Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

9
REGULAMENTO PARA UNHAS PRIMARIAS CIDADÁS ABERTAS Introducción. Ourense en Común é o espazo de confluencia cidadá de cara ás eleccións municipais de maio de 2015. Nel participa cidadanía ourensá, persoas dos movementos sociais e dos colectivos organizados politicamente que pretenden transformar a acción de goberno municipal dándolle o protagonismo á xente da cidade. Por qué un regulamento de primarias? Como expresión desa vontade compartida as persoas que forman Ourense en común desexan concurrir ás eleccións municipais cunha candidatura conxunta que sairá dun proceso de primarias aberto no que todas aquelas cidadás que o desexen poderán escoller ás candidatas directamente ordenándoas segundo a súa preferencia.O regulamento responde aos seguintes principios: - Será de doada comprensión e transparente en todas as súas fases. - Dará reflexo da pluralidade de persoas que integran Ourense en común. - Ofrecerá un trato igualitario e xusto para todas as persoas que concorran ao proceso de primarias. - Garantirá que todo o poder de decisión recairá no voto cidadán. - Establecerá un sistema de garantías axeitado que asegure o seu cumprimento. 1 QUEN ARBITRA O PROCESO? Xestión do proceso electoral a. A dirección do proceso electoral e todas as cuestións relacionadas con el corresponde ao Comité Electoral. b. O comité electoral estará composto por cinco persoas. Os membros do comité serán investidos pola Asemblea en común. Respectarase en todo caso o criterio de paridade de xénero entre os membros do comité. c. Quedan excluídas del aquelas persoas que participen como aspirantes no proceso de primarias así como as persoas militantes dos partidos políticos que

description

Este é o borrador de regulamento para unhas Primarias cidadás abertas que propón o grupo de traballo de apertura dentro do proceso Ourense en común. Ábrese un período de estudo e redacción de enmendas previo á celebración, o sábado 7 de febreiro, dunha asemblea na que se decidirá e finalmente aprobará o regulamento.

Transcript of Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

Page 1: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

REGULAMENTO PARA UNHAS PRIMARIAS CIDADÁS ABERTAS

Introducción. Ourense en Común é o espazo de confluencia cidadá de cara ás eleccións municipais de maio de 2015. Nel participa cidadanía ourensá, persoas dos movementos sociais e dos colectivos organizados politicamente que pretenden transformar a acción de goberno municipal dándolle o protagonismo á xente da cidade. Por qué un regulamento de primarias? Como expresión desa vontade compartida as persoas que forman Ourense en común desexan concurrir ás eleccións municipais cunha candidatura conxunta que sairá dun proceso de primarias aberto no que todas aquelas cidadás que o desexen poderán escoller ás candidatas directamente ordenándoas segundo a súa preferencia.O regulamento responde aos seguintes principios: - Será de doada comprensión e transparente en todas as súas fases. - Dará reflexo da pluralidade de persoas que integran Ourense en común. - Ofrecerá un trato igualitario e xusto para todas as persoas que concorran ao proceso de primarias. - Garantirá que todo o poder de decisión recairá no voto cidadán. - Establecerá un sistema de garantías axeitado que asegure o seu cumprimento. 1 QUEN ARBITRA O PROCESO? Xestión do proceso electo ral a. A dirección do proceso electoral e todas as cuestións relacionadas con el corresponde ao Comité Electoral . b. O comité electoral estará composto por cinco persoas. Os membros do comité serán investidos pola Asemblea en común. Respectarase en todo caso o criterio de paridade de xénero entre os membros do comité. c. Quedan excluídas del aquelas persoas que participen como aspirantes no proceso de primarias así como as persoas militantes dos partidos políticos que

Page 2: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

conflúen en Ourense en común. Estas forzas terán opción de participar con voz pero sen voto nas reunións do comité. d. As xuntanzas desta comité serán abertas a toda a cidadanía, que coñecerá con antelación dabondo as datas, horas e lugares onde se celebren. Asimesmo, as súas actas serán públicas e divulgaranse polos medios habituais de comunicación de OUeC. e. O Comité Electoral comprométese a que todas as persoas aspirantes reciban apoio equitativo por parte de todas as súas estruturas e a protexer e garantir a privacidade da información que se lles solicite. f. Será función do comité electoral velar polo cumprimento do calendario electoral e das normas presentes neste regulamento. g. O Comité terá que elaborar a información pública de promoción da participación no proceso de primarias. h. O Comité será o encargado de interpretar este regulamento na resolución das posibles queixas, denuncias e irregularidades que se poidan dar durante o proceso de primarias así como de interpretar os baleiros do presente regulamento. i. O comité electoral tomará as súas decisións dacordo ao mecanismo presente no documento que regula a estrutura interna de Ourense en común. k. O comité electoral poderá incorporar membros con voz pero sen voto que teñan perfil profesional legal e que o asesoren na interpretación do presente regulamento así como na interpretación da lexislación vixente en materia de réxime electoral. l. Terá a encomenda de realizar o sorteo para a composición da mesa ou mesas electorais así como de regular a aplicación telemática para o voto electrónico. m. O comité electoral terá capacidade para revogar ás persoas aspirantes que non cumpran o presente regulamento de primarias. 2 QUEN PODE VOTAR? O censo electoral a. O censo electoral está composto por todas as persoas maiores de 16 anos que amosaran a vontade de participar neste proceso de primarias asinando o manifesto de Ourense en común. b. Para integrarse neste censo deberá acreditarse mediante documento identificativo: Documento de identidade, Tarxeta de Identificación de Estranxeiro ou Pasaporte no momento de realizar a votación. Aquelas persoas que na súa documentación non figure Ourense nin como lugar de residencia nin como lugar de nacemento deberán acreditar a súa vinculación ao concello de Ourense mediante presentación de documento orixinal onde figure a cidade

Page 3: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

de Ourense e o seu nome e apelidos:nómicas, certificado de padrón ou recibos de luz, auga, etc. c. Só será precisa a inscrición previa no censo para aquelas persoas que opten polo voto telemático. Esta incrición abrirase ás 0:00h do día 15 anterior ao inicio da xornada de votación e pechará ás 213:59h do terceiro día anterior ao comezo das votacións. Para inscribirse no censo telemático será necesario acreditar estar empadronado en Ourense mediante un documento (certificado do padrón, recibos...) así como os mesmos documentos identificativos que para votar presencialmente. d. Os datos recollidos no censo serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de OURENSE EN COMÚN para o seu uso exclusivo no eido desta iniciativa de acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de caracter persoal. 3 QUEN SE PODE PRESENTAR? Persoas aspirantes a form ar parte da candidatura municipal. a. Calquera persoa maior de 18 anos poderá postularse para ser candidata nas primarias de Ourense en común. Estas persoas deben reunir os requisitos que figuran na lei para ser elixibles nunhas eleccións municipais. (Art.177 e 178 da LOREG) b. Inicialmente non será necesario presentar avais para candidatarse ás primarias. Só no caso de que o número de persoas excedese o triple das que deben figurar na candidatura final, é dicir 81, se requerirán avais. Isto xustifícase en conseguir unha papeleta cunha listaxe non excesiva e facilitar o labor de difusión dos perfís das persoas candidatas a través dos medios propios de OUeC. No caso de requerirse avais as 81 primeiras persoas que acaden maior número de avais serán as que configuren a listaxe final das candidatas. A persoa aspirante presentará a listaxe de avais cos datos persoais da persoa que avale. Unha mesma persoa non poderá prestar respaldo a un número de aspirantes superior a 3. c. Cada persoa aspirante deberá asinar por escrito o compromiso de cumprimento e defensa do programa colaborativo, do código ético e dos principios e obxectivos de Ourense en común. d. As persoas aspirantes deberán, ademais, deixar asinada a súa renuncia ao cargo obtido que puidera resultar do proceso electoral para facilitar a súa revogación no caso de celebrarse proceso revogatorio con resultado positivo. e. No caso de que o número de persoas aspirantes non complete o mínimo de 27 ou non respecte o criterio de paridade de xénero a lista sería completada polo Comité Electoral unha vez celebradas as primarias. Estas persoas serán escollidas entre as participantes en Ourense en común dacordo ao criterio de paridade recollidos neste regulamento.

Page 4: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

f. Que criterios poden excluir a unha persoa para presentarse ás primarias? As persoas aspirantes deberán presentar unha declaración xurada que acredite non atoparse en ningunha das seguintes situacións: - Ser representante nalgunha outra administración distinta do Concello de Ourense. - Ter tido algún tipo de responsabilidade como representante nos anteriores gobernos municipais do goberno de Ourense. - As persoas que formen parte de candidaturas distintas á de Ourense en común a que concorran ás eleccións municipais do mes de maio de 2015. - As persoas imputadas por delitos relacionados con cohecho, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas. - As persoas en situación de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras. g. Que compromisos asume a persoa aspirante? 1. Xustificar documentalmente a súa residencia na cidade de Ourense. 2. Abandonar os cargos orgánicos que ocupe no caso de ser escollida nas eleccións municipais. 3. Asinar un compromiso de cumprimento do Código Ético. 4. Cumprimento estrito do presente regulamento. 4 COMO SERÁ A CAMPAÑA ELECTORAL DAS PRIMARIAS? a. As persoas candidatas poderán dispor de 10 días para explicar as súas formulacións e pedir o voto no proceso de primarias. b. A comisión electoral, garantirá en todo caso, un espazo nos medios de comunicación de Ourense en común para cada unha das persoas aspirantes. A distribución destes espazos será en réxime de absoluta igualdade para cada persoa e en orde aleatoria. Cando menos os espazos postos a disposición das persoas candidatas serán: locais de uso público, páxina web, páxina de facebook, perfil de twitter, canle de vídeo, notas de prensa e lista de distribución de correo. Cada unha das persoas aspirantes estará representada por unha fotografía, un breve texto descritivo do seu perfil non superior aos 140 caracteres e un texto maior de 500 caracteres onde poderá expresar a súa visión persoal e por que cre que debe ser merecedora do voto no proceso de primarias. c. As persoas candidatas teñen dereito a usar os seus perfís persoais en redes sociais. Os medios dixitais propios de Ourense en común enlazarán aos perfís persoais na rede das persoas candidatas, se así estas o solicitan, facilitando

Page 5: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

que a cidadanía interesada en participar no proceso de primarias poida interpelalos directamente. d. Na medida das posibilidades de organización o Comité Electoral facilitará debates públicos entre as persoas candidatas en espazos accesibles. Estes debates sucederanse en días e lugares alternos entre non máis de cinco persoas candidatas a un tempo. Estas persoas escolleranse por sorteo realizado polo Comité Electoral. e. O Comité Electoral desenvolverá unha campaña para animar a participación. f. Ningunha persoa candidata poderá promover unha campaña paralela, con medios diferentes aos dispostos por Ourense en común en igualdade para o conxunto das persoas candidatas. Expresamente quedan prohibidos os orzamentos particulares das persoas candidatas para divulgar ou promover a súa candidatura. En ningún caso se permitirá o o uso de materiasl propagandístico nin a publicidade pagada. g. As persoas candidatas comprométense a levar adiante unha campaña que se rixa polos principios fundacionais de Ourense en común de xenerosidade, lealdade, confianza, colaboración e transparencia. 5 CANDO E ONDE SE PODE VOTAR? Xornadas Electorais O comité electoral será encargado da convocatoria das xornadas electorais. A votación poderase realizarar por un dos dous procedementos elixidos e segundo as posibilidades técnicas das que dispoña a organización: en urna ou por medios electrónicos. a) Votación na mesa: desenvolverase ao longo de dúas xornadas, sábado e domingo e nos locais que a comisión electoral decida establecer. As urnas abrirán ás 10.00h e pecharán ás 20.00h. Na mesa ou mesas electorais haberá un mínimo de tres persoas que escollerá a comité electoral, que terán a función mínima de presidencia, secretaría e vogalía. Poderán formar parte das mesas electorais todas as persoas que llo soliciten anticipadamente á comité electoral e non figuren na listaxe de persoas aspirantes. O local ou locais da votación serán públicos e poderán permanecer neles calquera persoa interesada en ser observadora do proceso, identificándose previamente ante a persoa que presida a mesa electoral e sempre que non sexa unha persoa aspirante nin se entorpeza o desenvolvemento do proceso. O dereito de segredo ao voto estará garantido polos medios loxísticos precisos. Os membros da mesa realizarán o escrutinio, que tamén será público para todas as persoas presentes no momento de pechar a votación. b) Votación electrónica: na medida das posibilidades técnicas das que dispoña o Comité Electoral, habilitará un sistema de votación electrónica. Neste caso, igual que no voto en urna, será necesario que quede debidamente acreditada a identidade dos electores. A duración do período de votación electrónica, de ser o caso, será o mesmo que o do voto na mesa. O código utilizado para o funcionamento deste sistema

Page 6: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

de voto debe ser necesariamente público para que se poida xulgar a súa seguridade, así como garantir o segredo de voto. 6 CAL SERÁ O SISTEMA DE VOTACIÓN? a) O sistema de voto escollido é un voto unha persoa (1x1). Este sistema responde ao principio de adscrición individual, horizontalidade, democracia e dá representación da pluralidade de persoas que participan no proceso. Asimesmo trátase dun sistema de doada comprensión fomentando así a participación da cidadanía. b) As papeletas de votación incluirán os nomes e apelidos de todas as persoas candidatas ordeados aleatoriamente. Nas papeletas de votación presentarase ao carón do nome e apelidos de cada persoa unha caixa e nela marcarase cunha aspa a opción preferida. 7 COMO SE REALIZA O ESCRUTINIO E COMO SE PUBLICAN O S RESULTADOS? a) Unha vez rematadas as votacións, a persoa que presida cada mesa electoral procederá á apertura de urnas e ao reconto das papeletas co apoio dos membros da mesa. b) Rematado o escrutinio comunicaralle os resultados ao comité electoral que, xunto cos resultados da votación electrónica redactará unha acta final de escrutinio. A citada acta seralle comunicada ao grupo de traballo de Coordinación de Ourense en común, que a trasladará ao grupo de traballo de comunicación que será o encargado de facela pública en todos os medios dispoñibles así como de transmitir o resultado ás persoas elixidas. 8 COMO SE CONFECCIÓN A CANDIDATURA? Inmediatamente finalizado e publicado o resultado do escrutinio, o Comité electoral confeccionará a candidatura segundo os seguintes criterios: a) Establecerase unha orde segundo os votos recibidos de maior a menor. A posición na listaxe iráselle adxudicando ás persoas candidatas que obtiveran o maior número de votos ata rematar o número de postos totais que deberán conformar os 27 postos da candidatura máis 9 suplentes. b) No caso de empate no número de votos a orde da listaxe resolverase por un sistema aleatorio realizado mediante sorteo. c) A continuación aplicarase o criterio corrector para promover o equilibrio de representación por xénero. Establécese un sistema intercalado de cremalleira ao 50% de representación de cada un dos xéneros. d) A continuación seguiranse adxudicando as persoas suplentes dacordo aos mesmos criterios.

Page 7: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

9 RENUNCIAS E REVOGACIÓN DAS PERSOAS ELIXIDAS a) No caso de que algunha das persoas elixidas renuncie ao seu posto antes de presentarse a candidatura no rexistro correspondente, este cubrirase segundo os criterios xerais establecidos no punto 7 deste regulamento. No caso de detectarse algún tipo de irregularidade legal ou incompatibilidade co código ético de Ourense en común por parte dalgunha das persoas elixidas estas poderán ser revogadas segundo o seguinte procedemento: - O comité electoral poderá actuar de oficio se detecta algunha das irregularidades anteriormente descritas. - Calquer persoa que participara no proceso de primarias poderá facer chegar un escrito revogatorio á comisión electoral para que o estude e no seu caso o teña en consideración. - A comisión electoral fará chegar á persoa revogada un comunicado no que se lle informe do inicio do proceso revogatorio. - A persoa revogada terá un prazo de 48h para respostar e exercer defensa, no seu caso, fronte a súa revogación. - Pasado ese prazo de 48h o comité electoral poderá fallar a favor ou e contra desa revogación. No caso de renuncia do cabeza de lista: opción A correría lista? opción B, entraría como cabeza a segunda persoa máis votada para encabezar. 10 PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA a) Correspóndelle á persoa que encabezará a lista a obtención e custodia da documentación das persoas candidatas: declaracións asinadas e fotocopia lexible do DI por ambas caras así como a presentación en prazo e forma ante a xunta electoral competente. b) A candidatura de Ourense en común será presentada nun acto público que será anunciado en tempo e lugar con suficiente antelación. ANEXO CARTA DE COMPROMISOS DAS PERSOAS QUE OPTAN A REPRESENTAR A OURENSE EN COMÚN NA CORPORACIÓN MUNIC IPAL 1 Participar activamente nas comisións de traballo que a organización estableza para promover a participación cidadá e colaborar na xestión municipal. 2 Manter informado do seu traballo ao conxunto da organización e solicitar as axudas necesarias para mellorar o seu traballo. 3 Intentar promover a participación cidadá nos ámbitos que sexan da súa competencia. 4 Someterse ás decisións que deriven dos procesos revogatorios cidadáns e poñer á disposición da asemblea en común. ??????? No caso de que un 20% dos membros inscritos no censo global o soliciten por escrito, realizarase un referendo revogatorio sobre a actuación de calquera representante institucional. Este censo global estará formado por todas as persoas que xa participaran no proceso de primarias ou en calquer outra consulta cidadá que no futuro poida convocar Ourense en común. No caso de que un mínimo do 60% dos votos do

Page 8: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

referendo sexan contrarios á actuación de calquera representante institucional, considerarase que a súa actuación xa non representa o colectivo de Ourense en común nin o programa polo que fora elixido obrigadandoa así a abandonar o seu cargo. PRINCIPIOS IDENTIFICATIVOS DA CANDIDATURA DE OURENS E EN COMÚN 1. A candidatura ten que marcar un contrato social relacionado coa ética política que inclúa a limitación de salarios e mandato e abolición de dietas e todo tipo de privilexios. Tamén garantirá o control, a rotación e rendición de contas do seu traballo. Este contrato social presentarase nun evento público. O seu incumprimento implicará a revocación da persoa. 2. A candidatura debe ser un instrumento da cidadanía, e en ningún caso pode neutralizar o activismo de rúa. Neste senso, as discusións e tempos da candidatura non poden condicionala. 3. A candidatura deberá promover a auto-organización e o empoderamento cidadán. Na súa representación permanecerá atenta aos movementos e activismo cidadán. Comprometerase á apertura da institucional municipal á cidadanía dotándoa de capacidade de decisión. 4. A candidatura debe xerar, asumir e facilitar os instrumentos e canles (presenciais ou virtuais) para trasladar as demandas e decisións da veciñanza e dos movementos populares sen sometela a negociación. Estes espazos deben operar de xeito inclusivo, debendo contribuir á despatriarcalización e combatir todo tipo de relacións de poder. 5. Os ingresos renda institucionais das persoas candidatas deben servir para fortalecer os movementos sociais e veciñais. Evitando en calquera caso clientelismo, e nunca usado para pagar débedas bancarias anteriormente adquiridas. Non se solicitará ningún tipo de crédito. 6. A candidatura debe asumir a tarefa da auditoría cidadá (de xestión e económica) en todo o entramado municipal do concello de Ourense, como unha ferramenta de transparencia para denunciar e expoñer a opacidade institucional. Do mesmo xeito deberá asumir a tarefa da remunicipalización e auditoría de axencias e empresas de xestión de servizos en mans de xestión privada e público-privada. 7. A candidatura supeditará os pactos, alianzas e acordos ao programa e á creación de espazos de participación e decisión.

Page 9: Borrador regulamento para unhas primarias cidadás abertas

CALENDARIO DAS PRIMARIAS

REDACCIÓN FINAL DO BORRADOR DOMINGO 25 DE XANEIRO ENVÍO POR CORREO Á LISTA DE OURENSE EN COMÚN LUNS 26 DE XANEIRO PRAZO DE PRESENTACIÓN ENMENDAS DO MARTES 27 AO VENRES 6 DE FEBREIRO APROBACIÓN DO REGULAMENTO E DAS ENMENDAS SÁBADO 7 DE FEBREIRO ENVÍO Á ROLDA DE CORREO DAS DIFERENTES PROPOSTAS LEGAIS PARA CONCURRIR ÁS ELECCIÓNS: LUNS 9 DE FEBREIRO. PUBLICACIÓN DO REGULAMENTO DE PRIMARIAS: MARTES 10 DE FEBREIRO. CELEBRACIÓN DA ASEMBLEA EN COMÚN NA QUE SE DECIDIRÁ A FORMA XURÍDICA COA QUE CONCORRER ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS: LUNS 9 DE FEBREIRO DE 2015. CONSTITUCIÓN DO COMITÉ ELECTORAL DAS PRIMARIAS MÉRCORES 11 DE FEBREIRO. INICIO PROCESO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: VENRES 13 DE FEBREIRO. PECHE DA PRIMEIRA FASE DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS MÉRCORES 18 DE FEBREIRO. INICIO DO PROCESO DE PRESENTACIÓN DE AVAIS XOVES 19 DE FEBREIRO. REMATE PRAZO PRESENTACIÓN AVAIS: LUNS 23 DE FEBREIRO. PROCLAMACIÓN DE PROVISIONAL DAS ASPIRANTES: MÉRCORES 25 DE FEBREIRO. PRAZO RECLAMACIÓN XOVES 26 E VENRES 27 DE FEBREIRO. PROCLAMACIÓN DEFINITIVA DAS ASPIRANTES SÁBADO 28 DE FEBREIRO. INICIO DA CAMPAÑA ELECTORAL: MÉRCORES 4 DE MARZO DE 2015 ÁS 9H. REMATE DA CAMPAÑA ELECTORAL: VENRES 13 DE MARZO DE 2015 ÁS 20H. VOTO POR INTERNET: DE 10H DO SÁBADO 14 ÁS 20H DO DOMINGO 15 DE MARZO. VOTO PRESENCIAL: SÁBADO 14 E DOMINGO 15 DE MARZO: de 10h a 20h PUBLICACIÓN DO RESULTADO DAS VOTACIÓNS: DOMINGO 15 DE MARZO. PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: LUNS 16 DE MARZO ATA MÉRCORES 18 DE MARZO. PROCLAMACIÓN DA CANDIDATURA DEFINITIVA: XOVES 19 DE MARZO. PRESENTACIÓN PÚBLICA DA CANDIDATURA: MÉRCORES 25 DE MARZO.