

chegada de turistas internacionais, entre os do Goberno de España e os da Xunta

de Galicia?

3ª) Considera que a situación actual pode ter a súa orixe na mala xestión e

errática política de promoción realizada nos últimos anos?

4ª) Que actuacións pensa desenvolver o Goberno galego para contribuír á

recuperación do sector turístico en Galicia?

9788

Page 73: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Pazo do Parlamento, 19 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Jóse Manuel Pérez Seco na data 19/01/2017 14:17:28

Abel Fermín Losada Álvarez na data 19/01/2017 14:17:45

9789

Page 74: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil

Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Xosé Luis Bará

Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte

Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.

Os datos do IGE coñecidos no mes de decembro de 2016 son preocupantes e

poñen o acento no incremento porcentual do grao de risco de exclusión e pobreza así

como nas dificultades por parte dos fogares galegos á hora de manter a vivenda a unha

temperatura axeitada nos meses de inverno. arredor de 375.000 fogares galegos que

cada mes ingresan menos do SMI.

O 18 de xaneiro, no marco dunha vaga de frío que se estendeu na Península e

afectou de forma considerábel ao noso país, que padeceu un grande descenso das

temperaturas, coñecemos un importante aumento das tarifas eléctricas. O propio

ministro de enerxía recoñecía que o recibo eléctrico sería en 2017 ata cen euros máis

caro do que o ano anterior. Nos primeiros días do ano 2017 os prezos da electricidade

incrementáronse até o 11% se comparamos co ano 2016 chegando até os 78'8€ por

megawatio hora, o que supuxo bater o récord á alza desde 2013. No noso contexto

socioeconómico isto supón o aumento da xa de por si enorme fenda entre os ingresos

dos fogares e o volume que supón nas súas economías o pagamento do recibo da luz, un

ben básico e de primeira necesidade.

Desde o nacionalismo galego temos denunciado o gran calote que supón o

mercado eléctrico no Estado español, máis aínda despois das modificacións de tarifas do

9790

Page 75: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Partido Popular, que non fixeron máis que contribuír ao escurantismo dun oligopolio

cuxo funcionamento está nas antípodas da transparencia. Aliás, en aras do presunto

“déficit tarifario” o emporio eléctrico mantén os seus beneficios a custo das persoas

consumidoras, supoñendo un abuso ao tratarse dun ben de primeira necesidade.

Doutra banda, dende o punto de vista territorial, é un sistema deseñado en base a

unha óptica centralista que sitúa a Madrid como punto central e deseña o sistema

obviando a distribución das fontes de electricidade e as consecuencias que ten esta

produción sobre as poboacións e territorios que a acollen. Deste xeito, as políticas

centralistas e ao servizo das eléctricas do Partido Popular teñen impedido a negociación

dunha tarifa eléctrica galega con base na condición de Galiza como excedentaria na

produción de electricidade malia que isto abriría as portas a unhas menores e máis

controladas tarifas, redundando en última instancia no ben dos e das consumidoras

domésticas e das empresas.

Por todo isto, formulamos as seguintes preguntas para a súa reposta oral na

Comisión 6ª:

1.- Que actuacións ten desenvolvido ou vai desenvolver o Goberno galego para

evitar os abusos na suba da luz para as persoas usuarias?

2.- Que actuacións ten desenvolvido ou vai desenvolver para que o recibo da luz

deixe de ser un dos problemas máis preocupantes e relevantes para os fogares galegos?

3.- Ten tomado ou vai tomar medidas para que as persoas autónomas non teñan

no pagamento do recibo da luz un factor engadido de dificultade económica á hora de

manter os seus proxectos?

9791

Page 76: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Ana Belén Pontón Mondelo

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Xosé Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 19/01/2017 17:04:34

Olalla Rodil Fernández na data 19/01/2017 17:04:40

Xose Luis Rivas Cruz na data 19/01/2017 17:04:44

María Montserrat Prado Cores na data 19/01/2017 17:04:48

Xosé Luis Bará Torres na data 19/01/2017 17:04:50

Ana Pontón Mondelo na data 19/01/2017 17:04:54

9792

Page 77: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Luis Álvarez Martínez e Noela Blanco Rodriguez, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do

disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a

seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión permanente non

lexislativa de control da corporación da RTVG.

No proceso de dixitalización que se presupón que comezará este ano na CRTVG

non está contemplada a dixitalización do arquivo da Corporación. Chegados a

este punto, tendo en conta a necesidade de contar con estes recursos dixitais para

o funcionamento informativo ordinario así como para recuperar a memoria

histórica de Galicia, a RTVG non pode seguir obviando esta obrigación.

Ante esta situación de indefinición e falla de planificación, formúlanse as

seguintes preguntas:

1ª) Cales son os plans e os prazos para levalo a cabo?

2ª) Que orzamento se estima necesario para o dito proceso?

Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 16/01/2017 11:24:50

Noela Blanco Rodríguez na data 16/01/2017 11:25:05

9793

Page 78: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Luis Álvarez Martínez e Noela Blanco Rodriguez, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do

disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a

seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión permanente non

lexislativa de control da corporación da RTVG.

Para levar a cabo o proceso de dixitalización na RTVG está prevista a

construción dun edificio anexo á redacción da TVG onde serán desprazados

provisionalmente numerosos profesionais.

Ante esa situación o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes

preguntas:

1ª) Cal é o prezo final desta construción?

2ª) Cal é o calendario de traballo previsto?

3ª) Como se aproveitarán no futuro estas instalacións cuxo custo, sen dúbida,

será importante?

Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 16/01/2017 11:25:28

Noela Blanco Rodríguez na data 16/01/2017 11:25:44

9794

Page 79: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

9795

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017

ESTRUTURA DO BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNOINTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS4.1. INFORMACIÓNS

4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS

Page 80: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · SUMARIO A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos: 1. Procedementos parlamentarios

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727