Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

16
 BORRADOR DE ORDENANZA DE PROTECCIÓN E CONVIVENCIA ANIMAL NO CONCELLO DE VILALBA [Escribir el subtítulo del documento]  Vilalbaberta Proposta aberta ao Pleno Municipal 25/03/2016  Asemblea de Vilalba Aberta 

Transcript of Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

Page 1: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 1/16

 BORRADOR DE ORDENANZA DE PROTECCIÓN

E CONVIVENCIA ANIMAL NO CONCELLO DE

VILALBA [Escribir el subtítulo del documento] 

Vilalbaberta 

Proposta aberta ao Pleno Municipal

25/03/2016 Asemblea de Vilalba Aberta 

Page 2: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 2/16

Pleno Ordinario de Marzo 

Page 3: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 3/16

CAPÍTULO PRIMEIRO. OBXECTO

Artigo 1

A presente Ordenanza ten por obxecto a protección, a defensa e a fiscalización dos

dereitos dos animais, así como a regulación dos dereitos e deberes dos seus

propietarios e a da convivencia entre os animais que viven na contorna urbana e rural

e os seus habitantes.

Artigo 2

Para a aplicación efectiva, enténdese por:

a)  Animais domésticos: os que pertencen a especies que habitualmente se crían,

se reproducen e conviven con persoas e que non pertencen á fauna salvaxe.

Teñen tamén esta consideración os animais que se crían para a produción

dalgún produto útil para o ser humano, os animais de carga e os que traballan

na agricultura ou en calquera outra actividade, ben sexa produtiva ou de lecer.

b)  Animais de compañía: os animais domésticos que as persoas manteñen co fin

de darse compañía mutua.

c)  Animais salvaxes: os autóctonos e non autóctonos que viven habitualmente en

estado natural.d)  Animais salvaxes en catividade: os animais autóctonos e non autóctonos

salvaxes que, de forma excepcional, viven en catividade.

e)  Animais exóticos: os animais de compañía, domésticos e salvaxes pertencentes

a especies orixinarias de territorios alleos ao noso ámbito xeográfico.

f)  Animais potencialmente perigosos: os definidos como tal no Real Decreto

287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de

decembro, sobre o réxime xurídico de tenencia de animais potencialmente

perigosos.

g) 

Especie invasora: especie que se introduce ou establece nun ecosistema ouhábitat natural e que se converte en axente de cambio e ameaza para a

diversidade biolóxica nativa.

Artigo 3 

Corresponde á Alcaldía nomear un/a concelleiro/a responsable do eido da Protección

Animal.

Page 4: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 4/16

Page 5: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 5/16

Page 6: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 6/16

1.  Os animais de compañía ou domésticos que deban permanecer en espazos

anexos á vivenda, ou en calquera terreo exterior, deben dispor dun habitáculo

impermeable no que gorecerse das inclemencias do tempo e un espazo de

recreo e exercicio. Prohíbese a súa estancia nos balcóns e terrazas, sen teren

acceso ao interior da propia vivenda.2.  Os animais de compañía non poden quedar atados de forma permanente. Se

por algún motivo xustificado un can debe permanecer atado, débense cumprir

as disposicións do apartado 1 de leste mesmo artigo. A lonxitude da atadura

non pode ser, en ningún caso, inferior a tres metros e debe ser, como mínimo,

a medida resultante de multiplicar por catro a lonxitude do animal.

3.  Se, por motivos xustificados, un can ou un equino debe permanecer atado ou

encerrado, débeselle garantir exercicio físico de forma regular.

4.  Non se pode reter aos animais domésticos ou de compañía que pertencen a

especies protexidas ou en risco de extinción, nin a aqueles que non poidanadaptarse á catividade, salvo aqueles casos que sexan expresamente

autorizados polas administracións competentes.

5.  Queda prohibida a tenencia de animais exóticos que, liberados no medio,

supoñan un perigo para o noso ecosistema e as especies autóctonas.

6.  Se un animal salvaxe ou exótico non é declarado e censado no prazo

establecido ou se comprobe que non se adaptaron as condicións para súa

tenencia, o Concello pódeo comisar e levar a un núcleo zoolóxico adecuado,

onde quedará en custodia ata que a propiedade adapte a súa situación a esta

Ordenanza. Os gastos de custodia e mantemento do animal neste centro

correrán a cargo da propiedade.

7.  O Concello habilitará e regulará un recinto propio ou externo, onde se

manterán en custodia os animais domésticos e de compañía atopados sen a

presenza da persoa responsable. Neste recinto os animais permaneceran o

tempo preciso para localizar ao seu responsable.

8.  O Concello poderá establecer os mecanismos de cooperación oportunos con

outras administracións e entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro

autorizadas debidamente que teñan por obxecto a defensa e protección dos

animais.

CAPÍTULO CUARTO. CIRCULACIÓN

Artigo 10

Na vía e nos espazos públicos os animais de compañía deben cumprir os seguintesrequisitos:

Page 7: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 7/16

a)  Ir atados por medio dun colar ou arnés e unha cadea ou correa que permita o

control do animal.

b)  Nos núcleo urbano os gatos poden circular soltos.

c)  Queda prohibida a presenza de cans, equinos e outros animais soltos en zonas

destinadas a xogos infantís e zonas axardinadas en horario diúrno. Nos xardínsque non teñan zona acoutada poderán estar desde as nove da noite ata as sete

da mañá, acompañados dos seus donos ou responsables.

d)  Queda prohibido lavar na rúa aos animais de compañía.

e)  Queda prohibida a circulación, polas vías e espazos públicos ou privados de

concorrencia pública, de animais de especies salvaxes.

f)  Os animais só poderán permanecer dentro dos vehículos estacionados por

períodos moi curtos de tempo e adoptando as medidas pertinentes para evitar

accidentes e molestias aos animais.

g) 

Queda prohibida a entrada de animais de compañía en locais destinados áfabricación, venda, almacenamento, transporte ou manipulación de alimentos.

h)  Os propietarios de establecementos públicos de todo tipo, hoteis, pensións,

bares, restaurantes e similares, segundo o seu criterio, poden prohibir ou

aceptar a entrada e permanencia de animais domésticos nos seus

establecementos, o que deben sinalar visiblemente na entrada, de acordo cos

requisitos establecidos na normativa vixente.

i)  Os cans lazarillos quedan exentos das prohibicións anteriores.

Artigo 11

No casco urbanos está prohibido deixar os excrementos dos animais de compañía nas

vías e espazos públicos ou privados de concorrencia pública. Os propietarios dos

animais ou as persoas que os conduzan son responsables da eliminación correcta

destas deposicións. No caso de que se produza a infracción desta norma, serán os

axentes da autoridade os encargados de sancionar ao propietario ou condutor do

animal.

CAPÍTULO QUINTO. ANIMAIS ABANDONADOS

Artigo 12

Queda prohibido o abandono de animais, tanto no medio natural como no casco

urbano. Os propietarios que non queiran continuar téndoos están obrigados a

buscarlles un fogar ou, en último termo, dalos a unha asociación protectora de animais

legalmente recoñecida, ao servizo municipal encargado da súa acollida ou á entidade

Page 8: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 8/16

que teña delegado o servizo, pagando as taxas correspondentes. Non se considerarán

abandonados os cans e cabalos convenientemente identificados co microchip.

Artigo 13

Considerarase que un animal é vagabundo cando non leve microchip nin identificaciónda súa orixe ou do seu propietario e non vaia acompañado de ningunha persoa nin

teña propietario coñecido. Neste suposto, é responsabilidade do Concello facerse

cargo do animal.

Artigo 14

Os animais en xeral, e de xeito particular os cans abandonados, serán recolleitos polos

servizos que dependan do Concello ou pola asociación ou entidade legalmente

constituída que o Concello designe e serán levados ao recinto correspondente ata que

este sexa reclamado pola propiedade, cedido ou adoptado.

Os animais depositados no centro de recollida municipal deberán permanecer, como

mínimo, o tempo que establece a Lei autonómica de aplicación.

O Concello pode derivar estes animais a algunha entidade protectora colaboradora ou

a outra autorizada, onde cumprirán o seu período legal de espera.

Unha vez transcorrido este prazo, o animal pode ser dado en adopción a un particular,

unha vez vacinado e identificado con microchip, ou en acollida a algunha asociación

protectora de animais legalmente constituída, á canceira doutro municipio ou, se non

hai máis remedio e cumprindo os requisitos legais, ser sacrificado.

No suposto de tratarse de animais salvaxes ou exóticos, en ningún caso poden ser

ofrecidos en adopción a particulares.

No caso de que o animal leve algún sistema de identificado, os servizos municipais

correspondentes deberán avisar ao propietario ou propietaria, quen dispoñerá dun

prazo de oito días para recuperalo, despois de abonar as taxas correspondentes.

Se o animal non leva ningún sistema identificado e é reclamado polo seu propietario

ou propietaria, este deberá demostrar que o animal é seu, mediante calquera proba ao

seu alcance e deberá identificar o animal co microchip.

En ambos os casos o propietario deberá abonar os gastos orixinados polo seu

mantemento ademais de presentar a cartilla sanitaria coas vacinas ao día. Se non a

tivese ou non estivese actualizada, estará na obrigación de dala de alta ou de axustala

á lexislación vixente.

Page 9: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 9/16

A partir do achado do animal, o Concello difundirá a fotografía e a descrición do animal

a través de todos e cada un dos medios ao seu dispor.

Artigo 15

Durante a estancia dos animais recollidos polos servizos municipais nas súasdependencias, estes recibirán un trato digno e o Concello encargarase de dar conta

puntualmente aos veciños/as sobre o estado dos animais atopados e custodiados. 

Artigo 16

O Concello, ou a entidade colaboradora debidamente autorizada con que teña

convenio asinado, debe decidir o destino dos animais que non fosen recuperados ou

adoptados despois dos 15 días de estancia mínima no recinto municipal, seguindo a

filosofía e as normas desta Ordenanza e avogando, sempre que sexa posible, por unha

política de sacrificio 0.

O Concello, ou a entidade colaboradora coa que teña convenio asinado, decidirá a

quen e en que termos dar en adopción os animais. No momento de dar o animal o

novo propietario deberá abonar os gastos de vacinación, desparasitación, cartilla

sanitaria e identificación do animal.

En determinados supostos, hai animais que non son susceptibles de adopción, xa que

debe prevalecer a seguridade e a saúde das persoas, isto é: enfermidades,

agresividade, etc… 

CAPÍTULO SEXTO. NORMATIVA SANITARIA

Artigo 17

O Concello colaborará na promoción e a divulgación das vacinacións e tratamentos

que en cada momento sinale ou recomende a administración competente.

Artigo 18

Os posuidores de animais de compañía deberán a cumprir coa normativa sanitaria que

en cada momento sinale a administración competente.

Artigo 19

O propietario/a deberá dispoñer da cartilla sanitaria correspondente, coas

características establecidas legalmente.

Page 10: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 10/16

CAPÍTULO SÉPTIMO. CENSO MUNICIPAL

Artigo 20

Os propietarios/as de cans deberán inscribir aos animais no censo municipal, a tal fin

facilitado, dentro do prazo máximo de tres meses dende a data de nacemento ou de

adquisición do animal.

Artigo 21

Os posuidores de animais catalogados como potencialmente perigosos segundo a

lexislación vixente deberán dispoñer da licenza municipal de tenencia correspondente

e formalizar a solicitude de inscrición no Rexistro de Animais PotencialmentePerigosos.

Artigo 22

As baixas por morte ou desaparición dos animais censados deberán ser comunicadas

nun prazo máximo de 3 meses desde que se produciu o feito e, ao mesmo tempo,

deberase presentar a documentación do animal.

Artigo 23

As persoas que transfiran a propiedade dun animal ou cambien de dirección están

obrigadas a comunicar este feito e os datos do novo propietario ou propietaria e a

nova dirección no censo municipal nun prazo que non exceda os 15 días.

Artigo 24

Cando a identificación dos animais sexa obrigatoria, esta realizarase mediante a

implantación dun microchip. 

A persoa ou entidade responsable do marcado do animal deberá entregar á

propiedade deste animal o documento acreditativo deste feito, onde deberán constar

os seguintes datos, isto é: o sistema de identificación utilizado, os datos da persoa ou

entidade que realiza este marcado, a especie animal, a raza, o sexo e a data de

nacemento do animal.

Artigo 25

O Concello deberá consultar os datos contidos no REGIAC (Rexistro Galego de

Identificación de animais de compañía) para elaborar o seu censo de animais

domésticos.

Page 11: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 11/16

CAPÍTULO OITAVO. SACRIFICIO

Artigo 26

O sacrificio de animais de compañía só poderá ser efectuado por un veterinario e pola

vía de procedementos eutanásicos que aseguren a previa sedación e anestesia do

animal a fin de evitar o seu sufrimento. 

Artigo 27

Queda prohibido o sacrificio dun animal de compañía por decisión do seu propietario

por motivos arbitrarios. O sacrificio dun animal só debe levar a cabo en caso de

enfermidade grave, dolorosa e incurable, ou por supoñer un risco para a saúdepública.

Cando o propietario ou propietaria non queira continuar asumindo a súa tenencia, está

obrigado/a a buscar para el un fogar ou, en último termo, a dalo a unha asociación

protectora de animais legalmente recoñecida, ao servizo municipal encargado da súa

acollida ou á entidade que teña delegado o servizo, pagando as taxas correspondentes.

Artigo 28

O Concello é o responsable da retirada dos animais mortos nas vías públicasmunicipais. A recollida efectuarase de forma que impida a contaminación do persoal

afecto ao servizo e, en todo caso, en bolsas ou recipientes precintados. Os restos

deberán ser eliminados dacordo coa lexislación vixente e en centros para tal fin

autorizados.

CAPÍTULO NOVENO. INSPECCIÓN MUNICIPAL

Artigo 29

Corresponderalle ao Concello: 

a)  Divulgar campañas informativas do contido desta normativa para os

escolares e para a poboación en xeral.

Page 12: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 12/16

b)  Establecer un sistema de cooperación con outras institucións públicas ou

entidades autorizadas para gozar dun sistema de información actualizado

que lle permita coñecer o censo canino municipal.

c)  Recoller, custodiar, identificar e derivar, preferentemente a través da

adopción de particulares ou de centros, a refuxios ou asociacións deprotección animal sen ánimo de lucro, os animais abandonados ou dados

polos seus propietarios de acordo coa presente Ordenanza.

d)  Dar acollida aos animais durante os períodos de tempo mínimos

establecidos nesta Ordenanza.

e)  Vixiar e fiscalizar o cumprimento de todos e cada un dos termos desta

Ordenanza.

f)  Habilitar un ou varios espazos idóneos sinalizados para o paseo e

esparexemento dos cans en liberdade, en suficiente número e distribución

para satisfacer a demanda, determinando as condicións de uso e instalaciónnestes espazos de uso compartido entre persoas e animais, e establecendo

tanto nestes espazos como na vía pública o equipamento necesario para as

deposicións dos animais de compañía.

Artigo 30

A efectos desta Ordenanza, terán a consideración de asociacións para a protección e

defensa dos animais aquelas que estean legalmente constituídas, sen ánimo de lucro e

teñan como finalidade a protección e defensa dos animais.

As asociacións para a protección e defensa dos animais que reúnan estes requisitos

poderán obter o título de entidades colaboradoras do Concello e asinar, a tal fin, un

convenio de colaboración e xestión para o cumprimento desta Ordenanza e os

dereitos dos animais.

O Concello poderá convir coas entidades colaboradoras a realización de diferentes

funcións, que se detallarán no documento de firma do convenio.

Os axentes da autoridade poderán prestar a súa colaboración ás entidades

colaboradoras para as xestións que teñan relación co cumprimento desta Ordenanza

municipal.

O Concello poderá establecer axudas económicas para as súas entidades

colaboradoras, sempre que estas presenten, previamente, unha memoria co estudo

económico e financeiro correspondente onde se especifiquen as actividades para

financiar e as distintas fontes de recursos.

CAPÍTULO DÉCIMO. SANCIÓNS

Page 13: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 13/16

 

Artigo 31

As accións e omisións que infrinxan esta Ordenanza e a súa normativa complementaria

e a expresada nas leis autonómicas de aplicación xerarán responsabilidade de naturezaadministrativa, sen prexuízo da esixible pola vía penal, civil ou doutra orde en que

poidan incorrer.

Se se denuncia unha infracción cara a un animal e este desaparece, a contía da sanción

poderase incrementar ata o dobre do importe correspondente á infracción cometida.

Artigo 32

As infraccións a que se refire este título clasifícanse en leves, graves e moi graves. 

Artigo 33

Teñen a consideración de leves as seguintes infraccións:

a)  A circulación pola vía pública e propiedades privadas alleas ao propietario,

sen a autorización correspondente, de cans que non vaian acompañados e

conducidos por unha persoa e baixo a súa responsabilidade.

b)  Ensuciar cos excrementos dos animais as beirarrúas, vías urbanas, espazos

públicos e calquera o lugar destinado ao tránsito de peóns.

c) 

O incumprimento do establecido nesta Ordenanza con respecto ácirculación dos animais de compañía.

d)  A posesión dun can sen microchip de identificación.

e)  O incumprimento do establecido nesta Ordenanza con respecto á posesión

e aloxamento dos animais de compañía, exceptuando o disposto no

Capítulo Terceiro, artigo 8, punto 2.

f)  O incumprimento de calquera norma desta Ordenanza que non teña a

consideración de grave ou moi grave.

Artigo 34

Teñen a consideración de graves as seguintes infraccións:

a)  A circulación pola vía pública e propiedades privadas alleas ao propietario sen a

autorización correspondente, de cans potencialmente perigosos que non vaian

acompañados e conducidos por unha cadea ou correa resistente así coma con

un bozal de teren antecedentes de comportamentos agresivos.

b)  O transporte de animais con vulneración dos requisitos establecidos na

lexislación vixente.

c) 

O abandono non reiterado dun animal.

Page 14: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 14/16

d)  A exposición e venda de animais con enfermidade non contaxiosa, salvo que

este extremo fose descoñecido polo vendedor no momento da transacción.

e)  A venda ambulante de animais fóra dos mercados e as feiras.

f)  A posesión dun can potencialmente perigoso sen rexistrar no Rexistro de

Animais Potencialmente Perigosos.g)  O incumprimento por parte do propietario dun animal do establecido nesta

Ordenanza no Capítulo Terceiro, artigo 8, punto 2.

Artigo 35

Teñen a consideración de moi graves as seguintes infraccións:

a)  A esterilización, a práctica de mutilacións innecesarias, as agresións físicas que

producen lesións ao animal e o sacrificio de animais sen control veterinario ou

en contra do establecido nesta Ordenanza.b)  O abandono reiterado dun animal.

c)  A exposición e venda de animais con enfermidade contaxiosa, salvo que fose

imposible de detectar no momento da transacción.

d)  A celebración de espectáculos de pelexas entre animais.

e)  A liberación no medio de especies non autóctonas que supoñan un perigo para

o ecosistema e a fauna e flora autóctonas.

Artigo 36

As infraccións cometidas contra os preceptos desta Ordenanza e das leis autonómicas

de aplicación serán sancionadas da seguinte maneira, segundo o que se estipula na

seguinte táboa. No que ten que ver coas leis autonómicas, a sanción responderá ao

expresado na mesma.

1.  As infraccións leves sancionaranse con multa de 100 a 300 euros.

2.  As infraccións graves sancionaranse con multa de 300 a 1.500 euros.

3.  As infraccións moi graves sancionaranse con multa de 1.500 a 15.000 euros.

Artigo 37

A imposición de sancións corresponde á Alcaldía no caso das que teñan a

consideración de leves e ao Pleno no caso das que a teñan de graves e moi graves.

Artigo 38

A imposición de calquera sanción prevista nesta Ordenanza non exclúe a

responsabilidade civil e penal e a eventual indemnización de danos e prexuízos que lle

poidan corresponder á persoa infractora.

Page 15: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 15/16

Disposición final

Todo canto non se prevé nesta Ordenanza, axustarase ao disposto en toda a lexislación

e a normativa de rango superior existentes así como ás que se poidan lexislar

posteriormente.

Page 16: Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 16/16

Vilalbaberta